Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
CURRO PESCA
 
CAFÉ BAR OASIS

 
RESTAURANTE D´ALVARO

 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
Usuarios
Benvido Invitado

O rexistro é completamente gratuito e poderás acceder a todas as seccións da web
Podes rexistrarte aquí
Usuario:


Contrasinal:


Recórdame

Membros:  Admins
Non Conectado  Pirata  
Non Conectado  RubenGarcia  
Non Conectado  Pato  
Membros:  Membros:
Ultimo:  Novos Hoxe: 10
Ultimo:  Novos Onte: 26
Ultimo:  Total: 55674
Ultimo:  Ultimo:
mildredfp1
Membros:  Conectados
Membros:  Membros: 2
Invitados:  Invitados: 11
Total:  Total: 13
Membros:  Membros Online
Conectado  StephenKib  
Conectado  MichaelFam  
 
CLASIFICACIÓNS
 
LIGAS FÚTBOL 8
 
FÚBOL SALA COSTA DA MORTE
 
FÚTBOL SALA FEMININO/MASCULINO
 
CLASIFICACIÓNS F. VETERANOS COSTA
 
Menú principal

 

A ENTREVISTA : "MICHAEL..."O NENO DO CASÓN"...O KAISER DA COSTA".
Martes, 05 Decembro, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa

A ENTREVISTA


Michael, todo un xogadorazo dentro e fora do terreo de xogo.

-Michael Vilela..."O neno do Casón"-

-O "Kaiser" vive unha nova xuventude no Muxía CF-

Michael Vilela Trillo, (Muxía 05/12/1987), posiblemente o mellor central da Costa da Morte, está hoxe de cumpreanos. No día de hoxe troca de decena, e tras recalar no proxecto do Muxía CF e acadar o título de liga e ascenso despois dunha decena de anos intentándoo o clube muxián, vive unha segunda xuventude. Aires renovados no campo e no vestiario, sendo o capitán dos da Vila da Barca, dentro e fora do terreo de xogo. O "Kaiser" do fútbol costeiro, o "Beckenbauer da Costa", viveu de nacemento xa unha xornada traumática para a Costa da Morte, cando foi un deses "Nenos do Casón", que ou naceron cando embarrancou o barco cheo de produtos químicos, a beira da Praia do Rostro, (Fisterra). Foi deses nenos que tiveron que evacuar cos seus pais e poden decir que ainda que non se lebran dese día fisicamente, si que o teñen "mamado", por ser nenos de teta nese intre para a historia da nosa bisbarra. Michael, que ademáis espera a paternidade nunha dúcia de días. Chega aos 30, pero con moitas gañas e quer ir "partido a partido", pero ten esperanzas de facer algo grande co clube muxián, como xa o fixo o ano pasado, tras chegar do Soneira, no que non acabou moi "ilusionado", pero sí, moi querido, como tamén o foi antes no Camariñas CF, ao que chegara tras despuntar de neno no Muxía CF. Neste día no que aproveitamos para regalarlle esta entrevista, podedes coñecelo un poco máis.

Segue coa entrevista...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.




A ENTREVISTA

Michael Vilela Trillo, (Muxía CF).

-Tempada especial esta da volta o equipo a Liga da Costa?.

"Moi especial. Respírase ilusión tanto no clube como na afición que nos apoia en todos os partidos. É moi bonito ver que a nosa afición nos acompañe a todos os campos".


-Tempada de asentamento ou loitarase polo ascenso?.

"A frase mitica do Cholo : "partido a partido". Hai que sair a ganar todos os partidos e o final da liga veremos onde estamos. Si subimos, benvido sexa".


-Capitan da nave muxiana. Que tal se porta o grupo co capitan?.

"O mellor deste equipo e que todos somos unha piña".


-Un día coma hoxe haberà quen che lembra o Casòn?.

":Si...jajaja...a verdade e que hai xente no pobo que mo recorda a menudo...jajaja...e hoxe máis".


,Troco de decena, pero hai Michael para rato no terreo de xogo?.

"A verdade e que non o sei. Porque dentro de nada von ser pai por primeira vez e sumado o traballo....pero se consigo ter un ratiño libre ilusión non me falta. Teño a misma, ou máis, (ahora que sei que se esta acabando...jijiji), que cando empecei a xogar".


-Como ves a liga deste ano. Quen crees que estarà o final arriba?.

"Vexo a deste ano unha liga moi igualada. Unha tempada a que estamos vivindo na que calquera lle pode gañar a calquera. Penso que a loita estará antre Mazaricos, Ponteceso, Esteirana e Corme. Pola nosa parte como dixen a ir "partido a partido" e xa se verá polo que loitamos".


-Un desexo para o 2018?.

"Pois pediría que a miña neniña non chore moitt, (jijijiji). No traballlo bo tempo, peixes e saúde e no futbolístico, porque non...un ascenso".









-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es-







-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?...

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 55.400 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior).





 
    Versión imprimible
A ENTREVISTA : "MICHAEL..."O NENO DO CASÓN"...O KAISER DA COSTA". | Entrar/Crear una cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de sus respectivos autores.
No somos responsables de su contenido.
Theme creado por dev-postnuke.com