Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
CURRO PESCA
 
CAFÉ BAR OASIS

 
RESTAURANTE D´ALVARO

 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
Usuarios
Benvido Invitado

O rexistro é completamente gratuito e poderás acceder a todas as seccións da web
Podes rexistrarte aquí
Usuario:


Contrasinal:


Recórdame

Membros:  Admins
Non Conectado  Pirata  
Non Conectado  RubenGarcia  
Non Conectado  Pato  
Membros:  Membros:
Ultimo:  Novos Hoxe: 10
Ultimo:  Novos Onte: 26
Ultimo:  Total: 55674
Ultimo:  Ultimo:
mildredfp1
Membros:  Conectados
Membros:  Membros: 2
Invitados:  Invitados: 13
Total:  Total: 15
Membros:  Membros Online
Conectado  StephenKib  
Conectado  MichaelFam  
 
CLASIFICACIÓNS
 
LIGAS FÚTBOL 8
 
FÚBOL SALA COSTA DA MORTE
 
FÚTBOL SALA FEMININO/MASCULINO
 
CLASIFICACIÓNS F. VETERANOS COSTA
 
Menú principal

 

CRÓNICAS DOS ENCONTROS DO BERGANTIÑOS E AS MIUDAS DA 2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA DE FÚTBOL GRUPO 1 E 2 :
Martes, 05 Decembro, 2017 Enviado por Pirata
Tútbol Femenino
2ª GALEGA FEMININA G1 e G2
-Crónicas da xornada-
               
     As bergantiñanas golearon ao Portazgo.

-2ª Div. Galega Feminina G1 : Goleada da tempada do Bergantiños-
-No Grupo 2 : O ED As Miudas planta cara o lider-

Como a semana pasada, unha derrota e unha vitoria das "nosas" na 2ª División Autonómica G1 e G2 de Fútbol Feminino. No Grupo 1 xogouse a 10ª xornada e na que o Bergantiños Feminino CF acadou a goleada da tempada ante o Portazgo SD ao que le fixo un "sete", (7-0), para situar as carballesas nunha excelente 7ª posición. No que se refire ao Grupo 2, o ED @s Miud@s, que xogou a 8ª Xornada deste grupo plantoulle cara ao Antas SD, lider indiscutible deste grupo con 8 vitorias en 8 encontros. As muradanas caían no Eleuterio Balayo por un axustado 1-3. Abre a nova o completo e tes as crónicas e moito máis destes encontros e da liga.

Segue coas crónicas e moito máis...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.









ABAIXO AS CRÓNICAS E MOITO MÁIS...

 
 
 
 


 
 
2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA DE FÚTBOL G1
10ª Xornada


Bergantiños Feminino CF 7-0 Portazgo SD

Gueli Cotelo, (Adestrador do Bergantiños Feminino CF) : "Pouca historia nun partido no que equipo local demostrou a súa superioridade ante un portazgo que acusou en cansazo físico na segunda parte. Empezou o partido cos dous equipos tratando de facerse co dominio pero aos poucos as ocasións foron chegando para as locais, pero nin Tamy nin Noe nin Torrado estarían acertadas para gol. Mediada a primeira parte Tamy se acertaría ao finalizar cun bo control e unha perfecta definición. María faría o segundo a 10 minutos do descanso. Tras a continuación o equipo local fíxose co control total do partido e foron chegando as ocasións e os goles ante un Portazgo que, a pesar das baixas, non tiraría a toalla en todo o partdo. Tamy novamente en dúas ocasións, Laura Cambón, Andrea e Noe pecharían o macrador final do partido".
 

Bergantiños Feminino CF :  Lu, Piroja, Nerea (Fariña 70), Seo, Paula (Sabrina 65), Lorena (L. Cambón 55), Torrado, María, Lydia (Andrea 45), Tamy (Eva 68) e Noe.

Goles : Noe, Tamara, (4), María Lijó, Laura e Andrea.

Árbitro : Juan Marcos Ríos. Estivo ben. Non precisou cartóns.


-GOLEADORAS BERGANTIÑOS-



1ª : Tamara : 14
2ª :  Noelia, con 2,
- María Lijó, con 2
- Laura, con 2
3ª : Sara, Isa, e Andrea , con 1.

-PICHICHI-

1ª : Aroa, (Imperator OAR), con 16
2ª : Lucía Lorenzo, (Deportivo Orzán) : con 16
 3ª :  Tamara, (Bergantiños CF) : con 14.
4ª : Alba, (Pastoriza), con 13, (2 de penalti)
5º : Carlota, (Deportivo Orzán) : 11
 


11ª XORNADA
06-10/12/2017

06/12/17 12:00   Bergantiños CF  -  Torre SD "B"   _ : _       
10/12/17 10:00   SD Silva  -  Victoria CF "C"   _ : _       
10/12/17 12:00   Portazgo SD  -  Unión Campestre   _ : _       
10/12/17 16:00   Imperator OAR  -  Ribadeo FC   _ : _       
10/12/17 17:00   Orzán SD "B"  -  Vioño CF   _ : _       
10/12/17 18:00   Sporting Burgo  -  Eirís SD   _ : _       
10/12/17 19:00   Sporting Cambre  -  SCD Pastoriza   _ : _       
10/12/17 20:00   Deportivo Orzán  -  Brexo Lema   _ : _       


++++++


2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA DE FÚTBOL G2
8ª Xornada

Gol de Leti de testarazo abaixo.

ED As Miudas 1-3 Antas SD

Fran Figueroa, (Adestrador do ED As Miudas) : "Caeu o Eleuterio Balayo ante as líderes que demostraron o porqué da sua xeira na competición (non cedeu ningún punto), ainda que as Miúdas non deixaron de intentalo sobre todo na 2 metade, arrancou o partido cunha mensaxe de ánimo os nosos compañeiros Riki (UD Montelouro) e Pelos (CD Muros), que caían en graves lesións a pasada semana que os terá un tempo apartados do verde, e prestábase un partido para conseguir dedicarllo pola porta grande, de feito a primeira media hora foi de moito tanteo ainda que dominada polas visitantes xogando case que toda a 1 parte en campo muradán ainda que non lograban concretar as suas ocasións, ata 5 saques de esquina consecutivos tiveron ata que no sexto conseguiron o 0-1 nunha xogada ensaiada que a pesar de repetila en cada saque as locales non souberon defender. A pesar do dominio visitante, tuveron as nosas varias ocasións, a máis clara para Bárbara que soa diante da portería sobre a linea de area pequena fixo o máis complicado que era tirala por riba... non foi o día da pichichi local, seguidamente Sara Cubelo, enchufadísima onte, levou varias xogadas individuales ata o borde da area do Antas, pero non encontraron claridá nos pes de María Dosil e Pati moi parcadas polas zagueiras visitantes, e do que pudo ser o empate chegou o 0-2 nunha internada por banda na que Gala non temporizou a xogadora visitante que sacou un bo centro sobre a area de Julia que a dianteira rematou a placer pola falta de entendemento das nosas centrales que non fixaron as marcas. Tocaba dar un pasiño adiante na reanudación, e saliron as costeiras a meter un susto as líderes adiantando as lineas, entrou Sara Romero e Marta para darlle velocidade e amplitude en banda o ataque local e tomaron os mandos do centro do campo Laura, María e Leti, a pesares de tocar máis o balón, froito de ter as lineas máis adiantadas puxeron o 0-3 as visitantes ós 15 minutos da reanudación, pero en lugar de virse abaixo ese gol meteu un punto de coraxe as locales que farían un sobreesforzo para demostrar que non se veñen abaixo ante ningún temporal, e atacaron unha e outra vez xogando ata o último minuto nas inmediacións da area visitante. Foi nun córner ben sacado por Gala cando Leti se anticipou as zagueiras elevándose e rematando a rede o único gol que conseguiron as Miúdas no partido, poñendo o definitivo 1-3 no marcador cando faltaban ainda 20 minutos por diante. Seguiron intentandoo en campo do Antas ainda que sin claridade a hora de definir, de feito a que máis o intentou foi Martina, a nosa central que se puxo a funda de traballo para levar dende atrás a ofensiva final, a pesares de estar mermada pola sua maltreita rodilla, demostrou ser un puntal do equipo local. O final merecida victoria visitante, traballada sobre todo nunha primeira parte na que as nosas lles faltou creer que son capaces de plantar cara a calquera".


ED As Miudas : Julia, Isa, Gala, Antía, Martina, Leti, Bárbara, María, Pati, María Dosil e Sara Cubelo.
Entraron na 2ª Parte: Laura, Yaiza, Marta, Sara Romero e Natalia.

Goles : 0-1 Noelia, (25´); 0-2, Noelia, (43´); 0-3, Nuria, (57´); 1-3, Leti, (70´).

Árbitro : Ángel Manuel Sobrado. Estivo ben. Non precisou ensinar cartóns.



-GOLEADORAS ED AS MIUDAS-


1ª : Bárbara, con 7
2ª : Marta e Eva, con 2
3ª : Leti, Antía, Mara, e Patricia con 1.


-PICHICHI-

1ª : Laura, (Touro), con 20
2ª : Tamara, (SE Abellá), con 13
3ª : Laura, (CD Unión), con 11
 4º : Noeila, (Betanzos CF), con 9
- Noelia, (Antas), con 9


-9ª XORNADA-
10/12/29017

10/12/17 12:00   ED As Miudas  -  Touro SD   _ : _       
10/12/17 12:00   CD Unión  -  UD Carral   _ : _       
10/12/17 16:00   Santiso FC  -  SE Abella SDEC   _ : _       
10/12/17 16:30   Atlético Estrada ED  -  CF Rúa/Valdeorras   _ : _       
10/12/17 16:30   Xuventude Aguiño SD  -  SD Villestro   _ : _       
10/12/17 16:30   Carreira CF  -  Betanzos CF   _ : _       
10/12/17 17:00   Antas SD  -  Victoria CF "C"   _ : _       


 -As clasificacións desta e outras ligas telas a esquerda da portada da web premendo sobre o enlace que queiras ver de cada liga-



NOTA  :  "Darlle as gracias pola colaboración aos adestradores, técnicos, diretivos e afeccionados que nos axudan cos seus comentarios, e fotos, para traer cada xornada unha maneira diferente de facer as crónicas dos encontros, para disfrute de tódolos afeccionados que nos seguen cada día. Así mesmo agradecer aos responsables das fotos que nos envían de cada equipo o seu excelente traballo para disfrute de todos".


AVISO : Tódalas novas do Fútbol Feminino quedan rexistradas no enlace direto da dereita da portada da web a un "click", para que as visites cando queiras con toda facilidade.



-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es-






-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?...

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 55.400 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.


-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-



 
    Versión imprimible
CRÓNICAS DOS ENCONTROS DO BERGANTIÑOS E AS MIUDAS DA 2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA DE FÚTBOL GRUPO 1 E 2 : | Entrar/Crear una cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de sus respectivos autores.
No somos responsables de su contenido.
Theme creado por dev-postnuke.com