Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
CURRO PESCA
 
CAFÉ BAR OASIS

 
RESTAURANTE D´ALVARO

 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
Usuarios
Benvido Invitado

O rexistro é completamente gratuito e poderás acceder a todas as seccións da web
Podes rexistrarte aquí
Usuario:


Contrasinal:


Recórdame

Membros:  Admins
Non Conectado  Pirata  
Non Conectado  RubenGarcia  
Non Conectado  Pato  
Membros:  Membros:
Ultimo:  Novos Hoxe: 10
Ultimo:  Novos Onte: 26
Ultimo:  Total: 55674
Ultimo:  Ultimo:
mildredfp1
Membros:  Conectados
Membros:  Membros: 2
Invitados:  Invitados: 11
Total:  Total: 13
Membros:  Membros Online
Conectado  StephenKib  
Conectado  MichaelFam  
 
CLASIFICACIÓNS
 
LIGAS FÚTBOL 8
 
FÚBOL SALA COSTA DA MORTE
 
FÚTBOL SALA FEMININO/MASCULINO
 
CLASIFICACIÓNS F. VETERANOS COSTA
 
Menú principal

 

CRÓNICAS 12ª Xda DA 3ª DA COSTA : "ATASCO MONUMENTAL NA CABEZA DA TÁBOA".
Martes, 05 Decembro, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa

3ª DA COSTA

-Crónicas 12ª Xornada-


Beto, (porteiro), volveu o Corcubión tras un "parón" por paternidade.

-Atasco na parte alta-

-O Volantes recupera o liderato...compartido-

12ª Xornada da 3ª da Costa, na que o Volantes de Baño que perdera o liderato tras ter xornada de descanso, recuperábao nesta tras derrotar ao Outes CF "B", (5-1), e aproveitando o empate antre Cabana SD e SD Camelle, (1-1), para poñerse os de Baño líderes con 23 puntos os mesmos ca os cabaneses pero con mellor golaveraxe. Por dtras e a só 1 puntos sitúase o CD Muros que vencía ao UD Corcubión por 0-3, e quedando a 1 punto dos muradáns o SD Camelle, e por detrás dos camelláns na 5ª praza o SD Ameixenda, que lle gañaba ao SD Laxe, (3-1), para estar xa de cheo na loita por todo a 3 puntos dos líderes. Paso atrás dábao o CD Nantón que perdía nas Fontiñas por 2-3 co SD Castríz e parece abocado a loitar cos xalleiros por unha praza de "Play-off". Tamén terá que remar e moito o Porteño CF se quer coller unha destas praza. Desta volta os porteños derrotaban ao Sporting Seaia por 3-1. Os malpicáns están nas mesmas tesituras cos da Ponte do Porto.

Desexarlle unha pronta recuperación aos lesionados, Javi "Pelos", (CD Muros), que sufreu una lesión grave na rótula nos adestramentos e a Darío, (Sporting Seaia), que se lesionou no transcurso do encontro ante o Porteño CF.

Segue cas crónicas e moito máis...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.








Tamén informarvos de novo que os adestradores e colaboradores que nos mandan as crónicas dos encontro votarán as arbitraxes con 3, 2, 1 ou 0, e o final da tempada nesta liga e na Liga da Costa saberemos quen foi o mellor árbitro dos que arbitran na Costa, o cal lle daremos o "Corsario de Honra", como mellor colexiado na entrega dos "Piratas de Honra" no 2018.



Así están as puntuacións na cabeza da táboa.
(Montaxe Manuel Caamaño).


MÁIS ABAIXO AS CRÓNICAS E MOITO MÁIS...





AVISO LEGAL : As nosas fotos están suxeitas a Copyright. Está prohibido a todo medio de comunicación a utilización total ou parcial destas fotos sen permiso de www.piratasdemuxia.es. Así mesmo as que lle poñemos marca de auga, que nos envían os colaboradores para a difusión por parte nosa e que que levan o nome de quen nola envía ou realizou e o noso, que foi a quen se enviou para a sua publicación. As fotos son para disfrute e recordo dos xogadores, equipos, afeccionados, etc...

 
-CRÓNICAS E MOITO MÁIS-


Cabana SD 1-1 SD Camelle

Óscar "Mingui", (Adestrador do Cabana SD) :  "Primeira parte donde nós en liñas xerais estivemos mellor e tivemos 3 ocasións bastante claras para adiantarnos no marcador nos pes de Pablo, José Ángel que rematou o pau e outra de Dani Reigía. Na segunda saímos ben e froito diso adiantàmonos no marcador cun bo gol. Despois do gol o Camelle dou un paso ó frente e pouco a pouco nos foi dominando sobre todo a raíz do empate donde Víctor estivo moi ben na última xogada do partido no que evitou o gol de maneira sensacional. Soubemos sufrir e competimos Ben ante un bo Camelle".


Ángel Rey, "Pupus", (Adestrador do SD Camelle) : "Bo partido para poder disfrutar tanto os espectadores como os xogadores. Donde ambos equipos puideron levarse os 3 puntos. Partido moi igualado. O Cabana dispuxo da ocasión máis clara da 1ª metade por un erro do noso porteiro, regalándolle un man a man o seu dianteiro que mandaría o balón o pau. Comenzando a segunda, colléronnos durmindo nun gran contragolpe marcándonos o 1-0. Desde ese intre creo que o Camelle puxo unha marcha máis e foi a polo empate, que chegaría nun trallazo de Adrián. Seguimos empuxando con ocasións que se paseaban pola área, pero sin moito peligro para o Cabana. Nos últimos 5 minutos tivemos duas ocasións. Unha de tiro de Miguel Ribeiro que quitou un defensa, e unha gran parada po porteiro cabanés a tiro a bocaxarro de Roi".

Goles : 1-0, Cristian finaliza perfectamente unha boa xogada de Reigía e José Ángel, (49´). 1-1, Adrián Pasantes marca outro golazo de forte disparo, (64´) .

Árbitro : David Castreje Ferrío. Boa actuación do colexiado fisterrán que puntua para os cabaneses cun 3 e para os camelláns cun 2.



SD Ameixenda 3-1 SD Laxe

Fernando, (SD Ameixenda) : "No primeiro tempo, dominio total do Ameixenda, tocando ben o balón, diante dun Laxe muy ordenado que tapaba ocos e trataba de sair a contra, pero sin chegar a dar sensación de perigro. Tivo catro ou cinco boas ocasións o Ameixenda (incluidos dous postes) e unha o Laxe. E cando xa parecía que non se movería o marcador, faltando un minuto para o descanso, nun corner a prol do Laxe, pudemos ver un dos goles mais espectaculares que se recordan, nunha "chilena" perfecta de Naya na que logo de bater o balón no longueiro entrou medio metro na portería de Papi, e ainda que voltou a salir non hubo dudas. GOLAZO, 0-1, e descanso.
No segundo tempo seguía o Ameixenda tocando, fiel o seu estilo de xogo e sin precipitarse en exceso. Así o dominio fui incrementándose, dando lugar o gol de Castreje no m.55. Empate e muito tempo por diante pos dous equipos. Tempo que xestionou millor o Ameixenda, con paciencia, abrindo o campo e con Cristian incansable todo o partido. O empate non era xusto pero hubo que esperar o m.86, no que o Laxe fai un claro penalti pero a vez, Piquero remata conseguindo o 2-1. Intenta tímidamente o Laxe botarse arriba pero o único que consigue e deixar "campo libre" e propiciar unha contra para que Cristian de cabeza peche o partido no m.89. Bo partido de todos, dende Papi, atallando con seguridade os centros por alto do Laxe ata Crístian, pelexando unha e outra vez todos os balóns. E no Laxe, ainda que non lle serviu pa puntuar, e de xustiza felicitar a Naya. Goles como o que marcou hoxe non se ven tódolos dias...nin en primeira división".


José Manuel Ordóñez, (Adestrador do SD Laxe) : "Preparamos o partido pra xogar o contraataque. A primeira parte aguantamos ben e conseguimos marchar o descanso co 0-1, ainda que o Ameixenda tivo algunha oportunidade de empatar. Na segunda acusamos o cansancio, e non ter cambios suficientes, por as baixas para oxigenar o medio campo. E o final tras ir 1-1 nos ultimos 5 minutos o Ameixenda conseguío remontar. Felicitar o Ameixenda e a Manolín que se comportou conmigo como o que é, un gran entrenador, e un gran compañeiro".


Goles : 0-1, Naya, (44´); 1-1, Samuel, (55´); 2-1, José, (86´); 3-1, Crístian Caamaño, (desconto).


Árbitro : Daniel Martínez Ferreiro. monestou a José, Crístian Caamaño e Javi Carballo polo Ameixenda e a ninguén do Outes. Para os do Outes merece un 3 : "Sin problema. Consinteu un pouco o xogo duro, pero para todos igual". Para o Ameixenda : "Estivo ben e merece un 2".



CD Nantón 2-3 SD Castríz

Carlos Regueira, (Adestrador do CD Nantón) :  "O Nantón non tivo nada que ofrecer neste partido ata os minutos finais, pero xa moi tarde e difícil. O Castríz tan só facendo un par de cousas ben faciase moi superior neste encontro. A única oportunidade do Nantón para poder meterse no encontro erraba Lareu o que podía ser o empate a uns. Co 0-2 o descanso e a sentencia na segunda metade daban a victoria o Castriz, que o Nantón puido recortar distancias nos últimos minutos de xogo debido os cambios e a relaxación a que invitaba o marcador por parte dos visitantes. Sen baixas e sen expulsados, esperamos ir recuperando efectivos importantes para o equipo que entre lesións, expulsións e compromisos non puideron estar neste partido".


Mata, (Adestrador do SD Catríz) : "Os 10 minutos finais estiveron a piques de tirar por terra a boa laboura feita o longo dos restantes 80 minutos. Asi quedaron retratadas as duas caras que amosa o noso equipo. Debemos poñer remedio para evitar que esto se de con tanta frecuencia. En caso contrario mal vamos".


Goles : 0-1, Kevin, (39´); 0-2, Ferreiro, (44´); 0-3, Kevin, (54´); 1-3, Micael, (88´); 2-3, David Lareu, (desconto).


Árbitro : David Vázquez Lema : Para Regueira : "Un 3 para o colexiado. Acertado ou equivocado en algunha acción que nada tivo que ver co transcurso do encontro". Para Mata : "Póñolle un 2 porque non influíu no resultado pero en todo momento desquiciou os dous equipos, porque en xogadas de contacto abríu a man en demasía. Algo o que habitualmente agora, non se esta acostumado".

   



  O Muros animou a Javi "Pelos" e adicoulle a vitoria.



UD Corcubión 0-3 CD Muros

Emilio Corzón, (Adestrador do UD Corcubión) : "O peor partido do que levamos de tempada. Un Muros moi intenso que vivíu dos nosos propios erros, (dúas faltas lonxanas e un rexeite en frontal con golazo engadido). Non entramos en ningún momento ó partido, nin con balón, nin sen él. Non foi o partido habitual donde tratamos de ter o balón e xogar en concordancia coa calidade do grupo. Tralo gol do Muros sumámonos ó xogo visitante con balóns longos sen ningún perigo. Foron varios os tiros a porta pero sempre sen demasiada convicción. Reclamamos dous penaltis, ( ambos por man, pero tal e como está ese tema non é cuestión de porlle culpa ó colexiado). Mal debut para Beto, (sen ter culpa en ningún dos goles), que volve estar con nós despois dun parón por paternidade".

"Bibi", (Adestrador do CD Muros) : "Creo que foi un partido no que estivemos moi metidos desde o principio e defensivamente estivemos moi ben. Os meus xogadores cada día sorpréndenme máis e seguiremos loitando por estar por aí arriba dando a lata. Esta victoria dedicámoslla o noso referente Javi "Pelos" que se lesionou o martes na rótula e púxonos a tódolos compañeiros mal o corpo. Si me deran a elexir, prefería ter a Javi "Pelos" asta final de liga e perder co Corcubión, pero bueno, traballaremos para mellorar".


Goles : 0-1, Iván, (13´); 0-2, Álvaro, (33´); 0-3, Iván, (504´).

Árbitro : Santiago Boedo Varela. Boa arbitraxe para Emilio que lle da un 2 a pesares de reclamar duas penas máximas non pitadas. Tamén é da misma opinión Bibi, que puntúa cun 2 o carballés.



Porteño CF 3-0 Sporting Seaia

 

Sergio Varela, (Adestrador do Porteño CF) : "Partido bastante cómodo. Eles chegaban con moitas baixas. Empezamos marcando rápido con gol de Wii, logo marcarian Rachón e Ángel. Victoria que nos da confianzas para seguir loitando por alcanzar a promoción de ascenso".


Pablo Mancebo, (Xefe de prensa do Sporting Seaia) :  "Tivemos a sorte de ter un día moi soleado no campo da Grixa. Houbo arredor de 100 seareiros, algúns vindos de Seaia, e moitos outros da Ponte do Porto. O campo como xa sabedes é de herba natural, un auténtico paraíso para os que somos máis clásicos neste deporte, nos cales me inclúo. Pero, o feito de ser herba natural, xunto con algunha chuvia que se deu antes do encontro, fixo que estivese moi rápido e fose fácil esvarar. Deste xeito, fun eu o primeiro en probalo e encherme de lama cando intentaba pasarlle un balón perdido aos xogadores. En fin, no que respecta ao encontro, debo dicir que comezou con moita intensidade por ambas partes. O CF Porteño apretou, e o Sporting Seaia CF non foi menos. Ninguén contaba con isto, pero no minuto 12, Trigo lesionouse, e entrou Che, para facer de mediocampista, defensa, dianteiro... de todo menos porteiro. Foi no minuto 29 cando o CF Porteño se adiantou de penalti por medio de José Baña. Foi o 1-0 para os locais. Aínda así o partido continuou igualado e os homes de Roque non se viñeron abaixo. En todo o encontro e pese ás dificultades que foron apareceron, sempre mantiveron a cabeza ben alta, e iso é digno de admirar por todos e todas nós. Como dicía, o partido estaba á par, e no minuto 32 case marca Pejo rematando de cabeza un córner, pero do mesmo xeito, no minuto 39 case marca Maradona grazas a un pase de Álvaro Ramos. No minuto 42, Juan Tuñas marcou un golazo pola escadra. Foi impresionante e imposible de parar para Recarey. Mais, o tanto foi mal anulado ao meu ver, xa que o árbitro interpretou que un compañeiro de Tuñas intercedeu no xogo, pitando así fóra de xogo. Debo dicir que para min non houbo ningunha intención por parte deste en intervir na xogada. Polo tanto, con isto non podo estar de acordo, a pesar de que, como cronista e seareiro do Sporting non me favorecese. No minuto 43 a ocasión foi para os homes de Roque. Mara saca unha falta no frontal da área que dá en Adrián Sendón, quen leva un forte golpe no estómago a causa do tiro. O rexeite deste volve para Mara, quen proba de novo e case marca gol. No segundo tempo a intensidade continuou na Grixa. A primeira oportunidade de perigo foi para os de Seaia. No minuto 47 Darío foise pola banda como un lóstrego e levou a canto home se puxo polo seu paso. Recortou, centrou, e chegou á nosa dianteira, pero o remate foi intercedido por Cures, porteiro local. O CF Porteño tamén arremeteu contra a portería rival, e deste modo, José Baña, dianteiro local, estivo preto do gol grazas a unha vaselina no minuto 51. O segundo gol dos locais chegou no minuto 58 grazas á cabeza de Juan Tuñas. De feito, foron tres os toques de cabeza que os da Ponte do Porto deron antes de marcar. Pouco despois disto, Darío lesionouse e entrou Dani para o Sporting Seaia CF. Como xa dixen anteriormente, pese ao resultado adverso os de Seaia non se viñeron atrás. Exemplo disto foi o tiro de Adrián Parga desde moi lonxe no minuto 61, o cal rozou a escadra dereita, ou o de Ramón, tamén desde lonxe, o cal foi mandado in extremis a córner polo porteiro local. Os nosos guerreiros loitaron até ao final, aínda que os do CF Porteño non o puxeron nada fácil. No minuto 73, José Baña rematou un córner preto do punto de penalti, e Recarey parouno espectacularmente. Dez minutos despois, Recarey tivo que intervir de novo. Paroulle na área pequena un chute a Jorge Simaria que todos víamos dentro. Xa finalizando, no minuto 87, Ángel Quintela case fai o terceiro para os locais, xa que rematou habilmente de cabeza e deu no pau. Dous minutos despois, el mesmo, conseguiu o terceiro gol para os da Ponte do Porto. Como dixen máis arriba, o gol veu dunha falta pitada a Ramos, a cal lle provocou cartón amarelo. Recalco que non houbo falta, nin houbo nada. En fin, así chegou o 3-0 para os locais. Pese ao resultado temos que estar orgullosos dos nosos homes. O equipo esforzouse canto puido, aínda que non se vexa reflectido no resultado. É moi complicado facer máis cousas sen ter trocos. En definitiva, nunha división como esta, onde o fondo físico é tan importante, é difícil gañar partidos sendo soamente 13-14 xogadores. Esperemos que as lesións nos deixen de lado un tempo e poidamos ser 16 na segunda volta. Aínda que o esforzo foi de todo o equipo, notouse moito a axuda de Ramón (damos grazas a SCD Malpica por darlle a carta de liberdade) e o avance positivo de Álvaro Ramos, quen ten un guante na bota, e cada día vai a máis...Forza Sporting!".


Goles : 1-0, Wii, (29´); 2-0, Rachón, (58´); 3-0, Ángel, (desconto).


Árbitro : Marcos Ordóñez Rodríguez. Non viron nada igual o colexiado dende as partes vinculantes. Para Sergio : "O árbitro doulle un 3. Da gusto encontrarte con árbitros cos que podes falar con eles tranquilamente. Xa se poden equivocar ou non pero polo menos falanche con respecto". Para Pablo : "Ao árbitro desta semana póñolle un 1. Comeuse un gol do Porteño (ao meu ver legal) e a nós pitounos unha falta que resultou ser un inexplicable cartón amarelo, e desta "falta" chegou o terceiro do Porteño".



Volantes de Baño CF 5-1 Outes CF "B"

José Manuel Sil, (Adestrador do Volantes de Baño CF) : "Creo que foi un partido difícil para nós e no que o filial do Outes nos complicou máis do que reflexa o marcador final. De feito adiantáronse no marcador e o descanso chegouse con empate bastante xusto, nunha primeira parte igualada e ainda que tivemos 3 ocasións, (unha moi, moi clara), non mostramos superioridade e xogamos con moita ansiedade, o cal nos levaba a cometer erros graves que  non se deben ter a estas alturas. Na segunda parte a partir do segundo gol o equipo colleo confianza e interpretamos mellor o partido, ante un rival moi ben organizado, e que dou a cara sempre. Era un partido difícil para nós por circustancias que se deron esta semana e non poder preparar o partido adecuadamente . Por eso temos que estar satisfeitos e valorar o esforzso, concentración e humildade dos meus para sacar o partido adiante".


Carlos Romero, (Adestrador do Outes CF "B") : "Foi un partido que ten dúas partes moi diferenciadas. Unha primeira donde o Outes puido maniatar o ataque do equipo local e intentaba sair á contra. Foi nunha desas contras que acabou en falta lateral, onde naceu o gol de Sergio Lado. O gol de corner cerca do descanso facía o empate.
Logo na segunda metade, pronto se adiantou no marcador o Volantes, que en cada balón parado creaba moito perigo. Os goles foron caendo conforme as forzas do Outes se acababan. Victoria polo tanto xusta de Volantes de Baño".


Goles : 0-1, Sergio Lado, (6´); Sergio Francos, (31´); 2-1, Samuel, (56´); 3-1, Damián, (62´); 4-1, Sambade, (68´de penalti); 5-1, Godo, (79´).


Árbitro : Óscar Costa Carou. Para Sil estivo : "Totalmente imparcial. E eso para min xa merece maxima nota  por tanto pa min un 3".  Para Carlos Romero o colexido foi : "Un "pelín" caseiro pero sen influir no resultado e doulle un 2". Polo tanto moi boa arbitraxe.




NOTA  :  "Darlle as gracias pola colaboración aos adestradores, técnicos, diretivos e afeccionados que nos axudan cos seus comentarios, e fotos, para traer cada xornada unha maneira diferente de facer as crónicas dos encontros, ca visión dos dous lados e que cada semana leen milleiros de afeccionados. www.piratasdemuxia.es non se fai responsable dos comentarios dos colaboradores que son propios e intrasferibles. Calquer persoa aludida ten o noso correo para facer chegar a sua queixa o pubricado".


-PICHICHI-

Adrián Pasantes estreouse co Camelle.

1º : Crístian Caamaño, (SD Ameixenda) con 10, (1 de penalti)
2º : José Carlos, "Cote", (UD Corcubión), con 8
3º : Felipe Barreiro, (SD Camelle), con 7, (2 de penalti)...(Según o Camelle debería ter 1 máis)
4º : Thiago, (Volantes de Baño), con 6, (1 de penalti)
-Iago Lema, (UD Corcubión), con 6
-Sergio Lado, (Outes CF "B"), con 6.


-13ª XORNADA-
10/11/2017

    Sporting Seaia CF  -  Cabana SD   _ : _       
    CD Muros  -  CF Porteño   _ : _       
    Camelle SD  -  CD Nantón   _ : _       
    CF Castrelo  -  UD Corcubión   _ : _       
    SD Laxe  -  Volantes de Baño CF   _ : _       
    SD Castríz  -  SD Ameixenda   _ : _       
Descansa : Outes CF "B".

 
 
 
-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es-







-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?...

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 55.400 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior).



 
    Versión imprimible
CRÓNICAS 12ª Xda DA 3ª DA COSTA : "ATASCO MONUMENTAL NA CABEZA DA TÁBOA". | Entrar/Crear una cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de sus respectivos autores.
No somos responsables de su contenido.
Theme creado por dev-postnuke.com