Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
CURRO PESCA
 
CAFÉ BAR OASIS

 
RESTAURANTE D´ALVARO

 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
Usuarios
Benvido Invitado

O rexistro é completamente gratuito e poderás acceder a todas as seccións da web
Podes rexistrarte aquí
Usuario:


Contrasinal:


Recórdame

Membros:  Admins
Non Conectado  Pirata  
Non Conectado  RubenGarcia  
Non Conectado  Pato  
Membros:  Membros:
Ultimo:  Novos Hoxe: 10
Ultimo:  Novos Onte: 26
Ultimo:  Total: 55674
Ultimo:  Ultimo:
mildredfp1
Membros:  Conectados
Membros:  Membros: 2
Invitados:  Invitados: 11
Total:  Total: 13
Membros:  Membros Online
Conectado  StephenKib  
Conectado  MichaelFam  
 
CLASIFICACIÓNS
 
LIGAS FÚTBOL 8
 
FÚBOL SALA COSTA DA MORTE
 
FÚTBOL SALA FEMININO/MASCULINO
 
CLASIFICACIÓNS F. VETERANOS COSTA
 
Menú principal

 

CRÓNICAS 12ª Xda DA LIGA DA COSTA : "OS DE ARRIBA SUFRIRON PARA GAÑAR!.
Luns, 04 Decembro, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
LIGA DA COSTA
-12ª Xornada-  
 
O derbi Outes-Mazaricos decideuse no minuto 95.

-Mazaricos e Esteirana sufren para gañar-
-Buño e Muxía, 1-1...25 anos despois-

12ª Xornada da Liga da Costa, na que o lider, CF Mazaricos, visitaba no derbi de veciños a un Outes CF necesitado de puntos, e que tras caer por un axustado e inxusto, 0-1, colle o "faroliño vermello", cos mesmos 9 puntos do SD Coristanco que tamén caía ante o SCD Malpica, (1-0), de igual maneira. No derbi dos outeses e mazariquenses había o "morbo" do retorno de Roberto Amoedo e Martín Lago a que fora a sua casa, nun encontro moi "especial" con sentimentos encontrados, pero o fútbol é fútbol e cada un defende onde está, e desta volta Roberto Amoedo facía o 0-1 no minuto 95. A SCDR Esteirana tamén tiña que sufrir para levarse os 3 puntos ante o Camariñas CF ao que dobregaba por un emocionante 3-2. O detalle da xornada dábase no Campo de Xaviña, onde coincidía que 25 anos atrás enfrontábanse o SD Buño e o Muxía CF, tal e como nos facía chegar días atrás o diretivo do SD Coristanco, Paco López, e ese mesmo recorte de xornal mandábamosllo a Dani Calvete e a Adrián Lema, adestradores de "oleiros" e "nemanquiños". Pois non sabemos se se puxeron dacordo, pero o resultado foi o mesmo ca naquel 3 de Nadal do 1.992, (1-1). Destacar da xornada a vitoria incontestable do SD Ponteceso sobre o Corme CF, (3-1). Golpe enriba da mesa dos pontecesáns no "derbi pondaliano", tras 3 xornadas sen gañar dos de Ponteceso. Terceiro empate dos derradeiros 4 encontros do CF Lira, que igualaba co UD Monte Louro, (2-2), no "derbi da Costa da Lus". Terceira vitoria consecutiva do UC Cee que ademáis só encaixou 1 gol e desta volta chegáballe un para facer bicar o céspede ao Sporting Zas, (0-1). Por último vitoria pola mínima do CD Baiñas ante o UD Cerqueda, (1-0), un Baiñas ao que ultimamente chégalle con marcar moi pouco ante a solidéz defensiva que atesoura.

Segue coas crónicas e moito máis...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.




Tamén informarvos de novo que os adestradores e colaboradores que nos mandan as crónicas dos encontro votarán as arbitraxes con 3, 2, 1 ou 0, e o final da tempada nesta liga e na 3ª da Costa saberemos quen foi o mellor árbitro dos que arbitran na Costa, o cal lle daremos o "Corsario de Hoinra", como mellor colexiado na entrega dos "Piratas de Honra" no 2018.



 MAIS ABAIXO AS CRÓNICAS E MOITO MÁIS...


 
 





AVISO LEGAL : As nosas fotos están suxeitas a Copyright. Está prohibido a todo medio de comunicación a utilización total ou parcial destas fotos sen permiso de www.piratasdemuxia.es. Así mesmo as que lle poñemos marca de auga, que nos envían os colaboradores para a difusión por parte nosa e que que levan o nome de quen nola envía ou realizou e o noso, que foi a quen se enviou para a sua publicación. As fotos son para disfrute e recordo dos xogadores, equipos, afeccionados, etc...

 
-CRÓNICAS-


 

Sporting Zas 0-1 UC Cee

Manolo Corredoira, (Adestrador do Sporting Zas) : "Partido claro de 0-0, resuelto en la última acción del mismo, en una situación anómala, con Víctor y Josito lesionados, lo que aprovechó el Cee para sorprendernos. Partido flojo, de poco ritmo, donde no fuimos capaces de cambiar la intensidad que propuso el Cee, que supo contrarrestar nuestro juego y nos mantuvo alejados de su portería. Me gustói el Cee, donde Leo y Juan Bello siguen impartiendo lecciones. Lo más justo, a tenor de lo sucedido, sería el empate, pero al final decidió una situación puntual. El árbitro, bien en general (2)".

Ángel Insua, "Rosqui", (Adestrador do UC Cee) : "Partido moi disputado con bastante igualdade, con ocasións para os dous lados e ainda que presentabamos baixas por ambos lados, demostramos que podemos competir con calquera (ambos). Creo que a segunda parte pasamos un pouco de apuros nos 10 primeiros minutos, pero xa pasados merecemos a victoria, pois por ocasións tivemos dous goles anulados, bastante dubidosos. Para mín un penalti a Uri claro. O final casi no 87 marcou Charlie o 0-1, e sacoulles Carliños o 1-1 xa no desconto que lle daba o empate o Zas. Estamos con tres victorias seguidas e a ver si seguimos entrenando así  porque penso que poden por máis".

Goles : 0-1, Charlie, (87´).

Árbitro : Héctor Pérez Álvarez. Para o Sporting Zas merece a sua actuación un 2 sobre 3. Para o UC Cee : "O árbitro para min ben é moi difícil acertar nos foras de xogo ainda que Leo dinos que non eran e moi claros, pero sin líñas complicado. Así que doulle un 2".



CF Lira 2-2 UD Monte Louro

Juan Rey, (Adestrador do CF Lira) : " Tiñamos un partido complicado contra un rival da zona alta, e que está facendo un moi bo campeonato. Tentamos preparar o partido variando un pouco o que viñamos facendo ata agora, e así salimos o campo, modificando un pouquiño o sistema con respecto os partidos anteriores. Os 5’ de partido nun erro puntual producese a expulsión de Peipo, o que fai que teñamos que trastocar todo o previsto e que todo o que se había preparado para pouco sirva. Para mais desgracia, a pouco de esto encaixamos o primeiro gol e os nervios empezaron a aparecer. O feito de ver que temos que afrontar un partido enteiro con 10, fainos dudar das nosas posibilidades. De todos os xeitos fomos quen de salir adiante e antes do descanso dispuxemos de tres clarísimas ocasións de gol para empatar, e facendo un esforzo enorme por parte dos meus futbolistas que facía que non se notase que estábamos con un home menos no campo. No descanso modificamos un pouquiño o equipo e saimos dispostos a buscar o partido, e os 10’ acadamos o empate por medio de Jano, penso que facendo xustiza o que estaba sendo o partido. Pero outra vez mais levamos un duro golpe, os 15’  é expulsado Chema. Ainda non remataría aquí os infortunios, xa que 10’ mais tarde lesionase Raul, porteiro que había sustituido a Peipo na expulsión, co cal queda mancado e provoca que encaixe un gol desgraciado dende fora da área.Non pudo aguantar no campo e tivemos que por a Oliver , dianteiro centro que estaba no banquillo, na posoción de porteiro, e así quedamos os últimos 15 minutos, con nove xogadores e sin porteiro. Pero o desgaste físico e esforzo dos meus futbolistas onte foi encomiable, e nunca tiraron a toalla, e desta maneira chegou o premio que penso que nos merecemos, e outra vez Jano puxo o empate a 2. Ainda dispuxemos dunha última ocasión para levarnos os tres puntos, nunha xogada de Jano que chegou por liña de fondo hasta a area pequena e que finalizou cun tiro o exterior da rede. Destacar sobremaneira o tremendo esforzo dos meus xogadores ante un gran equipo como e o Louro, que fixeron que ainda con 2 homes menos o partido estivese equilibrado e que tivésemos polo menos as mesmas ocasións que o rival".


Óscar Leis, (Adestrador do UD Monte Louro) : "Fixemos o peor encontro desde que son entrenador do Monte louro e iso que Puxose de cara o partido coa xusta expulsión do porteiro do Lira tras evitar un gol o parar o balón coa Man fora da area, con un mais non fomos quen de administrar ben esa ventaxa incluso cando nos adiantamos no marcador con gol de Dani Corniños. O Lira fixonos varias ocasions e nos logramos facer o 0-2 pero o árbitro anulouno por un fora de xogo que el mesmo no descanso admite que non chega a ver. No segundo tempo o Lira logrou o empate e pouco despois quedouse con 9 xogadores, ainda que nos adiantamos de novo no marcador por medio de Juan de Celia non tivemos nunca o control do partido e o Lira volveu a empatar. Quedamonos con 10 por expulsión de Juan de Celia e de ahí o final o marcador non se moveu ainda que hubo ocasions polas duas partes. Na última xogada reclamamos un penalti sobre Manolo que o árbitro non o considerou como tal. Mal partido pola nosa parte e gran esforzó do Lira que xogou moitos minutos en inferioridad e ainda así tuvo opcions de gañar. Partido difícil de arbitrar, hubo moita intensidad,  parons, protestas e que a pronta expulsión do porteiro rival condicionóu moito a a toma de decisions por parte do colexiado, claro exemplo de iso e o gol que nos anula, confirma no descanso que non ve cando arranca o noso dianteiro e que o pita porque o ve moi solo.  Puntuámolo con un 1".

 
 Goles : 0-1 Daniel, (24´); 1-1, Alejandro, (55´); 1-2, Juan de Selia, (75´); 2-2, Alejandro, (79´).

Árbitro : Marco García Vázquez.Partido complicado con 2 expulsados para o Lira e 1 para o Monte Louro. Ambos adestradores puntáun así e todo con 1 punto cada un a actuación arbitral.



Disputado derbi antre Ponteceso e Corme no Pinguel.

SD Ponteceso 3-1 Corme CF

David Antelo, (SD Ponteceso) : "Partidazo costeiro en estado puro o vivido esta tarde no Pinguel nunha tarde que se prestou para a práctica do fútbol e ante moitos seareiros. Saíron os dous equipos ó terreo de xogo moi igualados sen apenas conceder un erro. Sen apenas ocasións claras. No min.11 crearia a primeira ocasión o noso capitán Mendieta nun tiro lonxano que pararía ben Suso. No min.15 intentaríao Lucas polo Corme que sairía fóra. No min.25 nunha xogada pola banda centraria Eloy Álvarez e pararía Suso con algunha dificultade. No min.34 tería outra ocasión Brais polo Corme nun saque de falta botado por Lucas. Estaban sendo poucas as ocasións e onde a última da primeira parte sería por obra de Alberto Recarey nun tiro lonxano que saiu alto. Terminaría sen goles a primeira metade e con moita igualdade co resultado de 0-0. No comezo da segunda metade máis do mesmo, moita igualdade no encontro pero nunha xogada de banda chegaría o balón a Eloy Álvarez e este marcaría un golazo a toda escadra nun tiro dende fóra da área. Este gol desequilibraría o encontro, pero foi o comezo de todo un partidazo, loita, desborde, desgarro, fútbol en estado puro. No min.61 nun erro defensivo nóso marcarían os visitantes por obra de Adrián Doldán poñendo a igualada no encontro. Estabamos a ver un partido de ida e volta pero nós faceriamos tres cambios que darían máis aire fresco en ataque, no min.79 probaría sorte Alberto Recarey cun tiro lonxano que sairía fóra e no min.87 nunha subida por banda de Rubén e con axuda dun defensa adiantariámonos no marcador por segunda vez. Estaba a ser un partido loco. Na seguinte xogada provocaría penalti Xurxo que tiraría Alejo no seu debut esta campaña, éste mandaría o balón o pau. Xa no desconto no saque dunha falta botada por Matías e nun rebumbio na área sacarian o balón a unha banda e collería o balón Alberto Recarey e marcaría o terceiro gol da tarde, outro golazo. Con esto morrería o encontro quedando os tres puntos na casa. Agora a pensar no próximo encontro".

José Ángel Pérez, (Adestrador do Corme CF) : "Partido con un gran afluencia de seguidores do Corme, nunha primera mita moi igualada, con pocas ocasions de gol que rematou co empate inicial. Na segunda mitad  entramos un poco dormidos no partido e adelantouse no marcador o Ponteceso. A partir dai dominamos o encontro, e nunha gran xogada colectiva conseguimos a igualada. Nunha contra volviese adelantar o Ponteceso despois de varios rechaces. Seguimos dominando e tuvemos a oportunidad de igualar o encontro cun penalti que non conseguimos marcar. Intentamos hasta o final, a pesar das lesión de Dani e Sergio pero non conseguimos igualar o partido. No último minuto do partido nunha pérdida de balón o borde da área conseguirían o definitivo 3-1.  Un resultado baixo o meu punto de vista inxusto por o visto sobre o terreo de xogo. Felicidar os nosos xogadores po lo gran traballo que fixeron".


Goles : 1-0, Eloy Álvarez (49´); 1-1, Adrián Doldán (61´); 2-1, Rubén (87´); 3-1 Alberto Recarey (89´)

Árbitro : Carlos Martínez Rodríguez.  Para o Ponteceso estivo perfecto e valorano cun 3, namentras que para o Corme estivo ben, pero con punutalización : O árbitro ben debido tamén a deportividade dos dous equipos, salvo unha durisima entrada sobre Adri e unha posterior agresión a Toni que o árbitro pasou por alto. Doulle un 1".



SD Buño 1-1 Muxía CF

 Dani Calvete, (Adestrador do SD Buño) : "Partido donde os visitantes tuberon a posesión do balón, con un Manu Nogueira e Victor Alcaina moi activos, daban sensación continua de perigo ainda que non dispuxeron de ocasións demasiado claras, rondaban continuamente a área local. Michael de cabeza nun saque de banda na que Brais mandaria a corner foi a máis clara para eles. O Buño tería a máis clara do partido nas botas de Posiño que se plantaba solo diante de Anguel Luis, lanzarialle unha vaselina que o porteiro visitante mandaria a corner. Tralo descanso máis do mesmo dominio do Muxía, pero o gol chegou a salida dun corner, 0-1. Reclamou penalty o Muxia por mans nun varullo na área a salida doutro corner que o árbitro non pitou. Os dez minutos do gol visitante un roubo en tres cuartos, balon a banda para Posiño que chega a liña de fonde e sirve atras para que Juan faga o empate.Richard tuvo a remontada noutra contra pero o disparo sairialle moi centrado. Desde ahi ata o final, partido moi trabado no que houbo varias tanganas con varias agresions nas que o árbitro incomprensiblemente sancionou con tarxetas amarillas".

Adrián Lema, (Adestrador do Muxía CF) :  "Partido moi duro, donde o Buño moi ben plantado no seu campo non nos deixaba chegar con claridade, ainda así na primeira parte as ocasións máis claras foron para os de Muxía .
Na segunda parte adiantámonos cun testarazo de Adrián Alcaina pero o Buño non se veu abaixo e nun fallo noso no medio campo crearon un contrataque e metéronos o gol do empate. Intentamos ir polo partido pero o Buño foi moi serio tácticamente e non puidemos facer mais
".


Goles : 0-1, Víctor Alcaina, (57´); 1-1, Antelo, (67´).

Árbitro : Iago Varela Rodríguez. Para Dani Calvete : "O árbrito poñolle un 1, cortou demasiado o xogo non aplicou a lei da ventaxa, pitou faltas que eran forcexeos, outras clarisimas deixounas sen pitar. O penalti. Sancionou agresións con amarelos. Mal moi mal". Para Adrián Lema  a actuación non foi boa e dalle un 1.


CD Baiñas 1-0 UD Cerqueda

Tasky, (CD Baiñas) :"Fui un partido que tivemos bastante controlado pola nosa parte e que por momentos fixemos un xogo moi vistoso, ainda que nos atoparíamos cun Cerqueda moi sólido e ben armado atrás, de aí que nos costase tanto facer gol. Un gol que conseguiríamos na metade a segunda parte, nun centro chut de Crístian Canosa. Quixo irse arriba o Cerqueda para lograr o empate que tiveron nun penalti marrado, e nós puidemos sentenciar a contra, pero non se entenderon ben nunha xogada Pablo e Javie. Xa non se movería o marcador".

Raúl Periscal, (Adestrador do UD Cerqueda) : "Partido disputado e moi intenso, con un dominio do balón por parte do Baiñas pero sen xerar moito perigo. Gol a balon parado do Baiñas e nos fallamos un penalti outra vez que houbera suposto o empate. Creo que polo visto o resultado pode ser xusto. Quédanos seguir entrenando e traballar para mellorar e poder sair desta situación".

Goles :1-0, Crístian Canosa, (60´).

Árbitro : Diego Cedeira Méndez. Para Periscal estivo correcto e dalle un 2 a sua arbitraxe, ao igual ca Tasky. 




Emocionante o choque antre outeses e mazariquenses.


Outes CF 0-1 Mazaricos CF


Jorge Carou, (Outes CF) :"Ata o rabo todo é touro e o encontro non acaba ata que pita o árbitro. Un gol de Roberto no 95  fixo o gol da vitoria o Mazaricos. Fomos superiores penso, e outra vez condenounos a falta de pegada. Creo que se está no bo camiño, que perdeos inmerecidamente e a ver se para o vindeiro encontro chega a vitoria. ".

Roberto Amoedo, (Adestrador do Mazaricos CF) :  "Partido máis que complicado o que vivimos onte no Conchido, contra un equipo aguerrido que nos puxo contra as cordas case todo o partido. Empezamos ben os primeiros quince minutos, a partir de aí o Outes foi o claro dominador, e na segunda parte tivo tres boas ocasións para acadar algún gol. Nós nun corner, un cabezazo que se foi fora por moi pouco, e a falta no desconto que supuxo o 0-1 final. Felicitar o gran partido do Outes, o traballo dos xogadores do Mazaricos e o bo ambente de fútbol que se vivíu no Conchido".


Goles : 0-1, Roberto Amoedo, (95´).

Árbitro : Pedro Mirazo Insua. Para Carou e Amoedo, estivo ben e merece a sua actuación arbitral un 2 por cabeza.



SCDR Esteirana 3-2 Camariñas CF

Rama, (SCDR Esteirana) : "Partido sin historia no que houbo mais goles que xogo. Moito centrocampismo e aproveitamento por ambos equipos das ocasións que tiveron. No cómputo xeral a victoria foi xusta".

Tono do Atlántico, (Adestrador do Camariñas CF) : "Creo que fixemos un moi bo partido habida as circunstancias. Só 11 xogadores e en todo momento competimos, non reflexándose no terreno de xogo a diferencia na táboa clasificatoria. Creo que polo número de ocasións, (escasas por ambos bandos a pesares dos cinco goles), o resultado máis apropiado sería un empate".
 
Goles : 1-0, Eloy, (40´); 2-0, Roberto "Pladur", (49´); 2-1, Maikel, (69´ de penalti); 3-2, Roberto "Pladur", (desconto); 3-2, Michael, (desconto).

Árbitro : Miguel Ferrol Muñíz. Para Toño merece un 2 a sua actuación, namentras que para Rama a puntuación é menor pois dalle un 1.



SCD Malpica 1-0 SD Coristanco

Felipe Ventureira, "Repi", (Adestrador do SCD Malpica) : "Partido mui igualado dnde nos xogabamos moito os dous, un partido con poucas ocasións, con moito mediocampismo pero con poucas chegadas reales, salvo a balón parado, por ambos lados donde nós, nun corner conseguimos adiantarnos con un bo cabezazo de Andrés no primeiro pao. No 2º tempo o Coristanco arriscou e dominounos, máis por erros nosos, principalmente por malas decisións puntuais, estiveron a piques de marcar o final cunha boa parada de Ánxo a bocaxarro. Non fixemos un bo partido pero conseguimos 3 puntos importantes, e estamos metidos no grupo con moitos equipos que nos sacaban fai un mes 7e 9 puntos, a pesar de contar cas baixas de última hora de Eloy, Jordan, sacamos o partido con un rival directo".


Alberto Pensado, (Adestrador do SD Coristanco) : "Primeira parte donde nos non estábamos moi precisos e o Malpica tiña máis a posesión pero sen xerar peligro. Nun saque de esquina logran adiantarse. A partir de aí reaccionamos sobre todo na segunda parte. Xeramos ocasións. Algunha moi clara. Non tivemos sorte tampouco coas decisións arbitrais, co cal non logramos igualar un resultado que seria o máis xustoo empate".

 
Goles : 1-0, Gustavo, (14´)

Árbitro :José Daniel Liste Recarey. Para Repi a sua actuación arbitral foi boa e merece un 2, namentras que para Pensado suspende e leva un 0.
 

 


NOTA  :  "Darlle as gracias pola colaboración aos adestradores, técnicos, diretivos e afeccionados que nos axudan cos seus comentarios, e fotos, para traer cada xornada unha maneira diferente de facer as crónicas dos encontros, ca visión dos dous lados e que cada semana leen milleiros de afeccionados. www.piratasdemuxia.es non se fairesponsable das manifestacións que son propias individuais de quen as fai".


-PICHICHI-

:  Pablo Muiño, (CD Baiñas), con 10
2º : Rober Pladur, (SCDR Esteirana), con 9, (2 de penalti) 
3º : Dani Mato, (Sporting Zas), con 8
4º : Leo Picallo, (UC Cee), con 7
 5º : Pablo Rama, (SCDR Esteirana), con 6
- Iván Mato, (UD Cerqueda), Con 6


-(Os goleadores son os recollidos en acta polo árbitros)-


-13ª XORNADA-
10/12/2017
 
    U.D. CERQUEDA  -  LIRA C.F.   _ : _       
    U.C. CEE  -  C.D. BAIÑAS   _ : _       
    U.D. MONTE LOURO  -  BUÑO S.D.   _ : _       
    CORME C.F.  -  SPORTING ZAS   _ : _       
    MAZARICOS C.F.  -  CAMARIÑAS F.C.   _ : _       
    OUTES C.F.  -  S.D. PONTECESO   _ : _       
    S.D. CORISTANCO  -  SCDR ESTEIRANA   _ : _       
    MUXIA C.F.  -  S.C.D. MALPICA   _ : _       
 
 

 
-As clasificacións desta e outras ligas telas a esquerda da portada da web premendo sobre o enlace que queiras ver de cada liga-


 
-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es-







-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?...

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 55.400 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.


-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-



 


 
    Versión imprimible
CRÓNICAS 12ª Xda DA LIGA DA COSTA : "OS DE ARRIBA SUFRIRON PARA GAÑAR!. | Entrar/Crear una cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de sus respectivos autores.
No somos responsables de su contenido.
Theme creado por dev-postnuke.com