Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
CURRO PESCA
 
CAFÉ BAR OASIS

 
RESTAURANTE D´ALVARO

 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
Usuarios
Benvido Invitado

O rexistro é completamente gratuito e poderás acceder a todas as seccións da web
Podes rexistrarte aquí
Usuario:


Contrasinal:


Recórdame

Membros:  Admins
Non Conectado  Pirata  
Non Conectado  RubenGarcia  
Non Conectado  Pato  
Membros:  Membros:
Ultimo:  Novos Hoxe: 10
Ultimo:  Novos Onte: 26
Ultimo:  Total: 55674
Ultimo:  Ultimo:
mildredfp1
Membros:  Conectados
Membros:  Membros: 2
Invitados:  Invitados: 11
Total:  Total: 13
Membros:  Membros Online
Conectado  StephenKib  
Conectado  MichaelFam  
 
CLASIFICACIÓNS
 
LIGAS FÚTBOL 8
 
FÚBOL SALA COSTA DA MORTE
 
FÚTBOL SALA FEMININO/MASCULINO
 
CLASIFICACIÓNS F. VETERANOS COSTA
 
Menú principal

 

CRÓNICAS 14ª Xda 1ª GALICIA G2 : "SÓ O BAIO QUE SE LEVOU O DERBI DA COSTA PUNTUOU DOS NOSOS".
Luns, 04 Decembro, 2017 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
1ª GALICIA G2
-14ª Xornada-  
 
Bonito derbi antre CD Baio e San Lorenzo no "Platas Reinoso".

-Só puntuou o CD Baio que se leva o derbi da Costa ante o San Lorenzo-
-Derrotas de Fisterra e Soneira-

14ª xornada da 1ª Galicia G2, na que tíñamos un novo e emocionante derbi da Costa antre o CD Baio e San Lorenzo, e ca estrea de Néstor no banco baiés en detrimento de Pedro Gómez. Tras dous empates a un, (1-1), nos anteriores derbis ante Fisterra e Soneira, o decano do fútbol da costa, acadaba unha vitoria, (2-0), para tratar de endereitar o rumbo, para un equipo que ofrece máis ca o que refrexan os resultados que tivo. Xornada nefasta para os demáis equipos dista categoría, xa que o SD Fisterra caía goleado na sua visita ao Puebla CF, (4-0) e o SD Soneira, caía pola mínima ante o lider SD Agolada, (1-0), no tempo de desconto, na procura por tratar de non alonxarse máis da parte alta, quedando con ista derrota a 7 puntos do lider e con 3 xornadas consecutivas sen gañar. Abrindo a nova o completo tes as crónicas e máis cousas.

Segue coas crónicas e moito máis...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.




ABAIXO AS CRÓNICAS E MOITO MÁIS...
 


 


 
-CRÓNICAS E MOITO MÁIS-
 
 

CD Baio 2-0 San Lorenzo SD

www.cdbaio.com :  "Unhas 250 persoas na tarde do domingo no Platas Reinoso para ver un novo derby costeiro na Primeira Galicia, que nun día solleiro aínda que frío, deixou un pobre espectáculo, no que a importancia dos puntos se deixaba ver sobre o terreo de xogo. Comezou o partido co dominio do balón para o San Lorenzo, que dominou ao seu rival, pero as súas ocasións reducíanse a disparos desde a media distancia, que apenas inquietaron ao meta Dani. Pola contra, tiña difucultades o cadro local para achegarse aos dominios de Javi Souto. Pouco a pouco se foron igualando as forzas, que non as ocasións, que neste primeiro período foron nulas, como se os dous equipos tivesen medo de que o primeiro que encaixase ía perder o partido. E así se chegou ao descanso sen máis historia. E todo cambiou na primeira xogada do segundo tempo na que chegou o primeiro gol do partido. Unha internada de Isaac pola súa banda, acabou cun pase da morte para que Santi Díaz batese a Javi Souto a queimarroupa (min.46). O Baio pasou a controlar o balón e a non permitir as chegadas do rival, que seguía tendo nos disparos desde media distancia o seu único perigo. Tan só podemos citar un remate de cabeza de Diego Varela (min.57) como a súa mellor ocasión, pero o balón foise fóra. Pero o que chegou foi o segundo gol dos locais, que tras anularlle un gol anterior por fóra de xogo, Iván Rojo aproveitou un centro de Moreno tras rápido saque de falta de Martín (min.65) para poñer o definitivo 2-0. Puido marcar Rubio nada máis saír ao campo, pero o seu disparo tras chegarlle o balón rexeitado dun barullo área foise fóra por pouco cando o porteiro xa se daba por batido (min.69). E dúas novas ocasións claras máis tivo o cadro local, a primeira nas botas de Iván Rojo, que se presentou fronte a Javi Souto, pero o disparo sacouno ben o porteiro cos pés (min.74); e a segunda veu dunha galopada por banda de Martín MC, que se interna na área e tras fixar ao defensa dispara ao segundo pau pero o balón sáelle fóra por pouco (min.78). O San Lorenzo intentouno con balóns colgados ou coas internadas de Parafita por banda, pero non creou máis perigo que algún que outro barulla na área, que rapidamente sacaba a defensa baiesa. Pouco máis que dicir do partido, que non quedará marcado nos anais da historia, pero que serviu para que o equipo baiés sume tres puntos no debut do seu adestrador Diego Díaz. Coa vitoria sobe un posto na clasificación o Baio para chegar ao 13º posto, mentres que o San Lorenzo continúa pechando a clasificación".

Óscar Suárez, (Adestrador do San Lorenzo): Cando nos hegue o seu comentario colgarémolo aquí.

Polo CD Baio xogaron: Dani, Isaac, Yago, Mario (Pablo Novo min.83), Adrián Lema (Josiño min.88), Fachal, Martín (Rubio min.66), Moreno, Santi Díaz (Ramón min.77), Iván Rojo e Martín MC.

Polo SD San Lorenzo saíron: Javi Souto, Baneira, Juanjo, Pablo Díaz, Adrián, Álex Taibo, Mario, Parafita, Yago (Puñal min.77), Aitor (Brais min.63) e Diego Varela.



Goles : 1-0, Santi Díaz , (46´); 2-0, Iván Rojo, (65´).



SD Agolada 1-0 SD Soneira

Roland Caamaño, (2º Adestrador do SD Soneira) : "Partido moi igualdo na primeira metade no que merecemos haber ido o vestiario gañando. Tivemos boas ocasións en especial un tiro de Figueiras que se lle vai desviado, e outro que se lle vai raspando o pau, tras deixada de Pichi. O proio Pichi tivo tamén un man a man co porteiro que non finalizou. Na segunda metade tíñamos o encontro controlado. Eles tiveron un par delas nas que o noso meta estivo ben. Cando parecía que acababa en igualada, nun rexeite no área métena. Despois tivemos duas moi craras, unha do xuvenil Fran, tras unha deixada de Basti e vai a corner. No propio corner remata Fran, cae na liña, xa pensamos que era gol. Despois Chema tivo outra inmellorable, pero non entrou. Tivemos ocasións como para gañar, pero a sorte non estivo do noso lado. O árbitro estivo correcto".

 
 Goles : 1-0, Alexandre, (no desconto).



Puebla CF 4-0 SD Fisterra

Fran Pequeño (2º Adestrador do SD Fisterra) : "Partido no que o campo, e as dimensións non foron boas para nós fisicamente. O Puebla foi mellor que nós durante toda a primeira parte, despois do descanso o partido foi máis axustado. Tivemos algunhas ocasións pero non as metemos.. Os árbitros segen igual ca sempre pitando o que queren. Non quero dicir que perdéramos pola sua culpa, pero cando sean parciaies tamén o direi. A seguir traballando para salir desa zona".


Goles : 1-0, Xacobe, (19); 2-0, Papa Ibrahima, (31´); 3-0, Marcos, (43´); 4-0, Viturro, (80´).




-PICHICHI-

1º : Ricardo, (CD Lalín), con 13, (1 de penalti)
2º : Alberto Camba, (CD Lalín), con 10
3º : Madiop, (Atlético Riveira), con 9, (2 de penalti)
4º :  Basti, (SD Soneira), con 8
- Jacobo, (Chaián), con 8
- Ibrahima, (Puebla CF), con 8.



-RESULTADOS 14ª XORNADA-

    CD BAIO  -  SD SAN LORENZO   2 : 0       
    Tordoia CF  -  Atlético Riveira   3 : 1       
    CD Lalín  -  Cordeiro CF   4 : 4       
    Chaián CF  -  Sigüeiro CF   0 : 1       
    UD Bastavales  -  SD Piloño   2 : 0       
    Flavia SD  -  CD Unión   0 : 2       
    Puebla CF  -  SD FISTERRA   4 : 0       
    Bertamiráns CF  -  CF Silleda   1 : 1       
    SD Agolada  -  SONEIRA SD   1 : 0       
 


-14ª XORNADA-
10/12/2017

    Atlético Riveira  -  CD BAIO   _ : _       
    CD Unión  -  Bertamiráns CF   _ : _       
    SD SAN LORENZO  -  SD Agolada   _ : _       
    CF Silleda  -  Tordoia CF   _ : _       
    Cordeiro CF  -  UD Bastavales   _ : _       
    Chaián CF  -  Flavia SD   _ : _       
    Sigüeiro CF  -  SD Piloño   _ : _       
    SD FISTERRA  -  CD Lalín   _ : _       
    SONEIRA SD  -  Puebla CF   _ : _       



NOTA  :  "Darlle as gracias pola colaboración aos adestradores, técnicos, diretivos e afeccionados que nos axudan cos seus comentarios, e fotos, para traer cada xornada unha maneira diferente de facer as crónicas dos encontros, ca visión dos dous lados e que cada semana leen milleiros de afeccionados. Así mesmo agradecerlle a RFGF a información das fichas técnicas das actas arbitrais".


-As clasificacións desta e outras ligas telas a esquerda da portada da web premendo sobre o enlace que queiras ver de cada liga-


-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es-







-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?...

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 55.400 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.


-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-



 
    Versión imprimible
CRÓNICAS 14ª Xda 1ª GALICIA G2 : "SÓ O BAIO QUE SE LEVOU O DERBI DA COSTA PUNTUOU DOS NOSOS". | Entrar/Crear una cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de sus respectivos autores.
No somos responsables de su contenido.
Theme creado por dev-postnuke.com