Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
CURRO PESCA
 
CAFÉ BAR OASIS

 
RESTAURANTE D´ALVARO

 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
Usuarios
Benvido Invitado

O rexistro é completamente gratuito e poderás acceder a todas as seccións da web
Podes rexistrarte aquí
Usuario:


Contrasinal:


Recórdame

Membros:  Admins
Non Conectado  Pirata  
Non Conectado  RubenGarcia  
Non Conectado  Pato  
Membros:  Membros:
Ultimo:  Novos Hoxe: 10
Ultimo:  Novos Onte: 26
Ultimo:  Total: 55674
Ultimo:  Ultimo:
mildredfp1
Membros:  Conectados
Membros:  Membros: 2
Invitados:  Invitados: 11
Total:  Total: 13
Membros:  Membros Online
Conectado  StephenKib  
Conectado  MichaelFam  
 
CLASIFICACIÓNS
 
LIGAS FÚTBOL 8
 
FÚBOL SALA COSTA DA MORTE
 
FÚTBOL SALA FEMININO/MASCULINO
 
CLASIFICACIÓNS F. VETERANOS COSTA
 
Menú principal

 

CRÓNICAS 16ª Xda da PREFERENTE NORTE : "EMPETA DO LIDER PAIOSACO, VITORIAS DE XALLAS E DUMBRÍA E DERROTAS DE SOFÁN E ARTEIXO".
Luns, 04 Decembro, 2017 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
PREFERENTE NORTE
-Crónicas 16ª Xornada-  
 
Camilo facía o segundo na vitoria do Xallas.

-Segundo empate do lider Paiosaco na casa-
-Vitorias do Dumbría e Xallas, derrotas de Atlético Arteixo e Sofán-

16ª xornada da Preferente Norte,  na que o lider, UD Paiosaco Hierros Añón on pasou do empate sen goles, (0-0) ante o CD As Pontes, no encontro da xornada. Os de "Peisaco" suman así o seu segundo empate na casa, e cuarto do campionato, vendo así recurtada a sua diferenza co segundo SD Polvorín que derrotaba ao Atlético Arteixo, (3-1), a 6 puntos. Os peisaqueses non cedían puntos na Porta Santa dende que empataran a dous, (2-2), co SD Polvorín, na 5ª xornada o 24 de Setembro. O resto foron todo vitorias no seu feudo. Pola sua banda os equipos con adestrador novo seguen en positivo. O Xallas FC de Néstor Romero, derrotaba a domicilio ao Betanzos CF e o CF Dumbría de Nacho Barreiro, empataba co 3º, SD Arzúa, no seu feudo, (1-1). Mal encontro do SD Sofán que caía por 4-0 ante o Ribadeo CF, nun choque no que a arbitraxe tampouco foi para meter cohetes e no que para máis "INRI", a Iván Cancela lesionábanselle Alexandre e Adrián, este último no xeonllo da anterior lsión. O noso desexo dunha prionta recuperación para ambos.

Segue cas crónicas e máis...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.








-ABAIXO AS CRÓNICAS E MOITO MÁIS-









-CRÓNICAS E MOITO MÁIS-
 



O As Pontes freou o lider no seu campo.
 
 
UD Paiosaco Hierros Añón 0-0 CD As Pontes

Fernando "Peisaco", (UD Paiosaco) : "Un punto e toca pensar xa na Copa dá Coruña este miercoles" O partido arrincaba ben e a primeira parte gran dominio noso onde no minuto 8 Bilal tivo a gran oportunidade da primeira parte e chegando ao descanso a segunda parte arrincaba igual cun gran dominio e con algunhas oportunidades, quizais a máis clara estivo nas botas de Rizo e un gran disparo a boca xerro onde o porteiro visitante lucíase nunha gran intervención. Xa na recta final do encontro o equipo visitante tivo os mellores minutos e no desconto a última dos nosos puido estar os 3 puntos onde Iván Amor tivo un man a man onde o porteiro evitaba a última oportunidade de gol e o partido tocaba ao seu fin, un partido igualado onde xa van 16° xornadas sen ver a derrota, Agora toca pensar na Copa dá Coruña este próximo miercoles coa primeira rolda da Copa".

Goles : 


Betanzos CF 0-2 Xallas FC

Néstor Romero, (Adestrador do Xallas FC) : "A pesares das numerosas baixas o equipo saltou o campo moi mentalizado de facer un bo traballo, e así foi. Na primeira metade, estivemos moi serios a nivel defensivo, e o rival apenas nos inquietou. Sabíamos da sua debilidade no xogo aéreo e o primeiro gol veu nun saque de curruncho que prolongou Álex e no segundo pau meteu Borja. A partir de aí, encontramos moitos espacios e meteu o segundo Camilo, podendo sentenciar o partido na primeira metade, con ocasións claras de Marcos e Kevin. Na segunda metade, fixémonos máis fortes e o partido foi morrendo pouco a pouco. O equipo demostrou caracter e garra, a pesar de afrontar o choque moi limitados de efectivos, sendo xustos vencedores do encontro".

Goles : 0-1, Borja, (22´); 0-2, Camilo, (36´).

Incidencioa : O Betanzos xogou cun menos dende o minuto 65 por expulsión con dobre cartó, o segundo vermello de Chrístian, (64´e 65´).




SD Arzúa 1-1 CF Dumbría

Nacho Barreiro, (Adestrador do CF Dumbría) : "Partido no que viaxábamos a un dos campos máis difíciles do campionato. Sabíamos que íamos sufrir, e así foi, sufrimos moitísimo. Na primeira metade ben posicionados e saindo rápido as contras creámoslle algúns problemas. Eles na primeira parte tiveron unha ocasión que salva Iván moi ben situado. Empezou a segunda dando a sensación de que tíñamos o partido controlado e creando perigo cando roubábamos. Perdemos a Matías por lesión, pinchazo na parte posterior da perna, e o equipo tivo que reconstruirse. A medida que pasaba o tempo o Arzúa ía apretando, e nesta categoría cando deixas de estar concentrado e cometes un erro, eles non perdoan. A primeira que tiveron, e para adentro. Tocaba apretar os dentes e seguir traballando duro. Cas entradas de Edu, Fabio, Jose e Cacha tivemos máis pelota, e foi nunha xogada que a colle Yuyo, e entra na área e fanlle penalti. Gol de Makaay e a seguir traballando, que quedaba moito que sufrir e apretar os dentes, xa que aquí nesta categoría non te podes permitir unha semana de tranquilidade".


Goles : 1-0, Diego, (17´); 2-0, Adrián "Makaay", (de penalti no desconto).




Ribadeo FC 4-0 SD Sofán

Iván Cancela, (Adestrador do SD Sofán) : "Partido para olvidar por tódalas circunstancias que nos ocurriron. Primeira parte na que estivemos mellor co rival, pero no que encaixamos gol por unhas mans sinaladas polo liña e na que o árbitro situado encima da xogada decidira seguir co xogo. Duas xogadas na sua área tamén con polémica donde pedimos 2 penaltis, un deles que nos sacan fora da área con Joni claramente dentro. Pero bueno, son decisiòns que unhas veces te perxudican e outras te benefician. Na segunda parte, para colmo, chégannos as lesiòns de Alexandre e Adrián, (no mesmo xeonllo lesionado anteriormente), e o rival foi superior a nòs, sobre todo a partir do segundo gol. Toca seguir traballando pola semana igual que ata agora, recuperar algún lesionado da larga lista e que chegue un resultado positivo para coller moral.".

Goles : 1-4, Santi García, ( de penalti, 24´); 2-0, Juan, (50´); 3-0, Chrístofer, (54´); 4-0, Aitor, (75´) .



Atlético Arteixo 4-1 Agrupación Estudiantil

Encontro no que se vendeu todo peixe na primeira metade na que se adiantaban os arzuanos aos 16 minutos de xogo. Reaccionaba ben o equipo artiexán que empataba por medio de Nando pouco despois. Ben e certo que a ledicia do gol pouco diuraba pois a media hora de xogo, Denís, que xa fixera o primeiro, voltaba a poñer por diante aos "queixairos", e xusto na derradeira xogada do primeiro tempo Javier, facía un 3-1 que xa non se movería na segunda metade na que os arteixáns trataron de meterse no encontro pero a expulsión de Álex Montes a hora de xogo complicaba máis as cousas. Nas proptestas tamén vería o vermelllo direto o delegado do equipo, José A. Carabel.

Goles : 1-0, Dedís, (16´); 1-1, Nando, (19´); 2-1, Denís, (32´); 3-1, Javier, (45´).



-PICHICHI-

1º : Fernando Cuadrado, (SD Polvorín), con 18, (3 de penalti)
2º : Iván García, (CSD Arzúa), con 10, (2 de penalti)
3º : Jonathan Cendón, (Órdenes SD), con 8
- Brais Calvo, (Agrupación Estudiantil), con 8, (2 de penalti)
- José a. Bertua, (Órdenes), con 8, (1 penalti)..




-16ª XORNADA-

    Polvorín SD  -  ATLÉTICO ARTEIXO   3 : 1       
    Viveiro FC  -  San Tirso   0 : 2       
    Outeiro de Rei  -  Atlético Escairón   2 : 1       
    SD Dubra  -  CD Castro   1 : 2       
    Betanzos CF  -  XALLAS FC   0 : 2       
    Agrupación Estudiantil  -  Boimorto CF   1 : 2       
    SD Residencia  -  Órdenes SD   1 : 2       
    SD Arzúa  -  CF DUMBRÍA   1 : 1       
    UD PAIOSACO  -  CD As Pontes   0 : 0       
    Ribadeo FC  -  SD SOFÁN   4 : 0       



-17ª XORNADA-
10/12/2017
 
    Órdenes SD  -  SD Dubra   _ : _       
    CD Castro  -  Betanzos CF   _ : _       
    Boimorto CF  -  Polvorín SD   _ : _       
    XALLAS FC  -  UD PAIOSACO   _ : _       
    ATLÉTICO ARTEIXO  -  SD Residencia   _ : _       
    SD SOFÁN  -  SD Arzúa   _ : _       
    Outeiro de Rei  -  Agrupación Estudiantil   _ : _       
    Atlético Escairón  -  CF DUMBRÍA   _ : _       
    San Tirso  -  Ribadeo FC   _ : _       
    CD As Pontes  -  Viveiro FC   _ : _       



NOTA  :  "Darlle as gracias pola colaboración aos adestradores, técnicos, diretivos e afeccionados que nos axudan cos seus comentarios, e fotos, para traer cada xornada unha maneira diferente de facer as crónicas dos encontros, ca visión dos dous lados e que cada semana leen milleiros de afeccionados. Así mesmo agradecerlle a RFGF a información das fichas técnicas das actas arbitrais".


-As clasificacións desta e outras ligas telas a esquerda da portada da web premendo sobre o enlace que queiras ver de cada liga-


-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es-






-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?...

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 55.300 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.


 
    Versión imprimible
CRÓNICAS 16ª Xda da PREFERENTE NORTE : "EMPETA DO LIDER PAIOSACO, VITORIAS DE XALLAS E DUMBRÍA E DERROTAS DE SOFÁN E ARTEIXO". | Entrar/Crear una cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de sus respectivos autores.
No somos responsables de su contenido.
Theme creado por dev-postnuke.com