Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
CURRO PESCA
 
CAFÉ BAR OASIS

 
RESTAURANTE D´ALVARO

 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
Usuarios
Benvido Invitado

O rexistro é completamente gratuito e poderás acceder a todas as seccións da web
Podes rexistrarte aquí
Usuario:


Contrasinal:


Recórdame

Membros:  Admins
Non Conectado  Pirata  
Non Conectado  RubenGarcia  
Non Conectado  Pato  
Membros:  Membros:
Ultimo:  Novos Hoxe: 10
Ultimo:  Novos Onte: 26
Ultimo:  Total: 55674
Ultimo:  Ultimo:
mildredfp1
Membros:  Conectados
Membros:  Membros: 2
Invitados:  Invitados: 11
Total:  Total: 13
Membros:  Membros Online
Conectado  StephenKib  
Conectado  MichaelFam  
 
CLASIFICACIÓNS
 
LIGAS FÚTBOL 8
 
FÚBOL SALA COSTA DA MORTE
 
FÚTBOL SALA FEMININO/MASCULINO
 
CLASIFICACIÓNS F. VETERANOS COSTA
 
Menú principal

 

CRÓNICAS 16ª Xda DA LIA DE XUVENÍS DA COSTA : "OS 3 DE ARRIBA GOLEAN".
Domingo, 03 Decembro, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
-LIGA XUVENIL DA COSTA-
-Crónicas 16ª Xornada-

Isaac Fábregas, (der.), fixo un dobrete contra o Muxía CF.

-Corme, Fisterra e San Lorenzo golean na loita por arriba-

16ª xornada da Liga Xuvenil da Costa,  e a emoción por arriba está atope e don decaen os equipos. O Corme CF que ocupa a posición de maior prvilexo con 39 puntos goleaba ao Camariñas CF por 1-8 para manter os 4 puntos sobre o SD Fisterra, que goleaba ao Muxía CF por 7-0, mantendo así a corta ventaxe de 1 punto co San Lorenzo SD que derrotaba a un complicadísimo Cabana SD por 2-5. Tras estes equipos xa se corta a liga cun grupiño a espera de enfrontamentos diretos para poder optar a todo. O SCDR Esteirana derrotaba por 1-3 ao SD Sofán para subir ata 4ª praza, namentras que o ED Os Miudos derrotaba ao SD Ponteceso por 2-1, para colocarse 5º con 28 puntos os mesmos co 6º, SD Soneira, que goleaba ao Xallas FC por 0-4. Os xalleiros seguen sen estrearse na taboa de puntos. Pola sua banda o CD Baio non foi quen de puntuar no seu féudo ante o UD Corcubión, (1-2), e como vos contamos onte o SD Coristanco-Outes CF non se xogaba ao non ter suficientes xogadores o equipo da Serra. A RFGF xa ditaminou que o encontro darase por finalizado con 3-0 para os da Terra da Pataca. Abre a nova o completo para ver as crónicas da xornada.

Segue cas crónicas e moito máis...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.











Joseba, (Camariñas CF).

Camariñas CF 1-8 Corme CF

Encontro doado para "os percebes do Roncudo", que xa gañaban o descanso por 1-6 e sobrando xa a segunda metade. Encontro limpo, sen cartóns no que marcaron no primeiro tempo e por iste órde para os de Corma : Manu Bermudez, Manu Tasende, acurtou de penalti Bardanca para os camariñáns e remataron a faena do primeiro periodo, Álex Mato, Javi Bermudez, e Brais Pombo. Na segunda metade completaron a goleada : Miguel, Noel e Brais Pombo.




Os corcubioneses aguantaron con 10 despois de ser 11 xustos.

CD Baio 1-2 UD Corcubión

Saeu forte o Corcubión que a pesares de chegar con 11 xustos, logo se puxo 0-2 con goles de Brais e Álex Agulleiro, (12´e 21´). Non tardou en reaccionar o equipo baiés e poñerse de cheo no encontro cun tanto de Raúl Corzón, (28´). Sufreu no treito fina do encontro o equipo corcubionés para levarse os 3 puntos e máis pola expulsión con vermello direto de Álex Agulleiro aos 67 minutos de xogo.





SD Fisterra 7-0 Muxía CF

Chegou o Muxía CF con 13 xogadores para disputar un complicado encontro ante un candidato a todo e fixérono ben na primeira metade na que só recibían un gol de Manuel Espiñeira, 835´). Xa non foi igual a segunda metade e notouse a festa do clube da noite anterior que chegou a altas horas da madrugada, O cansanzo fixo mella e tralo terceiro dos fisterrán acabouse o encontro teoricamente. Daniel, (47´) e Miguel Trillo, (53´), deixaron sentenzada unha contenda que rematarían, Isaac Fábregas, (2), Rodrigo e Xan Xixo que materializou un penalti que a piques estivo de parar o meta muxián.
 
 

 
 
Cabana SD 2-5 San Lorenzo

Saeu durmido o Cabana SD nas Redondas e cando espertou xa perdía por 0-3 con goles de Alejandro, (10´); Aarón, (21´) e Diego, (26´). Reaccionou o equipo de Fernando de Cánduas e consigue meterse 2-3 con goles de Chrístian e Yago, (33´e 44´). A volta de vestiarios dous erros defensivos deron o traste con todo traballo feito de aproximación. Non errou o San Lorezo que facía o definitivo 2-5 con goles de Alejandro, (72´e 76´).


Xalla FC 0-4 Cabana SD

Encontro limpo e doado para os vimianceses que se poñían na primeira metade moi cedo cun craro 0-3, con goles de Crístia, (26´), e Fran Moreira, (30´e 31´). A segunda metade xa sobrou e sería Raúl o que facía o 4-0 a piques de rematar o encontro, (88´).


 
 
SD Sofán 1-3 SCDR Esteirana

Non fomos capaces de saber que pasou niste encontro que na acta aparece como 1-3 en vermello. Cando saibamos colgaremos aquí a crónica.



Os Miudos gañaron un complicado encontro.

ED Os Miudos 2-1 SD Ponteceso

Primeira metade moi entretida e na que se viron os 3 goles. Adiantábase o equiop muradán moi cedo con dous goles de Rubén Formoso, (12´e 19´), e acurtaba tamén sen tempo a que se asentase o equipo miudo, Carlos Loureiro para os da Vila de Pondal, (27´). Todo apuntaba a unha segunda metade de poder a poder, pero non foi así e non se movería o marcador, que deu emoción atao pitido final.
 
 
 

-PICHICHI-

Miguel Trillo, (SD Fisterra), leva 2 goles.

1º : Santi Casas, (SD Sofán), con 24, (3 de penalti)
2º : David López, (SD Sofán), con 21, (2 de penalti)
3º : Diego Castro, (SD Coristanco), con 17, (1 de penalti)
4º : Fran Moreira, (SD Soneira), con 21, (3 de penalti)
5 º : Diego Castro, (SD Coristanco), con 18
6º : Samu Costa, (Corme CF), con 17, (2 de penalti).
-Aarón Casas, (San Lorenzo), con 17
-Adrián Bardanca, (Camariñas CF), con 17, (2 de penalti).


-17ª XORNADA-
06/12/2017
    UD Corcubión  -  Camariñas CF   _ : _       
    SCDR Esteirana  -  CD Baio   _ : _       
    Corme CF  -  ED Os Miudos   _ : _       
    Outes CF  -  SD Sofán   _ : _       
    SD Soneira  -  Cabana SD   _ : _       
    SD Laxe  -  SD Coristanco   _ : _       
    Muxía CF  -  Xallas FC   _ : _       
    Ponteceso SD  -  SD Fisterra   _ : _       

Descansa : San Lorenzo SD.


-As clasificacións desta e outras ligas telas a esquerda da portada da web premendo sobre o enlace que queiras ver de cada liga-


-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es-





-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
 se queres axudarnos poñendo a túa-




-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?...

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 55.400 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.


-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-



 
    Versión imprimible
CRÓNICAS 16ª Xda DA LIA DE XUVENÍS DA COSTA : "OS 3 DE ARRIBA GOLEAN". | Entrar/Crear una cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de sus respectivos autores.
No somos responsables de su contenido.
Theme creado por dev-postnuke.com