Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
CURRO PESCA
 
CAFÉ BAR OASIS

 
RESTAURANTE D´ALVARO

 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
Usuarios
Benvido Invitado

O rexistro é completamente gratuito e poderás acceder a todas as seccións da web
Podes rexistrarte aquí
Usuario:


Contrasinal:


Recórdame

Membros:  Admins
Non Conectado  Pirata  
Non Conectado  RubenGarcia  
Non Conectado  Pato  
Membros:  Membros:
Ultimo:  Novos Hoxe: 10
Ultimo:  Novos Onte: 26
Ultimo:  Total: 55674
Ultimo:  Ultimo:
mildredfp1
Membros:  Conectados
Membros:  Membros: 2
Invitados:  Invitados: 11
Total:  Total: 13
Membros:  Membros Online
Conectado  StephenKib  
Conectado  MichaelFam  
 
CLASIFICACIÓNS
 
LIGAS FÚTBOL 8
 
FÚBOL SALA COSTA DA MORTE
 
FÚTBOL SALA FEMININO/MASCULINO
 
CLASIFICACIÓNS F. VETERANOS COSTA
 
Menú principal

 

A ENTREVISTA : ROBERTO AMOEDO E MARTÍN VOLVEN O OUTES NO QUE XOGARON".
Venres, 01 Decembro, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
LIGA DA COSTA
-Entrevistas-

      Amoedo, (der.) e Martín, (esq. fondo), volven co lider a Outes.

-Roberto Amoedo e Martín volven ao Conchido no derbi Outes-Mazaricos-
-Entrevista-

Este Domingo a partires das 17:00 horas no Conchido, (Serra de Outes), disputarase un derbi de proximidade de "necesidades". O Mazaricos tentará levarse os 3 puntos para seguir subido no máis alto ca ventaxe cos perseguidores e o Outes CF tratará de collelos para comezar a endereitar o seu rumbo traas trocar de patrón a cargo do barco, Javier Lodeiro. No visitante haberá dous co "Corazón partío" como diría Alejandro Sanz. O adestrador-xogador do equipo mazariquense, Roberto Lago e o xogador Martín Lago. Os dous ex do equipo outés, o primeiro casado e vivindo en terras da Serra dende fai 12 anos e o segundo natural de San Lorenzo, no concello outés. Amoedo e Martín foron partícipes da historia do clube "nero-branco", co ascenso a 1ª Autonómica o primeiro e o segundo que xogou nos da Serra dende xuvenil, viveu o bo e o malo diste deporte, pois lembramos que na 2013/14 sufrira unha complexa lesión de menisco da que non lle daban esperanzas de poder voltar a xogar e agora no Mazaricos vive unha segunda xuventude futbolística.

Segue coa entrevista...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.




-Encontro especial o deste Domingo no Conchido?.

Martín Lago : "Será un encontro moi especial. Volver a xogar no Conchido traerame moitos recordos, bos e malos. Foron moitos anos qe xoguei alí e por eso sera un partido de grandes emocións".

Roberto Amoedo : "Si que será un encontro especial por dous motivos. Vivo alí dende fai 12 anos, onde estou casado e xoguei no equipo. Indudablemnte será moi especial e buscaremos gañar, inda que doa ante un equipo o que lle queres".


-Un Outes no descenso e vos coa necesidade de seguir gañando. Non doe enfrontarse así a eles?.

Martín Lago : "A verdade é que a situación é enganosa. Eles estan pasando un bache pero estou seguro que neste partido darån o 200%. Seguramente non sexa a mellor situación para enfrentarnos a eles no Conchido, pero o fútbol ten estas cousas e nos temos que intentar sacar o partido adiante igualmente. Non me gusta ver o Outes en descenso a pesar de que eu agora non xogue alí. É o equipo do meu pobo e como sempre dixen deséolle o mellor do mundo".

Roberto Amoedo : "Será unha sensación rara toparse a un Outes necesitado e que por enriba como decía, que lle tes cariño. Vai ser un encontro moi complicado polo forte que é o Outes no seu campo e polo sentimental".


-O Outes un equipo con problemas, pero con moita calidade. Crees que despertará a tempo?.

Martín Lago : "Penso que, ainda que agora teñen baixas importantes, se están unidos ata o final, (entrenador e xogadores), e reman todos na mesma dirección seran quen de salvar a categoria sen problemas. Sinto e doeme a situación qe atravesan, sobre todo por eses chavales da casa, ós que tanto boto de menos e que o dan todo polo Outes".

Roberto Amoedo : "O Outes é un equipo con problemas polas moitas baixas que ten, que son moi importantes e se non recupera xente vaino ter difícil ata o final porque os de abaixo están a reforzarse e se te metes na dinámica dabaixo volvese todo máis complicado. Con todo eso o Outes dependerá dos encontros da casa principalmenteonde é moi forte e todo dependerá dos resultados co paso das xornadas".


-Volvedes a que durante un tempo foi a vosa casa. Como creedes que reaccionará o publico?.


Martín Lago : "Non creo que nadie nos teña que recriminar nada a ningún dos dous. A miña salida do Outes quizais non foi a mellor pero a decisión tomeina eu. Houbo cousas qe non me gustaron e creo que cando alguén non vai estar a gusto nun sitio debe irse. Despois o tempo dalle a razón a uns ou a outros. Non obstante, eu sempre seguirei téndolle cariño e afecto o equipo do meu concello. En canto a Roberto Amoedo creo quee calquera xogador debería sentirse orgulloso de ter a oportunidade de compartir vestuario con él. Non o digo porque me caiga na familia, pero só teño boas palabras para falar dél. Para mín foi un honor compartir vestuario con él no Outes igual que o está sendo no Mazaricos. Creo que él foi moi claro cando veu ó Outes. Él dera unha palabra antes de vir e, cando se foi, igual que o faria calqera boa persoa, o único qe fixo foi cumplir esa palabra qe xa dera antes. Foi unha pena qe non toda a xente entendera a sua marcha e lle soubera agradecer ainda asi o seu bo labor no Outes aquela temporada, pois estou seguro que sin os seus bos numeros no tempo que estivo, e todo o que aportou sería imposible conseguir o ascenso a 1ª Autonomica aquel ano. Sin máis, creo que o público estará a altura e axudará a que sexa un bo partido".


Roberto Amoedo : "Eu creo que o recordo meu e da afección é bo, polo que coido que en xeral será un bo trato. O normal é que queiran gañar como tamén querremos nós, pero non haberá problema".


-Este Mazaricos non tiña fisuras, pero parece que se lle abreu unha pequena ferida?.

Martín Lago : "Este ano empezamos moi fortes e fixemos un arranque de liga prometedor, pero sabemos cal é o noso obxetivo e temos os pés na terra. Se en pretemporada nos dixeran qe ibamos perder o primeiro partido de liga na xordana 10 nadie o creeriamos, e o empate ca Esteirana podemolo considerar casi como unha victoria, pois seguimos mantendo a misma distancia en puntos con eles, e distanciamonos un punto máis de dous dos perseguidores na tabla. Creo que non debemos mirar a tabla clasificatoria.debemos seguir utilizando as nosas armas e salir cada domingo o campo a sacar os máximos puntos posibles, e se podemos sumar de 3 en 3 mellor. Despois a tabla xa coloca a cada un no seu sitio".

-Roberto Amoedo : "O Mazaricos é un equipo que se tivo que refacer tras moitas baixas e fomos formando un equipo cos que quedaro, con xogadores que non contaban para outros equipos e con xogadores que estaban sen xogar. Sabemos que hai equipos moi fortes coma Corme ou Esteirana, pero seguiremos loitando encontro a encontro a ver onde acaba esto. Nesto inflúen tamén moito as lesións e o longa que é a tempada e somos un equipo sen categoría de base de onde meter man".



Un resultado para o derbi?.

Martín Lago : "O que quero é que gañemos nos e logo o Outes que gañe todo canto xogue, pero para nós é moi importante seguir sumando ao ihghgual ca eles".

Roberto Amoedo : "Eu o que irei contento é se non nos marcan, que iso querrá decir que se fixo ben o traballo. Aposto por un 0-2, pero ainda que sexa 0-1, o máis importante será non encaixar".




 
 


Aviso : Nas fotos ao haber nenos menores de 16 anos, se algún pai ou titor cree convenente que non se pubriquen as fotos non teñen máis ca poñers en contacto connosco no correo ou no teléfono que hai nas pubricidades.


Tódalas novas do Tenis de mesa quedan rexistradas no enlace direto da dereita da portada da web a un "click", para que as visites cando queiras con toda facilidade.



-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es-






-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?...

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 55.300 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.


-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-




 
    Versión imprimible
A ENTREVISTA : ROBERTO AMOEDO E MARTÍN VOLVEN O OUTES NO QUE XOGARON". | Entrar/Crear una cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de sus respectivos autores.
No somos responsables de su contenido.
Theme creado por dev-postnuke.com