Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
CURRO PESCA
 
CAFÉ BAR OASIS

 
RESTAURANTE D´ALVARO

 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
Usuarios
Benvido Invitado

O rexistro é completamente gratuito e poderás acceder a todas as seccións da web
Podes rexistrarte aquí
Usuario:


Contrasinal:


Recórdame

Membros:  Admins
Non Conectado  Pirata  
Non Conectado  RubenGarcia  
Non Conectado  Pato  
Membros:  Membros:
Ultimo:  Novos Hoxe: 10
Ultimo:  Novos Onte: 26
Ultimo:  Total: 55674
Ultimo:  Ultimo:
mildredfp1
Membros:  Conectados
Membros:  Membros: 2
Invitados:  Invitados: 11
Total:  Total: 13
Membros:  Membros Online
Conectado  StephenKib  
Conectado  MichaelFam  
 
CLASIFICACIÓNS
 
LIGAS FÚTBOL 8
 
FÚBOL SALA COSTA DA MORTE
 
FÚTBOL SALA FEMININO/MASCULINO
 
CLASIFICACIÓNS F. VETERANOS COSTA
 
Menú principal

 

CRÓNICAS DA 9ª Xda DA LIGA DA COSTA : "INESPERADA DERROTA DO PONTECESO QUE DEIXA O MAZARICOS MÁIS LIDER".
Luns, 13 Novembro, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
LIGA DA COSTA
-9ª Xornada-  
 
Muxía e Sporting Zas xogaron un encontro que se levaron os muxiáns.

-Inesperado tropezo do Ponteceso que deixa ao Mazaricos máis lider-
-A liga pártese pola metade-

9ª Xornada da Liga da Costa, ainda queda moito, pero hai varias cousas claras. A día de hoxe o Mazaricos non amosa fisuras e lidera con pulso firme a competición, sabendo sufrir nos encontros que o precisan para levalos o seu terreo. Un grupo que se tardou en formar, pois lembraos cando falamos co adestrador Roberto Amoedo, que chegaba para facer cargo da parcela mazaquiquense que nos decía en pretempada que chegara a falar con polo menos 40 xogadores, pero que o mercado da Costa parecía o de 1ª División, que era complicado convencer a xente de unirse o proxecto. Conseguiron xuntar un gran grupo e vaia se funciona. Se estes anos o Mazaricos CF nos tiña acostumados a ser o animador da liga, pero sempre quedándose as portas da promoción, desta volta é o rival a batir e nesta xornada reforzouse no liderato, trala sua vitoria sobre o reforzado SCD Malpica, (2-0), e a inesperada derrota do SD Ponteceso en Louro, (3-1), que ten os mazariquenses con 5 puntos sobre os pontecesáns. Outra cousa está clara e a liga xa se parte pola metade, con 8 equipos agoramente en 5 puntos, dende o colista, SCD Malpica, con 5 puntos ata o 8º, UD Cerqueda, con 10. Xa o 7º, UD Monte Louro se vai aos 14 puntos. Sí que falta moito e xa se ven cousiñas. Outro punto que está claro é que o Muxía CF é sen dúbida o "equipo revelación". Os de Adrián Lema marchan cuartos con 17 puntos a 3 do segundo SD Ponteceso. Son o mellor "novato" dos derradeiros anos e esta semana derrotaban nun fermoso encontro que ven puido ter unha "x" na casilla de resultados, pero que se levaron os muxiáns por 2-0, nunha expléndida segunda metade, na que volvía o medio, Roberto Pereira, tras unha lesión de pubálxia que arrastra dende o final da pasada tempada. Un gran reforzo para o clube da Vila da Barca. Xa había gañas de ver o Sporting Zas por Muxía, lugar que non visitaba dende fai décadas e que lembrou aos máis vellos outros tempos. Lamentar e desexarlle moita sorte ao xogador do Outes CF, Martín que sufría a rotura da clavícula e o desprazameno do hombreiro do sitio e do xogador do SD Buño, Secundno que na típica xogada na que se queda clavado no xiro lesionouse do xeonllo, cunha primeira exploración mala, pero que esperemos que para  ambos sexa menos do previsto e que se ruperen ben e pronto. Noutro ámbito de cousas informarvos que Javi "Pinturas" xa non é adestrador do CF Lira.

Segue coas crónicas e moito máis...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.
 
 
 



AVISO LEGAL : As nosas fotos están suxeitas a Copyright. Está prohibido a todo medio de comunicación a utilización total ou parcial destas fotos sen permiso de www.piratasdemuxia.es. Así mesmo as que lle poñemos marca de auga, que nos envían os colaboradores para a difusión por parte nosa e que que levan o nome de quen nola envía ou realizou e o noso, que foi a quen se enviou para a sua publicación. As fotos son para disfrute e recordo dos xogadores, equipos, afeccionados, etc...

 
-CRÓNICAS-


 O Ponteceso caeu en Louro nun choque moi igualado.
 

UD Monte Louro 3-1 SD Ponteceso

Óscar Leis, (Adestrador do UD Monte Louro) : "Foi un partido no que ambos equipos alternaron o dominio e as ocasions. Nun balón parado adiantaronse eles e pouco despois en unha xogada entre Juan e Alex chegares o empate  por medio de Alex. O propio Alex tivo oportunidades xa antes con un remate de cabeza que saiu rozando o Pau, un man a man que sacou o porteiro e un disparo desde 40 metros que pegou na cruceta.  Tras o descanso dominou o Ponteceso pero nunha contra Alex sacaría un centro de rabona o que Juan e Raúl chegaron para rematar xuntos e sería Raúl o que marcaría o 2-1. O ponteceso tratou de lograr o empate e xenerou varias ocasions sobre todo con disparos desde a frontal pero sen lograr o gol. Nos tratamos de sair a contra e sentenciar pero erramos varios ultimos pases que nos deixaban so ante o porteiro rival . Xa no último minuto logramos por medio de Gabriel facer o 3-1 definitivo. 3 puntos moi importantes ante un grandísimo rival".

David Antelo, (SD Ponteceso) : "Partido pasado por auga en Louro donde colleitamos a primeira derrota da temporada ante un rival que non o puxo nada fácil. Comezamos o encontro ben prantados sobre o campo e co Montelouro presionandonos arriba. Estaba o campo moi rápido para o movemento do balón. A primeira metade estuvo chea de ocasións para ambos equipos. No min.7 avisaba o Montelouro nun centro lateral, no min.9 sería Matias nun tiro lonxano de falta. Un minuto máis tarde intentaríao Iago cun tiro dende lonxe que sairía fóra. No min.12 tería unha ocasión clara o Montelouro de cabeza o saque dunha falta. De seguido no min.21 avisaba outra vez Iago e Juanma que quixo pinzar o balón por riba deste sacando a córner. No min.26 nunha falta sacada por Matias cun tiro forte e raso pararia o porteiro local e no rexeite marcaría Alvite o 0-1 da tarde. Pouco duraría a alegria xa que no min.30 Siaba marcaba o empate do partido. Este xogador crearía duas xogadas claras de perigo no que unha delas nun tiro lonxano tocaria Xurxo e iría o balón o pau. Rematando a primeira metade con empate a 1-1 e moita igualdade nela. No comezo da segunda metade salimos a polo encontro e tivemos 20 minutos de control total do encontro pero sin ter sorte nas ocasións e donde o Montelouro estivo máis efectivo facendo un gran encontro, sobre todo defensivo. No min.55 avisaba o Montelouro e dous minutos mais tarde marcaría o 2-1. Co gol non nos amilanamos e fomos a polo partido destacando o bo traballo feito polos nosos capitáns Mendieta e Recarey aparte de todos. No min.60 tiraria dende lonxe Recarey, sairía fóra. De seguido Recarey no saque dun córner e tras varios rexeites tería outra ocasión clara. Xa contra o final nunha falta botada por Matias tería unha ocasión Dieguito e co equipo volcado en ataque chegaría o 3-1 que sería o final do encontro. Aínda teríamos outra ocasión por parte de Alvite no saque dunha falta que enviaría o pau. Rematando o encontro co victoria local e vindo sen os tres puntos para a Vila de Pondal. Agora a pensar no seguinte encontro do próximo fin de semana".


Goles : 0-1, Alvite, (26´); 1-1, Álex Siaba, (30´); 2-1, Raúl, (55´); 3-1, Gabriel, (78´).

Árbitro : Alberto José Cousillas. Estivo ben. Amosou un total de 4 cartóns amarelos. Polo Monte Louro a : Adrián, (57´); Álex Siaba, (80´) e Pedro, (desconto) e polo Ponteceso a : Isma Zenri, (79´).




Roberto Pereira, (vermello), reapareceu no Muxía CF.

-Durante a semana colgaremos unha escolma de fotos diste encontro-


Muxía CF 2-0 Sporting Zas

Adrián Lema, (Adestrador do Muxía CF) : "Primeira parte gris do Muxía que non se sentía cómodo debido a que o Zas saleu super enchufado. Poucas ocasións de gol por parte do Muxía e por parte do Zas, un man a man con Hugo e un tiro que atalla sen problemas. Nós intentabamolo pero non dábamos chegado con claridade. Na segunda parte intercambiaronse os papeis o Muxía saeu a polo partido e inquietaba o Zas e os 10 minutos da segunda parte un centro de Mario remata Nogueira. Seguíamos dominando e o Zas non encontraba oco para chegar a porta nosa. Toja de cabeza msarcaba o segundo para darnos tranquilidade. Ainda así houbo outras duas ocasións claras que o porteiro do  Zas parou".

Manolo Corredoira, (Adestrador do Sporting Zas) : "La lectura del partido es muy sencilla. La primera parte fué nuestra, creamos ocasiones y no las convertimos y la segunda fué de ellos, pero sí que finalizaron las ocasiones".

 
 Goles : 1-0, Manu Nogueira, (58´); 2-0, Javi Toja, (69´).

Árbitro : David Vázquez. Boa arbitraxe. Protestoulle o Sporting Zas unha xogada na que amosou cartón amarelo por unha entrada que cortaba un contraataque. Polo demáis estivo correcto nas suas decisións. Amouslle cartón amarelo aos muxiáns : Michael, (64´), Tomás, (77´), e Roberto Pereira, (88´). E polo Sporting Zas a : Pablo Fuentes, (609´) e Ismael, (85´).




O Mazaricos derrotou a un combativo Malpica.


Mazaricos CF 2-0 SCD Malpica

Roberto Amoedo, (Adestrador do Mazaricos CF) : "Partido máis igualado do que reflexa o marcador. Un moi bo Malpica, que irá a máis. Primeira metade moi boa do Mazaricos con bo xogo e claras ocasións, con un gol a balon parado. Na segunda metade dominio noso nos primeiros 15 minutos nos que volvemos ter ocasións, pero o non matar o partido o cadro visitante veuse arriba e púxonos en grandes apretos, ata que chegando o final noutro balón parado, fomos quen de ter a tranquilidade final para lograr outros tres puntos que nos acercan o obxectivo marcado o comezo da liga".

Felipe Ventureira, "Repi", (Adestrador do SCD Malpica) : "Partido intenso con un campo complicado donde o lider pon moita intensidade dende o principio, e a balón parado son moi perigosos. Así chegou o primeiro gol, pero tamén tiveron agunha oportunidade máis de sentenciar, pero perdonaron, e na segunda nos acoplámonos máis o campo e dominamos un pouco maás o centro do campo, e tivemos opcións claras de marcar, chegando por fora por ambos lados pero non acertamos na definición, pero fixemos que sufriran e despois o final no último instante sentenciaron nun corner mal defendido. Polo tanto felicitar o Mazaricos pola victoria, e nos seguir loitando e intentando mellorar e non baixar os brazos".


Goles : 1-0, Pereiro, (38´); 2-0, Álvaro, (88´).

Árbitro : Aitor Maneiro. Estivo ben. Amosoulle cartón amarelo a Álvaro, (85´), polo Mazaricos e a Dani Casal, (33´) e Gonzalo, (57´), polo Malpica.



Jorge Lorenzo, (SD Coristanco).

SD Coristanco 0-1 CD Baiñas

 Alberto Pensado, (Adestrador do SD Coristanco) : "Primeira parte intensa moi igualada donde ambos equipos dispuxeron de algunha ocasión para adiantarse. A segunda parte nunha xogada que nos desestabilizou por un erro arbitral logrou marcar o Baiñas. A partir de aí estivemos insistindo xerando ocasións pero o noso desacerto e o bo traballo defensivo do Baiñas fixo que non lograramos igualar o marcador".

Tasky, (CD Baiñas) :  "Tivemos en Coristanco un partido duro co que xa contábamos e sabiamos do difiícil que era ganar alí. Unha primeira parte equilibrada na que se xogou con moito pelotazo e con xogo aéreo. Na segunda nos saimos algo mellor, tocando ben o balón e así conseguiríamos o gol. Nos últimos minutos sufrimos moito porque colgaron moitos balóns na nosa área, pero a defensa estivo ben e sacounos todos. Puidemos matalo partido a contra pero tanto Javi como  Esteban non conseguiron marcar. Moi contentos polos 3 puntos nun campo tan complicado e polo esforzo dos nosos 16 xogadores que fixeron un partido moi completo. Cabe destacar unha das claves que foi o acerto do noso mister de poñer a Roi no medio, e sería o mellor do partido e incluso marcando o gol da victoria".


Goles : 0-1, Roi, (54´).

Árbitro : Alejandro Vázquez. Dende o Coristanco protestaron  a xogada que deu pé o gol da vitoria baiñesa. Expulsou no 70 ao adestrador do Coristanco, Alberto Pensado e amosulles sendos cartóns amarelos aos seus xogadores, Alejandro e Mallo. Polo Baiñas viron cartón amarelo, Crístian e Roi.




UC Cee 0-1 Corme CF

Ángel Insua, "Rosqui", (Adestrador do UC Cee) : "Planteamos o partido para presionar forte e levar a iniciativa. Estivemos moi ben na primeira parte xogando todo o tempo no campo do Corme e deixándoo sin ideas e sin recursos. Roubamos pronto e si podíamos contratacábamos, e se non empezábamos desde a defensa combinando. Creamos tres ocasións claras para adiantarnos Ghaiolo, Leo e Ghaiolo de novo....non sufrimos en defensa pois estivemos moi fortes e concentrados. Na segunda parte seguimos co mismo plan pero nun cambio de xogo deles,  sobre o minuto 15 da segunda, anotaron o gol desde fora da área nun balón golpeado que se envenenou e acabou dentro....cousas do fútbol....Dominas perdonas e acabas pagando Ata o minuto 70 creo que non sacaron nin un córner, só tiros de fora da área con moi pouca potencia e moi lexanos, todos desviados. Unha pena porque merecemos unha victoria e acabamos perdendo. Nada que reprochar os xogadores esta semana a traballar finalización e a preparar a visita a Outes. Excesivo premio para o que demostrou o Corme en Cee, pero xa sabemos que as inercias...eche o que hai".


José Ángel Pérez, (Adestrador do Corme CF) : "Partido moi disputado cunha primeira parte donde non fomos capaces de meternos no partido, con un rival que presionaba moito e que dispuxo de algunhas ocasións de gol. Nos apenas creamos ocasións. Rematou a primeira parte con empate a cero inicial. Na segunda parte salimos con moita máis intensidade, dominamos máis o partido e conseguimos adiantarnos grazas a un gran disparo de Javi. De aí o final seguimos dominando e creando algunha ocasión máis e o rival apenas nos creou peligro. Remate final con resultado de 0-1".


Goles : 0-1, Javi, (52´).

Árbitro : Yannik Juncal. Amosoulle 5 cartóns amarelos ao UC C : Carlos, (60´), José Carlos, (61´), Martín, (68´), Adrián, (88´) e no desconto a Jorge. Polo Corme viron cartón, Adrián, (84´) e Eloy Villar no desconto.
 

 


SCDR Esteirana 3-0 SD Buño


Rama, (SCDR Esteirana) : "Partido con dominio da Esteirana e un Buño ben pechado atrás que intentaría salir o contraataque pero que apenas creou peligro en todo o partido. Na primeira parte apenas reseñar ocasións, agás unha de Rober Pladur que estivo a punto de marcar. Na segunda continuaría o partido ca misma tónica pero xa con máis ocasións para a Esteirana que se fixo acreedor o resultado final. Lamentar a lesión do xogador do Buño, Secundino, que na última xogada lesionouse el só tras un mal apoio no xeonllo".


David Calvete, (Adestrador do SD Buño) :  "Partido dominado pola Esteirana que foron mellores en todas as facetas do partido. Na primeira parte tiñan presencia constante en campo visitante ainda que non acertaron co gol. A pesar de estar sendo dominados anuláronnos un gol de Petis e dispuxemos dun libre-indirecto dentro da área que non fomos capaces de meter. Na segunda o Buño saeu máis enchufado e nos primeiros 15 minutos estivo encima da área local. Zinho, Richard ou Petis puideron marcar, pero estivemos sen acerto. Cando mellor estaba o Buño unha xogada entre Josiño e Alex remata Pladur dentro da área en gol. Pouco despois novamente Pladur recolle un rexeite na frontal e de forte disparo fai o segundo. Nun corner Tobio remataba a goleada para un Esteirana superior. Lamentar a lesión de Secundino que torciu a rodilla na última xogada do partido, tras unha primeira exploración hai que esperar o diagnóstico, pero ten mala pinta.".


Goles : 1-0, Rober Pladur, (63´); 2-0, Rober Pladur, (70´); 3-0, Tobío, (77´).

Árbitro : Diego Bravo. Protestado polo SD Buño un gol de Petis anuado por fora de xogo. Ensinoulle cartón amarelo aos locais : Simón, (60´), Tobío, (72´) e Brais, (84´) e polos vistantes a Emilio, (83´).




O noso desexo dunha pronta e satsfactoria recuperación para Martín.


UD Cerqueda 2-0 Outes CF

Raúl Periscal, (Adestrador do UD Cerqueda) : "Antes de nada desexar dende a U.D CERQUEDA a pronta recuperación de Martin, xogador do OUTES que tivo que ser trasladado en ambulancia despois de unha caida, cun fortísimo golpe nun hombreiro. Partido igualado...disputado...donde durante a primeira metada estivemos moi cómodos con balon e xerando aproximacións o área do Outes. Conseguimos adiantarnos no marcador e soupemos xestionar o resultado para intentar cerrar o partido en algunha contra como así sucedeu. O Outes tivo unha falta o longueiro que puido cambiar o resultado do partido e quizais no computo xeral do partido o máis xusto puido ser un empate. Importantísima victoria que reforza o traballo dos xogadores".


Jorge Carou, (Outes CF) : "Partido algo combativo. Na primeira metade practicamente non se tirou a porta. O gol do Cerqueda fai un extrano o balón a Xandre que se agacha, pásalle por enriba, vai o poste e o rexeite vaille o dientairo do Cerqueda. Na segunda metade o dominio foi do Outes que se volcou sobre a porta do Cerqueda, mandando dous balóns a madeira, pero non houbo sorte. Nun contragolpe o Cerqueda sae en claro fora de xogo e marca no man a man con Xandre batíndoo por baixo. Lamentar a lesión de Martín no 36 con rotura de clavícula e saeuselle o hombro. A verdade e que cando non se ten a sorte de cara non hai que facerlle e a sorte non está axudando o Outes, nin cas lesións, nen cas ocasións".

 
Goles : 1-0, Julián, (16´); 2-0, Iván Mato, (78´).

Árbitro : Iván Miño. Protestado o segundo gol local por parte do Outes CF como claro fora de xogo no inicio da xogada. Amonestou polo Cerqueda a : Diego Dourado, (36´), Fran, (75´) e Eloy, (86´). E polo Outes a Sergio, (37´) e David, (44´).
 
 
 

 
Camariñas CF 1-1 SCDR Esteirana

Tono do Atlático, (Adestrador do Camariñas CF) : "Partido no que houbo unha parte para cada equipo. No que na primeira parte o Lira foi claro dominador dispoñendo tanto da posesión, como das mellores ocasións. Na segunda parte e, curiosamente, ca expulsión do noso xogador David, fomos a máis puidendo incluso ganar o partido ante un Lira que me deixou moi boa impresión".

 Javi Pinturas, (Adestrador do CF Lira) : Cando nos chegue o comentario colgarémolo aquí.

Goles : 0-1, Isma Sanli, (42´); 1-1, Nicolás, (62´).

Árbitro : Santi Boedo. Moitos cartóns nun duelo moi disputado. Viron polo Camariñas CF cartón : David, dobre cartón e expulsión, (16´e 51´), e cartóns amarelos para : Lista, (66´), Maikel, (66´) e Javi Antelo, (88´). Polo Lira viron cartón : Brais, (36´), Alejandro, (56´), Eloy, expulsad por dobre cartón, (66´e 66´), e Adrián, (79´).




NOTA  :  "Darlle as gracias pola colaboración aos adestradores, técnicos, diretivos e afeccionados que nos axudan cos seus comentarios, e fotos, para traer cada xornada unha maneira diferente de facer as crónicas dos encontros, ca visión dos dous lados e que cada semana leen milleiros de afeccionados. Igualmente darlle as gracias a RFGF por permitirnos traervos as actas arbitrais dos encontros, unha gran fonte de información de cada encontro. Tamén podedes velas en www.futgal.es".


-PICHICHI-

Tomás, (esq), leva 1 gol e Javi Toja, (der), 2, co Muxía CF.


:  Pablo Muiño, (CD Baiñas), con 9
2º : Dani Mato, (Sporting Zas), con 6
-Elias Ruso, (Outes CF), con 5
-Pablo Rama, (SCDR Esteirana), con 5
-Isma Sanli, (CF Lira) con 5
-Rober Pladur, (SCDR Esteirana), con 5
-Iván Mato, (UD Cerqueda), Con 5


-(Os goleadores son os recollidos en acta polo árbitros)-

-10ª XORNADA-
19/11/2017
 
    SPORTING ZAS  -  U.D. MONTE LOURO   _ : _       
    S.D. PONTECESO  -  U.D. CERQUEDA   _ : _       
    C.D. BAIÑAS  -  MUXIA C.F.   _ : _       
    OUTES C.F.  -  U.C. CEE   _ : _       
    S.C.D. MALPICA  -  SCDR ESTEIRANA   _ : _       
    CORME C.F.  -  MAZARICOS C.F.   _ : _       
    BUÑO S.D.  -  CAMARIÑAS F.C.   _ : _       
    LIRA C.F.  -  S.D. CORISTANCO   _ : _       
 
 
 
-As clasificacións desta e outras ligas telas a esquerda da portada da web premendo sobre o enlace que queiras ver de cada liga-


 
-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es-





-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
 se queres axudarnos poñendo a túa-




-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?...

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 54.700 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.


-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-




 
    Versión imprimible
CRÓNICAS DA 9ª Xda DA LIGA DA COSTA : "INESPERADA DERROTA DO PONTECESO QUE DEIXA O MAZARICOS MÁIS LIDER". | Entrar/Crear una cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de sus respectivos autores.
No somos responsables de su contenido.
Theme creado por dev-postnuke.com