Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
CURRO PESCA
 
CAFÉ BAR OASIS

 
RESTAURANTE D´ALVARO

 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
Usuarios
Benvido Invitado

O rexistro é completamente gratuito e poderás acceder a todas as seccións da web
Podes rexistrarte aquí
Usuario:


Contrasinal:


Recórdame

Membros:  Admins
Non Conectado  Pirata  
Non Conectado  RubenGarcia  
Non Conectado  Pato  
Membros:  Membros:
Ultimo:  Novos Hoxe: 10
Ultimo:  Novos Onte: 26
Ultimo:  Total: 55674
Ultimo:  Ultimo:
mildredfp1
Membros:  Conectados
Membros:  Membros: 2
Invitados:  Invitados: 13
Total:  Total: 15
Membros:  Membros Online
Conectado  StephenKib  
Conectado  MichaelFam  
 
CLASIFICACIÓNS
 
LIGAS FÚTBOL 8
 
FÚBOL SALA COSTA DA MORTE
 
FÚTBOL SALA FEMININO/MASCULINO
 
CLASIFICACIÓNS F. VETERANOS COSTA
 
Menú principal

 

CRÓNICAS 11ª Xda DA 1ª GALICIA G2 : "VITORIA DO SONEIRA E FISTERRA, EMPATE DO SAN LORENZO E DERROTA DO BAIO".
Luns, 13 Novembro, 2017 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
1ª GALICIA G2
-11ª Xornada-  
 
José Barca debutou no banco do Tordoia ante o Fisterra.

-O Soneira gaña e volve a engancharse arriba-
-Vitoria do Fisterra, empate do San Lorenzo e derrota de Baio-

11ª xornada da 1ª Galicia G2, na que o San Lorenzo sumaba 1 punto ao igualar co Flavia SD, (2-2), o que de rebote beneficiou ao SD Soneira, que derrotaba por 4-2 ao Bertamiráns CF e recurtaba 2 puntos tanto cos padroneses, e co SD Agolada que caía ante o lider SD Piloño por 2-0. Están así os vimianceses con 20 puntos na 5ª praza, tendo por enriba con 22 ao Flavia, Agolada e Bastavales, e co lider a 4 puntos. O que non sacaba nada en limpo esta semana era o CD Baio que caía na sua visita o CF Cordeiro, (2-0). Debutaba no Ara Solis, Noé no banco do SD Fisterra cunha vitoria incontestable sobre o Tordoia CF, no que debutaba no banco o carballés, José Barca, ex do SD Ponteceso. Abrindo a nova o completo tes as crónicas e máis cousas.

Segue coas crónicas e moito máis...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.

 
 

 
 
 
 

San Lorenzo 2-2 SD Flavia

Óscar Suárez, (Adestrador do San Lorenzo) : "Gran partido do San Lorenzo diante de un equipazo como é o  Flavia, así o demostrou en Verdillo facendo tamén un gran encontro. Sensación de facer gol polos dous equipos en calqueira momento do partido, era o que se vía no campo, por iso foi un partido moi bonito de cara o espectador. O final un 2-2 que me parece mais que xusto".


Goles : 0-1, Roberto, (49´); 1-1, Diego Varela, (52´); 1-2, Brais, (72´); 2-2, Dani Pena, (79´).



Cordeiro CF 2-0 CD Baio

Pedro Gómez, (Adestrador do CD Baio) : "Partido no que fomos quen de levala iniciativa de xogo e no que dispuxemos das ocasións máis claras, coma un remate de cabeza a bocaxarro de Santi Díaz que atopa  o porteiro cando xa se cantaba o gol. Na segunda metade tivemos dous man a man de Santi Díaz que non fomos capaces de transformar en gol. E como pasa no fútbol, o que perdoa termínao pagando. O Cordeiro nos últimos minutos en dúas contras levouse o choque".
 
 
 Goles : 1-0, Manuel, (71´); 2-0, Manuel, (87´).



SD Soneira 4-2 Bertamiráns CF

Rafa Suárez, (Adestrador do SD Soneira) : "Cando nos chegue o comentario colgarémolo aquí.

Goles : 1-0, Basti. (16´); 1-1, Fernando, (18´); 2-1, Basti, (46´); 2-2, Fernando, (53´); 3-2, Bruno, (84´); 4-2, Juan, (propia porta no desconto).



SD Fisterra 3-0 Tordoia CF

 Fran Pequeño, (SD Fisterra) :  "Primeira parte bastante igualada. Nos intentando xogar o balón e eles intentando meter balóns en largo para os dianteiros, pero fomos o descanso con empate a cero. Na segunda parte saimos igual que na primeira e fomos facéndonos co control do partido. Sobre o minuto 60 metemos o primeiro gol despois dun centro de Gabi Pazos que remataría Víctor de cabeza. Dez minutos máis tarde sería Eze o que poñía un balón o espacio e Víctor trala saida do porteiro metíalla por enrima coa testa. Xa nos minutos finais, tras outro centro de Gabi Pazos sería Roa o que metería o terceiro. Foi un dos partidos mais completos en liñas xerais do equipo e a partir de agora esperamos seguir esta liña".


José Barca, (Adestrador do Tordoia CF) : "Primeira parte igualada na que as defensas se impuxeron os ataques e apenas houbo ocasións claras de gol. A máis clara cerca do final cun remate de Maki na área pequena que para espectacularmente Paulo. Na segunda parte o Fisterra dou un paso adiante e adiantouse no 60 por medio de Víctor.
A partir do gol adiantamos liñas arriscando máis en defensa para conseguir o empate, creando duas ocasións claras por medio de Denís e Maki que sairon fora por pouco. Despois co equipo volcado chegou o segundo gol de Víctor, e na seguinte xogada a expulsión de Dubra que fixo que arriscáramos ainda máis e con 10 xogadores. Creamos ocasións a balón parado que non fomos capaces de concretar. Xa no 90 cóllen
nos nunha contra e marcan o tercerio. Xusto vencedor o Fisterra".

 

Goles : 1-0, Víctor, (59´); 2-0, Víctor, (65´); 3-0, Eze, (88´).




-PICHICHI-

-Ricardo, (CD Lalín), con 10, (1 de penalti)
-Madiop, (Atlético Riveira), con 9, (2 de penalti)
-Alberto Camba, (CD Lalín), con 8
-Basti, (SD Soneira), e 4 xogadores con 7.



-RESULTADOS 11ª XORNADA-

    SONEIRA SD  -  Bertamiráns CF   4 : 2       
    SD SAN LORENZO  -  Flavia SD   2 : 2       
    Cordeiro CF  -  CD BAIO   2 : 0       
    UD Bastavales  -  Puebla CF   2 : 1       
    CF Silleda  -  CD Unión   2 : 3       
    Sigüeiro CF  -  CD Lalín   2 : 2       
    Atlético Riveira  -  Chaián CF   1 : 1       
    SD FISTERRA  -  Tordoia CF   3 : 0       
    SD Piloño  -  SD Agolada   2 : 0       
 


-12ª XORNADA-
19/11/2017

    Bertamiráns CF  -  SD SAN LORENZO   _ : _       
    Chaián CF  -  CF Silleda   _ : _       
    Tordoia CF  -  SONEIRA SD   _ : _       
    Flavia SD  -  Atlético Riveira   _ : _       
    Puebla CF  -  SD Piloño   _ : _       
    CD Unión  -  Sigüeiro CF   _ : _       
    CD Lalín  -  UD Bastavales   _ : _       
    SD Agolada  -  Cordeiro CF   _ : _       
    CD BAIO  -  SD FISTERRA   _ : _       



NOTA  :  "Darlle as gracias pola colaboración aos adestradores, técnicos, diretivos e afeccionados que nos axudan cos seus comentarios, e fotos, para traer cada xornada unha maneira diferente de facer as crónicas dos encontros, ca visión dos dous lados e que cada semana leen milleiros de afeccionados. Así mesmo agradecerlle a RFGF a información das fichas técnicas das actas arbitrais".


-As clasificacións desta e outras ligas telas a esquerda da portada da web premendo sobre o enlace que queiras ver de cada liga-


-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es-





-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
 se queres axudarnos poñendo a túa-




-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?...

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 54.600 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.


-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-



 
    Versión imprimible
CRÓNICAS 11ª Xda DA 1ª GALICIA G2 : "VITORIA DO SONEIRA E FISTERRA, EMPATE DO SAN LORENZO E DERROTA DO BAIO". | Entrar/Crear una cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de sus respectivos autores.
No somos responsables de su contenido.
Theme creado por dev-postnuke.com