Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
CURRO PESCA
 
CAFÉ BAR OASIS

 
RESTAURANTE D´ALVARO

 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
Usuarios
Benvido Invitado

O rexistro é completamente gratuito e poderás acceder a todas as seccións da web
Podes rexistrarte aquí
Usuario:


Contrasinal:


Recórdame

Membros:  Admins
Conectado  Pirata  
Non Conectado  RubenGarcia  
Non Conectado  Pato  
Membros:  Membros:
Ultimo:  Novos Hoxe: 16
Ultimo:  Novos Onte: 25
Ultimo:  Total: 55029
Ultimo:  Ultimo:
Fortressdta
Membros:  Conectados
Membros:  Membros: 2
Invitados:  Invitados: 19
Total:  Total: 21
Membros:  Membros Online
Conectado  Pirata  
Conectado  mrl  
 
CLASIFICACIÓNS
 
LIGAS FÚTBOL 8
 
FÚBOL SALA COSTA DA MORTE
 
FÚTBOL SALA FEMININO/MASCULINO
 
CLASIFICACIÓNS F. VETERANOS COSTA
 
Menú principal

 

TITO PEDREIRA E ESUSEBIO NOVO CORPO TÉCNICO DO SD PONTECESO.
Martes, 12 Setembro, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
FÚTBOL DA COSTA                              
                    
Eusebio, (eq), José Manuel Mato e Tito Pedreira, (der.), na presentación.

-Tito Pedreira e Eusebio novo corpo técnico do Ponteceso-
-Volve un adestrador que xa deixou moi boas sensacións no pasado-

Tito Pedreia (23/01/71 A Coruña), xa é o novo adestrador do SD Ponteceso, (Liga da Costa), que sustitúe no cargo a José Barca. Nado na Coruña posee os títulos de adestrador nacionais, anteriormente xa estivera a cargo da nave pontecesá alá no ano 2005 conseguindo o ascenso de categoría de 3 Rexional á Liga da Costa. "Gran adestrador con moita experiencia no banco e que vai intentar demostrar no noso clube", dinos Davíd Antelo, diretivo e delegado do clube pontecesán. Anteriormente estivo no Sp. Ciudad chegando a dúas finais da Copa da Coruña que se xogarían en Riazor, (tempada 2006-07 e 2007-08), contra Vizoño e Sp. Cambre que gañaria na prórroga. Tamén estivo como adestrador no San Tirso (1 Rexional), San Martiño (2 Rexional), O Burgo (2 Rexional), Once Caballeros, foi 2 entrenador do Órdes con Antonio Fernández e chegou a adestrar tamén na Liga da Costa ó Malpica (1 Rexional) a falta de tres meses para finalizar a competición e conseguindo o obxetivo, a salvación da categoría. Estreouse  o adestrador coruñés, que fará tandem con Eusebio, nun amigable onte ante o Galicia Gaiteira ao que derrotaron cun tanto de Rubén, (tes aquí abrindo a nova completa a crónica do encontro e máis cousas).

Segue ca información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.

 
 




Os pontecesáns gañaron na estrea de Tito Pedreira.


PUENTECESO SD 1-0 GALICIA GAITEIRA

Puenteceso SD :  Brais (Xurxo min.45), Ismail, Matias, Eloy Trigo, Brais Xuvenil (Rubén min.45), Luis Alvite, Alberto Recarey, Mendieta, Iago, Juanma, Eloy (Feli min.75)

Campo: O Pinguel

Espectadores: 150

Goles: Rubén (min.61)

Partido típico de pretempada ante o Galicia Gaiteira no que serviu de estrea do novo entrenador pontecesán, Tito Pedreira, partido moi disputado polos dous equipos. O Puenteceso saiu ben sentado sobre o campo e donde o novo entrenador ía probando cos seus novos pupilos. O partido foi moi igualado ata o min.61 donde se adiantaría Rubén polos nosos e a partir de aí con moito perigo polas bandas e aproveitando a velocidade de Ismail. O Galicia tería duas ocasións con moito perigo que sairian fóra. Boa imaxe dos dous equipos.
Segundo nos comenta o noso colaborador, David Antelo, (SD Ponteceso), que nos achega toda esta información : "Xa temos novo corpo técnico no Puenteceso SD, acaba de chegar Tito Pedreira e a axuda de Eusebio. Leva unha semana a fronte do clube xogando o seu primeiro partido da temporada nun amigable ante o Galicia Gaiteira. Benvido o clube e que teñas moita sorte nesta nova andadura".



-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es-





-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
 se queres axudarnos poñendo a túa-




-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?...

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 52.800 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.


-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-



 
    Versión imprimible
TITO PEDREIRA E ESUSEBIO NOVO CORPO TÉCNICO DO SD PONTECESO. | Entrar/Crear una cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de sus respectivos autores.
No somos responsables de su contenido.
Theme creado por dev-postnuke.com