Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
CURRO PESCA
 
CAFÉ BAR OASIS

 
RESTAURANTE D´ALVARO

 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
Usuarios
Benvido Invitado

O rexistro é completamente gratuito e poderás acceder a todas as seccións da web
Podes rexistrarte aquí
Usuario:


Contrasinal:


Recórdame

Membros:  Admins
Non Conectado  Pirata  
Non Conectado  RubenGarcia  
Non Conectado  Pato  
Membros:  Membros:
Ultimo:  Novos Hoxe: 8
Ultimo:  Novos Onte: 31
Ultimo:  Total: 53278
Ultimo:  Ultimo:
ErnestKaw
Membros:  Conectados
Membros:  Membros: 1
Invitados:  Invitados: 11
Total:  Total: 12
Membros:  Membros Online
Conectado  ErnestKaw  
 
CLASIFICACIÓNS
 
LIGAS FÚTBOL 8

  • Benxamín Grupo Sur

  • Alevín Grupo Sur


  • Benxamin Grupo Norte

  • Alevín Grupo Norte


  • Prebenxamin Costa
 
FÚTBOL SALA FEMININO/MASCULINO
 
CLASIFICACIÓNS F. VETERANOS COSTA
 
Menú principal

 

DEPOR IN BRIEFF : "ESCOLMA DE NOVAS BREVES DO DEPOR".
Martes, 12 Setembro, 2017 Enviado por Pirata
Depor News
DEPOR IN BRIEFF 
 
Carles Gil xa pasou por quirófano e recibeu o alta médica.

-Carles Gil, Juanfran, etc..-
-Escolma de novas breves do Depor-

-Carles Gil operado e dado de alta no hospital de Porto, (Portugal). Carles Gil recibiu esta tarde a alta hospitalaria no Hospital CUF de Porto (Portugal), onde onte á noite foi operado da pubalxia que o mantivo sen poder render de maneira óptima nos últimos meses e que foi rebelde ao tratamento conservador realizado. O atacante deportivista, que recibiu o apoio do cadro tanto en privado como publicamente, caso de Juanfran esta mesma mañá en rolda de prensa, viaxou de regreso por estrada á Coruña para iniciar un programa específico de fisioterapia e readaptación progresiva, necesario para a súa completa reincorporación ao fútbol de alta esixencia. Por esta circunstancia tamén pasou Fran e aos 2 meses xa estaba a pleno rendimento. Dende www.piratasdemuxia.es os nosos desexos dunha pronta e satisfactoria recuperación para Carles Gil.

Segue coas informacións...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.




-Juanfran moi craro en rolda de prensa. Un dos capitáns do Deportivo, Juanfran, compareceu esta mañá na sala de prensa de Abegondo. Manifestou que o partido do pasado domingo ante a Real Sociedad no Estadio ABANCA-RIAZOR deixou claro que "hai que ser máis compactos desde o minuto uno. Non esperar a que nos dean a primeira hostia". Ademais, asegurou respecto dos cambios que realizou Pepe Mel durante o encontro ante o equipo donostiarra que "as posicións que ían collendo os xogadores durante o partido están traballadas. Todos os xogadores adestraron nesas posicións, saben o que teñen que facer nesas posicións. É unha cousa que se falou e sabíase que podía pasar. A nós non nos pilla por sorpresa".

Insistiu o lateral deportivista que "se se gañara non se falaría. Pérdese e mírase un pouco a iso. Unha xogada a balón parado dá igual se un está en banda dereita, banda esquerda, de dianteiro. É unha xogada de marca home a home e xa está. Non hai que darlle tanta importancia porque está traballado. Non nos pilla de novas. Fede Valverde adestrou por diante miña algunha vez, Adrián en dereita e esquerda, Lucas en esquerda e en dereita. Todo está traballado. Nada se pon de súpeto nun partido e un xogador di ¿que está a pasar? Nós todo témolo traballado, falado. Antes do partido fálase de que pode pasar. Cando non saen as cousas é normal o nerviosismo".

Nesta liña, sostén que os xogadores "temos moita responsabilidade porque o Club fixo un proxecto moi importante, gastouse moito diñeiro e lanzou unha mensaxe moi clara coa volta de Lucas. Todos sabemos que este ano non pode ser como o ano pasado".

Despois de 1 punto de 9 posibles, apunta que o vestiario "animicamente está amolado porque as cousas non están a saír como un espera. Non estamos a facer un bo fútbol, e animicamente non estás ben. É verdade que hai que ter tranquilidade. Isto acaba de empezar. Hai moita marxe de mellora que é o importante".

Para Juanfran, é a hora de crecer: "Por fin estamos todos os que imos estar. Tivemos que esperar ata o final para poder pechar o cadro. A crecer. Esta semana é importante porque hai tres partidos".

Recoñece que esperaba un arranque distinto de liga en canto a xogo porque "viñamos con mellores sensacións no día a día do que se está demostrando. Sabiamos que os primeiros partidos eran moi difíciles porque era o Real Madrid, o Levante no seu campo que é un equipo moi complicado, e a Real Sociedad que é o equipo máis en forma da liga. Esperabamos futbolísticamente estar mellor".

Por esta razón, desexa no Benito Villamarín ante o Betis este sábado 16 de setembro (18:30 horas, Bein LaLiga) "unha vitoria que che dea confianza, que che dea tranquilidade para poder traballar e para recoller a recompensa de todo o traballo que levamos de verán, e para empezar a tirar para arriba". (Artigo de www.rcdeportivo.com).



-A Consellería de Educación confirmou ao Real Club Deportivo as probas de adestradores. O Depor recibeu a concesión extraordinaria dunha nova convocatoria para as probas de acceso ao curso de adestradores 2017-2018. As probas terán lugar nas instalacións da Cidade Deportiva de Abegondo o vindeiro xoves día 21 a partir das 11:30 horas. O prazo para presentar a documentación necesaria conclúe o martes 19 ás 19:00 horas.



-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es-





-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
 se queres axudarnos poñendo a túa-




-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?...

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 52.800 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.


-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-




 
    Versión imprimible
DEPOR IN BRIEFF : "ESCOLMA DE NOVAS BREVES DO DEPOR". | Entrar/Crear una cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de sus respectivos autores.
No somos responsables de su contenido.
Theme creado por dev-postnuke.com