Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
CURRO PESCA
 
CAFÉ BAR OASIS

 
RESTAURANTE D´ALVARO

 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
Usuarios
Benvido Invitado

O rexistro é completamente gratuito e poderás acceder a todas as seccións da web
Podes rexistrarte aquí
Usuario:


Contrasinal:


Recórdame

Membros:  Admins
Conectado  Pirata  
Non Conectado  RubenGarcia  
Non Conectado  Pato  
Membros:  Membros:
Ultimo:  Novos Hoxe: 17
Ultimo:  Novos Onte: 25
Ultimo:  Total: 55030
Ultimo:  Ultimo:
LeonidReeno
Membros:  Conectados
Membros:  Membros: 5
Invitados:  Invitados: 18
Total:  Total: 23
Membros:  Membros Online
Conectado  Pirata  
Conectado  mrl  
Conectado  attisashouddy  
Conectado  AndreyMl  
Conectado  LeonidReeno  
 
CLASIFICACIÓNS
 
LIGAS FÚTBOL 8
 
FÚBOL SALA COSTA DA MORTE
 
FÚTBOL SALA FEMININO/MASCULINO
 
CLASIFICACIÓNS F. VETERANOS COSTA
 
Menú principal

 

O CAMPO DA ARLIÑA ESTARÁ LISTO PARA O INICIO DA LIGA E SERÁ O 1º EN GALICIA DESTAS CARACTERÍSTICAS.
Martes, 12 Setembro, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
FÚTBOL DA COSTA                              
                    
O Campo d´Arliña estará listo para o comezo da liga.

-Derradeiros retoques no Campo d´Arliña-
-Ten o primeiro céspede deste tipo en Galicia-

Sodes moitos os que me preguntades como van as obras no Campo d´Arliña de Muxía. Pois ben, os operarios da empresa Cespa, especialista neste tipo de obras, están a dar os derradeiros retoques para que o campo no que xogan os equipos do Muxía CF, que este ano conta con benxamíns, alevíns, infantís, xuvenís e o equipo senior que tras unha década de desterro na 3ª da Costa volve a Liga da Costa, (2ª Atuonómica G2), estará listo para o inicio da competición o vindeiro 17 de Setembro. Con todo eso o campo oficialmente terá que esperar unha semana máis, xa que os 3 equipos muxiáns que están en competición xogan fora a vindeira fin de semana e a pasada fin de semana non xogaron os infantís e xuvenís por mor da Romaría da Barca que un ano máis foi espectacular cun fervedeiro de festeiros, devotos e romeiros. O Muxía CF contará co primeiro campo en Galicia, das características que leva e que vos contamos abrindo a nova o completo, onde podedes ir vendo paso a paso a obra tamén en fotos.

Segue ca información e fotos...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.

 
 
 
 
 
 
 
 

As obras levan máis dun mes.

As obras comezaron a principio de Agosto, cunha acción sobre o céspede antigo, ao que se lle deu un abrasivo para matalo e procedeuse ao pisado cunha apisonadora.


Tralo degradado do céspede pasouse o grosso da obra.


Trala acción sobre o céspede antigo pasouse ao degradado e déuselle por enriba unha capa de terra e area de lastrado para equilibralo. Apisonando o terreo constantemente.


 
 
                

  



Posteriormente levou por enriba unha capa de fibra e caucho. Unha acción innovadora, pois o terreo de xogo non vai sobre cemento e graba como acostuma a facerse, o que fará que sexa un campo cunha textura parecida ao natural, moito mellor para os xeonllos, nocellos e articulacións dos deportistas.




Logo actuouse sobre os aspersores de regado.















Para logo pasar a extender a capa de céspede. Un céspede de primeira xeración traido de Holanda e que ten unhas características moi especiais que o fan moi parecido ao céspede natural, sumando os procedementos que vos contamos que fan que sexa brando e cunha capacidade excelente de filtrado, ao que hai que sumar que o terreo de xogo da Arliña está todo sobre bolos, (cantos rodados), motivo polo que a pesres de xogar ata 7 equipos e adestrar, aguantou sempre medianamente ben, ou aceptable, e en épocas desatroso, pero sempre sen xuntar unha poza de auga. Unha obra esta feita polos veciños cando se fixo o campo no 1980.






Posteriormente pasouse o pintado do terreo de xogo, tanto para fútbol 11 como para fútbol 8.





Agora falta rematar a beira de todo o terreo o adecentamento de toda a volta, incorporarlle o caucho no céspede e a retirada de parte da baranda que leva o campo na zona de vestiarios. Outras obras pendentes que se irán facendo son unha zona de grada a modo de escaleiras detrás da zona do banquillos, postes con rede tralas porterías, vestiarios, cantina, grada de oeste, e unha que sería moi importante pero que non temos confirmada é a ampliación do alumeado, unha petición dos propios xogadores, ante a pouca iluminación cando adestran.



-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es-





-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
 se queres axudarnos poñendo a túa-




-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?...

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 52.700 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.


-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-

 
 


 
    Versión imprimible
O CAMPO DA ARLIÑA ESTARÁ LISTO PARA O INICIO DA LIGA E SERÁ O 1º EN GALICIA DESTAS CARACTERÍSTICAS. | Entrar/Crear una cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de sus respectivos autores.
No somos responsables de su contenido.
Theme creado por dev-postnuke.com