Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
CURRO PESCA
 
CAFÉ BAR OASIS

 
RESTAURANTE D´ALVARO

 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
Usuarios
Benvido Invitado

O rexistro é completamente gratuito e poderás acceder a todas as seccións da web
Podes rexistrarte aquí
Usuario:


Contrasinal:


Recórdame

Membros:  Admins
Non Conectado  Pirata  
Non Conectado  RubenGarcia  
Non Conectado  Pato  
Membros:  Membros:
Ultimo:  Novos Hoxe: 8
Ultimo:  Novos Onte: 31
Ultimo:  Total: 53278
Ultimo:  Ultimo:
ErnestKaw
Membros:  Conectados
Membros:  Membros: 1
Invitados:  Invitados: 8
Total:  Total: 9
Membros:  Membros Online
Conectado  ErnestKaw  
 
CLASIFICACIÓNS
 
LIGAS FÚTBOL 8

  • Benxamín Grupo Sur

  • Alevín Grupo Sur


  • Benxamin Grupo Norte

  • Alevín Grupo Norte


  • Prebenxamin Costa
 
FÚTBOL SALA FEMININO/MASCULINO
 
CLASIFICACIÓNS F. VETERANOS COSTA
 
Menú principal

 

HOXE COMEZA A MÁIS GRANDE DAS ROMARÍA DA BARCA : "A ROMARÍA DA BARCA DE MUXIÁ".
Venres, 08 Setembro, 2017 Enviado por Pirata
Ocio e cultura
ROMARÍA DA BARCA 2017
               
   Este Domingo comeza a "salsa" nas Ligas de Vetranos.

-Hoxe comeza a máis GRANDE Romaría de Galicia-
-Romaría da Barca de Muxía : Relixión, tradición, cultura, festa...-

Hoxe comeza a  "Romaría da Nosa Señora da Barca", sen dúbida ningunha e sen pasionalismos a máis GRANDE de Galicia, e non por orquestras, que hoxe en día calquer festa pode gozar das mellores, sen ter unha repercusión especial. A Romaría da Barca arrastra unha tradición de culto e peregrinacións dende finais do Século VI principios do VII, segundo os teólogos, (sitúan a lenda e peregrinacións antre o 570 e o 630 D.C.). No lugar onde había unha tradición pagana ao sol e as pedras, o cristianismo deulle a volta e naceu a lenda de que a Virxe María chegou nunha Barca de pedra a alentar a Santiago Apóstolo para que seguise predicando a relixión cristiá. Dende aquela foi chamada a Virxe da Barca, e alí quedaron para sempre os cachos da sua barca, que foron venerados ata os nosos días. Pasaron séculos de perigrinacións e a cousa non decaeu, nen decae. Isa é a verdadeira Romaría da Barca a que trae a milleiros de persoas cada ano ata o pé do Santuario, que antes foi hermida e igrexa, e que foi o primeiro de culto Mariano de Galicia e segundo de España trala Virxe do Pilar...

Segue coa información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.








Cada ano chegan a pé, a cabalo, en bici, en coche, en autobús, etc...milleiros de persoas a visitar a Virxe e pedirlle ou agradecerlle os seus exvotos. Xa dende os 9 días na Novena, que dende fai anos se optou por facela pola mañán e pola tarde xa que os devotos non caben no Santuario, e ainda así son moitos os que teñen que seguir a misa dende fora.


A traca do Domingo abarca os dous muelles.

O culme de todo esto chega o Domingo coa misa principal que enche a falda oeste do Santuario con milleiros de persoas. A asistencia é tal que cando a procesión que vai ata o porto de Muxía, chega, a cola da procesión ainda está practicamente no Santuario, a máis dun km da imaxe Santa. Cada ano dende as diferentes capitais de provincia, así como de moitos outros putnos de Glicia chegan dúcias de autobueses expresamente para a misa e ver a posterior traca de bombas de palenque que se tira na honra da Virxe, con en torno aos 700 m a máis grande de Galicia.


Tamén son moi seguidos o fogos de artificio da noite do sábado e a traca do luns na Barca cando a imaxe volta o Santuario, no chamado Día dos muxiáns, porque maiormente queda a xente do concello e dende o 1947 no que a Nosa Señora da Barca foi coroada como Patrona de Galicia, día no que se celebrou unha misa nas pedras da Barca un 15 de Agosto, e que os barcos da Armada Española lanzaron 21 salvas de honor, cada ano comeza a mñán co lanzamento de 21 bombas de palenque na honra da Virxe e en lembranza dese día, do que se cumpliron este ano os 70 anos.


Dende hoxe e ata o luns, ademáis do apartado relixioso e cultural que é o principal atractivo de que esta Romaría sexa dende 1989 de Interese Turístico Nacional, hai charangas, grupos de gaitas, bandas de música, e orquestras. Algún medio non fai maís ca facer fincapé, que sí no botellón, que si nos aparcamentos en zonas indevidas, etc. Obviando sempre o principal desta festa que reune a dúcias de miles de persoas, durante a novena, e a Romaría, e ainda se extende ata finais de setembro, cando cehgan devotos a centos, que non poden,ou prefiren vir despois da festa.


Hoxe en día e dende que se optou pola brilante idea de poñer a entrada no pobo pola Cruz e a saida polo Coido, evitáronse as tremendas carabanas de kms para entrar no pobo, pois Muxía é unha península, e ainda que posiblemente teña o mellor plan urbanístico da Costa, de finais do século XIX, principios do XX, e que se poida andar en coche por todo pobo, non deixa de ser un pobo de 2.000 habitantes que recibe de repente a dúcias de miles, o que fai complicado os movementos dentro do casco urbán, polo que se habitúan aparcamentos fora do pobo na zona da Arliña.

Algún medio só fala do botellón, inevitable nos nosos días, pola situación económica da chavalada, (cando é unha festa cun sponsor que lle pon publicidade, non se fala do botellón, só van os Santos). Outra cousa é a falla de respeto dalgúns co mobiliario urbán, cousa detestable, pero que por desgraza non é exclusiva da Barca nen das festas.


O TEMPO

Son moitos os que nestas semanas que me preguntáchedes por horarios de misas, sitios para acampar, pisos de alquiler, etc. No que se refire a pisos e hoteis, está todo ao 10%. Moitos optan polos campings e bungalós de Leis e Lago, que suman preto de 2.000 prazas e que se ven tamén desbordadas nestes días, pero que son unha boa opción, pero tamén son moitos os que me preguntan polo tempo.

Pois ben. Nos partes que usamos a xente do mar e que son moi fiables, ainda que se queres mentir, fala do tempo. Hoxe haberá nubes e craros, e o picar a circulación do Oeste, pode haber algunha orballeira, pero nunca de dura, ao igual ca madrugada do sábado. Sempre que pique de W, pode meter un chubasco e de repente estar dando o sol. Durante o sábado con NW, pasará o mesmo só que con algo de frío. Pode meter algunha chubieira, e de repente o sol. O Domingo "Día Grande", máis sol ca nubes, para na madrugada do luns "Día dos muxiáns", encapotarse e estar cuberto ata media tarde. Hai que ter en conta que Muxía está antre 2 e 6 metros sobre o nivel do mar, polo que o tempo é moi cambiante e totalmente diferente ao interior, onde unhas nubes baixas poden representar chuvia ao tocar cos montes. Con decirvos que en Muxía chove algo máis da metade que na liña pluviometra que vai de Cee-Berdoias-Vimianzo.

Só vos pedimos aos milleiros de devotos, visitante, e festeiros, que o pasedes do milloriño, con respeto e non paredes día e noite de disfrutar o que vos ofrece Muxía día e noite durante estes 4 días que non teñen descanso.

SEXADES BENVIDOS E...BOAS FESTAS A TODOS!!!...


-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es-





-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
 se queres axudarnos poñendo a túa-




-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?...

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 52.600 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.


-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-




 
    Versión imprimible
HOXE COMEZA A MÁIS GRANDE DAS ROMARÍA DA BARCA : "A ROMARÍA DA BARCA DE MUXIÁ". | Entrar/Crear una cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de sus respectivos autores.
No somos responsables de su contenido.
Theme creado por dev-postnuke.com