Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
CURRO PESCA
 
CAFÉ BAR OASIS

 
RESTAURANTE D´ALVARO

 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
Usuarios
Benvido Invitado

O rexistro é completamente gratuito e poderás acceder a todas as seccións da web
Podes rexistrarte aquí
Usuario:


Contrasinal:


Recórdame

Membros:  Admins
Non Conectado  Pirata  
Non Conectado  RubenGarcia  
Non Conectado  Pato  
Membros:  Membros:
Ultimo:  Novos Hoxe: 8
Ultimo:  Novos Onte: 31
Ultimo:  Total: 53278
Ultimo:  Ultimo:
ErnestKaw
Membros:  Conectados
Membros:  Membros: 1
Invitados:  Invitados: 9
Total:  Total: 10
Membros:  Membros Online
Conectado  ErnestKaw  
 
CLASIFICACIÓNS
 
LIGAS FÚTBOL 8

  • Benxamín Grupo Sur

  • Alevín Grupo Sur


  • Benxamin Grupo Norte

  • Alevín Grupo Norte


  • Prebenxamin Costa
 
FÚTBOL SALA FEMININO/MASCULINO
 
CLASIFICACIÓNS F. VETERANOS COSTA
 
Menú principal

 

RECORDOS DOS 10 ANOS DA WEB : "UN MUXÍA CF-SD ALCAIÁN DA TEMPADA 2012-13"
Xoves, 07 Setembro, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
"RECORDOS DESTES 10 ANOS"
               
    Un Muxía-Alcaián 2012/13 cun Adrián Alcaina xovencísimo.

-Un Muxía CF-Alcaián da 2012/13-
-O paso do tempo-
-Recordando os 10 anos da nosa web-

Sexta entrega de fotos do recordo dos 10 anos da web. Con estes artigos queremos facer unha lembranza ao noso traballo dos derradeiros 10 anos e así de paso ver, (valga a redundancia) o paso do tempo. As anteriores entregas podedes velas no enlace direto da esquerda da portada da web do "Album de fotos e recordos", ata final de ano imos ir lembrando fotos e cousas que pasaron pola web nestes 10 anos, dende que saíramos a rede un 28 de Maio de 2007.

Hoxe a nosa parada é nun encontro da 3ª da Costa, que enfrontaba na tempada 2012/12 ao Muxía CF e ao desaparecido SD Alcaián de As Salgueiras, (Coristanco), e que tras 16 tempadas na 3ª Rexional desparecía. Con esteas lembranzas, queremos revivilo e ver un pouco por onde andan aqueles derradeiros xogadores deste clube costeiro, grande parte deles xa retirados.

Segue co artigo e fotos...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
 
 
 
 
 
 

 Neste icono con enlace direto a esquerda da web
quedan arquivados tódolos artigos da lembranza dos 10 anos da web
que imos colgando.
 
 
 
 

MUXÍA CF 20012/13

Por arriba de esquerda a dereita : Felipe, (Delegado), Juan, Martín "Currás", Ángel Luis, Sergio, Adrián Negro, Santi "Papi" e Juan Cortés "Papi", (adestrador).

Por abaixo e de esquerda a dereita : Cartreje, Adrián Alcaina, Martinciño, Julián e David Carrera.

-NA ACTUALIDADE-


-Por arriba-

Felipe, Dende sempre no Muxía CF, primeiro como xogador de base e logo nas diretivas, anteriores e actual e delegado do clube.
Juan, fixo asveces de adestrador, xogador e delegado, así coma diretivo do Muxía CF, actualmente reitrado.
Martín "Currás", Muxía, Muxía e Muxía. Un dos que sempre visteu a casaca vermella muxiana e que segue....
Ángel Luis, un trotamundos do fútbol, que vai e ven no Muxía CF. Tras acadar o ano pasado a Copa da Costa co SD Fisterra, volve este ano o clube muxián.
Sergio, xogador perenne do Muxía CF que na pasada tempada pouco xogou por mor do seu traballo no extranxeiro.
Adrián Negro, xogou en varios equipos de nival da Costa coma o Camariñas ou UC Cee para voltar o equipo muxián co que tras varias promocións acadou o ascenso ansiado a Liga da Costa, actualmente traballa na coordinación e dirixindo na base do CD Lugo.
Santi "Papi", todo terreno que o mesmo xoga no medio do campo ca de porteiro, maiormente esta é a sua posición. Do Muxía CF foi ao UD Corcubión para voltar o clube muxián no que xogou de porteiro e acadou o ano pasado o ascenso a Liga da Costa con tan só 17 goles en contra en 27 encontros.
Juan Cortés "Papi", mítico xogador da Costa, que percorreu numerosos equipos como xogador e como adestrador, o derradeiro o Camariñas CF. Na actualidade non adestra.

-Por abaixo-

Castreje, xogou e xoga no Muxía CF, tanto na base como senior.
Adrián Alcaina, xogou na base do Muxía CF, da que pasou ao CF Dumbría, no que chegou ata o 1º equipo na Preferente para retornar o Muxía CF e axudar a levalo a Liga da Costa. Segue....
Martinciño, sempre no clube muxián, dende neno e no que continúa.
Julián, outro que leva no clube da Vila da Barca dende neno e ata os seniors nos que continúa.
David Carrera, xogador que pasou do Muxía CF a equipos coma o UC Cee eou Camariñas antre outros, para voltar o clube muxián e de novo percorrer outros equipos. Na actualidade non xoga.

 
 

SD ALCAIÁN 2012/13

(Esta foto aparece no libro "Mar de Paixón : "O Fútbol da Costa da Morte", de Héctor Pose e Luis Porto, con outro nome que non é o noso por errata, pero é foto exclusiva nosa).
 
 
Por arriba de esquerda a dereita : Dani, Framil, Rubio, Facal, Marquez, David, Fernando, Lino, José Manuel Lorenzo, (adestrador).

Por abaixo de esquerda a dereita : Corral, Marcos, Iván, Daviciño, Pombo, Crístian Muiño, e Martínez.

-NA ACTUALIDADE-


-Por arriba-

Dani, marchou estudiar o estranxeiro e actualmente non xoga.
Framil, foi para o Rial (Bembibre), e actualmente está retirado do fútbol.
Rubio, é o capitán do Coristanco.
Facal, xogou no Coristanco e logo retirouse.
Marques, foi para o Castríz e actualmente está retirado.
David, xoga no Mazaricos.
Fernando, retirado.
Lino, retirado.
José Manuel Lorenzo, (Adestrador), do Alcaián foi o Castríz Xuvenil, SD Coristanco Xuvenil, SD Ponteceso Cadete,  Escautín (senior), e actualmente dirixe ao SD Dubra Xuvenil.

Abaixo

Corral, foi para o Peña Rus, tralo seu paso polo Alcaián e agora xoga no Portomouro.
Marcos, retirado.
Ivan, xoga nos Veteranos do Coristanco.
Daviciño, sufruu a rotura do nocello xogando a futbol sala e actualmente está retirado.
Pombo, foi para o Rial (Bembibre)
Cristian Muiño (pistolas), trocou o fútbol polo atletismo.
Martinez, foi estudiar para o estranxeiro,e actualmente está retirado. Era o máis xove do equipo, polo que ainda pode voltar os campos.

 
 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

 
 
 
-Gracias a inextimable axuda de José Manuel Lorenzo
por desvelarnos a actualidade dos xogadores daquel SD Alcaián 2012/13-

 
-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es-





-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
 se queres axudarnos poñendo a túa-




-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?...

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 52.400 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.


-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-



 
    Versión imprimible
RECORDOS DOS 10 ANOS DA WEB : "UN MUXÍA CF-SD ALCAIÁN DA TEMPADA 2012-13" | Entrar/Crear una cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de sus respectivos autores.
No somos responsables de su contenido.
Theme creado por dev-postnuke.com