Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
CURRO PESCA
 
CAFÉ BAR OASIS

 
RESTAURANTE D´ALVARO

 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
Usuarios
Benvido Invitado

O rexistro é completamente gratuito e poderás acceder a todas as seccións da web
Podes rexistrarte aquí
Usuario:


Contrasinal:


Recórdame

Membros:  Admins
Conectado  Pirata  
Non Conectado  RubenGarcia  
Non Conectado  Pato  
Membros:  Membros:
Ultimo:  Novos Hoxe: 17
Ultimo:  Novos Onte: 25
Ultimo:  Total: 55030
Ultimo:  Ultimo:
LeonidReeno
Membros:  Conectados
Membros:  Membros: 4
Invitados:  Invitados: 17
Total:  Total: 21
Membros:  Membros Online
Conectado  Pirata  
Conectado  mrl  
Conectado  attisashouddy  
Conectado  LeonidReeno  
 
CLASIFICACIÓNS
 
LIGAS FÚTBOL 8
 
FÚBOL SALA COSTA DA MORTE
 
FÚTBOL SALA FEMININO/MASCULINO
 
CLASIFICACIÓNS F. VETERANOS COSTA
 
Menú principal

 

DEPOR IN BRIEFF : "ESCOLMA DE NOVAS BREVES DO DEPOR".
Xoves, 07 Setembro, 2017 Enviado por Pirata
Depor News
DEPOR IN BRIEFF 
 
Hoxe será a presentación dos novos en Riazor.

-Presentación das fichaxes, Carles Gil, etc..-
-Escolma de novas breves do Depor-


-Presentación en Riazor hoxe xoves das novas incorporacións do equipo. Esta tarde Riazor acolle a presentación oficial das fichaxes do Dépor 2017-2018. O acto, de entrada libre para todos os afeccionados, comezará ás 19:00 horas. As portas do municipal coruñés abriranse ás 18:00 h. Para maior fluidez nos accesos e evitar as colas sobre a estrada e as estreitas beirarrúas da rúa Manuel Murguía, habilitaranse para acceder as portas 4 e 27, as situadas nas ramplas de Tribuna, sobre a DéporTienda e xunto a Casa da Auga. Desde aí, os deportivistas, poderán ocupar o asento que desexen en Tribuna Inferior para recibir ás novas incorporacións do Dépor para esta temporada. Música, lanzamento de balóns, fotos e autógrafos completarán este acto de cada ano, ao comezo da campaña.

Segue coas informacións...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.

-Carles Gil pasará o luns por quirófano en Porto, (Portugal). O xogador deportivista Carles Gil presenta un síndrome pubálxico que despois dun período suficiente de repouso deportivo, tratamento de fisioterapia e readaptación ao fútbol de alta esixencia ao que foi sometido non se resolveu. Os Servizos Médicos do Club, xunto a outros especialistas consultados, consideran esgotada a vía do tratamento conservador. Realizados os estudos e consultas pertinentes, propúxose ao xogador realizar unha corrección cirúrxica completa. A intervención cirúrxica realizarase en Porto (Portugal) o vindeiro luns 11 de setembro. A operación será levada a cabo polo Dr. Carlos Magalhães, experto nesta patoloxía en fútbol (FC Porto), acompañado do Dr. Rafael Arriaza (RC Deportivo). Despois da cirurxía, o xogador realizará rehabilitación, readaptación, e volta progresiva aos esforzos deportivos ata a súa completa recuperación. Carles Gil, ao atoparse de permiso con motivo do preoperatorio, non estará na presentación das novas fichaxes, esta tarde a partir das 19:00 horas no Estadio ABANCA-RIAZOR.



Empregados e xogadores posaron con Albentosa polo seu 29 cumpranos.

-O primeiro equipo xogou partidiños de adestramento co Fabril e o Xuvenil. O primeiro equipo tivo esta mañá en Abegondo dous partidos amigables, de 45 minutos cada un, contra o Fabril e o Xuvenil A de División de Honra. Faltaron unicamente os internacionais Celso Borges e Fede Valverde, camiño de regreso á Coruña; Rubén Martínez, con tarefas de readaptación; e Carles Gil, de permiso. Tralo adestramento os xogadores e empregados do clube felicitaron a Albentosa que hoxe cumpre 29 anos e posaron todos col él para alembranza deste día.


-A afección segue a respotar e xa somos máis socios co ano pasado a final de tempada. O deportivismo continúa batendo marcas. O RC Deportivo superou, ao peche da OAD este mércores 6 de setembro, a cifra coa que se pechou a campaña de abonados o pasado 31 de maio (26.510 socios). A día de hoxe o Dépor conta con 26.592 con aínda 9 meses por diante de campaña aberta, o que sitúa estas cifras en niveis históricos.Hai xusto un ano, o 6 de setembro de 2016, a OAD pechou as súas portas con 25.160 socios rexistrados.



-Mañán día 8 remata o prazo para apuntarse a Asemblea da Federación de Peñas Deportivistas. O vindeiro día 16 de Setembro terá lugar a Asemblea de Peñas Deportivistas da Federación de Peñas. O prazo para anotarse tanto á asemblea como á cea-baile que terá lugar ese día, termina mañán venres. Á asemblea poderán asistir, como máximo, 2 membros de cada peña, mentres que á cea poderán acudir todos os peñistas que queiran (1 membro de cada peña acode gratis). Desde as 21.30 horas terá lugar no Mesón de Pastoriza a Cea Anual das Peñas Deportivistas. Os buses gratuítos sairán da "Porta 0" de Riazor ás 21.00 horas. A órde do día da Asemblea que terá lugar as 15:30 en primeira convocatoria e un cuarto de hora despois en segunda é : 1. Resumo de actividades feitas durante esta tempada. 2. Presentación de contas. 3. Convenios asinados pola Federación. 4. Novos proxectos. 5. Rogos e preguntas.  



-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es-





-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
 se queres axudarnos poñendo a túa-




-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?...

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 52.600 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.


-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-



<section id="mod-paginacion" class="modulo-106 clearfix "><article class="mod-noticias clearfix all">


</article></section>


 
    Versión imprimible
DEPOR IN BRIEFF : "ESCOLMA DE NOVAS BREVES DO DEPOR". | Entrar/Crear una cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de sus respectivos autores.
No somos responsables de su contenido.
Theme creado por dev-postnuke.com