Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
CURRO PESCA
 
CAFÉ BAR OASIS

 
RESTAURANTE D´ALVARO

 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
Usuarios
Benvido Invitado

O rexistro é completamente gratuito e poderás acceder a todas as seccións da web
Podes rexistrarte aquí
Usuario:


Contrasinal:


Recórdame

Membros:  Admins
Non Conectado  Pirata  
Non Conectado  RubenGarcia  
Non Conectado  Pato  
Membros:  Membros:
Ultimo:  Novos Hoxe: 8
Ultimo:  Novos Onte: 31
Ultimo:  Total: 53278
Ultimo:  Ultimo:
ErnestKaw
Membros:  Conectados
Membros:  Membros: 1
Invitados:  Invitados: 9
Total:  Total: 10
Membros:  Membros Online
Conectado  ErnestKaw  
 
CLASIFICACIÓNS
 
LIGAS FÚTBOL 8

  • Benxamín Grupo Sur

  • Alevín Grupo Sur


  • Benxamin Grupo Norte

  • Alevín Grupo Norte


  • Prebenxamin Costa
 
FÚTBOL SALA FEMININO/MASCULINO
 
CLASIFICACIÓNS F. VETERANOS COSTA
 
Menú principal

 

O SILVA DA A SORPRESA REMONTANDO E POÑÉNDOSE NA FINAL DA COPA FEDERACIÓN.
Xoves, 07 Setembro, 2017 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
COPA FEDERACIÓN

                  O Silva celebrou o pase a final.

          
-O Silva derrota o Cerceda, (2-1), e xogará a Final ante o Alondras-
-Os do Ventorrillo dan a sorpersa remontado-

Saltou a sorpresa no A Grela 1, ante máis de 300 afeccionados, na semifinal da Copa Federación do Grupo Galego. O SD Silva, (3ª División), derrotou ao CCD Cerceda, (2ª B), nun encontro no que na primeira metade ambos equipos gozaron de boas oportunidades. Adiantouse moi cedo o Cerceda cun tanto de David Soto aos 10 minutos de xogo. Houbo ocasións para que igualaran os coruñeses e para que colleran mellor renda os cercdenses, pero foron os de Javier Bardanca os que conseguína igualar por medio de Pedrito. Xa a segunda metade volveuse máis dura, con xogo máis físico. Sairía lesionado cunha escordadura de nocello Agulló, por parte dos de Tito Ramallo e conseguiría a remontada pasada a hora de xogo, Cardelle, para o Silva. Ata o final o xogo foi máis embarullado e con maior tensión e acabarían os cercedenses con dous homes menos por expulsión con vermello direto de Quique, (83´) e Dani Ponce, (90´), o que facilitou a labor defensiva do resultado para os herculinos no que se esperaba fose un treito final de maiores apuros. Así o SD Silva será o que dispute a final galega desta Copa Federación ante o Alondras, que está prevista para o 12 de Outubro.

Segue ca información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.
 
 
 
 
 

SD Silva: Damián; Ton Insua, Rebollo (Lema, min 61), Marcel, Cardelle; Diego (Cata, min 54), Real, Gabriel, Pedrito (Movilla, min 57); Douglas (Cañi, min 60) e Callón (Marcos Gómez, min 71).


CCD Cerceda: Ángel; David Soto, Juanmi (Axel, min. 74), Armando, Quique, Agulló (Hugo Rama, min 58), Oriol, Claudio Torrejón, Álvaro, Dani Pedrosa (Dani Ponce, min. 66) e Jaime Martínez.

-Tamén veu cartón amarelo Tito Ramallo.

Árbitro: José Manuel Cives do Comité da Coruña, auxiliado nas bandas por Edgar Soto, (Comité Galego) e Brais Rosende, (Comité da Coruña).

Goles: 0-1, (10´) : David Soto; 1-1, (27´) : Pedrito; 2-1, (66´) : Cardelle.


-A nosa máis cordial noraboa ao SD Silva por este pase a final e o desexo da máxima sorte na mesma-


-ASÍ QUEDA O CADRO-





-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es-





-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
 se queres axudarnos poñendo a túa-




-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?...

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 52.600 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.


-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-



 
    Versión imprimible
O SILVA DA A SORPRESA REMONTANDO E POÑÉNDOSE NA FINAL DA COPA FEDERACIÓN. | Entrar/Crear una cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de sus respectivos autores.
No somos responsables de su contenido.
Theme creado por dev-postnuke.com