Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
CURRO PESCA
 
CAFÉ BAR OASIS

 
RESTAURANTE D´ALVARO

 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
Usuarios
Benvido Invitado

O rexistro é completamente gratuito e poderás acceder a todas as seccións da web
Podes rexistrarte aquí
Usuario:


Contrasinal:


Recórdame

Membros:  Admins
Non Conectado  Pirata  
Non Conectado  RubenGarcia  
Non Conectado  Pato  
Membros:  Membros:
Ultimo:  Novos Hoxe: 8
Ultimo:  Novos Onte: 31
Ultimo:  Total: 53278
Ultimo:  Ultimo:
ErnestKaw
Membros:  Conectados
Membros:  Membros: 1
Invitados:  Invitados: 8
Total:  Total: 9
Membros:  Membros Online
Conectado  ErnestKaw  
 
CLASIFICACIÓNS
 
LIGAS FÚTBOL 8

  • Benxamín Grupo Sur

  • Alevín Grupo Sur


  • Benxamin Grupo Norte

  • Alevín Grupo Norte


  • Prebenxamin Costa
 
FÚTBOL SALA FEMININO/MASCULINO
 
CLASIFICACIÓNS F. VETERANOS COSTA
 
Menú principal

 

RECORDOS DOS 10 ANOS DA WEB : "O MELLOR EQUIPO INFANTIL DA HISTORIA DO MUXÍA CF".
Martes, 05 Setembro, 2017 Enviado por Pirata
fotos do recordo
"RECORDOS DESTES 10 ANOS"
               
    Recepción do alcalde o Muxía CF Infantil 2008/09.

-O mellor Muxía CF Infantil da historia-
-Gañou a liga gañando tódolos encontros con 13 xogadores-
-Recordando os 10 anos da nosa web-

Quinta entrega de fotos do recordo dos 10 anos da web. Con estes artigos queremos facer unha lembranza ao noso traballo dos derradeiros 10 anos, e así de paso ver, o paso do tempo. As anteriores entregas podedes velas no enlace direto da esquerda da portada da web do "Album de fotos e recordos", ata final de ano imos ir lembrando fotos e cousas que pasaron pola web nestes 10 anos, dende que saíramos a rede un 28 de Maio de 2007.

Hoxe a nosa parada é no Muxía CF Infantil 2008/09, o mellor equipo de infantís que tivo o clube muxián na sua historia. Un equipo que contaba con tan só 13 xogadores dunha enorme calidade e que gañou a liga gañando os 18 encontros, sumando os 54 puntos en xogo, marcando 109 goles e tan só 18 en contra. Aquí traémosvos algunhas fotos polos campos da costa, así como a recepción que lle fixo o alcalde muxián Félix Porto, aos nenos e pais dos nenos para recoñecerlles o gran mérito institucionalmente. Logo na fase de ascenso foron roubados coa expulsión nada máis comezar dos seus mellores xogadores, impedíndolles realizar o seu fútbol, baixo a batuta de Diego Castiñeiras e exporadicamente de Fran "Pioto", e con Estanislao como presidente do clube. Curiosamente ese ano os rapaces tentaron que tódolos xogadores marcasen algún gol, e quedou tan só o meta, e o central Antonio sen facelo, sendo ese ano Dani Picallo, ao que nos bautizamos con ese nome futbolístico, (chamábanlle simplemente Dani), o máximo goleador da competición con 80 goles.

Segue co artigo e fotos...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
 
 
 
 
 
 

 Neste icono con enlace direto a esquerda da web
quedan arquivados tódolos artigos da lembranza dos 10 anos da web
que imos colgando.
 
 
 
 

MUXÍA CF INFANTIL 2008/09

Por arriba de esquerda a dereita : X, Dani Picallo, Antonio, Adrián Alcaina, X, Fabián e Jose.

Por abaixo e de esquerda a dereita : Juanjo, Mauro, (xogou un par de encontros), Paulo, Santi Makareno, Esteban, Víctor Alcaina, X, e Diego Castiñeiras, (Adestrador). Tamén dirixeu algíún encontro, Fran Pioto, arriba a esquerda na foto de portada.

-NA ACTUALIDADE-


-Por arriba-

Sebas, deixou o equipo tras xogar en cadetes e emigrou ca familia a Suiza.
Dani Picallo, talentoso dianteiro que probou no Depor, para logo recalar no CF Dumbría histórico que foi gañando todo ata sufrir unha grave rotura de fibras. Xogou no CF Dumbría, UC Cee e o ano pasado volveu o Muxía CF co que acadou o ascenso a Liga da Costa.
Antonio, xogou no primeiro  Muxía CF ata chegar o primeiro equipo, no que deixou o fútbol campo para facer labores de delegado e é diretivo do clube na actualidade.
Adrián Alcaina, xogou ata cadetes no Muxía CF, para logo racalar no CF Dumbría co que escribeu grandes páxinas da historia do clube dumbriés, ata no primeiro equipo ata Preferente. O ano pasado retornou o Muxía CF co que acadou e xogará a Liga da Costa..
Brais,  gran porteiro que xogou no Muxía CF ata cadetes e logo ao igual ca Adrián foise o Dumbría CF, co que acadou grandes éxitos. Logo deixou o fútbol.
Fabián, Outro dos que se foron ao CF Dumbría, acadando grandes metas e terminou deixcando o fútbol tras gañar a Copa da Costa Xuvenil cos dumbrieses, antre outros logros na liga cadete e xuvenil.
Jose, tamén se foi do Muxía CF ao CF Dumbría, para logo anos máis tarde voltar nos derradeiros anos de xuvenil e despois deixar o fútbol.

-Por abaixo-

Juanjo, estivo no Muxía, sempre e ata retirarse tras acabar nos xuvenís.
Mario Romaní, xogou neste equipo un ou dous encontros. Fichou polo CF Dumbría co que o gañou todo ata xuvenís e actualmente xoga no 1º equipo na Preferente Norte
Paulo, xogou no Muxía CF ata chegar o 1º equipo, deixandoo por estudos. Xogou o ano pasado no Peisaco da Liga da Coruña de Peñas.
Santi "Makareno", xogou no Muxía CF ata xuvenís e ata o 1º equipo en idade xuvenil, logo foise o UD Corcubión Xuvenil e iste ano fichou polo SD Ameixenda.
Esteban, talentoso xogador, que xogou no Muxía CF ata xuvenís, indo logo ao UC Cee, para voltar o Muxía CF para o priemiro equipo e voltar o UC Cee un ano despois, tamén o 1º equipo.
Víctor Alcaina, xogador exquisito, que do Muxía CF foi o CF Dumbría, para trunfar e voltar o equipo muxián, co que liderou aos xuvenís e foi parte importante do ascenso a Liga da Costa do clube muxián no que segue.
Ismael, dianteiro que xogou nas categorías de base muxianas, ata deixar o fútbol.
Diego Castiñeiras, responsable de deportes do Concello de Muxía que levaba ao equipo, con axudas de Fran "Pioto", e que continúa na labor de responsable de deportes, levando na actualidade todo o concernente ao dporte no concello muxián, incluido o Fútbol 8 do Muxía CF.










































 
 
 
-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es-





-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
 se queres axudarnos poñendo a túa-




-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?...

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 52.500 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.


-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-



 
    Versión imprimible
RECORDOS DOS 10 ANOS DA WEB : "O MELLOR EQUIPO INFANTIL DA HISTORIA DO MUXÍA CF". | Entrar/Crear una cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de sus respectivos autores.
No somos responsables de su contenido.
Theme creado por dev-postnuke.com