Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
CURRO PESCA
 
CAFÉ BAR OASIS

 
RESTAURANTE D´ALVARO

 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
Usuarios
Benvido Invitado

O rexistro é completamente gratuito e poderás acceder a todas as seccións da web
Podes rexistrarte aquí
Usuario:


Contrasinal:


Recórdame

Membros:  Admins
Non Conectado  Pirata  
Non Conectado  RubenGarcia  
Non Conectado  Pato  
Membros:  Membros:
Ultimo:  Novos Hoxe: 10
Ultimo:  Novos Onte: 22
Ultimo:  Total: 54952
Ultimo:  Ultimo:
IronfontwanditY
Membros:  Conectados
Membros:  Membros: 1
Invitados:  Invitados: 31
Total:  Total: 32
Membros:  Membros Online
Conectado  Tr33pVom  
 
CLASIFICACIÓNS
 
LIGAS FÚTBOL 8
 
FÚBOL SALA COSTA DA MORTE
 
FÚTBOL SALA FEMININO/MASCULINO
 
CLASIFICACIÓNS F. VETERANOS COSTA
 
Menú principal

 

EXITO ROTUNDO NO PECHE DAS XORNADAS DE FÚTBOL FEMININO DA ED OS MIUDOS, (ENTREVISTA A FRAN FIGUEROA).
Domingo, 16 Xullo, 2017 Enviado por Pirata
Tútbol Femenino
"XORNADAS DO FÚTBOL FEMININO ED OS MIUDOS"

As Rapazas das xornadas disfrutaron ca compaña de Vero Boquete

-Vero Boquete pechou con éxito rotundo as xornadas das "Miudas"-
-Unhas xornadas que tiveron lugar en Muros, Louro e Esteiro-

A mais grande das xogadoras do fútbol galego e español a nivel internacional
, Vero Boquete, xunto ca Seleccionadora Galega, Susú Cores pecharon as "Xornadas de Fúbtol Feminino ED Os Miudos", unhas xornadas que se disputaron en Muros, Monte Louro, e Esteiro. O éxito foi "rotundo" como nos apunta nesta entrevista o responsable por parte da ED Os Miudos de Muros, Fran Figueroa, que xa nos apunta que isto foi a semente para crear un equipo de Fútbol Feminino das escolas deportivas muradanas. Onte con Vero Boquete e Susú Cores estivo o adestrador costeiro Felipe Candamo e nas anteriors xornadas tamén colaboraron, Óscar Leis, Manu de Roque, e por parte do Deportivo Feminino, o adestrador, Manu Sánchez, a preparadora física Alba, e a capitana do equipo deportivista, Miriam. Colaboraron nestas xornadas o Concello de Muros e o Deportivo Feminino.

Abrindo a nova completa tes a entrevista a Fran Figueroa.

Segue coa entrevista...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



A ENTREVISTA


-Fran Figueroa-
 -Adestrador da ED Os Miudos-


-Derradeiro día das xorandas de fútbol feminino, como foi e agora que queda?

"Bueno, hoxe foi o último día das xornadas e pódese dicir que empeza o día a día da idea de equipo que pretendemos formar. Tras ter referentes da costa a semana pasada, e referentes galegos hai 2 semanas, hoxe culminamos con toda unha referente mundial como foi Vero Boquete, que veu da man de Susú Cores, outra referente galega sin a cal sería imposible contar ca presencia de Vero. Tocoume poñer o babeiro vendo disfrutar as nosas deportistas o lado da sua principal referente e guiadas pola seleccionadora galega e tamén por Felipe Candamo, que sobre todo se centrou na porteira con unha auténtica "master class" de como se vive baixo paus nun campo de fútbol 11".



-Foron 15 días, 3 xornadas como o tomaron as rapazas?

 "Son sentimentos encontrados mirar 15 días atrás e ver que aquelas ideas de toleirón que tiña se foron cumplindo incluso por enriba do esperado, ahora o reto e para mín e o meu equipo de "currantas" que creeron na idea e aí están para pelexar coas rapazas para disfrutar xuntos do verde".



Fran, Vero, Susú e Felipe.

-Como están agora os ánimos e como ven o futuro?

"O ánimo cargado o 200% para empezar co noso primeiro entrenamento o vindeiro venres e sentar as bases para reunirnos 2 días a semana para conxuntarnos e traballar xa coma equipo. Planificaremos algún amistoso que xa temos en mente, pero sobre todo seguir formando un equipo no que a porta sigue aberta para aquelas deportistas que queiran disfrutar con nós e sumarse a esta bonita aventura".



-Haberá logo equipo de "As Miudas"?

"Agora mesmo contamos con 21 rapazas que xa viron a idea e que estarán adestrando en principio con nós, e máis que están interesadas en vir, que xa nolo fixeron saber. Tamén algunha das que estiveron nestas xornadas non se poderá comprometer nun principio por formar parte de outros proxectos deportivos, a priori incompatibles, pero como dicía, a porta està aberta para que adestren o noso carón cando lles apeteza sin pechar a porta a poder estar nun futuro si se dera o caso".

-Consideras logo un éxito estas primeiroas xornadas de fútbol Feminino?.

"Non sei si o destaquei en algún outro momento, pero as VERDADEIRAS PROTAGONISTAS destes días foron elas, tódalas valientes puxeron unhas ganas e un interés que non pasou desapercibido a invitados e demáis personas que nos viñeron ver, polo que na miña opinión é un éxito rotundo. Eu non podería pedirlles máis".




-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es-

-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
 se queres axudarnos poñendo a túa-




-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?...

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 51.300 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.


-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-



 
    Versión imprimible
EXITO ROTUNDO NO PECHE DAS XORNADAS DE FÚTBOL FEMININO DA ED OS MIUDOS, (ENTREVISTA A FRAN FIGUEROA). | Entrar/Crear una cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de sus respectivos autores.
No somos responsables de su contenido.
Theme creado por dev-postnuke.com