Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
CURRO PESCA
 
CAFÉ BAR OASIS

 
RESTAURANTE D´ALVARO

 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
Usuarios
Benvido Invitado

O rexistro é completamente gratuito e poderás acceder a todas as seccións da web
Podes rexistrarte aquí
Usuario:


Contrasinal:


Recórdame

Membros:  Admins
Non Conectado  Pirata  
Non Conectado  RubenGarcia  
Non Conectado  Pato  
Membros:  Membros:
Ultimo:  Novos Hoxe: 8
Ultimo:  Novos Onte: 31
Ultimo:  Total: 53278
Ultimo:  Ultimo:
ErnestKaw
Membros:  Conectados
Membros:  Membros: 1
Invitados:  Invitados: 11
Total:  Total: 12
Membros:  Membros Online
Conectado  ErnestKaw  
 
CLASIFICACIÓNS
 
LIGAS FÚTBOL 8

  • Benxamín Grupo Sur

  • Alevín Grupo Sur


  • Benxamin Grupo Norte

  • Alevín Grupo Norte


  • Prebenxamin Costa
 
FÚTBOL SALA FEMININO/MASCULINO
 
CLASIFICACIÓNS F. VETERANOS COSTA
 
Menú principal

 

ESCOLMA DE NOVAS BREVS DO FÚTBOL DA COSTA : "OS PROBLEMAS DO CEE E O MALPICA".
Sábado, 15 Xullo, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
"NOVAS BREVES DO FÚTBOL COSTEIRO"

              Os problemas véñenlle de costas aos equipos "branquiazuis".
           
-O UC Cee salva o primeiro "macht-ball" a medias-
-Descontento no SCD Malpica-


O UC Cee salvou o primeiro "macht-ball" na xuntanza definitiva que tiña lugar como xa vos informamos na tarde-noite de onte. En principio a continuidade dos equipos de cadetes para abaixo está asegurada. Tamén en principio non haberá xuvenís e o equipo senior é unha incognita. Todo quedará definido nunha nova xuntanza, desta vez si que será definitiva o vindeiro venres 21.

Pola sua banda o SCD Malpica inmerso no "culebrón" do verán coa controversia co Concello mandounos nunha nota o seu descontento pola negativa do consistorio a publicar na sua web a "carta aberta", que nos mandou e que publicamos onte en contestación ao comunicado que nos mandaba o Concellal de Deportes, Iago Espasandín o día anterior e que era contestación a un de Luis Porto e a un do clube.

Segue coa información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.





-O UC Cee salva a sua continuidade a medias. O clube ceense mantivo a que parecía ía a ser a derradeira xuntanza na procura dunha diretiva que se faga cargo do clube, ante a baixa da actual diretiva. Na xuntanza Rubén Martínez Sande e un grupo de pais comprometéronse a levar os Cadetes, Infantís, Benxamíns e Prebenxamíns, quedando inda no ar a continuidade na competición do equipo senior e dos xuvenís. O vindeiro venres 21 de Xullo terá lugar a derradeira xuntanza cos socios e simpatizantes na procura de que alguén se decida a coller a diretiva para que estes equipos continúen de alta nas cometicións, o senior na Liga da Costa, (da que é un dos fundadores), e os xuvenís na 1ª Autonómica. A hora en principio tamén será a mesma de onte, ás 21:00 horas, en primeira convocatoria e media hora máis tarde en segunda, no local do clube no antigo Raices. Xa iremos informando nos breves que collgamos do fútbol costeiro. Polo tanto o clube ceense salvou un "match-ball" a medias. De non completalo o luns 24 serían dados de baixa na RFGF os equipos senior e xuvenil.




-O SCD Malpica descontento co Concello. Se xa está a dar moito que falar a controversia antre o SCD Malpica e o Concello, despois de que o noso colaborador, Luis Porto publicase un artigo na nosa web sobre os problemas antre o clube e a concellalía de deportes, que logo foi retirado por petición do autor, 4 horas máis tarde, logo un comunicado do SCD Malpica e a posterior contestación do Concellal de Deportes, Iago Espasandín, e rebatida de novo polo clube malpicán, agora chéganos unha protesta de mal estar por parte do clube malpicán, que na sua "carta aberta" pedía que ao igual que o consistorio publicou na sua web o comunicado que nos mandaba o concellal de deportes, que publicasen a sua "carta aberta", "xa que colgaron o comunicado e non o noso con dereito de réplica xa que na carta do concelleiro criticaba ao noso clube", ao que segundo nos comentan lles contestaron : "a web do Concello é só para asuntos institucionais" .


-A TUA OPINIÓN-

Son dous temas ben diferentes estes dous, pero se queres deixarnos a tua opinión sobre calquera deles ou sobre ambos, podes facelo mandandonos unha mensaxe a : info@piratasdemuxia.es, sempre deixando os teus datos, ainda que non queiras que salgan no comentario. Non se aceptarán comentarios con insultos ou fora de ton.



-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es-

-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
 se queres axudarnos poñendo a túa-




-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?...

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 51.200 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.


-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-



 
    Versión imprimible
ESCOLMA DE NOVAS BREVS DO FÚTBOL DA COSTA : "OS PROBLEMAS DO CEE E O MALPICA". | Entrar/Crear una cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de sus respectivos autores.
No somos responsables de su contenido.
Theme creado por dev-postnuke.com