Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
CURRO PESCA
 
CAFÉ BAR OASIS

 
RESTAURANTE D´ALVARO

 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
Usuarios
Benvido Invitado

O rexistro é completamente gratuito e poderás acceder a todas as seccións da web
Podes rexistrarte aquí
Usuario:


Contrasinal:


Recórdame

Membros:  Admins
Conectado  Pirata  
Non Conectado  RubenGarcia  
Non Conectado  Pato  
Membros:  Membros:
Ultimo:  Novos Hoxe: 16
Ultimo:  Novos Onte: 25
Ultimo:  Total: 55029
Ultimo:  Ultimo:
Fortressdta
Membros:  Conectados
Membros:  Membros: 1
Invitados:  Invitados: 22
Total:  Total: 23
Membros:  Membros Online
Conectado  Pirata  
 
CLASIFICACIÓNS
 
LIGAS FÚTBOL 8
 
FÚBOL SALA COSTA DA MORTE
 
FÚTBOL SALA FEMININO/MASCULINO
 
CLASIFICACIÓNS F. VETERANOS COSTA
 
Menú principal

 

Ó 22 E 23 DE XULLO A "II COPA DE FÚTBOL PRAIA" NA "PRAIA DE CANIDO", (MALPICA).
Venres, 14 Xullo, 2017 Enviado por Pirata
Pirata-News
FÚTBOL PRAIA

A Praia de Canido, (Malpica) voltará a ser o escenario da Copa.


-Canido volve a acoller a Copa da Costa de Fútbol Praia-

-Segunda edición diste gran evento deportivo-

A Praia de Canido, en Malpica de Bergantiños, volverá a ser a sede da Copa da Costa de Fútbol Praia por segundo ano consecutivo, a cal se disputará os vindeiros días 22 e 23 de xullo. A Asociación Deportiva Vidú e o Concello de Malpica volven a apostar por esta competición que vai crecendo edición tras edición e esta tempada serán 15, os equipos que participarán nela, nove farano na categoría masculina e seis na feminina.

Segue coa información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.









O sábado 22 de xullo será a quenda dos rapaces, quenes abrirán a competición co comezo dunha fase de grupos que empezará ás dez da mañá e rematará ás dúas da tarde. Nada máis rematar esta fase inicial, os equipos xa afrontarán os cuartos de final desta Copa da Costa de Fútbol Praia que darán comezo ás 14.30 horas e destes cuartos sairán os catro conxuntos que xogarán as semifinais da competición e os catro que xogarán un cadro de consolación.

Polo que todos os equipos que pasen da fase de grupos, garantízanse xogar un total de cinco encontros.

Mentres tanto, o domingo 23 de xullo serán as rapazas quenes encherán Canido dun fútbol praia de gran calidade.

A competición feminina dará comezo ás doce da mañá coa fase de grupos, a cal rematará a iso das tres da tarde. E logo dun pequeno parón, ás 16.30h. darán comezo as semifinais da competición e tras estas, chegarán o partido no que se pelexará polo 5º e 6º posto e polo 3º e 4º posto da competición, mentres que a gran final está programada para ás 18.30 h.

Dende a organización, animan a todos aqueles afeccionados ao fútbol que se acheguen a disfrutar dun evento único na zona, o cal dá a coñecer unha modalidade deportiva un tanto descoñecida na Costa da Morte e que sorprenderá gratamente a todos os que se den cita na praia de Canido.

Esta competición non sería posible sen a inestimable colaboración de Alquileres Reneymar, empresa que non dubidou, en ningún momento, axudar á organización en todo o necesario.


-CALENDARIO-

 

 
CATEGORÍA MASCULINA
Sábado, 22 de xullo de 2017

GRUPO A
10.00-10.30 UD Cerqueda – Sporting Seaia
11.30-12.00 UD Cerqueda – Xallas FC
13.00-13.30 Sporting Seaia – Xallas FC

GRUPO B
10.30-11.00 Ponteceso SD – SD Coristanco
12.00-12.30 Ponteceso SD – Muxía CF
13.30-14.00 SD Coristanco – Muxía CF
 
GRUPO C
11.00-11.30 Corme CF – Buño SCD
12.30-13.00 Corme CF – Cabana SD
14.00-14.30 Buño SCD – Cabana SD
 
 
FASE FINAL

Cuartos de Final
14.30-15.00 1º Grupo A – Mellor 3º Clasificado (1)
15.00-15.30 1º Grupo B – Mellor 3º Clasificado (2)
15.30-16.00 1º Grupo C – 2º Clasificado
16.00-16.30 Mellor 2º Clasificado – 2º Clasificado
 
 
CADRO DE CONSOLACIÓN

Semifinais
16.30-17.00 Perdedor 1 – Perdedor 2 (5)
17.00-17.30 Perdedor 3 – Perdedor 4 (6)
3º e 4º Posto
18.30-19.00 Perdedor 5 – Perdedor 6
Final
19.00-19.30 Gañador 5 – Gañador 6


CADRO FINAL

Semifinais
17.30-18.00 Gañador 1 – Gañador 2 (7)
18.00-18.30 Gañador 3 – Gañador 4 (8)
3º e 4º Posto
19.30-20.00 Perdedor 7 – Perdedor 8
Final
20.00-20.30 Gañador 7 – Gañador 8
 

 
CATEGORÍA FEMININA
Domingo, 23 de xullo de 2017

GRUPO A  
12.00-12.30 Sporting Seaia – Corme CF
13.00-13.30 Sporting Seaia – Fisober FSF
14.00-14.30 Corme CF – Fisober FSF

GRUPO B
12.30-13.00 Buño SCD – Soneira SD
13.30-14.00 Buño SCD - AD Atletes
14.30-15.00 Soneira SD – AD Atletes
 
 
FASE FINAL

Semifinais
16.30-17.00 1º Grupo A – 2º Grupo B (1)
17.00-17.30 1º Grupo B – 2º Grupo A (2)
5º e 6º Posto
17.30-18.00 3º Grupo A – 3º Grupo B
3º e 4º Posto
18.00-18.30 Perdedor 1 – Perdedor 2
Final
18.30-19.00 Gañador 1 – Gañador 2


-Unha información xentileza da Asociación Deportiva Vidú-



-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
 se queres axudarnos poñendo a túa-




-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?...

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 51.200 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.


-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-



 
    Versión imprimible
Ó 22 E 23 DE XULLO A "II COPA DE FÚTBOL PRAIA" NA "PRAIA DE CANIDO", (MALPICA). | Entrar/Crear una cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de sus respectivos autores.
No somos responsables de su contenido.
Theme creado por dev-postnuke.com