Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
CURRO PESCA
 
CAFÉ BAR OASIS

 
RESTAURANTE D´ALVARO

 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
Usuarios
Benvido Invitado

O rexistro é completamente gratuito e poderás acceder a todas as seccións da web
Podes rexistrarte aquí
Usuario:


Contrasinal:


Recórdame

Membros:  Admins
Non Conectado  Pirata  
Non Conectado  RubenGarcia  
Non Conectado  Pato  
Membros:  Membros:
Ultimo:  Novos Hoxe: 10
Ultimo:  Novos Onte: 22
Ultimo:  Total: 54952
Ultimo:  Ultimo:
IronfontwanditY
Membros:  Conectados
Membros:  Membros: 1
Invitados:  Invitados: 31
Total:  Total: 32
Membros:  Membros Online
Conectado  Tr33pVom  
 
CLASIFICACIÓNS
 
LIGAS FÚTBOL 8
 
FÚBOL SALA COSTA DA MORTE
 
FÚTBOL SALA FEMININO/MASCULINO
 
CLASIFICACIÓNS F. VETERANOS COSTA
 
Menú principal

 

NOVAS BREVES DO FÚTBOL AFECCIONADO E FEMININO.
Mércoles, 12 Xullo, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
"BREVES DO FÚTBOL DA COSTA"

             Santi "Maka" ficha polo SD Ameixenda.

-Escolma de novas breves do Fútbol da Costa-

Aquí tes unha serie de novas breves que nos van chegando do fútbol costeiro. Asembleas, baixas, altas, novas diretivas, adestradores novos, renovacións, xornadas de fútbol feminino, etc...

Decirvos que despois de colgada a nova seguimos poñendo as novas que nos van chegando dos equipos, polo que non deixedes de abrir a nova en diferentes horas, pois pode haber moitas máis novidades.

Segue coas breves...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.











-Derradeira xuntanza este venres para "salvar" o UC Cee. Antes ca nada dar o noso máis sentido pésame ao muxián, Rafa Lucena, e a sua familia, que perdeu a sua nai no día de hoxe, a coñecida en Muxía como "Lola da Chorentana" e para moitos de vos como "Lola do Cordobés", que rexentaba xunto co seu home o "Mesón O Cordobés", (D.E.P.)
. Rafa xunto ca sua muller formaron parte moitos anos do UC Cee, ela na diretiva i él como segundo de José Carlos nos xuvenís, e o seu fillo como xogador dende neno.  No meramente deportivo o vindeiro venres 14, ás 21:00 horas, en primeira convocatoria e media hora máis tarde en segunda, no local do clube no antigo Raices, terá lugar o derradeiro intento para que alguén colla a diretiva do clube. De non cuaxar o equipo será dado de baixa na FGF. Un histórico da costa que unha vez máis volve a aestar ca sua continuidade no fío da navalla, a pesares de que deportivamente está ao primeiro nivel en tódalas categorías.




-Ángel Insua "Rosqui" deixou o Camariñas CF e Tono será o seu sustituto. "Rosqui" que a pasada campaña fixo un gran traballo co Camariñas CF, 8Liga da Costa), anuncioulle o clube que deixaba o seu posto "porque estaba desmotivado". O adestrador da Ponte do Porto quer : "Agradecerlles a confianza que me demostraron, tanto directiva como xogadores, non só nos bos momentos, sinón, sobre todo nos malos. Para mín están facendo un gran esforzo que é digno de admirar". O equipo camariñán ven de perder e un dos seus grandes xogadores como é Yuyo, todo un referente nas derradeiras camapañas no equipo camariñán que fichou polo CF Dumbría como vos anunciamos fai uns días. Ademáis de Tono confírmannos a volta de Soule ao clube da vila do Encaixe. dende o equipo camariñán tamén queren "agradecer o traballo que fixo Rosqui neste tempo, que foi extraordinario. Por cuestións de traballo non pode seguir coa gran tarea que fixo no equipo e estámoslle enormemente agradecidos", decíanos Vicente Carril.



-O CF Lira busca patrocinadores. "Toda aquela empresa ou asociación que desexe colaborar co Lira pode escribirnos a Páxina Roxiña polo correo privado ou dirixirse directamente ó presidente do clube (Juan Canosa) a través do número 622 209 701. O patrocinio inclúe a publicidade estática exposta en cada encontro do Lira coma equipo local en Lombáns e tamén publicidade a través da Páxina Roxiña", informa o clube "liracho" que xa confirmou para a vindeira tempada na sua volta a Liga da Costa as fichaxes de Angel Manuel Caamaño, "Pesco", que xogou no Villareal e que a pasada tempada o fixo no Atlético Arteixo e a do gardamallas, Raúl Lago Dosil, "Raúl de Sil".



-O SD Fisterra segue a desfollar a margarida. O presidente do SD Fisterra, Juan Jesús, anda en conversas para tratar de atopar o adestrador idóneo para a SD Fisterra, vixente campion da "LIV Copa da Costa" e que militará un ano máis na 1ª Galicia G2. O fisterrán no comezará o plantexamento da vindeira tempada ata pechar a fichaxe do novo adestrador que virá a suplir a Nacho Barreiro que deixou o equipo tras unha gran tempada culminada ca Copa.



-Movementos no SD Buño, (Liga da Costa) : O clube "oleiro" que seguirá con Ramón Calvete na presidencia e ca mesma diretiva, ten para a vindeira tempada as baixas de : Kevin, Jordan, Aitor, Mario, Eloy e  Dani, (entrenador). Renovados: Emilio, Juan, Richard, Jorge, Martín, Fran, Manolo, Pablo, Dimitri, Miguel, Álex, Adrián, Toni e Gesto. E as altas de : Brais, (Ponteceso), e Moscoso, (Malpica). O capítulo de altas está sen pechar con ata 10 novos xogadores cos que se está a falar.



-Tamén se está a mover o SD Sofán, (Preferente Norte) : Xa faláramos do desembarco de Iván Cancela no clube sofanista, e da xove promesa costeira, Juan de Dora. Os sofanistas confírmannos as fichaxes de, Matias Navarrete, Jonathan Fraga, Canedo, Javi Rumbo e Pablo Dominguez. Ademáis estarán a proba, Juan de Selia e Juanjo.



-Xuntanza da SD Ameixenda, adestrador, diretivos e xogadores. Manolín, novo adestrador do SD Ameixenda, (como xa vos informamos en primicia), tivo unha primeira toma de contacto cos xogadores e fíxolle ver o que espera deles en actitude e compromiso. Tamén se comentaron os cambios que vai sufrir a plantilla e a confirmación da data de comenzo da pretemporada, así como dous partidos de preparación da mesma.
A pretemporada comenzará o 1 de agosto e de momento están programados dous partidos de preparación, o 13 de agosto, as 18:00 horas, Montelouro-Ameixenda. 20 de agosto, as 18:00 horas, Ameixenda-Lira. Xogadores que causan baixa: Demetrio, Grille, Juan, Borja, Jorge, Alex Pazos, Pepo e Javichu. Incorporacións: Santi "Maka", (procedente do UD Corcubión, xogador de base do Muxía CF dende benxamín ata xuvenil) e Andrés e Pablo, ambos do UC Cee. O capítulo de incorporacións inda non está pechado.



-Santi Negro contento ca sua chegada ao Ameixenda. "O ano pasao cando ía empezar a xogar, adestrando en pretemporada, pois fastidiei unha xeonllo, e iso xunto cun mal ano persoal, fixeron que non xogase. E non quero estar outro ano sen xogar. O ano pasado cada partido que vía, arrabiaba cas ganas de xogar. E tiven contemplando que facer este ano, e a mellor opción para mín é ir xogar ó Ameixenda. Ali teño a cabeza máis tranquila, e teño ganas de saber o que é adestrar con Manolín, xa que nunca chegou a adestrarme e sempre tiven a curiosidade, e as ganas de que o fixera. E estou seguro de que hai un ambente estupendo dentro do equipo. Estoume poñendo fisicamente como ben, adelgacei 8 kgs e estou facendo exercicio por conta propia, porque quero chegar ao maximo de minutos".



-Poucas novidades no UD Corcubión. Emilio Corzón como xa puxemos noutras breves seguirá ao fronte do barco corcubionés, Respaldado pola mesma directiva, con Lema a cabeza e no apartado de xogadores segue a maioria do bloque que acabou a pasada tempada para afrontar a volta a 3ª da Costa e tratar de loitar polo ascenso. Baixas seguras son: Senra, Jesús da Anchoa e Xabi.



-A SD Camelle, (3ª da Costa), convoca Asemblea Xeral de Socios para o vindeiro sábado 17 de Xullo no Campo do Rodeiro, a partires das 16:30 horas en primeira convocatoria e media hora despois en segunda. Os asuntos a tratar polo clube que preside Rubén Pose son : Lectura e aprobación do acta anterior, estado e aprobación se procede das contas do pasado exercicio, trocos na directiva, en caso de altas ou baixas, preguntas, propostas e suxestións se has houbese. Rubén Pose, pide a maior asistencia e puntualidade. Trala xuntanza levarase a cabo unha churrascada. Cabe esperar que nista xuntanza se ratifique que Ángel Carballo, "Pupus" siga no banco.



-Onte foi presentado Tito Ramallo polo Cerceda que xogará na 2ª B. Tito Ramallo vinculado ao Deportivo durante 25 anos antre xogador e adestrador foi presentado polo Cerceda, como novo adestrador no sitio de José Manuel Lemos. O clube cercedense tamén recibeu a notificación da RFEF de que xogarán a vindeira tempada na 2ª B. O ex deportivista dirixeu ao Banants, club de la Premier League de Armenia con el que ha logrado una Copa nacional y ha disputado la Europa League.









-O UD Paiosaco anúncianos a fichaxe de "Popi" e Bilal. O central de 28 anos, Miguel Sánchez Martínez, "Popi", volve a casa tras duas tempadas defendendo as cores do CCD Cerceda. Tamén se incorpora ao equipo Bilal. Estas son as incorporacións do equipo de "Peisaco" despois da incorporación de "Chicho" para afrontar a Preferente 2017/18.



-Derradeira xornada de Fútbol Feminino da ED Os Miudos de Muros.
O vindeiro sábado 15 de Xullo terá lugar o derradeiro día das "Xornadas de Fútbol Feminino", que orgañiza a Escola Deportiva Os Miudos de Muros, ("Piratiña da Costa 2014/15"), coa colaboración do Concello de Muros e do Deportivo Feminino. Xa vos informávamos na crónica da pasada semana da xornada que se celebrou en Monte Louro que para ista derradeira xornada que terá lugar no Xosé Luis Vara de Esteiro, (Muros), habería troco de horario para non coincidir ca "Baixada das Carrilanas de Esteiro" e así mesmo é. Segundo nos informan dende a escola deportiva muradana o peche destas xornadas, que están a ter un gran éxito pasa das 18:00 horas ás 11:30 horas. Unha xornada de peche que terá "sorpresa", e a que están invitadas totalmente de balde todas aquelas rapazas de 13 anos en vate que desexen pasar unha xornada de fútbol e disfrute. Estará nos adestramentos este sábado en Esteiro, Susú Cores, Seleccionadora Galega Sub 12 e adestradora do Deportivo Orzán CF. A sorpesa segundo Fran Fuigueroa, adestrador do ED Os Miudos e máximo responsable das xornadas : "Develarei a sorpesa o venres".



-O Orzán Feminino ocupará a praza do Ural na 1ª Galega. Segundo nos informan dende o DXT Campeón : Un ano despois de ceder a súa praza ao Deportivo en Segunda División nacional mediante un convenio de colaboración, o club coruñés competirá en Primeira Galega. E farao grazas a un acordo co Ural, que a pasada foi campión do grupo 1 de Segunda e logrou o ascenso directo. "Chegamos a un acordo co Orzán para introducirnos no mundo do fútbol feminino e agora tócanos axudarlles para recuperar o seu sitio como equipo", desvelou Pablo Barallobre, presidente do Ural, nunha entrevista para este diario. O mandatario coruñés asume que o club verde perderá o seu equipo feminino en categoría sénior, pero cre que "terá unha recompensa para nós no futuro" e matiza que "continuaremos no feminino co noso equipo de fútbol oito".



-Neste apartado de novas breves imos colgando as novas que nos van chegando dos nosos colaboradores e equipos. Si tí queres informanos de algo do teu equipo o noso email é info@piratasdemuxia.es e o noso whatsapp o 626 72 00 47.

-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
 se queres axudarnos poñendo a túa-




-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?...

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 51.100 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.


-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-




 
    Versión imprimible
NOVAS BREVES DO FÚTBOL AFECCIONADO E FEMININO. | Entrar/Crear una cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de sus respectivos autores.
No somos responsables de su contenido.
Theme creado por dev-postnuke.com