Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
CURRO PESCA
 
CAFÉ BAR OASIS

 
RESTAURANTE D´ALVARO

 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
Usuarios
Benvido Invitado

O rexistro é completamente gratuito e poderás acceder a todas as seccións da web
Podes rexistrarte aquí
Usuario:


Contrasinal:


Recórdame

Membros:  Admins
Non Conectado  Pirata  
Non Conectado  RubenGarcia  
Non Conectado  Pato  
Membros:  Membros:
Ultimo:  Novos Hoxe: 12
Ultimo:  Novos Onte: 32
Ultimo:  Total: 51598
Ultimo:  Ultimo:
niedistPiexy
Membros:  Conectados
Membros:  Membros: 2
Invitados:  Invitados: 9
Total:  Total: 11
Membros:  Membros Online
Conectado  CharlesTam  
Conectado  niedistPiexy  
 
CLASIFICACIÓNS
 
LIGAS FÚTBOL 8
 
FÚBOL SALA COSTA DA MORTE
 
FÚTBOL SALA FEMININO/MASCULINO
 
CLASIFICACIÓNS F. VETERANOS COSTA
 
Menú principal

 

O CONCELLAL DE DEPORTES DO CONCELLO DE MALPICA EXPLICA PUNTO POR PUNTO O TEMA DA CONTROVERSIA CO SCD MALPICA.
Mércoles, 12 Xullo, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
"NOVAS DO FÚTBOL DA COSTA"

O concellal de deportes malpicán explica o tema da polémica.
         
-O Concellal de Deportes de Malpica explica punto por punto a polémica suscitada sobre o artigo que pubricábamos onte da controversia Concello-SCD Malpica-

Tralo artigo que colgábamos onte do noso colaborador Luis Porto, (Historiador do SCD Malpica e do Fútbol da Costa e un dos fundadores do clube malpicán), que en tan só 4 horas foi aberta a nova o completo 2.497 veces, artigo que por petición do propio Luis Porto foi retirado en verbas dél : "Con efecto a non ferir a sensibilidade deportiva do noso pobo no posible". Hoxe chegábanos unha nota do clube asinada pol seu presidente Manuel Suárez e o seu secretario, Fernando Couto, explicando a sua versión e agradecendo a retirada do artigo. Agora chéganos unha comunicación do Concelleiro de Deportes do Concello de Malpica, Iago Espasandín, explicando punto por punto todo o que suscitou esta polémica, nada agradable para ninguén. Só discrepar nun punto do concelleiro malpicán. No primeiro no que dí que : "Nin o autor do artigo, nin nguén do medio onde se publicou a noticia se puxo en contacto co concelleiro de Deportes, implicados nesa información.  Polo que ou ben se inventou directamente ou ben a información procede da SCD Malpica". www.piratasdemuxia.es non se puxo en contacto con ningún dos clubes implicados, nen co concelleiro dado que é unha nota firmada por unha persoa, baixo a sua responsabilidade, da que como sempre decimos : "non nos facemos responsables", e queda un correo, (info@piratasdemuxia.es e nas publicidades o número de contacto), para os aludidos, por se queren contestar tanto neste caso, coma nos que se nomea a alguén. Un correo ao que poden mandar a sua protesta, aclaración ou o que proceda, sempre que non conteña insultos, caso no que non sería pubricada. Por iste motivo e o ser unha nota asinada, non temos nada que chamar a ninguén, e como facemos sempre, e con igualdade para todos, pubricamos a contestación, como fixemos esta mañán ca nota do SCD Malpica e agora mesmo ca do Concello de Malpica, ou se fose un afeccionado, ou outro clube que nos mandase algo, sempre dentro da educación, e asinada pola persoa responsable da comunicación.

Abrindo a nova completa, tedes o comunicado o completo do Concello de Malpica.

Segue coa información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


  



Despois da información vertida por Luis Porto no medio www.piratasdemuxia.es onde semella falar en nome da SCD Malpica con respecto a un suposto conflito entre o mencionado club e o Concello de Malpica de Bergantiños, é preciso aclarar algún aspecto que non se axusta á realidade:

Primeiro. Nin o autor dese artigo nin ninguén do medio onde se publicou a noticia se puxo en contacto co concelleiro de Deportes nin con ningún dos outros clubs do Concello implicados nesa información.  Polo que ou ben se inventou directamente ou ben a información procede da SCD Malpica.


Segundo. Hai dúas tempadas, dende o Concello e en colaboración cos clubs (cousa que sempre lle agradecemos profundamente) tratamos de coordinar as categorías inferiores, xa que a pesar de contar con 4 clubs federados non había ningunha categoría de fútbol base, aproveitando que dende prebenxamíns a infantís si había equipos municipais que xogaban nas ligas de Costa Bergantiñá. O Buño SCD competiu en categoría alevín, mentres que a SCD Malpica se encargou dos infantís pero esa tempada 15/16 non competiron a nivel federativo por falta de efectivos (de novo agradecerlle aos pais, nenos, adestrador dese ano e club a implicación, pois sen eles non sería posible).


Terceiro. A tempada pasada sumouse a esa dinámica a UD Cerqueda, facéndose cargo dos benxamíns, despois dunha reunión na que estiveron representantes dos tres clubs, os técnicos municipais de deportes e o concelleiro. Foi un acordo verbal entre todos, a pesar de que o Buño SCD tamén quería facerse cargo dos infantís, pero dado que o Malpica aguantara a tempada anterior sen competir parecíanos xusto que agora que si había efectivos suficientes, os infantís seguiran baixo a tutela do mesmo club. Dado que as normas da Federación Galega de Fútbol son así, os infantís son os únicos que xogan a fútbol 11, mentres que os alevíns e benxamíns xogan a fútbol 8; non é un desexo, senón que son as regras que impón a federación.


Cuarto. Nada máis empezar a tempada 16/17, a SCD Malpica incorpora a un futbolista en idade alevín (cando debería de xogar no Buño), rompendo o acordo verbal alcanzado poucas semanas antes, sen consultar nin co propio club oleiro nin co Concello. Para evitar polémicas, ninguén do Buño nin ninguén do Concello en ningún momento se meteu nesa cuestión.


Quinto. Despois de finalizar a tempada 16/17, os pais dos infantís a iniciativa propia reuníronse co Buño e co Cerqueda debido ao malestar xeneralizado coa xestión da SCD Malpica. De novo, a petición do concelleiro de Deportes, os tres clubs implicados tiveron unha reunión conxunta. Despois de varias horas de conversas e de diverxencias (de novo a dos infantís era a categoría da que todos querían facerse cargo), os clubs acordaron manter a mesma dinámica: os infantís competirían no Malpica, os alevíns no Buño e os benxamíns no Cerqueda, coa proposta adicional de que o Malpica trataría de facer cadetes para que os nenos que acabaron a idade infantil puidesen seguir xogando no Concello.


Sexto. Aos poucos días, o concelleiro de deportes mantivo unha reunión cos pais dos infantís para explicarlles o acordo ao que chegaran os clubs e para escoitar a súa versión do acontecido na tempada que acabara de rematar. Por aplastante maioría (un 90% aproximadamente) os pais negáronse a que os seus fillos xogaran outra tempada no Malpica, alegando numerosas razóns que non é preciso explicar aquí para evitar ferir sensibilidades.


Sétimo. Esta circunstancia explicóuselle ao presidente da SCD Malpica, Manolo Suárez, e ao directivo da mesma entidade Fernando Couto. Nesa reunión que mantiveron co concelleiro (hai unha semana xustamente) tras comprobar que era imposible xuntar nenos para ter infantís manifestaron que a súa intención era deixar a directiva.


Oitavo. 6 días despois da mencionada reunión, o presidente da SCD Malpica comunícame que van seguir na directiva e que teñen intención de facer cadetes e infantís, ademais do equipo sénior.


Noveno. Cabe recordar que o Concello non ten a potestade nin a idea de prohibir nin de obrigar a nin club a facer ou desfacer equipos de fútbol base, tan só se tratou de coordinar do mellor xeito posible a cuestión para que os nenos e nenas do municipio non tiveran que ir xogar para outros sitios habendo catro clubs federados aquí. Por iso, insisto en agradecerlle a tódolos implicados o súa labor unha vez máis e dicir claramente que non se rompeu ningún pacto; ao contrario, na reunión mantida cos clubs para esta tempada 17/18 que vai comezar, o acordo ao que chegaron os clubs foi a de manter o mesmo reparto que a tempada pasada. Quizás a reflexión que hai que facer é por que (case) tódolos pais non quixeron que os seus fillos continuaran baixo a tutela da SCD Malpica.


Décimo. Para rematar, no que atinxe ás subvencións, o primeiro que hai que indicar é que o ano económico nas Administracións Públicas vai dende o 1 de xaneiro ao 31 de decembro, que non coincide coa tempada de fútbol. No ano 2016, o Concello de Malpica dedicou 15.350€ ao mundo do fútbol en subvencións (o que supón máis do 90% do importe total da subvencións a entidades deportivas), sendo a SCD Malpica o club que más subvención levou (4.000€). Para este ano 2017, en canto o orzamento municipal se aprobe, publicaranse as bases para que de novo as asociacións deportivas volvan a concorrer a esas subvencións, sendo un dos criterios a ter en conta a involucración desas entidades no deporte infantil. Dado que o importe total para subvencións deportivas se ve aumentado no proxecto do orzamento 2017 en case un 25%, chegando aos 21.000€, é preciso esperar a súa aprobación para iniciar o procedemento de subvencións, porque si se fai antes o importe a repartir sería o mesmo que no ano 2016. Aumento que demostra o compromiso do Concello de Malpica co deporte e con tódalas entidades deportivas, entre eles os clubs de fútbol que ven aumentado o seu gasto debido, precisamente, a esa dinámica de crear equipos de fútbol base.


Iago Espasandín

(Concelleiro de Deportes do Concello de Malpica)


-Correo para aludidos : info@piratasdemuxia.es-



 
    Versión imprimible
O CONCELLAL DE DEPORTES DO CONCELLO DE MALPICA EXPLICA PUNTO POR PUNTO O TEMA DA CONTROVERSIA CO SCD MALPICA. | Entrar/Crear una cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de sus respectivos autores.
No somos responsables de su contenido.
Theme creado por dev-postnuke.com