Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
CURRO PESCA
 
CAFÉ BAR OASIS

 
RESTAURANTE D´ALVARO

 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
Usuarios
Benvido Invitado

O rexistro é completamente gratuito e poderás acceder a todas as seccións da web
Podes rexistrarte aquí
Usuario:


Contrasinal:


Recórdame

Membros:  Admins
Conectado  Pirata  
Non Conectado  RubenGarcia  
Non Conectado  Pato  
Membros:  Membros:
Ultimo:  Novos Hoxe: 16
Ultimo:  Novos Onte: 25
Ultimo:  Total: 55029
Ultimo:  Ultimo:
Fortressdta
Membros:  Conectados
Membros:  Membros: 1
Invitados:  Invitados: 27
Total:  Total: 28
Membros:  Membros Online
Conectado  Pirata  
 
CLASIFICACIÓNS
 
LIGAS FÚTBOL 8
 
FÚBOL SALA COSTA DA MORTE
 
FÚTBOL SALA FEMININO/MASCULINO
 
CLASIFICACIÓNS F. VETERANOS COSTA
 
Menú principal

 

Tema: Histórico

Los artículos publicados en este tema son los siguientes.

    123   >

PRIMEIRO ADESTRAMENTO DA SELECCIÓN DA COSTA SUB 12, (INFORMACIÓN E FOTOS).
Xoves, 16 Novembro, 2017 Enviado por Pirata
Histórico
-SELECCIÓN DA COSTA SUB 12-

         Primeira convocatoiria da Selección da Costa Sub 12.

-Primeiro adestramento da Selección da Costa Sub 12-
-Xogarán o 6 de Nadal o primeiro encontro oficial-

A Selección da Costa Sub 12 xa é unha realidade e no día de hoxe comezou a andar da man de José Barca e Nando Waldomar como adestradopres, e con Joaquín Quintáns e Alberto Pose como colaboradores, tal e como vos adiantamos no seu día cando se presentou o proxecto e o primeiro adestramento da Sub 15, que xa debutou historicamente fai unhas semanas en Cambados, tal e como vos informamos polo miúdo. Hoxe no Municipal de Vimianzo 25 rapaces dos equipos costeiros tiveron o primeiro adestramento da man dos técnicos e debutarán historicamente en encontro oficial na 1ª Fase do Campionato Galego Comarcal de Seleccións Sub 12 o vindeiro 6 de Nadal, con sede ainda por confirmar. Esta selección é unha realidade máis de contar ca Subdelegación da Real Federación Galega de Fútbol aquí na Costa, (Baio-Zas). Segue con fotos do adestramento e a convocatoria do adestramento.

Segue con fotos do adestramento...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
INAUGURACIÓN DO CAMPO DA ARLIÑA, (MUXÍA) : "DÍA HISTÓRICO PARA O CUBE MUXIÁN".
Venres, 13 Outubro, 2017 Enviado por Pirata
Histórico
INAUGURACIÓN 
 
Muxía CF e UD Cerqueda inaufuraron o novo céspede muxián.

-Inaugurado o novo céspede do Campo d´Arliña, (Muxía)-
-Muxía CF e UD Cerqueda infantís tiveron a honra de inauguralo-
-24 goles recibiron as novas porterías no día do estreo-

O 12 de Outubro do 2018, quedará na historia do Muxía CF e do Fútbol da Costa, como o día no que os muxiáns viron por primeira vez o Campo d´Arliña co ansiado e tan pedido, tepe de céspede artificial. O Muxía CF e o UD Cerqueda de infantís, tiveron o pracer e a honra de inauguralo, cun fermoso encontro que acabou 4-4. O primeiro gol marcado foi polo infantil muxián, Román. Xa pola tarde xogaron os xuvenís muxiáns contra o UD Corcubión, (1-15), polo que se viron no día da posta de longo 24 goles. O Domingo ás 17:00 horas será o turno de estrealo o equipo senior do Muxía CF e o UC Cee. O Concello de Muxía, inverteu nesta primeira fase de obras no campo 255.000 euros, dos que 240.000 foron para o novo céspede e o resto para as 4 novas porterías e paneles solares para a zona de vestirarios. Cun saque de honra antre o alcalde muxián Félix Porto e o presidente do Muxía CF, Alvaro Caamaño, deu comezo o encontro, sobre un tepe de 1ª xeración, único en Galicia pola sua colocación, xa que vai sobre terra, grava e aglomerado, en lugar de sobre cemento. Esto dalle unha características similares as do céspede natural, sendo moi beneficioso para a saude das articulacións dos xogadores e o parecer un mellor drenaxe.

Segue con mais fotos e cousas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
HOXE FAI 70 ANOS ERA COROADA A VIRXE DA BARCA.
Martes, 15 Agosto, 2017 Enviado por Pirata
Histórico
"70º ANIVERSARIO"
 
Misa da Coroación nas Pedras da Barca, (R. Caamaño 15/08/1947)

-Cúmplense 70 anos da Coroación da Virxe da Barca-
-Tal día coma hoxe Muxía foi invadida polos fieis-

Día Histórico en Muxía...Tal día coma hoxe do 1947, (cúmplense 70 anos), tiña lugar nun Altar enriba da Pedra D´Abalar a coroación canónica da Nosa Señora da Barca. Milleiros de persoas chegadas de todas partes de Galicia seguían a misa, cos barcos de guerra na Punta da Barca para seguir o solemne acto. Por mandato do Vaticano a Virxe da Barca era canonizada como "Patroa de Galicia". A sua coroa foi feita co ouro das xollas doadas por devotos en especial do propio concello de Muxía....

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
HOXE FAI 70 ANOS ERA COROADA A VIRXE DA BARCA.
Martes, 08 Agosto, 2017 Enviado por Pirata
Histórico
"70º ANIVERSARIO"
 
Misa da Coroación nas Pedras da Barca, (R. Caamaño 15/08/1947)

-Cúmplense 70 anos da Coroación da Virxe da Barca-
-Tal día coma hoxe Muxía foi invadida polos fieis-

Día Histórico en Muxía...Tal día coma hoxe do 1947, (cúmplense 70 anos), tiña lugar nun Altar enriba da Pedra D´Abalar a coroación canónica da Nosa Señora da Barca. Milleiros de persoas chegadas de todas partes de Galicia seguían a misa, cos barcos de guerra na Punta da Barca para seguir o solemne acto. Por mandato do Vaticano a Virxe da Barca era canonizada como "Patroa de Galicia". A sua coroa foi feita co ouro das xollas doadas por devotos en especial do propio concello de Muxía....

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
HOXE FAI 70 ANOS ERA COROADA A VIRXE DA BARCA.
Martes, 08 Agosto, 2017 Enviado por Pirata
Histórico
"70º ANIVERSARIO"
 
Misa da Coroación nas Pedras da Barca, (R. Caamaño 15/08/1947)

-Cúmplense 70 anos da Coroación da Virxe da Barca-
-Tal día coma hoxe Muxía foi invadida polos fieis-

Día Histórico en Muxía...Tal día coma hoxe do 1947, (cúmplense 70 anos), tiña lugar nun Altar enriba da Pedra D´Abalar a coroación canónica da Nosa Señora da Barca. Milleiros de persoas chegadas de todas partes de Galicia seguían a misa, cos barcos de guerra na Punta da Barca para seguir o solemne acto. Por mandato do Vaticano a Virxe da Barca era canonizada como "Patroa de Galicia". A sua coroa foi feita co ouro das xollas doadas por devotos en especial do propio concello de Muxía....

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
ÉXITO RORUNDO NA HOMENAXE DO FÚTBOL COSTEIRO A "VIDAL DE PONTECESO".
Domingo, 06 Agosto, 2017 Enviado por Pirata
Histórico
"ENCONTRO HOMENAXE"

               "Vidal de Ponteceso", (azul), viveu unha emotiva despedida.
           
-Emotivo encontro-homenaxe do Fútbol Veterano o pontecesán Vidal-
-Colgou as botas tras toda unha vida no fútbol e a carón dos seus-


O pasado a Asociación de Veteranos da Costa que preside Modesto Parga fíxolle unha máis ca merecida despedida-homenaxe ao mítico xogador, adestrador, diretivo, etc...da costa, Manuel Javier Vidal Varela, álias, "Vidal de Ponteceso. Unha homenaxe da que xa vos falamos en varias ocasións estes días datrás, pola importanza de Vidal no fútbol costeiro, tanto dende a base na que comezou no 1975 nos xuvenís do Ponteceso, coma no fútbol afeccionado da costa e outros, coma no fútbol veterano. "Vidal de Ponteceso" que agora xogaba nos veteranos pontecesáns dende o 2003, dos que foi un dos seus fundadores, recibeu a homenaxe dos seus, no encontro-homenaxe, no que colgaba as botas, tras máis de 40 anos no noso fútbol, por uns problemas de xeonllo, senón como nos decía él na entrevista que lle fixemos o pasado venres : "ainda había Vidal para rato". A tarde foi expléndida, emotiva, e cun gran ambente, tanto para seguir o encontr como para adicarlle o aplauso o mítico xogador, cando saleu do campo e cando recibeu recordos dos seus. Xa él nos decía en poucas verbas o sábado o que sinteu : "Foi espectacular, todo saeu moi ben. Gracias a todos por este inolvidable día". Aquí tedes un traballo que fixo sobre a homenaxe Modesto Parga, presidente dos veteranos e que foi xunto con Vidal, Paco e Chouciño, os fundadores do Ponteceso de Veteranos.

Segue coa reportaxe e fotos...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
EMOTIVO ARTIGO DE LUIS PORTO "IN MEMORIAM" DE TINO CHOUCIÑO.
Xoves, 22 Setembro, 2016 Enviado por Pirata
Histórico
IN MEMORIAM

                     Tino Chouciño na "50ª Final da Copa da Costa".

-Artigo de Luis Porto na memoria de Tino Chouciño-
-Ex presidente do SCD Malpica falecido a pasada semana-


Esto do fútbol fai que moitos nos fagamos amigos, e que coñezamos a centos, milleiros de persoas, unhas que pasan desapercibidas e outras que quedan marcadas, como amigos para sempre. Sexa como diretivos, como xogadores, como afeccionados, ou mesmamente como comunicadores. Hai persoas que quedan para sempre. Moitos ainda se están facendo, e por desgraza, outros van pasando e vainos quedando o seu recordo.

A pasada semana dábamos a mala nova que repentinamente deixábanos o que fora, xogador, adestrador e diretivo do SCD Malpica, Tino Chouciño, (D.E.P.). Un home querido e lembrado por todo o fútbol malpicán e da costa, e que dende a cámara de www.piratasdemuxia.es inmortalizábanos na final da "50ª Final da Copa da Costa" na que o equipo malpicán perdía ante o Xallas de Santa Comba CF, (1-0).

 Luis Porto, amigo de Tino Chouciño, e colaborador da nosa web, tráenos un emotivo artigo, falando da persoa que foi, tanto no día a día como para o fúbtol malpicán e da costa. Só vos pedimos un par de minutos para que o leades, pois ademáis do que representa, como unha homenaxe na memoria dun amigo, é unha parte da historia do fútbol costeiro.

Segue co artigo...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
SUPERÁMOLOS 43.000 USUARIOS REXISTRADOS...GRÁCIAS A TODOS!!!
Luns, 01 Agosto, 2016 Enviado por Pirata
Histórico
-LOGRO WEB-

                          Marlos Moreno un xogador "estrela" para o Depor.

-Superámolos 43.000 usuarios-
-Seguimos batindo records
-

No día de hoxe superámolos 43.000 usuarios rexistrados na nosa web, con máis de 25.000.000 de visitas dende o 28 de Maio do 2007 e con unha media de antre 20.000 e o teito das 36.700 visitas o día. Non é obrigatorio rexistrarse xa que temos toda web en aberto, e non fai falla entrar como rexistrado, a pesares de eso máis de 43.000 amigos rexistráronse para pertencer de algunha maneira a nosa web caseira pero que é sen lugar a dúbidas o medio máis seguido da Costa da Morte e un dos máis seguidos dos que se adican a información deportiva.

MOITAS GRACIAS A TODOS!!!


 
A ENTREVISTA : "LUIS PORTO DEIXA O MUNDO DA INFORMACIÓN DO FÚTBOL".
Xoves, 30 Xuño, 2016 Enviado por Pirata
Histórico

A ENTREVISTA

-Luis Porto-

 

                              Luis Porto, (esq), unha "enciclopedia" do fútbol da costa.

-Luis Porto deixa o seu blog e o vínculo direto co fútbol costeiro-

Luis Emilio Porto Varela, (Malpica de Bergantiños-1946), foi i é o "Historiador do SCD Malpica", (autor e coautor co seu sobriño Héctor Pose dos libros : "SCD Malpica : 40 anos de fútbol" e "Mar de Paixón: O fútbol na Costa da Morte"), un dos fundadores do equipo malpicán fai 46 anos e a memoria historica do mesmo e do fútbol da costa. Dende o seu blog, durante estes anos, foi a voz viva do fútbol da costa. Co seu seguimento ao clube "branquiazul", achegounos a todos as crónicas e as novas de todo que deu de sí a entidade malpicana en tódalas categorías que tivo. No bo e no malo. Dél surtímonos moitos, uns sen siquera das as gracias e outros tremendamente agradecidos. Pero eso pasa tamén, (e sabemolo ben), cos do propio pobo dun, que cando se fala ben, todo son mans por enriba do hombreiro, e cando se ten que contar a verdade e son malos tempos, as críticas ou o "ninguneo" son maiores cos agradecementos. Xa está para iso o dito : "Naide é profeta na sua terra". Dende o seu blogue, Luis facía unha despedida a sua labor en pro da información do Malpica e de todo fútbol costeiro. Facendo milleiros de quilómetros polos campos, xuntanzas, federación, etc. Todo de maneira altruista, sen traballar apra ningún xornal ou web xeralista. Non podíamos ter outra cousa que agradecemento e unha pequena homenaxe a iste "libro aberto" do noso fútbol, e que mellor ca unha entrevista na que nos puidera contar un pouco das suas impresións. Xa de comezo queremos agradecerlle esta deferenza para connosco, xa que a sua idea era deixalo, como o colleu. Sen pensar en éxitos, estar aí, e desaparecer como a néboa nos días de verán polo Cabo San Adrián.

Segue ca entrevista...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
REPORTAXE : FINAL "LIII COPA DA COSTA" : "O XALLAS LÉVASE A COPA NOS PENALTIS".
Domingo, 26 Xuño, 2016 Enviado por Pirata
Histórico

LIII COPA DA COSTA SENIOR
-Gran Final-


                                     O Xallas FC suma a sua 3ª Copa consecutiva.

SD Soneira 0-0 Xalla FC
-O Xallas FC levase a Copa nos penaltis, (3-0)-


Este sábado xógabase no Pedra D´ouro do Pino do Val, (Mazaricos), a Gran Final da LIII Copa da Costa Senior, o máis grande evento do fútbol da Costa. Con preto dos 800 afecionados no campo e cun temproal de Nordés de 32 nós con rachas de 40 e una sensación térmica de 9 graos. Con todo eso o espectáculo foi una vez máis extraordinario. Tivo que chegarse a lotaría dos penaltis, tras un trepidante encontro no que puido pasar de todo e no que acabou mellor o Soneira na prórroga, pero acabou mellor o Xallas na tanda de penaltis na que marcou os 3 lanzados, por ningún os vimianceses.
Entregou os trofeos o presidente da FGF, Rafael Louzán, que chegou o campo na segunda metade.

 

Segue ca crónica do encontro e fotos...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
HISTORIAS DA COPA DA COSTA : "MUXÍA-XALLAS : A FINAL DOS PERCEBES".
Mércoles, 22 Xuño, 2016 Enviado por Pirata
Histórico

HISTORIAS DA COPA DA COSTA


                               Mugía CF, (1966), con Eduardo Toba como adestrador.

-Muxía-Xallas : "A Final dos percebes"-

O Muxía CF, (daquela Mugía CF), que comezou a disputar a Liga da Costa na sua 2ª edición, no 1964/65, facíase forte e na 3ª edición gañaba a Liga con 28 puntos, de 12 encontros gañados 4 empatados e 4 perdidos, e con toda forza ían a pola Copa da Costa, (na que ademáis contaba co ex Seleccionador Nacional de Fútbol, Eduardo Toba Muiño, (1923-2001+), como adestrador). Na primeira rolda tocáballes o CD Baio, que acadara o primeiro "Farol Vermello" como trofeo da competición ao quedar no derradeiro posto. Parecía doado, pero non foi así. No encontro de ida xogábase un 11 de Setembro, en plena Romaría da Barca do 1966. O resultado a pesares da festa era de 3-1 para os muxiáns. A volta en baio xogábase un 18 de Setembro. O encontro acababa 4-2 para os baieses, polo que tiña que haber prórroga. O colexiado, debido a que xa era noite, suspendía o encontro. A prorroga por manadato da FGF xogábse no Campo do Soneira un 22 de Setembro, día laborable para tódolos xogadores. Os muxiáns con baixas pois varios xogadores andaban o mar, conseguía gañar 3-2 e pasar a Gran Final, na que se atopaba co Xallas FC que en liga quedara 7º de 11 equipos e que nos enfrontamentos cos muxiáns perdera 5-1 na Vila da Barca e 1-2 en Santa Comba, poloq ue había moita ilusión por levarse a Copa, pero non foi así. Posiblemente uns percebes tiveron a culpa de que non se levantase a Copa da Costa.


Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
HISTORIAS DA COPA DA COSTA : "O VÍDEO DO MAZARICOS".
Martes, 21 Xuño, 2016 Enviado por Pirata
Histórico

HISTORIAS DA COPA DA COSTA

-Preme na imaxe para ver o vídeo-

-O Mazaricos motivou aos xogadores cun vídeo-

Dende a sua primeira edición fai 53 anos a Copa da Costa motivou mil e un detalles, para animar aos xogadores para a final, ou para chegar a ela. A Copa da Costa é a competición, evento, festa, devoción, etc, etc, por excelencia. Os que a gañaron algunha vez gardan o recordo e están orgullosos coma calqueira xogador profesional, afecionado, ou diretivo de equipo que gañase unha liga, copa española ou europea. Nista sección imos a traervos anédotas, que se viviron ao longo dites 53 anos de historia da máxima competición do fútbol afeccionado, que move cada ano a milleiros de afeccionados.

Nista primeira entrega traémosvos a máis recente. O Mazaricos CF que fixo unha gran tempada na Liga da Costa, fixo un vídeo de motivación para os seus xogadores, co gallo de chegar a volta de semifinais con moitas probabilidades de chegar a final, tras gañarlle ao Xallas FC por 1-2 na ida, un  equipo da Preferente Norte, que tras acadar a salvación da categoría, chegaba a esta Copa con moita tranquilidade e máis perigoso ca nunca, e sendo o equipo que defendía o título acadado o ano pasado. Como xa fixera o propio equipo xalleiro, para motivar aos seus nos peores intres na competición ligueira, ou o CD Boiro, no autobús que os levaba a xogar o encontro decisivo do ascenso a 2ª B en Mieres, os mazariquenses fixeron un emotivo vídeo, realizado por Estéfano García e no que participa o humorista mazariquense internacional Federico Pérez así como varios xogadores e afeccionados. Non deu os froitos desexados, en canto a que non acadaban a Gran Final do vindeiro 25 de Xuño do 2016 no seu campo, pero quedará para os anais da historia da Copa.



 
A CRÓNICA : GALICIA 1-1 VENEZUELA : "EXTRAORDINARIA FESTA DO FÚTBOL GALEGO".
Sábado, 21 Maio, 2016 Enviado por Pirata
Histórico
SELECCIÓN GALEGA
-Galicía Vs Venezuela-

                   Festa do fútbol galego ca "Irmandiña".

Galicia 1-1 Venezuela
-Só a mala sorte privou a Galicia dunha merecida vitoria

Bonito día, bonito encontro, calidade e festa na bancada. Galicia amosouse moi por enriba do que se esperaba, ainda que empatou, (empatáronlle) inxustamente. O equipo galego a paseres de non xogar nunca xuntos e ter nada máis que un par de adestramentos, amsosouse como un gran equipo que podería competir a moi alto nivel na liga española e moi por enriba de moitas das seleccións que hai por aí adiante. O combinado galego tivo un primeiro susto nun lanzamento de falta ao que Sergio respostou cunha gran parada. Foi un espellismo, pois Lucas nunha das suas típicas entradas polo pico do área metíalle un balón a Jota Peleteiro que este non aproveitou, optando a metela co pe, cando tiña o gol de testa. O propio Lucas nunha entrada por banda estrelaba o balón no lateral da rede. Un disparo dende fora do área de Jota Peleteiro era desviado polo meta venezolano Wuilker e no rexeite Iago Aspas en inmellorable posición poñía o 1-0. Non daba por bo o 1-0 a "Irmandiña" e seguía buscando o gol. Lucas puido poñer o 2-0 nun saque de curruncho direto, pero o meta venezolano salvaba "in extremis". Tamén Aspas, puido incrementar o marcador, pero unha entrada sua por banda dereita acababa co seu disparo no pau. A "Viño tinto" non podía máis ca defender as acomentidas "Irmandiñas", e as veces con faltas perigosas para ser un amistoso. Tampouco se cortaba Pedro Mosquera no medio do campo, que repartía o seu. Atrás a defensa de circuntancias con Álex Bergantiños e Hugo Mayo respostaba as mil maravillas, sen dar opcións aos sudamericanos.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
GALICIA Vs Venezuela : "Festa do fútbol galego ca nosa ca Irmandiña".
Venres, 20 Maio, 2016 Enviado por Pirata
Histórico
SELECCIÓN GALEGA
-Galicía Vs Venezuela-

                   Hoxe Riazor estará a altura da nosa Selección.

-Festa do fútbol galego ca nosa ca Irmandiña-

Hoxe a ppartires das 20:30 horas comezará en Riazor a rodar o balón ca "nosa" a "Irmandiña". Despois de 7 anos e medio, tras aquel encontro ante Irán. A Selección Galega voltará a xogar. Será a festa do noso fútbol, os ods galegos unidos baixo a mesma bandeira e o mesmo escudo. Estamos ante a mellor fornada de xogadores galegos. Ben e cero que faltan varias "pezas" de primeiro nivel por compromisos cos seus rspectivos equipos, e é unha mágoa que onde haxa máis faltas é na zaga, pero isto non vai privar aos nosos de xogar con orgullo para todos aqueles que sentimos Galicia. Este día nun artigo que puxen no que protestaba pola non inclusión de Lucas Pérez e Borja Bastón na Selección española, houbo algún que ainda anda coa maneira de pensar de "una grande y libre", puxeron comentarios arcaicos, encontrándolle sentido a que xogadores que fixeron moito, (moitítsimo) menos ca eles na tempada son os que deben estar nesa selección. E máis tratándose de un galego, un dos nosos coma Lucas Pérez, que marcou máis goles él só e deu máis asistencias de gol ca todos os dianteiros que van a Eurocopa, a excepción de Aduriz, que foi outro con méritos para ir. Vese que aquelo de Castelao de que : "Mira para Manolo que vergoña, que borracho vai", (porque era unha persoa humilde). En troques o Don Juan cando ía bébedo : "Que simpátido está hoy el señorito". Por desgraza ainda hai xente que lle da primeiro unha praza o fillo do señor diputado por ser fillo dél, que a un fillo dun mariñeiro, (albanel, gandeiro, carpinteiro...), que fixo méritos para sí estar. Pero na Selección de Galicia non pasa iso. están os que teñen que estar, e os que non están e porque non poden. Os que fixeron méritos para estar, están xoguen co escudo que xoguen.

Hoxe é un día para lemrar e para gardar na nosa memoria sexa o resultado que sexa. Nos prolegómenos do encontro, outra das nosas, Rosa Cedrón cantará o himno de Galicia e de Venezuela.

Viva Galicia e viva a Selección Galega!!!...


 
OS XOGADORES DA "IRMANDIÑA" XA ESTÁN CONCENTRADOS.
Xoves, 19 Maio, 2016 Enviado por Pirata
Histórico
SELECIÓN GALEGA
-Galicia Vs Venezuela-

                                   Os xogadores posaron cas novas camisetas.

-A Selección Galega xa está concentrada na Coruña con 17 xogadores-

Segundo nos informan dende a Federación Galega de Fútbol a Selección Galega, con 17 xogadores, concentrouse hoxe ás 13 horas no Hotel María Pita na Coruña para preparar o encontro de mañá contra Venezuela en Riazor.

A Selección Galega xa está concentrada no Hotel María Pita na Coruña, onde mañá xoga contra Venezuela a partir das 20:30 horas en Riazor. Os 17 xogadores que forman a convocatoria e os técnicos Fran González e Michel Salgado están moi ilusionados coa volta da Irmandiña. Galicia, co central do RC Celta, Diego Alende coma última incorporación, adestrará esta tarde en Riazor ás 18:00 horas con entrada libre para o público. Iago Falque chegou a primeira hora da tarde.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS


 
SEVILLA FC CAMPIÓN DA EUROPA LEAGUE 2016
Mércoles, 18 Maio, 2016 Enviado por Pirata
Histórico
SEVILLA FC CAMPIÓN DA EUROPA LEAGUE 2016


O sevilla FC proclámase campión da UEFA Europa League por terceira vez consecutiva acadando o seu quinto titulo da UEL, tras vencer por 1-3 frente ao Liverpool con goles de Vitolo e Coke (2)

A nosa máis sincera noraboa aos nosos "irmáns" sevillistas!!!



 
OS CADETES DO MUXÍA ESTIVERON CO DEPOR EN ABEGONDO.
Xoves, 12 Maio, 2016 Enviado por Pirata
Histórico
VISITA A ABEGONDO
-Cadetes do Muxía CF-

                           
Os rapaces puideron conversar e fotografarse cos ídolos deportivistas.     

-Os cadetes do Muxía CF estiveron co Depor en Abegondo-

na mañán de hoxe os rapaces do equipo Cadete do Muxía CF estiveron invitados polo Depor ao adestramento do equipo como xa comentáramos. Un bonito acto por parte do clube branquiazul, motivado polo pasamento fai unhas semanas do seu compañeiro Abdoulaye Fall, (D.E.P.), e para axudar a levantarlle o ánimo a estes nenos, antre eles moitos deportivistas e varios socios do clube herculino. Tras presenciar o adestramento, na Cidade Deportiva "O Mundo do Fútbol" de Abegondo, os nenos conversaron cos xogadores e técnicos e tomaron fotos a esgalla. Un día inolvidable para todos eles. 


 
XA ESTÁN A VENDA AS ENTRADAS PARA O GALICIA-VENEZUELA, (CONVOCATORIA).
Venres, 06 Maio, 2016 Enviado por Pirata
Histórico
GALICIA-VENEZUELA
-Amistoso 20 de Maio-

                              O mellor encontro no mellor estadio.

-As entradas poden adquirirse desde hoxe na taquilla de Riazor e nas sedes da FGF-
-Convocatoria para o encontro-

Segundo nos informan dende a Federación Galega de Fútbol dende hoxe mesmo nas Oficinas de Atención o Deportivista do Estadio de Riazor e nas sedes da FGF, xa podes coller as entradas para o encontro da Selección Galega de Fútbol contra a Selección de Venezuela, que terá lugar o vindeiro venres 20 de Maio no Estadio de Riazor, (20:00 horas; 18:00 GMT). O prezo estipulado polo ente futbolístico galego é de 10€ para Pabillón Superior e Inferior, Maratón Superior e "General" e de 15€ para Tribuna Superior e Inferior e Preferenza Superior e Inferior, como xa vos adiantáramos tan pronto sairon.

 A venta a través da taquilla online de Abanca confirmarase nos vindeiros días.

-Abrindo a nova completa tes toda a información así como a convocatoria de Fran e Michel-

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
AS ENTRADAS PARA O GALICIA-VENEZUELA A 10 E 15 EUROS.
Mércoles, 27 Abril, 2016 Enviado por Pirata
Histórico
SELECCIÓN GALEGA - VENEZUELA

                            Riazor será unha gran festa.

- As entradas serán de 10 € nos fondos e 15 € en Tribuna e Preferencia-

As entradas poñeranse á venda nos vindeiros días e poderán adquirirse vía online, nas sedes da FGF ou en taquilla o día de partido
A Xunta Directiva da Federación Galega de Fútbol acordou que as entradas para o partido internacional amigable entre a Selección Galega Absoluta e a Selección de Venezuela que se vai a disputar o 20 de maio en Riazor, (20:00 horas; 18:00 GMT), teñan un custe de 10 euros nas gradas de Maratón Superior e General, pabellón Superior e inferior e de 15 euros nas gradas de Tribuna superior e inferior e Preferencia superior e inferior.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
ESTE VENRES "GALA 50ª ANIVERSARIO SD SONEIRA", (Breve historia) :
Xoves, 22 Outubro, 2015 Enviado por Pirata
Histórico
50º ANIVERSARIO DO SONEIRA SD
-Mañán venres-

             Gañou a segunda Copa no 2010/11.

-O SD Soneira celebra os seus 50 anos de vida deportiva-

-"3 Ligas, 2 Copas e moita coraxe"-

Mañán venres a partires das 21:00 horas o SD Soneira celebra cunha gala o primeiro dos actos do seu 50º Aniversario. O clube vimiancés baixo o lema de "3 Ligas 2 Copas e moita coraxe", celebrará que alá polo 1965 cando a Liga da costa ía pola 3ª edición comezaba a competir cos equipos costeiros, para ir forxando unha historia chea de éxitos, e o maior chegar a ista cifra e con intención de sumar e sumar e sumar...

O clube soneirán, que lidera de maneira incontestable este ano a 1ª Auronómica G2 dará homenaxe a persoeiros importantes do clube na gala, na que como nos anuncián e a que tiveron o "viste e prace" de invitarnos, (coma a tódolos que os queirades acompñara), haberá moitas sorpesas. Falarase da historia do clube, e ao final trala gala e para remate uns "pintxos" para os asistentes.

Segue cunha "Historia breve"...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 

    123   >

Theme creado por dev-postnuke.com