Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
 
CONTIDOS

 
CLASIFICACIÓNS
 
XUVENIS
 
LIGAS FÚTBOL 8
 
FÚBOL SALA COSTA DA MORTE
 
FÚTBOL SALA FEMININO
 
FÚTBOL SALA MASCULINO
 
CLASIFICACIÓNS F. VETERANOS COSTA
 
Usuarios
Benvido Invitado

O rexistro é completamente gratuito e poderás acceder a todas as seccións da web
Podes rexistrarte aquí
Usuario:


Contrasinal:


Recórdame

Membros:  Admins
Non Conectado  Pirata  
Non Conectado  RubenGarcia  
Non Conectado  Pato  
Membros:  Membros:
Ultimo:  Novos Hoxe: 5
Ultimo:  Novos Onte: 5
Ultimo:  Total: 36943
Ultimo:  Ultimo:
SherylBog
Membros:  Conectados
Membros:  Membros: 0
Invitados:  Invitados: 94
Total:  Total: 94
Membros:  Membros Online
No hai membros conectados
 
Menú principal

 

Tema: Fútbol da Costa

Los artículos publicados en este tema son los siguientes.

    12345   >

CRÓNICAS 21ª Xda 3ª DA COSTA : "TRUNFOS DO MUXÍA E CERQUEDA".
Domingo, 01 Febreiro, 2015 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
3ª DA COSTA
-Crónicas 21ª Xornada-

                     Gerardo, (esq.), celebrou o seu cumpleanos con dous goles.

Muxía CF 3-0 SD Coristanco

Encontro no que o Muxía estivo mellor situado no terreo de xogo e soubo aproveitar os eros da defensa coristanquesa. Un mal despexe supuxo o primeiro gol muxián obra de Gerardo, (37´). Na segunda metade buscou a igualada o equipo visitante, pero errou en demasía no pase, perdendo numerosos balóns. Un novo mal despexe da zaga dos de Sánchez Da Silva, foi aproveitado polo equipo da Vila da Barca que montou xogada e culminou co segundo da tarde a hora de xogo, de novo ca autoría de Gerardo, (62´), que festexaba o seu cumpleanos. Con iste gol veuse abaixo o equipo visitante que tentou ir arriba deixando moitos espazos. Tiveron varias ocasións os de Suso do "Feso", como para acadar algún gol máis, pero o gol chegaría nun sawue de porta que lle queda franco o dianteiro muxián Arxires, (66´), para sentenzar e poñer o equipo as portas dos postos da promoción, a dous puntos de Lira e Nantón e con un encontro menos.

Segue ca crónica do Castrelo CF 0-3 UD Cerqueda...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
CRÓNICAS 21ª Xda LIGA DA COSTA : "O CAMARIÑAS LÉVASE O DERBI E O LIDER CAE EN PONTECESO".
Domingo, 01 Febreiro, 2015 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
LIGA DA COSTA
-Crónicas 21ª Xornada-

              O Camariñas levouse un derbi duro e intenso.


"O encontro da xornada"

      
1-0    
Camariñas CF           
Porteño CF
Javi, (85´)


O Camariñas levouse un encontro intenso no xogo e duro na climatoloxía e no esforzo, para ambas escadras e no que o que estivo mellor de cara a porta levouse tres importantes puntos e deixa "tocado" a un rival direto pola permanenza. No choque bno que imperou o forte vento houbo duas partes moi diferenciadas. Unha primeira na que o Camariñas, foi dono do balón e co vento a favor pechou en torno a sua área ao porteño. As ocasións, escasas caeron do bando camariñán. Na segunda e co vento a favor para os da Ponte do Porto, o encontro igualouse o foron os porteños os que tiveron máis o balón. A sua ocasión máis crara foi un gol anulado por falta o porteiro nun balón longo tralo saque dunha falta, na que o meta local Pablo, sae o borde do área, o balón sobrepásao e vai dentro das mallas. O colexiado, anula o gol por falta o meta. Inexistente para o bando visitante e crara para o bando local. Ista xogada puido trocar o sentido do encontro. Non desaproveitou unha xogada parecida o equipo de Gerpe, que marcaba o que a postre sería o gol da vitoria, nunha falta lateral sacada polo xuvenil Javi Antelo, colgada ao segundo pau e que naide é quen de despexar, colándose directamente na meta defendida por Bonano.



Gerpe, (Adestrador do Camariñas CF: "Fomos xustos vencedores, dominamos craramente na 1ª parte e puidemos ter solucionado o encontro. No gol deles hai falta clara a Pablo. A segunda parte foi máis nivelada, pero non nos crearon ocasións nada máis ca do gol anulado e non pasamos apuros".


Rosquilleiro, (Adestrador do Porteño CF) : "O encontro foi como esperábamos, moi igualado, e a balanza inclinouse do que tivo máis fortuna de cara a porta. O vento condicionou o encontro. Na primeira co vento a favor eles, pecháronnos e na segunda tocounos a nos. Clve o gol que nos anulan por falta o porteiro e que nen o árbitro foi quen de explicar porqué o anula. Os tiros deles foron forzados e sen perigo, e aproveitaron o que tiveron. Creo que o máis xusto tería sido un empate".

Camariñas CF : Pablo, Pereira, Martín, Darío, Denís, (Chicote, 75´), Piti, Moriño, Javi Antelo, David, (Saviola, 60´), Sule e Yuyo.

Porteño CF : Bonano, Óscar, Gabi, Manuel, Caamaño, (Pejo, 46´), Doyle, Crístian Canosa, Roi, Josiño, Ánxo, 8Marcos, 60´) e Carlos "Meu Lar".

Árbitro : Aitor Maneiro Santos, (Comité da Coruña) : Estivo ben. Diverxencia de opinións na xogada do gol anulado por falta o porteiro.

Incidencias : Encontro xogado no Hermanas Patiño, cun excelente ambente de fútbol, con máis de 300 afecionados nas bancadas. dista volta a pesares de voltar o derbi, e haber eleccións próximas, non houbo os pinchos e as gaitas, como noutros tempos.

Segue co resto de crónicas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS CRÓNICAS.




 
CRÓNICAS 3ª Xda "X COPA DA COSTA XUVENIL" : "ESTEIRANA, CORISTANCO, MUXÍA E FISTERRA SEGUEN INVITOS".
Domingo, 01 Febreiro, 2015 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
X COPA DA COSTA XUVENIL
-3ª Xornada-

                     Primeira derrota dun Malpica que mellorou con respecto a liga.


Esteirana, Coristanco, Muxía e Fisterra seguen invitos

Van tres xornadas e ista liguiña, previa a fase final da "X Copa da Costa Xuvenil", está liderada pola SCDR Esteirana que suma 3 vitorias en 3 encontros, na mesma tesitura está a SD Coristanco, pero con 3 goles menos no golaveraxe total con respecto aos das Salinas. Tamén o Muxía CF suma pleno en vitorias, só que disputou dous encontros ao descansar na primeira xornada, e a SD Fisterra completa os catro equipos que non coñecen a derrota. Os fisterráns, suman 2 empates e unha vitoria. No que se refire a ista 3ª tirada da liga, pribablemente a sorpresa se atope no empate sen goles no San Paio de Refoxos antre UC Cee e SD Castríz.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
CRÓNICAS 21ª Xda 3ª DA COSTA : "CORCUBIÓN VENCE E LAXE VOLTA A PUNTUAR"
Sábado, 31 Xaneiro, 2015 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
3ª DA COSTA
-Crónicas 21ª Xornada-

                   Partido intenso antre Corcubión e Lira.

UD CORCUBIÓN 5-3 CF LIRA

Encontro bastante "tolo" no que como se esperaba e tralos "piques" pola demanda de aliñación indevida no anterior encontro por parte do Corcubión, e con ista "patética" liga a 4 voltas, da pé a que se "garden" os "recordos" para o seguinte encontro . No que se refire ao encontro no que houbo de todo, e que a piques estivo de ser suspendido, poñíase por diante o equipo loca, con goles de Lema e Sebas, (12´e 24´), este último un auténtico golazo. Antes do tempo de lecer, acurtaba distanzas o equipo "liracho" por medio de Ferreiro, (28´), e voltaba a poñer terra de por medio o equipo do Novo Cubaleiro, cun tanto novamente de Sebas, (39´), . Xa na segunda metade Lourido gozaba dunha boa oportunidade de finiquitar o choque, na que tras driblar o meta visitante mandaba o balón ao pau, pero serían os de Lira os que acurtaban de novo distanzas, cun tanto de Oliver, (52´). Foi niste intre no que o encontro comezou a "destapar" a esencia do fútbol costeiro de antaño. Fútbol aberto buscando as portas e con boas ocasións de gol, pero nunha falta sobre o local Gorka, na que ve cartón, fórmase unha tangana, na que Gorka, ve a segunda e ve o camiño dos vestiarios. Nise intre un afecionado salta ao campo, pero é curtado na sua intención de ir ao colexiado, que "amaga" con suspender o choque. Calmáronse os ánimos e retomouse o encontro. Lourido, axudaba a que isto pasase cun gol a favor dos locais, obra de Lourido, (62´), e ainda que os sureños voltaban a marcar, un minuto despois cun gol de Maceiras, (63´), o propio Lourido, sentenzaba o choque co 5-3, no derradeiro suspiro do encontro, (89´).

Segue ca crónica do Laxe 1-1 Nantón...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
LIGUIÑA PREVIA A FASE DE ASCENSO XUVENIL, (Crónicas 3ª Xda) : "XORNADA REDONDA PARA O CF DUMBRÍA".
Sábado, 31 Xaneiro, 2015 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
LIGUIÑA PREVIA FASE DE ASCENSO XUVENIL
-3ª Xornada-

                     O Dumbría saíu lider destacado de Muros.


Xornada "redonda" para o CF Dumbría

Tiña un difícil compromiso o equipo dumbriés o grande favorito a levarse ista liga, ante o ED Os Miudos de Muros, que afrontaban o choque con moita moral tras duas vitorias inapelables sobre Porteño e Xallas de Santa Comba CF. Puidéronlle os nervos aos muradáns e impuxo a sua "veteranía" nistas lides o equipo dumbriés, para quedar na primeira posición destacado, (0-3), dado que o Camariñas perdía o seu primeiro encontro en tempo, e ante o seu máximo rival do concello o Porteño CF, no "mini-derbi" previa do de mañán na Liga da Costa, (16:15 h) no que se voltarán a ver as caras varios distes xogadores, (2-0). Tamén beneficiou aos dumbrieses a derrota do Xallas de Santa Comba CF, (1-2) que suma unha "sorpresiva" terceuira derrota consecutiva, dista volta ante o Cabana SD, (1-2). No medio do malo os Miudos seguen gardando a mesma distanza, cos de atrás, pero dista volta co Dumbría CF tres puntos por enriba.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
PREVIA "ENCONTRO DA XORNADA" : CAMARIÑAS CF Vs PORTEÑO : "O DERBI DAS NECESIDADES".
Venres, 30 Xaneiro, 2015 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
LIGA DA COSTA
-21ª Xornada-
"O encontro da xornada"

              O Hermanas Patiño vivirá un choque no que non faltará a emoción.

    
Vs   

Un derbi de "necesidades e confirmacións"

Nista xornada escollemos como o "encontro da xornada", iste choque. Un derbi que non se xogaba dende a 2010-11, no que o mítico do Porteño "Pichurri", hoxe en día alcalde do Concello de Camariñas acostuma a axudar dando "aires" de romaría os enfrontamentos antre istes dous conxuntos, con gaitas e pinchos. Un choque que ten moito máis ca un choque normal, a pesares de que os adestradores nolo digan ca "boca pequena".

Dous adestradores xoves, dous adestradores da casa, dous equipos do mesmo concello, e unha mesma necesidade, a dos puntos para afastarse da parte "quente" da liga, e confirmar as boas sensacións dos derradeiros encontros. Un equipo o camariñán que ven dabaixo para arriba e un conxunto o dos da Ponte do Porto que ven darriba para abaixo. Dous equipos que tiran da canteira para competar as suas plantillas. Feitos en principio para non sufrir, pero que pola xuventude dos seus xogadores e a inexperiencia na categoría, terán que sufrir. Dende a tempada 201-11 nos se atopaban no camiño en lig, un ano no que descendeu o Porteño e o Camariñas acadou a segunda praza, pero ainda tería que esperar unha tempada máis para ascender a 1ª Autonómica. Niste encontro o que gañe sairá reforzado, polo que representa gañarlle ao rival veciño, de rivalidade histórica e o que supón deixar dous puntos atrás o rival, (no caso dos camariáns) e empatar a puntos, (no caso dos porteños). O empate se cabe a pesares de xogar na casa sería máis satisfactorio para os da Vila do Encaixe, que seguirían mantendo a raia aos veciños das Barrosas. O ano pasado por iste mesmo tempo na xornada 21ª o Camariñas que xogaba na 1ª Autonómica G2, contaba con 16 puntos ocupando a penúltima posición empatado co colista SD Ponteceso, e caía no Hermanas Patiño ante o Sigüeiro, por 1-2. Camariñáns e pontecesáns acabarían descendendo a final de tempada. Pola sua banda o Porteño CF nista mesma xornada contaba con 27 puntos, 8 máis ca agora mesmo e gañáballe ao colista UD Corcubión por 5-2, ocupando a 10ª posición, pola 15ª que ocupa agora mesmo, (19 puntos), tendo tan só por abaixo ao Cabana SD, (18 puntos), UD Monte Louro, (14) e SD Camelle, (7). Para iste encontro nen Gerpe nen o Rosquilleiro teñen baixas, pero ambos deberán esperar a que xoguen os xuvenís, aos cales tamén levan, para ver con quen poden contar.

Aquí tes a análise que fan do seu equipo e do encontro os adestradores Gerpe e Rosquilleiro.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.




 
BREVES DA COSTA : "O CARNOTÁN MARTÍN GARCÍA FICHA POLO VILLAREAL"
Luns, 26 Xaneiro, 2015 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
BREVES DA COSTA

               Martín unha "perla" da Costa da Morte.


-O dianteiro carnotán Martín García ficha polo Villareal. O xove xogador do Bergantiños Infantil "A", da Liga Galega, chegou en idade benxamín ao equipo das Escolas de Fútbol Base Luis Calvo Sanz, onde xogou ata chegar a categoría infantil na que pasou ao Bergantiños CF. Estivo en un par de ocasións a proba no Deportivo e no C. de Vigo, pero ningún o fichou. Agora chega o equipo alicantino do Villareal no que fichou por 3 tempadas, (a partires da vindeira). Os alicantinos veñen seguindo ao rapáz dende fai tempo. Iste ano atesoura na Galega Infantil 26 goles. Martín é xunto con Santi Canedo, (Atl. Madrid) e Angeliño, (Depor-Manchester City), os xogadores que sairon das escolas carballesas fora de Galicia. Logo máis dunha vintena foron a equipos galegos de máximo nivel coma o Depor. Dende www.piratasdemxuia.es a nosa noraboa a Martín e o desexo de que trunfe e represente a Galicia no fútbol español e a poder ser internacional.

-Dende o CF lira infórmannos de que o adestrador Javi González, dimiteu como adestrador. Segundo o presidente Chucho de Lira agora terán que falar e decidir, quen tomará a renda do equipo ata final de tempada. A derrota do pasado domingo ante o colista SD Laxe por 0-5 foi o detonante da decisión do adestrador "liracho".
Moita sorte ao xenial xogador deportivista Juan Carlos Real no futuro e que voltemos a velo xogar de branquiazul algún día.



 
MAÑÁN MARTES XUNTANZA IMPORTANTÍSIMA EN BAIO POLO FÚTBOL DA COSTA.
Luns, 26 Xaneiro, 2015 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
XUNTANZA EN BAIO POLO FÚTBOL DA COSTA

                As ligas de xuvenís, un tema a arranxar.



A Asociación de Clubes da Costa convoca a tódolos clubes asociados

O Presidente da Asociación de Clubes da Costa, Manuel Caamaño, convida aos clubes asociados a unha xuntanza este martes 27 de xaneiro, as 20:30 horas, no Auditorio do Pavillón de Baio.

A xuntanza que será para tratar os diversos asuntos que están a afectar o fútbol da costa, é de vital importanza, para logo trasladarlle ao novo presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, as inquedanzas do fútbol costeiro e a petición de que sexan arranxados. O fútbol costeiro precisa de moitos trocos. As ligas de Xuvenís, son unha "aberración", no competitivo e no trato pola FGF tanto no fútbolístico como nos despachos. Así mesmo as categorías  inferiores, totalmente discriminadas a hora de repartir prazas nas fases de ascenso, (igualente nos xuvenís). A 3ª da costa, un "despropósito", que se faga unha 2ª Autonómica competitiva que se aumenten as prazas de ascenso e se faga unha 1ª Autonómica da Costa. As urxencias de volta ao Hospital a Xunqueira, para os dos arredores e non ter que ir a Coruña o Santiago, axudas os clubes, e outros moitos asuntos, son os que os diretivos da costa teñen que coller polas "cornas" e buscar un ben común para todos.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa...para VER MÁIS.




 
CRÓNICAS 20ª Xda LIGA DA COSTA : "MOVEMENTOS POR ARRIBA E POR ABAIXO".
Luns, 26 Xaneiro, 2015 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
LIGA DA COSTA
-Crónicas 20ª Xornada-

Camilo, (Sporting Seaia).

Movementos por arriba e por abaixo

O lider San Lorenzo gañoulle con moito traballo ao novo CD Baiñas de Pablo Mallón, (3-2), namentras que o Outes CF, non pasaba do empate en Fisterra, (1-1). O que supón que o equipo de Verdillo se vaia aos 46 puntos, deixando aos da Serra a 4. Tamén fallou o SD Castríz, que caía en Zas nun duelo direto ante o Sporting Zas, que despraza aos xalleiros a cuarta praza, ocupoando os de San Andrés a terceira e curtando a 3 puntos a distanza co segundo Outes. Importante vitoria a do Volantes de Baño para afianzarse por arriba e aproveitar tamén os tropezos dos predecesores. A sua "vítima" foi a SD Buño, que suma 4 xornadas sen coñecer a vitoria. Por abaixo tamén houbo movementos e o Monte Louro, ainda que non acaba de sumar de tres en tres, amosa unha grande melloría, pasiño a pasiño e sumaba un novo punto ante o UC Cee, (1-1), namentras que a SD Ponteceso sumaba unha vitoria importante de cara a non pasar apuros, derrotando o colista Camelle por un apretado 1-2. Cabana e Porteño tampouco pasaban da igualada nos seus encontros, polo que unha semana máis segue ca "soga" o pescozo, o mesmo co Sporting Seaia, que caía nun mal encontro ante un Camariñas superior, pero que tiña que sudar para levarse a vitoria, (0-1). A xornada foi pouco prolífica en goles, con 23 dos que 10 foron en dous encontros.

Segue cas crónicas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
CRÓNICAS DA 1ª AUTONÓMICA G2 NA XORNADA 20 : "TODO SEGUE IGUAL POR ARRIBA".
Luns, 26 Xaneiro, 2015 Enviado por Pato
Fútbol da Costa

Primeira Autonómica G2

(xornada 20)


                O Corme ponse en zona perigosa, pero dando boas sensacións.


Todo segue igual por arriba

Todo sigue igual na parte alta da tabla clasificatoria da 1ª Autonómica G2,. sigue lider o Sofán ainda que caía derrotado ante o Puebla (cuarto), por 2-1, e agora está a tan só un punto, conta con 42; do Villestro que vencía por 2-0 ao Corme, que se precipita a zona baixa, con 20 puntos está a tan so un punto da zona de descenso, pero ofrecendo boas maneiras, ainda que mala sorte nos resultados. O terceiro na táboa sigue o Unión con 38 puntos e empatado a puntos co CD Baio que vencía por 0-2, na casa do Silleda. O Soneira,ainda que caía derrotado ante o Lesende-Lousame, sigue septimo e o Malpica cae dous postos ao perder ante o Amio por 4-1. O Esteirana sigue último, e foi goleado por o Cordeiro por 3-0, conta con 12 puntos, 15 ten o Silleda e 20 o Amio, que son os seus predecesores na mesma loita pola salvación.


Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para LER AS CRÓNICAS.



 
CRÓNICAS 20ª XDA 3ª DA COSTA : "O UD CERQUEDA VOLVE O MÁIS ALTO".
Domingo, 25 Xaneiro, 2015 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
3ª DA COSTA
-Crónicas 20ª Xornada-

            

"O encontro da xornada"
 UD Cerqueda 2-0 SD Ameixenda


Encontro tremendamente disputado no que o UD Cerqueda volta a estar duas semanas despois no máis alto e suma a sexta vitoria consecutiva. Como decíamos o encontro foi moi disputado, sendo o SD Ameixenda o dono do balón e das ocasións nos primeiros 45 minutos. As ocasións máis craras chegaban a balón parado. Aproveitaba a maior envergadura o equipo ceense pero topábase unha e outra vez con un inspiradísimo porteiro local Ángel. Nunhas mans no área aparentemente involuntarias, pediron penalti os de Emilio Uzal. Desaproveitou o equipo de Manolín o dominio e acabaría pagándoo na segunda metade na que se igualaron as forzas e as ocasións repartidas. Luchi avisaba na primeira crara dos cerquedenses, pero topábase con David, que a pesares de xogar lesionado, aportaba solvencia. Nunha xogada por banda dos locais, Pablo centraba e a propia defensa do Ameixenda introducía o balón no fondo das mallas para abrir o marcador. Puido ampliar distanzas pouco despois Javi Gemelo, pero erraría ante o porteiro, non o faría pouco despois, cando aproveitaba un mal entendemento antre o meta visitante e un central, facíase co balón para marcar a porta baleira. Apretou con todo o equipo ceense, e ata pediría un penalti no tempo de desconto, pero non chegaría o gol que puxese en aprtos ao novo lider.

UD Cerqueda :
Ángel, Sergio, Atu, Dani, Javi Pazos, Pailos, Lorenzo, Jhonny, Luchi, Darío e Jacobo. Tamén xogaron : Xabi, Pablo, Uru, Javi e Rubén

SD Ameixenda : David, Camacho, Iván, Samuel, Javichu, javi, Chucho, Crístian, 8Mateo), Borja, (Antón), Demetrio, (Vicente) e Mario.

Árbitro : David Castreje, (Comité da oruña): Estivo ben.

Incidencias : Máis de medio cento de siareiros no Xaviña de Buño.

Emilio Uzal, (Adestrador do UD Cerqueda) : "Encontro moi disputado no que a primeira metade foi para eles e non aproveitaron as ocasións. A segunda foi máis nosa. Creo que o xusto sería un empate, pois foi un deses encontros que as veces gañas sen merecelo, pero tamén as veces pasa o reves e perdes merecendo gañar".

Manolín, (Adestrador SD Ameixenda) : "Na primeira metade fomos moi superiores, creando varias ocasións de gol, pero hai que metelos, se non se meten pasa isto. Na segunda nivelouse o choque e os goles viñeron dunha maneira un tanto "rara". David comportouse moi ben a pesares de xogar baixo paus lesionado, e non tivo culpa ningunha nos goles. Demos un baixón na segunda metade pero en grande medida polos méritos do Cerqueda que estivo moito mellor".

Segue cas crónica do resto de encontros...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
LIGUIÑA PREVIA A FASE DE ASCENSO XUVENIL, (2ª Xda) : "MIUDOS E DUMBRÍA UN PASO POR DIANTE".
Domingo, 25 Xaneiro, 2015 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
LIGUIÑA PREVIA FASE DE ASCENSO XUVENIL
-2ª Xornada-

                      Eloy marcou para Os Miudos.


Miudos e Dumbría un paso por diante

Vitorias inapelables de ED Os Miudos e CF Dumbría nista segunda tirada da Liguiña previa a Fase de Ascenso a Galega Xuvenil. No outro encontro no que se enfrontaban Camariñas e Cabana SD o empate, foi o resultado final, nunha xornada na que se marcaron 13 goles a 4.33 por encontro. Aquí tes as crónicas dos encontros.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
"X COPA DA COSTA XUVENIL", (2ª XDA): "SÓ TRES EQUIPOS REPITEN VITORIA".
Domingo, 25 Xaneiro, 2015 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
X COPA DA COSTA XUVENIL
-2ª Xornada-

                      Hugo marcou de penalti para o Muxía CF.


Esteirana, Coristanco e Malpica repiten vitoria

De tódolos que xogaban segundo encontro nista segunda xornada, tan só a SCDR Esteirana que derrotaba por 0-5 a SD Castríz, levándose a primeira praza por goleveraxe, o SD Coristanco, que segue a sumar vitoria tras vitoria dende que chegou Carlos "O Zurdo" ao equipo e xa van 4 seguidas, (duas de liga e duas de Copa), derrotaba a domicilio ao Sporting Zas, (1-2), que suma a segunda derrota consecutiva. E a SCD Malpica que volve a sorprender acadando a segunda vitoria consecutiva, algo que non acadou en toda a liga. Dista volta a sua vítima era o CD Baio, (0-2). No único empate da xornada o SD Fisterra acadaba un empate non encontro con polémica no que os fisterráns, acabaron moi cabreados e con dous homes menos no terreo de xogo, sentíndose nas suas propias verbas "atracados"., (0-0). Pola sua banda dende Ponteceso viron como positivo o empate nun encontro no que destacou Samuel polos pontecesáns. Destacar o inapelable trunfo do Muxía CF sobre un descoñecido Corme CF, (5-0), nun choque no que cabe destacar o gol de penalti do meta local Hugo, e do outro porteiro José Manuel que xogou como lateral, e que o equipo muxián contara con 16 xogadores para o encontro, algo que poucas veces ocurreu en toda a liga pasada. Este foi o primeiro choque dos da Vila da Barca, que descansaron a pasada xornada. Nesta descansou a UD Corcubión. Pola sua banda o Outes CF estreou a casilla de vitorias ante o UC Cee, (6-2), voltando a facerse fortes no Conchido.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
O ENCONTRO DA XORNADA : CERQUEDA Vs AMEIXENDA, (ENTREVISTA OS ADESTRADORES E TODO SOBRE O CHOQUE).
Sábado, 24 Xaneiro, 2015 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
3ª DA COSTA
-20ª Xornada-
"O encontro da xornada"

            Terceiro enfrontamento antre Cerqueda e Ameixenda co liderato en xogo.

    
Vs   

O primeiro posto en liza

Esta Domingo xógase no Campo de Xaviña, (Buño) a partires das 17:00 horas, un encontro de máximo nivel antre dous dos máximos candidatos a alzarse co título de liga e o ansiado ascenso a Liga da Costa. O ano pasado o Cerqueda a alturas da 20ª xornada de liga, ocupaba unha para eles "decepcionante" 9ª praza de 12, e a tres xornadas do final, (contando esta), non tiña opcións nen a entrar nos postos de promoción de ascenso, tras quedar na anterior fora no derradeiro encontro ascendendo o Camelle. Sumaba 19 puntos polos 33 que atesoura agora mesmo. Encaixara 32 goles polos 17 que ten agora en contra. Ademáis tan só marcara 20 goles polos 31 diste ano. No capítulo de derrotas niste curso leva 3 pols 11 que levaba fai un ano. Pola sua banda o SD Ameixenda o pasado ano quedou fora do ascenso no derradeiro encontro da promoción, e a penaltis co Sporting Seaia, que sería o que ascendería nun encontro con polémica, polo lanzamento dos penaltis. A istas alturas de tempada o equipo ceense ía 4º con 34 puntos, un punto menos cos que leva iste ano. Encaixara 34 goles polos 17 de agora e sufrira un total de 8 derrotas polas 2 dista mesma tempada. Iste mesmo encontro xogouseun 27 de Outubro do 2013 e fora na primeira xornada de liga con empate sen goles, (0-0). O escenario é o mesmo pero ainda que o obxetivo tamén é o mesmo caquél día, pois era buscar o ascenso, dista volta xa hai moito xogado por diante e xa é a terceira vez que se enfrontan e nas duas anteriores non se pasou do empate. Na 2ª xornada no Xaviña o resultado voltou a ser de 0-0 como na liga pasada. A reválida no San Paio de Refoxos acabara en empate a dous, (2-2), na 11ª xornada. Agora está o liderato en xogo e chegan os cerquedenses moi frescos e cunha evolución positiva impresionante e os ceenses con moito desgaste, pero con moita calidade, sempre nas primeiras duas posicións. Augúrase un gran enontro, antre dous dos equipos con duas das mellores afecións da competición.

Aquí tes a análise que fan do seu equipo e do encontro os adestradores Emilio Uzal e Manolín.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.




 
A ASOCICIÓN DE CLUBES DA LIGA DA COSTA CONVOCA XUNTANZA COS CLUBES EN BAIO :
Venres, 23 Xaneiro, 2015 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa





O Presidente da Asociación de Clubes da Costa, Manuel Caamaño, convida aos clubes asociados a unha xuntanza o vindeiro martes 27 de xaneiro, as 20:30 horas, no Auditorio do Pavillón de Baio. Facia tempo que non se convocaba os clubes, por diversos motivos.

Segundo Manuel Caamaño : "O obxetivo principal desta reunión, que queremos que teña caracter anual, e conocer de primeira man as demandas actuais dos clubes, tanto a nivel competicional como federativo. Como de todos é conocido, fai recentes datas houbo un cambio na Federación Galega de Fútbol, o que abre un novo panorama no ambito fútbolistico. Somos conscientes deste novo panorama que se abre, e creemos necesario facer chegar os novos dirixentes as demandas dos clubes que competimos na comarca. Temas como a mutualidad de futbolistas, a volta do Hospital de Cee como centro de atención a xogadores na comarca, o tan denostado plan competicional, etc, son asuntos a abordar. Tampouco esqueceremos temas propios, como son as ligas dos nosos equipos, o formato da liga xuvenil, que non ten pes nin cabeza; o numero de representantes na fase de ascenso, etc. Tamen teremos un oco para falar de temas propios dos clubes, como e a volta da Selección da Costa, o partido selección norte-selección sur, a Gala do fútbol da Costa, etc. Desde aqui convidamos e esperamos a asistencia de tódolos clubes".


 
PODEN OS EQUIPOS XUVENÍS DA COSTA FICHAR PARA A FASE DE ASCENSO?...2ª PARTE :
Venres, 23 Xaneiro, 2015 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
OS REFORZOS NA FASE DE ASCENSO XUVENIL


Poden ou non poden os equipos xuvenís da costa fichar xogadores?

Fai uns día facíamos un artigo ca axuda do noso colaborador, especialista no tema Luis Porto, (bloguero, historiador, escritor e un dos fundadores do SCD Malpica), sobre se os equipos dos grupos de xuvenís da costa, podían fichar para a fase de ascenso. A pesares de que nos atíñamos aos artigos do regulamento da Federación Galega de Fútbol, chegáronnos varias preguntas e comentarios sobre o tema, e ata houbo quen chamou a Federación e dixéronlle que non podían fichar que todo era a mesma liga, polo que as fichas que tramitaron, non son válidas, segundo eles fixeron, (contradicíndose), polo que queremos tratar de poñer un pouco máis de claridade, (ou enlialo máis...quen sabe?), no tema.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
RESOLVENDO DÚBIDAS : "PODEN FICHAR OS EQUIPOS XUVENÍS PARA A PREVIA DA FASE DE ASCENSO?".
Mércoles, 21 Xaneiro, 2015 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
FASE DE ASCENSO XUVENIL

                Santi Díaz pasou do CD Baio o Xallas de Santa Comba CF.

Poden fichar os equipos nista Previa da Fase de Ascenso Xuvenil?

Ante ista dúbida pola que nos consultaron varios equipos e afecionados por enfrontarse a conxuntos que se reforzaran para ista liguiña Previa a Fase de Ascenso, consultamos ao noso especialista no tema, o noso colaborador Luis Porto que nos informa de que :

"Segundo recolle o artigo 126 do actual Regulamento da FGF, sí poden fichar os equipos dentro da mesma tempada a calquera futbolista, xuvenil ou afeccionado, que lle den a baixa no seu equipo de orixe, sempre que sexa de distinta división ou grupo, e incluso sendo da mesma división, pertenzan a grupos diferentes. INCLUSO , sendo do mesmo grupo, podería fichar aun futbolista, sempre que este non se aliñara no seu equipo, mais de catro partidos".

A vista disto, imos poñer un exemplo co noso colaborador, Santi Díaz, que fichou polo Xallas de Santa Comba CF. O dianteiro baiés que militaba no CD Baio, esta debidamente fichado...por que?.. Por que o CD Baio, (Grupo 2º), estaba en grupo diferente ao Xallas de Santa Comba (G.3º). O que non podería fichar sería nos equipos do seu Grupo: Cabana, Malpica, Camariñas, Porteño, Zas etc. ou viceversa. Nen tampouco nun do mesmo grupo por a ver xogado máis de 4 encontros. O mesmo pasa na Copa da Costa, xa que é unha prolongación da liga, correspondente a mesma tempada.


 
CRÓNICAS 18ª Xda LIGA DA COSTA CADETE : "O PONTECESO DA UN PASO ATRÁS NOS QUE LOITAN POLO TÍTULO".
Mércoles, 21 Xaneiro, 2015 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
LIGA DA COSTA CADETE
-Crónica 18ª Xornada-

                O Ponteceso deberá esperar ao duelos diretos e non fallar.

Paso atrás do Ponteceso e firmeza de Corme e Cabana

Tiña un complicado duelo direto o SD Ponteceso ante o UC Cee para despegarse e buscar a loita antre tres con cabaneses e cormeláns polo título, pero o empate a uns, (1-1) antre dous equipos que van da man no 3º, (Ponteceso) e 4º, (Cee), postos, fai que o Corme, lider que goleaba ao SD Coristanco, (9-2) e Cabana SD, (2º) que se levaba un complicado encontro ante outro dos da zona alta, como é o EF As Baleas, (3-1), se escapen polo título de liga. Aproveitou o empate antre os da Vila da Xunqueira e a Vila de Pondal a SCDR Esteirana que derrotaba con moitos apuros ao veciño Outes CF, (3-2), para poñerse a tiro de loitar por un posto no "pódium"., empatando co cuarto, UC Cee e remontando os "baleas" e a SD Fisterra que caía no Ara Solis por 1-2 ante un CD Baio, que vai a máis nas derradeiras xornadas. Descansou o Muxía CF.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
CRÓNICAS 18ª Xda LIGA DA COSTA INFANTIL : "GOLEADAS DOS CATRO DE ARRIBA".
Mércoles, 21 Xaneiro, 2015 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
LIGA DA COSTA INFANTIL
-Crónica 18ª Xornada-

                Por arriba na loita pola liga naide se axionlla.

Goleadas dos 4 de arriba

A frioleira de 30 goles marcaron os catro primeiros, o que denota unha loita moi interesante ata o final, xa que en moitos dos casos, agás o do lider Fisterra que goleaba ao Sporting Zas, colista da clasificación, (0-7), o segundo en discordia e empatado a puntos, (42) cos fisterráns o Xallas de Santa Comba CF goleaba por 9-1 ao sexto clasificado o SCDR Esteirana e o ED Os Miudos, terceiro na táboa, goleaba tamén por 9-1 a un descoñecido Corme CF que ocupa o 5º chanzo da táboa clasificatória. O Cabana SD cuarto en discordia na loita polo título, tamén goleaba a domicilio ao SD Sofán, (10º), por 3-5.

No que se refire aos equipos que non están na loita polo campionato o Outes CF que se podía ver superado na táboa polo EMF Vimianzo, (9º), sacaba unha vitoria no campo vimiancés, (0-3), para consolidarse na 8ª posición e acurtar puntos cos de arriba que caeron ane os da loita por todo. Pola sua banda o SD Coristanco, (12º), sumaba a sua segunda vitoria do campionato ante un SD Ponteceso, (11º), ao que ten un chanzo por enriba e a tiro de un encontro.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
LIGUIÑA PREVIA A FASE DE ASCENSO XUVENIL, (Crónicas 1ª Xda) : "SÓ O CAMARIÑAS GAÑA DOS NORTEÑOS".
Mércoles, 21 Xaneiro, 2015 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
LIGUIÑA PREVIA A FASE DE ASCENSO XUVENIL
- Crónicas 1ª Xornada-

                Samuel marcou o primeiro dos Miudos na Grixa.

Só o Camariñas gaña dos representantes do Grupo 3

Ista "pantomima" que se inventou fai uns anos a FGF dunha liga que teñen que xogar os equipos da costa para poder acceder a verdadeira Fase de Ascenso a Galega Xuvenil, que sirve para un maior desgaste dos equipos costeiros ante os do resto de Galicia, cando chega de verdade a loita polo ascenso. Despois de xogar ao máximo nivel para gañar a liga ou para entrar nista "pantomima", teñen que loitar por gañar ista liga ou entrar na verdadeira fase. Un feito que beneficia ao resto de equipos da Galicia futbolística xuvenil, que tras xogar as suas ligas domésticas van a loitar polo ascenso. Unha das cousas para as que vale ista liguiña é para ver o nivel antre o Grupo 2 da Costa, (ou Grupo Sur), e o Grupo 3, (ou Grupo Norte). O campión do grupo norteño o Camariñas CF foi o único dos tres representantesdiste grupo, que consigueu gañar o seu encontro e fíxoo ante o 2º clasificado do grupo sureño o Xallas de Santa Comba, (1-2). Nos outros dous encontros foron os equipos norteños os que se levaron a vitoria, o CF Dumbría gañaba en Cabana, (0-2) e o ED Miudos goleaba na Ponte do Porto, (1-6). Aquí tes as crónicas do acontecido.

Segue co resto da crónica...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 

    12345   >

Theme creado por dev-postnuke.com