Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
JULIO LEMA

 
CURRO PESCA
 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
CAFÉ BAR OASIS

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
Usuarios
Benvido Invitado

O rexistro é completamente gratuito e poderás acceder a todas as seccións da web
Podes rexistrarte aquí
Usuario:


Contrasinal:


Recórdame

Membros:  Admins
Non Conectado  Pirata  
Non Conectado  RubenGarcia  
Non Conectado  Pato  
Membros:  Membros:
Ultimo:  Novos Hoxe: 2
Ultimo:  Novos Onte: 1
Ultimo:  Total: 59619
Ultimo:  Ultimo:
NoRxnok
Membros:  Conectados
Membros:  Membros: 0
Invitados:  Invitados: 9
Total:  Total: 9
Membros:  Membros Online
No hai membros conectados
 
CLASIFICACIÓNS
 
LIGAS FÚTBOL 8
 
FÚBOL SALA COSTA DA MORTE
 
FÚTBOL SALA FEMININO/MASCULINO
 
CLASIFICACIÓNS F. VETERANOS COSTA
 
Menú principal

 

Tema: Copa do Rei

Los artículos publicados en este tema son los siguientes.

    1234   >

ZARAGOZA 2-1 DEPOR : "OS MENOS HABITUAIS MERECERON MOITO MÁIS".
Mércoles, 12 Setembro, 2018 Enviado por Pirata
Copa do Rei
-DEPOR CRÓNICA-

Fede Cartabia veu porta e puido marcar máis.

Zaragoza 2-1 Depor
-Moi ben os menos habituais, mereceron moito máis-

Tan só en duas ocasións tivo que intervir Ortolá baixo paus, e as duas para recoller o balón de dento da rede. A primeira aos 6 minutos por un erro de Krohn-Dehli e a segunda por outro erro. Foi moi superior o Depor en especial na segunda metade na que foi dono e señor do balón e das ocasións. Fede Cartabia fixo un gran gol, pero non chegou o segundo a pesares de merecelo ata o pitido final. Dubarbier que fixo unha primeira metade desastrosa, estivo excelente na segunda, e acabou saindo lesionado no desconto. Xogaron os menos habituais, e fixeono moi ben, merecendo moito máis.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
ROLDA DE PRENSA DE NATXO GONXZALEZ PREVIA AO ENCONTRO DE COPA E LISTA DE CONVOCADOS.
Martes, 11 Setembro, 2018 Enviado por Pirata
Copa do Rei
-DEPOR EN ROLDA-

Natxo González fará moitos trocos na aliñación.

-Natxo González : "Representamos a un club que gañou a Copa duas veces"-
-20 convocados e logo concentración-

Natxo González falou esta mañán antes do adestramento en Abegondo tralo que despois emprederon o viaxe en bus a Zaragoza, para enfrontarse mañán mércores 12 de Setembro ao Real Zaragoza. Un encontro que será televisado por GolTV a partires das 21:00 horas. Volve o adestrador deportivista ao que foi seu estadio a tempada pasada e dí ir : "Ca conciencia moi tranquila. En canto estiven alí entreguei corpo e alma polo clube". Tamén foi categórico co que é o Depor nesta competición : "Imos representar a un Club que gañou esta competición un par de veces e temos que estar á altura do que esta afección se merece. Afrontalo coa maior ilusión", e tamén foi realista do que é hoxe en día a Copa do Rei e a dificultade de gañala. Prefire a competición a un só encontro ata o final. Para este encontro o adestrador vasco do Depor levou a 20 xogadores antre os que hai 3 rapaces do Fabril. Logo viaxan a Los Ángeles de San Rafael, (Segovia) onde se sumarán o resto de xogadores non convocados para unha "mini" concentración ata o encontro do sábado contra o Alcorcón, (20:00 horas televisado por La Liga 1/2/3).

Segue coa rolda de prensa e lista de convocados...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
A PREVIA : DEPOR Vs UD LAS PALMAS : "DEBÚT DE CRISTOBAL PARRALO".
Xoves, 26 Outubro, 2017 Enviado por Pirata
Copa do Rei
A PREVIA

San Cristovo Parralo.

-Hoxe debút de Cristobal Parralo-
-Será o Santo que ilumine o noso camiño?-

Será moi cedo para formar unha idea sobre cal será o novo Depor de Cristobal Parralo e Manjarín. Tan só 3 adestramentos, (un deles hoxe). Pouca bagaxe para ver moitas cousas, ademáis de que ao ser un encontro de Copa o máis normal e que xoguen varios dos menos habituais para ilos vendo, ainda que nese aspecto Cristobal xa ten moito gañado, pois sendo o seu segundo ano na "Casa Depor" xa está cheo de velos xogar, e máis vendo que a mosca andaba detrás da orella de Pepe Mel. De seguro que xa se notarán trocos, pero é practicamente imposible que os xogadores asimilien un novo sistema con só 3 adestramentos. Con todo eso a sua proposta no Fabril é moi interesante, a ver que pasa agora. Chega con toda humildade e con moitas gañas...será este o noso San Cristovo, o que nos guíe a traverso dos camiños?...Hoxe ás 20:30 horas en Riazor ante o UD Las Palmas, temos o primeiro envite para ir vendo algo, e o vindeiro uns, (unha vez máis horarios de merda, (non se pode usar outra palabra)), teremos xa un novo desafío, contra o UD Las Palmas, dista volta en liga e no Insular.

Segue coa información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
VOLA OITAVOS COPA DO REI : ALAVÉS 1-1 DEPOR : "O DEPOR MALLA NA TELARAÑA ALAVESISTA".
Mércoles, 11 Xaneiro, 2017 Enviado por Pirata
Copa do Rei
A CRÓNICA

                               A afección deportivista o mellor do encontro en Mendizorrotxa.

Alavés 1-1 Depor
-O Depor malla na telaraña alavesista-

Non puido ser e o mal encontro de Riazor na primeira metade foi decisivo. Tivo máis o balón o Depor en ámbalas duas partes sumando o 61% de posesión pero adoeceu de ocasións de gol a pesares de tirar a porta máis dunha dúcia de veces. Tivo a primeira o equipo alavesista pero Rubén moi atento desbaratou a ocasións. A resposta do equipo deportivista tivo a Marlos Moreno como actor principal. Tras unha xogada de gran calidade de Çolak no punto de penalti con desborde antre dous e cesión de calcáneo ao colombiano, este resbala con todo para tirar a porta. A xogada continúa e o balón chégalle de novo a Marlos que con toda porta para marcar, cruza en exceso e manda o balón o poste. Çolak cun disparo dende fora do área tamén puido marcar. Unha caida por agarrón e empuxón a Marlos Moreno, Estrada Fernádez levouna o borde do área. Ben podería ter pitado penalti, pero nin na televisión se ve con claridade se foi fora ou dentro do área, pero serían os de Mendizorrotxa
, os que se poñerían por diante nunha dobre ocasión con tiro o longueiro, despexe de Mosquera e no rexeite marcaba Edgar, xa en tempo de desconto. Na segunda metade pronto chegaría a expulsión do rápido lateral Theo, que lle entra cos tacos o nocello a Juanfran. Dende aí monólogo do Depor, e gol de Arribas nun saque de curruncho preciso de Çolak. Recompuxo o equipo Pelegrino e puxo unha "telaraña" por diante do meta Ortolá, que só o equipo deportivista foi capáz de sortear cun remate a centrado a bocaxarro de Joselu que paraou de maneira espectacular o meta. Ata o final o equipo tentouno por ambas bandas, pero foron pasando os minutos e foi o clube vasco o que se levou o "gato" o auga, amosando a sua consistencia e saber sufrir sen descompoñerse en defensa.

Depor :
Rubén Martínez, Juanfran, Sidnei, Arribas, Luisinho, Borges, (Guilherme), Pedro Mosquera, (Óscar Pinchi), Marlos Moreno, (Andone),  Emre Çolak, Joselu, Borja Valle,

Goles: 1-0 Edgar, (min. 45); 1-1 Arribas (min. 60).


Árbitro: Estrada Fernández, (Colexio Catalán).
Desta vez non a armou como acostuma ante o Depor, habendo sido o causante dun descenso polos seus erros premeditados. Non pitou penalti na caida de Marlos no área. Unha xogada na que pitara o que pitara estaría ben, pois nen cas repeticións da televisión se aprecia se é dentro ou fora do área o agarrón e empuxón que sufre. Ben e certo que se se tratase de Madrid ou Barcelona era penalti seguro. Ben na expulsión pois Theo puido lesionar de gravedade a Juanfran.

O Detalle : Máis de 200 afeccionados deportivistas nas gradas do Mendizorrotxa, con 17 peñas representadas con 6 de "Os Piratas de Muxía".

 Próximo encontro : O Depor xoga encontro de liga o vindeiro sábado 14 de Xaneiro en Riazor a partires das 20:45 horas.





-NOVA INCORPORACIÓN-
-O interior Ola John xogará no Depor ata final de tempada-


O interior esquerdo Ola John, (Liberia 1992), con pasaporte holandés, chega para reforzar o equipo de aquí a final de tempada procedente do Benfica luso. Foi fichado polo clube lisboeta no 2012 por 9 millóns de euros e tras 34 encontros antre Liga, Copa, Europa League e Champións con 2 goles, comezou unha xeira de cesións, pasando polo Hamburgo, Reading e Wolveehampton inglés no que estaba actualmente. O Benfica chegou tras marcar 8 goles e 15 asistencias no Twente holandés. O clube non confirmou a cesión a espera de que o faga o clube portugués primeiro, como acostuma a facer o Depor.


 
IDA OITAVOS DE FINAL COPA DO REI: DÉPOR-ALAVÉS
Martes, 03 Xaneiro, 2017 Enviado por Pirata
Copa do Rei
IDA OITAVOS DE FINAL COPA DO REI: DÉPOR-ALAVÉS



 
DEPOR 3-1 BETIS : "ATA CON TROCOS SÁBESE O QUE SE XOGA"
Mércoles, 21 Decembro, 2016 Enviado por Pirata
Copa do Rei
A CRÓNICA

                              Tremendo golazo de Luisinho.

Depor 3-1 Betis
-Este Depor funciona ata co fondo de banquillo-
-Soberbios, Luisinho e Juanfran polas bandas-
-Sidnei renova ata o 2020-

Fixo varios trocos Garitano pero o Depor volveu a amosarse como un equipo que sabe o que xoga. Dista volta non era gañar, era superar a eliminatoria. Saeu o equipo branquiazul gustándose e gustando. entradas coma puñais polas bandas de Juanfran e Luisinho que estiveron "soberbios", e triangulando en medio campo de maneira excelente con Guilherme e Pedro Mosquera. Os primeiros 23 minutos foron un monólogo deportivista, co gol a centro de Fjr de Arribas no segundo pau aos 10 minutos de xogo. Tan só 5 minutos depois puido poñer o 2-0 Marlos Moreno pero unha gran parada do meta bético evitou o gol. A partires do minuto 23 desapareceu o equipo deportivista e foi o Betis o que se fixo dono do balón e das ocasións, dando volta a posesión de balón que no 23 era do 60% para os nosos e pasando o final da primeira metade a ser do 55% para os verdibrancos, (hoxe de amarelo), que tiveron 2 man a man con Rubén que o coristanquiés solventou de maravilla, un parando o estilo arxentino, con xeonllo o chan e parando co peito e outro cunha gran parada a "bocaxarro", tamén tiveron nestes bos minutos béticos un remate de testa que pasou a pouco do poste. Xa na segunda metade saeu de novo o Depor a "trincar" e solventou a eliminatoria pola vía rápida. primeiro Luisinho cun auténtico golazo a bote-pronto tras un rexeite e cun extraordinario zapatazo ao pau corto dende uns metros do vértice esquerdo do área e logo Ryan Babel tras un pase excelente de Marlos Moreno que na segunda metade foi unha auténtica bala. Unha xogada sen complicacións, acabou cunha entrada por banda bética que sorprendía a Rubén cun centro-chut que sacaba dentro o de Coristanco. Esto deulle vida o equipo de Víctor, que "queimou as naves" poñendo no campo toda a artillería. Puido "matar" o encontro o Depor, tras un penalti a Babel o ir rematar un centro medido de Juanfran o corazón do área pequena, na que era empurrado con todo para marcar. Joselu lanzaba o penalti pero mandábao a grada de Maratón Superior. Tocaba sufrir os derradeiros 10 minuos e sufruse,en especial cun remate raso de Rubén Castro que parou moi atento abaixo o meta deportivista, pero tamén se puido marcar o cuarto.

O Detalle : Levábamos dende o día do Sevilla, defendendo que este Depor era outro, que só a sorte e as arbitraxes estaban privándonos de ver unha vitoria e así foi. A sorte trocou, o equipo ten ledicia e sabe o que xoga. Ryan Babel foi trocado nos derradeiros minutos e con todo campo en pé o griito de "Babel quédate", agradeceu os aplausos, cun aplauso que daba sensación a despedida. Un total de 17.270 espectadores no "Estadio dos soños".

A boa nova : Dende megafonía anunciaron o comezo do encontro que Sidnei renobaba ata o 2020.


Deportivo: Rubén Martínez; Juanfran, Sidnei, Arribas, Luisinho, Guilherme, Pedro Mosquera, (Celso Borges), Marlos Moreno, (Bruno Gama), Ryan Babel, (Emre Çolak), Fayçal Fajr, e Joselu.

 
Goles: 1-0, m.50: Morata. 1-1, m.63: Joselu. 1-2, m.65: Joselu. 2-2, m.84: Mariano. 3-2, m.92: Sergio Ramos.


 
PREVIA DO ENCONTRO DEPOR Vs BETIS DA COPA DO REI :
Mércoles, 21 Decembro, 2016 Enviado por Pirata
Copa do Rei





-A levantar o 1-0 da ida-
-Un Depor con moitos trocos buscará os Oitavos-


Volve a Copa a Riazor e con ela un dos mellores adestradores que tivo o Depor nos derradeiros anos. Un deportivista de pro e un dos adestradores que máis sabe de fútbol do panorama español. O Depor terá que lidiar co coñecemento do clube de Víctor Sánchez del Amo e cun Betis que buscará xogar co 1-0 da ida nun encontro no que o Depor fixo merecementos dabondo para traer o encontro gañado. A partires das 21:00 horas en Riazor, (20:00 GMT), comezará un encontro para seguir a ver a mellora que experimentou o Depor no derradeiro mes. Queda fora da convocatoria Andone por uns problemas físicos, así coma Fernando Navarro e será da partida Ryan Babel, que podería ser o seu derradeiro encontro en Riazor, dado que conta cunha boa oferta do Besitkas turko, da que o seu presidente decía onte que o xogador holandés ainda non firmara como xa apuntaban varios medios. Agora haberá que ver se o clube deportivista move baza para que se quede.

Lista de convocados : Lux, Rubén, Sidnei, Albentosa, Arribas, Juanfran, Luisinho, Álex Bergantiños, Pedro Mosquera, Emre Çolak, Fayçal Fjr, Guillherme, Celso Borges, Bruno Gama, Marlos Moreno, Borja Valle, Ryan Babel e Joselu.




 
DAZASEISAVOS DE FINAL DA COPA DO REI : "UN PRIMEIRA PARA COMEZAR".
Venres, 14 Outubro, 2016 Enviado por Pirata
Copa do Rei
Dazaseisavos da Copa do Rei
Betis-Deportivo


-Enparellamento cun Primeira para comezar a Copa-

O Depor tocoulle en "sorte" visitar ao Betis Balompié nos Dazaseisavos de Final da Copa do Rei. Na Copa, o equipo bético como local gañou en 3 ocasións ao equipo deportivista, empataron unha vez e perdeu unha. O Depor como local gañou en copa aos andaluces nunha ocasión, empataron unha vez e perdeu un partido. (unha das eliminatorias foi a encontro único).

En Primeira división, o Betis como local gañou en 7 ocasións ao Depor, empataron 6 veces e perdeu 8 partidos. O Depor como local gañou en 9 ocasións ao Real Betis Balompié, empataron 9 veces e perdeu 3 partidos.


 
A CRÓNICA : DEPOR 0-3 MIRANDÉS : "DESASTROSO ENCONTRO".
Martes, 12 Xaneiro, 2016 Enviado por Pirata
Copa do Rei
OITAVOS DE FINAL COPA
-Volta-

                            Mal encontro de Juan Domínguez que foi sustituido.

Depor 0-3 Mirandés

Os experimentos con gasosa as veces dan estas cousas. A confianza do resultado da ida, (1-1), costou a eliminatoria a un Depor que non existeu en ningún intre e que tivo no treito fianl o único tiro a porta cun zapatazo de Álex Bergantiños a cruceta. O Mirandés, xogando tal e como apuntara José Luis Oltra, defendendo en conxunto e subindo rapidamente a contra en masa, marcou nos 3 tiros que tivo a porta, o terceiro un auténtico golazo, ainda que Manu Fernández podería ter sido molestado na traxectoria do balón dun xogador visitante en fora de xogo. Non caben disculpas, o Depor "Plan B", que tivo que tirar na segunda metade de Luis Alberto, Álex Bergantiños e Lucas Pérez, acabou o seu periplo na Copa, ca peor entrada da tempada con algo máis de 11.000 afecionados, (pero máis o sur sería unha boa entrada, a semana pasada en liga, ante o Atlético en Balaidos 13.000 espectadores).

Merecido trunfo do Mirandés, que puido sair goleado na ida en Anduva, onde o Depor mandou ata 3 balóns a madeira, e que goleou con todo merecemento.


Depor
: Manu; Laure, Lopo, Róber, Luisinho; Mosquera, Juan Domínguez, Jonás; Fede Cartabia, Cardoso e Oriol. Tamén xogaron : Luis Alberto, Álex Bergantiños e Lucas Pérez.



 
COPA DO REI : MIRANDÉS 1-1 DEPOR : "NIN FU NIN FA"
Mércoles, 06 Xaneiro, 2016 Enviado por Pirata
Copa do Rei
A CRÓNICA

                            O Depor acaboou mandando na segunda metade.

Mirandés 1-1 Depor
-"Nin "fu" nin "fa""-


Encontro sen moita historia. O dominio foi alterno, pero sen craras ocasións de gol na primeira metade. Se cabe a mellor unha dos locais con gran parada de Manu e a do gol deles. Adiantouse o equipo local, por medio de Álex Ortíz aos 24 minutos de xogo, pero os postes evitaron que o Depotiovp "Plan B" trouxera unha vitoria folgada.
A pesares das contínuas ocasións de gol deportivistas na segunda metade, non se pasou do empate a uns. A resolución terá lugar o vindeiro día 12 de Xaneiro, (mércores), ás 20:30 horas, (19:30 GMT), no Estadio de Riazor. Non é que non queiramos falar diste encontro, é que a verdade, non tivo historia. Un Depor de "circunstancias" como soe ser na Copa e un Mirandés, que fixo o que puido, (máis ben pouco).


CD Mirandés: Raúl Fernández, Álex Ortiz, Galán (Kijera, min. 46), Javier Cantero, Carlos Moreno, Carlos Lázaro, Provencio, Sangalli, Ion Vélez (Néstor, min. 67), Álex García (Lago Junior, min. 53) e Abdón Prats..
Depor: Manu, Laure, Lopo, Róber, Manuel Pablo (Cardoso, min. 68), Jonás, Juan Domínguez, Pedro Mosquera (Álex Bergantiños, min. 57), Luisinho, Jonathan Rodríguez (Fayçal Fajr, min. 80) e Oriol Riera.

Goles: 1-0 Álex Ortiz (min. 24); 1-1 Lopo (min. 74).
 
Árbitro: Prieto Iglesias (c. navarro). Amonestó a Galán (min. 10), Pedro Mosquera (min. 18), Sangalli (min. 69) e Carlos Moreno (min. 85).
 
Incidencias: partido da ida dos oitavos de final da Copa do Rei disputado no Estadio de Anduva ante uns 3.000 espectadores. 


 
ROLDA DE PRENSA EN VÍDEO DE ROBER E LISTA DE CONVOCADOS :
Martes, 05 Xaneiro, 2016 Enviado por Pirata
Copa do Rei

ROLDA DE PRENSA

-Preme na imaxe para ver o vídeo da rolda de prensa de Rober-

 Rolda de prensa de Rober

Aquí tes a rolda de prensa de Rober, na que analizan cousas en torno o encontro de mañán Mércores ante o Mirandés da Copa do Rei, (16:00 horas, hora galega, 15:00 GMT), no Estadio de Anduva, (Miranda del Ebro).

 Rober: "Es un equipo muy intenso, que nos va a poner muchos problemas, con mucho juego directo. Lo ideal sería marcar y que no nos marcaran. Vamos hacer lo posible por traer un buen resultado"...

-Lopo dado de alta e entrada na lista de convocados-

-O vídeo e a lista de convocados son unha xentileza do RC Deportivo-



 
LLAGOSTERA 1-2 DEPOR : VITORIA CORTA DO DEPOR "PARTE 2"
Mércoles, 02 Decembro, 2015 Enviado por Pirata
Copa do Rei
COPA DO REI

                              Fede Cartabia marcou o gol do empate.

Llagostera 1-2 Depor

Vitoria do Depor "Parte 2" nun encontro no que acumulou ocasións de gol para facer un Album de fotos. Adiantouse o equipo de Palamós cun tanto de Juanjo, (22´), nun erro de marcaxe de Lopo. Empatou o equipo deportivista cun tanto de Fede Cartabia, (60´), a pase de Cardoso que fixo moi boas xogadas por banda dereita. O gol da sentenza chegou tras un pase en vaselina de Fayçal a Oriol Riera, (74´), que recortou e mandou pola escadra contraria. Desa, xogaba o Depor con un menos por expulsión por dobre cartón de Luisinho, (66´). Chegou o equipo branquiazul a ter a posesión do 75% e acabou cun 68% de posesión, con 21 tiros antre os tres paus por 10 dos cataláns.

Depor : Manu Fernández, Luisinho, Rober, Lopo, Laure, Fayçal Fjr, Medunjanin, Juan Dominguez, Cardoso, (Saúl, 70´), Riera, (Jonathan Rodríguez, (87´), e Cartabia, (Cani, 81´).

Árbitro : Martínez Munuera

-Xunta de Accionistas-

Como se esperaba non houbo "quorum", xa que só se presentou un accionista con 2 accións, polo que mañán a partires das 20:00 horas,
no Auditorio Arao do Palacio de Exposicións e Congresos da Coruña (Palexco), (Muelle de Transatlánticos s/n, 15003 A Coruña).



 
A COSTA DA MORTE PENDENTE DE ÁNXO MATO :
Mércoles, 02 Decembro, 2015 Enviado por Pirata
Copa do Rei
COPA DO REI

                               Ánxo Mato no encontro de ida.

-A Costa da Morte pendente de Ánxo Mato-

Hoxe o Villanovense visita ao Barcelona, (TVE 1ª-21:00 horas-20:00 GMT), para tentar dar a "machada" ou polo menos facer máis historia, pois co empate da ida, (0-0), xa fixeron historia, e que naide lles veña co de que o Barcelona levou a xogadores que non xogan e do segundo equipo. Nas estatísticas históricas da Copa do Rei quedará como Villanovense 0-0 FC Barcelona.

Hoxe a Costa da Morte estará unha vez máis pendente dun home, (como xa pasou na ida). Un rapáz de Laxe chamado Ánxo Mato, que tras facerse na costa, en especial no equipo da sua terra, pasou por unha morea de bos equipos de 2ªB  e.

-Dende www.piratasdemuxia.es o noso maior desexo de que Ánxo sega facendo historia e elimine co seu equipo o FC Barcelona...total a Copa é do Rei...de España-

Ánxo Mato, con esta participación na Copa do Rei, é xunto con Angeliño, (Manchester City), e  Rubén Martínez, (Levante), un dos xogadores de moda da Costa da Morte en competicións de alto nivel.


 
HISTÓRICA PARTICIPACIÓN DE ÁNXO MATO ANTE O BARCELONA.
Xoves, 29 Outubro, 2015 Enviado por Pirata
Copa do Rei
COPA DO REI

                           Ánxo, (der.) entrou no minuto 70.

-O laxense Ánxo Mato dispuxo de 20 minutos ante o Barcelona-

Quedará para a historia do fútbol costeiro o enfrontamento antre o Villanovense e o Barcelona FC, polos 20 minutos que disputou na segunda metade o medio laxense, Ánxo Mato Pose, (Laxe 30/03/1982). A falta de importancia do encontro, deulla toda para os futboleiros da Costa da Morte a participación do ex do CD Baio, Bergantiños, Galicia Gaiteira, Compostela ou Santa Comba. Tamén xogou no Racing Vilalbés e no Ourense, ademáis na sua dilatada carreira xogou en 2ª B en equipos coma o Burgos e o Ceuta, ademáis dos 6 anos que leva no extremeño, Villanovense.

O encontro que como saberedes acabou co empate a ceros inicial, (0-0), terá a sua continuidade o mércores 2 de Nadal, que se xoga a volta no Camp Nou, e que será unha oportunidade de ver en acción ante o equipo do Nordés de España.


 
COPA DO REI : DEPOR 1-1 MÁLAGA : "Resultado totalmente inxusto"
Mércoles, 03 Decembro, 2014 Enviado por Pirata
Copa do Rei
COPA DO REI


DEPOR 1-1 MÁLAGA
-0-1,Camacho, (10´); 1-1, Toché, (69´)-

Un gol nunha falta mal defendida era rematado a gol polo malaguista Camacho, aos 10 mnutos de xogo. A partires de aí, non houbo máis equipo no terreo de xogo que o Depor, que tocou con criterio o balón, desbordou por bandas e creou unha cantidade inxente de ocasións de gol. Ata chegou a marcar, pero Mateu La Hoz que cada vez que dirixe ao equipo deportivista, amosa que ten algo contra nós, anulou un gol legal de Diakité e non pitou un penalti sobre Toché que foi empuxado cando tiña todo da sua parte para rematar a bocarraxo a gol. O propio Toché tivo varias ocasións de gol, duas delas baixo paus que non atinou a rematar o fondo das mallas.

Na segunda metade, sigueu o Depor sendo o dono do balón e das ocasións ata que no 69, Remeseiro, (que debutou en encontro oficial), que entrara no sitio de Juan Carlos, centra dende o pico do área, Diakite pinza para que ao borde do área pequena Toché marcara con tiro cruzado. A partires doi gol, dominio alterno e demasiadas imprecisións por parte dos dous equipos. Puido levarse o encontro no desconto o equipo malaguista cun remate a saque de curruncho, pero sería unha inxustiza total. Por ocasións craras o encontro debería ser gañado polo equipo deportivista con total solvencia.

Incidencias: A peor entrada en anos dun encontro en Riazor. En torno aos 8.000 afecionados. O Depor con máis da metade de socios de fora da Coruña, e con un horario "anti-fútbol", non tivo o arroupo dos afecionados. Quen se pode acercar dende lonxe a Riazor nun encontro ás 8 da tarde?...As televisións dalles o mesmo. Isto é a "merda" do fútbol moderno. No minuto de silencio que se gardou ao inicio do encontro escoitáronse pitidos e berros de "Tino dimisión".

Depor: Lux, Laure, (José Rodríguez), Diakité, Lopo, Manuel Pablo, Juan Domínguez, Álex Bergantiños, Cuenca, (Postiga), Juan Carlos, (Remeseiro), Canella e Toché.




 
REAL JAEN 2-0 DEPOR : "ADESTRAMENTO CON DERROTA"
Mércoles, 16 Outubro, 2013 Enviado por Pirata
Copa do Rei
COPA DO REI
-Depor-

                Juan Carlos xogou todo o encontro.

Real Jaén 2-0 Depor

"Adestramento para os rapaces"

Encontro que lle valeu a Fernando Vázquez para ver aos rapaces, aos que saen de lesións e aos menos habituais ante un equip da Segunda División, co equipo titular e xogando coma se lles fose o alma nelo. Na primeira metade o equipo deportivista soubo sufrir e aguantar as acometidas dos andaluces. Na segunda foi mellor o encontro dos deportivistas que puideron adinatarse no marcador pero que foron derrotados a balón parado en sendas entradas dende fora do área. A primeira de testa e a segunda dende o borde do área nun balón ao que Fabricio non puido facer nada tapado ante unha "maraña" de xogadores. A mellor nova os bos minutos que desenrolou Antonio Núñez, no pouco que xogou, entrando un par de veces seguidas por banda e estrelando o balón de forte disparo no lateral do rede.

Depor: Fabricio; Seoane, Uxío (Dani Iglesias, min 75), Kaká, Insua, Luisinho; Marchena (Cañi, min 80), Teles (Núñez, min 75), Juan Carlos, Bicho; y Luis.

Goles: 1-0, M.70: Servando. 2-0, M.77: Juanma.

Fernando Vázquez : "Para nos a prioridade é a liga non a Copa. O Jaen gañounos ben. Se non houbesemos encaixado o primeiro gol podería poñersenos o encontro de cara co paso dos minutos"

***

Horarios para as próximas catro xornadas do Depor

Xornada 11-Sábado 26 outubro : Tenerife-Depor (20:00 h-TVG2)

Xornada 12-Domingo 3 de Novembro : Depor-Real Madrid/Castilla, (18:15 h-La Sexta)

Xornada 13-Domingo 10 Novembro : Recrativo de Huelva-Depor, (12:00 h-Canal+)

Xornada 14-Domingo 17 Novembro : Depor-Mallorca, (1:00 h-Canal+)



 
NOVAS BREVES DO DEPOR : "COPA DO REI"
Martes, 15 Outubro, 2013 Enviado por Pirata
Copa do Rei
NOVAS BREVES DO DEPOR
-Copa do Rei-

            Marchena e Bicho serán da partida.

-Encontro Copa do Rei: Real Jaén-Depor. Estadio de La Victoria. Mércores 19:30 horas.

-Lista de Convocados :
Germán "Poroto"Lux, Fabricio, Marchena, Teles, Bicho, Juan Carlos, Luis, Dani Iglesias, Cañi, Antonio Núñez, Seoane, Insua, Luisinho, Uxío, Kaká, Wilk, Manuel Pablo, Quique Fornos e Insua que se incorporou a expedición no Aeroporto de Barajas, (Madrid).

-Antonio Núñez estrea convocatoria por primeira vez co Depor e dí estar preparado para xogar : "Estoy deseando jugar. La puesta a punto se alargó más de lo que me hubiera gustado y estoy con muchas ganas". O madrileño asombroulle a madurez dos rapaces na anterior rolda : "la madurez de los chicos, además con esa tanda de penaltis tan larga".

-Fernando Vázquez dixo en rolda de prensa o que todos sabemos do que é a Copa e por extensión ainda que non o dixo, o que é a Primeira División Española : "A Copa está montada para que os equipos grandes sexan os que cheguen ata o final. Debería ser a partido único porque eso sería o Xusto”. pero para él ten algo de positivo ista competición : “Se ten algo positivo é que os chavales teñen minutos e poden demostrar que son profesionais. Quizáis sexa o obxetivo máis importante”.


 
LIGA GALEGA INFANTIL: VAL DO ULLA 3-2 CF DUMBRÍA: "CUMPLE O EQUIPO DUMBRIÉS PLAGADO DE BAIXAS".
Mércoles, 15 Maio, 2013 Enviado por Pirata
Copa do Rei


VAL DO ULLA 3-2 C.F DUMBRIA


-Por Gabriel Formoso-

En "cuadro"...así foi como se presentou o CF Dumbria no Campo do Coto, con ata 9 baixas, e baixas moi importantes como : a do capitan Pablo , o porteiro Gabriel , o central Jose , ( estes por lesion ), e por outros motivos : Daniel Fidalgo , Saulo , Esteban , Unai , Dani  e David . Pese a todo non fixo o equipo do Conco un mal partido .

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para ver toda a CRÓNICA.


 
MALLORCA 0-0 DEPOR: "REGALANDO ELIMINATORIA EN NAS BALEARES"
Xoves, 29 Novembro, 2012 Enviado por Pirata
Copa do Rei


Mallorca 0-0 DEPOR 

"Regalando eliminatoria nas Baleares"

Primeira metade

Moitos trocos en ámbolos dous conxuntos.Oltra fixo un once inédito no que por forza maior tiveron que xogar Aythami e Pizzi.Dominou e controlou o equipo deportivista a primeira metade con tres achegamentos de perigo.O máis craron un disparo de Pizzi que desviou a saque de curruncho Aouate.Os outros dous unha boa xogada en borde do área con internada de Juan Domínguez que lle da mal ao balón con todo para marcar.A terceira foi un balón a Bodipo estragado por ter que trocar de pe coa porta sen oposicón de frente.Por parte do osasuna a mellor ocasión chegou nun centro dende banda dereita deportivista a pau cambiado que Arizmendi remata fora de testa moi forzado.

Segunda metade

Dominio total e absoluto do Depor.O Mallorca deixoulle o balón aos deportivistas e non se arrugou ainda que tivese a todo o estadio asubiando.Posesións longas do equipo branquiazul que non aproveitou as ocasións que xenerou ante un Auate que sacou tres ou catro boas mans.O tempo de desconto foi de asedio a meta do ex deportivista con unha grandísima ocasión de Bodipo que tras tocar nun defensa ao cruce xunto co porteiro saeu lambendo o pau longueiro.O gol non chegou e a sensación que queda é que regalamos a eliminatoria.Germán Lux foi un mero espectador do encontro.

Mallorca: Aouate; Ximo, Nunes, Fontàs, Kevin; Martí, Javi Márquez; Alfaro, Gio, Marc Fernández e Arizmendi

DEPOR:
Germán Lux; Manuel Pablo, Aythami, Insúa, Evaldo; André Santos, (Valerón), Jesús Vázquez; Camuñas, Juan Domínguez, (Tiago Pinto), Pizzi, (Bruno Gama), e Bodipo

Síntese: O "Plan B"  deportivista funcionou ben, menos de cara a porta, ante un equipo moi "pobriño" coma o Mallorca ao que con un pouco máis de gañas meteríaselles unha "chosca".Iso sí xogando con un dianteiro polo menos, pois Bodipo só desborda "cariño", pero non asusta a ninguén.A sensación que nos queda vendo os dous encontros é que os suplentes do Depor son mellores que os mallorquíns e que lles regalamos o pase a aseguinte rolda na que se verán as caras co Sevilla.No contexto da eliminatoria os baleares pasan sen haber feito "nada de nada" e o depor queda fora sen preder tralos dous empates o da Coruña con goles, (1-1), nun encontro no que foi superior o noso equipo e no que houbo un penalti no minuto un por "parada" ca man dun central dentro do área.
Vise as craras que non interesa seguir na Copa coas prisas na liga.


 
NOVAS BREVES DO DEPOR:
Mércoles, 28 Novembro, 2012 Enviado por Pirata
Copa do Rei

                 Hai que remontar un empate a uns da ida.

NOVAS BREVES DO DEPOR

-A prioridade para José Luis Oltra é a liga: "Para mí, todo partido en que representas a un club y, si encima, es oficial, es importante y el objetivo es pasar ronda, pero tengo claro que la prioridad es la Liga. Si me preguntas si prefiero clasificarme o ganar al Betis, no hay duda", dixo en rolda de prensa na que manifestou sobre que de todos modos vai a pola crasificación: "Voy a poner el mejor equipo para pasar de ronda y, para conseguirlo, hay que marcar gol, jugar bien ante un rival al que todos conocemos y que es complicadísimo. El objetivo es marcar y clasificarnos".

Seguen as novas breves do Depor se premes abaixo en "Ler a nova completa..."


 

    1234   >

Theme creado por dev-postnuke.com