Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
JULIO LEMA

 
CURRO PESCA
 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
CAFÉ BAR OASIS

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
CLASIFICACIÓNS
 
LIGAS FÚTBOL 8
 
FÚBOL SALA COSTA DA MORTE
 
FÚTBOL SALA FEMININO/MASCULINO
 
CLASIFICACIÓNS F. VETERANOS COSTA
 
Menú principal

 

Tema: Pirata-News

Los artículos publicados en este tema son los siguientes.

    12345   >

TRAS MOITA LOITA...ESTAMOS DE VOLTA EN WWW.PIRATASDEMUXIA.ES, (RESUMO DESTES DÍAS NO NOSO DEPORTE).
Xoves, 04 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Pirata-News
LOITANDO CONTRA OS PROBLEMAS


-Foron 9 días de "loita" por voltar a normalidade-
-Gracias aos centos de mensaxes que recibimos de preocupación-

Todo comezou o pasado 25 de Setembro cuns traballos de mantemento na web. Unha caida do servidor e a desaparición ao reactivar todo, de arquivos na base de datos. Falta de axuda e desinformación por parte do servidor, e un árduo traballo para tratar de recuperar o perdido. Por poñer un exemplo, desapareceran os milleiros de fotos publicadas nos máis de 11 anos da web. Por fin tras 9 días de traballo, conseguimos recuperar a maioría do perdido, e tratando de recuperar o 10% da web. Estamos a traballar nunha nova e máis moderna, pero ainda é un traballo de moito tempo. Agora xa de volta, nada máis que agradecer os centos de mensaxes que recibinos preocupándose, pois ata pensaban que nos pasara algo grave. Esta caida da web cortou o mellor mes de Setembro dende 2007, un mes no que non baixamos das 23.000 visitas ningún día, pero o importante é que estamos de volta. Foron 9 días nos que nos demos conta da grande cantidade de información que vos traemos, por ver todo canto non puidemos poñer, que nos mandaron, xogadores, adestradores, diretivos, afeccionados, clubes, etc...Aquí tedes un pequeno resumo do que pasou nestes 9 días nas diferentes categorías que levamos...Abre a nova ao completo para ver todo.


Segue co resumo da semana...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..."
para VER MÁIS.


 
PROBLEMAS NA WEB...
Martes, 02 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Pirata-News



ESTAMOS CON PROBLEMAS

Por mor dun problema co servidor cando estábamos con operacións de mantemento da web, borráronsenos varios arquivos da base de datos, que impiden que traballemos con normalidade, polo que vos pedimos dispculpas a espera de que nos sexa arranxado o problema e poder traervos de novo toda a información .

Disculpas, unha aperta e gracias.


 
XA PODES PASARTE A VER TÓDOLOS RESULTADOS DAS DIFERENTES LIGA QUE LEVAMOS.
Domingo, 16 Setembro, 2018 Enviado por Pirata
Pirata-News
RESULTADOS


O Camelle derrotaba na mañán deste Domingo ao Sporting Seaia.

-Pásate polas nosas clasificacións a ve os resultados da fin de semana-

-Tódalas ligas activas actualizadas-

Podes pasaRte a veR como quedaon os equipos na 2ª División Nacional, Terceia Galega, Preferente Norte, 1ª Galicia G2 e as que iniciaron esta fin de semana. A Liga da Costa, (2ª Galicia G2 "A Costa"), 3ª da Costa, (3ª Galicia G4 "A Costa"), División de Honra de Veteranos G1 "Costa da Morte", 1ª Galicia de Veteranos G1 "Costa da Morte", Xuvenís da Costa, (1ª Autonómica Xuvenil G2, "A Costa"), e a 2ª División Feminina Grupo 2 e Grupo 3. Pásate polas nosas "Clasificacións" a esqueda da portada da web e preme sobre a liga que queiras consultar. Durante o día de mañán irémosche facendo chegar as crónicas das diferentes ligas.


Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..."
para VER MÁIS.


 
ESTE LUNS 17 DE SETEMBRO ÁBRESE O PRAZO DE INSCRICIÓNS PARA AS ACTIVIDADES DEPORTIVAS MUNICIPAIS DE MUXÍA.
Venres, 14 Setembro, 2018 Enviado por Pirata
Pirata-News
ACTIVIDADES DEPORTIVAS

O "Spinning" é unha das modalidades das actividades deportivas muxianas.

-O luns 17 de Setembro abre o prazo para inscricións
nas Actividades Deportivas Municipais de Muxia 2018/19-

Este vindeiro luns 17 de Setembro, abre o prazo para a inscrición nas Actividades Deportivas Municipais do Concello de Muxía para a campaña 2018/19. Unhas actividades nas que participan un gran número de persoas de tódalas idades, que disfrutan de facer deporte en moitas modalidades e por un custo moi reducido. Como nos explica Diego Castiñeiras, técnico de deportes do concello muxián : "A oferta deportiva vai dirixida tanto á poboación infantil como á poboación adulta, propoñendo actividades orientadas ás condicións de cada sector poboacional. As actividades deportivas propostas terán lugar nas instalacións do Polideportivo Municipal, Ximnasio Municipal e escolas das distintas parroquias". Abre a nova o completo para ver as actividades e as datas de inicio.


Segue coa previa...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..."
para VER MÁIS.



 
SUPERÁMOLOS 59.000 USUARIUOS REXISTRADOS EN WWW.PIRATASDEMUXIA.ES...GRACIAS A TODOS!!!...
Luns, 02 Xullo, 2018 Enviado por Pirata
Pirata-News

-Impresionante o voso seguimento-
-Superámolos 59.000 usuarios rexistrados sen ser obrigatorio-

Estes días que diversos medios están a presumir do seu crecemento e das subidas de audiencias, nos tamén queremos sacar peito, e sendo unha "web caseira", sen axudas de ninguén, tan só o importantísimo apoio de algúns amigos que nos axudan ca sua pubricidade, e con moito traballo, podemos presumir de que temos máis de 59.000 usuarios rexistrados, que o fan porque queren formar parte da "Familia Pirata", pois está a web totalmente en aberto. Por todo iso e polos máis de 20.000 que nos seguides a diario dende todo o mundo, con antre 20.000 e 37.000 visitas o día, que nos convirten no medio de comunicación máis seguido da Costa, superando a xornais e radios xeralista, e por enriba de tódalas webs que pululan pola zona no que se refire ao noso deporte e ao Depor...a todos : GRACIAS POR ESTAR AÍ!!!...

Segue...


Preme abaixo en "Ler a nova completa" para VER MÁIS...


 
LOITO NA NOSA WEB POLA "MORTE SÚBITA" DE ÁLEX BLANCO XOGADOR XUVENIL DO CP CALASANCIO.
Xoves, 28 Xuño, 2018 Enviado por Pirata
Pirata-News
-LOITO NO FÚTBOL GALEGO-


Álex Blanco, (D.E.P.)

-Alex Blanco do CP Calasancio morre durante un encontro-

-A nosa web ten o crespón de loito na sua memoria-

Se fai pouco máis dunha semana tíñamos a triste nova do pasademento do xogador do CF Lira, Isma e a sua irmán en accidente de tráfico e polo que colgábamos durante unha semana o crespón de loito na sua memoria, hoxe chegábanos a tráxica nova de que o xogador do lucense CP Calasancio de 18 anos, Álex Blanco, (D.E.P.), desmoronábase esta mesma madrugada xogando un torneo de fútbol sala, para máis tarde certificarse a sua morte, por un máis ca posible feito de "morte súbita", como lle ocorrera fai un par de anos ao cadede do Muxía CF, Abadoulaye Fall. Álex xogaba co equipo denominado "Náufragos" nun torneo en terras monfortinas, de onde é natural e na que os seus pais son mestres de escola. O noso máis grande pésame para a sua familia e amigos e para o CP Calasancio que nas redes despedía ao rapáz cun emotivo : "Honradez, humildad, educación... El destino te arrebata de nuestras vidas, nunca lo podrá hacer de nuestros corazones, te queremos. D. E. P. Alejandro Blanco Regalado", ao que nos unimos plenamente e colgaremos na sua memoria o crespón de loito na nosa web.


 
Versión imprimible  
LOITO NO FÚTBOL DA COSTA PÒLO PASAMENTO DE ISMA SANLI E A SUA IRMÁN AINARA.
Martes, 12 Xuño, 2018 Enviado por Pirata
Pirata-News
LOITO NO FÚTBOL DA COSTA


O "Agra de Filgueira" acollerá a final infantil.

-Loito polo pasamento do xove Ismael xogador do CF Lira e a sua irmán-

A nosa web terá o crespón de loito durante estes días en sinal de dor na memoria de Isma Sanli, xove xogador do CF Lira de 20 anos, e gran seguidor da nosa web, e a sua irmán Ainara de 14, (Descansen en Paz), que morreron nun accidente de tráfico acaecido na tarde de onte en Carnota. As nosas condolencias e tódolos ánimos do mundo para a sua familia e amigos e a toda a familia que forma o CF Lira


 
Versión imprimible  
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓNS PARA A "3ª TRAVESÍA A NADO CAMARIÑAS-MUXÍA".
Luns, 04 Xuño, 2018 Enviado por Pirata
Pirata-News
 



-Aberto o prazo de inscripción para a "3ª Travesía a nado Camariñas-Muxía"-

Os concellos de Camariñas e Muxía informan da apertura do prazo de inscrición para participar na 3ª Travesía a nado Camariñas-Muxía. O evento, organizado polos ambos concellos, celebrarase o vindeiro sábado 7 de xullo e a inscrición, que terá un custo de 10 €, poderase formalizar a través da plataforma www.championchipnorte.com ata o mércores  4 de xullo as 23:59 horas. Poderán participar todas as persoas nadas no ano 2000 e anteriores, que terán que percorrer os 2500 metros en liña recta que separan o Náutico de Camariñas da Praia do Lago de Muxía.

Segue ca información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
ATLETISMO : "O MUXIÁN JOSÉ MANUEL PÉREZ "ANCHO" 3º NA MARATÓN DE 5 KMS DE CORNELLÁ".
Xoves, 24 Maio, 2018 Enviado por Pirata
Pirata-News
ATLETISMO

José Manuel "Ancho", 1º pola dereita.

-O muxián José Manuel Pérez 3º nos 5.000 de Cornellá-
-Fai unhas semanas disputou a Maratón de París-

O muxián José Manuel Pérez Pérez, "Ancho", que pode presumir, antre outros moitos logros, de ter no seu haber a Maratón de Barcelona, sendo un afeccionado que vai adestrar, cun clube modesto, ou mesmamente correr a carón de profesionais, despois de deixar o seu traballo na construcción, voltaba as pistas para probarse, (tras lesionarse do tendón na carreira barcelonesa deste ano), conseguindo rematar a Maratón de París, e este pasado Domingo 20 de Maio, corría para seguir collendo forma na "XVI Carreira Can Mercader-Almeda" de Cornellá, conseguindo unha brilante 3ª posición antre varios milleiros de corredores.
José Manuel, "Ancho", non ía a esta carreira ca idea de facer podio pero tivo boas sensacións : "Nesta carreira de 5 km, non quixen arriescar, era máis un exame a ver como respondía a perna, e respondeu ben, sin dores. Na carreira fun de menos a máis acabando forte e con boas sensacións, que é co que me quedo. Agora toca seguir adestrando e coller a forma pouco a pouco. En esta carreira quedei terceiro e agora meu obxetivo e competir o "mundial master", en Setembro que as probas que quero facer son, ou os 10 kms en pista, ou a media maraton". A nosa máis cordial noraboa a este corredor muxián que leva o nome de Muxía, da Costa da Morte e de Galicia polas pistas españolas e internacionais e ademáis da felicitación a ledicia de velo de novo recuperado e moito mellor con un éxito coma este.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
O MAPA PIRATA : "REMATOU A PEOR LIGA DA HISTORIA DA 1ª DIVISIÓN".
Luns, 21 Maio, 2018 Enviado por Pirata
Pirata-News
O MAPA PIRATA

Nesta liga os colexiados fan o que queren cos menos podentes.

-Rematou a peor liga da historia-


Este pasado Domingo 20 de Maio, rematou por fin a peor liga de 1ª División da historia. E non me vou a referir ao Depor, que fixo dos peores números da sua historia, en moitas facetas, e cunha plantilla moitísimo mellor ca dos derradeiros anos, pero na que se fixeron mal moitas cousas, tanto dende a diretiva e adestradores, coma dos xogadores e que deu pé o descalabro final, máis ca merecido. Voume a referir a esa liga a que chaman os dos programas "asquerosas" e partidistas de televisións e radios, que só debaten e miran para 2 e as veces 3 lados e o resto que lles den. Tanto aos equipos coma os afeccionados e aos socios, que somos maltratados dende eles ata a LFP e a RFEF. Chámanalle a liga das estrelas, a mellor do mundo a unha liga na que cada ano as diferenzas alónganse máis e o primeiro acaba a anos luz do derradeiro. Este ano con 73 puntos antreo primeiro o Bracelona e o derradeiro o Málaga CF. Un campión que xa o foi dende o Nadal polo que xa non houbo loita polo título. Tampouco houbo loita pola Champións ata o final, nen para a Europa League, nen siquera para o descenso. Varias semanas antes de chegar a esta derradeira xornada, xa estaba todo decidido, sen facer falla carruseis polos campos a ver quen se metía nunha loita ou noutra, que entraba, quen saía...nada de nada. A mellor liga do undo a das diferenzas, acabou sen xente que fose aos campos siquera, en moitos casos cas noivas e familiares dos xogadores vendo o encontro...Competitividade ao 100% en posición de "Stand be"...Segue o artigo...

Segue o artigo...


Preme abaixo en "Ler a nova completa..."
para VER MÁIS.


 
AMBENTAZO E FÚTBOL PRAIA DE QUILATES NA PRAIA DE OSMO CON ÉXITO TOTAL EN TÓDOLOS ASPECTOS.
Luns, 21 Maio, 2018 Enviado por Pirata
Pirata-News
FÚTBOL PRAIA INTERNACIONAL
 
Sábado e Domingo o espectáculo do fútbol praia chaga a Costa da Morte.



-A Praia do Osmo foi unha auténtica festa do fútbol praia mundial-

O areal cormelán do Osmo, ao cal lle voltaron a outorgar á bandeira azul hai uns días, foi testigo da gran festa do fútbol praia mundial que organizaron Amarelle Sport Group, a Asociación Deportiva Vidú e o Concello de Ponteceso, en colaboración da Real Federación Galega de Fútbol, e da cal gozaron máis dun millar de persoas. Unha gran xestión feita polas catro entidades nomeadas anteriormente, fixo que os mellores xogadores do mundo de fútbol praia estivesen sobre a area da Praia do Osmo, (Corme), para facer as delicias de todos aqueles que se achegaron a gozar de dúas xornadas de puro espectáculo. Abre a nova para ver toda a información.

Segue con toda a nformación...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
DURANTE VARIAS HORAS TIVEMOS UNHA CAIDA DA WEB POR UN ATAQUE A BASE DE DATOS.
Martes, 15 Maio, 2018 Enviado por Pirata
Pirata-News
ATAQUE A BASE DE DATOS


-Caida da web durante varias horas-

Esta madrugada e ata pasadas ás 11:00 horas tivemos unha caida da web. Ante a protección da base de datos o que fixeron foi poñer un parche que facía que o poñer a dirección da web en lugar de levar a mesma poñía unha mensaxe na que calificaba a web de "non segura"  e pedía unha contraseña para entrar. O problema foi arranxado polo noso servidor e xa funciona correctamente. Esta é a terceira vez que sufrimos un ataque. O primeiro foi nefasto pois non estaba protexida a base de datos e fundíronnos todo. Parece que a algúns non lles gusta cando se fala a verdade sen tapuxos, pero nos non somos xente a soldo que ten que decir o que marca a empresa para a que traballa e non a realidade do que pasa no noso deporte...Hai un dito mariñeiro para amosar que se di a verdade : "Pola verdade o auga". Pois así somos e seremos a hora de defender a verdade e criticar a inxustiza, o maltrato e o roubo.

Segue...


Preme abaixo en "Ler a nova completa" para VER MÁIS...


 
HOXE EN CORME PRESENTACIÓN DO TONEO INTERNACIONAL DE FÚTBOL PRAIA : "PRAIA DE OSMO".
Luns, 14 Maio, 2018 Enviado por Pirata
Pirata-News
FÚTBOL PRAIA INTERNACIONAL
 
Ramiro Amarelle, (centro) con Belchior, (esq) e Benjamín, (der).

-Hoxe presentación do
"I Torneo Internacional de Fúbol Praia "Praia de Osmo"-
-Será en Corme ás 21:00 horas-
 

Hoxe a partires das 21:00 horas terá lugar a  presentación del I Torneo Praia do Osmo, evento en el que participarán

grandes estrelas do fútbol praia mundial. Finalmente, e tras un troco de escenario por diversos motivos a

presentación será no Apart Hotel Playa de Osmo (Corme) , participarán Ramiro Amarelle, mellor xogador da

historia de fútbol praia e xerente de Amarelle Sport Group; Martín Varela, ex tenista profesionale presidente da

Asociación Deportiva Vidú; Lois García, alcalde de Ponteceso; e Marco Varela, concellal de deportes do

Concello de Ponteceso.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
"ANDUJAR : CORTINAS E ROUPA DA CASA" , NOVO COLABORADOR PUBLICITARIO DA NOSA WEB.
Venres, 11 Maio, 2018 Enviado por Pirata
Pirata-News
NOVO COLABORADOR


-"ANDUJAR : Cortinas e Roupa da Casa"-
-Únese aos colaboradores de www.piratasdemuxia.es-

"ANDUJAR : Cortinas e Roupa da casa", únese as empresas, negocios, e amigos que queren colaborar connosco e elixen www.piratasdemuxia.es, para publicitarse. Unha tenda na que non só se vende os artigos necesarios para vestir a tua casda, senón que te atoparás con profesionais que crearán para tí esa idea que tes e que quixeras facer, no relacionado a cortiñas, estores, coxíns, colchas, edredóns,e todo o concernente a vestir a dua casa, con calidade e sobre todo agarimo. Atoparalos en pleno Vimianzo, ao teu servizo, tanto en persoa na sua tenda da Rúa Trasaríz Nº 8 como por teléfono no 981 71 60 68.

Ti tamén podes colaborar connosco e poñer a tua publicidade por moi pouco o ano e axudarnos a funncionar. Somos o medio de comunicación máis seguido da Costa con máis de 58.000 usuarios rexistrados sen ser de obriga facelo, e con antre 20.000 e 37.000 visitas ao día. Contacta connosco no 626 72 00 47 ou nos correos que aparecen nas publicidades das nosas noticias, por moi pouco chegarás a milleiros de persoas e cun amplo exspectro de pobos que nos seguen a nivel local, galego, español e internacional.



 
AS ESTRELAS DO FÚTBOL PRAIA MUNDIAL XOGARÁN EN CORME NUN TORNEO OAS DÍAS 19 E 19 DE MAIO.
Luns, 07 Maio, 2018 Enviado por Pirata
Pirata-News

FÚTBOL PRAIA INTERNACIONAL


Belchior, (roxo), será un dos que estarán xogando en Corme.

-As grandes estrelas do fútbol praia mundial xogarán en Corme-
-Será os vindeiros días 18 e 19 de Maio-

Unha gran xestión realizada por Amarelle Sport Group, a Asociación Deportiva Vidú e o Concello de Ponteceso, en colaboración coa Real Federación Galega de Fútbol, fixo posible que os próximos 18 e 19 de maio, Corme se convirta na capital do fútbol praia mundial. Durante dous días, a praia cormelana do Osmo convertirase nunha auténtica festa do fútbol praia na que a xente da Costa da Morte poderá gozar de xogadores de talla mundial
. Un evento único e irrepetible o que nos van a ofrecer que porá a nosa zona no mapa mundial diste deporte. Abre a nova o completo para ver a información.

Segue con toda a información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
SUPERÁMOLOS 38.000 USUARIOS NA WEB...GRACIAS A TODOS!!!.
Venres, 04 Maio, 2018 Enviado por Pirata
Pirata-News
NOVO LOGRO DA NOSA WEB


-Superámolos 58.000 usuarios rexistrados-
-Somos o medio de comunicación máis seguido da Costa-


Unha vez máis non podemos máis ca darvos as gracias por semellante seguimento e ver non só as dúcias de milleiros de visitas que temos ao día, senón que xa superemos os 58.000 usuarios rexistrados na web, sen ser obrigatorio o rexistro, pois temos a web totalmente en aberto...GRACIAS!!!


Segue coa información...


Preme abaixo en "Ler a nova completa" para VER MÁIS...


 
BOTOU A ANDAR EN MUXÍA A "ESCOLA DE XADREZ CONCELLO DE MUXÍA".
Martes, 20 Marzo, 2018 Enviado por Pirata
Pirata-News
ESCOLA DE XADREZ

A Escola de Xadrez de Muxía ten participantes de tódalas edades.

-Hoxe comezou a Escola Municipal de Xadrez Concello de Muxía-
-Un total de 25 inscritos abriron a escola-
-Segue aberto o prazo de inscripcións-

Tal e como xa vos apuntábamos a pasada semana o "Salón do Voluntariado" do Edificio de Servizos Múltiples da Camposa, (Muxía)
, foi testemuña da presentación da "Escola Municipal de Xadrez Concello de Muxía", na que o alcalde muxián Félix Porto, amosaba seu desexo de que : "A escola creza e se consolide para chegar a ser un referente. Os medios xa os poñemos con esta primeira pedra e agora todo dependerá da resposta dos amantes diste deporte". Na presentación estivo o Gran Mestre do Xadrez, David Lariño, que xogou unha partida simultanea con 18 xogadores de diversas idades. Tamén estivo presente e participou na partida Santi Pérez un dos fundadores do Clube de Xadrez Cabo Touriñán, clube seminal diste deporte na Costa da Morte. No día de hoxe comezou a escola con 25 participantes de diferentes idades en horario de 18:00 a 19:00 horas para "iniciación" e de 19:00 a 21:00 horas para perfeccionamento. A escola tamén estará aberta mañán mércores e o venres nos mesmos horarios. Martes, mércores e venres, son os días que funcionará cada semana esta nova alternativa deportiva muxiana, para a que calquera que queira se pode inscribirse en calquer intre, tanto acudindo para apuntarse o propio recinto da Camposa, como na oficina de deporte do concello muxián.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
PRESENTADA A ESCOLA MUNICIPAL DE XADREZ CONCELLO DE MUXÍA.
Venres, 16 Marzo, 2018 Enviado por Pirata
Pirata-News
ESCOLA DE XADREZ

O alcalde muxián Félix Porto, fixo a presentación da nova Escola de Xadrez.

-O Concello de Muxía presentou a sua nova Escola Municipal de Xadrez-
-David Lariño un "crack" internacional xogou 18 partidas simultaneas-
-Segue aberto o prazo de inscripcións-

Tal e como xa vos apuntábamos onte, na tarde de hoxe venres  o "Salón do Voluntariado" do Edificio de Servizos Múltiples da Camposa, (Muxía)
, foi testemuña da presentación da "Escola Municipal de Xadrez Concello de Muxía", para a que ainda está aberto o prazo de inscripcións. O acto de presentación correu a cargo do alcalde muxián Félix Porto, que amosou o seu desexo de que : "A escola creza e se consolide para chegar a ser un referente. Os medios xa os poñemos con esta primeira pedra e agora todo dependerá da resposta dos amantes diste deporte". Non se esqueceu o rexidor muxián dos membros do Clube  de Xadrez Cabo Touriñán", estando presente un dos seus fundadores, Santi Pérez. segundo Porto : "Todo esto non sería posible sen o traballo que fixo xente coma Santi co Club de Xadrez Cabo Touriñán, que sementaron o interese polo xadrez en Muxía e na zona e conseguiron traer ata nós a algúns dos mellores xogadores do mundo, e crear escola antre os máis novos e os non tan novos"...(abre a nova completa para ver o resto da información).

Segue con toda a información...


Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
MAÑÁN VENRES PRESENTACIÓN NO SALÓN DO VOLUNTARIADO DE MUXÍA DA NOVA ESCOLA DE XADRÉZ CON PARTIDA SIMULTANEA DO GRAN MESTRE DAVID LARIÑO.
Xoves, 15 Marzo, 2018 Enviado por Pirata
Pirata-News
ESCOLA DE XADREZ

David Lariño Gran Mestre xogará unha partida simultanea.
(Foto : ajedrezypunto.blogspot.com).

-O Concello de Muxía presenta a sua nova Escola Municipal de Xadrez-
-Será mañán venres no Salón do Voluntariado-
-Haberá partida simultanea co "Gran Mestre", David Lariño-

O venres 16 de marzo, ás 18:00 horas, no "Salón do Voluntariado" do Edificio de Servizos Múltiples da Camposa, (Muxía)
, farase a presentación da "Escola Municipal de Xadrez Concello de Muxía", para a quie ainda está aberto o prazo de inscripcións. O acto de presentación correrá a cargo do alcalde muxián Félix Porto, no que tamén intervirá o mestre da escola, David Lariño, todo un campión de España, Mestre Fide  (MF) en 2004, Mestre internacional en 2006 e Gran Mestre, (GM), en  2013. A posta en marcha da nova  Escola Municipal de Xadrez, dará comezo o martes 20 de Marzal.

Os/as asistentes terán a oportunidade de xogar unhas partidas de xadrez simultáneas contra todo un campión como é David Lariño, e codearse por uns intres, contra un xogador de nivel internacional...(abre a nova completa para ver o resto da información).

Segue con toda a información...


Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.
Xoves, 08 Marzo, 2018 Enviado por Pirata
Pirata-News


 
Versión imprimible  

    12345   >

Theme creado por dev-postnuke.com