Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
JULIO LEMA

 
CURRO PESCA
 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
CAFÉ BAR OASIS

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
Menú principal

 

Tema: Fabril News

Los artículos publicados en este tema son los siguientes.

    12345   >

ROLDA DE PRENSA DA PRESENTACIÓN DE LUISITO COMO ADESTRADOR DO FABRIL.
Mércoles, 06 Febreiro, 2019 Enviado por Pirata
Fabril News
-ROLDA  DE PRENSA-

Luisito amosou moitas gañas como en él é habitual.

-Luisito : "Guilherme díxome que nen o pensara duas veces en vir para aquí"-

Luisito, foi presentado en rolda de prensa como novo adestrador do Fabril e como nél é habitual, amosouse con moitas gañas e a pesares do complicado do reto de salvar o filial deportivista do descenso, está convencido de que : "Con traballo todo se pode lograr, hai que traballar, traballar e traballar, e pensar só en gañarlle o Burgos, e así coma unha carreira".

O noso maior desexo de que trunfe, pois é un pracer que un adestrador galego colla o equipo, e co coñecemento de Luisito o pracer é maios de telo no clube...Abre a nova ao completo para ver as verbas de Luisito.

Segue coas verbas de Luisito en rolda de prensa...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
O XOVE DIANTEIRO JUANITO CEDIDO POLO NEWCASTLE O DEPORTIVO.
Mércoles, 31 Xaneiro, 2018 Enviado por Pirata
Fabril News
DEPOR IN BRIEFF

Juanito novo xogador do Fabril, (Foto : Twitter do xogador).

-Juanito do Newcastle cedido o Fabril-

O dinateiro Juan Jesús Núñez Cumbreras, "Juanito", feito na canteira do Recreativo de Huelva e que foi fichado polo Newcastle inglés no 2016 por dous pagos de 10.000 e 20.000 uros, en idade xuvenil, foi cedido ao Depor, con toda probabilidade para xogar no Fabril, habida conta das baixas que atesoura o filial deportivista, que terá ao seu maior expoñente na dianteira o panameño Ismael Díaz de baixa sen data de recuperación tras tr problemas nun xeonllo no que xa tivera unha lesión estando no Porto FC e ao que se lle está a facer un tratamente regenerativo a espera da evolución. Juanito amosábase oi contento por vir a Coruña e así o faía ver no seu Twitter : "Encantado de Haber firmado para el Deportivo en préstamo por el resto de temporada. No puedo esperar más para empezar!!!".

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
MAÑÁN O "XXXIV TROFEO MANOLO MARTÍN" EN RIAZOR.
Luns, 07 Agosto, 2017 Enviado por Pirata
Fabril News
FÚTBOL DA COSTA

                  
Ultimamente estaba a xogalo unha Selección da Costa.

-Mñaán o "XXXIV Trofeo Manolo Martín" en Riazor-
-Xogarano o Fabril e o Real Madrid/Castilla-

Mañán a partires das 18:30 horas volve o "Trofeo Manolo Martín" que chega a sua 34ª Edición, creo que en torno a 30 disputáronse en Muxía. Un trofeo que sempre foi benéfico, para axuda de fillos de mariñeiros estudantes, para axuda do CF Muxía e desta volta para axuda da restauración do retábulo do Santuario da Nosa Señora da Barca que ardera tras un cortocircuito no Nadal do 2015. O encontro amigable que se disputará no Estadio de Riazor terá unha vez máis coma invitado especial a Arsenio Iglesias, que fará o saque de honra e que participou directa ou indiretamente en moitos deles. "O Zorro de Arteixo", fará o saque de honra. O propio avogado muxián Manolo Martín, ex xogador do clube da Vila da Barca, orgañiza este encontro, polo que os socios deportivistas do clube se queren ir velo, terán que pasar por taquilla, co prezo solidario de 5 euros e os nenos de balde tras retirar a invitación na Oficina de Atención o Socio ou no Corte Inglés.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
SORTEADO O CALENDARIO DA 2ª B 2017-18.
Mércoles, 26 Xullo, 2017 Enviado por Pirata
Fabril News
SEGUNDA B

-Sorteado o calendario da 2ª B 2017/18-

-Fabril, Pontevedra e Coruxo comezan fora-

-Ferrol, Cerceda, Rápido e Vigo B na casa-

A RFEF deunos a coñecer os calendarios para a 2ª B 2017/18, unha tempada na que Fabril, Cerceda e Rápido de Bouzas retornan a categoría, polo que haberá un total de 7 equipos, co Racing de Ferol, Coruxo, Pontevedra  e C. de Vigo "B",  dos 20 equipos que compoñen o Grupo I, galegos, e tamén o noso veciño e medio galego o Ponferradina. En breves colgarémolo calendario completo nas nosas clasificacións. Na foto tedes a primeira xornada na que xa hai o primeiro derbi galego co Racing de Ferrol-Coruxo. A liga comeza o 20 de Agosto e remata o 13 de Maio do 2018, tras 38 xornadas.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICAS DA TERCEIRA DIVISIÓN NA XORNADA 6.
Luns, 26 Setembro, 2016 Enviado por Pirata
Fabril News

3ª División
-6ª Xornada-



Na 3ª División na xornada 6ª, o Fabril enfrontabase ao Órdenes, e en tan só quince minutos espectaculares sentenciou o encontro. O Órdenes acumula outra derrota e continua colista, namentras que o filial deportivista volta a senda da victoria. Borja Domingo, acadaría dous goles e Hugo Rama conseguiría o terceiro para o o Fabril.

No encontro entre o Bergantiños e o Castro, a victoria foi para os carballeses que foron moi superiores , a media hora de xogo acadaba o seu primer gol por medio de Álex Pérez, no 67´marcaría Rodri e Piñeiro sentenciaría o encontro no minuto 77.

Empate entre o Silva e o Alondras, nun encontro moi emocionante, no que este último  soupo remontar un 3-1 en contra nos últimos minutos do partido.



   Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
PREVIA PROMOCIÓN DE ASCENSO A 2ª B : "CERCEDA O SÁBADO, FABRIL E CHOCO O DOMINGO".
Venres, 10 Xuño, 2016 Enviado por Pirata
Fabril News
PROMOCIÓN DE ASCENSO A 2ª B
-Volta de Semifinais-

                                     Otero, (esq) e Pinchi, (der), marcaron os goles da ida.

-O Cerceda xoga mañán sábado-
-Fabril e Choco xogarán o Domingo-

Antre mañán sábado e pasado Domingo xoganse os encontros da volta das Semifinais da Promoción de ascenso a 2ª B

O que primeiro disputará o seu encontro dista volta de semifinais, será o Cerceda, que no medio dunha gran festa recibe ao CD Azuqueca no Roxo a partires das 17:00 horas, coa arbitraxe de Carlos Pérez Fernández. O encontro de ida acabou 1-1.

Para Domingo quedan os encontros do Fabril e o Choco. O Fabril visita ao Navalcarnero a partires das 18:00 horas, no Mariano González, coa arbitraxe de Óscar Sánchez Arias. Os fabrilistas deben facer bo o 2-1 da ida en Riazor. Un encontro no que os branquiazuis foron tremendamente superiores e no que mereceron moito máis, pero ese gol de libre direto, (único tiro a porta dos madrileños), fai que non se poidan confiar. Pola sua banda o Choco, é o que máis complicado o ten, pois debe ira a gañar despois do 1-2 da ida. O encontro que comezará ás 11:30 horas na "Ciudad deportiva del Real Zaragoza", estará arbitrado por Javier Flores Carrasco.


 
PROMOCIÓN A 2ª B : "FABRIL E CHOCO COMEZAN NA CASA, CERCEDA FORA".
Luns, 30 Maio, 2016 Enviado por Pirata
Fabril News
PROMOCIÓN DE ASCENSO A 2ª B
-2ª Eliminatoria-

                 O Fabril recibe o Navalcarnero.

-Fabril e Choco comezan na casa, Cerceda fora-
-Os encontros de ida o Domingo 5 de maio-

O Fabril, comeza xogando na casa e terá como rival nesta segunda eliminatoria polo ascenso a 2ª B, ao CDA Navalcarnero, equipo que ven de eliminar ao tenisca, perdendo por 2-1 na ida e gañando por 2-0 na volta. Tamén o Choco comeza xogando como locatario, e o seu rival será o RZ Aragón que ven da eliminatoria de campións de 3ª, na que empataba a ceros co Mallorca B e caía en Mallorca por 2-0. Pola sua banda o Cerceda comezará a eliminatoria fora, visitando ao CD Azuquena que derrotaba na anterior eliminatoria no seu campo ao Arroyo por 1-0 e facía valer o dorbe valor dos goles, ao perder por 2-1 na casa do Arroyo.

Tódolos encontros o Domingo 5 de Maio.


 
3ª DIVISIÓN: "PARTIDAZO DO FABRIL ANTE O BOIRO"
Domingo, 05 Abril, 2015 Enviado por Pirata
Fabril News
3ª DIVISIÓN


Fabril 4-2 Boiro

Víctor Fernández segue a darlle o lombo a canteira deportivista, (onde andará Fernando Vázquez), e namentras ten xente coma Riera, que non lle marca un gol ao "arco da vella", tendo rapaces no Fabril, que coa morea de oportunidades que lle da o catalán, terían feito moito máis, por gañas e calidade, seguen a amosar que teñen dereito a unha oportunidade. O Fabril xogou un encontro dos de lembarra. Gañou, fixo goles e amosou unha enorme calidade ante o CD Boiro, que a pesares de marcar dous goles, veuse sempre desbordado por un equipo que a "bordou". Os preto dun milleiro de afecionados que pasaron por Abegondo, disfrutaron dun gran partido.

Fabril: David Gómez; Adrián, Róber, Iago, Jorge; Sam Piette (Santi Taboada, min 62), Queijeiro; Ángel (Cañi, min 67), Remeseiro (Juan, min 75), Cardoso; e Dani Iglesias.

CD Boiro: Rodri; Paco, Borja Outeiral, Carlos (Juanma Torres, min 43), Suso; Pablo Pillado, Padín (Sende, min 72); Armental, Gabi Sanín (Kevin, min 79), Añón; e Rubén Márquez.

Goles:  1-0, min 16: Ángel. 1-1, min 22: Rubén Márquez. 2-1, min 47: Dani Iglesias. 3-1, min 49: Cardoso. 4-1, min 52: Remeseiro. 4-2, min 61: Gabi Sanín.

Resto de resultados

Pontevedra 1-1 Barbadás

Bergantiños 5-0 Bertamiráns



 
AROUCA 1-1 FABRIL : "ISTES SÍ QUE CUMPRIRON".
Mércoles, 31 Xullo, 2013 Enviado por Pirata
Fabril News
AMISTOSO DE PRETEMPADA
-Arouca-Portugal-


Arouca 1-1 Fabril

No minuto un unha indecisión antre a defensa, acaba cun mal pase de Sidibé que lle da un gol en bandexa ao luso Pitisso.O choque na primeira metade transcurreu con moito mediocampismo e contadas ocasións.Con todo iso a maior posesión de balón deportivista propicio que aos 42 minutos de xogo empatase por medio de Dani Iglesias.

Comezou intimidando na segunda metade o equipo de José Luis Devesa, e puido rematar aos 50 minutos de xogo nunha xogada de tres para dous na que o disparo saeu fora  pegado a porta, tras un mal remate. Na seguinte puido desnivelar o equipo portugues pero parou bocaxarro o porteiro deportivista.
Para nada se veu que o equipo fabrilista fose de terceira e o portugués de primeira división.Ao final empate xusto por méritos de ambos.

Estes rapaces merecen o premio do primeiro equipo defendendo as cores namentras outros se agocharon, e sabendo que o equipo da sua vida estaba no patíbulo.




 
O DEPOR MANDA UNHA QUEIXA FORMAL A FEDERACIÓN POLOS INCIDENTES CO FABRIL.
Domingo, 07 Xullo, 2013 Enviado por Pirata
Fabril News
QUEIXA A FEDERACIÓN
-El Palo-Fabril-

               Marc Martínez, agarrado e acribillado a salibazos continuamente.


Queixa formal polos incidentes do encontro

Fal un día poñíamos no "Ruxe ruxe da rúa", unha protesta polo encontro do Fabril ante o El Palo en terras malagueñas, aludindo e dando voz as dúcias de emails, e comentarios que recibimos sobre a necesidade de que o clube deportivista pedise a Federación a impugnación do encontro e que se voltase a xogar en campo neutral e a porta pechada, pois o resultado estivo condicionado a todo o que aconteceu.Os xogadores ameazados de morte, escupitaxos, balóns ao campo cano o Fabril atacaba, agresión ao dianteiro Luis, insultos, agarróns por parte do púbrico aos xogadores cando se acercaban a banda, e ata tiveron que chegar a vestiarios acompañados dos antidistúrbios.

O clube mandou un escrito da Asesoría xurídica a Federación, nél non piden a anulación do encontro, pero mandan un vídeo con imaxes da TVG no que se pode apreciar o que tivo que vivir o Fabril, e fan unha protesta para que non volva a suceder.

Segue se premes abaixo en "Ler a nova completa...."


 
Promoción de ascenso a 2ª B, (Volta) : EL PALO-FABRIL - "CHOQUE DE XULGADO DE GARDA".
Venres, 28 Xuño, 2013 Enviado por Pirata
Fabril News
PROMOCIÓN DE ASCENSO A 2ª B
-El Palo-Fabril, derradeiro encontro-


O Fabril, afición e prensa galega, maltratados polo El Palo

Parece que o nome do equipo dí as craras o que é.Todo da a entender que o pasado Domingo o colexiado evitou pitar o penalti sobre Luis e expulsar ao meta andalúz, por medo visto o que está a ocurrir, que ben podería ser levado aos xulgados e a RFEF fai a vista gorda.Tralo encontro do domingo do que vos tivemos informados ao minuto, e que venceu o equipo fabrilista por 4-2, o adestrador dos deportivistas dixo que os xogadores foran "coaccionados" ata con ameñazas de morte por parte dos visitantes.Lonxe de suavizar o conto o clube malagueño, non concedeu entradas ao Fabril para os aficionados que queren ir apoiar o equipo, tampouco deron acreditacións a prensa galega, agás a TVG que ten comprado o encontro, non así a Radio Galega e as demáis radios.O que queira ir terá que coller alí as entradas, (se as hai), e sentarse antre o púbrico.O que está a pasar nista eliminatoria é de xulgado de garda.Agora que critiquen a Lendoiro por non deixar entrar, (sen pagar), a certos medios, cando dista volta nen pagando, só como púbrico, se quedan entradas, pois nen llas reservan.O Deportivo xa pideu protección policial e que un Delegado Federativo esteña presente no choque.Por outra banda Bertamiráns, Laracha CF e Portonovo están a expectativa do que fagan Fabril, SD Compostela e Celta B, para dar o salto a Terceira División.

Fernando Vázquez asistirá

O adestrador do depor, tivo onte unha xuntanza con lendoiro e Ernesto Bello, (coordinador das categorías inferiores), ata altas horas da madrugada.nela parece ser que se sentaron as bases do novo proxecto deportivista, e falouse de varios nomes que quer o adestrador e dos que se está a traballar para fichar.Podería haber novas nista semana ou entrada a que ven.Fernando, quer tres ou catro xogadores pero de calidade e a poder ser a renovación de Germán Lux e de Kaká, ao que ve con calidade suficiente para a Segunda División.Fernando Vázquez manifestoulle ao presidente a sua intención de acompañar a comitiva fabrilista e estar con eles apoiándoos no campo malagueño.


 
VÍCTOR DÍAZ, UNHA"PERLA LEONESA" NA CANTEIRA DEPORTIVISTA.
Martes, 18 Xuño, 2013 Enviado por Pirata
Fabril News


              Víctor leva 11 goles en 15 encontros.

Un leonés con moi boa pinta

Nun artigo aparecido no xornal leonoticias.com, dannos a coñecer un pouco a ista "perla" da canteira deportivista que "naceu"como xogador na Cultural Leonesa, equipo que ao igual que o Fabril está a loitar por voltar a 2ª B e co que estivo cando xogaron a Copa do rei ante o Barcelona.

Víctor Díaz (León, 1991) es otro de los ejemplos del éxodo de futbolistas leoneses de calidad. El filial del Deportivo de la Coruña disfruta de la calidad de este leonés que ahora aspira a ascender a Segunda División B, la misma meta que el equipo donde se formó como jugador, la Cultural y Deportiva Leonesa. 

Esta ha sido su segunda temporada en a  Coruña, donde llegó con toda la ilusión del mundo al fichar por el filial de uno de los equipos históricos del fútbol español.


Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para ver o resto do ARTIGO.


 
PROMOCIÓN ASCENSO A 2ª B: "OS EQUIPOS GALEGOS AS PORTAS DE ALGO HISTÓRICO".
Luns, 17 Xuño, 2013 Enviado por Pirata
Fabril News
PROMOCIÓN DE ASCENSO A 2ª B
-Eliminatoria final-


                      Marc Martínez, (Fabril), (Foto: Xosé Antón Boedo).


Os equipos galegos as portas de algo histórico

Co Coruxo, Racíng de Ferrol e Ourense xa na 2ª B, os tres equipos galegos que chegaron a eliminatoria final poderían acadar un fito hsitórico con pleno de ascensos, algo que nunca ningunha liga foi quen de facer.O Fabril que xogará o vindeiro Domingo en Riazor, tras aceptar a proposta do clube os xoagadores, terá como rival ao adversario máis complicado o Palos andalúz que foi campión do Grupo 9º da Terceira División.A SD Compostela verase as caras co Cieza da Comunidade de Múrcia e o Celta B, terá como opoñente ao historico equipo vasco Arenas de Getxo, (Biscaia).Todolos equipos comezarán xogando como locais e o vindeiro Domingo.

Espera con beneficios colaterais

Parecía todo unha quimera pero agora non o é tanto.Tralo ascenso do Racing de Ferrol, Coruxo e Ourense de ascender un dos tres equipos galegos que quedan, o Bertamiráns sería novo equipo de Terceira División.Se ascenden dous acompañaríaos o Laracha CF e se houbese pleno sería o Portonovo o que voltaría a Terceira Galega.


 
IMPORTANTE VITORIA DO FABRIL NA IDA DAS SEMIFINAIS DA FASE DE ASCENSO.
Domingo, 09 Xuño, 2013 Enviado por Pirata
Fabril News
FASE ASCENSO A 2ª B


 Importante
vitoria do Fabril

Fabril 2-0 Tuilla

Cheo ata a bandeira o campo da cidade deportiva "O mundo do futbol" do Deportivo para presenciar o encontro antre o filial deportivista e o equipo asturiano do Tuilla.Os goles de Víctor e Lemos, ambos na segunda metade dobregaron aos asturianos e danlle unha boa renda aos deportivistas para a vonta o vindeiro Domingo.A renda puido ser maior de non terlle anulado o colexiado un gol a Sidibé no tempo de desconto.

No resto de encontros con equipos galegos a SD Compostela derrotou ao San Juan por 3-0, cunha gran actuación do laxense Borja Facal, e o Celta B derrotou ao Mutilvera, (2-0).




 
FINAL DA COPA DIPUTACIÓN.
Xoves, 16 Agosto, 2012 Enviado por Pirata
Fabril News

Fabril 1-1 Compostela

(Penaltis 4-5)

O Fabril cedío a Copa Diputación ao caer na final na tanda de penaltis (4-5) ante o Compostela. O tempo reglamentario acabou con igualada (1-1).

As cousas non empezaron ben para os santiagueses, que mostraron moitas dudas nos primeiros minutos. Pola contra os deportivistas ue levaron o peso do partido e fixerónse donos do encnotro desesperando a un compos que non dspertarían ni co marcador en contra. Un fallo de Sidibe no súltimos minutos da primeira parte, permitio que Farnqueira anotara o gol do empate.

Na segunda parte, os equipos  cambiaronse os papeles. A expulsión de Jimmy por doble amarela a vinte minutos do final igualou as forzas. O marcador non se movío e os equipos chegaron ao final do encontro con o 1-1 no marcador. Os santiagueses estIveron máIs acertados nos penaltis.

Goles: 1-0. min.20, Cano; 1-1. min. 45, Franqueira

Fabril: Marc Martínez, Iván González, Rober, Uxío, Angel, Sidibe , Vela, Adrián, Dani Iglesias, Romar, Cano

Compostela: Adrián, Rendo, Jimmy, Manuel Castiñeiras, Mariño, Bautista, Franqueira, Kolman, Joselu, Diego Peláez, David Louro



 
PRESENTADOS NELSON OLIVEIRA E RODERICK MIRANDA, ANTE UN MILLEIRO DE DEPORTIVISTAS.
Martes, 31 Xullo, 2012 Enviado por Pirata
Fabril News



Oliveira e Roderick chegan con moitas gañas ao Depor

Os dous novos "turkogueses" do Depor foron presentados en Riazor e chegan con moitas gañas de axudar aos compañeiros e ao equipo.Pasaron os recoñecementos médicos e foron presentados ante un milleiro de aficionados.

Nelson Oliveira: "Soy un jugador joven, rápido, al que le gusta marcar goles y ayudar a los compañeros a cumplir los objetivos.Espero hacer un buen trabajo, poder ayudar al Deportivo y estoy con ganas de hacer las cosas bien".

O Depor xogará iste mércores a partires das 20:30 horas no Ánxo Carro ante o CD Lugo flamante equipo da 2ª División.Oltra convocou a toda a plantilla para iste choque.


 
TITO RAMALLO ABANDONA O CLUBE A FINAL DE TEMPADA.
Martes, 15 Maio, 2012 Enviado por Pirata
Fabril News

Despois de 11 anos abandonará a final de tempada.


"Tito Ramallo abandona a disciplina deportivista"


Despois de 11 anos vinculado ao Deportivo en especial as categorías de base.Como adestyrador do Fabril e como responsable do futbol base trala marcha de Ernesto Bello ao Zaragoza e que deixaría trala volta ao Depor do propio Erneto Bello.Tito Ramallo abandona por "mútuo" acoprdo desvincularse do clube que considera a marcha un "punto e aparte".

Tito manifestábase así no seu FaceBook:

A todos mis "amigos":
"Os quiero comunicar que después de 11 temporadas como entrenador de nuestro " Fabril " dejaré de serlo al final de la temporada .

Sé que muchos de vosotros estáis en mi facebook porque somos deportivistas, eso por supuesto nunca va a cambiar, y por eso quiero daros las gracias por el apoyo que siempre he recibido por vuestra parte.
Y a mis amigos de siempre deciros que gracias a todos por estar ahí. Un abrazo".



 
Cronicas da Terceira División na xornada 8.
Xoves, 13 Outubro, 2011 Enviado por Pirata
Fabril News

Terceira División (xornada 8)

Negreira 1-1 Cultural Areas

O Negreira e o Cultural Areas empataron a un tanto nun encontro no que os locales foron superiores, pero ao que lle pesou a falta de puntaría e que finalmente acabou pagando.O cadro local dominou o choque ao longo da primeira metade. Foi superior ao seu opoñente e dispuxo de varias ocasións para abrir o marcador antes de chegar ao descanso. O primeiro gol do partido chegou a sete minutos para o descanso., por medio de Capelo que nesta ocasión non fallou.

Na segunda parte o cadro local gozou dun primeiro cuarto de hora no que puido deixar sentenciada a contenda, pero novamente a mala puntaría dos seus homes máis adiantados privoulle do gol que resolvese o choque.Na recta final o cadro visitante atopouse máis cómodo co coiro e manexou o choque. o gol do empate chegaría en resposta do Cultural Areas, nunha acción a balón parado,e que rematou Sanromán.  Faltoulle profundidade para castigar ao Negreira, que na última media hora sufriu en exceso


Negreira: Albor, Jesús Torres, Rendo, Diego Gesto, óscar Vidal (Juan, min.59),  Orlando (Cahva, min.84), Nacho, Peloto, Dani Méndez, Capelo e Adán.

Cultural Áreas: Samu, Samuel, Cani, Vicente, Costas, Sanromán, Fonseca, Hugo (Diego, min.52), Brais (Rober, min.69), Carlos (Portas, min.55) e Couso.

Goles: 1-0, min.38, Capelo; 1-1, min.58, Sanromán.

Mais encontros en "ler a nova completa".



 
O FABRIL DESCENDE A 3ª TRAS UN "ATRACO" ARBITRAL
Luns, 16 Maio, 2011 Enviado por Pirata
Fabril News
  Guadalajara 2-1 Fabril      

"O Fabril descende por mor dun "atraco".

Tito Ramallo tildaba o colexiado de "sinverguenza".Comentaba nas cámaras da TVG, tralo final do encontro que nunca vivira nada semellante nos anos que levaba no futbol.Outro catalán, perxudica a un equipo do seno deportivista.Non lle gustou o "ínclito" que se adiantese o Fabril cun gol de Añón os 20 minutos.Empataron os locais enriba do pitido final da primeira metade, unha primeira metade na que os de Ramallo foron moi superiores.Conejo Rodríguez comezou o seu recital a pouco de comezar o segundo acto, e no 58 pita como penalti un piscinazo do local Iván Moreno.Na xogada expulsa os deportivistas Juan Carlos e Raúl.O penalti foi o pau, pero ainda "se inventaría" un novo penalti a favor dos locales no 85, que supuxo a victoria dos do Pedro Escartín.Tralo penalti tamén expulsaría con vermello directo a Dani.Os resultados dos outros equipos foron desfavorables e así o Fabril descende a Terceira División cando naide o esperaba.

Guadalajara: Saizar, Antonio Moreno,
Jorge (Cerrudo, min. 72), David Fernández, Barral, Javi Soria, Nico (Oinatz, min. 87), Iván Moreno, Ernesto (Gerard, min. 40), Aníbal e Juanjo.

Deportivo B: Diego, Fran,
Raúl, Insua, Rochela, Stefan (Jonan, min. 81), Dinis, Dani, Dioni (Stopira, min. 62), Juan Carlos e David Añón.

Árbitro: Conejo Rodríguez (Comité catalán). Fatal!!!.

Goles: 0-1, min. 22: David Añón (min. 22); 1-1 Iván Moreno (min. 44); 2-1 Javi Soria, de penalti (min. 86)

Campo: Pedro Escartín. 3.000 espectadores.



 
Crónicas da 2ª División B na xornada 37.
Luns, 09 Maio, 2011 Enviado por Pato
Fabril News

Segunda División B (xornada 37)

Fabril 1-2 Leganés

O Fabril  complicouse de forma notable a sua permanencia na Segunda División B ao caer en Abegondo ante o Leganés  por 1-2.  A falta de unha xornada para o remate da temporada, a derrota deixa ao filial coruñés un punto por encima dos postos de descenso.
 O  encontro de onte  torcíose dende o primer minuto, con un penalti de Vieytes nada máis arrancar o encontro, que trransformou Arruabarrena. Co marcador a favor, o Leganés  dedicouse a controlar o xogo ante un Fabril que apenas inquietou a porteria defendida por Rubén Falcón. Pola contra o Leganés no segundo remate a porta conseguía o 0-2, por medio de Arrauabarrena.  Na segunda mitade o fabril gozou dun par de remates claros pero sin fortuna. Solo acertou no tempo de desconto nun saque de falta desde o centro do campo, remate de Jona á escuadra que maquillou unha derrota que condena ao Fabril ao sufrimento.

Fabril: Diego Rivas; Vieites (Jona, min 57), Insua Rochela, Raúl García; Dinis (Iago Beceiro, min 70), Dani; Añón (Martin Büchel, min 83), Juan Carlos, Stopira; e Dioni

Leganés: Rubén Falcón, Jonay, Mario, Ramos (Tetteh, min 69), Nakor (Ortega, min 82), Bayón (Povedano, min 78), Tonino, Azcarate, Hernández, Tacón e Arruabarrena.

Goles: 0-1, min.2 , Arruabarrena, de penalti; 0-2, min.26, Arruabarrena; 1-2, min.93, Jona.



 
Versión imprimible  

    12345   >

Theme creado por dev-postnuke.com