Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
CURRO PESCA
 
CAFÉ BAR OASIS

 
RESTAURANTE D´ALVARO

 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
Usuarios
Benvido Invitado

O rexistro é completamente gratuito e poderás acceder a todas as seccións da web
Podes rexistrarte aquí
Usuario:


Contrasinal:


Recórdame

Membros:  Admins
Conectado  Pirata  
Non Conectado  RubenGarcia  
Non Conectado  Pato  
Membros:  Membros:
Ultimo:  Novos Hoxe: 16
Ultimo:  Novos Onte: 25
Ultimo:  Total: 55029
Ultimo:  Ultimo:
Fortressdta
Membros:  Conectados
Membros:  Membros: 1
Invitados:  Invitados: 27
Total:  Total: 28
Membros:  Membros Online
Conectado  Pirata  
 
CLASIFICACIÓNS
 
LIGAS FÚTBOL 8
 
FÚBOL SALA COSTA DA MORTE
 
FÚTBOL SALA FEMININO/MASCULINO
 
CLASIFICACIÓNS F. VETERANOS COSTA
 
Menú principal

 

Tema: fotos do recordo

Los artículos publicados en este tema son los siguientes.
FOTOS DO RECORDO DOS 10 ANOS DA NOSA WEB : "MUXÍA CF Vs EMF VIMIANZO 2012-13".
Venres, 10 Novembro, 2017 Enviado por Pirata
fotos do recordo
"RECORDOS DESTES 10 ANOS"
               
    Encontro dos infantís da Costa 2012/13.

-Un Muxía CF-EMF Vimianzo dos Infantís da Costa 2012/13-
-Recordando os 10 anos da nosa web-

Octava entrega de fotos do recordo dos 10 anos da web. Con estes artigos queremos facer unha lembranza ao noso traballo dos derradeiros 10 anos, e así de paso ver, o paso do tempo. As anteriores entregas podedes velas no enlace direto da esquerda da portada da web do "Album de fotos e recordos", ata final de ano imos ir lembrando fotos e cousas que pasaron pola web nestes 10 anos, dende que saíramos a rede un 28 de Maio de 2007.

Hoxe a nosa parada é nun Muxía CF-EMF Vimianzo, un encontro xogado no Campo d´Arliña, correspondente aos Infantís da Costa
-2012/13. Esta é unha escolma para ver como pasa o tempo....Como pasa o tempo, tanto para eles, como para nós e para a nosa web, que xa suma máis de 10 anos e milleiros de novas pubricadas.

Segue co artigo e fotos...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
RECORDOS DOS 10 ANOS DA NOSA WEB : MUXÍA CF-SD PONTECESO DA COPA DA COSTA 2012-13.
Sábado, 28 Outubro, 2017 Enviado por Pirata
fotos do recordo
"RECORDOS DESTES 10 ANOS"
               
    Encontro de dazaseisavos da Copa da Costa 2012/13.

-Un Muxía CF-SD Ponteceso da Copa da Costa 2012/13-
-Recordando os 10 anos da nosa web-

Sétima entrega de fotos do recordo dos 10 anos da web. Con estes artigos queremos facer unha lembranza ao noso traballo dos derradeiros 10 anos, e así de paso ver, o paso do tempo. As anteriores entregas podedes velas no enlace direto da esquerda da portada da web do "Album de fotos e recordos", ata final de ano imos ir lembrando fotos e cousas que pasaron pola web nestes 10 anos, dende que saíramos a rede un 28 de Maio de 2007.

Hoxe a nosa parada é nun Muxía CF-SD Ponteceso-2012/13, un encontro xogado no Campo d´Arliña, correspondente a Copa da Costa, daquela cos muxiáns na 3ª da Costa e o pontecesáns na Liga da Costa. Un enontro antre dous pobos moi unidos historicamente, pola tradición da "Barquiña" de Ponteceso que naceu a raíz dos romeiros que retornaban da Romaría da Barca, e por dous dos grandes escritores da literatura galega, como son o muxián
Gonzalo López Abente, (adicouselle o Día das Letras galegas no 1971), i Eduardo Pondal Abente, (adicouselle no 1965), primos irmáns por parte materna. Esta é unha escolma para ver como pasa o tempo....Como pasa o tempo, tanto para eles, como para nós e para a nosa web, que xa suma máis de 10 anos e milleiros de novas pubricadas.

Segue co artigo e fotos...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
RECORDOS DOS 10 ANOS DA NOSA WEB : "MUXÍA CF-CABANA SD ALEVÍNS 2011".
Venres, 06 Outubro, 2017 Enviado por Pirata
fotos do recordo
"RECORDOS DESTES 10 ANOS"
               
    Recepción do alcalde o Muxía CF Infantil 2008/09.

-Un Muxía CF-Cabana SD de fai 6 anos-
-Recordando os 10 anos da nosa web-

Sexta entrega de fotos do recordo dos 10 anos da web. Con estes artigos queremos facer unha lembranza ao noso traballo dos derradeiros 10 anos, e así de paso ver, o paso do tempo. As anteriores entregas podedes velas no enlace direto da esquerda da portada da web do "Album de fotos e recordos", ata final de ano imos ir lembrando fotos e cousas que pasaron pola web nestes 10 anos, dende que saíramos a rede un 28 de Maio de 2007.

Hoxe a nosa parada é nun Muxía CF-Cabana SD-2011/12, daquela alevíns de Fútbol 7. Un encontro xogado no Campo d´Arliña e no que se pode ver o paso do tempo, pois estes nenos de 10 e 11 anos, agora xa son homes de 16, 17 ou 18 anos, moitos deles xogando en xuvenís e co primeiro equipo e outros que deixaron o fútbol, para sempre ou facendo un parón, ou como no caso dun dos do Cabana SD, para trocar polo Hockei a patíns....Como pasa o tempo, tanto para eles, como para nós e para a nosa web, que xa suma máis de 10 anos e milleriros de novas pubricadas.

Segue co artigo e fotos...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
RECORDOS DOS 10 ANOS DA WEB : "O MELLOR EQUIPO INFANTIL DA HISTORIA DO MUXÍA CF".
Martes, 05 Setembro, 2017 Enviado por Pirata
fotos do recordo
"RECORDOS DESTES 10 ANOS"
               
    Recepción do alcalde o Muxía CF Infantil 2008/09.

-O mellor Muxía CF Infantil da historia-
-Gañou a liga gañando tódolos encontros con 13 xogadores-
-Recordando os 10 anos da nosa web-

Quinta entrega de fotos do recordo dos 10 anos da web. Con estes artigos queremos facer unha lembranza ao noso traballo dos derradeiros 10 anos, e así de paso ver, o paso do tempo. As anteriores entregas podedes velas no enlace direto da esquerda da portada da web do "Album de fotos e recordos", ata final de ano imos ir lembrando fotos e cousas que pasaron pola web nestes 10 anos, dende que saíramos a rede un 28 de Maio de 2007.

Hoxe a nosa parada é no Muxía CF Infantil 2008/09, o mellor equipo de infantís que tivo o clube muxián na sua historia. Un equipo que contaba con tan só 13 xogadores dunha enorme calidade e que gañou a liga gañando os 18 encontros, sumando os 54 puntos en xogo, marcando 109 goles e tan só 18 en contra. Aquí traémosvos algunhas fotos polos campos da costa, así como a recepción que lle fixo o alcalde muxián Félix Porto, aos nenos e pais dos nenos para recoñecerlles o gran mérito institucionalmente. Logo na fase de ascenso foron roubados coa expulsión nada máis comezar dos seus mellores xogadores, impedíndolles realizar o seu fútbol, baixo a batuta de Diego Castiñeiras e exporadicamente de Fran "Pioto", e con Estanislao como presidente do clube. Curiosamente ese ano os rapaces tentaron que tódolos xogadores marcasen algún gol, e quedou tan só o meta, e o central Antonio sen facelo, sendo ese ano Dani Picallo, ao que nos bautizamos con ese nome futbolístico, (chamábanlle simplemente Dani), o máximo goleador da competición con 80 goles.

Segue co artigo e fotos...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
RECORDOS DOS 10 ANOS DA WEB : "UN MUXÍA CF-BERGANTIÑOS CF DA TEMPADA 2009-10"
Xoves, 31 Agosto, 2017 Enviado por Pirata
fotos do recordo
"RECORDOS DESTES 10 ANOS"
               
    Un Muxía-Bergantiños de xuvenís de fai 8 anos.

-Un Muxía CF-Bergantiños CF de Xuvenís da 2009/10-
-O paso do tempo-
-Recordando os 10 anos da nosa web-

Cuarta entrega de fotos do recordo dos 10 anos da web. Con estes artigos queremos facer unha lembranza ao noso traballo dos derradeiros 10 anos e así de paso ver, (valga a redundancia) o paso do tempo. As anteriores entregas podedes velas no enlace direto da esquerda da portada da web do "Album de fotos e recordos", ata final de ano imos ir lembrando fotos e cousas que pasaron pola web nestes 10 anos, dende que saíramos a rede un 28 de Maio de 2007.

Hoxe a nosa parada é nun encontro dos Xuvenís da Costa, que enfrontaba na tempada 2009/10 ao Muxía CF e ao Bergantiños CF, un equipo o carballés, que se proclamou campión esa tempada e que pouco despois abandonou a Costa para levar a todos os seus equipos de base a xogar cos equipos da zona de Arteixo-A Coruña, algo que non gustou moito daquela. Neste encontro que hoxe lembramos daqueles rapaces que hoxe xa son homes e algúns con fillos, lesionárase o xogador bergantiñán Álex Trigo que nunha entrada fortuita sufrira a rotura de tibia e peroné e ao que agasallamos por medio do su adestrador pouco tempo despois cun CD cas fotos diste encontro, para a sua lembranza dise duro día para él e para tódolos que estábamos no campo.

Segue co artigo e fotos...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
RECORDANDO OS 10 ANOS DA WEB : "CORISTANCO-MUXÍA DE ALEVÍNS DA 2009-10"
Sábado, 29 Xullo, 2017 Enviado por Pirata
fotos do recordo
"RECORDOS DESTES 10 ANOS"
               
    Un Coristanco-Muxía de alevíns de fai 8 anos.

-Un Coristanco-Muxía do Fútbol 7 da 2009/10-
-Como pasa o tempo-
-Recordando os 10 anos da nosa web-

Terceira entrega de fotos do recordo dos 10 anos da web. As anteriores podedes velas no enlace direto da esquerda da portada da web do "Album de fotos e recordos", ata final de ano imos ir lembrando fotos e cousas que pasaron pola web nestes 10 anos, dende que saíramos a rede un 28 de Maio de 2007.

Hoxe a nosa parada é no daquela Fútbol 7, que manexaban na maioría dos pobos o concello, pois non estaban ainda federados. O seu máximo impulsor, e o que nos mandaba todo era Stevo de Zas, que facía as clasificacións a man e ademáis de darlle o Tenis de Mesa e a sua profesión da ensinanza, sacaba tempo para levar estas ligas, hoxe en día federadas e a un grande nivel, pero o fútbol sala escolar e isto foron os precursores das fermosas ligas que temos hoxe en día de Fútbol 8 de base. Aquí traemos para a lembranza un SD Coristanco-EDM Muxía no que hoxe en día moitos dos rapaces xa xogan en equipos xuvenís ou senior e daquela estaban no fútbol alevín dando os primeiros pasos. A algún perdémoslle a pista, pero outros seguen dándolle a bola.

Segue co artigo e fotos...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
RECORDOS DOS 10 ANOS DA NOSA WEB : "DEPOR, TEMPADA 2007-08 : "DA DEPRESIÓN A ILUSIÓN".
Luns, 24 Xullo, 2017 Enviado por Pirata
fotos do recordo
"RECORDOS DESTES 10 ANOS"
               
    Chegou Guardado e Canterbury.   

-Un Deportivo de moitos trocos que revolucionou Wilhemlsson-
-Tempada 2007/08 : "Pasouse da depresión a ilusión"-
-Recordando os 10 anos da nosa web-

Como xa vos informamos na primeira entrega, que podedes ver no enlace direto da esquerda da portada da web do "Album de fotos e recordos", ata final de ano imos ir lembrando fotos e cousas que pasaron pola web nestes 10 anos, dende que saíramos a rede un 28 de Maio de 2007. A web naceu coma un medio para informar de maneira libre da nosa visión do deporte da Costa e do Deportivo e da nosa peña "Os Piratas de Muxía" , e vaia tempada a do noso nacemento como web o dese Deportivo 2007/08. Un ano no que chegaba o clube da man de Lendoiro, Miguel Ángel Lotina, para levar as rendas do clube, tras quedar aburridos de Joaquín Caparrós, tamén chegaba por un montante de 7 millóns de euros o mexicano, Andrés Guardado, "El Principito", e íase ao Juventus de Turín, Jorge Andrade por 10. Tamén chegaba a marca de roupa deportiva Canterbury os New Zealand, e era o derradeiro ano de Fadesa na publicidade das camisolas deportivistas, para dar paso a Estrella Galicia na tempada seguinte e ata hoxe en día. A plantilla confeccionada por Lendoiro daba pé as esperanzas, con homes, ademáis de Guardado, coma, Aouate, Manuel Pablo, Laure, Sergio, Lafita, Verdú, Coloccini, Riki, Pablo Álvarez, Filipe Luis, Xisco, etc...Pero : "Nada más lejos de la Coruña", dirían os "Martes Trece"...un desastre...ata que chegou "él"...

Segue co artigo e fotos...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
RECORDOS 10º ANIVERSARIO : "A COPA DA COSTA POR PRIMEIRA VEZ EN DIRETO ON-LINE""
Mércoles, 19 Xullo, 2017 Enviado por Pirata
fotos do recordo
"RECORDOS DESTES 10 ANOS"
               
    Unha final espectacular que acabou en esperpéntica.   

-Demos a final Copa da Costa en direto "on-line" pro primeira vez na historia-
-Unha final que se levou o Ponteceso con moita polémica-

Ata final de ano imos ir lembrando fotos e cousas que pasaron pola web nestes 10 anos, dende que saíramos a rede un 28 de Maio de 2007. Quedarán rexistradas no enlace direto a dereita da portada da web "Album de Fotos do recordo". Para comezar estes recorods escollemos a Gran Final da "45ª Copa da Costa" de fútbol senior. Unha final que se xogaba daquela a dobre partido. Na ida o UC Cee dirixido e presidido por Manuel Olveira, "Manolín" empataba a uns, (1-1), co SD Ponteceso que presidía, José Manuel Mato e dirixía, Javier Bardanca. No encontro de ida levábase a copa o SD Ponteceso, tras derrotar aos ceenses nun polémico encontro que finalizaba con 2-1 para os da Vila de Pondal, tras xogarse unha prórroga a que chegaron os ceenses con 7 xogadores. www.piratasdemuxia.es, foi o primeiro medio de comunicación na historia do noso fútbol que deu en direto a final da Copa da Costa "on-line", para todo o mundo. Inda que non nos acordamos cando colaboramos no libro "Mar de Paixón : O fútbol da Costa da Morte", de Héctor Pose e Luis Porto, sí sae no outro gran libro de Xosé María Lema e o seu sobriño Chema, "50 anos da historia do fútbol da Costa, (1964-2014)". Decir que no encontro de ida houbo conectados seguindo minuto a minuto o encontro, (como fan agora medios galegos e nacionais ca 1ª División), preto de 500 internautas, da nosa terra, aquí en España e na diáspora. No encontro de volta na Fontenla, (Ponteceso), houbo preto dos 1.000 internautas conectados para seguir o minuto a finalísima. Como o fixemos?...

Segue co artigo e fotos...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
Theme creado por dev-postnuke.com