Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
JULIO LEMA

 
CURRO PESCA
 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
CAFÉ BAR OASIS

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
Menú principal

 

Tema: Tenis de Mesa

Los artículos publicados en este tema son los siguientes.

    12345   >

PODIUM DE MÍRIAM DOMÍNGUEZ E ANA GARCÍA NOS CAMPIONATOS GALEGOS DE TENIS DE MESA, (CRÓNICA E RESULTADOS DA XORNADA).
Mércoles, 27 Marzo, 2019 Enviado por Pirata
Tenis de Mesa
TENIS DE MESA

As Sub 23, Míriam Dominguez e Ana García con Laura García.

-Míriam Domínguez e Ana García podium en dobres femeninos sub23-
-Crónicas e resultados da xornada e previa dos vindeiros encontros-
-Equipos da Costa da Morte-


A pasada fin de semana celebráronse no Pavillón "Campo da Serra" de Narón os Campionatos Galegos Alevín e Sub23 e a eles acudiron 8 xogadores/as do AD Zas e ningún deles tiña moitas esperanzas de traer medalla. Pero aí estaban as nosas xogadoras Míriam Domínguez e Ana García para darnos a alegría dos campionatos. Participaban nunha categoría superior a súa, e contra xogadoras que compiten en categorías máis altas, co nivel de xogo que eso da. Con toda a ilusión e ganas do mundo superaron nos dobres en cuartos, a Mar Rivas e Sara Rial, e en semifinais disputaron o partidos de dobres case perfecto contra Noelia Santiago e Noa Bernárdez. Un encontro no que tiveron dúas bolas de partido no cuarto set, para ó final ceder cun 3-2 no partido, con todo o pavillón pendente do seu xogo....Segue coa crónica do noso especialista Stevo Zas así coma con tódolos resultados e previa da vindeira xornada.

Segue ca crónica e con toda a información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
CRÓNICAS E RESULTADOS DO XOGADO NA FIN DE SEMANA DO TENIS DE MESA E PREVIA DA VINDEIRA XORNADA.
Mércoles, 20 Marzo, 2019 Enviado por Pirata
Tenis de Mesa
TENIS DE MESA

O Concello de Mazaricos, (vermello) derrotou ao San Xoán.

-Crónicas e resultados dunha completa xornada
e previa dos vindeiros encontros-
-Equipos da Costa da Morte-

 Aquí tes todo o que deu de sí a pasada xornada no Tenis de mesa con equipos da Costa da morte involucrados. Unha xornada con 3 vitorias e 2 derrotas dos "nosos/as". Destacar a vitoria do Concello de Mazaricos que supuxo a permanenza de maneira matemática para a vindeira tempada na 3ª División Nacional, cunminando un excelente primeiro ano na categoría. Tódalas crónicas, resultados e previas da man de Stevo Zas para www.piratasdemuxia.es.

Segue con toda a información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
CRÓNICAS E RESULTADOS DA PASADA XORNADA DO TENIS DE MESA COSTEIRO E PREVIA DA VINDEIRA.
Mércoles, 13 Marzo, 2019 Enviado por Pirata
Tenis de Mesa
TENIS DE MESA

Dobre de A Baña-Narón na concentración da 2ª Nacional Feminina.

-Crónica e resultados da xornada e previa dos vindeiros compromisos-
-Equipos da Costa da Morte-

Tremenda foi a pasada xornada, tal e como vos apuntábamos na previa, con grande cantidade de encontros e ca concentración da 2ª Nacional Feminina, na Baña, que gozou de deporte, gastronomía, confraternidade e divertimento para tódalas participantes. Aquí tes todo o que deu de sí a pasada xornada no Tenis de mesa con equipos da Costa da morte involucrados. Tódalas crónicas, resultados e previas da man de Stevo Zas para www.piratasdemuxia.es.

Segue con toda a información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
CRÓNICAS, RESULTADOS E PREVIAS DE TODO9 O TENIS DE MESA CON EQUIPOS DA BISBARRA DA COSTA DA MORTE.
Xoves, 07 Marzo, 2019 Enviado por Pirata
Tenis de Mesa
TENIS DE MESA

AD Zas Aluminios Xeal e SD A Baña, tras un choque antre elas, (arquivo).

-Crónica e resultados da pasada fin de semana e previa dos desta-
-Equipos da Costa da Morte-

Aquí tes todo o que deu de sí a pasada xornada no Tenis de mesa con equipos da Costa da morte involucrados, unha xornada na que houbo moitos enfrontamentos como xa vos adiantamos na previa a pasada semana. Tódalas crónicas, resultados e previas da man de Stevo Zas para www.piratasdemuxia.es.

Segue con toda a información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
CRÓNICAS, RESULTADOS DA TREMENDA XORNADA NO TENIS DE MESA CON EQUIPOS COSTEIROS.
Xoves, 28 Febreiro, 2019 Enviado por Pirata
Tenis de Mesa
TENIS DE MESA CON EQUIPOS COSTEIROS


O Galmédica, (esq), derrotaba o AD Zas Ponciano Nieto, (der), na 2ª Nacional.

-Crónicas, resultados e moito máis da xornada no Tenis de Mesa-
-Equipos da zona costeira nas ligas nacionais e galegas-


Dúas tarde cheas de Tenis de mesa, a do sábado e a do domingo, foron as que se viron no ximnasio do CPI de Zas e coas mulleres xoves como protagonistas principais, mais animado estivo o sábado e con moito público, debemos ter en conta que 20 persoas de público son moitas para este deporte, non os xuntan nin os de superdivisión. Influíu que se enfrentaban os de VTM Pinturas Figueiras de Vimianzo e AD Zas dimobel Bazar Baio nun derbi comarcal e as chicas de AD Zas Construcciones Cernadas querÍan desquitarse das de CTM Coruña e tiveron o seu apoio. Nos desprazamentos non houbo resultados positivos tanto para AD Zas Ponciano Nieto en 2ª nacional masculina,  nen para o Concello de Mazaricos en 3ª nacional, así como para AD Zas O Pinar en 2ª galega. Nos encontros de Zas houbo resultados moi positivos pois, AD Zas Construcciones Cernadas, gañou os dous encontros en 1ª galega, AD Zas Dimobel Bazar Baio gañou un e perdeu contra os de Vimianzo, e o domingo pola tarde as de AD Zas Cafeteria Talladas so cederon ante as de Oroso.... Abre a nova o completo para ver toda a información destas ligas e dos encontros de cada unha individualmente, así como as previas do que temos para a vindeira fin de semana, como cada semana Stevo Zas.
 
Segue coas crónicas e resultados dos encontros e vindeiros compromisos...

Preme abaixo en "Ler a nova completa" para VER MÁIS...


 
CRÓNICAS, RESULTADOS E MOITO MÁIS DA XONADA DOS EQUIPOS COSTEIROS DE TENIS DE MESA.
Martes, 12 Febreiro, 2019 Enviado por Pirata
Tenis de Mesa
TENIS DE MESA CON EQUIPOS COSTEIROS


O AD Zas O Pinar, (der) derrotou ao Club del Mar Infantil.

-Crónicas, resultados e moito máis da xornada no Tenis de Mesa-
-Equipos da zona costeira nas ligas nacionais e galegas-


Xa decíamos que era moi difícil gañar todos os encontros, e tamén perdelos, e este pasado fin se semana a piques estivo de cumprirse o de perdelos todos. Salvaron  a honra os equipos de  2ª Galega, o AD Zas O Pinar que gañou o seu particular "derbi de colistas" contra o Club del Mar e VTM Pinturas Figueiras. O resto de encontros foron derrotas, e contundentes. Sobre de todo as sufridas polo AD Zas Dimobel Bazar Baio en A Coruña ante os equipos do clube Finisterre TM. Tamén se esperaba máis do AD Zas Ponciano Nieto e do Concello de Mazaricos, pero foron derrotados con claridade por CTM Vigo e Conxo respectivamente... Abre a nova o completo para ver toda a información destas ligas e dos encontros de cada unha individualmente, así como as previas do que temos para a vindeira fin de semana, como cada semana Stevo Zas.
 
Segue coas crónicas e resultados dos encontros e vindeiros compromisos...

Preme abaixo en "Ler a nova completa" para VER MÁIS...


 
CRÓNICAS E RESULTADOS DE TODO O TENIS DE MESA NACIONAL E GALEGO CON EQUIPOS COSTEIROS E PREVIA DA VINDEIRA XORNADA.
Mércoles, 06 Febreiro, 2019 Enviado por Pirata
Tenis de Mesa
TENIS DE MESA CON EQUIPOS COSTEIROS


O Concello de Mazaricos, (esq) caeu 4-3 ante o Breogan Oleiros, (der).

-Crónicas, resultados e moito máis da xornada no Tenis de Mesa-
-Equipos da zona costeira nas ligas nacionais e galegas-


O bo de ter moitos equipos en competición é que é moi dificil que perdan todos, e tamén haberá pocas posibilidades de que gañen todos os encontros. O pasado fin de semana foi con moitas derrotas en categoría masculina e moitas victorias en 2ª nacional femenina. Como case sempre que coinciden as xornadas de competición son as féminas as que salvan o honor das victorias. Así houbo derrotas na categoría masculina, 2ª nacional, 3ª nacional e 1ª galega e so gañaron en 1ª galega e  en 2ª galega, neste caso no derbi de equipoos da comarca, e si houbo maioria de victorias en  2ª nacional femenina donde AD Zas Cafeteria Talladas gañou os 3  encontros ao igual que SD A Baña e Concello de Mazaricos gañou 1, cada equipo xogou tres encontros. Estase afianzando o tenis de mesa na comarca pero o camiño das victorias en canto subes de categoría xa non son tan doadas...... Abre a nova o completo para ver toda a información destas ligas e dos encontros de cada unha individualmente, así como as previas do que temos para a vindeira fin de semana, como cada semana Stevo Zas.

Segue coas crónicas e resultados dos encontros e vindeiros compromisos...

Preme abaixo en "Ler a nova completa" para VER MÁIS...


 
CRÓNICAS E RESULTADOS DE TODO O TENIS DE MESA CON EQUIPOS COSTEIROS.
Xoves, 31 Xaneiro, 2019 Enviado por Pirata
Tenis de Mesa
TENIS DE MESA CON EQUIPOS COSTEIROS


O Aluminios Xeal, (esq) gañou un encontro e perdeu outro.

-Crónicas e resultados dos encontros de Tenis de Mesa-
-Equipos da zona da costa e arrabais-


Dúas derrotas, do AD Zas Aluminios Xeal en 1ª Nacional Femenina e do AD Zas Ponciano Nieto en 2ª Nacional Masculina, que deixaron a decepción nas caras de toda a familia do AD Zas, mitigada si cabe pola victoria do Concello de Mazaricos en 3ª Nacional. Pouco cambia o panorama dos dous equipos, pero esperabanse as victorias con claridade e eso foi o que fixo máis forte a decepción. Cáseque non contan as outras dúas victorias acadadas tamén o sábado por AD Zas Aluminios Xeal e AD Zas Construcciones Cernadas, xa que o interés estaba nos dous encontros citados ao principio..... Abre a nova o completo para ver toda a información destas ligas, como cada semana Stevo Zas.

Segue coas crónicas e resultados dos encontros...

Preme abaixo en "Ler a nova completa" para VER MÁIS...


 
CRÓNICAS E RESULTADOS DA XORNADA PASADA E VINDEIROS COMPROMISOS DO TENIS DE MESA COSTEIRO.
Mércoles, 23 Xaneiro, 2019 Enviado por Pirata
Tenis de Mesa
TENIS DE MESA CON EQUIPOS COSTEIROS

Imaxe do AD Zas-Oroso Tije no pavillón zacense.

-Crónicas e resultados dos encontros de Tenis de Mesa-
-Equipos costeiros-


Mais victorias que derrotas nos nove encontros disputados o pasado fin de semana, (5 vicotrias e catro derrotas), un fin de semana completo donde houbo moitos partidos moi disputados,  e un con moita trascendencia e que non foi positivo para as aspiracións do AD Zas pois nel xogabase a oportunidade de derrotar ao lider do grupo de segunda nacional e non foi así. Unha mágoa. Nos 6 encontros entre AD Zas e Oroso houbo 3 victorias para cada club.... Abre a nova o completo para ver toda a información destas ligas, como cada semana Stevo Zas.

Segue coas crónicas e resukltados dos encontros...

Preme abaixo en "Ler a nova completa" para VER MÁIS...


 
CRÓNICAS E RESULTADOS DUNHA BOIA XORNADA PARA OS EQUIPOS DE TENIS DE MESA COSTEIROS.
Mércoles, 16 Xaneiro, 2019 Enviado por Pirata
Tenis de Mesa
TENIS DE MESA CON EQUIPOS COSTEIROS

O Concello de Mazaricos, (der), derrotou ao AD Dubratambre, (esq), (4-3).

-Crónicas e resultados dos encontros de Tenis de Mesa-
-Equipos costeiros-


Xornada moi positiva para os equipos de Tenis de mesa do AD Zas pois conseguíu as tres victorias de tres posibles,  en 2ª nacional, en 3ª nacional e en 1ª galega, e en 2ª galega enfrentaronse os dous equipos do clube. Mágoa do VTM Pinturas Figueiras que saíu moi confiado ante o Arteal Promesas e perdeu de forma contundente... Abre a nova o completo para ver toda a información destas ligas, como cada semana Stevo Zas.

Segue coas crónicas e resukltados dos encontros...

Preme abaixo en "Ler a nova completa" para VER MÁIS...


 
AXENDA DA PRIMEIRA XORNADA DO 2019 NO TENIS DE MESA CON EQUIPOS COSTEIROS.
Xoves, 10 Xaneiro, 2019 Enviado por Pirata
Tenis de Mesa
TENIS DE MESA CON EQUIPOS COSTEIROS

En Zas xogaranse 3 encontros da nacional e das galegas.

-Axenda dos encontros de Tenis de Mesa da 1ª xornada do 2019-


Comeza este sábado e Domingo a actividade nas ligas de Tenis de mesa con equipos costeiros con encontros na1º e 2ª Galega e ca Liga Malov que terá lugar o Domingo en Sigüeiro, coa participación de 30 tenistas costeiros antre os 105 participantes que se congregarán na localidade orosana. Abre a nova o completo para ver toda a información destas ligas, como cada semana Stevo Zas.

Segue coa axenda de encontros...

Preme abaixo en "Ler a nova completa" para VER MÁIS...


 
CRÓNICAS E RESULTADOS DA XORNADA NO TENIS DE MESA CON EQUIPOS COSTEIROS.
Mércoles, 26 Decembro, 2018 Enviado por Pirata
Tenis de Mesa
TENIS DE MESA CON EQUIPOS COSTEIROS

O Club del Mar, (der.) derrotaba por 1-5 ao AD Zas ponciano Nieto, (esq).

-Crónica da xornada e axenda dos encontros de Tenis de Mesa-
-Concentracións en Sigüeiro e Noia-

Aquí tes todo o que pasou nas ligas de Tenis de mesa con equipos costeiros. Unha xornada de tenis que tivo encontros da 2ª e 3ª Nacional Masculina, 2ª Nacional Feminina, e na 2ª Galega centro. Hoxe 26, mañá 27 e venres 28 de Nadal, o seleccionador galego, Miguel Rey, dirixirá unha concentración coas mellores promesas do tenis de mesa galego nas categorías alevín e benxamín e o mesmo fará coas categorías infantil e xuvenil pero neste caso será os dáis 2, 3 e 4 de xaneiro. Esta concentración será nas instalacións do Club Oroso TM en Sigüeiro. Para elas está convocada a xogadora do AD Zas, Miriam Domínguez. Tamén haberá o venres 28 unha consentración en Noia dentro do programa XOGADE. Abre a nova o completo para ver toda a información destas ligas, desgranadas unha a unha e cas suas crónicas que nos achega como cada semana Stevo Zas. Ademáis da informacióin das concentracións.

Segue coas crónicas, e resultados de todalas ligas e as concentracións...

Preme abaixo en "Ler a nova completa" para VER MÁIS...


 
CRÓNICAS DA COMPLETA FIN DE SEMANA DO TENIS DE MESA E PREVIA DOS ENCONTROS DA VINDEIRA.
Mércoles, 19 Decembro, 2018 Enviado por Pirata
Tenis de Mesa
TENIS DE MESA CON EQUIPOS COSTEIROS

Aluminios Xeal, (der.) derrotaba por 0-6 ao Ribadumia TM, (esq).

-Crónica e axenda dos encontros de Tenis de Mesa-
-Toda a xornada este sábado 22 de Nadal-

Aquí tes todo o que deu de si a completisima fin desemana do Tenis de mesa con equipos costeiros. Unha xornada de tenis que tivo comarea de encontros dos nosos equipos, na 2ª e 3ª Nacional Masculina, 1ª Nacional Feminina, e na 1ª e 2ª Galega. Abre a nova o completo para ver toda a información destas ligas, desgranadas unha a unha e cas suas crónicas que nos achega como cada semana Stevo Zas. Ademáis da previa de encontros para o vindeiro sábado 22 de Nadal.

Segue coas crónicas, e resultados de todalas ligas...


Preme abaixo en "Ler a nova completa" para VER MÁIS...


 
CRÓNICA DO ACONTECIDO NO TENIS DE MESA CON EQUIPOS COSTEIROS E AXENDA DA FIN DE SEMANA.
Martes, 11 Decembro, 2018 Enviado por Pirata
Tenis de Mesa
TENIS DE MESA CON EQUIPOS COSTEIROS

Edu Quintela, (1) e Miguel Rey, (2), no podio de Vilalba.

-Crónica e axenda dos encontros de Tenis de Mesa-
-Fin de semana de moita actividade-

Excepcional o éxíto acadado polos xogadores do AD Zas no torneo de Vilalba. Na categoria Sub23-senior que se disputou conxunta, Edu Quintela alzouse coa victoria e Miguel Rey co segundo posto, ao perder na final contra o seu compañeiro. O outro participante, Brais Blanco chegou a cuartos de final. Pero isto non para e xa temos os compromisos desta finde semana, cunha xornada maratoniana que lles espera as nosas xogadoras, no seu desprazamento a Cangas, e con partidos moi difíciles, donde se verá que equipo é aspirante a quedar en solitario no liderato do grupo, e conseguir o final o pase a fase de ascenso. Nos outros encontros, moi dificil que na categoria nacional os nosos traian algo positivo, pero poden dar a sorpresa e eso esperamos. Nas categorias galegas os de Zas son os favoritos para conseguir a victoria.Abrindo a nova completa tes a axenda de encontros.

Segue con toda a  información que nos achega como cada semana Stevo Zas. Abre a nova o completo para ver toda a información.

Segue coa axenda de encontros da fin de semana...


Preme abaixo en "Ler a nova completa" para VER MÁIS...


 
CRÓNICAS E RESULTADOS DA XORNADA DO TENIS DE MESA : "O PAVILLÓN DE ZAS DESBORDOUSE DE TENIS DE MESA DE NIVEL".
Martes, 27 Novembro, 2018 Enviado por Pirata
Tenis de Mesa
TENIS DE MESA CON EQUIPOS COSTEIROS

Brais Blanco, (esq), loitando o derradeiro punto.

-Crónicas e resultados dos encontros de Tenis de Mesa-
-O Pavillón de Zas desbordouse de competicións-

Tal e como vos apuntábamos na previa da pasada semana, este día 24  de Novembro tíñamos un programa moi completo de Tenis de mesa no Pavillón Municipal de Zas no que coincidían 7 equipos xogando ao mesmo tempo. Xa dende ás 11:00 horas coa concentración de 1ª Nacional Femenina, e logo pola tarde coa 2ª Nacional Masculina e as ligas galegas de 1ª e 2ª . Ademáís aos equipos do AD Zas uníase o  VTM Pinturas Figueiras, o ter o Pavillón de Vimianzo ocupado. Foron un total de 12 encontros que fixeron que o pavillón zacense se derbordase de Tenis de mesa, nunha xornada que foi todo un éxito de ambente, deporte e orgañización.

Segue con toda a  información que nos achega como cada semana Stevo Zas. Abre a nova o completo para ver toda a información.

Segue cas crónicas e resultados dos encontros...


Preme abaixo en "Ler a nova completa" para VER MÁIS...


 
O PAVILLÓN DE ZAS ACOLLERÁ O 24 UNHA XORNADA COMPLETA DE TENIS DE MESA DE ALTO NIVEL, (PREVIA).
Martes, 20 Novembro, 2018 Enviado por Pirata
Tenis de Mesa
TENIS DE MESA CON EQUIPOS COSTEIROS

Xornada completa de tenis de mesa de alto nivel o 24 en Zas.

-Axenda de encontros de Tenis de Mesa-
-Día 24 no Pavillón de Zas-

O día 24 teremos un programa moi completo de tenis de mesa no PAVILLÓN MUNICIPAL DE ZAS donde coincidirán 7 equipos xogando ao mesmo tempo. Xa se empezará as 11:00 horas coa concentración de 1ª Nacional Femenina, e logo pola tarde añadiranse a 2ª Nacional Masculina e as ligas galegas de 1ª e 2ª e aos equipos do AD Zas unirase o equipo VTM Pinturas Figueiras, pois terá o pavillón de Vimianzo ocupado. Serán en total 12 encontros que encherán o pavillón e por añadidura o pobo de Zas de tenis de mesa.

Segue con toda a  información que nos achega como cada semana Stevo Zas. Abre a nova o completo para ver toda a información.

Segue ca previa dos encontros...


Preme abaixo en "Ler a nova completa" para VER MÁIS...


 
CRÓNICAS E RESULTADOS DE TÓDALAS LIGAS DE TENIS DE MESA CON EQUIPOS DA COSTA..
Martes, 20 Novembro, 2018 Enviado por Pirata
Tenis de Mesa
TENIS DE MESA CON EQUIPOS COSTEIROS

Diversion sen presión paa as nenas da 2~ Nacional.

-Resultados e crónicas dos encontros de Tenis de Mesa-
-Coa participación de clubes da costa-

Solo dúas victorias de cinco encontros nas ligas masculinas e comenzou a liga de 2ª nacional femenina coa concentración en Sigüeiro donde houbo de todo pero moita convivencia, deportividade e diversión deportiva. A parte positiva nas ligas masculinas veu dado polo AD Zas O Pinar que acadou a súa primeira victoria en 2ª división galega e polo AD Zas Construcciones Cernadas que trouxo de Santiago unha victoria moi traballada.A parte negativa esta no AD Zas Ponciano Nieto que fracasou na seu desprazamento a Vilagarcía de donde tiña que traer a victoria para seguir con opcións de salvar a categoría,  outra foi a do Concello de  Mazaricos que loitou moito en Ribadeo pero non trouxo a victoria e a última esta de parte do VTM Pinturas Figueiras que si puido facer máis ante os coruñeses do Finisterre Deseñarte...

Segue con toda a  información que nos achega como cada semana Stevo Zas. Abre a nova o completo para ver toda a información.

Segue cas crónicas, resultados, previas...


Preme abaixo en "Ler a nova completa" para VER MÁIS...


 
CRÓNICAS E RESULTADOS DE TÓDALAS LIGAS DE TENIS DE MESA CON EQUIPOS DA COSTA.
Martes, 13 Novembro, 2018 Enviado por Pirata
Tenis de Mesa
TENIS DE MESA CON EQUIPOS COSTEIROS

O Concello de Mazaricos estreou equipación deportiva.

-Resultados e crónicas dos encontros de Tenis de Mesa-
-Coa participación de clubes da costa-

Só o AD Zas Dimobel Bazar Baio e o VTM Pinturas Figueiras conseguiron gañar os seus encontros no pasado fin de semana, O AD Zas Dimobel Bazar Baio facíao por partida dobre, pois aparte de gañar o que correspondía a xornada, tamén o fixo no que se adiantou que se tiña que xogar o 1 de Decembro. Os dous encontros contra os dous equipos do clube Finisterre de A Coruña. Con estes resultados continua ao fronte da clasificación do grupo, se ben,  ainda non se lle contabilizarán os do encontro adiantado ata que se celebre a xornada correspondente. O VTM Pinturas Figueiras segue co súa boa marcha e así continúa na parte alta da clasificación. O resto dos equipos do AD Zas sairon derrotados nos seus encontros...

Segue con toda a  información que nos achega como cada semana Stevo Zas. Abre a nova o completo para ver toda a información.

Segue cas crónicas, resultados, previas...


Preme abaixo en "Ler a nova completa" para VER MÁIS...


 
CRÓNICAS E RESULTADOS DE TODO O QUE DEU DE SÍ A XORNADA DE TENIS DE MESA CON EQUIPOS COSTEIROS E PREVIA DO QUE TEMOS ESTA SEMANA.
Martes, 30 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Tenis de Mesa
TENIS DE MESA CON EQUIPOS COSTEIROS

Aliñacións do derbi AD Zas Dimobel Bazar Baio-VTM Pinturas Figueiras.

-Resultados e crónicas dos encontros de
Tenis de Mesa con equipos costeiros-

Aquí tes as crónicas e os resultados polo miúdo dos encontros das ligas de "Tenis de Mesa", coa participación de equipos da zona da Costa da Morte, así coma todo o que hai para esta semana na que xa haberá actividade este xoves 1 de Novembro, e durante toda a "Ponte de tódolos Santos", co torneo zonal da Estrada, no que se xuntarán máis de 400 xogadores de Galicia, Asturias, Pais Vaco, a Rioxa e Castela-León. Neste toneo haberá 11 participantes costeiros, que buscarán o pase o torrneo estatal. Unha información que nos achega como cada semana Stevo Zas. Abre a nova o completo para ver toda a información.

Segue cas crónicas, resultados, previas...


Preme abaixo en "Ler a nova completa" para VER MÁIS...


 
AQUÍ TES TÓDALAS CRÓNS E RESULTADOS DA XORNADA PARA OS EQUIPOS DA COSTA DA MORTE DE TENIS DE MESA.
Martes, 23 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Tenis de Mesa
TENIS DE MESA CON EQUIPOS COSTEIROS

Pleno do Aluminios Xeal, (esq) ante o CTM Coruña.

-Resultados e crónicas dos encontros de
Tenis de Mesa con equipos costeiros-

Aquí tes os resultados polo miúdo nos encontros de "Tenis de Mesa" nos que tivemos outra xornada positiva en resultados para os equipos da comarca, pois só o AD Zas Ponciano Nieto da 2ª Nacional perdeu, e para eso foi no partido de desempate dos dobres. Aparte desta tamén houbo a derrota do AD Zas O Pinar, pero esta foi contra outro equipo da zona o VTM Pinturas Figueiras. Salientar o estupendo comezo do AD Zas Aluminios Xeal ns 1ª Nacional Femenina gañando os dous encontros, un de forma contundente e o outro no desempate dos dobres. O AD Zas Dimobel Bazar Baio coa súa victoria segue comandando a clasificación do grupo de 2ª Galega, e na 1ª Galega segue tamén liderando o grupo o AD Zas Construcciones Cernadas a pesares de non xogar nesta xornada. Aqui tes tódalas crónicas e resultados finais e parciais, todo da man do noso colaborador o especialista e "alma mater" do tenis de mesa na Costa da Morte, Estevo Zas. Abre a nova o completo para ver todo a información.

Segue con toda a información...


Preme abaixo en "Ler a nova completa" para VER MÁIS...


 

    12345   >

Theme creado por dev-postnuke.com