Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
CURRO PESCA
 
CAFÉ BAR OASIS

 
RESTAURANTE D´ALVARO

 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
Usuarios
Benvido Invitado

O rexistro é completamente gratuito e poderás acceder a todas as seccións da web
Podes rexistrarte aquí
Usuario:


Contrasinal:


Recórdame

Membros:  Admins
Non Conectado  Pirata  
Non Conectado  RubenGarcia  
Non Conectado  Pato  
Membros:  Membros:
Ultimo:  Novos Hoxe: 12
Ultimo:  Novos Onte: 32
Ultimo:  Total: 51598
Ultimo:  Ultimo:
niedistPiexy
Membros:  Conectados
Membros:  Membros: 2
Invitados:  Invitados: 11
Total:  Total: 13
Membros:  Membros Online
Conectado  CharlesTam  
Conectado  niedistPiexy  
 
CLASIFICACIÓNS
 
LIGAS FÚTBOL 8
 
FÚBOL SALA COSTA DA MORTE
 
FÚTBOL SALA FEMININO/MASCULINO
 
CLASIFICACIÓNS F. VETERANOS COSTA
 
Menú principal

 

Tema: Piragüismo

Los artículos publicados en este tema son los siguientes.
O CLUB PENEDO DE CALDELAS LÉVASE O CAMPIONATO GALEGO DE SALLOM EN AUGAS BRAVAS DE PIRAGÜISMO EN DUMBRÍA.
Luns, 10 Xullo, 2017 Enviado por Pirata
Piragüismo
PIRAGÜISMO

                Francisco Romar en plena competición en Dumbría.
  

-O Club Penedo lévase o Campionato Galego de Slalom en Dumbría-
-Lorena Costa do CDM Piragüismo Dumbría Campiona cadete-
-Houbo varios podios para os dumbrieses e o campionato de "Patrullas"-

Onte Domingo, e tal e como xa vos apuntábamos na previa, dende as 10 da mañán no Campo de Slalom de "O Couquiño", en Olveira, (Dumbría), tiña lugar o Campionato Galego de Slalom en Augas Bravas . O Club Penedo de Caldelas de Tui levouse o título co CDM Piragüismo Dumbría terceiro por clubes. Lorena Costa, do clube dumbriés, tivo a súa mellor xornada de competición. Lorena volveu a ser a mellor na categoría K1 Cadete, e mesmo marcando tempos para ser podium na categoría absoluta. Tivo unha competición bastante cómoda a pesar de non acabar de sentirse a gusto con como deslizaba o barco nas augas do Río Xallas. Ainda que non foi dos mellores días para os dumbrieses, (ou do que esperaban), sí que houbo varios podios para palistas dumbrieses e o título galego para Jorge Quintáns, Marcos Sánchez e Brais Pérez na competición de "Patrullas".

Segue ca información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
ESTE DOMINGO O CAMPIONATO GALEGO DE SLALOM EN PIRAGÜISMO CHEGA A DUMBRÍA.
Xoves, 06 Xullo, 2017 Enviado por Pirata
Piragüismo
PIRAGÜISMO

                O Río Xallas recibirá a deportistas de toda Galicia.
  

-O Campionato Galego de Slalom chega este Domingo a Dumbría-
-Deportistas de clubes de toda Galicia acudirán ao Chouciño-
-Aberto o prazo de inscripcións para as actividades de verán-

Este domingo a partir das 10 da mañán no Campo de Slalom de O Couquiño, en Olveira, (Dumbría), terá lugar o Campionato Galego de Slalom, a modalidade olimpica do piraguismo en augas bravas. Deportistas de clubes de toda Galicia se citan nas augas do Río Xallas, onde o clube local opta a loitar polo título de Campeón Galego non so a nivel de clubes, se non con muitos deportistas a nivel individual, coma Lorena Costa, Jorge Quitáns, Marcos Sanchez, ou na categoría absoluta Iago Canosa.

Por outro lado, está aberto o plazo de inscripción para as actividades de verán do club, e se calquera neno ou nena da comarca maior de 8 anos que sepa nadar está interesado en iniciarse no piragüismo en augas bravas so ten que porse en contacto co clube no telefono 629 126 623.

Segue ca información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
BO PAPEL DOS PIRAGÜISTAS DO CDM PIRAGÜISMO DUMBRÍA NO "CAMPIONATO GALEGO DE SLALOM".
Luns, 26 Xuño, 2017 Enviado por Pirata
Piragüismo
PIRAGÜISMO

               Sara Fernández vencedora en K1 Benxamín Feminino.

-Bo balance do CDM Piragüismo Dumbría na Copa Galega de Slalom-
-Desenrolouse no Río Umia-

Disputouse este fin de semán en Ribadumia unha nova proba da Copa Galega de Slalom. O Río Umia levaba un caudal suficiente a pesar da falta de chuvias para dibuxar unha serie de correntes e contras ideais para estas competicións dos máis pequenos.O balance para o CDM Piragüismo Dumbría foi moi positivo, con dúas victorias individuais, unha no K1 Benxamín femenino, para Sara Fernandez, categoría onde Aroa Piñeiro foi terceira , e outra para Brais Sanchez, que se está mostrando coma o canoista a batir na Categoría Alevín. Finalmente Laura Caamaño e Xesus Cundíns subiron o segundo chanzo do podium. A vindeira competición desta categoría son os Campionatos Galegos, que se disputarán en Dumbría o 16 de Xullo.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
"COPA DE ESPAÑA DE PIRAGÜISMO" : "2 PRESEAS DE PRATA E UN HISTÓRICO 7º POSTO PARA O CDM PIRAGÜISMO DUMBRÍA".
Martes, 13 Xuño, 2017 Enviado por Pirata
Piragüismo
PIRAGÜISMO
-Copa de España-

             Lorena Costa, (esq), levouse unha presea de prata.

-Duas preseas e 5 finalistas para o CDM Piragüismo Dumbría-

-Acadando un histórico 7º posto por equipos-

Moi boa prestación dos deportistas do CDM Piragüismo Dumbría, que regresou da vila lleidana de Ponts co seu mellor posto nunha Copa de España, septimos, e con cinco finalistas que ademáis foron quenes de lograr dúas medallas. Baixo moita calor, e nunha canle coma a de Ponts, que ten un movementos de auga moi singulares, os deportistas do CDM, adaptaronse moi ben, e rendiron todos a moi bó nivel. Acadando 2 preseas de prata, deses 5 palistas que conseguiron poñerse nas finais, por medio de Lorena Costa e Jorge Quintáns


Segue ca información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
A BASE DO CDM PIRAGÜISMO DUMBRÍA ESTIVO ESPECTACULAR NO "TROFEO EUROCIDADE" DE TUI.
Luns, 22 Maio, 2017 Enviado por Pirata
Piragüismo
PIRAGÜISMO
-CDM Piragüismo Dumbría-

                                                      A base do CDM Piragüismo Dumbría subeuaos podiums.                 

-A base do CDM Piragüismo Dumbría estivo espectacular-

-No Trofeo Eurocidade de Piragüismo en Tui-

Disputouse este domingo en augas do Río Miño en Tui o Trofeo Eurocidade de Piragüismo, proba fronteiriza onde o CDM Piragüismo Dumbría acudíu cunha pequena representación de rapaces que acadou cinco medallas. Na categoría Benxamín, Sara Fernandez e Aroa Piñeiro foron quenes de subir o podium ocupando o primeiro e terceiro chanzo do mesmo. Na mesma categoría pero entre os rapaces, Xesus Cundíns foi segundo. Duas medallas máis acadáronse na categoría Alevín, con Martín Fernandez e Brais Cancela subindo ó podium no terceiro posto, o primeiro na modalidade dos kayaks, e o segundo entre os canoistas. Por último Alexia Canosa na categoría Infantil femenina tívose que contentar cun cuarto posto a tan só un segundo do podium.

Segue ca información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
OS PALEXEIROS DO CDM PIRAGÜISMO DUMRÍA SEGUEN AMOSANDO A SUA GRAN CALIDADE EN PAU.
Martes, 16 Maio, 2017 Enviado por Pirata
Piragüismo
PIRAGÜISMO
-CDM Piragüismo Dumbría-

                                                      Os dumbrieses amosan cada día a sua gran calidade.                 

-Bó papel dos deportistas do Piragüismo Dumbría nos selectivos de Pau-

Ainda que o obxectivo de alcanzar plazas no Equipo Nacional de Slalom non foi logrado, tanto Iago Canosa coma Jorge Quintáns ou Lorena Costa realizaron uns selectivos moi bos, e que invitan a ser moi optimistas de cara a futuras convocatorias.

Segue ca información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
O CDM PIRÜISMO DUMBRÍA CLASIFICA A 4 PALEXEIROS PARA O SELECTIVO NACIONAL DO CAM
Martes, 09 Maio, 2017 Enviado por Pirata
Piragüismo
PIRAGÜISMO
-CDM Piragüismo Dumbría-

                                                       Iago Canosa clasificouse en KI Sub 23.                  

-O CDM Piragüismo Dumbría clasifica a 4 palexeiros-

-Para o selectivo nacional do Campionato do mundo-

Este fin de semán se celebra en La Seu de Urgell a primeira fase das probas selectivas para formar parte do Equipo Nacional de Piragüismo en tódalas categorías. A esta proba o CDM Piragüismo Dumbría acude cunha representación de 5 deportistas buscando, cando menos colarse na segunda fase dos selectivos que terían lugar o vindeiro fin de semán en Pau, (Francia), lugar onde se vai celebrar este ano o Campeonato do Mundo de Piragüismo.


Segue ca información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
5 PALEXISTAS DO CDM PIRAGÜISMO DUMBRÍA A SEU D´URGELL AS PROBAS SELECTIVAS PARA O CAMPIONATO DO MUNDO.
Xoves, 04 Maio, 2017 Enviado por Pirata
Piragüismo
PIRAGÜISMO
-CDM Piragüismo Dumbría-

                                            Marcos Sánchez palexando en Seu d´Urgell.                      

-5 palexeiros do  CDM Piragüismo Dumbría viaxan a La Seu d´Urgell-

-Alí serán as prohas selecivas para o Campionato do Mundo-

Este fin de semán se celebra en La Seu de Urgell a primeira fase das probas selectivas para formar parte do Equipo Nacional de Piragüismo en tódalas categorías. A esta proba o CDM Piragüismo Dumbría acude cunha representación de 5 deportistas buscando, cando menos colarse na segunda fase dos selectivos que terían lugar o vindeiro fin de semán en Pau, (Francia), lugar onde se vai celebrar este ano o Campeonato do Mundo de Piragüismo.


Segue ca información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
DOS 11 PALEXEIROS DO CDM DUMBRÍA QUE FORON A "COPA GALEGA PROMOCIÓN DE SLALOM" 7 ACADARON PRESEA".
Martes, 25 Abril, 2017 Enviado por Pirata
Piragüismo
PIRAGÜISMO
-CDM Piragüismo Dumbría-

                                            Dos 11 palexeiros dumbrieses que foron, 7 subiron o podium.                        

-O  CDM Piragüismo Dumbría volve con 7 preseas

da Copa Galega de Promoción de Slalom-

O rápido do Cordeiro acolleu este domingo a proba inaugural da Copa Galega de Promoción de Slalom. O CDM Piragüismo Dumbría acudiu con 11 rapaces dos que 7 volveron con medallas nun percorrido, o máis esixente dos últimos tempos para esta categoría, nun Río Tea que tiña o caudal ideal para este tipo de competicións dos máis pequenos.

Segue ca información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
PIRAGÜISMO : "O CDM PIRAGÜISMO DUMBRÍA 7º NA COPA DE ESPAÑA DE SEU D´URGELL".
Martes, 04 Abril, 2017 Enviado por Pirata
Piragüismo
PIRAGÜISMO
-CDM Piragüismo Dumbría-

                                 O vimiancés Jorge Quintáns, de novo no podium.
                          

-O  CDM Piragüismo Dumbría 7º na Copa de España en La Seu-

-Medalla para Jorge Quitáns na categoría Cadete K1-

Catro finalistas, Jorge Quintáns en Kayak e Canoa, Iago Canosa no K1 senior, e Lorena Costa no K1 Cadete.

A segunda proba da Copa de España de Slalom se celebraba este fin de semán pasado no Parque Olimpico de La Seu d´Urgell, unha das pistas máis esixentes a nivel mundial e na que agora os deportistas do CDM Piragüismo Dumbría se confirman coma o septimo clube de españa, con apenas 6 puntos de desventaxa sobre o sexto posto, o Club Piragüismo Penedo, que foi ademáis o mellor club galego.

Segue ca información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
BO PAPEL DOS PALISTAS DO CDM PIRAGÜISMO DUMBRÍA A PESARES DE IR MERMADOS A PORTUGAL.
Luns, 20 Marzo, 2017 Enviado por Pirata
Piragüismo
PIRAGÜISMO
-CDM Piragüismo Dumbría-

                                 Jorge Quintáns, volveu a subir o podium.
                          

-Bo papel dos palistas do CDM Piragüismo Dumbría
na Copa Ibérica de Slalom en augas bravas-
-De novo unha infección estomacal mermou aos dumbrieses-

A Copa Ibérica de Slalom é unha competición internacional que se celebra anualmente na vila portuguesa de Covas, e que reune ós mellores equipos de Slalom de Augas Bravas de Galicia, Castilla e León e Portugal. O equipo do CDM Piragüismo Dumbría viaxaba bastante mermada debido a un virus estomacal que xa afectou a varios dos seus deportistas no que vai de tempada, e á época de exames na que nos atopamos, pois o ser dous días de competición, moitos deportistas decidiron darlle prioridade ós seus estudos.

Segue ca información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
O VIMIANCÉS JORGE QUINTÁNS DO CDM PIRAGÜISMO DUMBRÍA PRATA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA.
Mércoles, 08 Marzo, 2017 Enviado por Pirata
Piragüismo
PIRAGÜISMO
-CDM Piragüismo Dumbría-

                                 Jorge Quintáns, (1º esq), no podium.
                          

-O vimiancés Jorge Quintáns do CDM Piragüismo Dumbría
prata na Copa de España de Slalom en augas bravas-
-Unha infección xeralizada mermou aos palistas dumbrieses-

A primeira competición da Copa de España de Slalom 2017 tiña lugar en augas galegas, concretamente no tramo da Praia fluvial do Tea o seu paso pola vila de Mondariz Balneario. Ata alí se desplazou a delegación do CDM Piragüismo Dumbría coa intención de facer a súa mellor proba dende que compite nesta competición nacional, onde participaban dous finalistas olimpicos, e a doble medallista e campeona olimpica Maialen Chourraut. A delegación dumbríesa viña mermada por unha infección gastrointestinal dos deportistas internados no Centro Galego de Tecnificación, co que Jorge Quitans, Marcos Sanchez e Lorena Costa chegaban a esta cita bastante mermados físicamente e con poucas horas de descanso.

Segue ca información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
O CDM PIRAGÜISMO DUMBRÍA VAI A COPA DE ESPAÑA DE SLALOM DE AUGAS BRAVAS EN MONDARÍZ BALNEARIO.
Venres, 03 Marzo, 2017 Enviado por Pirata
Piragüismo
PIRAGÜISMO
-CDM Piragüismo Dumbría-

                                 Crístian González do CDM Piragüismo Dumbdría en plena acción.
                          

-O CDM Piragüismo Dumbría
a Copa de España de Slalom en augas bravas-

Arranca a Copa de España de Slalom de Augas Bravas, e o fai en Galicia, concretamente en augas do Río Tea o seu paso por Mondaríz Balneario, e alí estará como non podía ser de outra maneira a representación do CDM Piragüismo Dumbría. A importancia de esta proba está en que é clasificatoria para os selectivos do equipo nacional, onde o clube dumbries ten posto o obxectivo este ano.

Segue ca información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
"PRIMEIRAS 4 MEDALLAS DA TEMPADA PARA O CDM PIRAGÜISMO DUMBRÍA".
Mércoles, 22 Febreiro, 2017 Enviado por Pirata
Piragüismo
PIRAGÜISMO
-CDM Piragüismo Dumbría-

                                 Jorge Quintáns vencedor no K1 Cadete.
                          

-O CDM Piragüismo Dumbría
suma as primeiras 4 medallas da tempada-

O CDM Piragüismo Dumbría volve con catro medallas e un terceiro posto por clubes da primeira proba da Copa Galega de Slalom de Augas Bravas que se celebrou este pasado fin de semán en Salvaterra de Miño. Nunha xornada de ata certa calor, e cun caudal de auga ideal no Río Tea, foron os rapaces internos no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra os que lograron tódalas medallas para o CDM Piragüismo Dumbría.

Segue ca información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
PIRAGÜISMO : "ARRANCA A TEMPADA PARA O CDM PIRAGÜISMO DUMBRÍA".
Xoves, 16 Febreiro, 2017 Enviado por Pirata
Piragüismo
PIRAGÜISMO
-CDM Piragüismo Dumbría-

                                 Foto de arquivo de Lorena Costa competindo en Sort.
                          

-Arranca a tempada para o CDM Piragüismo Dumbría--


Este fin de seman arranca a Copa Galega de Slalom coa celebración da primeira competición en Salvaterra, despois de que a Copa Iberica se suspendese por falta de caudal no Río Coura. Ali acudirá o CDM Piragüismo Dumbría cunha representación cercana á veintena de deportistas das categorías infantil, cadete, xuvenil e senior.

Segue ca información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
XORNADA EXITOSA DO CDM PIRAGüISMO DUMBRÍA NO CAMPIONATO GALEGO DE SLALOM.
Martes, 11 Outubro, 2016 Enviado por Pirata
Piragüismo
PIRAGÜISMO
-CDM Piragüismo Dumbría-

                           Andréa Pérez en acción no Río Xallas.


AVISO : "Antes de nada informarvos que a partir de agora, na procura de unha maior facilidade para ver o que queres, e de arquivo, cando queirades consultar algunha nova do Piragüismo das que imos poñendo, tedes un enlace direto a dereita da nosa web, (co icono igual o da nova), sen ter que andar buscando cara abaixo na portada da web, ou páxina por páxina o final. Son varias as modalidades para as cales aumentamos os enlaces diretos, nos que queda rexistrada cada categoría".

-A mazariquense Andrés Pérez Campiona Galega de K1-
-Moito púbrico cunha orgañización excelente-

A mazariquense Andréa Pérez Domínguez logrou onte o Título Galego na Categoría K1 absoluta nos Campionatos Galegos de Slalom que se celebraban onte no campo de slalom de O Couquiño, en Olveira, (Dumbría), ante numerosísimo publico e nunca xornada soleada ainda que unha brisa de nordés dificultaba o traballo dos deportistas o balancear lixeiramente as portas e nunha proba moi ben organizada polo CDM Piragüismo Dumbría , e que contou coa colaboración do Concello de Dumbría e da empresa Ferroatlantica que non tivo problema en aportarlle o Río Xallas o caudal necesario tanto para os entrenos coma para a celebración da proba.

Segue con toda a información e fotos...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
ESTA FIN DE SEMANA EN DUMBRÍA OS CAMPIONATOS GALEGOS DE SALOM EN AUGAS BRAVAS.
Xoves, 06 Outubro, 2016 Enviado por Pirata
Piragüismo
PIRAGÜISMO
-Campionato de Galego-

              Esta competición é a máis importante desta disciplina olímpica.

-Esta fin de semana Campionato Galego de Sallom en Dumbría-

AVISO : "Antes de nada informarvos que a partir de agora e cando queirades consultar algunha nova do Piragüismo, tedes un enlace direto a dereita da nosa web, sen ter que andar buscando cara abaixo na portada da web, ou páxina por páxina o final, pola nova que queredes ver. Son varias as modalidades para as cales aumentamos os enlaces diretos, nos que queda rexistrada cada categoría a un "click", para darvos máis facilidades...

-Campionato galego-

O Campo de Slalom de O Couquiño, na parroquia dumbriesa de Olveira acolle este fin de semán o acto final da tempada galega de piragüismo, coa celebración dos Campionatos Galegos de Slalom en Augas Bravas, a competición máis importante desta disciplina olímpica e que reunirá os mellores deportistas desta modalidade.

O CDM Piragüismo Dumbría loitará polas plazas de podium con clubes coma o C.P. Tea de Mondariz Balneario e o C.P. Penedo de Caldelas de Tui, os dous favoritos para facerse co triunfo final. A competición é organizada polo CDM Piragúismo Dumbría coa inestimable colaboración do Concello de Dumbría e Ferroatlantica.



 
Theme creado por dev-postnuke.com