Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
CURRO PESCA
 
CAFÉ BAR OASIS

 
RESTAURANTE D´ALVARO

 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
Usuarios
Benvido Invitado

O rexistro é completamente gratuito e poderás acceder a todas as seccións da web
Podes rexistrarte aquí
Usuario:


Contrasinal:


Recórdame

Membros:  Admins
Conectado  Pirata  
Non Conectado  RubenGarcia  
Non Conectado  Pato  
Membros:  Membros:
Ultimo:  Novos Hoxe: 16
Ultimo:  Novos Onte: 25
Ultimo:  Total: 55029
Ultimo:  Ultimo:
Fortressdta
Membros:  Conectados
Membros:  Membros: 1
Invitados:  Invitados: 27
Total:  Total: 28
Membros:  Membros Online
Conectado  Pirata  
 
CLASIFICACIÓNS
 
LIGAS FÚTBOL 8
 
FÚBOL SALA COSTA DA MORTE
 
FÚTBOL SALA FEMININO/MASCULINO
 
CLASIFICACIÓNS F. VETERANOS COSTA
 
Menú principal

 

Tema: Fútbol Sala Masculino

Los artículos publicados en este tema son los siguientes.

    12345   >

DERROTAS DO VILLA DE CEE E O 5 CORUÑA NA 10ª Xda DA 3ª DIVISIÓN NACIONAL DE FÚTBOL SALA G1 :
Martes, 21 Novembro, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino
3ª DIVISIÓN NACIONAL FS Grupo 1
-10ª Xornada-

O 5 Coruña caía na sua pista ante o Santa Isabel.

-Derrotas do FS Villa de Cee e Academia Red Blue 5 Coruña-

10ª xornada da 3ª División Nacional de Fútbol Sala G1, na que o FS Villa de Cee, caía por 4-2 na sua visita a cancha do Valdesuso Peugeot Vilalba FS por 4-2, namentras que o Academia Red Blue 5 Coruña caía na sua pista ante o Santa Isabel por 0-3. Aquí tes as crónicas e tódolos datos destes encontros da man dos nosos colaboradores, Mon Lijó e Sergi Blanco. Abre a nova para ver as crónicas.

Segue cas crónicas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
CRÓNICAS, RESULTADOS, ETC...DA 4ª Xda DA LIGA DE FUTSAL DE CARBALLO.
Martes, 21 Novembro, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino
LIGA FUTSAL DE CARBALLO
-Crónicas 4ª Xornada-

A liga carballesa cobra emoción por arriba.

-Todo o que deu de sí a 4ª Xornada da Liga de Futsal de Carballo-
-Crónicas, resultados, previa 5ª xornada, etc..."

Aquí tes todo o que deu de sí a 4ª Xornada da Liga Regular Alonso Moda, de fútbol sala de Carballo, da man do noso colaborador e especialista nista competición Juan Ferreiro. A crónica, resultados, clasificación, goleadores, etc...

Segue cas crónicas e moito máis...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
CRÓNICAS E TODO QUE DEU DE SÍ A 3ª Xda DA "LIGA ALONSO MODA" DE FÚTSAL DE CARBALLO.
Martes, 14 Novembro, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino
LIGA FUTSAL DE CARBALLO
-Crónicas 3ª Xornada-

A liga carballesa cobra emoción por arriba.

-O Cervecería O Pazo sube a primeira praza-
-Crónicas, resultados, trofeos, vindeira xornada, etc..."

Trala disputa da 3ª Xornada da Liga Regular Alonso Moda, de fútbol sala de Carballo, temos que destacar a recuperación de confianza da Cervecería Troula, que viña de perder un partido importante cun rival directo e o asalto á cabeza da táboa por parte da Cervecería O Pazo, que desbanca por diferencia de goles ó Dolce&Café que atopou no Interfutsal Deportes San Remo un gran rival, impedíndolle obter un maior resultado no marcador. Aquí tes abrindo a nova completa o traballo do noso colaborador Juan Ferreiro, que nos trae como cada semana, as crónicas dos encontros da xornada disputada, clasificación xera, e dos trofeos, Pichichi, Zamora e a Deportividade, así como a previa cos encontros da 4ª xornada.

Segue cas crónicas e moito máis...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
CRÓNICAS 9ª Xda 3ª DIVISIÓN NACIONAL DE FUTSAL : "VITORIA BALSÁMICA DO 5 CORUÑA E EMPATE AGRIDOCE DO FS VILLA DE CEE".
Martes, 14 Novembro, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino
3ª DIVISIÓN NACIONAL FS Grupo 1
-9ª Xornada-

Miguelón fixo 2 dos goles ceenses.

-Empate "agridoce" do FS Villa de Cee ante o Casás-

-Vitoria balsámica do 5 Coruña-


9ª xornada da 3ª División Nacional de Fútbol Sala G1, na que o FS Villa de Cee, sumaba 1 punto tras duas xornadas con derrotas, e ca sensación de que se puideron sumar os 3, pero con ise sabor agridoxe de que : "non gañamos, pero polo menos sumamos". Os ceenses nun Pavillón Municipal de Cee entregado, empataban 4-4 co Polideportivo Casas. Pola sua banda o Academia Red Blue 5 Coruña acadaba a segunda vitoria do campionato a costa do Gritizón Carballiño FS, (3-7). Unha vitoria balsámica para os rapaces de Sergi Blanco, que suman a segunda xornada consecutiva en positivo, tralo empate da pasada semana co Santiago Futsal "B", (1-1). Abre a nova para ver as crónicas.

Segue cas crónicas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
CRÓNICAS, RESULTADOS, CLASIFICACIÓNS, ETC...DA 2ª Xda DA "LIGA DE FUTSAL ALONSO MODA" DE CARBALLO.
Martes, 07 Novembro, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino

-LIGA REGULAR ALONSO MODA-

-2ª Xornada-


Ainda hai 4 equipos sen puntuar.

-Crónicas 2ª Xornada da liga carballesa de fútbol sala-

Completouse a segunda xornada da Liga Regular Alonso Moda do Fútbol Sala de Carballo. Xornada na cal os equipos comezan a definirse nas posicións da táboa e na que un efectivo Javier Alvite se fai coa primeira posición do Pichichi Clínica de Fisioterapia Javi Teijeiro. Aquí tes as crónicas dos encontros, clasificacións da liga e previa da 3ª xornada e as clasificacións dos trofeos, zamora, pichichi e a deportividade, todo da man do noso colaborador, Juan Ferreiro.

Segue coas crónicas e máis...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICA E RESULTADOS DA 1ª XORNADA DA 24ª LIGA DE FÚTBOL SALA DE CORME.
Martes, 07 Novembro, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino

-24ª LIGA DE FUTSAL DE CORME-


              Bar París, primeiro lider, (foto do ano pasado).

-59 goles na 1ª Xda da Liga de Fútbol Sala de Corme-

-Bo comezo goleador da 24ª edición desta liga-


Tal e como vos apuntamos ca previa o pasado venres, o sábado comezaba a Liga de Fútbol Sala de Corme, orgañizada pola AD Vila de Pondal, (Ponteceso), unh aliga que seguimos por 7º ano consecutivo e que chega a sua 24ª ediución. Un total de 59 goles foron os que se marcaron nesta primeira tirada da liga nos 8 encontros disputados coma sempre no Pavillón de Deportes de Corme. Tan só 2 equipos non viron porta, sendo o primeiro lider por golaveraxe o Bar París con +5, o mesmo ca Talleres Capelán. A liga será un ano máis a 1 volta, con 15 xornadas, na liga regular, (sempre en sábado), para logo xogarse a fase final e dar paso a Copa.

Segue coa información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
HOXE POLA TARDE COMEZA A "24ª LIGA DE FÚTBOL SALA DE CORME".
Sábado, 04 Novembro, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino

-24ª LIGA DE FUTSAL DE CORME-


              Os Aldeáns, equipo dos míticos da competición.

-Hoxe comeza a liga de Fútbol Sala de Corme-

-16 equipos xogarán tódolos sábados-

Hoxe a pola tarde comeza a Liga de Fútbol Sala de Corme, orgañizada pola AD Vila de Pondal, (Ponteceso), e baixo a dirección de Pedro Álvarez. Unha liga que xa chega a 24ª edición, unha das máis antigas e sobranceiras da Costa da Morte. Dende ás 15:00 horas no Pavillón Municipal de Corme co encontro Bar Avenida-Seaia FS, comezará a rodar o balón desta edición que volve a ser a un encontro, todos contra todos, para o remate da liga ir a Copa. Este ano coma nos derradeiros 10 anos seguiremos ao por miúdo esta competición coa crónica semanal e cos resultados tralos encontros nas nosas clasificacións.

Segue coa información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 1ª Xda DA "LIGA REGULAR ALONSO MODA" DE FUTSAL DE CARBALLO :
Martes, 31 Outubro, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino

-LIGA REGULAR ALONSO MODA-

-1ª Xornada-


Marcáronse 46 goles nesta primeira tirada da liga.

-Crónicas 1ª Xornada da liga carballesa de fútbol sala-

Comezou a Liga Regular Alonso Moda, que como vos apuntamos a pasada semana na previa chega a sua 39ª ecidion e que ten lugar no Pavillón de Deportes "Carballo Calero" de Carballo, e comezou con partidos moi interesantes que deixaron entrever detalles da efectividade goleadora dalgúns deles e a capacidade de reacción de outros, que puideron, algúns igualar o resultado e algún outro remontar o partido cun marcador desfavorable. Aquí vos traemos as crónicas dos encontros e fotos do noso colaborador e experto nesta liga, Juan Ferreiro.

Segue coas crónicas e máis...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
3ª DIVISIÓN NACIONAL FS GRUPO 1, (7ª Xda) : "NON GUSTOU NADA A ACTITUDE DOS ÁRBITROS AO FS VILLA DE CEE ANTE O CAMPITO FS".
Martes, 31 Outubro, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino
3ª DIVISIÓN NACIONAL FS Grupo 1
-7ª Xornada-

Non gustou nada en Cee a actitude dos colexiados do encontro ante o Campito FS.

-Malestar no FS Villa de Cee pola arbitraxe e actitude dos colexiados-


7ª xornada da 3ª División Nacional de Fútbol Sala G1, na que o FS Villa de Cee, caía por 1-6 ante o Campito FS, nun encontro que ao parecer xa comezou mal dende antes do seu inicio pola acitude dos colexiados : David Pérez, Borja Moreira e Iván Enríquez, tal e como nos relata o noso colaborador, e responsable de prensa do clube ceense, Mon Lijó : "A actitude mostrada polo árbitros dende que chegaron o pavillón, poñendo problemas cas linas do campo, cas porterías, co marcador, que se non cumprían o regulamento (Pavillón Homologado pola Federación en Setembro 2017), desesperando os delegados, que si coincidía o color da cazadora do adestrador do equipo rival ca do porteiro noso, etc, etc, e normal que se lles fose das mans o partido, e e normal que cando se quere ser protagonista finalmente se consiga". Abre a nova para ver as crónicas.

Segue cas crónicas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
PREVIA : ESTE SÁBADO COMEZA A "24ª LIGA DE FÚTBOL SALA DE CORME".
Martes, 31 Outubro, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino

-24ª LIGA DE FUTSAL DE CORME-


              O Bar Mádison comeza a liga enfrontándose Os Aldeáns.

-Este sábado 4 comeza a liga de Fútbol Sala de Corme-

-16 equipos xogarán tósdolos sábados-

Este sábado 4 de Novembro en pleno Samaín comeza a Liga de Fútbol Sala de Corme, orgañizada pola AD Vila de Pondal, (Ponteceso), e baixo a dirección de Pedro Álvarez. Unha liga que xa chega a 24ª edición, sendo unha das máis sobranceiras da Costa da Morte e na que se poden ver a moitos dos mellores xogadores costeiros sobre a pista. Un total de 16 equipos forman esta edición e que xogarán tódolos sábados dende ás 15:00 horas no Pavillón Municipal de Corme. Este ano coma nos derradeiros 10 anos seguiremos ao por miúdo esta competición coa crónica semanal e cos resultados tralos encontros nas nosas clasificacións.

Segue coa información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
O FS VILLA DE CEE CORTOU A RACHA DE DERROTAS COA PRIMEIRA VITORIA COMO LOCAL.
Mércoles, 25 Outubro, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino
3ª DIVISIÓN NACIONAL FS
-6ª Xornada-  
 
O FS Villa de Cee cortou a racha de derrotas ante os seus.

FS Villa de Cee/Clínica A Xunqueira 6-5 Gritizon Carballiño FS
-Sufrida e necesaria 1ª vitoria como locais dos ceenses-

6ª xornada da 3ª División Nacional de Fútbol Sala G1, na que o FS Villa de Cee recibía ao colista nun encontro de necesidades para ambos equipos. Os ceenses precisaban unha vitoria que cortara a xeira de 4 derrotas consecutivas tras comezar gañando ante o Santa Isabel, (4-7) e esa vitoria chegou 35 días despois pero chegou. Unha vitoria sufrida ante o Gritizón Carballiño FS, pero balsámica a vez para os rapaces de Mira Llopis, que ademáis puideron brindar aos seus afeccionados a primeira vitoria na categoría como local ante a sua afección.

Segue coa crónica e máis...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
CRÓNICA DA SUPERCOPA DE FUTSAL DE CARBALLO QUE GAÑO "O PAZO" E CALENDARIO DA LIGA REGULAR.
Martes, 24 Outubro, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino
SUPERCOPA FUTSAL CARBALLO
 
Cervecería O Pazo campión da Supercopa de Futsal de Carballo.

Bar Rosalía 4-5 Cervecería O Pazo
-Cervecería o Pazo campión da "39ª Supercopa Asesoría Cervantes"-

Arrincaba o 19 de outubro no Pavillón Carballo Calero, unha das edicións máis emocionantes da Liga de Fútbol Sala de Carballo a 39ª, e co primeiro trofeo do ano en xogo a Supercopa Asesoría Cervantes. Por unha banda os subcampións da anterior edición da Liga Regular Alonso Moda o “Bar Rosalía” de Ponteceso (o campión da Liga non se presentou este ano), pola outra, o campión da Copa Hotel Restaurante Punta del Este o “Cervecería O Pazo” de Pazos (Ponteceso). O partido prometía posto que os dous equipos son de alto nivel, e contan nas súas alineacións con xogadores de calidade para facer dano na portería contraria. Este encontro tal como vos indicamos a pasada semana é o pistoletazo de saida para o comezo de liga, que levaremos un ano máis na nosa web coa colabroación de Juan Ferreiro Lago e co calendario e resultados de cada semana nas nosas clasificacións. Aquí tedes como será a primeira xornada de liga ademáis da crónica da Supercopa.

Segue coa crónicas e o calendario da liga...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
3ª DIVISIÓN NACIONAL DE FUTSAL MASCULINO : "O VILLA DE CEE SUMA A CUARTA DERROTA DA TEMPADA".
Mércoles, 18 Outubro, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino
3ª DIVISIÓN NACIONAL FS
-5ª Xornada-  
 
O FS Villa de Cee leva 4 derrotas seguidas.

Sport Sala Culleredo 8-1 FS Villa de Cee/Clínica Xunqueira
-O FS Villa de Cee segue sendo afectado por decisións arbitrais-

5ª xornada da 3ª División Nacional de Fútbol Sala G1, na que o FS Villa de Cee volveu a caer. Non é disculpa do mal encontro que fixeron os ceenses que caeron con xustiza en Culleredo, (8-1), pero se en Bueu fai un par de semanas se vía afectados polas decisións arbitrais ata caer por 2-1, habendo feito méritos para golear, no encontro desta fin de semana o meta do Sport Sala Culleredo, David Castro, tería que ter sido expulsado na primeira metade por mans fora do área, e evitando un gol cantado, tal e como nos apuntan dende o clube ceense. Tanto é así que no minuto 1 xa era expulsado polas protestas o adestrador ceense, Mira Llopy, e aos 3 minutos xa gañaban o cullerdenses por 2-0. A crispación e o mal encontro fixeron que practicamente quedara todo resolto na primeira metade cun craro 5-1. Agora só cabe pensar na vindeira xornada na que os rapaces ceenses reciben no Municipal de Cee o sábado a partires das 18:00 horas ao GRI Carballiño FS, colista da competición. Abrindo a nova completa podes ver a crónica do encontro ante os de Culleredo no Municipal de Tarrío que nos manda o noso colaborador, Mon Lijó.

Segue coa crónica e máis...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
PREVIA : "ESTE XOVES CA SUPERCOPA COMEZA A "39ª LIGA DE FUTSAL DE CARBALLO".
Martes, 10 Outubro, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino
LIGA DE FÚTBOL SALA DE CARBALLO

O Pazo é un dos equipos que xogará a Supercopa este xoves.

-Este xoves comeza a 39ª Liga de Fútbol Sala de Carballo-
-Farao ca disputa da Supercopa-
-Previa da Liga e Copa 2017/18-

O vindeiro xoves día 19 de outubro comezará a 39ª edición da liga de Fútbol sala de Carballo, organizada pola sección de fútbol sala da Agrupación Deportiva Carballo coa colaboración do Concello de Carballo. Un ano máis a edición estrearase coa disputa da Supercopa Asesoría Cervantes, esta competición xógase a partido único entre o campión da Liga Regular "Alonso Moda" e o campión da Copa "Hotel Restaurante Punta del Este", neste caso devandito mérito corresponde aos equipos Bar Rosalía de Ponteceso e "Cervecería O Pazo" de Pazos (Ponteceso). A Supercopa Asesoría Cervantes dá inicio a unha nova tempada que este ano estará formada por 13 equipos da Bisbarra de Bergantiños...

A Liga será a unha soa volta e a Copa recupera o formato do Torneo do K.O. Abre a nova o completo para ver como será a liga a copa e quenes participarán, así como os trofeos en xogo.

Segue ca previa da liga...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
ABERTO O PRAZO DE INSCRIPCIÓNS PARA A LIGA DE FUTSAL DE CORME 2017-18.
Martes, 10 Outubro, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino
LIGA DE FÚTBOL SALA DE CORME
               
         Transportes Cotelo foi o campión do ano pasado.

-Aberto o prazo de inscripcións ata o 27 de Outubro-
-Comezará o 4 de Novembro-

Aberto o prazo de inscripcións de equipos para a Liga de Fútbol Sala de Corme, ata o día 27 de Outubro. Ata o intre hai 16 equipos que xa confirmaron a sua participación. O responsable da orgañización, o noso colabrorador Pedro Álvarez, infórmanos de que : "O máximo de equipos será de 24, tendo preferenza para inscribirse os equipos que participaron o ano pasado, e o mesmo día 27 de Outubro haberá unha xuntanza informativa e sorteo da liga no Pavillón Municipal de Corme a partires das 21:00 horas". Está previsto que a liga comece o 4 de Novembro e que a competición se desenrole os sábados, como o ano pasado, e nela só poden participar maiores de 16 anos. Os interesados en inscribir un equipo poden facelo de luns a venres no teléfono : 630 172 986.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
3ª DIVISIÓN NACIONAL FUTSAL MASCULINO G1 : "NO FS VILLA DE CEE NON SE PODEN CRER A ARBITRAXE SUFRIDA EN BUEU".
Martes, 03 Outubro, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino
3ª DIVISIÓN NACIONAL FS
-3ª Xornada-  
 
No FS Villa de Cee non se poden crer a arbitraxe sufrida en Bueu.

AD FS Bueu 2-1 FS Villa de Cee
-O FS Villa de Cee cae sinteuse "atracado" en Bueu-

3ª xornada da 3ª División Nacional de Fútbol Sala G1, na que o FS Villa de Ceeque se desprazou a BVueu para xogar o encontro correspondente a esta xornada, sinteuse "atracado" pola arbitraxe sufrida. "O arbitraxe foi nefasa", cargáronse o encontro en 5 minutos", decíanos o xogador e colaborador noso Mario de José, que nos comenta que : "Aos 3 minutos expúlsannos a Perce, sen sabéremos porque, cando recibía unha falta él. Pouco despois Aitor pide distancia nunha falta, non lla contan, pasan os 4 segundos collen eles o balón e márcannos. A gota que colmou o vaso foi que empata Aitor e despois o porteiro deles para o balón ca man e nen falta pitan, pouco despois o mesmo pero con Pose e expúlsano. Estivemos 4 minutos con 3 no campo, faltando 10, e ainda así non nos marcaron gol"...

Segue coa crónica e máis...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
CRÓNICAS 2ª Xda 3ª DIVISIÓN NACIONAL FS MASCULINO G1 : "O VILLA DE CEE NON PUIDO BRINDARLLE UNHA VITORIA AOS SEUS".
Martes, 26 Setembro, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino
3ª DIVISIÓN NACIONAL FS
-2ª Xornada-  
 
O FS Villa de Cee non puido brindarlle unha vitoria aos seus.

-O FS Villa de Cee cae no seu estreo como local-
-Pazos de Borbén, Vasan Inversia e Sala Ourense, mandan na liga -

Segunda xornada da 3ª División Nacional de Fútbol Sala G1, na que o FS Villa de Cee xogaba no seu féudo tras gañar na primeira xornada. Moitas baixas, con só 8 xogadores, pero a intención era a de sumar unha nova vitoria e desta volta ante o seu púbrico e para asinar a primeira vitoria na categoría en terras ceenses. No foi posible, e os puntos viaxaron ao Barbanza ca vitoria do Ribeira FS por 3-6. Nesta xornada que se marcaron a nada desdeñable suma de 62 goles, moi por debaixo da xornada inicial que sumou 79, tan só o Pazos de Borbén, (1º), o Vasán Inversia Estrada Futsal, (2º), e o Sala Ourense 2014, (3º), foron quen de repetir vitoria, nunha liga na que seguen sen puntuar o Santiago Futsal "B", Bueu FS e Gritizon Ourense. O Academia Red Blue 5 Coruña que gañara na primeira xornada desta volta caeu ante o Sala Ourense 2014 por 5-1. Segue coas crónicas e máis abrindo a nova completa.

Segue cas crónicas e máis...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
CRÓNICAS 1ª Xda 3ª DIVISIÓN NACIONAL FS MASCULINO : "DEBÚT HISTÓRICO DO FS VILLA DE CEE".
Martes, 19 Setembro, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino
3ª DIVISIÓN NACIONAL FS
-1ª Xornada-  
 
Histórico debút do FS Villa de Cee nesta competición.

-O FS Villa de Cee debuta gañando a domicilio-
-Xornada goleadora con nada menos ca 79 goles-

Tal e como vos apuntamos a pasada semana, na fin de semana comezaba a 3ª División Nacional de Fútbol Sala G1, na que o FS Villa de Cee debutaba por primeira vez na sua historia, nos 3 anos que ten tan só de vida, e facíao visitando ao equipo lucense do Santa Isabel FS, ao que derrotaba por 4-7. Pola sua banda o Academia Red Blue 5 Coruña recibía no seu féudo ao Campito FS, ao que derotaba por un axustado 6-5. Segue coas crónicas e máis abrindo a nova completa.

Segue cas crónicas e máis...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
O 15 DE SETEMBRO REMATA O PRAZO DE INSCRIPCIÓNS DE EQUIPOS PARA A LIGA DE FÚTBOL SALA DE CARBALLO.
Martes, 05 Setembro, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino
FÚTBOL SALA

                   A liga carballesa goza dun alto nivel.

          
-A Liga de Fútbol de Carballo vai tomando forma-
-O 15 de Setembro pecha o prazo de inscripcións-

O vindeiro 15 de Setembro péchase o prazo de inscripcións para a Liga de Fútbol Sala de Carballo, segundo nos informan da orgañización. O número máximo de equipos é de 20, e a falla de 10 días para o peche de ionscrpcións de equipos son 14 os que xa fixeron efcitva a sua, para a Liga 2017/18, polo que ainda estades a tempo e hai sitio para apuntarse. A idea e de comece a competición a principios de Outubro. Podedes inscribirvos en https://www.facebook.com/futbolsalacarballo (por mesaxe privada), ou no correo electrónico futbolsalacarballo@gmail.com e no teléfono 628 115 468.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
SERGI BLANCO LEVARÁ O ACADEMIA RED BLUE 5 CORUÑA DA LIGA GALEGA XUVENIL DE FUTSAL.
Martes, 22 Agosto, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino
FÚTBOL SALA   
 
Sergi Blanco levará os xuvenís do 5 Coruña.

-Sergi Blanco dirixirá o 5 Coruña da Liga Galega Xuvenil FS-
-Será sua primeira experienza nista competición-

O equipo xuvenil da Academia Rede Blue 5 Coruña competirá por primeira vez na Liga Galega Xuvenil de fútbol sala. Ao mando desta nova etapa estará Sergi Blanco que a pasada tempada estivo a dirixir ao Mera FS en liga provincial senior, ademais de compaxinar os seus labores coordinativas dentro da Academia Rede Blue 5 Coruña. Por outra banda Jes Otero que xogaba no clube no equipo da 3ª División farase cargo do equipo feminino senior.

Segue coa información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 

    12345   >

Theme creado por dev-postnuke.com