Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
CURRO PESCA
 
CAFÉ BAR OASIS

 
RESTAURANTE D´ALVARO

 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
Usuarios
Benvido Invitado

O rexistro é completamente gratuito e poderás acceder a todas as seccións da web
Podes rexistrarte aquí
Usuario:


Contrasinal:


Recórdame

Membros:  Admins
Non Conectado  Pirata  
Non Conectado  RubenGarcia  
Non Conectado  Pato  
Membros:  Membros:
Ultimo:  Novos Hoxe: 12
Ultimo:  Novos Onte: 32
Ultimo:  Total: 51598
Ultimo:  Ultimo:
niedistPiexy
Membros:  Conectados
Membros:  Membros: 1
Invitados:  Invitados: 12
Total:  Total: 13
Membros:  Membros Online
Conectado  niedistPiexy  
 
CLASIFICACIÓNS
 
LIGAS FÚTBOL 8
 
FÚBOL SALA COSTA DA MORTE
 
FÚTBOL SALA FEMININO/MASCULINO
 
CLASIFICACIÓNS F. VETERANOS COSTA
 
Menú principal

 

Tema: Depor News

Los artículos publicados en este tema son los siguientes.

    12345   >

DEPOR IN BRIEFF : "ESCOLMA DE NOVAS BREVES DO DEPOR".
Xoves, 27 Xullo, 2017 Enviado por Pirata
Depor News
DEPOR IN BRIEFF

Tremendo pase de Fede Cartabia e gol de Juanfran no cuarto gol.

-Novo encontro moi productivo ante o Ferrol-

-Escolma de novas deportivistas-

-Novo encontro de pretempada moi productivo no que o Depor levouse o "LXVI Concepción Arenal. De novo bo fútbol, bonitos goles, nova vitoria desta volta 1-4, e unha excelente entrada que lle virá moi ben ao Racing de Ferrol, con moitos deportivistas nas bancadas e que puxo uns prezos antre os 12 euros das tribunas a 1 euro para os nenos. Volveu a xogarse sen dianteiro, o deixar fora a Andone por precaución e fixeron o seu papel por intres, Borja Valle, Bakkali e Bicho, que voltaba a que foi a sua casa a pasada tempada e que marcou un gol de rebote, tras mandar o pau e rebotar nun xogador ferrolán para irse o fondo das mallas. Çolak volveu a facer auténticas marabillas co balón e Bakkali amosou unha vez máis o que lle gusta o un contra un e a velocidade. Schär xogou 70 minutos e veuse ben, rápido e áxil co balón nos pes. Agora a próxima cita é ante o Porto FC no Estadio dos Dragöes, o Domingo ás 20:30 horas galega, (18:30 GMT), televisado desta volta pola TVG2.

-Máis novas breves abrindo a nova o completo : Teresa Herrera, Lucas Pérez, Próximo encontro, Juanfran, Depor-Madrid, pretempada, etc...

Segue cas informacións...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
DEPOR IN BRIEFF : "ESCOLMA DE NOVAS BREVES DEPORTIVISTAS".
Mércoles, 26 Xullo, 2017 Enviado por Pirata
Depor News
DEPOR IN BRIEFF

Pontevedra e Depor xogaron un choque disputado en especial no 1º tempo.

-Novo encontro moi productivo ante o Pontevedra-

-Escolma de novas deportivistas-

-Novo encontro de pretempada moi productivo o que o Depor disputou ante o Pontevedra no que se levou o "Trofeo Luis Otero" o vencer por 0-5. Subeu o nivel e veuse un encontro moi disputado no que se seguen a ensamblar as pezas no equipo e que foi un bo adestramento, que ademáis supuxo un bo petisco económico para o clube pontevedrés cunha entrada de máis de 3.000 afeccionados. Unha vez máis moito deportivismo nas gradas con peñas da volta da cidade pontevedresa, como por exemplo a da Peña Perla de Arousa que movilizou a gran número de peñistas arousáns, así como a posta de longo da "Peña Deportivista Boa Vila", que se inaugurou na propia cidade. O dito un encontro moi produtivo no deportivo, no económico e sobre todo no social, acercando o equipo aos nosos. Debutou a nova incorporación Fabián Schär, que xogou 20 minutos. Andone deu o susto ao cuarto de hora do encontro, e tivo que abandoar o terreo de xogo. Trala a observación dos galenos detectouselle unha contusión sen máis perigo. O encontro como xa vos adiantamos nas breves destes días foi televisado en direto pola canle do Depor de YouTube, (RCDeportivo), como tamén será o do xoves en Ferrol. Nesta mesma canle podedes ver tódolos encontros en diferido se non os víchedes.

-Máis novas breves abrindo a nova o completo : ficha do encontro, Andone, Ferrol, Lucas Pérez, Abonos, Federación de Peñas...

Segue cas informacións...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
DEPOR IN BRIEFF : "ESCOLMA DE NOVAS BREVES DO DEPORTIVO E DO DEPORTIVISMO".
Luns, 24 Xullo, 2017 Enviado por Pirata
Depor News
DEPOR IN BRIEFF

Fabián Schär amosouse contendo de recalar na Coruña.

-Primeira rolda de prensa de Fabián Schär-

-Escolma de novas deportivistas-

Aquí tes as primeiras verbas do novo central do Depor, Fabián Schär, que se amosa, "moi orgulloso por vestir estas cores e moi ilusionado por vir a un equipo dos grandes de Europa, que ten moita historia e que se interesou moito por min". Proba disto é que dende que chegou a Coruña, non fai máis ca colgar no seu Twitter, fotos e vídeos do seu novo lugar de residencia. Ademáis aquítedes unha serie de novas breves sobre o parte médico de Carles Gil, máis de 10.000 carnets retirados, novas da Federación de Peñas, amistosos do Depor para esta semana, amistoso do Fabril, etc...

Segue ca información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
LUCAS PÉREZ ESTALLA ANTE O TRATO QUE ESTÁ A RECIBIR POR PARTE DE ARSENE WENGUER.
Luns, 24 Xullo, 2017 Enviado por Pirata
Depor News
DEPOR IN BRIEFF


O Depor está gañando moito máis ca encontros.

-Lucas púxolle as cousas craras a Arsene Wenger-

-Quer voltar o Depor para volver a sentirse futbolista-

Segundo unha información de Alexandre Centeno en La Voz de Galicia, Lucas Pérez non se andivo polas ramas e "estallou" ante a discriminación que está a sufrir no Arsenal por parte de Arsene Wenger, que o ano pasado a pesares de ser o xogador que mellor aproveitou os minutos que lle deu, nunca de lleu a oportunidade de amosar a sua valía. Foi o único xogador que marcou en tódalas competicións que xogou o equipo a pesares dos poucos minutos que disputou, e por poñer un exemplo, tras marcar un "hat-trick" na Champións, no seguinte encontro o banquillo, e igualmente nas duas copas que se xogan no fútbol inglés e na liga, dándolle o seu sítio a xogadores que fixeron moito menos, ou inda que non rascaran bola. Vise claramente que mirou sempre a nacionalidade antes ca valía. Para rematala o adestrador francés deulle o seu número de dorsal a outro compañeiro, algo que non se ve nen no fútbol afeccionado. Segundo Centeno, no seu artigo, Lucas díxolle a Dick Law, "mánager" do Arsenal nunha xuntanza privada : "Quiero marcharme para jugar y ser feliz. El año pasado apenas tuve oportunidades y cuando las tuve las aproveché. Y esta temporada está claro que va a ser más de lo mismo. Quiero luchar por ir a la selección. Quiero jugar al fútbol. Pero para eso tengo que salir. Y creo que donde mejor voy a estar es en mi casa, en el Dépor. No se están portando bien conmigo. Lo de quitarme el dorsal sin comentarme nada para dárselo a un compañero, ya me parece lo último. Lamentable. Yo así no puedo seguir. Lo he dado todo, pero no he sido correspondido, así que no aguanto más".

Segue ca información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
SUSO CARREIRA SEGUIRÁ UN ANO MÁIS NO ACADEMIA RED BLUE 5 CORUÑA INDA QUE TROCARÁ LABORES.
Luns, 24 Xullo, 2017 Enviado por Pirata
Depor News
FÚTBOL SALA FEMININO

Suso deixa a dirección do equipo senior para voltar a base.
       

-Suso Carreira seguirá vinculado o 5 Coruña FSF-
-Volve a base e tamén levará outras labores do club-

Dende o Academia Red Blue 5 Coruña, véñennos de anunciar que o adestrador, e gran colaborador da nosa web dende que comezamos fai 10 anos co futsal feminino, Suso Carreira,
decidiu deixar a dirección técnica do equipo senior feminino para centrarse noutros labores dentro do club. Na tempada 2017/2018 centrarase na base feminina dando continuidade ao labor que comezou o ano e seguirá dentro do grupo directivo encargado da toma de decisións e procura de patrocinios. Dende o clube herculino dinnos que é : "Sen dúbida é unha gran noticia para a Academia Red Blue 5 Coruña  poder seguir contando con Suso, a súa dedicación á parte feminina a tempada pasada permiteu ao club dar un salto cualitativo e cuantitativo nesta sección e é xusto valorar moi positivamente toda a infraestrutura e traballo realizado na parte senior así como o nacemento da base feminina e toda a promoción realizada durante o ano coas xornadas gratuítas".

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
DEPOR IN BRIEFF : "GRAN ÉXITO DA PRETEMPADA DO DEPOR NO DEPORTIVO, NO ECONÓMICO E NO SOCIAL".
Domingo, 23 Xullo, 2017 Enviado por Pirata
Depor News
DEPOR IN BRIEFF


O Depor está gañando moito máis ca encontros.

-Éxito total da pretempada do Depor-

-No competitivo, no económico e no social-

No derradeiro encontro da Depor-Pretempada o resultado foi de 1-6 para un depor que está collendo o ritmo e que lle faltan varias pezas. Un porteiro, (en Inglaterra dan por feito a fichaxe do meta Joel Robles do Everton), un dianteiro, (Estase a loitar por traer de volta a Lucas), e un interior, (Luis Alberto podería ser a sorpresa). A diretiva e Richard Barral deunos a sorpesa cun inesperado central de moitísima calidade como é Fabián Schär, e pode chegar desa maneira algún máis, ao máis puro estilo Lendoiro, cando aparecía con xogadores dos que naide poñía nas quinielas dos rumores. Pero o máis importante é o éxito total que está a ter esta pretempada, xogando máis encontros ca ninguén na 1ª División, e contra equipos dos nosos, dos da nosa terra. Un éxito no deportio, non polos resultados, senón porque estes equipos xogan con moita intensidade, e ata hai piques, ao enfrontarse ao Depor, un equipo de Primeira, para deixar boas sensacións aos seus. Non son eses encontros contra equipos de máis nivel, nos que non se poñe o pé. Un éxito no económico. Tódolos encontros son televisados pola canle de YouTube do Depor, (RCDeportivo), en direto, patrocinados pola Clínica Pardiñas, e un éxito igualmente para os clubes modestos cos que se xoga, xa que as entradas son enormes, e cunha inxección económica para os clubes de miles de euros. E un éxito no social, pois o clube branquiazul, cun 42% dos galegos, deportivistas confesos, segundo o Instituto Nacional de Estadísticas, (INE), e con 1 de cada 100 galegos socios deportivistas, está a acercar o equipo aos afeccionados de toda Galicia, (Vilalba, Vilagarcía de Arousa, Cerceda, As Somozas, Carballo, e Pontevedra o vindeiro 25). Con todo isto o de menos é que o Depor gañase tódolos encontros, que leve 27 goles a favor e 7 encontra. O importante é que o equipo está gañando moito máis ca encontros, está competindo contra equipos que lles loitan, están deixando cartos moi necesarios aos clubes, e está xunta os seus...o deportivismo.

Segue ca información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
ESCOLMA DE NOVAS BREVES DO DEPOR :
Venres, 21 Xullo, 2017 Enviado por Pirata
Depor News
DEPOR IN BRIEFF



-Calendario completo do Depor para a 2017/18-

-O Depor Feminino "A" comzará a liga en Xixón-

-Escolma de novas breves deportivistas-

Aquí tes a magnífica montaxe con aires mariñeiros que fixo o Depor para anunciar tódolos encontros do equipo na Liga 2017/18. Unha liga que comezará o 19 ou 20 de Agosto e que como informamos o intre cando saeu o calendario, comezará ca visita do Real Madrid a Coruña. "O Noso Derbi" será o 20 de Nadal en Riazor.

Segue coas breves...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
DEPOR IN BRIEFF : "O DEPOR FICHA O CENTRAL FABIAN SCHAR E DEBUTA EN LIGA CONTRA O MADRID EN RIAZOR".
Venres, 21 Xullo, 2017 Enviado por Pirata
Depor News
DEPOR IN BRIEFF

Fabian Schär...o novo Sidnei?.

-O central Fabian Schär novo xogador branquiazul-
-Asinará por 4 tempadas-
-Primeira xornada Depor-Real Madrid-

Fabian Lukas Schär (Wil, Cantón de San Galo, Suíza, 20/12/1991), confírmanos o Depor que pendente de revisión médica, xa é novo xogador do clube para as próximas 4 temporadas. Internacional por Suiza, procede do TSG 1899 Hoffenheim da Bundesliga. Schär saeu das categorías inferiores do Wil, equipo no que debutou profesionalmente en 2009, disputando un total de 52 encontros en 3 tempadas, de aí pasou Basilea, da 1ª División Suíza, co que xogou 3 tempadas e un total de 73 partidos. Fichou polo Hoffenheim, alemán co que xogou 28 encontros.  No seu país conquistou 3 Ligas Suízas e a distinción de mellor debutante no ano 2013. Coa súa selección participou nos Xogos Olímpicos de 2012 en Londres e no Mundial de Brasil 2014. Foi internacional coa selección absoluta de Suíza en 29 ocasións e marcou 7 goles. Está considerado un central rápido e que ten moiboa saida de balón e que vai moi ben por alto cos seus 1,86 m de altura. Está considerado un central de moita calidade o que parece dislumbrar que será o sustituto de Sidnei. Clubes como o B. Dormund, Arsenal, Manchester United, Tottenham e FC Barcelona chegaron a interesarse en Schär cando estaba no Basel e incluso a temporada pasada pasada o propio FC Barcelona o tiña na axenda pero acabou fichando a Umtiti.

Na primeira xornada Depor-Real Madrid, e na derradeira Valencia-Depor, segundo o sorteo da 1ª División Española 2017/18. O "Noso derbi", xogarase na 17ª Xornada ca visita dos vigueses a Riazor. Coincide novamente co que lle chaman "Derbi do fútbol español", pero que polo que se entende "derbi", non o é, xa que son equipos de diferentes cidades ou comunidades.

1ª Xornada : Depor-Madrid; Atlético-Girona; Málaga-Eibar; Atlhetic Club-Getafe; Sevilla-Español; Leganés-Alavés; Barcelona-Betis; C. Vigo-Real Sociedad; Villareal-Levante; Valencia-Las Palmas.

Segue coa información...


Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
DEPOR-PRETEMPADA : "NOVO TRUNFO, NOVA GRAN TAQUILLA PARA O RIVAL E PRIMEIRO GOL EN CONTRA".
Xoves, 20 Xullo, 2017 Enviado por Pirata
Depor News
DEPOR-PRETEMPADA

Fede Valverde marcou un golazo e foi alzado por Sidnei.

UD Somozas 1-6 Depor
-Primeiro gol encaixado nesta pretempada-
-Fede Valverde marcou o golazo do encontro-

Quinto encontro-adestramento de pretempada para os homes de Pepe Mel no que derrotaron ao UD Somozas por 1-6, cun auténtico golazo do xove uruguaio Fede Valverde dende 50 metros, ao ver adiantado o meta do Somozas. A falla de dianteiros volveu a levar a Bakkali de dianteiro, como pasou antonte en Cerceda.
O Depor encaixou o primeiro gol encontra desta pretempada e foi dun xeito "inocente". Mentras os xogadores parlamentaban para colocar a barreira, os branquiverdes, sacaron e batiron ao coristanqués, Rubén, ante as protestas dél e os compañeiros o colexado, como se houbesen pedido barreira. Ainda que o resultado é o de menos o equipo deportivista leva 21 goles a favor e 1 en contra. Polo demáis un adestraento máis de cara a coller a forma, e desta volta cun equipo enfrente que loitou e para nada quixo que parecese un amistoso. Ata houbo algún que utro pique. O Depor amosou moita velocidade e verticalidade arriba e polas bandas. Disputouse o "II Memorial Manuel Candocia", cun campo abarrotado, ao igual caos catro anteriores, o que está supoñendo unha importante inxección económica para os clubes e ademáis o acercamento do Depor a afección.

O encontro foi televisado en direto pola canle de YouTube do Deportivo en moi boa calidade, como están a ser todos desta pretempada. A próxima cita de "encontro-adestramento" será ante o Bergantiños CF, nas Eiroas, (Carballo) o vindeiro sábado 22, a partires das 19:30 horas, e será televisado de novo.

Segue coa información...


Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
Fayçal ficha polo Getafe
Mércoles, 19 Xullo, 2017 Enviado por Pirata
Depor News
DÉPOR NEWS

-Fayçal ficha polo Getafe-

Fayçal Fajr non entraba nos plans de Pepe Mel polo que o Getafe chegou a un acordo co Dépor para a incorporación do xogador internacional marroquí a o conxunto azulón. O Deportivo afórrase a ficha de Fayçal e ademáis conserva o 50% da propiedade do xogador polo que se beneficiaría en futuros traspasos que poida haber.


Segue con máis noticias...


Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
O VENRES O SORTEO DOS CALENDARIOS DE 1ª , 2ª DIVISIÓN e 2ª B.
Mércoles, 19 Xullo, 2017 Enviado por Pirata
Depor News
SORTEO DE CALENDARIOS 2017/18
               
       

-A RFEF anuncia o sorteo da 1ª e 2ª División e 2ª B, 2017/18 para o venres-
-Tras aprazar onte tódalas xuntanzas desta semana-
-Ángel María Villar non estará no sorteo-

A Real Federación Española de Fútbol anuncianos que o sorteo dos calendarios da 1ª e 2ª División de Fútbol Español sortearanse o vindeiro venres 21 de Xullo a partires das 12:30 horas na "Ciudad del Fútbol", de Las Rozas, (Madrid). Onte mesmo a RFEF anunciaba que quedaban aprazadas ata nova data as xuntanzas do órgano diretivo que estaban programadas para os días 19, 20 e 21 de Xullo, tralo apresamento do presidente Ángel María Villar, por un suposto desfalco máis dos que xa ten varias causas abertas. Cabe destacar que Villar non estará no sorteo...ou sí?...Vendo como está o fútbol español non me extrañaría que sí estivese, e cos presidentes dos grandes clubes meténdolle a man por enriba do hombreiro. A ver se é verdade e se limpa o fútbol español e se van destapando a moitos e moitas cousas que hai agochadas, ou se é verdade que esto é así de podre como se ve.

Explicar que só se sortea físicamente a primeira xornada da 1ª División, logo a 2ª División e os grupos da 2ª B son por medio dun sistema informático.

Segue ca información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
DEPOR-PRETEMPADA : CERCEDA 0-1 DEPOR : "ENCONTRO NUN SÓ SENTIDO COA DESPEDIDA DE NOÉ".
Martes, 18 Xullo, 2017 Enviado por Pirata
Depor News
DEPOR-PRETEMPADA

Fede Valverde xogou media hora no encontro ante o Cerceda.

Cerceda 0-1 Depor
-Encontro nun só sentido-
-Colgou as botas o fisterrán Noé no Cerceda e recibeu a sua homenaxe-

Cuarto encontro-adestramento de pretempada para os homes de Pepe Mel no que derrotaron ao Cerceda por 0-1, con gol de Bicho e un día máis ca porta a cero. Ben e certo que o equipo cercedense non pasou practicamente o medio do campo, en especial na segunda metade, que o único balón que traspasou o medio do campo polos do interior foi nunha falta lanzada dende o seu campo. Bo traballo defensivo do equipocercedense e mal de cara a gol o depor que dispuxo de varias ocasións de gol, pero só foi quen de atinar nunha. Bruno Gama mandou un balón a bocaxarro o longueiro. Emre Çolak fixo marabillas ata que Pepe Mel puxo o trivote e trocou o sistema. Debutou na segunda metade Bakkali, pero fíxoo de dianteiro o sair Andone e non ter dianteiros no equipo, xa que os que estaban a xogar do Fabril, retornaron o filial que comezou a pretempada, quedando só Óscar "Pinchi", (que non estivo por lesión), Edu Expósito, Bicho e o meta Francis.
A diferencia das outras itas os trocos viñeron no Depor en tromba no minuto 59, cambiando todo equipo, agás, o meta que foi Tytón todo encontro. O xogador do CCD Cerceda, o fisterrán, Noé, recibeu o cariño de tódolos seus, xogando uns minutos na sua despedida do clube cercedense ao que dixa na 2ª B.

O encontro foi televisado en direto pola canle de YouTube do Deportivo en moi boa calidade. A próxima cita de "encontro-adestramento" será ante o Somozas o vindeiro xoves, a partires das 19:30 horas, e será televisado de novo.

Segue coa información...


Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
DEPOR IN BRIEFF : "ESCOLMA DE NOVAS BREVES DO DEPOR".
Luns, 17 Xullo, 2017 Enviado por Pirata
Depor News
DEPOR IN BRIEFF

 Celso Borges falou un pouco de todo ao ir renovar o carnet de socio.

-Escolma de novas breves do Depor-

Aquí tes unha escolma de novas breves do Depor ca rolda de prensa de Celso Borges que renovaba hoxe os seus carnets de socio. Unhas renovacións e novas altas que xa superan os 6.000 afeccionados que xa teñen na sua man o carnet en menos de 3 semanas dende que se comezou o despacho de abonos. Novas sobre o Deportivo feminino, o encontro de mañán no Roxo, recoñecemento de Bakkali, Lucas Pérez, Tino Fernández, aberto o prazo de pagos anuais de socios da Federación de Peñas Deportivistas, etc...

Segue coa información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
O DEPOR DERROTA O SILVA E SEGUE SUMANDO XENTE.
Domingo, 16 Xullo, 2017 Enviado por Pirata
Depor News
DEPOR IN BRIEFF

 Pedro, (24), marcou 2 goles.

Club Silva 0-5 Depor
-O Depor segue sumando xente e sen recibir un só gol-

Terceiro encontro-adestramento de pretempada para os homes de Pepe Mel desta volta co "II Memorial Antonio Meirá", no que derrotaron ao Club Silva da 3ª División por 0-5, debutaron Emre Çolak, Carles Gil e Florín Andone e manteron de novo a porta a cero e seguen a afinar  a puntería. Arredor de 2.000 afeccionados no Universitario de Elviña. Debutaou tamén o canteirán,
Pedro, que marcou 2 goles, un deles a pase extraordinario de Sidnei ao máis puro estilo Valerón.

O encontro foi televisado en direto pola canle de YouTube do Deportivo e en boa calidade, como xa está a ser habitula. Unhas retransmisións que patrocina Clínica Pardiñas. O próximo encontro será no Roxo ante o CCD Cerceda, novo equipo de 2ª B, que fixou as entradas no prezo de 10 euros. Será o martes 18 a partires das 19:30 horas.

Segue coa información...



 
DEPOR-PRETEMPADA : AROSA 0-7 DEPOR : "UN ADESTRAMENTO MÁIS".
Venres, 14 Xullo, 2017 Enviado por Pirata
Depor News
DEPOR IN BRIEFF

 Pachanga de adestramento para ambos equipos.

Arosa 0-7 Depor
-Novo adestramento productivo na procura da forma-

Segundo encontro-adestramento de pretempada para os homes de Pepe Mel no que derrotaron ao Arosa por 0-7, e manteron de novo a porta a cero e afinaron máis a puntería ca ante o Vilalbés, (0-2).
Destacar o apoio dende a bancada do deportivismo en especial os nosos amigos da "Peña Deportivista Perla de Arosa".

O encontro foi televisado en direto pola canle de YouTube do Deportivo e en mellor calidade co primeiro. Mañán é o turno para o Club SilvA, no Memorial Antonio Meirás, no Universitario de Elviña, a partires das 19:30 horas, e será televisado de novo.

Segue coa información...


Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
O DEPOR CONFIRMA A CHEGADA DE BAKKALI...ONTE FOMOS O 1º MEDIO EN DAR A NOVA DA CESIÓN DO BELGA.
Venres, 14 Xullo, 2017 Enviado por Pirata
Depor News
DEPOR IN BRIEFF

  Confirmada a cesión de Bakkali.

-O Depor confírmanos a cesión de Bakkali-
-Onte fomos o primeiro medio galego en dar a nova da cesión-

O noso amigo e usuario valenciano e gran seguidor do Depor, Juan Villasant, decíanos onte que o Valencia cedía o Depor ao interior Zakaría Bakkali
, (Lieja-Bélxica; 26/01/1996). Segundo nos comentaba o amigo levantino : "Bakkali del Valencia va cedido al Depor. Pirata, puedes publicarlo con certeza, se dió el rumor, hice unas llamadas y ya pulula aquí por algún medio y la afición está que arde, por que somos un equipo "odiado" como tu sabes y todos sabemos el porqué". E así foi, publicámolo e fomos o primeiro medio galego, e antes caos grandes "mentereiros" españois, que o puxemos, como ocurreu ca compra de Fede Cartabia, e tamén gracias ao noso usuario, Villasant. Voltando a Bakkali, comezou no Standard de Lieja para na 2013/14 ir o PSV Eindhoven co que xogou 24 encontros e marcou 4 goles, para recalar no Valencia CF co que xogou nas duas últimas tempadas 27 encontros, (antre as 3 competicións), marcando 2 goles. Participou en tódalas categorías da Selección de Bélxica, xogando 2 encontros ca absoluta.

Unha vez máis a noso usuario Juan Villasant, por darnos esta primicia, que o Depor xa ven de confirmarnos.

Segue coa información...


Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
RACIN VILALBES 0-2 DEPOR "PACHANGA DE ADESTRAMENTOS".
Xoves, 13 Xullo, 2017 Enviado por Pirata
Depor News
DEPOR IN BRIEFF

 Pachanga de adestramento para ambos equipos.

Racing Vilalbés 0-2 Depor
-Pinchi e Bruno Gama fixeron os goles-

Primeiro encontro-adestramento de pretempada para os homes de Pepe Mel no que derrotaron ao Racing Vilalbés por 0-2, con goles de Óscar "Pinchi" na primeira metade e Bruno Gama na segunda. Xogaron un once diferente en cada metade como xa anunciara o técnico deportivista
, quedaron sen xogar os recén chegados, tralas vacacións prolongadas polos encontros cas suas respectivas seleccións. O Depor puido marcar algún gol máis con ocasións craras en especial dous balóns ao longueiro de Guilherme e Bicho.

O encontro ao igual que pasará esta pretempada foi televisado en direto pola canle de YouTube do Deportivo. Unha nova fonte de ingresos da "maquinaria Tino", xa que estaba patrocinada, neste caso por "Clínica Pardiñas". Polo que xa sabedes cada encontro desta pretempada pasádevos pola canle deportivista a ver as evolucións do equipo e dos rivais que na maioría dos casos son dos nosos.

Segue coa información...


Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
BAKKALI CEDIDO O DEPOR POLO VALENCIA CF.
Xoves, 13 Xullo, 2017 Enviado por Pirata
Depor News
DEPOR IN BRIEFF

  Bakkali podería rencontrase con Fede Cartabia no Depor.
(Foto : Deporte Valenciano).

-Bakkali cedido o Depor segundo a prensa valenciana-
-Diego Alves alónxase e podería ir o Flamengo-

Segundo nos informa o noso usuario deportivista e valenciano, Juan Villasant, a prensa valenciada informa que Zakaría Bakkali, (Lieja-Bélxica; 26/01/1996), foi cedido o Depor polo Valencia CF. Segundo nos comenta o amigo levantino, a afección está que arde por ista operación que os medios dan por feita do interior belga de orixe marroquí o Depor.
Xogou na 2013/14 no PSV Eindhoven co que xogou 24 encontros e marcou 4 goles, para recalar no Valencia CF co que xogou nas duas últimas tempadas 27 encontros, (antre as 3 competicións), marcando 2 goles. Participou en tódalas categorías da Selección de Bélxica, xogando 2 encontros ca absoluta. Tamén nos conta que Diego Alves segundo a prensa levantina está moi preto de fichar polo Flamengo, brasileiro.

Agora falta ver se é certo e o clube confirma esta información que nos adianta o noso usuario e que cando foi de Fede Cartabia, non errou e adiantámonos a tódolos medios galegos.

Segue coa información...


Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
GERMÁN "POROTO" LUX VEN A DESPEDIRSE DE TODO O DEPORTIVISMO ANTRE BÁGOAS.
Xoves, 13 Xullo, 2017 Enviado por Pirata
Depor News
DEPOR IN BRIEFF

       Germán Lux veu a despedirse de todo o deportivismo.

-Lux : "Voy a estar con mi gente. Estoy muy feliz por eso. Muchas gracias".-
-O "Poroto" Lux despideuse antre bágoas-

Había quen decía que Germán "Poroto" Lux se fora pola porta datrás, e para calar bocas, chegou e aproveitando uns días de vacacións presentouse na Coruña e foi a Abegondo e despideuse de todo o mundo, onde tantas roldas de prensa ten dado, sen deixar a ninguén, diretivas, xogadores, empregados do clube, afeccionados e ata a xente ca que tratou fora do equipo. Derrumbouse ao final e chegáronlle as bágoas, pois son 6 anos de deportivismo, de estar nas duras e nas maduras.
Ao seu carón estiveron : o conselleiro Juan José Jaén; o director deportivo, Richard Barral; o director da secretaría técnica, Ernesto Bello; o delegado Juan Ángel Barros; e unha representación de xogadores : Mosquera, Arribas, Navarro, Borges, Borja Valle e Saúl. Dixo que tan pronto o chamou o adestrador do River Plate, Gallardo, non tivo dúbidas, dábaselle a oportunidade que sempre desexaba, de voltar algún día ao clube que deixou fai 10 anos e no que comezou dende neno. Alá foi arranxou todo sobre a sua fichaxe e como un "Señor" que é, veu a despedirse persoalmente de todos, ata da prensa.

"Dende www.piratasdemuxia.es desexámosche toda a sorte do mundo na tua nova andaina, e que consigas voltar a selección que fixeches mértitos dabondo, porque demáis de un gran capitán e gran persoa, fuches un grandísimo porteiro e un "Gran Señor".

Segue coa información...


Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
CONFIRMADAS A CHEGADA DE CARLES GIL E GERARD VALENTÍN O DEPOR.
Mércoles, 12 Xullo, 2017 Enviado por Pirata
Depor News
DEPOR IN BRIEFF

Carles Gil cumple o seu soño de voltar o Depor.

-O Depor confírmanos a chegada de Carles Gil e Gerard Valentín-
-Un cedido e o outro fichado-

Xa o adiantábamos onte, segundo "El Desmarque", fontes próximos a familia de Carles Gil afirmaban que xa estaba todo feito co Aston Villa, para que o interior valenciano voltase o Depor. Que o clube branquiazul superara a oferta feita polo Real Betis e que ademáis a postura do xogador era voltar o Depor. Confirmada a cesión por un ano máis.


     Gerard Valentín chega fichado.


Por outra banda o interese do lateral dereito do Nástic, Gerard Valentín Sancho, (Avinyonet de Puigventós; Girona-28/07/1.993)
, era un segredo a voces. O parecer chega en propiedade por unha cantidade superior aos 500.000 euros. Saeu da canteira do Sevilla ao Unión Esportiva Olot e de aí ao Nástic. Lateral dereito rápido e habilidoso co balón nos pés no un contra un.

Segue coa información...


Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 

    12345   >

Theme creado por dev-postnuke.com