Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
JULIO LEMA

 
CURRO PESCA
 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
CAFÉ BAR OASIS

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
CLASIFICACIÓNS
 
LIGAS FÚTBOL 8
 
FÚBOL SALA COSTA DA MORTE
 
FÚTBOL SALA FEMININO/MASCULINO
 
CLASIFICACIÓNS F. VETERANOS COSTA
 
Menú principal

 

Tema: Fútbol Sala Femenino

Los artículos publicados en este tema son los siguientes.

    12345   >

VITORIA A DOMICILIO DOS EQUIPOS DO VIAXES AMARELLE FSF NA PREFERENTE GALICIA E NA 1ª GALICIA.
Martes, 09 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
VIAXES AMARELLE FSF
-Base-

O Amarelle Santa Comba derrotou ao Troula a domicilio.

-Vitorias dos dous equipos de base do Viaxes Amarelle FSF-
-Crónicas dos encontros-

Tanto o Viaxes Amarelle FSF "B" que milita na Liga Preferente Galicia, como o Amarelle Concello Santa Comba que milita na 1ª Galicia Feminina, acadaron sendas vitorias a domicilio. As "preferentes" derrotaban ao FC Meigas, (1-3), na mentras que as da 1ª Galicia derrotaban ao Troula Betanzos FSF, (1-2). Abrindo a nova completa tes as crónicas dos dous encontros da man do noso colaborador e xefe de prensa do Viaxes Amarelle FSF, José Núñez.

Segue coas crónicas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICAS DOS ENCONTROS DOS EQUIPOS DO FISOBER FSF DA PREFERENTE GALICIA, PRIMEIRA GALICIA E LIGA GALEGA INFANTIL : "UN EMPATE, UNHA DERROTA E UNHA VITORIA".
Martes, 09 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
FISOBER FSF
O equipo senior mereceu a vitoria ante o Celanova.

-Empate do Senior, derrota do Cadete e vitoria do Infantil-
-Crónicas dos encontros dos 3 equipos do Fisober FSF-

Empate do Fisober FSF na Liga Preferente Galicia, ante o Celanova un choque emocionante non apto para cardíaos e no que só a mala sorte dun gol en propia porta impideu que as da Costa da Morte se levasen os 3 puntos, pois acabarían empatando 5-5 tras chegar o treito final gañando 5-3. Pola sua banda o equipo cadete da Primeira Galicia, caía goleado ante un "veterano" Academia Red Blue 5 Coruña, (7-0). A vitoria foi para as nenas do Fisober Infantil, que milita na Liga Galega Infantil e que derrotaba por 6-2 ao Comarcal a Fervenza Infantil. Abrindo a nova completa tes as crónicas dos 3 encontros da man do noso colaborador e xefe de prensa do Fisober FSF, Luis Sambad.

Segue coas crónicas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
LIGA PREFERENTE GALICIA FS, (2ª Xda) : O VIAXES AMARELLE FSF "B" LÉVASE O "DERBI CORUÑÉS" ANTE O FISOBER FSF, (0-2).
Domingo, 23 Setembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
LIGA PREFERENTE GALICIA
-2ª Xornada-      


O Viaxes Amarelle "B" derrotou ao Fisober FSF a domicilio.

Fisober FSF 0-2 Viaxes Amarelle FSF "B"
-O filial do Viaxes Amarelle FSF lévase o derbi coruñés-

Vitoria do filial do Viaxes Amarelle FSF na Liga Preferente Galicia, ante o Fisober FSF por 0-2 con goles de María Sequeiros, (26´) e Mónica, (36´), no Pavillón Municipal do Conco, (Dumbría), nun choque no que comezaron mandando as herculinas, e no que pouco a pouco foise facendo co dominio o equipo da Costa da Morte, para que novamente fosens as "viaxeiras" as que tomasen o dominio do encontro. Levouse pois o Viaxes Amarelle "B" o "derbi das nosas" e por conseguinte o "derbi coruñés".

Por outra banda comentar no que se refire ao Viaxes Amarelle FSF da 1ª División, xogaba o derradeiro amigable de pretempada no que deixaba moi bos sensacións a pesares de caer por 1-2 ante o Ourense Envialia....Abre a nova o completo e tes a crónica o completo do Fisober-Viaxes Amarelle "B".

Segue coa crónica ...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.




 
CRÓNICA DO EMPATE SEN GOLES DO FILIAL DO VIAXES AMARELLE FSF NA 1ª Xda DA LIGA PREFERENTE GALICIA FSF.
Mércoles, 19 Setembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
LIGA PREFERENTE GALICIA
-1ª Xornada-      


Primeiraconvocatoria do Viaxes Amarelle "B".

Viaxes Amarelle FSF "B" 0-0 FS Cidade de Pontevedra
-Empate das "viaxeiras" ante un recén descendido-

Empate do filial do Viaxes Amarelle FSF na Liga Preferente Galicia, ante un recén descendido e máximo favorito a loita polo ascenso o FS Cidade de Pontevedra. A pesares de pouco rodaxe dos equipos e de non haber goles, o choque estivo entretido e non falto de emoción polo marcador, que en caqluer xogada podía caer de calqueira banda, e máis no treito final...Abre a nova o completo e tes o resto da crónica.

Segue coa crónica ...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
LIGA PREFERENTE GALICIA FSF : O FISOBER CAE NA SUA "CANCHA MALDITA" NO DEBÚT NA LIGA.
Martes, 18 Setembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
LIGA PREFERENTE GALICIA
-1ª Xornada-      


Kenny, Sharay, Saray e Naira do Fisober FSF, (esq-der).

Bembrive FS 2-0 Fisober FSF
-O Fisober cae na sua "cancha maldita"-

Comezou a Liga Preferente Galicia na que tal e como vois adiantamos na previa que nos facía chegar Luis Sambad, (Xefe de prensa do Fisober FSF), xogaba o Fisober FSF tralo descenso da pasada tempada da 2ª División Nacional de FSF. As da Costa da Morte chegaban a unha cancha que para elas era, e segue a ser "maldita", pois caían por 2-0, e seguen sen saber o que é gañarlle ao Bembrive FS no seu féudo...Abre a nova o completo e tes o resto da crónica.

Segue coa crónica ...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.




 
PREVIA : MAÑÁN SÁBADO COMEZA A PREFERENTE GALICIA FSF PARA FISOBER E VIAXES AMARELLE "B".
Venres, 14 Setembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
PREFERENTE GALICIA FSF


-Comeza a liga para o Fisober FSF e Viaxes Amarelle "B"-


Volta a competición o Fisober FSF e o Viaxes Amarelle FSF, e faino na Liga Preferente Galicia Feminina, a outrora chamada Autonómica Feminina FS, o que ven a ser a máxima competición do fútbol sala feminino galego. O turno das rapazas do Fisober FSF será mañán  sábado día 15 a partires das 16:00 horas no Pavillón Municipal de Bembrive, para enfrontarse as locais do Bembrive F.S. Pola sua banda o Viaxes Amarelle "B" comeza na sua cancha a da Sagrada Familia da Coruña, recibindo ao FS Cidade de Pontevedra, a partires das 19:00 horas, de mañán sábado. Abre a nova o completo para ver a previa do Fisober FSF máis extendida e da man do noso colaborador Luis Sambad.


Segue coa previa...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..."
para VER MÁIS.



 
FÚTBOL SALA FEMININO IN BRIEFF : "ESCOLMA DE NOVAS DE ACTUALIDADE DO FÚTBOL SALA FEMININO"
Luns, 27 Agosto, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
FÚTBOL SALA FEMININO IN BRIEFF


O Fisober FSF recibe este mércores en Copa ao Burela Pescados Rubén.

-Escolma de novas do Fútbol Sala Feminino-
-Fisober, Viaxes Amarelle, Comarcal a Fervenza...-

Aquí tes unha serie de novas do Fútbol Sala Feminino contadas de maneira breve. Nelas podeás ver a previa que nos chega do Fisober FSF, as "Xornadas de Portas Abertas" do Academia Red Blue 5 Coruña, ou as novidades do Viaxes Amarelle con renovacións e amigable en Teixeiro. Tes todo abrindo a nova competa.


Segue coas novas breves...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..."
para VER MÁIS.



 
O VIAXES AMARELLE CAE POLA MÍNIMA NO "TORNEO NACIONAL DE MARÍN".
Luns, 20 Agosto, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
-FÚTBOL SALA FEMININO-

Patri Romaní fixo o gol do equipo herculino.

-O Viaxes Amarelle cae 2-1 ante o Fisgón no "Torneo Nacional de Marín"-

O Viaxes Amarelle FSF caeu no "Torneo Nacional de Marín" ante O Fisgón Futsal, nun encontro no que se adiantaban aos 11 minutos de xogo cun tanto da muxiana Patri Romaní, pero que pronto lles remontaban as pontevedresas con tantos de Crís e Lucía. Abrindo a nova completa tes a crónica do noso colaborador José Núñez e tódolos datos do encontro que representaba a primeira proba de pretempada para as herculinas.

Segue coa crónica...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
"XORNADAS DE PORTAS ABERTAS DO FISOBER FSF" OS DÍAS 8 E 14 DE AGOSTO EN DUMBRÍA.
Luns, 06 Agosto, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino

         

-Xornadas de portas abertas do Fisober FSF-

O Fisober FSF propón para todas aquelas rapazas de 8 anos en diante unhas "Xornadas de portas abertas", os días 8 e 14 de Agosto, co fin de amosar o que ofercen no clube e invitar as rapazas a unirse o clube, tal e como nos apunta Luis Sambad, xefe de prensa do clube costeiro de manior sona a nivel nacional : "Dende o Fisober F.S.F. coma sempre estamos abertos a incorporar a novas rapazas que queiran desfrutar do noso deporte e do noso club". Abre a nova o completo para ver máis información.


Segue coa información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
O FISOBER FSF EXPLÍCAMOS COMO VAI A SER A "XIII COPA GALICIA DE FÚTBOL SALA FEMININO".
Luns, 06 Agosto, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino

"XIII COPA GALICIA FSF"


O sorteo tivo lugar na RFGF.

-O Fisober FSF explícanos como vai a ser a "XIII Copa Galicia FSF"-

Dende o Fisober FSF o seu xefe de prensa Luis Sambad, explícanos como quedaron os grupos e como será a "XIII Copa Galicia FSF". Unha competición na que están os mellores conxuntos de Galicia e que antes se denominaba "Copa Xunta" e que pasou a denominación actual dende que a RFGF se fixo cargo das competicións de fútbol sala. Non ten data de disputa, pero sí que deberán estar xgados os encontros antes de 30 de Decembro. Abre a nova completa para ler o traballo do noso colaborador fisoberista.

Segue co artigo de información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.




 
PILI COSTA NON CONTINUARÁ NO VIAXES AMARELLE FSF E PODERÍA PASARSE A UN BANCO MASCULINO.
Xoves, 12 Xullo, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino

FÚTBOL SALA FEMININO


Pili Costa deixa ao Viaxes Amarelle FSF no máis alto.

-A adestradora Pili Costa non continúa no  Viaxes Amarelle FSF-

-Podería irse a un banquillo no masculino-

Parecía que Pili Costa ía a renovar co Viaxes Amarelle FSF co que acadou o ascenso a 1ª División Nacional Feminina FS, as novas que primeiro nos chegaban de que podería haber acordo, torcéronse e ao final os camiños da adestradora naronesa e o clube herculino-xalleiro sepáranse. Segundo nos comentan ao parecer o destiño de Pili Costa, tralo seu paso por equipos femininos coma o Ártabras, Comarcal ou a Selección Sub 21 Galega,  podería ser un banquillo de fútbol ou futsal masculino. O Viaxes Amarelle FSF comeza a sua andaina na éite do futsal feminino o vindeiro 29 de Setembro e formará parte dunha liga con 15 equipos nos que a representación galega será a do Ourense Envialia FSF, Poio Pescamar FSF e Burela Pescados Rubén FSF, xunto coas herculinas.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CAMBIOS NA ESTRUTURA DO FUTSAL FEMININO NO ACADEMIA RED BLUE 5 CORUÑA.
Xoves, 05 Xullo, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
-FÚTBOL SALA FEMININO-

-Academia Red Blue 5 Coruña-


Savia nova para a estrutura do futsal feminino do 5 Coruña.

-Cambios na estrutura do Futsal Feminino no Academia Red Blue 5 Coruña-

-Buscase o crecemento no futsal feminino do clube-

O Academia Red Blue 5 Coruña que no apartado deportivo está inmerso nas "Xornadas de portas abertas", con 40 nenas disfrutando delas con deporrte, e convivenza, anúncianos trocos na estrutura do Fútbol Sala Feminino, buscando o crecemento nista parcela para ir sumando millas ao camiño de igualarse aos hmes que no clube herculino conta con máis de 200 fichas. Buscarán por tanto crear novos equipos femininos da Liga Galega e das Ligas Locais. Para este traballo pasan a iste entramado a fisterrana, Leny López, xunto con Fani Martínez, Sandra Blanco, Eva Sánchez e Daniela Vázquez. Abre a nova para ver a nova ao completo.

Segue coa información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
TODO O QUE DEU DE SÍ A "10ª GALA DO COMERCAL A FERVENZA FSF" EN INFORMACIÓN E FOTOS.
Sábado, 30 Xuño, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
-FÚTBOL SALA FEMININO-

-Comarcal a Fervenza FSF-


O Comarcal posou para a foto así como tódalas categorías.

-Moita emoción na Gala 10º Aniversario do Comarcal A Fervenza-

-Información e fotos-

La entidad rosa se juntó para conmemorar esta fecha y al mismo tiempo celebrar su Fiesta de Fin de temporada. La Gala 10º Aniversario del Comarcal A Fervenza prometía emociones fuertes y así fue, con muchas sonrisas, momentos divertidos y como no, con algunas lágrimas sobre el escenario y las butacas del salón de actos del IES As Telleiras (Narón), en la tarde del viernes. Segue ca información e fotos abrindo a nova o completo.

Segue coa información e fotos...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
ESTE VENRES 29 TERÁ LUGAR A GALA 10º ANIVERSARIO DO COMARCAL A FERVENZA FSF.
Martes, 26 Xuño, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
-FÚTBOL SALA FEMININO-

-Comarcal a Fervenza FSF-


O Comarcal A Fervenza FSF terá a sua festa este venres.

-Gala 10º Aniversario do Comarcal A Fervenza FSF-

-Será este venres 29 de Xuño-

        La entidad rosa celebra su aniversario por todo lo alto recordando lo mejor de sus primeros diez años y finalizará esta jornada con su Fiesta de Fin de temporada. Más de diez años dan para mucho y el Comarcal A Fervenza quiere celebrar esto de una manera especial, con una Gala 10º Aniversario que tendrá lugar el viernes 29 de junio, a las 19:30 horas, en el salón de actos del IES As Telleiras (Narón). Segue ca información abrindo a nova o completo.

Segue coa información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
COMEZAN HOXE AS "XORNADAS DE PORTAS ABERTAS DO ACADEMIA RED BLUE 5 CORUÑA" PARA AS QUE SEGUE ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN.
Martes, 26 Xuño, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
-FÚTBOL SALA BASE-

-Academia Red Blue 5 Coruña-



-Comezan as "Xornadas de portas abertas do Academia Red Blue 5 Coruña-

-O prazo de inscricións permanece aberto-

Maís dunta trintena de rapazas comezan hoxe a disfrutar do deporte, as actividades e a convivenza nas Xornadas de portas abertas do Academia Red Blue 5 Coruña. Unha xornadas para as que ainda queda aberrto o prazo de inscrición ata a derradeira xornada. Aquí tes toda a información das xornadas e de como inscribirse. Se abres a nova o completo tes todo.

Segue coa información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 


 
ENTREVISTA AS XOGADORAS DO VIAXES AMERELLE FSF PATRI ROMANÍ E INÉS SUÁRES : "DUAS COSTEIRAS DE 1ª DIVISIÓN".
Sábado, 23 Xuño, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
-FÚTBOL SALA FEMININO-

-Entrevistas a Patri e Inés-


Patri, (1ª pola esquerda) e Inés, (3ª pola esquerda).

-Patri Romaní e Inés Suarez duas costeiras de 1ª División-

-Desvélannos como viviron o ascenso do Viaxes Amarelle-

O pasado Domingo xa vos dábamos a boa nova do ascenso do Viaxes Amarelle FSF a 1ª División Nacional Feminina, tras un grandísimo encontro ante o Almagro FSF que xogaba na casa e comezaba marcando, pero a reacción das galegas foi impresionante, cun destacado papel de todo o equipo e en especial da muxiana Patri Romaní e da camellana Inés Suárez. Ambas que hoxe prenderán cas suas compañeiras a lumarada de San Xoán en Riazor e que o luns serán recibidas polo alcalde coruñés, Xulio Ferreiro, marcaron un gol e o que sentenzaba a eliminatoria foi de xogada da muxiana e remate a gol da camellana. As xogadoras costeiras estaban convencidas de que acadarían o ascenso a pesares do 0-0 da ida na Coruña e tanto elas como as suas compañeirasacadárono ó grande, remontando e goleando e cas cámaras da TVG 2 en direto para disfrute de todos nós. Unha vez máis a nosa máis cordial noraboa. Se abres a nova o completo podes ver as entrevistas.

Segue coas entrevistas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
O VIAXES AMERELLE FSF NOVO EQUIPO DA 1ª DIVISIÓN NACIONAL FEMININA DE FÚTBOL SALA TRAS DERROTAR AO ALMAGRO, (1-4).
Sábado, 16 Xuño, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino

PLAY OFF DE ASCENSO A 1ª FEMININA FS


O Viaxes Amarelle volve a máxima categoría do futsal feminino.

-O Viaxes Amarelle FSF novo equipo da 1ª División-

-Derrotou ao Almagro por 1-4-

O Viaxes Amarelle FSF xa é novo equipo da  1ª División Nacional Feminina de Fútbol Sala tras derrotar por 1-4 ao Almagro nun encontro extraordinario da coruñesas ca muxiana Patri Romaní e a camellana Inés Suárez cun gran papel. Remontaron o gol inicial das almagreñas e souberon remontar e asestar o golpe definitivo cando faltaban 2 mnutos e medio para o final cando nunha gran xogada levada pola xogadora muxiána por banda con desprazamento rápido centraba para que baixo paus a camellana fixese o 1-3. Optou por "porteira-xogadora" o equipo de Almagro e asestou nun roubo o 1-4 o equipo coruñés que ainda puido marcar un quinto gol pero deixou pasar o tempo tocando o balón. O vindeiro ano teremos 4 equipos na máxima categoría do fútbol sala feminino. As herculinas estarán xunto ao Ourense Envialia FSF, Pois Pescamar e Burela Pescados Rubén.

A nosa máis cordial noraboa a tódolos que forman o Viaxes Amarelle FSF : xogadoras, adestradores, axudantes do clube, diretivos e afeccionados e en especial as duas xogadoras costeiras e o xefe de prensa gran colaborador noso dende fai máis de 11 anos, José Núñez.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
O AMARELLE CONCELLO DE SANTA COMBA LÉVASE A "COPA PROVINCIAL" DE FUTSAL FEMININO NUNHA TREPIDANTE FINAL.
Luns, 04 Xuño, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino

COPA PROVINCIAL FEMININA FS


Foto de familia trala disputa dos encontros.

-Amarelle Concello de Santa Comba lévase a Copa Provincial de FSF-

-Trepidante final antre xalleiras e cullerdenses-

Gran ambente, excelente festad a fútbol sala feminino a vivida no Pavillón de Deportes de Santa Comba ca  "Copa Provincial de Fútbol Sala Feminino, da que xa vos trouxemos unha extensa previa e que se fixo en terras xalleiras trala renuncia do Melide FSF a orgañizala. Participaron nesta "Final-Four" : Fisober FSF "B", AD Vila de Pondal/Concello de Ponteceso e Amarelle Concello de Santa Comba e Sport Sala Culleredo. Na primeira semifinal o Sport Sala Culleredo derrotaba por 3-0 ao Fisober FSF "B" e na outra o Amarelle Concello de Santa Comba derrotaba ao AD Vila de Pondal/Concello de Ponteceso por 4-1. Xa na finalísima o campión de liga poñíase cun craro 2-0, pero non contaba ca reacción das xalleiras que conseguían empatar e logo facerse coa Copa nos lanzamentos de penalti. Antes da final houbo encontros de exhibicións dos nenos das Escolas Deportivas de Santa Comba. Trala final tivo lugar a entrega dos trofeos aos equipos, por parte dos representantes da RFGF, Concello de Santa Comba e o presidente do Viaxes Amarelle FSF, Don Severino Amarelle. Abre a nova ao completo para ver a crónica, fotos e moito máis.

Segue coa crónica da final e fotos...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
A "FINAL-FOUR" DA COPA PROVINCIAL FEMININA DE FÚTBOL SALA ESTE SÁBADO EN SANTA COMBA".
Martes, 29 Maio, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino

COPA PROVINCIAL FEMININA FS


O Amarelle Concello de Santa Comba orgañiza a "Final-Four" da Provincial.

-A Copa Provincial de Futsal Feminino este sábado en Santa Comba-

-Cáse teremos unha Copa da Costa-

Este vindeiro sábado 2 de Xuño terá lugar no Pavillón de Deportes de Santa Comba a  "Copa Provincial de Fútbol Sala Feminino. Trala renuncia do Melide FSF a orgañizala, fixo a solicitude o Amarelle Concello de Santa Comba a cal foi aceptada pola RFGF e será en terras xalleiras na que se dispute unha copa con moito sabor costeiro, pois tendo en conta os participantes nesta "Final-Four" : Fisober FSF "B", AD Vila de Pondal/Concello de Ponteceso e Amarelle Concello de Santa Comba, só o Sport Sala Culleredo é foráneo con respecto aos equipos que coñecemos como da Costa. Os encontro comezarán a partires das 10:30 horas co Sport Sala Culleredo-Fisober FSF "B", para unha hora máis tarde comezar o AD Vila de Pondal/Concello de Ponteceso-Amarelle Concello de Santa Comba. Xa pola tarde primeiro en torno as 16:30 horas haberá encontros de exhibición, para ás 19:00 horas ter lugar a finalísima.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
O VIAXES AMARELLE FSF ESTARÁ NO "PLAY-OFF" DE ASCENSO A 1ª DIVISIÓN FSF E TERÁ COMO RIVAL O ALMAGRO FSF.
Martes, 29 Maio, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino

PLAY OFF DE ASCENSO A 1ª FEMININA FS


O Viaxes Amarelle comeza a loita polo ascenso o día 9 de Xuño.

-O Viaxes Amarelle FSF enfrontarse ao Almagro FS-

-Reinou a cordura e as heculinas pasaron como segundas-

Reinou a cordura eo Viaxes Amarelle FSF xogará os "Play-Off" de ascenso a 1ª División Nacional Feminina de Fútbol Sala como segundas de grupo. O equipo "herculino-xalleiro", xa antes de saber en que posto quedaba reclamou a federación que se o Alcorcón SAD non podía acceder o asecnso o ter xa equipo na máxima categoría do futsal feminino, fose o segundo como primeiro e o terceiro, (na práctica 2º), se tiña mellor coeficiente cos outros segundos, fose como segundo. Así se deu. O Amarelle, quedou terceiro empatado a puntos co segndo da sua liga o Colmenarejo, e as coruñesas, tiñan mellor coeficiente ca os outros segundos e a liga dictaminou tal e como se solicitaba, pois era "ex equo", o que marca a lei deportiva. Esta mesma tarde fíxose o sorteo e as rapazas de Pili Costa xogarán o vindeiro 9 de Xuño a partires das 18:00 horas no Pavillón A Sagrada Familia da Coruña,o encontro de ida deste "Pla-Off" recibindo ao Almagro FSF, campi-on do Grupo 3º. A volta o 16 ou 17 de Xuño en Ciudad Real.

O noso maior desexo de sorte e que o vindeiro ano vexamos de novo ao Viaxes Amarelle FSF na élite do futsal español.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.




 

    12345   >

Theme creado por dev-postnuke.com