Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
CURRO PESCA
 
CAFÉ BAR OASIS

 
RESTAURANTE D´ALVARO

 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
Usuarios
Benvido Invitado

O rexistro é completamente gratuito e poderás acceder a todas as seccións da web
Podes rexistrarte aquí
Usuario:


Contrasinal:


Recórdame

Membros:  Admins
Non Conectado  Pirata  
Non Conectado  RubenGarcia  
Non Conectado  Pato  
Membros:  Membros:
Ultimo:  Novos Hoxe: 10
Ultimo:  Novos Onte: 26
Ultimo:  Total: 55674
Ultimo:  Ultimo:
mildredfp1
Membros:  Conectados
Membros:  Membros: 2
Invitados:  Invitados: 13
Total:  Total: 15
Membros:  Membros Online
Conectado  StephenKib  
Conectado  MichaelFam  
 
CLASIFICACIÓNS
 
LIGAS FÚTBOL 8
 
FÚBOL SALA COSTA DA MORTE
 
FÚTBOL SALA FEMININO/MASCULINO
 
CLASIFICACIÓNS F. VETERANOS COSTA
 
Menú principal

 

Tema: Tútbol Femenino

Los artículos publicados en este tema son los siguientes.

    1234   >

CRÓNICA DA VITORIA POR GOLEADA DO BERGANTIÑOS FEMININO E PREVIA DO ENCONTRO DO ED AS MIUDAS.
Xoves, 07 Decembro, 2017 Enviado por Pirata
Tútbol Femenino

2ª División Galega Feminina de Fútbol G1 e G2


O Bergantiños Feminino celebrou cunha goleada o cumpleanos de Lorena.

-O Bergantiños Feminino gaña cun "set en branco"-

-O ED As Miudas xoga Domingo-

No Grupo 1º da 2ª División Galega Feminina de Fútbol, o Bergantiños Feminino CF adiantou o seu encontro a "Ponte da Constitución" tal como vos informamos días atrás. Tiña como rival ao Torres SD nas Eiroas e conseguían golear facéndolle un "Set en branco", (6-0). As rapazas celebraron o final do encontro o cumple da compañeira Lorena. Pola sua banda no Grupo 2º o ED As Miudas xoga o seu encontro de liga o vindeiro Domingo 10 a partires das 12:00 horas, no Eleuterio Balayo, no que recibe ao Touro SD, 6º clasificado con 14 puntos, 2 máis cas muradanas, que con 12 ocupan a 8ª posición, neste ano de debút e adaptación a competición, na que están a facer unha tremenda campaña.

A próxima semana non haberá liga debido aos compromisos das seleccións galegas femininas, polo que ao ser xa na seguinte o Nadal, non se retomará a competición ata a fin de semana do 14 de Xaneiro

Segue ca crónica e previa...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICAS DOS ENCONTROS DO BERGANTIÑOS E AS MIUDAS DA 2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA DE FÚTBOL GRUPO 1 E 2 :
Martes, 05 Decembro, 2017 Enviado por Pirata
Tútbol Femenino
2ª GALEGA FEMININA G1 e G2
-Crónicas da xornada-
               
     As bergantiñanas golearon ao Portazgo.

-2ª Div. Galega Feminina G1 : Goleada da tempada do Bergantiños-
-No Grupo 2 : O ED As Miudas planta cara o lider-

Como a semana pasada, unha derrota e unha vitoria das "nosas" na 2ª División Autonómica G1 e G2 de Fútbol Feminino. No Grupo 1 xogouse a 10ª xornada e na que o Bergantiños Feminino CF acadou a goleada da tempada ante o Portazgo SD ao que le fixo un "sete", (7-0), para situar as carballesas nunha excelente 7ª posición. No que se refire ao Grupo 2, o ED @s Miud@s, que xogou a 8ª Xornada deste grupo plantoulle cara ao Antas SD, lider indiscutible deste grupo con 8 vitorias en 8 encontros. As muradanas caían no Eleuterio Balayo por un axustado 1-3. Abre a nova o completo e tes as crónicas e moito máis destes encontros e da liga.

Segue coas crónicas e moito máis...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICAS DOS ENCONTROS DO ED AS MIUDAS E BERGANTIÑOS FEMININO DA 2ª DIVISIÓN GALEGA DE FUTBOL FEMININO GRUPOS 1 e 2 :
Martes, 28 Novembro, 2017 Enviado por Pirata
Tútbol Femenino
2ª GALEGA FEMININA G1 e G2
-Crónicas da xornada-
               
     @s Miud@s estiveron invitadas polo Depor Feminino ao seu encontro.

-2ª Div. Galega Feminina G1 : O Bergantiños cumple ante o lider-
-No Grupo 2 : Goleada das Miudas-

Unha derrota e unha vitoria das "nosas" na 2ª División Autonómica G1 e G2 de Fútbol Feminino. No Grupo 1 xogouse a 9ª xornada e na que o Bergantiños Feminino CF tiña unha difícil proba ante o lider da clasificación o Imperator OAR. Gañar era unha quimera pero o que sí era preciso era amosar esa gran melloría e crecemento que ten este equipo nesta sua segunda participación no fútbol de féminas, e así foi, as rapazas de Gueli Cotelo plantaron cara o lider, perderon por 4-0, pero competindo e fecéndolle fronte a un equipo candidato a todo. Se a pasada semana eran as rapazas do Miud@s as que enarbolaban a bandeira do "Non a violencia de xénero", desta volta foron as bergantiñanas e seus técnicos os que lanzaron o berro unánime de repulsa a esta lacra. No que se refire ao Grupo 2, o ED @s Miud@s, visitaban na 7ª Xornada deste grupo ao Atlético Estrada ED, que inda non sumou un punto e que buscaban ante as muradanas comezar a sumar, sendo un duelo ante un equipo recén formado, pero foron as rapazas de Fran Figueroa, que están a amosar unha extraordinaria adptación a categoría a pesares de ser o seu ano de debút e xa suman con esta a sua 4ª vitoria en 7 encontro. As muradanas gañaban por 0-4 na que é a sua maior goleada a domicilio. O equipo ao completo do ED @s Miud@s estivo no Ponte dos Brozos, (Arteixo), invitado polas suas "madriñas" deportivistas a presenciar o Depor Feminino 4-0 Sporting de Xixón. Abre a nova o completo e tes as crónicas e moito máis destes encontros e da liga.

Segue coas crónicas e moito máis...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICAS E MOITO MÁIS DOS ENCONTROS DO BERGANTIÑOS CF E DO ED AS MIUDAS DA 2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA G1 e G2 :
Martes, 21 Novembro, 2017 Enviado por Pirata
Tútbol Femenino
2ª GALEGA FEMININA G1 e G2
-Crónicas da xornada-
               
     No Eleuterio Balayo de Muros todos xuntos contra a violencia machista.

-Na 2ª División Galega Feminina G1 : O Bergantiños lévase o derbi-
-No Grupo 2 :  Vitoria traballada das Miudas-

Bos resultados das "nosas" na 2ª División Autonómica G1 e G2 de Fútbol Feminino. No Grupo 1 xogouse a 8ª xornada e na que o Bergantiños Feminino CF derrotaba por 2-1 ao SD Silva Feminino, no derbi da zona. As bergantiñanas collen na clasificación as do Ventorrillo que son sextas con 13 puntos os mesmos cas carballesas que son 7ª por golaveraxe. No Grupo 2º xogouse a 6ª xornada e nela o ED As Miudas conseguía unha traballada vitoria por 1-0 ante o Santiso FC e colócanse na 7ª posición, nun tremendo comezo de tempada neste debút historico na competición oficial, e na sua fundación como equipo. Antes do encontro xogadoras e técnicos de ambos equipos e mesmo afeccionados de ambas partes posaron xuntos para piratasdemuxia ca sua reivindicación de "Non a violencia de xénero", con pancartas cos lemas : "Máis xogos, menos berros"; "Son libre de decidir sobre a miña vida"; "Espazo libre de violencia machista", ou "Si é si e non é non". Todos uns lemas aos que nos unimos ao 100%. Abre a nova o completo e tes as crónicas e moito máis destes encontros e da liga.

Segue coas crónicas e moito máis...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICAS DA 2ª DIVISIÓN GRUPO 1 e 2 DE FÚTBOL FEMININO : "EMPATE DO BERGANTIÑOS E DERROTA DO MIUDAS".
Martes, 14 Novembro, 2017 Enviado por Pirata
Tútbol Femenino
2ª GALEGA FEMININA G1 e G2
-Crónicas da xornada-
               
     O Bergantiños CF empatou a catro co Sp. Cambre cun "poker" de Tamara.

-Na 2ª División Galega Feminina G1 : Empate do Bergantiños-
-No Grupo 2 : Derrota dun ED As Miudas que mereceu máis-

Sétima xornada na 2ª División Autonómica G1 de Fútbol, e 5ª da liga no Grupo 2. No Grupo 1 o Bergantiños Feminino CF conseguía un espectacular 4-4 ante o Sporting Cambre, cunha estrela que brilou sobre as demáis e foi Tamara García, que fixo os 4 goles do equipo bergantiñán e ademáis respostando a cada gol das rapazas do Cambre. No Grupo 2º o ED As Miudas caía por 2-1 ante o CD Unión, nun encontro no que mereceron a lo menos o empate. Abre a nova o completo e tes as crónicas e moito máis destes encontros e da liga.

Segue coas crónicas e moito máis...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
MODIFICACDA A IDADE MÍNIMA DAS RAPAZAS PARA COMPETIR NO FÚTBOL AFECCIONADO FEMININO.
Xoves, 09 Novembro, 2017 Enviado por Pirata
Tútbol Femenino
MODIFICACIÓN NA IDADE POR COMPETICIÓN

As rapazas que cumpran 13 anos na tempada poderán xogar no afeccionado.

-Modificada a idade de competición do Fútbol Feminino Afeccionado-

-Acordo por unhanimidade-


A modificación na idade das rapazas do fútbol afeccionado para poder competir,  será dos 13 anos ainda que os cumpran durante a tempada en curso. A modificación foi aprobada por unhanimidade pola Comisión de Fútbol Feminino e a Comisión Delegada. Segundo nos informan dende a RFG : "A Comisión de Fútbol Feminino da RFGF aprobou por unanimidade o pasado 31 de outubro a proposta de modificación da idade mínima para que unha xogadora poida intervir na categoría de "afeccionadas", presentada ante esta comisión de acordo á resolución da Valedora do Pobo de data 26 de setembro de 2017. Dita proposta consiste en suprimir o criterio de "cumprimento" da idade para que unha futbolista poida participar na categoría de afeccionados feminino, posibilitando a intervención das xogadoras que cumpran os 13 anos na tempada en curso. En data 3 de novembro, a proposta foi elevada á Comisión Delegada, aprobándose igualmente por unanimidade e procedéndose así a modificar a Circular nº 1 2017/18 de idades de futbolistas por competición e tipo de licenza".

Segue ca información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
CRÓNICAS 2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA DE FÚTBOL GRUPO 1º e 2º : "DERROTA DO BERGANTIÑOS E VITORIA DO MIUDAS".
Martes, 07 Novembro, 2017 Enviado por Pirata
Tútbol Femenino
2ª GALEGA FEMININA G1 e G2
-Crónicas da xornada-
               
     O ED As Miudas sumou a sua segunda vitoria no "Eleuterio Balayo".

-Na 2ª División Galega Feminina G1 : Derrota inxusta do Bergantiños-
-No Grupo 2 : Vitoria do ED As Miudas, segunda como local-

Sexta xornada na 2ª División Autonómica G1 de Fútbol, e 4ª da liga no Grupo 2. No Grupo 1 o Bergantiños Feminino CF caía inmerecidamente nas Eiroas por un axustado 1-2 ante o Sporting Burgo, coa mala sorte de encaixar o gol da vitoria vistante en propia porta. No Grupo 2º o ED As Miudas sumaba a segunda vitoria da sua consecutiva como local o derrotar cunha "manciña" ao Carreira, (5-0). Abre a nova o completo e tes as crónicas e moito máis destes encontros e da liga.

Segue coas crónicas e moito máis...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
BRILANTE CAMPIONATO DAS RAPAZAS COSTEIRAS DA SELECCIÓN CORUÑESA NO GALEGO SUB 15 DE CAMBADOS.
Venres, 03 Novembro, 2017 Enviado por Pirata
Tútbol Femenino
CAMPIONATO GALEGO COMARCAL FEMININO
-Sub 15-  
 
Marta e Laura con Gueli Cotelo no campionato galego.

-A Selección da Coruña colider da 1ª Fase-
-Laura e Marta representantes costeiras-

Como xa vos informamos antes, durante e depois, este pasado 1 de Novembo tivo lugar a 1ª Fase do Campionato Galego Comarcal Sub 15, tanto en categoría masculina como na feminina. Nos rapaces debutaba a Selección da Costa da Morte historicamente de maneira oficial. No enlace direto da dereita da web do Futbol Base podes ver toda a información e unha escolma de fotos dos rapaces costeiros. Na Selección da Coruña feminina tamén houbo representación costeira, pois ademáis dos adestradores, Gueli Cotelo e Óscar "Mingui", estaban no equipo que vai colider xunto con Vigo, Laura Torrado, (Cabana de Bergantiños), xogadora do Bergantiños CF, e Marta Calvo, (Noia), xogadora do Outes CF. Ambas fixeron un brilante campionato e xunto coas suas compañeiras gañaron os 2 encontros disputados, algo que só conseguiron eleas e as viguesas nesta 1ª Fase disputada nas instalacións deportiva do "Pombal", (Cambados).

Segue coas crónicas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
CRÓNICAS E MOITO MÁIS DOS ENCONTROS DO BERGANTILÑOS FEMININO E O ED AS MIUDAS DA 2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA DE FÚTBOL G1 e G2 :
Martes, 24 Outubro, 2017 Enviado por Pirata
Tútbol Femenino
2ª GALEGA FEMININA G1 e G2
-Crónicas da xornada-
               
     O Bergantiños 4º cos mesmos puntos co 2º e 3º.

-Na 2ª División Galega Feminina G1 vitoria do Bergantiños que se pon 4º-
-No Grupo 2 derrota do ED As Miudas nun bo encontro-

Cuarta xornada na 2ª División Autonómica G1 de Fútbol, e 3ª da liga no Grupo 2. No Grupo 1 o Bergantiños Feminino CF sumou a sua terceira vitoria en 4 encontros ao derrotar por 2-1 ao SD Orzán "B", facendo deste un inicio de liga histórico, e que amosa o gran crecemento futbolístico destas rapazas no segundo ano de competición para elas. As carballesas están agora na cuarta praza con 9 puntos os mesmos co 3º, Ribadeo FC e o 2º, Deportivo Orzán e a 3 puntos do lider, Pastoriza SD, que é o único que suma a vitoria por encontro. No que se refire ao Grupo 2 no que temos ao debutante ED As Miudas, caían ante o Xuventude Aguiño por 3-0, tras relizar un moi bo encontro ante o lider da liga, o que non está nada, pero nada mal. Abre a nova o completo e tes as crónicas e moito máis destes encontros e da liga.

Segue coas crónicas e moito máis...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICAS Xda NA 2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA DE FÚTBOL G1 E G2 : "1ª DERROTA DO "BERGAN" E 1ª VITORIA DO MIUDAS".
Martes, 17 Outubro, 2017 Enviado por Pirata
Tútbol Femenino
2ª GALEGA FEMININA G1 e G2
-Crónicas da xornada-
               
     O ED as Miudas sumou a sua primeira vitora da historia.

-Na 2ª División Galega Feminina G1 primeira derrota do Bergantiños-
-No Grupo 2 chegou a 1ª vitoria histórica do ED As Miudas-

Terceira xornada na 2ª División Autonómica G1 de Fútbol, e 2ª da liga no Grupo 2. No Grupo 1 o Bergantiños Feminino CF caeu ante o Unión Campestre por un axustado 3-2, sendo esta a primeira derrota das bergantiñanas tras duas vitorias consecutivas. No que se refire o Grupo 2 esta xornada foi unha data histórica para as rapazas do ED As Miudas, que debutaban no Eleuterio Balayo en encontro oficial e facíano da mellor maneira brindando aos seus siareiros a primeira vitoria da historia para o recén formado equipo, derrotando ao Victoria CF "C" por 2-1. Dende aquí a nosa máis cordial noraboa e longa via de éxitos para o clube muradán que puxo a primeira pedra dunha, (seguro), traxectoria chea de boas cousas. Como cada ano os martes todo o fútbol feminino na nosa web.

Segue coas crónicas e moito máis...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICAS DOS ENCONTROS DA 2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA DO BERGANTIÑOS FEMININO E ED AS MIUDAS.
Martes, 10 Outubro, 2017 Enviado por Pirata
Tútbol Femenino
2ª GALEGA FEMININA G1 e G2
-Crónicas da xornada-
               
         Histórico gol de Bárbara, (ED Miudas), no Barrosas de Villestro.

-Na 2ª División Galega Feminina G1 segundo trunfo do Bergantiños-
-No Grupo 2 debút histórico do ED As Miudas-

Segunda xornada na 2ª División Autonómica G1 de Fútbol, e inicio da liga no Grupo 2. No Grupo 1 o Bergantiños Feminino CF derrotaba ao Vioño Feminino por 3-0, sendo así o segundo trunfo consecutivo das carballesas, que xa amosan o crecemento co que acabaron a pasada tempada a do seu debút na categoría. Un debút que este ano lles tocou as rapazas do ED As Miudas, que debutaban sendo a primeira vez que disputaban un encontro oficial. O resultado non foi bo, xa que caían por 8-1 ante o SD Villestro, pero o máis importante foi a primeira pedra deste equipo e a sua histórica posta de longo, como tamén pasará a historia da escola deportiva muradana e do fútbol costeiro o gol de Bárbara aos 54 minutos de xogo no Campo da Barrosa de Villestro. O primeiro gol do ED As Miudas en competición oficial. Aquí tes as crónicas que nos achegan os adestradores, Gueli Cotelo, (Bergantiños) e Fran Figueroa, (Miudas), de ambos encontros e moito máis. Como cada ano os martes todo o fútbol feminino na nosa web.

Segue coas crónicas e moito máis...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
HOXE COMEZA A 2ª DIVISIÓN GALEGA DE FUTBOL FEMININO G2 NA QUE DEBUTARÁ O ED AS MIUDAS.
Sábado, 07 Outubro, 2017 Enviado por Pirata
Tútbol Femenino
2ª GALEGA FEMININA G2
               
    O Deportivo Feminino apadriñou as xornadas das que saeu o ED As Miudas.

-Hoxe comeza a 2ª División Galega Feminina G2-
-O ED As Miudas debuta mañán en Villestro-

Hoxe sábado co encontro Xuventude Aguiño-Santiso comeza a andar a 2ª División Autonómica G2 de Fútbol 2017/18. Unha liga na que debuta por primeira vez cun equipo feminino o ED Os Miudos, ao que nos denominaremos por ser féminas o ED As Miudas, e que comeza mañán Domingo 8 visitando a partires das 16:30 horas ao SD Villestro no Campo da Barrosa coa arbitraxe de Alberto Rey Molano do Colexio Santiagués. Un equipo que dirixirá Fran Figueroa, e que se forxou nunhas xornadas de fútbol feminino que orgañizou a escola de fútbol muradana, que preside Vinto Tajes, e que desenrolou neste fermoso proxecto que veu nacer a un equipo feminino costeiro no sur da nosa "bisbarra" futbolística. Cada semana ao igual que xa estamos a facer dende o ano pasado que debutou o Bergantiños Feminino CF, traerémosvos as crónicas do equipo muradán e do carballes, (que xa comezou no Grupo 1 a semana pasada). Nas nosas clasificacións podes seguir estas duas ligas, premendo na que queirades ver, cos enfrontamentos, horarios, datas, resultados e calendario completo.

Segue coa previa...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
AS XOGADORAS COSTEIRA MARTA, NOELIA E LAURA CONVOCADAS CA SELECCIÓN CORUÑESA SUB 15.
Venres, 06 Outubro, 2017 Enviado por Pirata
Tútbol Femenino
SELECCIÓN CORUÑESA DE FÚTBOL
 
Marta, Noelia e Laura convocadas ca Selección Coruñesa.

-Marta, Noelia e Laura xogadores costeiras convocadas-
-Adestramento preparatorio para o Campionato Galego Sub 15-

O adestrador da Selección Coruñesa Sub 15 convocou para un adestramento o vindeiro luns 9 de Outubro a partires das 18:15 horas, as rapazas Marta Calvo do Outes CF, e Noelia Amarelle e Laura Torrado do Bergantiños Feminino CF no Municipal da Laracha, preparatorio para a primeira fase do Campionato Galego de seleccións provinciais. Tamén están convocadas ademáis das costeiras : Noelia Pérez, (UD Carral), Lara Sánchez, Inés Rodriguez e María Valcarcel, (Deportivo Orzán), Gisele Englem, Paula Tadeo, Andrea Ansede, Lucía Fuentes, Alejandra Rodríguez, Andrea Orosa, Salma Barros, (Orzán SD), Carlota Barreiros, Aroa Guerra, (Imperator OAR), Andrea Díaz, Laura Muñíz, Jennifer Díaz, Carla García, Paula González, Laura Yáñez, Laura Cetina, Inés García, Zaida Táboas, Candela Sánchez, Martina Romay e Noa Ruíz, (Victoria CF).

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
O BERGANTIÑOS FEMININO INICIA A LIGA CUNHA VITORIA SOBRE O BREXO LEMA.
Martes, 03 Outubro, 2017 Enviado por Pirata
Tútbol Femenino
2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA G1
-1ª Xornada-  
 
Segundo ano do Bergantiños Feminino na competición.

-O Bergantiños Feminino abre a liga cunha vitoria-
-As carballesas derrotaron por 0-2 o Brexo Lema

Primeiro partido de liga e primeira vitoria para nosas mozas. O equipo mostrouse moi seguro en defensa, concedendo escasas ocasións de gol para as locais. Pronto se poñería o partido de fronte cando María Lijó remataba en gol un rechaze na área. Pouco antes do gol, Tamara fallaba un man a man coa porteira local Malena. Andrea puido ampliar a vantaxe e Tamara tería outra ocasión clara, pero ambas non estiveron acertadas e case sen ocasións locais, chegábase ao descanso.Tras a continuación as carballesas saíron ao campo sabedoras da necesidade de marcar un gol para encarrilar con máis calma a segunda parte, e Tamara facía o gol da tranquilidade no 55. A pesar de dispoñer varias ocasións para aumentar a vantaxe, o marcador non se movería e a poucos minutos para acabar o partido, Lucía sacaba unha boa man ao lanzamento dunha falta, por medio de María Isabel para as locais. Finalmente non se movería o marcador.

O vindeiro domingo recibirán nas Eiroas ao Vioño, que vén de ser goleado polo Imperátor, un dos fanfurriñeiros da categoría.
 

Segue coa información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
CALENDARIOS E TODA A INFORMACIÓN DA 2ª DIVISIÓN GALEGA DE FÚTBOL FEMININO G1 e G2 CO BERGANTIÑOS E AS MIUDAS A ESCEA.
Mércoles, 27 Setembro, 2017 Enviado por Pirata
Tútbol Femenino
FÚTBOL FEMININO

O Grupo 1 do Bergantiños Feminino xa comeza o Domingo 1.

-Calendarios 2ª División Galega de Fútbol Feminino Grupos 1 e 2-
-
Bergantiños CF e ED As Miudas, no Grupo 1 e 2-

Sodes moitas as que nos preguntábades cando saían os calendarios da 2ª División Galega Feminina de Fútbol, pois non sen tempo xa nos chegaron dende a RFGF. O Bergantiños que está enclavado no Grupo 1 xa comeza esta mesma fin de semana, visitando ao Brexo Lema nos Pinares o Domingo 1 de Outubro a partires das 19:30 horas. No que se refire aos ED As Miudas, terá que esperar unha semana máis para seu histórico debut na competición e como equipo federado. As rapazas muradanas comezan o 8 de Outubro e farano visitando o SD Villestro na Barrosa a partires das 16;30 horas. As de Muros están enclavadas no Grupo 2 cos equipos da Zona de Santiago. Abrindo a nova completa, tes os emparellamentos da 1ª xornada destas ligas, que ao iggual que xa levamos anos coas crónicas e clasificacións do Bergantiños CF Feminino, este ano tamén seguiremos o ED As Miudas, cas clasificacións e resultados que podedes ver a esquerda da nosa web e coas crónicas dos encontros.Toda a información do Fútbol Feminino queda rexistrada a un "click" no enlace direto da dereita da portada da web, así coma tódalas categorías indo o enlace desexado.


Segue coa información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
O SÁBADO 2 PRESENTACIÓN DO ED AS MIUDAS DE FÚTBOL FEMININO NUN TRIANGULAR EN MUROS.
Luns, 28 Agosto, 2017 Enviado por Pirata
Tútbol Femenino
FÚTBOL FEMININO

O ED As Muidas preséntase ante a sua afección.

-O ED As Miudas xogará o seu "I Triangular"-
-ED As Miudas, Bergantiños e un Combinado da Costa-

O ED As Miudas, que como sabedes se formou tralas
"Xornadas de Fúbtol Feminino ED Os Miudos", e que xa é toda unha realidade, xogará o vindeiro sábado no Eleuterio Balayo de Muros, un triangular amigable co Bergantiños CF Feminino e un Combinado da Costa. As rapazas que dirixirá Fran Figueroa, cabeza visible diste proxecto, serán xunto cas bergantiñanas as primeiras en saltar o céspede muradán ás 18:00 horas, para logo xogárense os outros dous encontros. As rapazas muradanas xogarán esta tempada na 2ª División Galega Feminina de Santiago, as que seguiremos e poderedes seguir toda tempada na nosa web cas crónicas, resultados e clasificacións, así como as bergantiñanans, as que xa vimos seguindo coa axuda de Gueli Cotelo, máximo responsable do equipo, e seguiremos esta tempada de novo e que xogan na mesma categoría pero no grupo da Coruña.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
O DEPOR FEMININO REVALIDA O TÍTULO NA "II COPA DEPUTACIÓN DA CORUÑA DE FÚTBOL FEMININO".
Mércoles, 23 Agosto, 2017 Enviado por Pirata
Tútbol Femenino
"II COPA DEPUTACIÓN FEMININA" 
 
Foto de "Familia", dos dous equipos trala final, (Foto : Deportivo Feminino).

-Depor Feminino 3-0 Victoria CF-
-O Depor Feminino proclámase campión da "II Copa Deputación Feminina"-

O Depor Feminino "A" proclamouse campión da "II Copa Deputación de Fútbol Feminino", revalidando o título do ano pasado, ao derrotar na finalísima a un combatente Victoria CF por 3-0 con goles de Jone Bilbao, por partida dobre (22´e 30´), e Gabriela, (34´). Marcou no 78 un gol de saque de curruncho, "Gol Olímpico", e foi anulado, pola loita das xogadoras, pero entrando o gol sen tocar en ninguén. A final tal e como vos adiantamos na previa, foi no Municipal de Órdes.
 

"A nosa máis cordial noraboa a tódolos que forman o Deportivo Feminino, : xogadoras, técnicos, axudantes, etc".

Segue coa información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
PREVIA : "NA TARDE DE HOXE A FINAL DA "II COPA DEPUTACIÓN FEMININA" EN ÓRDES.
Mércoles, 23 Agosto, 2017 Enviado por Pirata
Tútbol Femenino
"II COPA DEPUTACIÓN FEMININA"

O camiño a Gran Final dos equipos coruñeses-
       

-Hoxe en Órdes a Gran Final da "II Copa Deputación Feminina"-
-Deportivo e Victoria a pola Copa-


Hoxe mércores 23 de Agosto será unha data inolvidable para as rapazas do Deportivo Feminino e para as do Victoria CF ca finalísima da "II Copa Deputación da Coruña de Fútbol Feminino". Unha final a que chegan "deportivistas" e "victoristas" tras deixar na cuneta, as "branquiazuis" ao Deportivo Orzán, (0-17), Victoria CF, (de Santiago, 0-8) e SD Tordoia, (0-9) e as "branquinegras", o Imperator OAR, (0-8), SD Torre, (0-4), Xuventude Aguiño, (0-15), e Orzán SD, (1-2). O derbi coruñés desta Gran Final que terá lugar no Municipal de Vista Alegre, (Órdes), comezará a partires das 19:30 horas e será arbitrada por Ángel Acuña Piñeiro, (Comité Galego), como árbitro principal e auxiliado nas bandas polas irmáns, Ana e Andrea Baneira Suarez, do Comité Galego a primeira e do da Coruña a segunda.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
INSCRITO NA RFGF O NOVO EQUIPO DE FÚTBOL FEMININO DA ED OS MIUDOS DE MUROS.
Martes, 08 Agosto, 2017 Enviado por Pirata
Tútbol Femenino
FÚTBOL FEMININO

As xornadas de fútbol feminino da ED Os Muidos da o seus primeiros froitos.

-O ED As Miudas xa é unha realidade-
-O equipo competirá na 2ª División Galega Feminina-

Cando no pasado mes de Xullo se desenrolaron
as "Xornadas de Fúbtol Feminino ED Os Miudos", un dos soños do responsable por parte da Escola Deportiva Os Miudos de Muros, Fran Figueroa, era atraer as rapazas da zona e facer un equipo de fútbol feminino na costa e o soño chegou a converterse en realidade. As rapazas acudiron a chamada da escola deportiva muradana que preside Vinto Tajes e o proxecto chegou ao seu cúmio ca inscripción dun equipo na RFGF. Un equipo o da "ED As Miudas" que xogará a vindeira tempada na 2ª División Galega Feminina de Fútbol Grupo 2. O adestrador Fran Figueróa cheo de ledicia polo primeiro paso, (e o máis complicado), conseguido decíanos que : "Aquel soño de hai algo máis dun més vaise facendo real. A día de hoxe temos 15 xogadoras comprometidas, pero faltan varias por confirmar para completar o que xa é unha realidade. O noso equipo de Fútbol 11 feminino representará a Costa da Morte na 2ª División Galega. Por ilusión non vai quedar!!!...E vós coa vosa difusión e apoio sodes parte responsable de que esto sexa unha realidade".

Segue coa información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
EXITO ROTUNDO NO PECHE DAS XORNADAS DE FÚTBOL FEMININO DA ED OS MIUDOS, (ENTREVISTA A FRAN FIGUEROA).
Domingo, 16 Xullo, 2017 Enviado por Pirata
Tútbol Femenino
"XORNADAS DO FÚTBOL FEMININO ED OS MIUDOS"

As Rapazas das xornadas disfrutaron ca compaña de Vero Boquete

-Vero Boquete pechou con éxito rotundo as xornadas das "Miudas"-
-Unhas xornadas que tiveron lugar en Muros, Louro e Esteiro-

A mais grande das xogadoras do fútbol galego e español a nivel internacional
, Vero Boquete, xunto ca Seleccionadora Galega, Susú Cores pecharon as "Xornadas de Fúbtol Feminino ED Os Miudos", unhas xornadas que se disputaron en Muros, Monte Louro, e Esteiro. O éxito foi "rotundo" como nos apunta nesta entrevista o responsable por parte da ED Os Miudos de Muros, Fran Figueroa, que xa nos apunta que isto foi a semente para crear un equipo de Fútbol Feminino das escolas deportivas muradanas. Onte con Vero Boquete e Susú Cores estivo o adestrador costeiro Felipe Candamo e nas anteriors xornadas tamén colaboraron, Óscar Leis, Manu de Roque, e por parte do Deportivo Feminino, o adestrador, Manu Sánchez, a preparadora física Alba, e a capitana do equipo deportivista, Miriam. Colaboraron nestas xornadas o Concello de Muros e o Deportivo Feminino.

Abrindo a nova completa tes a entrevista a Fran Figueroa.

Segue coa entrevista...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 

    1234   >

Theme creado por dev-postnuke.com