Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
JULIO LEMA

 
RESTAURANTE D´ALVARO

 
CURRO PESCA
 
CAFÉ BAR OASIS

 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
Usuarios
Benvido Invitado

O rexistro é completamente gratuito e poderás acceder a todas as seccións da web
Podes rexistrarte aquí
Usuario:


Contrasinal:


Recórdame

Membros:  Admins
Non Conectado  Pirata  
Non Conectado  RubenGarcia  
Non Conectado  Pato  
Membros:  Membros:
Ultimo:  Novos Hoxe: 2
Ultimo:  Novos Onte: 4
Ultimo:  Total: 59542
Ultimo:  Ultimo:
smolonen
Membros:  Conectados
Membros:  Membros: 0
Invitados:  Invitados: 12
Total:  Total: 12
Membros:  Membros Online
No hai membros conectados
 
CLASIFICACIÓNS
 
LIGAS FÚTBOL 8
 
FÚBOL SALA COSTA DA MORTE
 
FÚTBOL SALA FEMININO/MASCULINO
 
CLASIFICACIÓNS F. VETERANOS COSTA
 
Menú principal

 

Tema: Fútbol Base

Los artículos publicados en este tema son los siguientes.

    12345   >

ASÍ FOI A CLAUSURA DO "V CAMPUS JUAN GÓMEZ BARREIRO" DE OUTES.
Domingo, 15 Xullo, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base
"V CAMPUS FÚTBOL BASE JUAN GÓMEZ"


Foto de familia da clausura do campus outés.

-Éxito rotundo do "V Campus Juan Gomez Barreiro" en Outes-

-Clausurouse o pasado venres-


Tal e como vos adiantamos o pasado venres 13 de Xullo tiña lugar a clausura do "V Campus Juan Gómez Barreiro", no Campo Municipal O Conchido, orgañizado polo Outes CF e o concello outés. Medio cento de rapaces pechaban para este ano o campus que tivo un éxito rotundo de participación e de orgañización. No acto de clausura estaba o encargado da dirección, Carlos Romero así coma o coordinador, Juan "Tomé" e contaban ca presenza do presidente da RFGF, Rafael Louzán, así coma o subdelegado costeiro, Manolo Corredoira, e a alcaldesa da localidade, Beatríz Molinos. Para este derradeiro día do campus contaron ca participación dos , Manu de Roque, José Abelenda e Borja Facal, é durante o campuius foron varios os adestradores que impartiron docencia aos nenos. No acto de peche desta edición os nenos recibirán un diploma de participación. Abre a nova o completo para ver máis información e fotos da clausura.

Segue coa información e fotos...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..."
para VER MÁIS.


 
HOXE CLAUSÚRASE EN OUTES O "V CAMPUS JUAN GÓMEZ BARREIRO" CA PRESENZA DO PRESIDENTE DA RFGF.
Venres, 13 Xullo, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base
"V CAMPUS FÚTBOL BASE JUAN GÓMEZ"


Medio cento de nenos disfrutaron dunha semana de fútbol e convivenza.

-Hoxe clausúrase o "V Campus Juan Gomez Barreiro" en Outes-

-Acudirá o presidente da RFGF, Rafael Louzán-


Hoxe venres 13 de Xullo terá lugar a clausura do "V Campus Juan Gómez Barreiro", no Campo Municipal O Conchido da Serra de Outes e orgañizado polo Outes CF e o concello outés. Medio cento de rapaces disfrutaron do fútbol, na táctica e na práctica, así como actividades diversas de disfrute e convivenza. Na dirección do campus estivo Carlos Romero e como coordinador, Juan "Tomé". No peche desta 5ª edición que volveu a ser un éxito en tódolos aspectos, estará o presidente da RFGF, Rafael Louzán, e con él o subdelegado costeiro, Manolo Corredoira, aos que acompañará a alcaldesa da localidade, Beatríz Molinos. Os adestradores invitados desta derradeira xornada son o muradán de Tal, Manu de Roque, moi coñecido no clube polos moitos anos que pasou nél e que leva a dirección na base do CF Noia, e os adestradores do Bergantiños CF, o coristanqués, José Abelenda e o laxense, Borja Facal, todos eles co título de Adestrador UEFA-Pro. Durante a semana foron varios os adestradores, tanto do clube como doutros clubes os que impartiron docencia. No acto de peche desta edición os nenos recibirán un diploma de participación.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..."
para VER MÁIS.


 
TODO O QUE DEU DE SÍ O EXITOSO "I TORNEO VILA DE RONCUDO" DE FÚTBOL BASE EN INFORMACIÓN E FOTOS.
Venres, 06 Xullo, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base
"I TORNEO VILA DO RONCUDO"
-Fútbol Base-

Os rapaces disfrutaron dun día de fútbol e convivenza.

-FS As Baleas, EF Luis Calvo, Bergantiños CF e Corme CF
campións do "I Torneo Vila do Roncudo"-

As Baleas, Luis Calvo, Bergantiños e Corme foron os triunfadores nun exitoso "I Torneo Vila do Roncudo". 
Nin a choiva, nin o Mundial de fútbol que se está disputando en Rusia, puido cunha primeira edición dun torneo de fútbol base que foi un auténtico éxito de participación, como de asistencia, e que encheu O Cairo de puro fútbol. O evento como xa vos apuntamos días atrás nas previas foi organizado polo propio clube cormelán conxuntamente co Concello de Ponteceso e en colaboración coa Asociación Deportiva Vidú. Abre a nova o completo para ver o resto da información e fotos.

Segue con toda a información do torneo e fotos...


Preme abaixo en "Ler a nova completa" para VER MÁIS...


 
ESTA FIN DE SEMANA CORME CONVERTIRASE NA CAPITAL DO FÚTBOL BASE CO "I TORNEO VILA DE RONCUDO".
Venres, 29 Xuño, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base
"I TORNEO VILA DO RONCUDO"
-Fútbol Base-



-Corme convertirase esta fin de semana na capital do fútbol base-
-"I Torneo Vila do Roncudo este sábado e Domingo-


O Corme CF e o Concello de Ponteceso poñen en marcha o "I Torneo de Fútbol Base Vila do Roncudo", en colaboración coa Asociación Deportiva Vidú, que preside o cormalán Martín Varela, poñen en marcha a primeira edición deste torneo nas categorías de benxamín, alevín, infantil e cadete, que se celebrará os vindeiros sábado 30 de xuño e domingo 1 de xullo cunha participación de 30 equipos. O clube cormelán e o consistorio pontecesán decidiron organizar un torneo de fútbol base no "Campo do Cairo" co obxectivo de fomentar o deporte de base na Vila do Roncudo e facer dúas xornadas donde reine unha gran convivencia e na que se fomente a deportividade. Haberá un gran televisor para tamén poder sguir o mundial e haberá un parón de un par de horas o Domingo de 4 a 6 da tarde para que os siareiros e xogadores poidan ver o España-Rusia. Abre a nova o completo para ver o resto da información.

Segue con toda a información do torneo...


Preme abaixo en "Ler a nova completa" para VER MÁIS...


 
TREMENDO ÉXITO DO "X TORNEO DE FÚTBOL BASE DO CABANA SD" TANTO A NIVEL ORGAÑIZATIVO COMA DE PARTICIPACIÓN E SEGUIMENTO.
Xoves, 28 Xuño, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base
"X TORNEO FÚTBOL BASE CABANA SD-

O Torneo de Fútbol Base do Cabana SD un dos máis importantes de Galicia.

-Novo éxito de participación e orgañización no
"X Torneo de Fútnol Base do Cabana SD-

Alá polo 2008 comezaba a disputarse o "Torneo de Fútbol Base do Cabana SD", un torneo que traía unhas características moi difíciles de levar a cabo, pois non se trataba de xente que cobrase por montar un torneo, nen era dun concello ou entidade forte. Eran os mesmos diretivos e adestradores, e pais de rapaces do club, e mesmo xogadores, os que axudaban a levar a cabo un evento que se desenrolaba en dous días e que movía a centos de rapaces, facilitando o xantar dos rapaces e dos acompañantes no propio campo, así como a información en plan guía turística do Concello de Cabana de Bergantiños. Unha proposta que sigueu e foi levada a cabo ano tras ano e que foi crecendo e tendo máis axudas de patrocinadores. Este torneo e o bo traballo do club cabanés fixo que na pasada edición do "Piratas de Honra", levasen o "Piratiña da Costa-Abdoulaye", por votación dos siareiros na nosa web e como recoñecemento ao seu traballo co fútbol base. Este ano para a orgañización do torneo, co adestrador do clube e gran implicado do torneo José Manuel Vázquez recén operado e co presidente Michel da entidade cabanesa, que levaba 40 días hospitalizado e ca sua dona, (outra das grandes implicadas), cun pé no hospital e outro no campo, as cousas estaban complicadas de levar a cabo, e ata se chegou a pensar a suspendelo con tanta adversidade, pero ao final levouse a cabo e o éxito de orgañización, participación e de asistencia depúblico, foi unha vez máis extraordinario. Os rapaces tiveron dous días de festa, deporte e convivencia e os seus pais e acompañantes, exactamente o mesmo. Atlético Arteixo en Benxamíns, Hércules en Alevíns e Infantís e Corme CF en Cadetes, foron os gañadores do torneo, pero eso foi o de menos. O mellor foi ver a grande implicación e amizade antre todos, que é a finalidade do deporte. Por outra banda desexarlle a José Manuel, (que ainda convalecente da operación foi axudar) e a Michel, (que xa está na casa), unha pronta e satisfactoria recuperación dos seus males. Abre a nova o completo para ver a información e fotos.

Segue coa información escolma de fotos...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
ABERTO O PRAZO DE INCRICIÓNS PARA O "V CAMPUS DE FÚTBOL DO OUTES CF".
Luns, 25 Xuño, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base
"V CAMPUS OUTES CF"


-Chega o "V Campus de Fútbol Outes CF"-
-Aberto o prazo de inscricións-
Chega a sua 5ª edición o "Campus de Fútbol Outes CF", un campus xa consolidado e que amosa o bo facer do clube outés ca canteira. Será do 3 ao 14 de Xullo de luns a venres en horario de mañán e dirixido a nenos/as de 6 a 14 anos de idade. O prazo límite para inscribirse remata o vindeiro 28 de Xuño e o prezo é de 50 euros e poderá facerse efectivo nas oficinas do Outes CF. Contará con adestradores titulados UEFA Pro, UEFA  "A" e "B", ademáis de adestradores esepcíficos para porteiros. Os rapaces disfrutarán de traballos de perfeccionamento das técnicas futbolísticas e de convivenza.
Segue...
Preme abaixo en "Ler a nova completa" para VER MÁIS...


 
A ENTREVISTA : "CALIDADE MADE IN A COSTA : MARTA CLAVO : "SEMPRE SOÑEI SER A HEROINA DUN PARTIDO".
Xoves, 21 Xuño, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base
-CALIDADE MADE IN A COSTA"


Marta cos dous trofeos acadados esta tempada.

-Marta Calvo : "Sempre soñei ser a heroina dun partido"-

-Marta marcou o gol que lle deu a Copa da Costa o Outes CF Cadete-

Se na pasada Gran Final da "Copa da Costa Cadete", houbo unha heroina esa foi Marta Calvo Noya, (21/11/2003-A Rasa-Atallo-Noia), que tras pasar unha tempada na que alternou o equipo cadete e o xuvenil do Outes CF, (este último desapareceu trala primeira volta da liga), acadou un soño que tiña de neniña e que lle comentaba a sua avoa : "Algún día quero chegar a ser unha heroina nun encontro", e foino marcando o gol que lle daba o título de campión da "Copa da Costa Cadete" ao equipo outés, nunha final reñidísma ante o SD Sofán que podía caer de calqueira banda, pero un gol de Marta no minuto 55 cando ían 1-1, dáballes o trofeo e facía que o equipo da Serra completase un "dobrete", nunha tempada que nunca esquecerá esta xove promesa do fútbol "Made in a Costa", que co crecemento do fútbol feminino na Costa non lle faltará onde xogar e quizais co tempo a vexamos no Deportivo Feminino xogando na 1ª División. Aquí che traemos unha entrevista ca "estrela" da final da "Copa da Costa Cadete". Se abres a nova o completo podes ver a entrevista.

Segue coa entrevista...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
NOVO ÉXITO DE ORGAÑIZACIÓN E PARTICIPACIÓN NA "II MALPICA VIDÚ CUP SUB 15" QUE SE LEVOU O DEPORTIVO".
Martes, 19 Xuño, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base
"II TORNEO MALPICA VIDÚ CUP SUB 15-

O Deportivo volveu a levarse o título do torneo.

-O Deportivo revalida o título na "II Malpica Vidú Cup Sub 15"-
-Novo éxito de orgañización e participación-

Novo éxito de orgañización e de participación tanto de cñlubes, con equipos portugueses para darlle o toque internacional e tamén gran afluencia de afeccionados, que disfrutaron de fútbol de moitos quilates. O conxunto Sub 15 do Deportivo da Coruña voltou a proclamarse campión en Xaviña, (Buño), un ano despois e logrou revalidar o título despois de ir de menos a máis durante o torneo e vencer ao Pontevedra na gran final. Un millar de persoas pasaron por Xaviña, (Buño) e A Pedra Queimada, (Malpica), para gozar dun gran evento organizado polo Concello de Malpica e a Asociación Deportiva Vidú que reuníu a varios dos mellores equipos da nosa comunidade e a dous clubes de renome de Portugal como son o Chaves e o Vitória de Guimarães. Abre a nova o completo para ver a información e fotos.

Segue coa información escolma de fotos...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
O OUTES CF CAMPIÓN DA "COPA DA COSTA CADETE" NUNHA FINAL MOI DISPUTADA CO SD SOFÁN, (2-1).
Domingo, 17 Xuño, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base
-"COPA DA COSTA CADETE"

-GRAN FINAL-


O Outes CF completou unha gran tempada co dobrete.

Outes CF 2-1 SD Sofán

-O Outes CF gaña a Copa e acada o dobrete-

Gran Final a desta "Copa da Costa Cadete", que se xogou no "Conchido" , un factor que lle daba unha pequena ventaxe mirando sobre o papel ao Outes CF, pero que se encargou o equipo do SD Sofán de que non fose así e ofreceron ambos conxuntos un encontro digno de admiración e no que se adiantaba o equipo outés aos 4 minutos de xogo por medio de Del Río, pero sen tempo a dúbidas o equipo sofanista empataba por medio de Ángel. Xa na segunda metade Marta facía o 2-1 que lles daba a Copa, ante un Sofán que buscou a igualada ata o pitido final. Se abres a nova o completo tes máis información.

Outes CF : Miguel, Marta, Daniel, Siso, Álvaro, Fabio, David, Del Río, Ryam e Nicolás. Banquillo : Ismael, José Angel, Rubén, Iván e Xabier.

SD Sofán : Iván Fraga, Daniel, Hugo, Pablo, Crístian, Fabián, Raúl, Ángel, Lucas, Diego e José Fraga. Banquiillo : Crístian Lema, Iván González, Iker, Mario e Xosé B.

Goles : 1-0, Del Río, (4´); 1-1, Ángel, (6´); 2-1, Marta, (55´).


A nosa máis cordial noraboa a tódolos que forman o Outes CF : xogadores, adestradores, axudantes do clube, diretivos e afeccionados e o mesmo tempo tódolos ánimos para os rapaces do SD Sofán que lles tocou a parte triste das finais pero que só as perden os que chegan a elas.

Segue coa información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
O CORME CF LÉVASE A "COPA DA COSTA XUVENIL" NA PRÓRROGA ANTE O SAN LORENZO E COMPLETA O DOBRETE.
Sábado, 16 Xuño, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base
-COPA DA COSTA XUVENIL"

-GRAN FINAL-


O Corme CF corouse campión da copa

Corme CF 3-0 SD San Lorenzo

-O Corme CF lévase a Copa na prórroga e fai dobrete-

Emocionante, disputado, trepidante, fermoso, o encontro antre Corme CF e SD San Lorenzo da Gran Final da "Copa da Costa Xuvenil", que se xogou lugar no "Carral" de Sofán, (Carballo). Un encontro que acabou con empate a ceros, (0-0), e que se levou o equipo cormelán na prórroga, ante  un San Lorenzo de Verdillo que xogou a heróica antre o lider do fútbol xuvenil costeiro con só tiña 11 xogadores dispoñibles tal e como vos apuntamos na previa e que non se decompuxo ata que na prórroga lles caeu o primeiro gol. Pola sua banda o equipo cormelán completa o dobrete tras haber gañado a liga e a copa. Se abres a nova o completo tes máis información.

Corme CF : Lucas, Brais, Ángel, Eloy, Aitor, Javi Bermúdez, Mauro, Manu Garrido, Manu Tasende, Manu Bermúdez, e Samu Costa. Banquillo : Noel, Alejandro, Roque, Nuñel e Miguel.

SD San Lorenzo : Darío, Álex Fernández, Álex Rodríguez, Eloy, Iván Cancela, Alberto, Aarón, Ivito, Fidalgo, Jose e Martín.

Goles : 1-0, Garrido, (91´); 2-0, Manu Bermúdez, (95´); 3-0, Mauro, (104´).


A nosa máis cordial noraboa a tódolos que forman o Corme CF : xogadoras, adestradores, axudantes do clube, diretivos e afeccionado.

Segue coa información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
PREVIA DA GRAN FINAL DA COPA DA COSTA DE CADETES MAÑÁN DOMINGO EN OUTES.
Sábado, 16 Xuño, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base
-COPA DA COSTA CADETE"

-Previa-


O cetro de campión de Copa en xogo en Outes.

Outes CF Vs SD Sofán

-A Copa da Costa Cadete en xogo no Conchido-

Mañán Domingo 17 de xuño a partires das 11:30 horas Outes CF e SD Sofán disputaranse a Gran Final da "Copa da Costa Cadete", que terán lugar no "Municipal do Conchido" de Outes. Por unha banda o equipo outés, que xoga na casa e que tratará de compretar o dobrete nesta tempada e pola outra o equipo sofanista que acabou 5º na liga e que fixo unha gran tempada. Aquí tes a previa para saber todo deste encontro Se abres a nova o completo podes ver a previa.

Segue coa previa...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
O UC CEE CAMPIÓN DA "COPA DA COSTA INFANTIL".
Sábado, 16 Xuño, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base
-COPA DA COSTA INFANTIL"

-Final-


O UC Cee acadou o dobrete co título de campión de Copa e liga.

UC Cee 3-1 SD Sofán

-UC Cee Infantil primeiro campión da fin de semana copeira-

Comezou a fin de seamana máis copeira ca Gran Final da "Copa da Costa Infantil",  no "Agra de Filgueira" de Louro, (Muros), co UC Cee campión de liga e o SD Sofán e foron os ceenses os que se levaban o trofeo tras derrotar por 3-1 aos sofanistas. Moi pronto púxose o equipo da Vila da Xunqueira 2-0, con goles de Isaac e Diego, o que supuxo un mazazo para os carbaleses a hora de xogo acurtaban distanza os sofanistas e metíanse de cheo cun tanto de Dani Calvete, pero un penalti 10 minutos despois valáislle a Alfredo para finiquitar a final e acadar a Copa que supón o dobrete para o seu clube que pecha unha tempada fantástica, coa liga a copa e un excelente papel na fase de ascenso a pesares de ter que sufrir desprazamentos moi longos e xogar cedo.  Se abres a nova o completo tes máis información do encontro.

UC Cee : Joel, Antón, Isaac, Álex Sánchez, Oreiro, Sergio, Lojo, Julio, Alfredo, Rubén, e Diego. Banquillo : Conde, Bujeiro, Fidalgo, Mauro e Adrián.

SD Sofán : Iván, Rubén, Mateo, Xosé, Iván Fernández, Dani Calvete, Manuel, Borja, David, Ángel e Pablo. Banquillo : Pablo, Alejandro, Xoel, Yelco, e Bolón.

Goles : 1-0, Isaac, (13´); 2-0, Diego, (16´); 2-1, Dani Calvete, (66´); 3-1, Alfredo, (71´de penalti).

Segue coa previa...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
PREVIA GRAN FINAL DA COPA DA COSTA XUVENIL : "CORME E SAN LORENZO LOITAN EN SOFÁN POLO CETRO XUVENIL DA COSTA".
Venres, 15 Xuño, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base
-COPA DA COSTA XUVENIL"

-Previas-


Loita antre dous titáns polo cetro copeiro xuvenil.

Corme CF Vs SD San Lorenzo

-Sofán acolle unha final antre dous pesos pesados-

Mañán sábado 16 de xuño a partires das 18:30 horas Corme CF e SD San Lorenzo dirimirán a Gran Final da "Copa da Costa Xuvenil", que terán lugar no "Carral" de Sofán, (Carballo), un encontro no que se enfrontan o campión da liga e un dos grandes animadores da competición. Un grupo de rapaces os cormeláns que o gañaron todo dende benxamíns, pero aos que lles pode a presión nas finais de Copa e un equipo o verdillés que saltou a palestra nos xuvenís costeiros con moita forza e sempre flirteando cos postos máis altos. Ven e certo que chega salvo "miragre" con 11 xustos por baixas de lesións, sanción e viaxes de estudos, pero sacará un equipo de nivel. Aquí tes a previa para saber todo deste encontro Se abres a nova o completo podes ver a previa.

Segue coa previa...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
MAÑÁN EN MALPICA E BUÑO A "II MALPICA VIDÚ CUP" SUB 15, (TODA A INFORMACIÓN E CONVOCATORIA SELECCIÓN DA COSTA).
Venres, 15 Xuño, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base

Unha das convocatorias da Selección da Costa.

-A II Malpica Vidú Cup mañán sábado en Malpica e Buño-
-Será televisada vía YouTube-
-Lista de convocados da Selección da Costa-

Mañán sábado terá lugar II Malpica Vidú Cup, e a organización deste evento xa está ultimando detalles para que esta gran festa do fútbol Sub-15 sexa un éxito. Tanto os rapaces que son os verdadeiros protagonistas, coma os árbitros, os afeccionados e os organizadores están desexando que o balón comece a rodar sobre os céspedes artificiais da Pedra Queimada, (Malpica), e de Xaviña, (Buño). Vitória Sport Clube de Guimarães, Selección Coruñesa, Pontevedra CF, Bergantiños CF, Selección da Costa, Grupo Desportivo Chaves, RC Deportivo e CD Lugo loitarán polo título de campión desta segunda edición da Malpica Vidú Cup e de seguro que darán un gran espectáculo futbolístico no que farán as delicias dos espectadores que se acheguen ata os dous campos municipais do Concello de Malpica. Abre a nova o completo para ver o resto da información.

Segue coa información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CONFIRMADOS OS TRÍOS ARBITRAIS PARA AS FINAIS DA "COPA DA COSTA XUVENIL E CADETE".
Xoves, 14 Xuño, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base
-COPA DA COSTA"

-Xuvenil e Cadete-


Trío arbitral para a final da "Copa da Costa de Xuvenís".

-Árbitros costeiros para as finais de Xuvenís e Cadetes-

-Os infantís pendentes de designación-

Tanto para a final da "Copa da Costa Xuvenís" como para a final da "Copa da Costa Cadete" xa temos os colexiados que dirixirán os choques. Nos xuvenís será o colexiado fisterrán de 1ª Galicia, David Castreje Ferrío o árbitro principal, asistido nas bandas polo carballés Santi Boedo que arbitra na 2ª Galicia e fai de asistente na 1ª Galicia e o baiés, Manuel Espasandín, que debutou esta tempada na 3ª Galicia e como todos eles con todo o fútbol base. Esta final que enfrontará ao Comre CF e ao SD San Lorenzo, terá lugar o vindeiro sábado en Sofán, (Carballo), no Campo O Carral e comezará ás 18:30 horas. Pola sua banda nos cadetes dirixirá a finalísima antre o Outes CF e o SD Sofán no Municipal do Conchido, pola mañán dende ás 11:30 horas, outro fisterrán, Luis M Lago Insua o Domingo 17 ás 11:30 horas. Luis é colexiado da 1ª Galicia e estará asistido nas bandas polo xalleiro de Santa Comba, Daniel Martínez, colexiado da 3ª Galicia e polo vimiancés, Óscar Santos, colexiado en categoría auxiliar. En definitiva 6 colexiados costeiros para estas finais o que amosa o bo estado de saúde da arbitraxe na Costa da Morte e o crecemento dende a creación da Subdelegación en Baio. Destas copas así como da de infantís para a que ainda non hai confirmados árbitros, irémovos informando polo miúdo cas nosas previas. Se abres a nova o pode ver máis información.

Segue coa información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
SD SOFÁN VS UC CEE FINAL DA "COPA DA COSTA DE INFANTÍS".
Domingo, 10 Xuño, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base

-SD Sofán Vs UC Cee final da  "Copa da Costa de Infantís"-

SD Sofán Vs UC Cee será a final da "Copa da Costa de Infantís". Meteuse na finalísima o campión de liga UC Cee ao UD Cerqueda nun encontro que estivo máis igualado do que di o marcador, (4-1). Pola sua bada o SD Sofán derrotou ao Corme CF nun encontro tremendamente igualado, (1-2).

Segue ca información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
OUTES CF Vs SD SOFÁN FINAL DA "COPA DA COSTA DE CADETES".
Domingo, 10 Xuño, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base


-Outes CF Vs SD Sofán final da  "Copa da Costa de Cadetes"-

Non houbo sorpresas e a final da "Copa da Costa de Cadetes" será Outes CF Vs SD Sofán. No caso dos outeses, campións de liga a pesares de perder na ida 2-1, goleaban e no caso dos sofanistas que xa gañaran na ida, voltaron a gañar neste encontro de volta.

Segue ca información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CORME CF-SAN LORENZO FINAL DA "COPA DA COSTA DE XUVENÍS", (Crónicas).
Domingo, 10 Xuño, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base

"COPA DA COSTA XUVENIL"

-Volta de Semifinais-


O Corme CF deulle a volta a eliminatoria en Muros.

-Corme-San Lorenzo será a Final da Copa da Costa Xuvenil-

-O vindeiro sábado dilucidarase o título-

Como apuntábamos na previa, nada estaba feito na volta das Semifinais da "Copa da Costa Xuvenil", e así foi, e a pesares de estar os campos completamente encharcados víronse dous grandes encontros. O Corme CF deulle a volta a eliminatoria e se fai unha semana caía por 0-1 ante o ED Os Miúdos desta vez era quen de gañar a domicilio nun encntro moi serio dos de Lelo que foron a polo encontro dende o inicio e chegaron ata o desconto gañando 0-3 intre no que marcaba o equipo muradán o definitivo 1-3. Na outra eliminatoria o San Lorenzo defendía unha ventaxe de 2-1 da ida e foi o Cabana SD o que levou o peso do encontro e dispuxo de imnumerables ocasións para levarse unha vitoria máis folgada chegando ao descanso cun resultado de 3-0, que lles sabía a pouco. Pero reaccionou o clube de Verdillo na segunda metade e consigue facer un par de goles, (3-2), que lles deu o pase polo valor dos goles en campo contrario. Polo tanto o vindeiro sábado teremos a finalísima : Corme CF Vs SD San Lorenzo. Abre a nova o completo para ver a crónica dos encontros.

Segue con toda a información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
PREVIA DA VOTA DE SEMIFINAIS DA "COPA DA COSTA XUVENIL" : "EMOCIÓN AO MÁXIMO POR ESTAR NA FINAL".
Xoves, 07 Xuño, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base

"COPA DA COSTA XUVENIL"

-Volta de Semifinais-


Na ida o Corme CF recibeu o trofeo de campión de liga.

-Previa da ida de Semifinais da Copa da Costa Xuvenil-

-Os dous encontros mañán sábado-

Pasado mañán sábado 9 de Xuño xóganse os dous encontros da volta das Semifinais da "Copa da Costa Xuvenil", na que teremos o ED Os Miúdos tratará de retificar o seu pase a Gran Final do día 16 de Xuño, tras haber gañado contra pronóstico ao campión de liga e "coco" da competición o Corme CF, (0-1). Un empate ou unha vitoria fanlle falla aos muradáns para polantarse na finalísima. Pola contra os cormeláns, saturados de encontro antre liga, fase de ascenso, primeiro equipo e copa, deben gañar por máis de 1 tanto. Na outra semifinal as cousas tamén está que arden. o Cabana SD, caía na ida po 2-1 en Verdillo ante o SD San Lorenzo, un gol que lles da moito chance na volta nas Redondas xa que unha vitoria pola mínima daríalles o pase a finalísima. Pola sua banda os verdillenses precisan unha igualda ou unha vitoria, polo que teñen un puntiño máis para poder plantarse na final. Abre a nova o completo para ver a previa dos encontros con toda a información sobre eles e como seguilos.

Segue con toda a información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
PREVIA DA VOLTA DE SEMIFINAIS DA "COPA DA COSTA CADETE" : "O DOMINGO SABERÉMOLOS FINALISTAS".
Xoves, 07 Xuño, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base

COPA DA COSTA CADETE

-Volta de Semifinais-


O SD Sofán visita ao Cabana SD cunha boa ventaxe.

-Domingo saberemos os finaistas da Copa da Costa Cadete-

-Previa da volta de Semifinais-

O vindeiro Domingo 10 de Xuño xóganse os dous encontros da volta de Semifinais da "Copa da Costa Cadete". Ainda que na ida tomaron algo de ventaxe o Corme CF e o SD Sofán que gañaban os seus encontros como locais, as espadas están en todo o alto, pois nestas categorías os resultados son moi impredecibles. O campión de liga, Outes CF debe remontar un 2-1 en contra ante o Corme CF, 4º clasificado en liga. Pola sua banda o SD Sofán defenderá no feudo do Cabana SD un 2-0 a favor. Na liga os cabaneses quedaban 7º, pola 5ª posición ca que remataban a liga os sofanistas. Abre a nova para ver a previa dos encontros, dos que a dereita da portada da nosa web podes ver o cadro de resultados tralos encontros e cando queiras, así coma de outras copas.

Segue con toda a información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 

    12345   >

Theme creado por dev-postnuke.com