Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
JULIO LEMA

 
RESTAURANTE D´ALVARO

 
CURRO PESCA
 
CAFÉ BAR OASIS

 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
Usuarios
Benvido Invitado

O rexistro é completamente gratuito e poderás acceder a todas as seccións da web
Podes rexistrarte aquí
Usuario:


Contrasinal:


Recórdame

Membros:  Admins
Non Conectado  Pirata  
Non Conectado  RubenGarcia  
Non Conectado  Pato  
Membros:  Membros:
Ultimo:  Novos Hoxe: 2
Ultimo:  Novos Onte: 4
Ultimo:  Total: 59542
Ultimo:  Ultimo:
smolonen
Membros:  Conectados
Membros:  Membros: 0
Invitados:  Invitados: 12
Total:  Total: 12
Membros:  Membros Online
No hai membros conectados
 
CLASIFICACIÓNS
 
LIGAS FÚTBOL 8
 
FÚBOL SALA COSTA DA MORTE
 
FÚTBOL SALA FEMININO/MASCULINO
 
CLASIFICACIÓNS F. VETERANOS COSTA
 
Menú principal

 

Tema: O que o noso ollo ve

Los artículos publicados en este tema son los siguientes.

    12   >

O QUE O NOSO OLLO VE : "A SELECCIÓN DE URUGUAI DEBEN SENTILA OS GALEGOS COMO PROPIA".
Mércoles, 04 Xullo, 2018 Enviado por Pirata
O que o noso ollo ve
-OS DETALLES DO MUNDIAL-


Todo plantel de xogadores, ténicos e médicos da Selección de Uruguai.

(Foto : Deportes RCN).

-A Selección de Uruguai é a Selección Galega-

-"Galicia debe sentir os exitos de Uruguai como propios"-

Na Selección Española había un par de galegos, na Suiza está Rodriguez de pais de Crecende, pero na Selección de Uruguai practicamente todos ou cáseque todos son de orixe galega. Iso desvela o médico do combinado uruguaio, Alberto Pan Montáns, que é o galeno dos de alén do mar dende fai 16 anos, sendo iste o seu cuarto mundial. Alberto nunha entrevista a "La Voz de Asturias" acuñaba unha frase que nos atraeu ao intre e que nos desvelou o galega que é esta selección : "Galicia debe sentir los éxitos de Uruguay como propios porque muchos de nosotros tenemos nuestros orígenes allí. Nuestros padres, nuestros abuelos o bisabuelos son de allá". Os pais do médico da "5ª provincia galega" son de Buño e Leiloio, lugares que visita a miúdo e ten tamén familia en Malpica, Carballo e Santiago. Apunta nesta entrevista que se se : "Repasa cualquier integración de Uruguay de cualquier época, los que tienen apellidos españoles, en su mayoría son descendientes de gallegos", e sobre os integrantes da actual selección di que : "En su mayoría tiene origen gallego, los hai que procede su familia de Muxía, A Coruña, Arteixo, Santa Comba, las riberas del Tambre, A Baña o Negreira". Tamén dí sobre os que non o teñen direto coma "Luis Suárez, Carlos Sánchez, Crístian Rodríguez o Maxi Gómez, también pueden descender de un gallego". A sua explicación é obvia : "En Uruguay no contamos con población indígena. La emigración en el río de la Plata fue masiva y los gallegos encontraron en Montevideo y su entorno un lugar en el que prosperar", de aí que a sangue galega e o ADN esté espallado de maneira masiva por todo Uruguai e en especial en Montevide, (e os seus arrabais), capital do estado. Segue co artigo abrindo a nova completa.

Segue co artigo...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.




 
VISITA ILUSTRE A MUXÍA DO "BELEM" O VELEIRO MÁIS ANTIGO DE EUROPA EN NAVEGACIÓN E O MÁIS LONGO DE 3 MÁSTILES.
Luns, 25 Xuño, 2018 Enviado por Pirata
O que o noso ollo ve
GRANDES VELEIROS
-"Belem"-


O gran veleiro atraeu a mirada de veciños e visitantes.

-Visita Muxía o Belem o veleiro máis antigo de Europa-
-O máis logo de 3 mástiles a nivel europeo-

Como vos decíamos fai uns días a chegada de xentes doutros lares a Muxía é moi relevante todo o ano, pero en especial nesta época estival na que chegan en toda crase de medios de transporte,  vehículos ou veleiros. O porto deportivo "Marina Muxía" o ano pasado convirteuse no cuarto de maior tránsito de Galicia, pero desta volta a visita ilustre, polo seu tamaño e calado tivo que quedar por fora do dique de abrigo, por mor das mareas. Non é outro co buque escola "Belem" con bandeira francesa e que ven sendo o veleiro máis antigo de Europa que está en navegación, (Chantenay sur Loire-31 Xullo do 1896), e o veleiro de 3 mástiles de maior tamaño de Europa e o único que lle queda a Francia destas características. O "Belem" que recuperou cando estaba abandonado en Venecia, un afeccionado náutico francés e que o restaurou ca axuda dun gran banco gabacho, mide 58,80 metros de eslora por 8,80 mts de manga e 3,50 de calado. . Conta con 21 velas nos seus tres mástiles e arrastra 531 toneladas de rexistro bruto. Ten a sua base en Nantes, (Francia), de onde son moitos dos iates e veleiros que recalan no porto muxián e vai con destino a Lisboa. É usado pola Armada Francesa como buque escola ademáis de ser usado de maneira altruista para cursos de navegación. Este ilustre visitante tamén o é das regatas de grandes veleiros. Abre a nova o completo para ver máis fotos.

Segue con fotos...


Preme abaixo en "Ler a nova completa" para VER MÁIS...



 
NOVO RECORD DO "GRAN BOCADILLO DO BAR A LAREIRA" DE MUXÍA CON 60 METROS.
Luns, 18 Xuño, 2018 Enviado por Pirata
O que o noso ollo ve
BOCADILLO DE RECORD

O Gran Bocadillo volveu a encher os estómagos de moitísimos comensais.

-"O Gran Bocadillo da Lareira" sumou un novo record galego-
-60 metros de bocata que durou 3 horas-

Tal e como vos apuntábamos o pasado venres, o sábado 16 de Xuño tiña lugar a confección do "Gran Bocadillo do Bar A Lareira" de Muxía. Superouse o recordo galego do bocadillo máis grande por cuarta vez. Se fai 4 anos comezaban con 48 metros, no segundo ano 50 e o pasado ano 53, desta volta Juan Cortés, "Papi", ideólogo desta festa gastronómica levaba o record aos 60 metros. Deuse o corte inicial ás 19:00 horas e as 20 horas xa só quedaban as mesas e algunha miga. É complicado saber canta xente xuntou, xa quie a xente foi caendo pouco a pouco, e durante as 3 horas que durou o manxar composto de atún, tortilla, queixo, mortadela, chourizo, salchichón e ata Nocilla. A degustación foi totalmente de balde coma nestes anos e nun dos bocatas ía un premio de unha cea para dous no Bar A Lareira, que lle tocou a clienta do local, Mery Toba. Quedou consolidada esta festa gastronómica, que xa é unha cita marcada no calendario o sábado en coincidencia cas festas en Suxo, (Muxía), e cada ano son máis os que se pasan a xantar o Gran Bocadillo. Un disfrute nesta edición en especial para as dúcias de peregrinos que se hospedan no albergue Muxía Mare a 30 metros do bar que rexenta o noso colaborador Santi "Papi". Abre a nova o completo para ver fotos do bocadillo.

Segue con escolma de fotos...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
O "CAMPO DE FÚTBOL BEIRAMAR" DE MUXÍA RESUCITA DAS SUAS CINZAS POR UNS DÍAS.
Mércoles, 15 Novembro, 2017 Enviado por Pirata
O que o noso ollo ve
-O "BEIRAMAR" DE MUXÍA RESUCITA-

         A terra do "Beiramar" o ar.

Aquí vos traemos unha nova entrega de "O que o noso ollo ve", unha sección que podedes visitar na portada da web na banda dereita premendo no enlace direto. Unha sección na que poñemos cousas curiosas, anecdóticas, parecidos, fotos dos usuarios que cumplan estes requisitos, etc...Fotos que nos podedes mandar ao noso email : info@piratasdemuxia.es contándonos o seu significado.

-O antigo "Campo Beiramar" de Muxía volve por uns días-

Alá polos inicios do 1964 un día na "Taberna de Currás", xuntos os que traballaban por fundar o  Mugía CF, (Muxía CF), Ramón Búa, hoxe en día o único que queda daqueles homes, é socio máis antigo do clube, daba a idea de falar cos veciños que tiñan hortas na Camposa, e xuntalas todas para facer un campo cas dimensións esixidas pola Federación Galega de Fútbol, pois o campo no que se xogaban amistosos de verán o "Campo da Piñas", nen daba as medidas, ne había por onde aumentar....Segue abrindo a nova completa.

Segue co artigo...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
O QUE O NOSO OLLO VE : "SCALONI E JOAQUÍN CALVO ANIMAN O MUXÍA CF DENDE MALLORCA".
Venres, 10 Novembro, 2017 Enviado por Pirata
O que o noso ollo ve
-VOLVE SCALONI-

         Scaloni e Joaquín apoiando o Muxía CF.

-Scaloni apoia o Muxía CF dende Mallorca-

Da man do noso amigo e colaborador valenciano Joaquín Vicente Calvo, chéganos esta instantanea do ex xogador do Depor, Lionel Scaloni, moi querido en Vigo polas suas grandes dotes na canción, cando lles adicou unha canción dende o palco da Casa do Cocello da Coruña, en María Pita, e que foi dono da banda dereita do noso equipo dende o 1998 ata o 2006, celebrando connosco 1 Liga, unha Copa do Rei e duas Supercopas de España. O de Rosario que xoga nos veteranos do Real Mallorca, coincide niste equipo co noso gran amigo valenciano Joaquín, campión varias veces de Europa coa Selección Española de Notarios e que de seguro que non tardará en voltar a nosa terra. Agora que tralo encontro amistoso que orgañizou o Muxía CF co nome de "I Trofeo Jalo ven", para recaudar para a Asociación de Loita Contra o Cancro", que xogou un "Muxía Old CF", contra o Soneira de Veteranos, sentouse un primeiro acercamento para facer un equipo de veteranos do cube muxián. Unha cousa pola que loitaron Álvaro Rodríguez, presidente actualmente do clube muxián e que daquela era xogador, e Joaquín Vicente Calvo, daquela xogador do clube muxián, na sua estadía como notario na Vila da Barca e que non conseguiron por falla de implicación da xente, acabando xogando ambos no Soneira de Veteranos.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
"O QUE O NOSO OLLO VE" : "MONTE E MAR A UN PASO...QUE NOS PASAN INADVERTIDOS".
Venres, 22 Setembro, 2017 Enviado por Pirata
O que o noso ollo ve
O QUE O NOSO OLLO VE    
 
A natureza ábrese paso no mar e en terra contra todo.

-Monte e mar a un paso...que nos pasan inadvertidas-
-A riqueza da nosa costa-

Aquí vos traemos unha nova entrega de "O que o noso ollo ve", unha sección que podedes visitar na portada da web na banda dereita premendo no enlace direto. Unha sección na que poñemos cousas curiosas, anecdóticas, parecidos, fotos dos usuarios que cumplan estes requisitos, etc...Fotos que nos podedes mandar ao noso email : info@piratasdemuxia.es contándonos o seu significado.
 
Neste caso traémosvos unhas fotos moi significativas da riqueza da nosa costa. O que máis e o que menos cando falamos disto, pensamos, nos peixes, cefalópodos, mariscos, mamíferos mariños, etc, que viven no mar pleno...Pero non hai coma vir un de fora e che faga ver os pequenos detalles, pois este día, sentado no dique de abrigo de Muxía, sentouse ao meu carón un peregrino alemán, de Baviera, e preguntoume o nome de varias plantas e algas que había na escollera, e usou a expresión : "Que cerca a natureza da montaña e do mar, nunha construcción do home, sen que o home as puxese aí, senón que elas chegaron co vento ou co mar e quedaron a vivir aquí". Non caera niso e de verdade que seguimos falando e de verdade que o temos diante dos ollos e nen nos fixamos...

Segue co artigo...

Preme abaixo en Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
O QUE O NOSO OLLO VE : "ERRO NO "TI VERÁS" CON DOUS FUTBOLISTAS DA COSTA".
Xoves, 24 Agosto, 2017 Enviado por Pirata
O que o noso ollo ve
O QUE O NOSO OLLO VE    

Brais e Crístian con Rodrigo Vázquez no "Ti verás".

-Un erro de bulto..."Ti verás"-
-Dous futbolistas da Costa no programa da TVG-

Xa había tempo que non vos traíamos un artigo desta sección da web na que poñemos cousas curiosas, que atopamos ou que nos mandades os nosos usuarios e siareiros. Na tarde de onte, (23 Agosto), dous rapaces da Costa, Brais e Crístian, o primeiro xogou no SD Ponteceso dende a canteira ata o primeiro equipo, no SD Ameixenda, (de onde é sua nai), e no SCD Malpica o ano pasado, e no CF Mazaricos o segundo, estiveron no programa da TVG, "Ti verás", que brilantemente presenta, tódalas tardes o ourensán Rodrigo Vázquez. Para os que non coñezades a dinámica diste concurso os concursantes teñen unha serie de temas, van abrindo temas e fanlles unha pregunta, a cal se acertan  decindo se é "falso" ou "certo", van abrindo segundo queren as famosas monecas rusas, das que veñen unha dentro doutra, as "Matruxas", (Matrioshka en ruso), e poden ter cartos de diferente cuantía  ata 10.000 euros ou nada.

Segue coa información...

Preme abaixo en Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
O QUE O NOSO OLLO VE : "FOTOS CURIOSAS DO FÚTBOL".
Xoves, 27 Outubro, 2016 Enviado por Pirata
O que o noso ollo ve
-O QUE O NOSO OLLO VE-
-Fotos curiosas-

                     "O baile do gol"


-Fotos curiosas que as veces pasan inadvertidas-

Cada xornada vense nos campos, pistas, canchas, etc, cousas curiosas, que as veces pasan inadvertidas, e ata as veces inmortalizámolas ca nosa cámara, mobil, tablet, etc...sen querer e cando imos repasar as fotos atopámonos con gratas sorpresas. Pois ben aquí tedes unha serie de ese tipo de fotos.

 Xa sabes que se queres mandarnos calquer foto curiosa, inesperada, etc, que teñas e queres que salga niste apartado, non tes máis ca mandárnolas a : info@piratasdemuxia.es poñendo para "O que o noso ollo ve" e gustosamente chas publicaremos. Tes que contarnos o que acontece na foto...claro está.


Segue con máis fotos...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
O QUE O NOSO OLLO VE : JANO-MARIO GÓMEZ..."PARECIDOS RAZONABLES".
Domingo, 10 Xullo, 2016 Enviado por Pirata
O que o noso ollo ve
-O QUE O NOSO OLLO VE-
-Parecidos razonables-
            

  Jano-Mario Gómez teñen un "parecido razonable".

-Jano e Mario Suárez parécense ata no físico-

As veces tópaste con alguén e dis?..."Moito se me parece este fulano a tal ou a cual...Moito se me parece esta rapaza a tal ou a cual"...Pois ben, aquí os tedes, Alejandro Vázquez Sendón, "Jano", (Carnota - 1996), ex central do CF Dumbría, actualmente no Bertamiráns CF e o alemán de orixe española, Mario Gómez García, xogador da selección alemana de fútbol e actual dianteiro do Besitkas turko, non queremos decir que sexan como duas "gotas" de auga, ainda que en realidade e cientificamente probado, non hai duas gotas de auga iguais, pero sí parecidas, por iso para nos son como "duas gotas de auga". A de haber quen diga :  "Ah!!!...e non se parecen en nada" pero estamos seguros de que teñen..."un parecidos razonable", e non só de cara, senón que fisicamente son similares

-Xa sabes que no enlace direto da dereita da nosa web de "O que o noso ollo ve", podes ver moitas curiosidades de fotos nosas e dos usuarios, de diferentes tipos e que desvelan de maneira irónica, divertida, increible, etc...intres que pasarían inadvertidos-
    


 
O QUE O NOSO OLLO VE : "PARECIDOS RAZONABLES" : "ALEJANDRO ARRIBAS-ADRIÁN NEGRO".
Mércoles, 24 Xuño, 2015 Enviado por Pirata
O que o noso ollo ve
-O QUE O NOSO OLLO VE-
-Parecidos razonables-

                       Alejandro  Arribas-Adrián Negro.

Alejandro Arribas-Adrián Negro ou viceversa

As veces tópaste con alguén e dis?..."Moito se me parece este fulano a tal ou a cual...Moito se me parece esta rapaza a tal ou a cual"...Pois ben, aquí os tedes, Alejandro Arribas, central do Sevilla, que segundo nos comentan e xa publicamos estará no Depor 2014/15 e o muxián, Adrián Negro, ex xogador do Muxía CF, Camariñas CF ou UC Cee...duas "gotas" de auga, para nos, e "non se parecen en nada" para outros..."Parecidos razonables".

-Xa sabes que no enlace direto da dereita da nosa web de "O que o noso ollo ve", podes ver moitas curiosidades de fotos nosas e dos usuarios, de diferentes tipos e que desvelan de maneira irónica, divertida, increible, etc...intres que pasarían inadvertidos-


 
"O QUE O NOSO OLLO VE" : PARECIDOS RAZONABLES : IVÁN CAVALEIRO-DANIEL KALUUYA :
Xoves, 21 Maio, 2015 Enviado por Pirata
O que o noso ollo ve
-PARECIDOS RAZONABLES-

                 

Iván Cavaleiro-Daniel Kaluuya

Se non víchedes o filme de Mister Bean, "Johnny English Reborns", dádelle unha ollada e veredes o incrible parecido antre o actor Daniel Kaluuya e Iván Cavaleiro e viceversa. Quizais na foto que atopamos, haxa algunha dúbida, pois Iván Cavaleiro, sae un pouquiño diferente, pero visto o xogador deportivista en direto e o actor no telefilme no que fai de axudante de Johnny English, veredes que son como duas gotas de auga...Teñen un parecido razonable.

-Xa sabes que no enlace direto da dereita da nosa web de "O que o noso ollo ve", podes ver moitas curiosidades de fotos nosas e dos usuarios, de diferentes tipos e que desvelan de maneira irónica, divertida, increible, etc...intres que pasarían inadvertidos-


 
O QUE O NOSO OLLO VE : "UNHA FANECA CON...HULA-HOP"
Sábado, 07 Febreiro, 2015 Enviado por Pirata
O que o noso ollo ve

O QUE O NOSO OLLO VE
-Faneca con aro-

                                  A basura dos humanos...desgraza para o resto de animais

Unha faneca con "Hula-hop"

O pasado ano traíamosvos a ista sección de fotos curiosas, inéditas, divertidas, abraiantes, etc,  Xurelo, (Scombrus scombrus), que que tiña gafas incorporadas. O probe animal, tivo a mala fortuna de colarse por un dos "ollos" dunhas gafas de pasta, e así viveu con ise sufrimento ata que quedou mallado nas nosas redes. Podedes velo premendo niste enlace.

Na sección "O que o noso ollo ve", podedes ver máis fotos curiosas que nos mandades, (info@piratasdemuxia.es), e que nos captamos, e que as veces pasan desapercibidas e só as ve ou a cámara, ou o que está nise intre, nise lugar. Tes enlace direto a dereita da web.

Hoxe traémosvos unha "Faneca", (Trisopterus Luscus), que collemos mallada nos "Miños". Unha "Faneca" rodeada cun aro de plástico, como se o probe animal, estivese xogando o "Hula-hop". Unha vez máis dende aquí un chamamento a que non se arroxe basura a mares, ríos, lagos, nunha palabra...a natureza. Pois iste animal, non é máis que un caso máis dos milleiros ou centos de miles, que por culpa da basura que producimos os humáns, teñen que vivir unha vida de sufrimento, ou a morte. Coidemos da natureza que estaremos coidando de nos mesmos. Que costa levar a basura aos lugares destinados a ela?.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para ver MÁIS FOTOS.



 
O QUE O NOSO OLLO VE , (Fotos curiosas, divertidas, inéditas...) : "UN XURELO CON GAFAS".
Sábado, 29 Marzo, 2014 Enviado por Pirata
O que o noso ollo ve
O QUE O NOSO OLLO VE
-Xurelo con gafas-

                                  O Camariñas CF é o lider do Grupo Norte.

Un Xurelo que foi o oculista

O pasado ano traíamosvos a ista sección de fotos curiosas, inéditas, divertidas, abraiantes, etc, unha Xuliana, (Lophius piscatorius), que traía no estómago media botella de lixivia de plástico das marelas de 4 litros. Que os animais se vexan enliados nas porquerías que os humáns tiran ao libre albedrío, non é nada novo. Non é raro, atopar animais terrestres e mariños con restos de redes, plásticos, etc. O máis visto son aves, ammíferos ou peixes nas argolas de plástico que unen os "packs" de refrescos de lata. Dista volta nos aparellos do meu pesqueiro o "Pirata II", nas nosas redes chegou o Xurelo, (Scombrus scombrus), que vedes na foto.. Non é ningúnha montaxe nen chiste. O probe animal, tivo a mala fortuna de colarse por un dos "ollos" dunhas gafas de pasta.

Tanto eu como meu irmán, (e socio), e os mariñeiros de abordo quedamos abraiados. Podedes ver no resto de fotos abrindo a nova completa as feridas xa cicatrizadas que lle fixo ao peixe a gafa. Xa non é a molestia física que lle fixo durante sabe Deus canto tempo a susodita gafa ao animaliño, senón que tamén a complicación para nadar e escapar dos depredadores, que de xantalo, (pasarían a ter eles o problema no estómago), e as dificultades do Xurelo para alimentarse. Xa vedes, unhas simples gafas que ao mellor foron tiradas ao mar un día de festa, ou de praia, ou de pesca que nos romperon, que final tiveron. Por iso, recicla e non tires a basura na natureza, pois pode provocar a morte a seres que non teñen a culpa da nosa indisciplina co planeta. Respeta a natureza e ela ha de respetarche a tí.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para ver MÁIS FOTOS.



 
O QUE O NOSO OLLO VE, (Fotos curiosas) : "PARECIDOS RAZONABLES"
Sábado, 22 Marzo, 2014 Enviado por Pirata
O que o noso ollo ve
O QUE O NOSO OLLO VE
-Parecidos razonables-

                    Augusto coma un "César".


Non son pero parecen

Aquí tedes unha nova entrega de "O que o noso ollo ve". Nista ocasión son fotos que nos mandades vos e trátase de persoaxes que co gallo do pasado antroido aproveitaron o seu parecido para caracterizarse con persoaxes ultra coñecidos, como poden ser Augusto César Lendoiro, Fernando Vázquez ou o propio Freddie Mércury.

No icono da esquerda da web, podes entrar directamente a anteriores entregas de "O que o noso ollo ve". Xa sabes que se queres mandarnos fotos curiosas, divertidas, extrañas, etc...Fotos que teñan algo curioso e fora do normal, podes facelo enviándonolas a info@piratasdemuxia.es, e publicarémolas niste apartado de moito seguimento polos usuarios. Con ela infórmanos onde foi, que é, etc...

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova competa..." para ver MÁIS FOTOS.



 
O QUE O NOSO OLLO VE, (Fotos curiosas) : "QUE LLE DÍ CLAUDIO A ÁLEX BERGANTIÑOS AO ACABAR O ENCONTRO?".
Xoves, 28 Novembro, 2013 Enviado por Pirata
O que o noso ollo ve
O QUE O NOSO OLLO VE

          Por que puxo Álex Bergantiños ista cara?...

Claudio Versus Álex Bergantiños

A nosa reporteira Luz Digna García, "cachou" un deses "O que o noso ollo ve", que pasou desapercibido a tódolos que estábamos no Toralín, no encontro Ponferradina-Depor, do pasado 24 de Novembro.
Cando rematou o encontro Álex Bergantiños dirixíase ao tunel de vestiarios saudando aos que vitoreábamos aos nosos heroes. Atopábamosnos xusto a carón do banquillo que ocupaba Claudio Barragán, outro dos nosos heroes históricos. Cando Bergantiños pasaba a carón do adestrador dos de Ponferrada, iste díxolle algo...o que?...non puidemos oilo e tiñámolo a 2 metros...Álex de frente oío o que lle dixo e quedou perplexo,,. parouse...púxolle un sorriso e cunha expresión que da moitas contestacións que pensar, sigueu cara os vestiarios.

Aquí tedes ista anédota que colleu a nosa fotógrafa e que é unha testemuña en fotos, dun detalle que podía quedar ahí desaparecibido para sempre, pero "o noso ollo ve todo".

Xa sabes que se queres mandarnos fotos, curiosas, simpáticas, raras, impresionantes...dalgún detalle que o teu obxetivo collera e que pasou desapercibido para todos, non tes máis que mandarnolo ao noso email : info@piratasdemuxia.es, e publicaremola nista sección. Pode ser de fútbol, ou de calqueira cousa.

No icono da dereita dista sección podes ver "o que o noso ollo ve" anteriores.

Preme abaixo en "Ler a nova competa..." para ver "O QUE O NOSO OLLO VEU"


 
"O QUE O NOSO OLLO VE", (FOTOS CURIOSAS) : "LUIS FERNÁNDEZ, GOL, CELEBRACIÓN E CARTÓN"...
Xoves, 07 Novembro, 2013 Enviado por Pirata
O que o noso ollo ve
O QUE O NOSO OLLO VE
-Luis Fernández-

                        Secuencia de fotos abrindo a nova completa...

Gol-celebración e cartón


Aquí tes unha secuencia completa "cazada" polo noso corresponsal fotográfico Roi Búa en Riazor, do gol de Luis Fernández ao Real Madrid-Castilla, que representaba o primeiro gol do de Burela na Segunda División. O noso fotógrafo sigueu a Luis Fernández dende o gol, e ademáis da celebración cos Riazor Blues, podes ver como o celebrou cos recollepelotas, con Culio e namentras o colexiado esperando cos cartóns na man, que ao ir a amosarlle o cartón amarelo, caeulle ao céspede e sacoulle, e o xogador sen enterarse, pero iso sí, vese como ao pasar lle comenta algo...Non te perdas ista extraordinaria reportaxe que "O noso ollo veu".


Preme abaixo en Ler a nova completa...", para ver MOITAS MÁIS FOTOS


 
O QUE O NOSO OLLO VE, (FOTOS CURIOSAS): "ARTIMAÑA DE PORTEIRO".
Sábado, 05 Outubro, 2013 Enviado por Pirata
O que o noso ollo ve
O QUE O NOSO OLLO VE
-Artimañas de porteiro-

              Purrúa, (esqu.), toma contacto co lanzador.

O meta do Camelle, Purrúa, emulou a Jacques Songo´o

O meta deportivista Jacques Songo´o, cada vez que lle ían tirar un penalti tiña un rito. ía a xunta do lanzador, falaba con él, movíalle o balón, cando o colexiado o reprimía, falaba con él, madaballe unha risiña o lanzador, e logo movíase na porta. isto desconcentraba ao contrario que acababa mandando fora ou paráballe o balón. A derradeira vez que o vimos foi en Muxía nun Veteranos do Depor-Real Madrid "B". Os madridistas acabaron errando tódolos penaltis, e perdendo o trofeo nos lanzamentos dende os 11 metros tras empatar no encontro a ceros.

Purrúa, meta da SD Camelle, que xogou no Campo do Rodeiro no encontro da 4ª Xornada da Liga da Costa, (2ª Autonómica G3º), contra a UD Corcubión, emulou ao meta ex do SuperDepor. Pitáronlle penalti o equipo camellán, no primeiro tempo cando ían gañando 2-0, foi a xunta do xogador visitante Mario, falou con él, moveulle o balón e ata llo colocou, e logo tras movementos, (ilegais), parou o penalti. A sua artimaña deulle resultado e pouco despois o seu equipo marcaba o terceiro, cadno de non parar o penalti as cousas poderían ter trocado.

Aquí tes nunha reportaxe de fotos que captou o noso enviado especial Roi Búa, en secuencias, as "artimañas de porteiro".

Xa sabes que nos podes mandar a info@piratasdemuxia.es, todas aquelas fotos curiosas, divertidas, inexperadas, etc, para ista sección. No icono correspondente a "O que o noso ollo ve", a dereita da web, podes acceder a moitas máis distas fotos.

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para ver O RESTO DE FOTOS.


 
O QUE O NOSO OLLO VE, (FOTOS CURIOSAS) : "SOPLÁNDOLLE AO OIDO".
Domingo, 25 Agosto, 2013 Enviado por Pirata
O que o noso ollo ve
O QUE O NOSO OLLO VE


-Soplándolle ao oido-

O noso fotógrafo en Riazor do encontro Depor-Córdoba, Roi Búa, collía ista instantánea na que se ve como o capitán do Córdoba, Abel Gómez, fai bo uso da veteranía, e nunha xogada de ataque deportivista, estálle a "soplar" detrás da orella, decindolle sabe Deus que, estratéxia que utilizan moitos xogadores, tentando sacar probveito de "pelotilladas" contínuas ao colexiado, que ao mellor ata é amigo e todo.

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para  VER  MÁIS.


 
O QUE O NOSO OLLO VE, (FOTOS CURIOSAS) : "SEXO PÉTREO"
Xoves, 22 Agosto, 2013 Enviado por Pirata
O que o noso ollo ve
O QUE O NOSO OLLO VE
-Sexo pétreo-




Aquí tedes unha nova entrega da nosa sección de fotos curiosas, raras, divertidas...Dista volta son duas fotos que nos chegan unha dende Camariñas do noso amigo Mikel, webmaster de www.camarinas-directo.com, e que representa unha figura fálica de pedra e a outra chéganos doutro amigo Ricardo García dono xunto co seu irmán da Cetarea de mariscos Merexo, na localidade muxiana do mesmo nome, dende onde nos manda unha instantánea con un sexo feminino pétreo e de preto outro masculino. Xa sabes que podes mandarnos as tuas fotos divertidas, curiosas, etc ao email info@piratasdemuxia.es, contandonos onde foi tomada e o que ensina. A dereita da web no icono de "O que o nosos ollo ve" podes ver máis fotos curiosas.

A "Pedra do Carallo"

Mikel mánadnos ista foto de cabeceira que precisa de poucas explicacións. Atópase na vila camariñana de Santa Mariña, na zona sur do Cabo Vilán e de seguro que noutros tempos remotos foi lugar de culto para as xentes que facían conxuros máxicos cas pedra, niste caso sería de "sexo pétreo".

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para ver MÁIS FOTOS CURIOSAS.



 
O QUE O NOSO OLLO VE, (FOTOS DIVERTIDAS) : "FORA DA LIÑA".
Sábado, 20 Xullo, 2013 Enviado por Pirata
O que o noso ollo ve
O QUE O NOSO OLLO VE
-Fora da liña-



Tres que se pasaron da liña

Nova entrega da nosa sección "O que o noso ollo ve" que tanto gusta e que podedes seguir no icono da dereita da web cun acceso directo aos que levamos pubricado.Xa sabes que podes mandarnos aquelas fotos divertidas, curiosas, especias, que sacalles e nas que pasa algo que é fora do normal ou no que te fixaches ao ver a foto.Podes mandárnolas a info@piratasdemuxia.es
Dista volta traémosvos tres fotos nas que as imaxes refrexan a tres que se pasaron da rai, que están "Fora da liña".

Árbitro de área

Na foto de arriba podedes ver craramente que a FIFA non inventou iso do "árbitro de área"...Nista foto que nos envía dende a Coruña, Adrián López podedes ver que xa en tempos de Franco, tíñamos en España "arbitro de área", polo tanto isto non é novo.Podese ver polo tricornio, (o gorro para os máis novos), a idade da foto, polo tanto ten moitísimos anos e o garda vese sen paliativos que está "Fora da liña".

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para ver máis FOTOS CURIOSAS


 

    12   >

Theme creado por dev-postnuke.com