Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
JULIO LEMA

 
RESTAURANTE D´ALVARO

 
CURRO PESCA
 
CAFÉ BAR OASIS

 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
Usuarios
Benvido Invitado

O rexistro é completamente gratuito e poderás acceder a todas as seccións da web
Podes rexistrarte aquí
Usuario:


Contrasinal:


Recórdame

Membros:  Admins
Non Conectado  Pirata  
Non Conectado  RubenGarcia  
Non Conectado  Pato  
Membros:  Membros:
Ultimo:  Novos Hoxe: 2
Ultimo:  Novos Onte: 4
Ultimo:  Total: 59542
Ultimo:  Ultimo:
smolonen
Membros:  Conectados
Membros:  Membros: 0
Invitados:  Invitados: 11
Total:  Total: 11
Membros:  Membros Online
No hai membros conectados
 
CLASIFICACIÓNS
 
LIGAS FÚTBOL 8
 
FÚBOL SALA COSTA DA MORTE
 
FÚTBOL SALA FEMININO/MASCULINO
 
CLASIFICACIÓNS F. VETERANOS COSTA
 
Menú principal

 

Tema: 3ª División, Preferente, 1ª Galicia

Los artículos publicados en este tema son los siguientes.

    12345   >

O COMPOSTELA LEVOUSE A "XXV COPA DEPUTACIÓN" TRAS EMPATAR NO DESCONTO E TRAS 22 PENALTIS.
Mércoles, 15 Agosto, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
"XXXV COPA DEPUTACIÓN"


O "Compos" campión tras empatar no desconto.

 SD Compostela 1-1 Racing de Ferrol
-O Compostela levouse o título nos penaltis-
 

O Compostela fíxose co título na "XXXV Copa Deputación da Coruña" logo de superar ó Racing de Ferrol nunha emocionante final que tras rematar no tempo de xogo con empate a uns, (1-1), con goles de Álex Ares por parte do equipo ferrolán que se adiantaba aos 40 minutos de xogo e de Juan Antonio para os compostelás, que igualaban no desconto, (93´). O título decidiuse nunha longa quenda de penaltis, a cal remataron os dous porteiros logo de lanzar os outros dez futbolistas de cada equipo. A final disputouse no campo O Roxo de Cerceda, cun magnífico estado do terreo de xogo e un gran ambiente nas gradas. Abrindo a nova completa tes a crónica que nos achega a RFGF.

Segue coa crónica...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..."
para VER MÁIS.


 
"XXX COPA DEPUTACIÓN" : A COSTA QUEDA SEN REPRESENTACIÓN NA COMPETICIÓN.
Luns, 06 Agosto, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
"XXX COPA DEPUTACIÓN"


O D Sofán non puido co Boiro no remozado "Carral".

SD Sofán 0-4 CD Boiro

-A Costa queda sen representación nas semifinais
-

Era complicado, pero podía colarse o SD Sofán nas Semifinais da "XXX Copa Deputación" pero topouse cun gran CD Boiro que pasada a media hora sentenzou o choque con dous goles en 4 minutos, obra de Juan Ángel, (32´) e Marcos, (36´). Tentou meterse no encontro o equipo de Iván Cancela tras rematar a primeira metade co 0-2 en contra, pero un novo gol de Juan Ángel pasada a hora de xogo, xa deixaba finiquitada a eliminatoria. Marcos no 73 tamén completaba un dobrete coma o seu compañeiro, para deixar o definitivo 0-4 no marcador.

SD Sofán : Javi Rumbo, Alexandre, Iván Rey, José Luis, (Matías, 65´), Pablo, Serafín, Iván Canedo, (Jonathan, 65´), Adrián, Juan José, (Ángel, 46´), Jacobo e Fabián, (Nacho, 77´).

Árbitro : Raquel Ortega, asistida nas bandas por : David Rapela e José Luis Silvent.

Segue a información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..."
para VER MÁIS.



 
CRÓNICAS DOS ENCONTROS DOS EQUIPOS COSTEIROS DA "XXX COPA DEPUTACIÓN"
Xoves, 02 Agosto, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
"XXX COPA DEPUTACIÓN"
-Dazaseisavos de Final-


O SD Sofán derrotou ao Xallas FC.

-O Sofán derrota ao Xallas a domicilio con sabor a "vendetta"-
-O Soneira cae nos penaltis tras chegar o 90 gañando-

Lévanse ben como equipos costeiros e cunha tradición de enfrontamentos histórica, pero a recente final da "LV Copa da Costa" que se levou o Xallas FC daba moito "morbo" ao choque para o SD Sofán e para os afeccionados costeiros. Había certo halo de "vendetta" e ainda que a copa costeira seguirá nas vitrinas xalleiras, os sofanistas déronse un chte de ledicia, tras derrotar por 0-1 aos xallaeiros e pasar a Oitavos de Final da "XXX Copa Deputación", no que se atoparán co CD Boiro. Puido ser o seu rival o SD Soneira pero non lle srríu a sorte, pois o CD Boiro empatáballes o encontro no desconto e logo gañaba 3-4 nos penaltis.Abre a nova ao completo para ver as crónicas.

Segue coas crónicas...


Preme abaixo en "Ler a nova completa" para VER MÁIS...




 
SORTEADA A 1ª XORNADA DA 1ª GALICIA G2 2018-19 : "SONEIRA E FISTERRA COMEZAN NA CAS E DUMBRÍA, BAIO E ESTEIRANA FORA".
Mércoles, 01 Agosto, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
-1ª GALICIA G2-


A SCDR Esteirana debuta na categoría visitando ao Tordoia CF.

-Sorteado o calendario da 1ª Galicia G2 2018/19-

-Fisterra e Soneira comezan na casa e Dumbría, Baio e Esteirana fora-

Sorteouse na tarde-noite deste mércores o Calendario da 1ª Galicia G2, na que este ano teremos a 5 equipos costeiros. Esta liga que comeza o 2 de Setembro e remata o 19 de Maio tras 36 xornadas con 18 equipos en liza, terá para os equipos costeiros o comezo na casa para Fisterra que recibe ao UD Esclavitud, recén ascendido e o SD Soneira que recibe ao UD Bastavales. Pola sua banda o CD Baio deberá rendir visita ao Praiña Sporting Clube e a SCDR Esteirana que irá a casa do Tordoia CF. Tamén comeza fora o CF Dumbría que visitará ao SD Piloño. A todos eles desexámoslle a mellor das sortes. Abre a nova completa para ver a 1ª Xornada.

Segue coa 1ª xornada da liga...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
SORTEÁRONSE OS CALENDARIOS DA 3ª DIVISIÓN E PREFERENTE NA RFGF.
Martes, 31 Xullo, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
CALENDARIOS FÚTBOL GALEGO


Moi concurrido o sorteo dos calendarios 2018/19.

-
Sorteados os calendarios de 3ª División e Preferente-
-Xallas e Sofán na Preferente condenados a encontrarse
-

Sorteouse na RFGF o Calendario 2018/19 para 3ª División e Preferente Norte e Sur. Na 3ª División que comezará o 26 de Agosto o Bergantiños recibe ao Choco, o debutante UD Paiosaco Hierros Añón comeza a sua andaina na categoría visitando ao Céltiga. O Silva como visitante ante o Alondras e o Laracha CF recibe ao CD Barco. A liga tras 38 xornadas remata o 19 de Maio do 2019. No que se refire a Preferente Norte que tamén comeza o 26 de Agosto, o Xallas FC  e o SD Sofán están condenados a atoparse, pois se xa xogaron a finais de Xuño a Final da "LV Copa da Costa", mañán xogan de novo nos Dazaseisavos de Final da "XXX Copa Deputación" e comezan a ligaxogando de novo na Fontenla. Derbi tamén antre o CF Noia e o SD Negreira. Os dous descendidos xogarán nesta primeira tirada da liga no San Lázaro. A liga remata o 26 de Maio tras xogarse 38 xornadas. Abre a nova o completo para ver a primeira xornada de ambas ligas.

Segue cos calendarios...


Preme abaixo en "Ler a nova completa..."
para VER MÁIS.




 
CRÓNICAS E RESULTADOS DA 1ª ELIMINATORIA DA "XXX COPA DEPUTACIÓN SENIOR".
Luns, 30 Xullo, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia

-Xallas, Sofán e Soneira adiante na "XXX Copa Deputación"-

-CF Dumbría, San Lorenzo, Baio e Fisterra eliminados-

Como xa vos uinformamos na previa da 1ª eliminatoria da XXX Copa Deputación 2018, había ata 3 enfrontamentos antre equipos costeiros e neles o SD Soneira derrotaba pola mínima ao SD Fisterra, (0-1); o Xallas FC tamén pasaba co resultado pola mínima ante o CD Baio, (0-1), non así o SD Sofán que no derbi carballés goleaba ao seu veciño San Lorenzo de Verdillo, (0-6). O único que non tiña rival costeiro dos "nosos" era o CF Dumbría que caía ante o Sigüeiro por 2-0. Nos Dazaseisavos de Final que se xogarán o vindeiro 1 de Agosto, teremos a reedición da final da "LV Copa da Costa", o Xallas FC campión da mesma recibirá ao SD Sofán, namentras que o SD Soneira recibirá a todo un CD Boiro no Municipal de Vimianzo. Destacar que houbo 3 encontros que acabaron con igualada e tiveron que ir os penaltis. O Olímpico de Rutis que na previa deixara apeado ao UD Carral nos penaltis desta vez non tivo a mesma sorte e tras empatar a dous co Sporting Sada, (2-2), caía por 6-7 dende o punto de penalti. Tamén empataban o SD O Val e o Ás Pontes, neste caso a uns, (1-1), e nos penaltis pasaba o Val tras gañar por 3-2. O outro empate era a tres, (3-3), e dábase no Flavia-Órdenes, e levábasense os de Íria Flavia o pase tras gañar dende os 11 metros por 4-3. No cadro podes ver tódolos resultados e o camiño que levan as eliminatorias. Poderás consultar todo no enclace direto da dereita da portada da nosa web. Abre a nova completa para ver as crónicas dos encontros con equipos da Costa.

Segue coas crónicas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
HOXE POLA TARDE TÓDOLOS ENCONTROS DA 1ª ELIMINATORIA DA "XXX COPA DEUTACIÓN DE FÚTBOL SENIOR", COS EQUIPOS COSTEIROS EN LIZA.
Domingo, 29 Xullo, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia

-Hoxe 1ª Eliminatoria da "XXX Copa Deputación de Fútbol"-

-Tódolos encontros ás 19:00 horas agás dous-

Hoxe pola tarde terá lugar a 1ª eliminatoria da XXX Copa Deputación 2018, unha competición na que temos a 7 representantes da Costa e algún máis que ainda que non é costeiro si é dos que levamos tódolos anos. Os encontros serán todos ás 19:00 horas agás o AD Miño-Betanzos que comezará ás 20:00 horas e o Ortigueira-Galicia de Mugardos que comezará ás 19:30 horas. No que se refire aos equipos costeiros, temos varios enfrontamentos antre eles mesmos, Baio-Xallas, San Lorenzo-Sofán e Fisterra-Soneira, polo que teremos enfrontamentos antre equipos dos "nosos" nesta e en duas eliminatorias máis. O CF Dumbría visita ao Sigüeiro, sendo este o único que non xoga contra un veciño. O pasado día 25 houbo unha rolda previa na que o Olímpico de Rutis deu a sorpresa ao eliminar ao UD Carral, tras empatar a uns, (1-1), gañaba nos penaltis 4-3 deixando fora aos carralenses. No cadro podes ver tódolos enfrontamentos e o camiño que levan as eliminatorias. Poderás consultar todo no enclace direto da dereita da portada da nosa web.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
ASÍ QUEDOU A "COPA DEPUTACIÓN 2018".
Mércoles, 18 Xullo, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia

-Os equipos costeiros xogarán cáseque todos antre eles-

-A 1ª eliminatoria o 29 de Xullo-

Sorteouse a Copa Deputación 2018, unha competición que lle vale aos equipos para ir collendo forma na pretempada así como para ir axudando un pouco as suas arcas, en especial canto máis lonxe se chegue. No que se refire aos equipos costeiros da Preferente e 1ª Galicia, van todos polo mesmo lado do cadro e enfróntanse antre eles mesmos, o que fai que polo menos en 3 roldas como mínimo haberá enfrontamento antre clubes da Costa. O CD Baio terá como rival ao Xallas FC campión da "Copa da Costa", o San Lorenzo de Verdillo, derbi co SD Sofán. O SD Fisterra recibirá no Ara Solis ao SD Soneira e o ser impares o único que non ten rival da Costa é o CF Dumbría que terá que visitar ao Sigüeiro. O UD Paiosaco visita ao veciño Queixas. No resto de equipos que levamos acotío, o SD Negreira non entra ata a segunda rolda, e espera rival do Chaián-Bastavales, no equipo padronés asinou como adestrador Alinhos Romero e como segundo Juan "Tomé", ambos o ano pasado no SCDR Esteirana campión da Liga da Costa. O CF Noia esperará rival do Flavia-Órdenes e o Bergantiños CF do Unión-Arzúa. Pola sua banda o Laracha CF espera en Dazaseisavos rival do Cedeira-Eume e o Silva do Ortigueira-Galicia de Mugardos. O Fabril estrearase tamén en segunda rolda ante o gañador do Atlético Montañeros-Portazgo.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
HOXE A GRAN FESTA DO FÚTBOL GALEGO CA GRAN GALA EN SANTIAGO.
Venres, 29 Xuño, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
"GALA DO FÚTBOL GALEGO"
-Programación-


Suso da Torriña recollerá o premio "Toda unha vida".

-Hoxe terá lugar a "Gala do Fútbol Galego"-
-ED Os Miúdos e Suso da Torriña os premiados da Costa-

Hoxe venres 29 de Xuño a grande cita do Fútbol Galego no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela coa "Gala do Fútbol Galego", un acto ao que estamos invitados, pero ao que nos será imposible acudir e que se levará a cabo ca orgañización conxunta da Real Federación Galega de Fútbol e a Asociación de Clubs Galegos de Fútbol e na que ademáis dos premios a campións de liga de tódolas categorías de fútbol e futsal tanto no apartado masculino coma no feminino e no mixto, e os recoñecementos e premios en determinadas parcelas relacionadas co noso fútbol e futsal, tamén se entregarán os "Premios Galicia en Goles" da Radio Galega. Por parte da Costa destacar o premio "Toda unha vida" no apartado de colaboradores e diretivos a Jesús Figueroa Ouréns, "Suso da Torriña" do Corme CF. Un premio máis que merecido e no que o nome do premio dío todo, xa que o cormelán leva "Toda unha vida adicada o seu Corme". Tamén haberá premio no apartado de "Distinción do Fútbol Base" para o ED Os Miúdos de Muros, clube ao que fai un par de anos na nosa gala tamén distinguíamos co "Piratiña da Costa-Abdoulaye" polo seu inmenso traballo na base. Merecido premio para a escola muradana presidida por Vinto Tajes e para Suso da Torriña. As nosas maiores felicitacións. Abre a nova o completo para ver toda información desta gran gala.

Segue con toda a programación da gala...


Preme abaixo en "Ler a nova completa" para VER MÁIS...



 
ASÍ SERÁ E ESTES SERÁN OS PREMIADOS DA "GALA DO FÚTBOL GALEGO" DO DÍA 29 DE XUÑO.
Luns, 25 Xuño, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
"GALA DO FÚTBOL GALEGO"
-Programación-


O Pazo de Congresos de Santiago volve a acoller a festa do noso fútbol.

-Toda a información sobre a "Gala do Fútbol Galego"-
-Sera este venres 29 de Xuño-

Este vindeiro venres 29 de Xuño a grande cita está no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela coa "Gala do Fútbol Galego" que se levará a cabo ca orgañización conxunta da Real Federación Galega de Fútbol e a Asociación de Clubs Galegos de Fútbol e na que ademáis dos premios a campións de liga de tódolas categorías de fútbol e futsal tanto no apartado masculino coma no feminino e no mixto, e os recoñecementos e premios en determinadas parcelas relacionadas co noso fútbol e futsal, tamén se entregarán os "Premios Galicia en Goles" da Radio Galega. Abre a nova o completo para ver toda información desta gran gala.

Segue con toda a programación da gala...


Preme abaixo en "Ler a nova completa" para VER MÁIS...


 
O MAZARICOS DESPÍDESE DA PROMOCIÓN CUNHA VITORIA "AGRIDOCE".
Luns, 18 Xuño, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
FASES DE ASCENSO  1ª GALICIA G2
-5ª Xornada-

O Mazaricos despideuse cunha vitoria.

CF Mazaricos 1-0 SD Esclavitude
-O CF Mazaricos despídese da promoción cunha vitoria-

O CF Mazaricos despideuse da promoción de ascenso a 1ª Galicia G2, nun encontro "agridoce", pois querían despedirse da fase de ascenso cunha vitoria ante os seus afeccionados. Venceron e deixanlle o ascenso en bandexa ao SD San Mamede que visita a vindeira semana ao SD Esclavitude, na derradeira xornada desta promoción e chégalles un empate. Un gol de Ricardo Tuñas a media hora de xogo dáballe a vitoria aos mazariquenses, que lles tocou a parte ágria no que se refire a afección xa que tiveron que xogar a esa hora e o Domingo, (18:00), coincidindo ca Gran Final da "LV Copa da Costa", polo que no Peña d´ouro practicamente non había máis ca afeccionados do equipo visitante e tampouco os integrantes do CF Mazaricos non puideron ver a finalísima copeira da costa. Así se expresaban dende o clube mazariquense no seu FaceBook : "Pedimos perdon a nosa afección, así como, ao fútbol da costa. Non podemos asistir a final porque nos obrigan a xogar as 18:00 horas. Non contamos con ninguén no Peña do ouro, só cos afeccionados rivais. Gracias ao Esclavitud, non podemoa desfrutar do maior evento do fútbol da costa". Abre a nova completa para ver todo.

CF Mazaricos : José, Manuel de B. (Iago, 85´), David, Ricardo, Roberto Amoedo, Estéfano, Sergio, (Manuel Lago, 69´), Roberto, Miguel, (Crístian, 63´), Esteban e Raúl.

 SD Esclavitude : Carlos, Abel, (Arantón, 60´), Gonzalo, Ángel, Borja, Alejandro, (José A. 60´), Alfonso, Jaime, (Fariñas, 59´), Darío, Andrés e e Juan.

Gol : 1-0, Ricardo, (31´).

Árbitro : David Vázquez Lema, (Comité Costa da Morte).

Asitentes : Rai Reborido, (Comité Costa da Morte) e Óscar Rey, (Comité).


Segue ca información...


Preme abaixo en "Ler a nova completa" para VER MÁIS...


 
O CF MAZARICOS CAE POLA MÍNIMA ANTE O SÁN MAMEDE E DÍ ADEUS A LOITA POLO ASCENSO A 1ª GALICIA G2.
Luns, 11 Xuño, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
FASES DE ASCENSO  1ª GALICIA G2
-4ª Xornada-

O Mazaricos volveu a caer ante o San Mamede pero dando máis guerra.

CD San Mamede 1-0 CF Mazaricos
-O CF Mazaricos di adeus a loita polo ascenso-

O CF Mazaricos dixo adeus a loita polo ascenso a 1ª Galicia G2, tras caer pola mínima ante o San Mamede nun encontro xogado de poder a poder e no que os de Vedra marcaban no 72 por medio de Alfonso. Un trunfo que deixa ao vedreses con 7 puntos comandando a clasificación e como firmes candidatos ao ascenso. Na vindeira xornada descansa o San Mamede e remata a fase de clasificación visitando ao SD Esclavitude que é o rival dos mazariquenses a vindeira semana no Pino do Val. Un choque no que os rapaces de Roberto Amoedo tratarán de despedir esta promoción brindándolle unha vitoria aos seus afeccionados. Con esta derrota dos mazariquenses o Outes CF xa é equipo da 3ª da Costa e tamén ten moitas posibilidades de caer o "pozo" o UC Cee cos arrastres da 1ª Galicia G2. Abre a nova completa para ver todo.


San Mamede : Álvaro, Jordan, (Alfonso, 46´), Carbajales, José Luis, David, Víctor, Javier, (Vicente, 86´), Orosa, Marque, (José, 65´), Hugo e Juan.

CF Mazaricos : José, Manuel, David, Ricardo, Manuel Lago, (Roberto Amoedo, 74´), Estéfano, Adrián, (Sergio, 59´), Roberto, Miguel, (Martín, 90´), Esteban e Fernando.

Gol : 1-0, Alfonso, (72´).

Árbitro : Miguel Ángel Castro Castro, (Comité Santiago). Expulsou no banco o xogador do Mazaricos, Orlando.

Asitentes : Rubén Rodríguez, (Comité de Santiago) e Enrique Refojo, (Comité Galego).


Segue ca información...


Preme abaixo en "Ler a nova completa" para VER MÁIS...


 
O UD PAIOSACO REPITE COMO CAMPIÓN DA COPA DA CORUÑA O VENCER NA FINAL O VICTORIA CF POR 1-2.
Domingo, 10 Xuño, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia

COPA DA CORUÑA


O UD Paiosaco reptite de campión, (Foto : RFGF).

Victoria CF 1-2 UD Paiosaco Hierros Añón

-UD Paiosaco repite como campión e pecha unha tempada histórica-

O UD Paiosaco Hierros Añón lévase novamente a Copa da Coruña tras vencer por 1-2 ao Victoria CF e pecha unha tempada histórica co ascenso a 3ª División como colider da liga e suma a segunda copa consecutiva. A intensa choiva que fixo que o Campo do Roxo estivese moi pesado e con mala circulación do balón, foi o principal atranco para ambos equipos. Adiantouse o equipo peisaqués por medio de Miguel aos 16 minutos de xogo e pasada a media hora de xogo Bernat empataba para o Victoria CF. Non foi ata o treito final cando Iván Torres, (76´), conseguía o tanto que lles daba a Copa aos de "Peisaco".

Victoria CF : Xabier, Brais, (Iago, 61´), Jorge Rodríguez, (Jaime, 77´), Javier, Bernat, (Andrés, 37´), Jorge Raña, Emilio, (Miguel, 8´), Crístian, Adrián, Eduardo e Samuel.

UD Paiosaco Hierros Añón : Dani Moreno, (Rama, 45´), Bilal, (Andrade, 72´), Miguel, Sergio Lista, Sergio Ramón, Javi Fuentes, Pablo, José Ramón, Iván Torres, Diego Lois, (Eloy, 84´), e Pombo, (Crísthian, 82´).

Goles : 0-1, Miguel, (16´); 1-1, Bernat, (36´); 1-2, Iván Torres, (76´).

Segue ca información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
PREVIA 4ª XORNADA DA FASE DE ASCENSO A 1ª GALICIA G2 : "DERRADEIRA OPORTUNIDADE DO MAZARICOS PARA ENGANCHARSE A LOITA POLO ASCENSO".
Sábado, 09 Xuño, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
FASES DE ASCENSO  1ª GALICIA G2
-4ª Xornada-

O Mazaricoscaeu no primeiro encontro co San Mamede por 0-3.

-Derradeira oportunidade para engancharse do CF Mazaricos-

Mañán Domingo 10 de Xuño será a derradeira oportunidade para o CF Mazaricos para engancharse a loita polo ascenso a 1ª Galicia G2. Non só valería unha vitoria para os mazariquenses pois ó 0-3 do encontro no Pino do Val, dalles aos do San Mamede un plus. Moi difícil, pero non imposible. Aquí tes a previa do encontro e como vai esta fase de ascenso. Abre a nova completa para ver todo.

Segue ca información...


Preme abaixo en "Ler a nova completa" para VER MÁIS...


 
A FINAL DA "COPA DA CORUÑA" DE FÚTBOL O SÁBADO NO "CAMPO DO ROXO", (CERCEDA).
Martes, 05 Xuño, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia

Neste cadro tes toda a información da Copa da Coruña.

-A Gran Final da "Copa da Coruña" en Cerceda o sábado-

-UD Paiosaco e Victoria CF na loita-

A RFGF designou para a finalísima da Copa da Coruña o Campo do Roxo en Cerceda, o vindeiro sábado 9 de Xuño ás 19:00 horas, xa que este ano por mor das obras nas cubertas do Estadio de Riazor non se pode levar a cabo. A entrada será única de 5 € para todo o púbrico. UD Paiosaco Hierros Añón e Victoria CF dirimirán unha final na que repite o equipo peisaqués que a gañou o ano pasado en Riazor. Para Fer Nando "Peisaco", o noso colaborador do equipo verdibranco : "Penso que Cerceda e ó mellor sitio para xogar a final póla instalación e capacidade para a nosa afección. Temos moitas gañas de acabar a tempada ca nosa 4° ? e facer un dobrete histórico para nós. As finais nunca hai un favorito craro pero temos moita confianza nas nosas posibilidades e ca nosa afección todo é posible".

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
O UD PAIOSACO ACOMPAÑARÁ O VICTORIA CF NA GRAN FINAL DA "COPA DA CORUÑA" DE FÚTBOL.
Sábado, 02 Xuño, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia

Neste cadro tes toda a información da Copa da Coruña.

-Victoria CF Vs UD Paiosaco Gran Final da "Copa da Coruña"-

Un gol de Alberto aos 83 minutos de xogo decideu o finalista da Copa da Coruña que faltaba por decidir, nun encontro que se decideu no derradeiro treito do encontro. Adiantouse o Órdenes SD por medio de Víctor Herves aos 74 minutos de xogo. Igualaba a contenda para os peisaqueses Alberto Tabuyo 4 minutos despois e era outro Alberto, o que facía o gol da vitoria no 83 para poñer ao UD Paiosaco Hierros Añón de novo na finalísima do 9 de Xuño. Nesa Gran Final espera dende o pasado 30 de Maio o Victoria CF que pasaba tras empatar co Vizoño SD por 1-1 e gañar nos penaltis 5-6.

Goles : 1-0, Víctor Herves, (74´); 1-1, Alberto Tabuyo, (78´); 1-2, Alberto Álvarez, (83´);

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
MAÑÁN ÓRDENES E PAIOSACO BUSCARÁN ACOMPAÑAR O VICTORIA CF NA GRAN FINAL DA "COPA DA CORUÑA".
Venres, 01 Xuño, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia

Neste cadro tes toda a información da Copa da Coruña.

-Mañán sábado o Paiosaco visita ao Órdenes na "Copa da Coruña"-

-Espera o Victoria CF na Gran Final-

Se fai unha semana UD Paiosaco Hierros Añón e Órdenes SD, se enfrontaban en liga no derradeiro encontro da  Preferente Norte, mañán terán que voltalo a facer, na semifinal da Copa da Coruña a encontro único, pero o resultado da liga non valerá, pois o empate sen goles que acadaron, habería que dirimilo dende o punto de penalti para facelo, (enténdase, se tame´n continuase o empate sen goles na prórroga). Se algo ten de bonito esta copa é que vai de principio a fin a encontro único, xogando na casa o equipo de menor categoría, agás a Gran Final, que se xoga normalmente en Riazor, pero que polas obras terá que trasladarse a outro campo, ainda por definir. Os de "Peisaco" son os actuais campións e defenden o cetro. O que pase de peisaqueses e ordenses, terá como rival na finalísima ao Victoria CF que o pasado mércores deixaba fora ao Vizoño SD, nun encontro bronco e que acabou con 1-1 no marcador, pasando os coruñeses nos penaltis. Decir que o equipo vizoñés, tivo ata 4 expulsados, un deles o adestrador. Non foi o seu día, pois marcaba Samuel en propia porta ó 0-1, e empataba o seu compañeiro Crístian no 40. Marcaron os dous goles e caeron nos penaltis 5-6.

Segue ca previa...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
ESPECIAL RESUMO DA 1ª GALICIA G2, 2017-18 E EN ESPECIAL DOS EQUIPOS COSTEIROS"
Xoves, 31 Maio, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
1ª GALICIA GRUPO 2, 2017/18

-Especial Fin de Liga-


Unha liga "cal e area" dos equipos costeiros.

-Resumo especial da 1ª Galicia Grupo 2, 2017/18-

-Datos, estatísticas, comentarios de adestradores e colaboradores...-
(Especial Fin da Liga e dos equipos costeiros)

Para a lembranza a traverso dos anos aquí vos traemos un especial de todo o que deu de sí a 1ª Galicia Grupo 2,  2017/18.
Un exame exhaustivo con tódolos datos da liga, dos seus goleadores, os comentarios dos adestradores, tanto do que foi a liga para os seus equipos, como a sua visión do que foi a liga no contexto xeral. Ademáis do contexto da liga en datos, coma cada ano facemos un especial dos equipos costeiros, aos que levamos de costume. SD Soneira, equipo mellor clasificado dos costeuiros cunha meritoria 7ª praza e que comezou no banco con Rafa Suárez para continuar con Pedro Gómez. O CD Baio, que tivo no banco a Pedro Gómez, trocou o inquilino ca volta de Diego Díaz, e aguantou o tipo para salvar a categoría. O SD Fisterra, que comezou con Felipe "Cacharro", no banco e tivo o troco por Noé, que chegaba do Xallas FC, pero que ainda que quedou fora do descenso, depende e moito dos arrastres, para non caer a Liga da Costa e arrastrar a máis equipos desta liga, que xa se sumaron co descnso do SD San Lorenzo, que comezou con Óscar Suárez e que rescatou para o fútbol a Pablo Mallón co que tiveron uns "coletazos" que daban pé a esperanza, pero que logo volveu a sumirse nas tenebras. Foi esta unha liga na que os equipos costeiros deron unha de cal e outra de area. Teremos para o ano 3 equipos fixos co ascenso do SCDR Esteirana, pero baixa un seguro e o outro con moita probabilidade, 8oxalá que non). Coincidiron todos en que todos trocaron de adestrador, pero a medida saeu ben o 50%..Abre a nova o completo para ver o especial da liga con todo o que deu de sí.

Segue co especial da liga...


Preme abaixo en "Ler a nova completa..."
para VER MÁIS.


 
RESUMO ESPECIAL DA PREFERENTE NORTE 2017-18 E DOS EQUIPOS COSTEIROS.
Mércoles, 30 Maio, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
PREFERENTE NORTE 2017/18

-Especial Fin de Liga-


Bo nivel dos "nosos" agás o Dumbría que non acadou o obxetivo.

-Resumo especial da Preferente Norte 2017/18-

-Datos, estatísticas, comentarios de adestradores e colaboradores...-
(Especial Fin da Liga e dos equipos costeiros)

Para a lembranza a traverso dos anos aquí vos traemos un especial de todo o que deu de sí a Preferente Norte 2017/18.
Un exame exhaustivo con tódolos datos da liga, dos seus goleadores, os comentarios dos adestradores, xefes de prensa e colaboradores, tanto do que foi a liga para os seus equipos, como a sua visión do que foi a liga no contexto xeral. Con especial atención aos equipos costeiros, aos que levamos de costume. UD Paiosaco, que acabou segundo cos mesmos puntos co campión o SD Polvorín, polo que podemos consideralos coma o "co-campión", de igual maneira que cando ía empatado era o "co-lider". Atlético Arteixo, que acabou nunha meritoria 8ª praza tras flirtear cos postos de loita pola promoción. Xallas FC, que deu un tremedo troco tras facerse cas rendas do equipo Néstor Romero en detrimento de Noé, chegandoa estar na loita pola promoción. SD Sofán, que sempre estivo na parte alta e baixou o ritmo tras acadar a permanenza e acabou 12º, e CF Dumbría, que a pesares do troco de adestrador, tras ser destituido, Diego Lobelos, mellorou con Nacho Barreiro, pero non foi capáz de agarrar unha xeira de resultados positivos e acabou no descenso, pero con opcións ata o final de acadar a permanenza...Abre a nova o completo para ver o especial da liga con todo o que deu de sí.

Segue co especial da liga...


Preme abaixo en "Ler a nova completa..."
para VER MÁIS.


 
SEGUNDA DERROTA CONSECUTIVA DO CF MAZARICOS NA PROMOCIÓN DE ASCENSO A 1ª GALICIA G2.
Luns, 28 Maio, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
FASES DE ASCENSO  1ª GALICIA G2
-2ª Xornada-

O Mazaricos alónxase do ascenso a 1ª Galicia G2.

Esclavitud SD 2-1 CF Mazaricos
-Segunda derrota do CF Mazaricos na Fase de Ascenso-

Segunda derrota consecutiva do CF Mazaricos na loita polo ascenso a 1ª Galicia G2. Non foi ata o treito final cando se rompeu o encontro e foi a través dun penalti a favor dos padroneses que materializaba Gonzalo aos 69 minutos de xogo. O desgaste do encontro de Copa fixo mella nos mazariquenses que tras dar un paso adiante viron como o rival aproveitaba para poñerse 2-0. O gol dos costeiros chegaba no derradeiro minuto do tempo de xogo, e facíao cun novo penalti, desta vez a seu favor e que trasnformaba David. Mal resultado na procura de acadar o fin do asceso e ve como os seus dous rivais suman 3 puntos a sua costa. A vindeira fin de semana os mazariquenses descansan xa que xogan San Mamed e Esclavitud, para retornanr o conxunto amarelo a competición o 10 de Xuño visitando ao San Mamed.

Segue ca información...


Preme abaixo en "Ler a nova completa" para VER MÁIS...


 

    12345   >

Theme creado por dev-postnuke.com