Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
CURRO PESCA
 
CAFÉ BAR OASIS

 
RESTAURANTE D´ALVARO

 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
Usuarios
Benvido Invitado

O rexistro é completamente gratuito e poderás acceder a todas as seccións da web
Podes rexistrarte aquí
Usuario:


Contrasinal:


Recórdame

Membros:  Admins
Non Conectado  Pirata  
Non Conectado  RubenGarcia  
Non Conectado  Pato  
Membros:  Membros:
Ultimo:  Novos Hoxe: 0
Ultimo:  Novos Onte: 17
Ultimo:  Total: 57883
Ultimo:  Ultimo:
Acoreypar
Membros:  Conectados
Membros:  Membros: 1
Invitados:  Invitados: 25
Total:  Total: 26
Membros:  Membros Online
Conectado  Acoreypar  
 
CLASIFICACIÓNS
 
LIGAS FÚTBOL 8
 
FÚBOL SALA COSTA DA MORTE
 
FÚTBOL SALA FEMININO/MASCULINO
 
CLASIFICACIÓNS F. VETERANOS COSTA
 
Menú principal

 

Tema: asento 255

Los artículos publicados en este tema son los siguientes.

    123   >

O MAPA PIRATA : "AS VENTAXES DE XOGAR NA 2ª DIVISIÓN".
Venres, 13 Abril, 2018 Enviado por Pirata
asento 255
O MAPA PIRATA

Na 2ª máis e mellores campos a onde ir.

-As ventaxes de xogar na 2ª División-
-Que tamén as hai e moitas-


Diga o que diga Seedorf e os xogadores, para min xa estamos en 2ª División e xa o veño decindo dende o día que igualamos co Español, (ogallá me tapasen a boca e nos salvásemos, faría unha ofrenda sen nengunha dúbida, por equivocarme). Tras empatar co UD Las Palmas, todo se volveu por medio da prensa deportivista e antideportivista, do que se perde ca baixada a Segunda. Datos e máis datos, cifras e máis cifras. Quen quedará no equipo, a quen se venderá, etc, etc, etc...
Todos sabemos que o máis importante de estar na 1ª División son os cartos. A diferenza do que recada o clube, dunha liga a outra, para seguir saindo da crise económica que nos atenaza e que a outros que loitan por Champions lles deixan seguir engordando ata cantidades estratosféricas, pero claro!...a eses non os obrigaron a ser Sociedade Anónima Deportiva. O que máis me doe de baixar, é un punto do que ninguén falou. O que afecta as categorías de base no referente a inversión nas mesmas. A eses nenos que en lugar de ser levados e traidos aos campos, que se lles de residencia, etc, etc...non se vaia a facer, o precisar os cartos para outros menesteres, coma o de pagar a primeira plantilla e o préstamo. Polo demáis?...hoxe en día moito mellor, máis sana e máis competitiva a 2ª División, na que ninguén é superior a niguén e todos poden gañarlle a todos, con arbitraxes igual de malas para todos...ollo!!!...sen destinción. Os rivais, os horarios dos encontros...Segue abrindo a nova completa.

Segue...


Preme abaixo en "Ler a nova completa" para VER MÁIS...


 
O MAPA PIRATA " : QUEN É E COMO É O NOVO ADESTRADOR DEPORTIVISTA CLARENCE SEEDORF".
Luns, 05 Febreiro, 2018 Enviado por Pirata
asento 255
O MAPA PIRATA

Seedorf terá que amosar que é válido. (Foto : Google).
 
-Seedorf novo adestrador do Depor-
-Quen e como é Clarence Seedorf?-
-Entrevista que lle facía "El País" tras coller o Milán e reflotalo-

Tras divagar na Praza de Pontevedra antre dous candidatos, dende o clube informaron de que Clarence Seedorf (Paramaribo-Surinam, 01/04/1976), que xa está na Coruña, é o novo adestrador para tentar revertir as alas sensacións e resultados do equipos. O holandés chega con moi pouca experienza no banco, pero comn moita como xogador internacional, e cunha base moi interesante, se se parece o que adestrou o Milán. Un deportista que sempre foi moi esixente cos compañeiros, xa en Riazor o temos visto discutir cos compañeiros e correxir cada movemento, naquelas malas tardes do Madrid en Riazor que todos baixaban os brazos ou mesmo cando levou 4-0 co Milán. Agora terá a oportunidade de polo menos gañar no estadio deportivista. Fai uns anos cando colleu a un AC Milán considerado o "peor dos derradeiros 30 anos", que se arrastraba e ía camiño da Serie B. Consigueu levantar os ánimos aos xogadores e cáseque os mete en Champions. Aquí rescatamos algunhas frases dunha entrevista que lle fixo o xornal español "El País" tras adestrar o clube milanés, donde cando o presentaron como adestrador nadie o quería. Con el ven como segundo adestrador o ex porteiro milanista, Valerio Fiori e será presntado ás 20:15 horas.  Agora terá que amosalo mesmo na Coruña e calar bocas, pois hai moita "máquina desestabilizadora", en moitos casos "persoas falsas", que non son quen din ser, que xa están a dar caña, sen sequera ver que fai, porque non son deportivistas, son todo o contrario.

Segue co artigo...


Preme abaixo en "Ler a nova completa" para VER MÁIS...


 
O MAPA PIRATA : "CALENDEPOR...A QUE SE AVECIÑA".
Sábado, 26 Marzo, 2016 Enviado por Pirata
asento 255
O MAPA PIRATA
-calendepor-



-temos 4 encontros sinalados no calendario-


Con 36 puntos faltan 5 para acadar a permanenza segura. Dada a grande igualdade que hai por abaixo e con tantos equipos involucrados na loita polo descenso, o trunfo da pasada xornada ante o Levante, tivo unhas connotacións moi importnates. rompíase unha racha de 13 encontros sen acadar a vitoria. Gañábase por primeira vez no 2016, pero sobre todo ademáis de aproveitar os malos resultados da maioría dos equipos involucrados na loita pola permanenza, deixábamos moi tocado a un deses rivais, que deberá ir a morte co resto de implicados. No que nos falta de liga, un total de 7 encontros, hai 4 nos que hai que acadar eses 5 puntos, como mínimo. O máis próximo o que temos o vindeiro sábado, (22:05 horas TVE1), ante o eterno rival, no "noso derbi", ante o C. Vigo. O outro encontro é o seguinte na casa ca visita do UD Las Palmas, para logo ter a visita a Eibar  o 24 de Abril, (sen asinar día fixo e hora), para ter a visita do Getafe o 1 de maio, (sen asinar día fixo e hora). Coidamos que posiblemente se chegue a este encontro xa ca salvación, o que ata beneficiaría o propio Getafe. Os encontros nos que o máis normal é que non se puntue é o do Barcelona, Sevilla, Villareal e o Real Madrid, (ainda que destes últimos pódese esperar de todo e pode ser festa de despedida redonda en Riazor).


 
EX DEPORTIVISTAS : FERNANDO VÁZQUEZ O MALLORCA E MARCHENA RETÍRASE".
Martes, 19 Xaneiro, 2016 Enviado por Pirata
asento 255
EX DEPORTIVISTAS

                      Dous ex deportivistas que inician un novo periplo nas suas vidas.

-Fernando Vázquez novo adestrador do Mallorca-
-Marchena colga as botas-

Fernando Vázquez e Carlos Marchena, dous ex deportivistas se nos referimos a que pertenceron as filas do noso clube, pero deprotivistas de pleno dereito, se facemos caso do que dixeron o ter que marchar : "Eu sempre serei un afecionado máis do Depor". Ainda que non se levaban moi ben, por "tira e afloxa" antre eles no derradeiro ascenso a primeira", unen o seu destino no mesmo día. Namentras que Fernando Vázquez, "Pirata de Honra" da nosa web do 2013/14, anunciaba que fichaba como adestrador do Mallorca para o que queda de tempada e unha máis ca ambición de "para o ano estar en primeira".

Carlos Marchena, deixa o "machete" e colga as botas no Kerala Blasters da Liga India a onde foi tras deixar o Depor, no que quería seguir, pero non o quixeron. Con Marchena abandona o fútbol activo un dos grandes do fútbol español : Prata nas Olimpiadas de Sydnei, (caeron nos penaltis), campión da Eurocopa 2008, do Mundial de Sudáfrica 2010, campión de 2 ligas, 1 Copa do Rei, unha Supercopa de Europa e unha Copa UEFA, ademáis de un brilante ascenso co Depor, batindo tódolos records da historia da 2ª División, agás o de vitorias consecutivas, que o empataron.

A ambolos dous o noso desexo de éxito e sorte, no seu novo camiño.


 
ESTA HINCHADA NUNCA SE RINDE, (Destino Riazor e Anoeta Tour).
Domingo, 17 Xaneiro, 2016 Enviado por Pirata
asento 255
ESTA HINCHADA NUNCA SE RINDE

                   Toni, peñista dos Piratas no frío Anoeta, na grada deportivista.

-Preto de 500 deportivistas animaron en Anoeta-
-Mañán acaba o prazo para apuntarse a "Destino Riazor"-

Un total de 450 deportivistas viaxaron ata San Sebastián para ver e animar o Depor "in situ", no Estadio de Anoeta, e polo menos tiveron o premio de ver un gran partido e sufrir co bo xogo da Real e coa desgraza de que de novo nos pitaran un penalti inexistente. A TVE como era de esperar obviou o desprazamento de afecionados deportivistas e non deu nen unha soa imaxe dos nosos sireiros, antre os que estaba representada a Peña Deportivista Os Piratas de Muxía, e numerosos amigos cos que cada semana estamos xuntos por Riazor. Aos 450 sireiros que se desprazaron dende galicia, hai que sumar os das peñas vascas que tamén se deron cita no campo da "Erreala". As rúas de San Sebastian, viviron unha gran festa xa dende a mañán do sábado e segundo ían chegando os autobuses e coches nos que se desprazaron os nosos siareiros. Esta hinchda nunca se rinde, e unha vez máis amosou o porqué de ser a mellor afeción de España e fixo bo unha vez máis aquela canció dos Riazor Blues que di : "Superamos obstáculos, percorremos quilómetros, tan só por ti...Deportivo!!!".

-DESTINO RIAZOR-

Mañán luns apartires das 12:00 horas, remata o prazo para anotarse nos buses que orgañiza o clube no "Destino a Riazor", para o encontro do vindeiro Domingo 24 de Xaneiro, ante o Valencia, a partires das 18:15 horas, (17:15 GMT), (ollo que trocou de día, pois ía ser o sábado).

Aquí tes toda a información de "Destino Riazor".

 Segue con toda información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER AS CRÓNICAS.


 
ASENTO 255 : "3 DERROTAS CON DIFERENTES MATICES".
Mércoles, 13 Xaneiro, 2016 Enviado por Pirata
asento 255
ASENTO 255

                        Gol de Benzema, fora de xogo por interferir Bale a Lux.


-3 derrotas con diferentes matices-

Os derradeiros encontros do Depor trouxeron intres de desilusión aos que somos siareiros acérrimos do clube, os que para nos o Depor é un sentimento, unha maneira de ser. Pero a desilusión a excepción do encontro de Copa do Rei ante o Mirandés, foi por outros motivos ben diferentes. As 3 derrotas tiveron moitos matices e foi unha desilusión diferente, a dos dous primeiros, nada que ver ca do papel visto polo Depor "Plan B" na Copa.

Segue co análise...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
O MAPA PIRATA : "DETALLE HUMÁN NO FÚTBOL BASE".
Sábado, 26 Decembro, 2015 Enviado por Pirata
asento 255
VALORES HUMÁNS

                         As goleadas humillan, non ensinan.

- "No quiero que celebreis ningún gol" -

Fai uns meses traíamosvos unha carta dun pai dun neno do Academia Red Blue 5 Coruña, na que falaba sobre as goleadas aos equipos de primeiro ano e na que facía unha caertada e certa divagación sobre cando se dan goleada esaxeradas, (que sempre decimos que non nos gustan), e na que abertamente decía a verdade: "As goleadas non esinan os rapaces, senón que humillan os rapaces". desta volta chegounos dun usuario da nosa web, unha cousa que pasaba en terras valenciás, nun encontro de benxamís. O adestrador do CF Ayelo, Adrián Cebrián Montiel, decíalle aos seus rapaces : "Acabo de ver entrar a los niños contra los que vais a jugar hoy, y son más pequeños que vosotros. Son de primer año y no debieran competir con vosotros en esta categoría. Están goleándolos cada semana y querría que os pusiérais en su lugar. No quiero que celebréis ningún gol, no los presionéis en su campo, dejadlos que jueguen un poco y que puedan disfrutar de jugar al fútbol. Vamos a ser respetuosos con ellos". Un pai do conxunto visitante o CD Contestano, oío estas verbas e deu conta delas. Un detalle de valores humáns, que pasaría inadvertido, pero que non se da na maioría dos casos. O clube visitante o saber disto agradeceulle nunha nota o adestrador do CF Ayelo, este emotivo e sinceiro detalle.

Nestas datas cheas de emotividade, queremos contarvos isto, porque é algo digno de contar e de celebrar, pois se xa hai adestradores que non se preocupan dos seus propios xogadores e hainos que disfrutan "machacando" o equipo rival, tamén os hai que se preocupan dos seus rapaces e tamén dos contrarios. Gracias, Adrián Cebrián, por dar unha clase de humildade, respeto e humanidade.


 
O MAPA PIRATA : "FÚTBOL BASE DA COSTA : CF DUMBRÍA DE BASE UN 2015 EXTRAORDINARIO".
Xoves, 24 Decembro, 2015 Enviado por Pirata
asento 255
FÚTBOL BASE DA COSTA

                            Os Xuvenís fixeron un 2015 extraordinario.

-O 2015 do CF Dumbría na base...un ano para lembrar-

Os equipos de cadetes e de xuvenís do CF Dumbría son os únicos da costa, que militan en ligas superiores. Ben e certo que podería haber algún máis pero na maioría dos casos, non sabemos por qué, pero sí o porqué, podería haber máis, pero sempre cando os equipos costeiros chegan as fases de ascenso, son "vilmente" perxudicados, con arbitraxes sibilinas, que os deixan fora. Pesa moito a proximidade a Santiago, ou que compitan con equipos das cidades. Esto mesmo pasoulle aos equipos dumbrieses, pero a base de insistencia o final lograron uns merecidos ascensos.

O Equipo cadete que un ano máis compite na División de Honra, está a ter un papel non moi destacado e loita por acadar a permanenza, pero se falamos do equipo de xuvenís, xa é falar de palabras maiores. Os dumbrieses adestrador polo "tandem" Diego Lobelos-Óscar Leis, fixo un 2015 extraordinario. Campión da Liga da Costa Xuvenil, Campión da Copa da Costa Xuvenil, Campión da Liguiña previa a Fase de Ascenso, e ascenso a Liga Galega Xuvenil, na que loita por todo e na que grande parte do ano foi lider. En ambos casos os equipos aportaron xogadores as seleccións coruñesas e a Selección galega e dos xuvenís, hai unha morea deles que xa debutaron no primeiro equipo, que xoga na Preferente Norte.

Segue coa análise...

Preme abaixo en "Ler a nova competa..." para VER MÁIS.


 
O MAPA PIRATA : "ANÁLISE DOS 6 MELLORES EQUIPOS DO FÚTBOL BASE DA COSTA"
Mércoles, 23 Decembro, 2015 Enviado por Pirata
asento 255
FÚTBOL BASE DA COSTA
-Comparativa dos mellores-

                Comparativa dos 6 mellores
equipos do fútbo base da costa.

-Análise : "6 equipos marcan a diferenza neste 2015"-

Estamos a esgotar os derradeiros días deste 2015 e hai 6 equipos que marcan diferenza no fútbol base da costa dende xuvenís ata benxamíns de Fútbol 8. Son os 6 equipos que lideran as 6 ligas, e que son con diefernza os mellores, non por ser líderes, senón polos números aplastantes que atesouran.

Nos Xuvenis da Costa G2 o Xallas CF. Nos Xuvenís da Costa G3, o SD Ponteceso. En Cadetes da Costa o Corme CF. Nos Infantís da Costa O CF Dumbría, Nos Alevíns da Costa Sur F8 o Outes CF e nos Benxamíns da Costa Sur de Fútbol 8 o UC Cee, pode decirse que non hai quen lle "tusa". A excepción do SD Ponteceso en Xuvenís da Costa G3 e o UC Cee Benxamín F8, que perderon un encontro e empataron outro, o resto comandan as suas ligas invictos.

Aquí tes un anlise de todos eles...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
CRÓNICAS DA 6ª Xda LIGA GALEGA FEMININA FS : "O COMARCAL A FERVENZA ACÉRCASE A ARRIBA".
Martes, 04 Novembro, 2014 Enviado por Pirata
asento 255
LIGA GALEGA FEMININA FS
-6ª Xornada-Crónicas-

                   Sigue a boa xeira do Comarcal.

O Comarcal a Fervenza acércase arriba

Os resultados foron propicios e o Comarcal a Fervenza arrímase aos postos de arriba ao derrotar ao colista CD Portosín, (1-4), e aproveitando a derrota do actual campión o Hércules Coruña que caía no duelo da xornada ante o Poio Pescamar B, por un sorpresivo 6-2, e que fai que as herculino-xalleiras perdesen o liderato e caesen a terceira praza, por debaixo das de Poio, e cedendo o liderato ao EL Olivo, que derrotaba ao Cidade das Burgas por un craro 7-3. Pola sua banda o filial do Viaxes Amarelle, caía na casa ante o filial do Leis Pontevedra, (3-5). O Beade derrotaba ao Bembrive, (4-3) e o CD Adarve gañaba a domicilio o seu primeiro encontro da tempada ante o Ribadeo, (2-4).

Segue cas crónicas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER CRÓNICAS.


 
COMUNICADO : "A LFP APRAZA O COMEZO DA SEGUNDA DIVISIÓN".
Xoves, 14 Agosto, 2014 Enviado por Pirata
asento 255

COMUNICADO LFP

              Os xulgados dan a razón ao Murcia no descenso administrativo.

A LFP apraza o inicio da Segunda División

O Real Murcia fai prevalecer os seus dereitos tralo auto que lle da a razón e polo que non pode ser descendido de categoría. Avecíñase "culebrón". Agora nen de coña descenderán o Mirandés ao que xa lle dixeron que xogaría na Segunda. Estamos as portas dunha liga de 23, como cando pasou na Primeira co Sevilla e C. Vigo, e na que o Depor foi o primeiro en poñer a man no lume polos dous equipos e pedir a liga de 22 antes co descenso administrativo. Cousa que sempre agradecerán os sevillanos. Nos así os do C. Vigo, que por cuestións históricas padecen de floxedade na memoria a longo corto e longo prazo.

Comunicado oficial de la LFP

Comunicado relativo al auto dictado por el Juzgado de lo Mercantil que ordena la inscripción del Real Murcia en la Liga Adelante.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER O COMUNICADO:


 
UN...PARA 1.
Venres, 30 Maio, 2014 Enviado por Pirata
asento 255
UN...PARA 1

               isto é unha afeción...un sentimento.

Os motores comezan a quencerse

Falta un días para 1 vitoria, falta un día para facer 1 punto, falta un día para asaltar a 1ª...Só falta un día, para ver 1 novo cheo de Riazor e 1 nova demostración do que 1 afeción e 1 sentimento e 1 amor a unhas cores. Fernando Vázquez convocou a tódolos xogadores que tiveron minutos no equipo durante a tempada, polo que aos da plantilla actual súmase Bicho. Naide se quer perder iste fito, pois a eufória está instalada. E verdade que como a nós a todos lles van os nervos por dentro, pero que caral...!!!...para sufrir xa se sufrirá se non se acada, pero as condicións son as idóneas. Pode pasar de todo, pero iste sentimento e ista forza teñen que dar en algo.

Hoxe arredor de 500 afecionados arengaron no adestramento aos xogadores. Fernando Vázquez arrimouse a eles, e aplaudíndoos, lanzou consignas de que o íamos a lograr. logo máis apusado en rolda de prensa, amosouse convencido de que o equipo non lle ía a fallar a afeción, e o que parecía unha quimera no mes de Xuño, está a un apso de poderse lograr. Se hoxe a afeción estivo co equipo en Abegondo, mañán antes do encontro, faralle un pasillo e acompañamento ao bus do equipo polo Orzán ata o Estadio, onde está convocado o deportivismo para ás 17:00 horas. Ben e certo que o día do Centenariazo o Real Madrid tiña todo preparado e levou nos fuciños, pero mañán temos a "tranquilidade" de que podemos errar ata duas veces, e o Las Palmas e o Sporting terían que gañar as dúas, e ademáis ainda quedaría a promoción, pero por que non?...mañán será o día.

Sissoko adestrou con relativa normalidade e pode ser da partida. de non ser así o de Castrofeito xa dixo que sacaría duas puntas de inicio. No que se refire a entradas. non quedan ata o de agora máis que as de Palco VIP, para os máis pudentes, sairon hoxe a venda 50 entradas a 120 euros. Logo antes do encontro sairán a venda as que devolva o Real Jaén, ao que lle mandaron 300 de Tribuna Inferior, a 30 euros e que de seguro devolverá a grande maioría.

Convocatoria do Real Jaén

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
Ler a nova completa: 'UN...PARA 1.' (1023 caracteres máis) Versión imprimible  
DOUS...PARA 1.
Xoves, 29 Maio, 2014 Enviado por Pirata
asento 255
DOUS...PARA 1
 

                           "Non hai billetes".

Faltan dous días para 1 vitoria, faltan dous días para facer 1 punto, faltan dous días para asaltar a 1ª. Dous días para encher de deportivismo as rúas do mundo enteiro, onde quer que haxa un deportivista. Na tarde diste xoves colgouse o cartel de "Non hai billetes, só quedan por vender as posibles entradas que devolva o Real Jaén", e saen a venda por primeira vez 50 entradas de Palco VIP a 120 euros cada unha, (para os pudentes). O equipo andalúz enviáronselle 300 entradas que hoxe emsmo puxo a venda, as que devolva `poñeranse a venda o día do encontro, cando estes fagan a devolución. Que Riazor se encha non é nada raro. Aquí non fai falla encher o campo de lonas sobre as gradas, nen que o Concello merque unha grada para invitar a "plebe". Aquí a xente móvese por un sentimento superior as persoas e iso ten que ser forza dabondo para que o equipo se parta o peito e culmine dunha vez por todas o que acadou por méritos propios.

Cando Fernando Vázquez fai 15 días dixo que "un empate tamén nos vale, pero imos sair a gañar". Toda a prensa e os máis críticos só se quedaron co de que "un empate pode valernos", e esqueceu o resto, para "atacar". A realidade dixo que ise empate sí que era bo, e hai que refrendalo. Só fai falla un punto, pero hai que ir a polos tres. Isa é a mensaxe dos xogadores, (agora algún xa dí que teñen demasiada eufória. Malo decir unha cousa malo decir outra). Hoxe foron marchena e Sissoko os que apuntaron a que "van a gañar". Marchena decía que : "
esta semana es especial  porque puede ser un día importante el sábado. Todos lo queremos. Entrenar siempre con la mirada puesta en el sábado. Todo el mundo esperamos que llegue ese día.Conseguir el objetivo es una fiesta completísima, es algo muy grande que hay que festejar, cuándo se consiga. Créeme que es un fiestón " .

Sissoko está antre algodóns, ten problemas na parte alta do peroné, pero dí que "quero xogar, pois é o encontro máis importante do ano. Estou seguro de que este sábado imos a festexar, vai ser unha gran festa". O de Costa de Marfil está a expensas da evolución nistes días.

O Real Jaén non poderá contar co centrocampista Josabed Fernández. Peza vital no seu centro do campo e un xogador co que sempre perdeu cando non puido estar, como a pasada semana ante a ponferradina, (0-1). lesionouse con rotura de clavícula no derradeiro adestramento da pasada semana.


 
Ler a nova completa: 'DOUS...PARA 1.' (90 caracteres máis) Versión imprimible  
"TRES PARA 1"...
Mércoles, 28 Maio, 2014 Enviado por Pirata
asento 255
TRES PARA 1

                      A un paso do "non hai billetes".

Faltan tres días para 1

Faltan tres días para facer 1 punto, faltan tres días para asaltar a 1ª. Tres días para estoupar en ledicia ou para que un nó aprete as nosas gorxas a espera dunha derradeira xornada que pode ser agónica en Girona, (sábado 7 Xuño ás 18:30 h), como fai un par de anos. O optimismo crece co paso das horas. O "non hai billetes" a punto de colgarse. Os xogadores, e técnicos amosan optimismo, agochando o halo de nervos normais que surcan as terminais nervosas baixo a pel.

Manuel Pablo é craro :
"Tenemos un partido en casa, queremos ganar y estamos convencidos que hicimos un trabajo desde agosto para llegar a esta situación con garantías de poder conseguirlo. No podemos fallar. Es una final en nuestra casa, con nuestra gente. Queremos ganar, nos vale con un punto pero esperamos darle la victoria a la gente". O canario ata reusou falar da sua renovación , só pensa e quer falar do ascenso, non "penso agora mesmo noutra cousa".

Pola sua banda Germán "Poroto" Lux, apuntou na mesma dirección : "
Miro para atrás, he venido a cumplir un sueño y no tengo dudas de que yo voy a cumplirlo el fin de semana...No tengo ninguna duda. No vamos a fallar porque es nuestro día y el día del Deportivo. Estamos muy mentalizados...Estamos a un paso de estar en Primera, a un paso de conseguir algo tan lindo, tan importante, porque no es lo mismo seguir en Segunda que ascender. No olvidemos que no es fácil bajar y ascender el mismo año y el Dépor está a punto de conseguirlo por segunda vez. Mira el Mallorca y el Zaragoza. Es una categoría muy difícil y, para mí, el equipo tiene mucho mérito...El Jaén hace la estrategia muy bien, que es algo en lo que nosotros hemos fallado durante la temporada. Hay que mantener la calma, el orden y, después, hacer daño".

Luisinho e Sissoko estiveron antre algodóns, pero por precaución. O luso adestrou a menor ritmo e o de Costa de Marfil non adestrou, pero de seguro que serán da partida, non así Wilk que dixo adeus a tempada nen Lopo por sanción. o que volve é Juan Domínguez tras cumplir ciclo.


 
Ler a nova completa: '"TRES PARA 1"...' (102 caracteres máis) Versión imprimible  
O RUXE RUXE DA RÚA : "REPETICIÓN DO ENCONTRO DO FABRIL"
Mércoles, 03 Xullo, 2013 Enviado por Pirata
asento 255
O RUXE RUXE DA RÚA
-Repetición do encontro do Fabril-

                Foto: Canaldeportivo.com

Son moitos os que piden que se desestime o ascenso de El Palo

Dende que acabou o encontro o pasado sábado do Fabril ante o equipo malagueño de El Palo, recibimos ducias de emails, protestando polo que foi un pase con "intimidatoria" por parte do equipo andalúz.No encontro de ida o colexiado obviou un penalti flagrante que supoñía a expulsión do meta visitante con 2-1 no marcador.O encontro acabaría 4-2 e con ameazas de morte para os xogadores do fabril por parte do equipo sureño, tal e como o manifestou o adestrador deportivista Devesa.

A volta xa se auguraba complicada.Non lle deron acreditacións a prensa galega, non se lle reservaron entrada ao clube, e ata o propio Fernando Vázquez , (tamén foi increpado e insultado), tivo que viaxar como membro do plantel.O clube tivo que pedir protección policial para os fabrilistas e con todo iste semblante tiveron que afrontar un encontro no que no vcampo, voltaron a recibir insultos intimidatorios, recibiron escupitaxos, lanzáronlles bebida, pararon o encontro lanzando balóns ao campo, saltando ao terreo de xogo, e ata a mala sorte de que o segundo gol o que lles daba o ascenso aos andaluces chegou en fora de xogo ao tocarlle preto do pau un xogador local o balón enganando a Marc Martínez, como él mesmo solicitaba, sen que lle fixesen caso nen colexiado ne liña.

O que se pide é que o clube pida que se desestime o ascenso dos malagueño, e que se pida a repetición do encontro en campo neutral e sen púbrico, xa que como todos puidemos comprobar o equipo deportivista xogou coaccionado, influindo isto no resultado.O clube agora mesmo non está moito para desviar a atención a todo o que hai que arranxar istes días, pero a gran verdade e que a actitude do El Palo, nun futbol no que espallan aos catro ventos o lema de "Respect", é de xulgado de garda e de anulación do encontro sen paliativos.


 
ASENTO 255 : "CONEXIÓNS A VELA: 14 HORAS SEN CONEXIÓN A INTERNET"
Xoves, 20 Xuño, 2013 Enviado por Pirata
asento 255
CONEXIÓNS A VELA
-Movistar-


Tivéronnos 14 horas sen conexión a internet

Estamos no século 21 e na era tecnolóxica pero na Costa da morte seguimos a ter unha "rede" que vai a "vela" e a escuras.é decir que navegamos a "vela" pero das de cera pois seguimos a escuras.No día de onte e tras poñer un "Novas Breves" uns minutos antes das 18:00 horas, quedamos sen conexión a internet.Tras chamar a atención ao cliente de Movistar, collíannos o teléfono e decíannos que esperasemos que nos pasaban co "entendido" correspondente.Tras 10 ou 15 minutos o que che contestaba era unha computadora : "Tenemos una incidencia en su zona, nuestros operarios están trabajando en restablecer de nuevo el servivio lo antes posible".En troques de arranxar o servicio e tras mirar o ordenador un cento de veces para colgar unhas novas na web, e sen ningún éxito, a cousa foi a peor, xa que ademáis quedamos sen liña de mobil de movistar.O servizo restableceuse con respecto ao mobil ás 07:39 horas cando estábamos no mar e a conexión a internet media hora despois...Agora o normal sería poñer unha denuncia.O protocolo é que che abonan aproximadamente un euro polo tempo sen servicio e gastas máis nos trámites.Ademáis deixaron aos comerzos sen cobro con tarxeta, aos bancos que abren de tarde sen servizo, as lonxas sen conexión, aos barcos sen servizo internet abordo, aos que teñen Imagenio, sen tele, etc...en que mundo vivimos?...no da tecnoloxía punta ou no da navegacíón a escuras con unha vela que nos alumee o camiño?...Desta vez foi Movistar e as demáis son igual, non sei o que abarcou a "sombra" sen conexión, o que sí sei e que son, (falando en prata")...unha merda!!!.


 
ARTIGO DE OPINIÓN : "AS CAUSAS DO DESCENSO DO DEPOR".
Mércoles, 05 Xuño, 2013 Enviado por Pirata
asento 255
AS CAUSAS DO DESCENSO
ASENTO 255




Cinco factores foron clave no descenso do Depor

A piques estivemos de salvarnos nas duas últimas xornadas pero non axudou a sorte, un dos cinco factores que foron clave no desenlace final no que o Celta de rebote e gracias a non enfrontarse a ningún equipo que se xogase algo nista "malísima" liga como é a Primeira diivisión española, que está feita para que dous se divirtan, e que é necesaria polos ingresos para subsistir.

Unha plantilla descompensada e peor ca da Segunda división.Un calendario que nos perxudicou practicamente en toda a liga, unhas arbitraxes nefastas, unha mala decisión a hora de trocar o adestrador e a sorte como decíamos foron os factores principais de que nos víramos abocados a voltar ao "inferno", que ao final como liga é mellor ca Primeira, na que todos son iguaias,  pero que non ten o aliciente de non aportar ingresos como a dos "grandes".

Aquí analizamos un pouco a nosa opinión sobre o que nos levou ao descenso.

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para ver todo o ARTIGO.


 
ASENTO 255 : "A REAL SOCIEDAD NON É TAN FERA COMO A PINTAN".
Xoves, 30 Maio, 2013 Enviado por Pirata
asento 255
ASENTO 255
-O noso rival-

Esta é a nosa forza.

A Real non é tan fera como a pintan

Parece que imos recibir ao Bayern Munich ou Borussia Dormunt, ou algo parecido vendo algúns sectores, ante a visita da Real Sociedad a Riazor o vindeiro sábado ás 21:00 horas, pero non é así.Os vascos están facendo unha gran campaña pero non asustan a ninguén cando xogan lonxe de Anoeta, e na maioría dos encontros costoulles gañar ou empatar.

Levan gañados 17 encontros, empatados 12 e perdidos 8.Xogando como visitantes perderon 6 encontros.Ante o Barcelona, (5-1), Mallorca, (1-0), Levante, (2-1), Betis, (2-0), Madrid, (4-3), e Getafe, (2-1).Empataron nos terreos do Valladolid, (2-2), Granada, (0-0), Celta, (1-1), Español, (2-2), e Osasuna, (0-0).E gañaron nos campos do Málaga, (1-2), Valencia, (2-5), Zaragoza, (1-2), Bilbao, (1-3), Atlético, (0-1), Rayo, (0-2), e Sevilla, (1-2).
Dos derradeiros catro encontros dista liga gañaron un.

Gañou en 7 encontros por 11 nos que non foi quen.Ben e certo que nos precisamos gañar pero a historia pesa e moito é só gañaron un encontro en Riazor dos derradeiros 9 disputados e un empate.Leva visitado o noso feudo en 39 ocasións das que perdeu en 22, empatou en 11 e gañou 6.

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para ver o resto do ARTIGO.


 
FERNANDO VÁZQUEZ: "O PATRIOTA".
Xoves, 14 Marzo, 2013 Enviado por Pirata
asento 255



Fernando Vázquez "O Patriota"



O ano pasado antes do ascenso a Primeira un grupo de amigos con Luis Couto como cabeza visible fixemos ao Depor unha proposta de galeguizar un pouco o noso querido clube.Fixéronse panfletos da idea que se repartiron as portas de Riazor, promoveuse por internet e nos xornais a idea, e pideuse unha xuntanza co presidente para expoñerlle a idea.Pouco a pouco foron uníndose ao grupo peñas, socios e aficionados.A citada xuntanza nunca se chegou a celebrar, primeiro todo o que envolveu o ascenso e logo o mal inicio e continuación do mesmo na Primeira fixo que quedase un pouco aparcado.

É unha chamémoslle falla de respeto a tódolos que somos galego-parlantes que non se utilice máis o galego no que abarca o Depor.Que haxa unha paridade.Que a páxina web poida escollerse vela en galego ou en castelán, que na megafonía se fale en gaelgo e castelán, o merchandaising, etc...que haxa paridade, pois máis da metade dos socios do Deportivo somos de fora da Coruña cidade, e se se fai un estudo, moito, pero que moitísimos máis da metade dos que imos cada encontro a Riazor somos galego parlantes.
Cal foi o eslogan do ascenso: "Voltaremos"...e porqué?...basta decilo.

Segue o artigo se premes abaixo en "Ler a nova completa...".


 
ASENTO 255: "LIGA DE FUTBOL PROFESIONAL, NON TEDES VERGOÑA".
Xoves, 28 Febreiro, 2013 Enviado por Pirata
asento 255

                Novo ataque ao futbol galego.


"Liga de Futbol Profesional, non tedes vergoña"

Nun acto de reirse do deportivismo, do celtismo, e de Galicia en si, a Liga de Futbol Profesional ven de trocar o horario do derbi galego por excelencia, Depor-Celta de horario, pasándoo das 21:30 horas do venres 16 de Marzal ao mesmo día pro as 21:45 horas.Si xa era un insulto que iste encontro de rivalidade e importante para a economía do clube e de Galicia, rínse de novo de nos, e por segunda vez trocan o horario dun encontro un cuarto de hora.As protestas do día e da hora por parte da afición tanto de un equipo coma do outro saltaron nada máis saberse e con moita razón.
Non son só os aficionados do Celta os que se teñen que desprazar nun día laborable para un encontro que debería ser unha festa.Máis da metade dos socios do Depor somos de fora da Coruña e teremos que desprazarnos inmediatamente tralo traballo, outroos non poderán ir polo horario e ter que traballar ao día seguinte e moitos simplemente porque por desprazamento e por idade non están para semellantes trotes.

Segue se premes abaixo en "Ler a nova completa..."


 

    123   >

Theme creado por dev-postnuke.com