http://www.canaldeportivo.tv
Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
 
CONTIDOS

 
CLASIFICACIÓNS
 
Usuarios
Benvido Invitado

O rexistro é completamente gratuito e poderás acceder a todas as seccións da web
Podes rexistrarte aquí
Usuario:


Contrasinal:


Recórdame

Membros:  Admins
Non Conectado  Pirata  
Non Conectado  RubenGarcia  
Non Conectado  Pato  
Membros:  Membros:
Ultimo:  Novos Hoxe: 5
Ultimo:  Novos Onte: 11
Ultimo:  Total: 4246
Ultimo:  Ultimo:
Kplfsqcwa
Membros:  Conectados
Membros:  Membros: 0
Invitados:  Invitados: 5
Total:  Total: 5
Membros:  Membros Online
No hai membros conectados
 
Menú principal

 

Tema: Ocio e cultura

Los artículos publicados en este tema son los siguientes.

    12   >

OS VIDEOS DO "IV MERCADO DAS RUTAS DO MAR":
Xoves, 26 Agosto, 2010 Enviado por Pirata
Ocio e culturaComo vos tíñamos prometido, aquí tedes os vídeos, das fotos do "IV Mercado das Rutas do Mar", que se celebrou os días 8 e 9 de Agosto, en Muxía, (A Coruña).A banda sonora é dos nosos amigos do grupo de folk, "Fol de Veneno", da localidade malpicana de Buño, (A Coruña).O final, poñémosvos un teléfono de contacto, distes grandes músicos, por se vos interesa contratalos.




Se premes abaixo, en "Ler a nova completa...", tes a segunda parte...


 
AS FOTOS DO "IV MERCADO DAS RUTAS DO MAR", NO "ALBUM DOS PIRATAS".
Martes, 24 Agosto, 2010 Enviado por Pirata
Ocio e cultura


Xa tedes no "Album dos Piratas", as fotos do "IV Mercado das Rutas do Mar", que tivo lugar os días 8 e 9 de Agosto, e que durante todo o día, miles de persoas, disfrutaron, do bo xantar a precios económicos, con toda crase de productos do mar e do cortello, con teatro nas rúas, e música percorrendo as rúas muxianas.Podedes contemprar, un cento de fotos, en duas partes, a primeira é unha reportaxe e montaxe, de Roi Búa García, (10 anos).
Mañán colgarémolas en vídeo, con música dos nosos amigos de Buño, "Fol de Veneno".Pero dende hoxe disfrutade delas, para velas con calma.


 
Versión imprimible  
ROMARÍA DE SAN ROQUE, (MORAIME-MUXÍA).
Venres, 20 Agosto, 2010 Enviado por Pirata
Ocio e cultura
http://sphotos.ak.fbcdn.net/hphotos-ak-snc4/hs147.snc4/36725_120146838028426_100000993309963_108256_1763276_n.jpg

San Roque do Monte en Moraime, (Muxía), consolidouse, antre as citas máis esperadas do verán, tralo rexurdimento de fai uns anos, que o rescataron da decadencia, Jesús e Manel Sánchez, e os seus colaboradores.
A San Roquiño, vai a xente cargada cas suas viandas, a xantar, merendar e cear, e a gozar, de música, durante todo un día.Dende as 08:00 horas da mañán do sábado, ate a mesma hora do Domingo, milleiros de persoas, van para o campo da ermita de San Roque, a pasalo ben e a desfrutar.Xa o sabes, se che apetece, pásate por alí cos teus xantares, e...a pasalo ben!!!

http://sphotos.ak.fbcdn.net/hphotos-ak-snc4/hs079.snc4/35290_1375112176885_1204249411_871534_5591361_n.jpg
Festa, festa e máis festa!!!


 
Versión imprimible  
PRONTO VEREDES, AS FOTOS DO "IV MERCADO DAS RUTAS DO MAR", QUE FOI TODO UN NOVO
Mércoles, 11 Agosto, 2010 Enviado por Pirata
Ocio e cultura

Un novo éxito, de festa e visitantes do "Mercado das Rutas do Mar".

Ista pasada semán como vos informamos, tiña lugar en Muxía, o "IV Mercado das Rutas do Mar".As previsións de que ía a haber moita xente, estaban aseguradas, pero o final, rompeuse, calqueira previsión, e foi o máis concurrido, dos catro que se levan.Xa na mañán do sábado, apuntábamos, que había "cheo".Os xa numerosos visitantes, turistas e veciños, sumóuse, unha expedición de máis de 1200 peregrinos, que viñan a facer a sua visita o Santuario da Nosa Señora da Barca, Final da Ruta Xacobea, e que se sumaron a festa, disfrutando da música e os manxares dos nosos mares e de terra.
Durante todo o día do sábado, e ate altas horas da madrugada, o pobo foi un fervedeiro, e o mesmo pasou na xornada do Domingo, que se culminou, con reparto de bonito asado de balde, para tódolos visitantes, e coma outros anos, bebida gratuita, para todos, para rematar a festa, que se prolongou, ate a madrugada do luns.
O grande éxito, dista celebración, foi a involucración dos veciños, cos seus numerosos postos, que dispensaron, bebidas, e os mellores manxares do mar e do cortello, a precios, moi asequibles, tanto foi así, que algúns acabaron as existencias, o sábado e tiveron que trocar de menú.Ademáis houbo, música, tanto de grupos contratados polo concello, coma espontáneos.Mostros mariños, xogos para os nenos, bailes, teatro ambulante...etc,etc, etc.

Nosa máis cordial noraboa, o concello, e a tódolos veciños, que participaron dista  "Gran festa do verán", por disfrutar e facer disfrutar a tódolos que visitaron Muxía a pasada fin de semán, que de seguro, que voltarán.

Estamos a preparar, para que vexades en breve, unha escolma de fotos, para o noso  "Album de fotos dos Piratas", así coma para colgar, en Youtube, unha reportaxe fotográfica, e algún vídeo.
Non o perdas, poide que salgas, se andiveches polo "Mercado das Rutas do Mar".


 
Versión imprimible  
FIN DE SEMÁN CHEO, DE FESTAS POR TODA A ZONA.
Sábado, 07 Agosto, 2010 Enviado por Pirata
Ocio e cultura

O "IV Mercado das Rutas do Mar", comeza con cheo pola mañán, pero ademáis hai un "sin fín" de festas pola zona.


A noso correo, (info@piratasdemuxia.es), chegaron un sin fín de emails, sobre festas, o ver o anuncio que puxemos do "IV Mercado da Rutas do Mar", e aquí vos enumeramos as festas que podedes visitar durante ista fin de semán, que nos informaron:

-Hoxe terá lugar a 27ª Edición da Carballeira, de Zas, posiblemente a congregación Folk máis importante de Galicia, pois non conta ca pubricidade que ten a de Ortigueira, pero cada ano congréganse, nista carballeira, máis de 10.000 persoas.O prta ofrte dista noite, será, o grupo francés, Gwendal, os chamados Beatles da música celta.Ademaís estarán: Clan Maragato, Quempallou e a Banda Potemkin.Pero os que lle quentarán os motores a ista xente, serán a bandas de gaitas, da Asociación Castro Meda, (que é a orgañizadora da Carballeira), a Donaire, e Maruxía.

-En Vimianzo, as "Festas do Veran", comezaron, onte e son ate mañán.Ademáis contan con un triangular, antre Soneira, Montañeros e Fabril, que se xogará ista tarde no Municipal de Vimianzo.

-Laxe, fai a sua primeira "Festa Pirata", que con actos todo o día, traslada a vila o tempo dos piratas, que asolaron a costa galega.

-En San Mamed, teñen festa con verbena, o mesmo ca veciña localidade de O Pindo.

-En Sardiñeiro, (Fisterra), están cas Festa do Carme, que comezaron onte, e acaban mañán.

-En Buño, (Malpica), están cas suas festas, e ca Mostra de Olería de Buño, (Premio Bellas Artes), a festa é hoxe e mañán Domingo, pero a mostra dura 10 días.

-En Muros, están co "Castelo Rock", con actuacións, na zona portuaria.

-En Corcubión, durante o día de hoxe, teñen a Festa de exaltación, do Porco Celta.

 
Versión imprimible  
VEN A MUXÍA, INVOLÚCRATE E DISFRUTA; NON O ESQUECERÁS NUNCA.
Venres, 06 Agosto, 2010 Enviado por Pirata
Ocio e cultura


Por cuarto ano consecutivo, Muxía vístese, co ambente mariñeiro de antaño.
Mariñeiros, piratas, doncellas, mostros mariños...
Ista é unha festa a que hai que vir, co estómago, e o fígado preparados, pois trátase de xantar e beber, o que se poida; mexillóns, percebes, longueirons, berberechos, melgacho guisado, sardiñas, xurelos, empanadas de todo tipo, chourizos, da casa, filloas a pedra, churrasco...regados, con viño, cervexa, licores varios, e para rematar queimadas, e todo a módicos prezos.A Rúa da Virxe da Barca, Rúa Real, Praza da Constitución, Cabo da Vila, e a zona do malecón, énchense de postos, digamos, pequenas tabernas o aire libre, para o disfrute de tódolos visitantes, que acostuman a ser milleiros, antre os dous días que dura.Para rematar a festa o Concello de Muxía, convida a todo aquel que queira o Domingo, a última hora, a peixe, no Malecón, (mal chamado nistes tempos "Paseo Marítimo", cando sempre foi o Malecón, nome co que o bautizaron, os moitos muxiáns, que houbo en Cuba, cando era española).

O "Mercado da Rutas do Mar", mal chamado por algúns, mercado medieval, (non se parece en nada), é unha das mellores festas do verán na Costa da Morte, e con tan só catro edicións, está totalmente consolidado, e veciños, (que se involucran totalmente na festa), coma forasteiros, escollen istas datas, polas que esperan todo ano, para vivir algo diferente.Todo un acerto e un logro, polos orgañizadores, que tiveron unha idea, que cuaxou dende o primeiro día.

Ademáis das exquiciteces, para o padal, hai, numerosas actuacións musicais, teatro da rúa, bailes, cousas para os nenos, etc, etc, etc.

Ven a Muxía, disfrázate, de algo sobre o mar, dos tempos do mar, involúcrate, no ambente, e...o abordaxe!!!

No noso "Album dos Piratas", (a dereita do web), podes ver as fotos das anteriores edicións.

Preme abaixo, en "Ler a nova completa...",
e tes todo o programa de actos, (que os hai durante todo o día, as duas xornadas),
aparte das "Tabernas do mar".


 
"NON TODO VAI A SER FUTBOL..." : PIRATASDEMUXIA.ES, COS NOVOS TALENTOS:
Mércoles, 04 Agosto, 2010 Enviado por Pirata
Ocio e cultura

Os Little Seasides Trío, a pasada semán en Muxía.


"Non todo vai ser futbol...",  e queremos recomendarvos que non deixades de ver en directo a istes tre rapaces, que se denomina; "Little Seasides Trío", formado polo muxián; Mon, que toca a guitarra e leva a voz cantante, e os corcubionenses;  Senén, (guitarra acústica Swing), e Lichy, (baixo acústico), que fan unha "reencarnación" musical dun estilo swing, dixiland, e cousiñas do blues máis vetusto, polo médio.

Mañán podedes velos na Cola da Ra, en Corcubión, a partires das 23:30 horas, e o venres, a partires da 01:30 horas.A pasada semán estiveron na vinoteca Lorena, de Muxía, e con un grande éxito, que fixo, que tiveran, que ampliar a actuación, en dobre sesión.
Se tes un grupo de música, teatro...e queres que falemos de tí nista sección de "Non todo vai a ser futbol...", mándanos unha foto e a tua actuación cos datos.

 
Versión imprimible  
CARMEN DE MUXÍA 2010.
Venres, 30 Xullo, 2010 Enviado por Pirata
Ocio e cultura.

Si queredes ver como o pasamos o domingo 25 de Xullo, na procesión do Carmen de Muxía, aqui tendes este video, e como é tradición todos a auga



 
Versión imprimible  
RECOMENDACIÓNS DOS USUARIOS, PARA PASALO BEN.
Sábado, 24 Xullo, 2010 Enviado por Pirata
Ocio e cultura
http://www.pegasusmercados.com/blog/wp-content/gallery/corcubion_2009/corcubion09.jpg
Festas e máis festas, en toda Galicia.

-Infórmannos dende Corcubión, que nos esquezades, de pasar polo Mercado Medieval, que devolve a fermosa vila corcubionesa, os anos do medievo.Durante todo o día de hoxe e mañán, podes, trasladarte a ista época, mellor é ir disfrazado, pero podes, disfrutar do gran ambente e da festa, de tódalas maneiras.

-Tamén nos chega un correo, para que te pases, por Aguiño, (Riveira), onde se degustarán, 2.000 Kilos de percebes, na festa diste preciado e saboroso crustáceo.Os prezos da ración, que como nos dín, "chega para darse un gustazo", será de 12 euros.

-En Muxía seguimos cas festas do Carme, trala extraordinaria, actuación de onte de pandereteiras, locais, o grupo Airiños do Corpiño, (Muxía), Os Cuchuflellos, (Manzaneda), e A Roda, (Vigo), ate altas horas da madrugada, hoxe dase paso as verbenas, o igual que mañán Domingo.

 
Versión imprimible  
MUXÍA EN FESTAS
Venres, 23 Xullo, 2010 Enviado por Pirata
Ocio e cultura

Hoxe comezan en Muxía os festexos na Honra da Virxe do Carme, co "VI Encontro Folk do Cabo da Vila", (o Cabo da Vila, non ten ise nome por ningún cabo, é porque era o final do pobo, antigamente, ou sexa o cabo da vila, e agora é o centro), actuarán, varios grupos de gaitas e pandeireteiras, locais e da zona, e como prato forte, o coñecido grupo galego, "A Roda".

Os festexos en plan verbena, comezan mañán e seguen o Domingo, que terá a procesión marítima, pasado o medio día.


 
Versión imprimible  
"II EDICIÓN DA FESTA ACUATICA" NA PISCINA DE CEE.
Xoves, 01 Xullo, 2010 Enviado por Pirata
Ocio e cultura
 

Os máis cativos disfrutaron dunha tarde inolvidable na Piscina Municipal de Cee

 Uns 200 rapaces de antre 5 e 15 anos, tomaron parte o pasado sábado, na "II Edición da  Festa Acuática", orgañizada pola empresa Aquacenit ,concesionaria da Píscina Municipal de Cee, (A Coruña),  e en colaboración, co Concello de Cee.Durante mais de tres horas, os rapaces disfrutaron dos  hinchables que se colocaron nas duas piscinas, e dos xogos e actividades organizados polos monitores, que dispón a instalación e sempre baixo a atenta vixiancia dos socorristas.Os máis pequenos pasaron unha tarde agradable, onde non faltaron as risas, e os típicos chapuzóns dos monitores.

Coa proposta deste ano,  quere consolidarse ista actividade, como premio os nenos, do remate de tempada escolar no comarca, por iso a partir do ano que ven, vaise a promocionar a tódolos colexios da zona.

Máis fotos da "II Edición da Festa Acuática", en "Ler a nova completa...

 
VISITA DOS NENOS DO CEIP VIRXE DA BARCA, A UN SECADOIRO DE CONGRO.
Martes, 08 Xuño, 2010 Enviado por Pirata
Ocio e cultura
Dende o CEIP Virxe da Barca de Muxía, máis coñecido como o Colexio do Enfesto, pola sua ubicación, fixeron unha visita a un dos secadoiros de congro, da localidade muxiana, e que son os únicos no mundo.O "simpático", do conto, e que a pesares de ser un producto único, aquí en Galicia, e no mundo, só se pode degustar en Muxía e por encarga, pola contra, son moitas as toneladas, que se exportan, a Aragón, Madrid, e Francia, onde é un artículo de luxo.
Os nenos, viron, a preparación pro secado, e aprenderon todo o proceso que leva ate o seu secado, o vento e o sol, para logo ser prensado, para exportación.


Aquí tedes os nenos, vendo o "lañado" e "lavado" do congro, nunha foto que nos mandaron dende o centro de primaria.


 
Versión imprimible  
UN BARCO "ESPECTACULAR".
Xoves, 03 Xuño, 2010 Enviado por Pirata
Ocio e cultura
Depois din que hai crise!

Aquí tedes un luxoso iate, con matrícula de Palma de Mallorca, denominado, "Tumberry", que iste medio día, pasou por Muxía, estivo, durante unhas horas, fondeado, tralos diques de abrigo, o non darlle o calado pra entrar, os peiraos.
Nos vos podemos dar máis datos pois o "Tumberry", que aparece en internet, é moito máis pequeno, que iste, en tódolos sentidos, e foi vendido, por 10 millóns de euros, imaxinade o que pode costar iste que a de andar en torno os 50 metros.




Se queres velo en grande, preme abaixo, en "Ler a nova completa..."


 
I XORNADAS GASTRONÓMICAS DA COSTA DA MORTE:
Mércoles, 26 Maio, 2010 Enviado por Pirata
Ocio e cultura
http://mamaliciouseats.files.wordpress.com/2008/10/percebes.jpg
Xantar na Costa da Morte: "Delicia para o paladar"

O noso usuario José María Senra, fainos chegar o evento gastronómico, que se vai a desenrolar, na Costa da Morte, durante o mes de Xuño, ca participación de 24 restaurantes , cuns apetitosos menús, de 35 Euros de prezo.

I Xornadas Gastronómicas da Costa da Morte Xuño 2010 consistirán nunha exaltación dos productos da Costa da Morte, entre os que podemos destacar:
Percebes, navallas, polbo, robaliza, porco celta, tenreira galega, e un longo etc.

Preme abaixo en "Ler a nova completa..."e tes tódolos menús, restaurantes, e teléfonos.

 
INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN DE PINTURA, "EN EL FINAL DEL CAMINO", DE DETLEF KAPPELER.
Martes, 25 Maio, 2010 Enviado por Pirata
Ocio e cultura

Detlef, no seu estudio de Chorente, (Muxía), (Foto: Xesús Búa).

Muxía dende fai moito tempo, e acrecentado, dende o Perstige, convirteuse, no lugar de residencia, de pintores e escritores.Joshiro Tachivana, "Nino", o famoso pintor nipón, leva máis de 30 anos na Vila da Barca, residindo, pintando, e expoñendo, por todo o mundo, nos mellores museos.Nelsón Zumel, que se lle otorgou, fai uns días a primeira "Medalla de Ouro", do Concello de Muxía, reside no pobo, o que escolleu, pra pasar os seus derradeiros días, meses ou anos de vida, (como él dixo).Nélson Zummel, é o pintor español, cos cuadros máis pagados en vida.
Tamén reside no noso pobo, Alexandre, o afamado pintor Ourensán, que o igual cos outros ten residencia e estudio, na nosa vila.

Un tan importante, ou máis cos que mencionamos e hai algún máis, é o alemán, Detlef Kappeler, que tras pasar por medio mundo, primeiro, viveu no Camping de Leis, (Muxía), logo, nun piso de alquiler, e o final, comprou, un hotel rural, na aldea muxiana, de Chorente, no que vive ca sua dona, Almut, e o seu can "Sorte", e no que ten o seu estudio de pintura, dende onde pinta e expoñe por todo o mundo.
Detlef, de 72 anos, é catedrático, arquitecto, e pintor, de grande relevancia, non só en Alemaña, senón que en todo o mundo, pero o mellor, é que é unha persoa amable, afable, é amigable.

Todos eles teñen en común a pintura, e que todos eles son amigos nosos, e de piratasdemuxia.es.Niste caso, Detlef, fíxonos partícipes, dunha invitación, pra asistir a inauguración, da exposición, "En el Final del Camino", (adicada a Muxía e a Costa da Morte", que o acolleu e séntese coma na casa), mañán,  26 de Maio, na Sala de Exposicións I, do  Centro Social Caixanova de Vigo, as 20:00 horas, sito, na rúa Policarpo Sanz, 26.

Se premes abaixo en "Ler a nova completa..." verás un artigo de O. Lista, de "El País", sobre o noso amigo Detlef.



 
"PASATE POLA COSTA DA MORTE".
Venres, 02 Abril, 2010 Enviado por Pirata
Ocio e cultura

A costa "ferve" en actos de todo tipo.

Hoxe día de Venres Santo, a Costa da Morte, está pragada de actos, polo que é unha boa i
dea, pasarse, por calquera dos pobos da zona, nos que atoparas, actos relixiosos, lúdicos, culturais e festeiros.

Camariñas,
ca sua xa tradicional "Feira do encaixe", é unha visita obrigada, pra contemplar, ista exposición, do arte centenario, das mulleres, de Camariñas e os arredores, o igual ca Fisterra, coas suas festas do Cristo, que terán o seu día grande o Domingo, na mañán, coa escenificación da Resurrección.
Corme, Vimianzo, Dumbría, Laxe, etc, teñen tamén actos de todo tipo, relixiosos, exposicións festas...

Pra darse un "gustazo" pro paladar, temos a Ponteceso, ca sua "Festa do Polbo", Laxe ca "mexiolloada", Camariñas ca "tortilla", e Muxía ca sua 14ª edición, da "Festa do Congro", na que poderás degustar dende o medio día, a baixo prezo, (no Pavillón Polideportivo Municipal), as excelencias, diste saboroso peixe, en caldeirada, salsa verde, a prancha, empanada de millo e de trigo, salpicón...
Ademáis o concello muxián, ten orgañizada unha exposición de artesanía local, e outros actos.

 
Versión imprimible  
GRANDE ÉXITO DA CAMPAÑA: "EI TÍ!, POR HAITÍ!".
Venres, 26 Febreiro, 2010 Enviado por Pirata
Ocio e cultura

Os nenos do CEIP "Virxe da Barca" de Muxía,  e os da gardeiría "Galiña Azul", fixeron numerosos traballos, que puxeron a venda no centro do Enfesto, pra recaudar cartos, pros nenos de Haití, nunha campaña que denominaron, "Ei Ti!, Por Haití!", e tiveron un grande éxito, de visitas e vendas, cos seus "extraordinarios" traballos, pra un fin "extraordinario".



Máis fotos se premes en "Ler a nova completa..."



 
"OS PEQUENOS DE MUXÍA, CON HAITÍ".
Martes, 23 Febreiro, 2010 Enviado por Pirata
Ocio e cultura


Exposición “ Ei ti! Por Haiti”

Os nenos do CEIP Virxe da Barca van facer unha exposición de cadros feitos por eles con acuarelas co obxeto de recaudar fondos para enviar a Haití. Invitamos a todos os veciños de Muxía, aos colexios, e asociacións a que veñan mirar ou mercar obras de arte a bon prezo. A exposición e venda terá lugar o día 25 de febreiro de 17:15 h ás 18:00 h. os cartos recaudados se canalizarán a través da ONG “Médicos sen Fronteiras”. Tamén participarán os nenos da guardería Galiña Azul de Muxía que fixeron uns pins para a ocasión. Agradecemos toda colaboración así como calqueira donativo.



 
Versión imprimible  
CULTURA E OCIO PRA "VER" E "DEGUSTAR".
Luns, 28 Decembro, 2009 Enviado por Pirata
Ocio e cultura

O fotógrafo muxián, Xesús Búa, na inauguración, con Lorena Lappe.

O noso colaborador, o fotógrafo muxián Xesús Búa, ven de inaugurar, na vinoteca da alemana, Lorena Lappe, unha exposición, con unha "mirada" diferente da Romaría da Barca, que estará aberta, durante todo o mes de Xaneiro, e que poderedes, "degustar", na viñoteca, durante istas festas e os fins de semán do primeiro mes do ano.

Ademáis Muxía, (falando de degustar), estivo iste pasado fin de semán, e continua, pro que ven, con unha bonita e "gustosa" iniciativa, o estilo vasco, que promove o Concello de Muxía e a hostelería, con un concurso de tapas, no que tes que percorrer, un minimo de 5 dos 7 locais que participan, e logo poñer o teu voto, nas urnas que teñen a tal efecto, o gañador, dos que voten terá unha cea gratis, no local que escolleu como mellor.Unha iniciativa pra "beber e xantar", polo que da "gusto", participar.

Se premes en "Ler anova completa..." tes máis fotos da exposición.


 
ROMARÍA DA BARCA NO "ALBUM DOS PIRATAS".
Venres, 18 Setembro, 2009 Enviado por Pirata
Ocio e cultura

Antre 150.000 e 200.000 persoas pasaron por Muxía segundo as autoridades.


Xa podes ver no "Album dos Piratas", as fotos da Romaría da Barca, a máis "jrande" de Galicia.Quen sabe o mellor apareces nalgunha foto, ou algún coñecido.Segundo as autoridades, (Concello, Policía Local, Garda Civíl, Protección Civil...), polo pobo pasaron os catro días da Romaría, antre 150.000 e 200.000 persoas.Como anécdota decír que no apartado relixioso, nas homilías, da novena, repartíronse, arredor de 20.000 "hostias".A noite do sábado e a mañán do Domingo, son as de maior asistencia, pero e difícil calcular, pois cando ven a xente pros actos relixiosos e a ver a maior traca de fogos que se tira en España, a xente que estivo danzando toda a noite, vaise o "poblado" de tendas de campaña que se forma en tódolos lugares que hai arredor do pobo, nas fotos podes ver só a "marabunta" na entrada de Muxía, (a foto foi sacada, o sábado as 18:00 horas).

Se estiveches, gracias por vir, e se non estiveches mira o que te perdiches!!!.


 
Versión imprimible  

    12   >

Theme creado por dev-postnuke.com