Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
CURRO PESCA
 
CAFÉ BAR OASIS

 
RESTAURANTE D´ALVARO

 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
Usuarios
Benvido Invitado

O rexistro é completamente gratuito e poderás acceder a todas as seccións da web
Podes rexistrarte aquí
Usuario:


Contrasinal:


Recórdame

Membros:  Admins
Conectado  Pirata  
Non Conectado  RubenGarcia  
Non Conectado  Pato  
Membros:  Membros:
Ultimo:  Novos Hoxe: 16
Ultimo:  Novos Onte: 25
Ultimo:  Total: 55029
Ultimo:  Ultimo:
Fortressdta
Membros:  Conectados
Membros:  Membros: 2
Invitados:  Invitados: 18
Total:  Total: 20
Membros:  Membros Online
Conectado  Pirata  
Conectado  mrl  
 
CLASIFICACIÓNS
 
LIGAS FÚTBOL 8
 
FÚBOL SALA COSTA DA MORTE
 
FÚTBOL SALA FEMININO/MASCULINO
 
CLASIFICACIÓNS F. VETERANOS COSTA
 
Menú principal

 

Tema: Os nosos videos

Los artículos publicados en este tema son los siguientes.

    12345   >

VÍDEO FOTOGRÁFICO MUSICADO DO "X MERCADO DAS RUTAS DO MAR" DE MUXÍA.
Mércoles, 28 Xuño, 2017 Enviado por Pirata
Os nosos videos
"OS NOSOS VÍDEOS"
                                    
-Vídeo-fotográfico musicado do
 "X Mercado das Rutas do Mar de Muxía"-


PREME NESTE ENLACE PARA VER O VÍDEO :  https://youtu.be/CoU8O9DXLcA

Aquí tes unha escolma de fotos extensa musicada do que foi o "X Mercado das Rutas do Mar" de Muxía que se celebrou a segunda fin de semana do mes de Agosoto, como cada ano. Un mercado que non ten nada que ver cos típicos mercados medievais que se ven por aí...Non ten nada que ver. O "Mercado das Rutas do Mar" é un mercado con máis de un cento de postos, a grande maioría de xente do pobo, nos que se despachan a prezos antecrise manxares do mar e da terra, regados do ambientazo, música e teatro polas rúas nas que descurre o mercado que visitan milleiros de persoas, moitas delas atabiadas como piratas, ou xentes do mar de antigamente, para dar corido a unha das mellores festas do panorama galego. Se estivéchedes nél ao mellor saides en algunha das fotos, e se estivéchedes na "Taberna Pirata" que nos tivemos este ano, de seguro que sairedes en algunha. Senón ídelle metendo unha ollada pois cada segundo fin de semana de Agosto é a cita...

O vídeo está feito en 1920 x 1080 para ser ver con toda calidade HD en calquer televisor panorámico e a música en HC, para que lle deades caña!!!.

Ah!!!...suscribídevos ao noso canle de YouTube, non tedes máis que pulsar onde pon "Suscribir", e non obriga a nada, e para ir sumando seguidores e que se posicione mellor o noso canle.


 
10º ANIVERSARIO DE WWW.PIRATASDEMUXIA.ES : "LEMBRANZAS : HOXE FAI 3 ANOS ERA O DERBI EN LUGO".
Mércoles, 03 Maio, 2017 Enviado por Pirata
Os nosos videos
10º ANIVERSARIO DA WEB
-Lembranzas-


                               Os amigos da "Peña Deportivista de Verdillo".

-Tal día coma hoxe fai 3 anos xogábamos o derbi en Lugo-
-Preto de 4.000 deportivistas desembarcaron en Lugo-

Preme niste enlace para ver o vídeo fotográfico musicado dese día :
https://www.youtube.com/watch?v=teeAwBH144k

Co gallo de que se cumplen 10 anos do nacemento da nosa web neste mes de Maio e ata final de ano, iremos lembrando fotos, vídeos e novas que pasaron nestes 10 anos dende o 28 de Maio do 2007. Para comezar aquí tedes o vídeo do "Desembarco Deportivista en Lugo", co gallo do encontro antre o Depor e o CD Lugo, que rematou con empate a dous, (2-2), e ao que asistiron preto de 4.000 deportivistas que na grande maioría quedaron ata o día seguinte e Lugo foi unha festa, de fútbol, de festa e de amizade...Como debe ser.


Se estiveses ese día seguro que saes en algunha foto!!!

Segue...


Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
VIDEO-SPOT PUBLICITARIO "X MERCADO DAS RUTAS DO MAR"
Xoves, 04 Agosto, 2016 Enviado por Pirata
Os nosos videos
VÍDEO-SPOT MERCADO DAS RUTAS DO MAR 2016


Copia este enlace na tua barra de direccións :
https://www.youtube.com/watch?v=EpOF_JIG8Kg&feature=youtu.be

-Vídeo-Spot Publicitario do Mercado das Rutas do Mar de Muxía 2016-

Aquí tedes o Spot Publicitario que fixemos dende www.piratasdemuxia.es para o Concello de Muxía, para promocionar o "Mercado das Rutas do Mar 2016". Xa no día de onte era presentado polo propio Concello de Muxía na persoa do alcalde Félix Porto e en pouco máis de 12 horas fora visto máis de 2.200 veces e no FaceBook compartido por preto de un cento de amigos. Chegáronnos moitísimas felicitacións por iste traballo do noso especialista nestas lide, Paulo Búa. Disfrutade do vídeo-spot e despois pasádevos por Muxía este 13 e 14 de Agosto de 2016 ou o segundo fin de semana de Agosto do ano que ven. Sevides voltaredes de seguro e seguro que tamén virdes disfrazados como a xente de antaño. Ollo como sempre apuntamos isto non é un Mercado Medieval, nen sequera un Mercado Medieval Mariñeiro. este é o : "MERCADO DAS RUTAS DO MAR"...Unha festa para disfrutar da música, do teatro, das variedades, etc...pero sobre todo para disfrutar da gastronomía e dos amigos.

Este vídeo está feito en alta calidade de imaxe FullHD con son Sourround, polo que está feito para que poidas disfrutar ao máximo con él nun TV panorámico, ou similares.


 
VÍDEO FOTOGRÁFICO MUSICADO DA CHEGADA DO INFANTE ALFONSO A MORAIME E A SUA CEA :
Martes, 19 Xullo, 2016 Enviado por Pirata
Os nosos videos

VÍDEO FOTOGRÁFICO MUSICADO

 

-Escenificación da chegada do Infante Alfonso a Moraime-

-Cea do Infante Alfonso-

O pasado día 16 de Xullo do 2016 celebrouse en Moraime, (Muxía), por segundo ano consecutivo a recreación da chegada do Infante Alfonso o Mosteiro de Moraime, acompañado do Conde de Traba, Don Pedro Froylaz e os seus soldados. Un feito acaecido no 1.110, arredando ao que sería o Rei Alfonso VII da sua nai Dona Urraca, que pretendía a sua morte para ela ser raiña de Galicia, Cantabria, Castela e León. Durante todo o día a carón da Igrexa de Moraime do Século XII, houbo xogos, a recreación da chega, un concerto de música eclesiáticas e para remate unha cea a base de tenreira grellada, filloas e unha ma´za como postre, acompañados os manxares de viño tinto. No campo da festa de Moraime tamén houbo postos de bebidas e viandas. Unha festa que comeza a despuntar e que non ten outro fin que realzar a importanza dun dos mosteiros máis poderosos de Galicia como foi Moraime, dono de cáseque tódalas terras que bañan a Costa da Morte dende Laxe ata Fisterra, así como terras en Betanzos, no que nunha parte da sua gran historia, criouse un Rei que logo sería benefactor do propio mosteiro.

Un vídeo fotográfico-musicado  editado para www.piratasdemuxia.es por Paulo Búa, o noso especialista neste eido. Editado en 1920 x 1080 píxeles para unha imaxe perfecta en especial en pantallas panorámicas e con son "surround"



 
VIDEO-HOMENXE A MANUEL PABLO "PIRATA DE HONRA 2014/15".
Xoves, 07 Xullo, 2016 Enviado por Pirata
Os nosos videos

VÍDEO HOMENAXE A MANUEL PABLO

-"Pirata de Honra 2014/15-

 

-Vídeo homenaxe a Manuel Pablo-

-Manolo foi premiado como "Pirata de Honra da tempada 2014/15-

Aquí tes o vídeo que lle presentamos a Manuel Pablo cando foi recoñecido por www.piratasdemuxia.es e a Peña Deportivista "Os Piratas de Muxía" como "Pirata de Honra do Deportivismo 2014/15". Un acto o do recoñecemento por todo o que fixo polo Deportivo e o deportivismo que tivo lugar no Salón do Voluntariado de Muxía o 30 de Xaneiro do 2016. Manolo recibeu unha metopa da cara dun pirata, obra da escultora Viki Rivadulla, e un pergamino que recollía o recoñecemento e homenaxe púbrica da web e da peña. Manolo ante o micro ademáis de amosarse moi contento e agradecido co premio, manifestou as nosas preguntas que a sua intención era : "seguir en canto puidera e que se sentía con forzas para seguir, pero ao final da tempada xa veremos o que sexa mellor para min e para o clube". O parecer agrora pasa a parte técnica do equipo, para as relacións entre a plantilla , o corpo técnico e  a xestión deportiva do club, dependendo desta última.

Valga unha vez máis iste vídeo como homenaxe a este "Gran Capitán" que tras 18 tempadas no depor colga as botas con 4 títulos, (Liga de 1ª, Supercopa, Copa e Supercopa), 2 subcampionatos da 1ª División, 1 liga de 2ª, e 13 participacións ca Selección nacional, amén das participacións europeas co Depor, cunha semifinal de Champions, e varias paricipacións europeas, amén de moitos outros logros e 3 golazos para a memoria e un penalti de Panelka en Copa. Como lle dixemos a él na Gala dos Piratas de Honra : "A intertoto non cha contamos porque non é un título, senón un premio para un torneo "opagando" para tratar de entrar na Copa da UEFA, sen habelo logrado por clasifiación".

Gracias por todo Manolo!!!

Suscríbete a nosa canle de YouTube. Con solo un "click" en "suscribirse", e sen ningunha obrigación por tua parte.

www.piratasdemuxia.es
...dámolo todo...



 
VÍDEO-MONTAXE FOTOGRÁFICA MUSICADA DA GRAN FINAL DA "LIII COPA DA COSTA"...
Xoves, 07 Xullo, 2016 Enviado por Pirata
Os nosos videos

VÍDEO FINAL LIII COPA DA COSTA

-Soneira-Xallas-

 

-Vídeo-montaxe de fotos da Gran Final da LIII Copa da Costa-

-Encontro - prórroga - penaltis - festa...e toda a afección-

Aquí tes un vídeo-fotográfico musicado cunha extensa escolma de fotografías da Gran Final da "LIII Copa da Costa" xogada o 25 de Xullo do 2016 no Campo A Pedra d´ouro, (Pino do Val-Mazaricos), antre os equipos do SD Soneira e o Xallas FC. Unha final na que tras un trepidante encontro o resultado sería de 0-0. pasándose a unha non menos, ou quizais máis trepidante prórroga que acabou tamén 0-0, e non por falla de ocasións en ambas partes do xogo. Na lotaría dos penaltis sería o Xallas FC o que se levaría ansiada Copa o materializar 3 lanzamentos de 3 tiros, por ningún dos vimianceses, que fixeran méritos dabondo na prórroga para levarse o trofeo.

Queremos que este vídeo sexa unha homenaxe ao fútbol da costa e as suas afeccións. Niste vídeo editado polo noso especialista na materia Paulo Búa, sae toda a cronoloxía da Gran Final, tanto en xogadas, coma nos penaltis e como non "toda" a afección que nun número de cáseque 800 acudiron ao campo mazariquense, para seguir de preto iste evento, dende sempre e para sempre seguido e admirado por todos...vaia por todos eles!!!.

Recomenadmos ver o vídeo en televisión, xa que está feito en HD cunhas panorámicas de 1920 x 1080 píxeles, o que fai que teña unha calidade extraordinaria. Pode verse en ordenador, mobil, tablet, ou no que se queira, pero a nosa recomendación para disfrutalo é velo en Tv e co volume alto...dura 12:02 minutos...disfrutádeo!!!

Suscríbete a nosa canle de YouTube. Con solo un "click" en "suscribirse", e sen ningunha obrigación por tua parte.

www.piratasdemuxia.es
...dámolo todo...



 
VÍDEO "IN MEMORIAM" DE ABDOULAYE FALL SECK E RESULTADO DA CONTA DA SUA REPATRIACIÓN.
Martes, 14 Xuño, 2016 Enviado por Pirata
Os nosos videos

"IN MEMORIAM"

 

-Preme na imaxe para ver o vídeo-

-Vídeo "In memoriam" de Abdoulaye Fall Seck"-

Homenaxe "In memoriam" de Abdoulaye Fall Seck, "Abdulai" , (2.000-2016  D.E.P.), de www.piratasdemuxia.es, que nos deixou un 24 de Abril do 2016 no descanso do encontro da Liga da Costa de Cadetes, Muxía CF-SD Fisterra, nos vestiarios ante a presenza dos seus compañeiros, que coma todos non nunha o esquecerán..."Sempre con nós!!!".

A nosa intención era poñer este vídeo moito antes, que foi o máis duro de facer de tódolos cantos levamos feito, pero estábamos a espera de que dende o Muxía CF nos pasasen como quedara o da recadación da "conta solidaria" que abreu o clube, para axudar a repatriciaón do neno a Dakkar, (Senegal), Unha pregunta que nos fixéchedes ducias e ducias de vos, e que agora vos podemos dar, pois a resposta por parte de todos, para axudar a paliar na medida do posible esta traxedia, foi "inmensa" e recadáronse 26.553 euros, dos que 7.244,20 foron para a funeraria para os gastos funerarios de depósito e desprazamento do cadaleito. Outros 3.000 euros foron entregados aos por adiantado e por transferenza aos pais para os gastos da viaxe, con 1.371, 54 máis dos acompañantes, polo que quedou un remanente de 14.937,26 euros que lle foron entregados a familia, no nome do pai do neno, Mamadou Fall, por medio de transferenza bancaria. Documentación que calquera pode ver, solicitándollo ao clube muxián.



 
LIGA FUTSAL CARBALLO : "ENTREGA DOS "PREMIOS PICHICHI" DA LIGA REGULAR".
Domingo, 10 Abril, 2016 Enviado por Pirata
Os nosos videos
LIGA FUTSAL DE CARBALLO
-Entrega premios tempada-

                         Adriana cos premiados.

-"Mar de menta" entrega os premios aos Pichichis da liga de Carballo-

Adriana,  xerente de "Mar de menta", fixo entrega o pasado venres dos premios aos "Pichichis" da Liga Regular de Futsal de Carballo, segundo nos informa o noso colaborador Juan Ferreiro. O premio consiste en dúas noites de hotel de balde, para dúas persoas dentro dun paquete vacacional que os propios premiados poderán escoller ó longo do ano.

Este ano repite premio Pedro Mourón, que xa é asiduo a este trofeo, por outro lado, debuta como Pichichi da Liga Regular de Carballo, Mario Rodríguez.

Marío Rodríguez Gómez de Cervecería Boa Estrela recibe o premio como Pichichi do Grupo Azul da Liga Regular con 21 goles en 9 partidos.

Pedro Mourón Vila de Explotacións Porcinas Porto do Souto recíbeo por ser o máximo realizador do Grupo Vermello, con 23 goles en 9 partidos.


Expresar dende aquí o noso agradecemento a Adriana de Mar de Menta Viaxes, pola súa colaboración coa nosa liga.



 
VÍDEO GOL DE FALTA NO MAZARICOS-PORTEÑO DA COPA :
Luns, 28 Marzo, 2016 Enviado por Pirata
Os nosos videos

VÍDEO GOL DE FALTA

-Preme na imaxe-


-Preme na imaxe para ver o vídeo do gol de falta Ferreiro-

 Gol de Ferreiro, (Mazaricos) o Porteño na "LIII Copa da Costa"

Aquí tes o gol que acadaba Ferreiro, (Mazaricos CF), na volta de Oitavos de Final da LIII Copa da Costa Senior, disputado o 24 de Marzal do 2016 no campo da Pedra d´ouro en Pino do Val, (Mazaricos). O vídeo deste fermoso gol de libre direto mándanolo o noso colaborador Jorge Villar e foi remasterizado i editado para www.piratasdemuxia.es polo noso especialista no tema Paulo Búa.



 
VÍDEO PRESENTACIÓN "PIRATA DE HONRA DA COSTA" DO XALLAS DE SANTA COMBA CF.
Xoves, 18 Febreiro, 2016 Enviado por Pirata
Os nosos videos

VÍDEO PIRATA DE HONRA DA COSTA

-Xallas de Santa Comba CF-

 

-Preme na imaxe para ver o vídeo-

-Xallas de Santa Comba CF "Pirata de Honra da Costa 2013/14"-

Aquí tedes o vídeo de presentación do "Pirata de Honra da Costa 2013-14" que entregamos na gala dos Piratas de Honra o 30 de Xaneiro do 2016, no Salón do Voluntariado de Muxía. O premio tal e como se dixera no seu día, sería para o equipo que se alzase ca 50ª Copa da Costa de Fútbol. O final foi o Xallas de Santa Comba CF o que se levou o trofeo e a honra de pasar a historia como o equipo que se levou o trofeo das Bodas de Ouro do máximo galardón do fútbol costeiro, ao derrotar na final a SCD Malpica, por 1-0 con gol de Doro. Nunha sala ateigada de público, recolleu o galardón de "Pirata de Honra da Costa" o presidente do clube José Manuel Pérez Gorgal. Sexa pois o noso recoñecemento por iste histórico mérito e dende ese día son "Piratas de Honra da Costa". No acto entregouselle para a lembranza unha obra de arte da escultora-pintora Viki Rivadulla, (unha metopa cunha cabeza de pirata, exclusiva e única), e un pergamino no que aparece recolleido o mérito do equipo xalleiro polo que foi premiado.

O vídeo foi producido e editado polo noso especialista no tema, Paulo Búa.



 
VÍDEO : POLÉMICA EXPULSIÓN NO CD BAIO-MUXIA CF DE XUVENÍS".
Xoves, 03 Decembro, 2015 Enviado por Pirata
Os nosos videos

SANCIÓN E POLÉMICA

 

-Preme na imaxe para ver o vídeo-

-Acta irreal-

O pasado Domingo 29 de Decembro xogábase no Platas Reinoso de Baio o encontro de Xuvenís da Costa, (1ª Autonómica Xuvenil G3), antre os equipos do CD Baio e o Muxía CF, un encontro no que unha forte discusión antre os entrenadores, tras unha forte entrada que lesionaba ao xogador dos muxiáns Marco, nunha xogada na que o xogador baiés Chrístian Pazos chegaba tarde o balón, motivo polo que era expulsado. O colexiado  Álvaro Gil Soriano tivo que mediar, e poñer paz antre os adestradores, sen sacar cartóns. Si tivo que expulsar pouco despois o adestrador dos muxiáns Juan Prado, polas suas contítnuas protestas. Parece que este incidente e algún que outro berro dende a grada e a banda, durante todo o encontro, e en especial ca expulsión de Chrístian no 61´, afectoulle ao colexiado, que no 85 tras unha xogada sin problemas, e na que o xogador do Muxía, Jose Gesto, "Josiño", non participaba, segundo nos comenta un dos compañeiros, decía : "Pasa pa aquí que estás fora de xogo". O colexiado a varios metros, xirábase hacia él e expulsabao, ante o estupor do xogador, que se dirixía a él protestando e decíndolle : "porqué me expulsas". Os compañeiros agárrano e profire insultos contra o colexiado . seudno recolle o colexiaod no acta : "El jugador se dirige a mí y ciuando está a menos de 2 metros, intenta propinar un puñetazo con el puño cerrado, sin llegar este a impactarme. Acto seguido varios jugadores del Muxía, se acercan hacia él y lo intentan separar casi sin conseguirlo, necesitando la ayuda de varios jugadores más. Mientras lo separaban el jugador nº 10, me gritaba : "Díxenche algo payaso", Chulo de merda", "Fillo de puta", mientras lo sacaban sus cmpñaeros del campo". Logo o colexido comenta que tralo final do encontro e no tunel de vestiarios, volve o xogador do Muxía CF a recrimilao, sendo separado polos seus compañeiros.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
SPOT PROMOCIONAL DE #ONOSODERBI :
Xoves, 19 Novembro, 2015 Enviado por Pirata
Os nosos videos

#O NOSO DERBI

-Preme na imaxe para ver o vídeo-

-Vídeo promocional do "Noso derbi"-

Vídeo presentado na Casa da Cultura de Compostela feito polo Depor e polo Vigo coa colaboración da Xunta da Galicia e titulado : "Imposible sen ti". No que un avó prepara a casa e a mesa a espera da familia, unha familia peculiar na que hai deportivistas e vigueses, que ven irmañadamente e baixo o auspicio do avó "#o noso derbi".



 
VIDEO: "FOTOS MUSICADAS E VÍDEOS DA ROMARÍA DA BARCA 2015" :
Mércoles, 30 Setembro, 2015 Enviado por Pirata
Os nosos videos

ROMARÍA DA BARCA 2015

 

-Preme na imaxe para ver o vídeo-

-Vídeo-Montaxe musicada-

Aquí tedes unha montaxe fotográfica de fotos e vídeos, da extraordinaria Romaría da Barca 2015, (11, 12, 13 e 14 Setembro), coa impresionante procesión con milleiros de devotos, coa inmensa traca do Domingo en vídeo, (a máis grande de Galicia e pode que de España), que tivo un final inexperado e como decimo "impresionante". Vídeos de con actuacións musicais, e para rematar cos fogos artificiais da noite do sábado. Un traballo fotográfico de Xosé Búa "Pirata"  e Roi Búa, e unha montaxe na edición, unha vez máis do noso especialista no tema, Paulo Búa.

Recomendamos ver en Tv xa que está en HD e HQ, ou en ordenador. En mobil, perde, polo tamaño, pero a calidade é "máxima".

-Adicatoria-

Este vídeo vai adicado a toda a nosa xentiña que está na diáspora, sexa no extranxeiro ou na mesma España e que tantas veces nos escribe para felicitarnos do traballo que facemos, que os fai sentirse preto da casa...Vai por vos!!!.

Xa sabe que te podes suscribir na nosa canle de YouTube, só cun "click" en "suscribirse" e sen nengún compromiso por tua parte.



 
NON TE PERDAS O NOSO SPOT PUBLICITARIO DA ROMARÍA DA BARCA 2015.
Luns, 07 Setembro, 2015 Enviado por Pirata
Os nosos videos
SPOT PUBLICITARIO DA ROMARÍA DA BARCA
-PREME NA IMAXE PARA VER O SPOT-

Aquí tes o Spot publicitario para a Romaría da Barca 2015, que como colaboración ca Romaría e ca Comisión de Festas facemos dende www.piratasdemuxia.es totalmente de balde, para axudar o desenrolo da "máis jrande" romaría de Galicia, declarada de interese turístico nacional no 1989, que este ano tivo que ser orgañizada en  pouco máis dun mes, e que apesares disto conta cun gran cartel de orquestras, charangas, bandas de gaitas e de música, ademáis do que xa move dende sempre a milleiros de romairos, como son os actos relixiosos, así como os fogos de artificio. Muxía invítache un ano máis a vir a Barca, aquí esperámoste, pero como sempre decimos, sede respetuosos, cun pobo que volo da todo, e que fai todo pensando en vos e no voso disfrute. O vídeo está editado polo noso especialista na materia, Paulo Búa.
-Recomendamos velo no ordenador ou na TV, pois está feito en HD-
-Preme arriba na imaxe para ver o vídeo-spot publicitario-


 
VIDEO-MONTAXE FOTOGRÁFICA MUSICADA DO "IX MERCADO DAS RUTAS DO MAR DE MUXÍA".
Xoves, 13 Agosto, 2015 Enviado por Pirata
Os nosos videos

IX MERCADO DAS RUTAS DO MAR

-Vídeo-

 

-Preme na imaxe para ver o vídeo-

Así foi o "IX Mercado das Rutas do Mar de Muxía"

Aquí tes un vídeo-montaxe de fotos musicadas do "IX Mercado das Rutas do Mar" que tivo lugar coma cada segundo fin de semana de Agosto en Muxía e ao que acudiron a disfrutar dos maxares do mar e da terra, da música, do teatro, nuha palabra...da festa!!!...milleiros de persoas, nos días 8 e 9 de Agosto do 2015. Se estiveches algún dos dous días, tes moitas probabilidades de sair en algunha foto, e se non estiveches, mírao e apúntate para o vindeiro ano...estás convidado!!!.

As fotos están a grande tamaño e en HD, polo que recomendamos que o vexades no ordenador, e mellor ainda na televisión. Recomendamos tamén darlle volume para adentrarse na emoción do mercado. No mobil, perde moito, pero tamén podes velo.

O vídeo está editado por Paulo Búa e as fotos son de Xosé Búa "Pirata". A música e de "Emotions".



 
VÍDEO SPOT DO "IX MERCADO DAS RUTAS DO MAR DE MUXÍA".
Martes, 04 Agosto, 2015 Enviado por Pirata
Os nosos videos

IX MERCADO DAS RUTAS DO MAR

                          

-Preme na imaxe para ver o vídeo-

Spot publicitario do "IX Mercado das Rutas do Mar"

Aquí tes o "spot" publicitario que realizamos para a difusión do "IX Mercado das Rutas do Mar" do 8 e 9 de Agosto do 2015 en Muxía, (A Coruña). Un traballo con fotos de Xosé Búa "Pirata" e editado por Paulo Búa. Non volo perdades. Se o vedes no ordenador ou na Televisión, e con bastante volume, estamos seguros que vos poñerá a "carne de galiña". Se che gusta e queres que anunciemos calquer evento, festa, inauguración, grupo de música, teatro, etc...cotacta connosco en info@piratasdemuxia.es, ou no 626 720 047 e farémosche un, e colaborarás no funcionamento de www.piratasdemuxia.es.



 
VÍDEO : "PROCESIÓN DO CARME DE MUXÍA 2015"...
Mércoles, 29 Xullo, 2015 Enviado por Pirata
Os nosos videos

VÍDEO PROCESIÓN DO CARME DE MUXÍA 2015


-Preme na imaxe para ver o vídeo-

Aquí tes unha reportaxe fotográfica musicada da "Procesión do carme de Muxía 2015", que tivo lugar o 26 de Xullo, dende o "Pirata II". Unha reportaxe con fotos de Xosé Búa "Pirata" , montaxe de Paulo Búa e música do grupo "heavy" galego, "Astarot". Se estiveches en algún dos barcos, o máis seguro e que saias en algunha foto. Se non esiveches, podes disfrutar da "posiblemente"  procesión marítima de máis longo percorrido, pois sae do porto de Muxía, diríxese a Punta da Barca, fora da ría, para honrar a Nosa Señora da Barca e a xente do mar desaparecida ou falecida no mar, para pasando pola Virxe do Monte, (Camariñas), ir a devolverlle a visita a Vila de Camariñas, e entrar ne novo en territorio muxián, facendo visita a veciña, Leis, Lago, Merexo, Praia dos Muiños, Vilaverde, para retonar a Muxía. Un percorrido en torno as 3 horas.



 
VIDEO : FINAL COPA DA COSTA VETERANOS 2014/15 : "CHAPAS O CHAPAPENALTIS".
Martes, 21 Xullo, 2015 Enviado por Pirata
Os nosos videos

FINAL COPA DA COSTA VETERANOS 2014/15

                   

                                        -Preme na imaxe para ver o vídeo-

     "CHAPAS O CHAPAPENALTIS"

Aquí tedes unha pequena mostra do que foi a Final da Copa da Costa de Veteranos 2014/15, xogada o 29 de Xuño antre a SD Coristanco e o SD Ponteceso, na que o coristanqués Marcos "Chapas" erixiuse como o "Home do encontro" ao parar dous penaltis. Un no minuto 85 cando o resultado era de 2-2, e o outro na posterior prórroga, cando o seu equipo gañaba por 3-2 e podía ser unha nova igualada que trocara o desenvolvemento da final. Unha final que acabou 4-2 a favor dos da Terra da Pataca, cmo decimos gracias as intervencións de Marcos "Chapas", o "Chapapenaltis"



 
VIDEO-MONTAXE FOTOGRÁFICA: "ENCONTRO SELECCIÓNS DA COSTA E 4ª GALA DO FÚTBOL DA COSTA", (Outes 2015).
Luns, 20 Xullo, 2015 Enviado por Pirata
Os nosos videos

ENCONTRO SELECCIÓNS DA COSTA

IV GALA DO FÚTBOL DA COSTA

-Preme na imaxe para ver o vídeo-

Vídeo-montaxe musicada do encontro e da Gala de Outes 2015

Aquí tes un video-montaxe musicada do que deu de sí o encontro antre a Selección da Costa Sur e a Selección da Costa Norte, no encontro xogado o 4 de Xullo de 2015, no marco dos catos da "IV Gala do Fútbol da Costa", que a Asociación de Clubes da Costa, desenrolou en Outes. O encontro no Campo do Conchido e a Gala no Salón de Actos da casa de Cultura de Outes. Unha gala na que tivemos o pracer e orgullo de presentar e na que se nos concedeu un recoñecemento por todo o que facemos polo fútbol da costa. A música do montaxe preparado por Paulo Búa, con fotos de Xosé Búa e Roi Búa, é de Astarot.

-Suscríbete cun só "click" na nosa canle de YouTube, non che compromete a nada e axúdasnos no posicionamento-



 
VÍDEO FOTOGRÁFICO MUSICADO DA FINAL DA "52ª COPA DA COSTA" :
Martes, 14 Xullo, 2015 Enviado por Pirata
Os nosos videos

VÍDEO FOTOGRÁFICO MUSICADO


-Preme na imaxe para ver o vídeo-

Gran Final "52ª Copa da Costa Senior"

Aquí tes unha montaxe fotográfico-musical, cunha morea de fotos da Gran Final da Copa da Costa xogada o 29 de Xuño do 2015, no Platas Reinoso de Baio, ante máis de 1.500 afecionados. Un encontro que enfrontaba ao Corme CF e ao Xallas de Santa Comba CF, e na que os xalleiros, levaban iste prestixioso trofeo costeiro, que chegaba a sua 52ª edición, tras gañar por 0-1 cun tanto de Marcos aos 80 minutos de xogo. No encontro houbo dous penaltis errados, (incluimos ao final, o vídeo no que o cormelán Suso paraba unha das penas máximas). Aquí tedes un traballo montado por Paulo Búa, con adaptacións de cancións galegas clásicas, interpretadas en versión "Heavy" por Astarot, para a lembranza de todos. Hai moitas fotos do público, polo que se foches de seguro que saes en algunha.

-Unha homenaxe máis de www.piratasdemuxia.es ao fútbol da costa-

-Suscríbete no noso canle de YouTube. Non che obriga a nada e axudarasnos no posicionamento-

...dámolo todo...



 

    12345   >

Theme creado por dev-postnuke.com