Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
CURRO PESCA
 
CAFÉ BAR OASIS

 
RESTAURANTE D´ALVARO

 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
Usuarios
Benvido Invitado

O rexistro é completamente gratuito e poderás acceder a todas as seccións da web
Podes rexistrarte aquí
Usuario:


Contrasinal:


Recórdame

Membros:  Admins
Non Conectado  Pirata  
Non Conectado  RubenGarcia  
Non Conectado  Pato  
Membros:  Membros:
Ultimo:  Novos Hoxe: 4
Ultimo:  Novos Onte: 12
Ultimo:  Total: 57870
Ultimo:  Ultimo:
luellaln16
Membros:  Conectados
Membros:  Membros: 0
Invitados:  Invitados: 13
Total:  Total: 13
Membros:  Membros Online
No hai membros conectados
 
CLASIFICACIÓNS
 
LIGAS FÚTBOL 8
 
FÚBOL SALA COSTA DA MORTE
 
FÚTBOL SALA FEMININO/MASCULINO
 
CLASIFICACIÓNS F. VETERANOS COSTA
 
Menú principal

 

Tema: N. Polideportivas

Los artículos publicados en este tema son los siguientes.

    12345   >

O FC CAMARIÑAS CAMPIÓN DA FASE FINAL DA COMARCAL DE FUTSAL INFANTIL SERÁ O NOSO REPRESENTANTE NAS INTERCOMARCAIS.
Sábado, 07 Abril, 2018 Enviado por Pirata
N. Polideportivas

FÚTSAL EN IDADE ESCOLAR

-"Costa da Morte"-


O FC Camariñas campión da comrcal infantil de futsal.

-O FC Camariñas campión do Comarcal de Futsal "Costa da Morte"-

-Derrotou ao Muxía CF-

Como xa vos apuntamos na previa a Fase Final de Fútbol Sala en Idade Escolar "Costa da Morte", na categoría Infantil xogábase no Pavillón de Deportes de Muxía, coas semifinais desta fase final, e posteriormente a Gran Final na que saberíamos o campión comarcal e o equipo que representaría a Costa da Morte nas intercomarcais. A primeira semifinal enfrontou ao Muxía CF e ao EF As Baleas, un encontro que acabou cun emocionante 7-6 aa prolo dos muxiáns, para a continuación se disputara o FC Camariñas-FSF Villa de Cee, no que os camariñáns gañaban por un contundente 10-0. Pedir disculpas xa que na previa puxemos por erro UC Cee no eido de FSF Villa de Cee que era o equipo que xogaba esta fase final. O equipo ceense foi o único que presentou un equipo mixto, con 6 nenas e 4 nenos. Tralas semifinais deuse paso a Gran Final, na que eran os camariñáns os que se levaban o "gato o auga" e derrotaban nun encontro moi igualado e emocionante, aos muxiáns por 3-1. Polo tanto o FC Camariñas será o noso representante nas Intercomarcais. Abre a nova para ver as fotos dos equipos participantes nesta fase final.

Segue con fotos dos equipos...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
MAÑÁN VENRES POLA TARDE FASE FINAL DO FUTSAL EN IDADE ESCOLAR "COSTA DA MORTE" INFANTIL.
Xoves, 05 Abril, 2018 Enviado por Pirata
N. Polideportivas

FÚTSAL EN IDADE ESCOLAR

-"Costa da Morte"-


O Pavillón muxián recibe a festa do futsal infantil.

-Mañán venres no Pavillón de Deportes de Muxía-

-Fase Final de Infantís de Futsal-

Mañán venres 6 de Abril terá lugar a Fase Final de Fútbol Sala en Idade Escolar "Costa da Morte", na categoría Infantil. Dende ás 18:00 horas o Pavillón de Deportes de Muxía, acollerá as semifinais desta fase final, na que sairán os dous equipos que se enfrontarán na Gran Final enfrontamento do cal sairá o equipo que representará a Costa da Morte nos intercomarcais. A primeira semifinal enfrontará ao Muxía CF e ao EF As Baleas, (18:00 horas), para a continuación xogarse a seguinte que enfrontará ao FC Camariñas e o UC Cee, (18:50 horas), para xa tras este encontro e un pequeno descanso xogarse a Gran Final, (20:00 horas).

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
O "II TROFEO INTERNACIONAL CORUÑA SOLIDARIA" FOISE PARA XAPÓN TRAS UNHA XORNADA EXITOSA E SOLIDARIA.
Martes, 03 Abril, 2018 Enviado por Pirata
N. Polideportivas

FÚTBOL SALA SOLIDARIO


O equipo nipón levouse o trofeo de campión do torneo.

-O "II Torneo Internacional Coruña Solidaria" viaxa a Xapón-

-Recaudouse fondos para ONG Camina Nepal-

Tal e como vos adiantamos días atrás, O Academia Red Blue 5 Coruña orgañizaba para este pasado Domingo o "II Torneo Internacional Coruña Solidaria/Fundación EMALCSA", ademáis dun "mastreclass" para as xogadoras da base, todo elo no Pavillón San Francisco Javier da Coruña. O equipo xaponés da F- League, Bork Kitakyushu alzouse co torneo tras derrotar por un resultado de 5-2 ao conxunto local da Academia Rede Blue 5 Coruña. O torneo de carácter benéfico, en beneficio da ONG Camiña Nepal, desenvolveuse ante numeroso público que non quixo perderse a cita. O "masterclass" para os xogadores da base do clube herculino foi a cargo do corpo técnico nipón con Xene Motonori Baba á cabeza, e arroupados os polos xogadores de ambos os conxuntos. Durante toda a xornada recaudouse fondos para a ONG Camina Nepal, os cales deron a coñecer a sua labor ademáis de por a venda produtos traidos de terras nepalís.

Segue ca información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
HABERÁ CONTINUIDADE NO "CAMPUS+DEPORTE" DO ACADEMIA RED BLUE 5 CORUÑA TRALO ÉXITO DESTA 1ª EDICIÓN.
Martes, 03 Abril, 2018 Enviado por Pirata
N. Polideportivas

FÚTBOL DA COSTA


O Campus tivo deportes e diversión para os nenos/as.

-Éxito do "I Campus+Deporte" do Academia Red Blue 5 Coruña-

-Haberá continuidade-

O grande éxito de asistencia e orgañización que tivo o "I Campus+Deporte do Academia Red Blue 5 Coruña, fixo que os orgañizadores xa nos confirmen que esta modalidade de campuus máis multideporte terá a sua continuidade para o vindeiro ano. O campus que orgañizou o Academia Red Blue 5 Coruña tivo a colaboración do Mera FS e da empresa SerOCio SL.

Segue ca información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
O ACADEMIA RED BLUE 5 CORUÑA ORGAÑIZA O "II TORNEO INTERNACIONAL CORUÑA SOLIDARIA".
Xoves, 29 Marzo, 2018 Enviado por Pirata
N. Polideportivas
II TORNEO INTENACIONAL CORUÑA SOLIDARIA

O Bork Kitakyushu milita na máxima categoría nipona.

-O vindeiro Domingo o "II Torneo Internacional Coruña Solidaria"-
-Organizado polo Academia Red Blue 5 Coruña-
-Colaborando coa ONG "Camina Nepal"-

O Academia Red Blue 5 Coruña pon en marcha o "II Torneo Internacional Coruña Solidaria", de futbol sala, que se celebrará o domingo 1 de Abril no Polideportivo Municipal San Francisco Javier da Coruña, e que este ano contará coa presenza do equipo profesional xaponés Bork Kitakyushu, equipo da liga nacional de Xapón, F- League. Chegan a Galicia da man de Motonori Baba "Xene", ex-técnico da Academia Rede Blue 5 Coruña, o seu primeiro equipo en Galicia. O adestrador xaponés é un apaixonado da nosa terra, e grazas á súa colaboración co Santiago Futsal da LNFS española, e co propio 5 Coruña Futbol Sala, tenta visitar a nosa terra polo menos unha ou dúas veces ao ano. Nesta ocasión vén nunha xira preparatoria coa que decidiu viaxar con parte do equipo e do seu staff técnico para preparar a próxima tempada na que competirán na máxima competición de futbol sala no seu país. O tonreo ademáis do encontro internacional antre o equiipo coruñés e o nipón que será ás 18:30 horas, hora e media nates terá un "masterclass". Abre a información o completo para ver todo.


Segue coa crónica...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
O LICEO PIDE O APOIO DA AFECCIOÓN HOXE NO PAZO DOS DEPORTES NA LIGA EUROPA.
Sábado, 24 Marzo, 2018 Enviado por Pirata
N. Polideportivas
LIGA EUROPA
-Hoquei a patíns-

O Liceo pide o apoio da afección esta tarde, (Foto : Twitter HC Liceo).

-O Liceo pide o apoio na Ida de Cuartos da Liga Europa-
-Hoxe no Pazo dos Deportes-

Na tarde de hoxe, (19:00 horas), o Pazo dos Deportes de Riazor ten unha nova cita importante co HC Liceo como actor principal. O clube máis laureado de Galicia recibe na ida dos Cuartos de Final e na procura de poñerse na Final Four ao vixente campión o Reus Deportivo. O deportivismo-liceismo non fallará a esta cita, na que os coruñeses tentarán non só levarse a vitoria, senón que tentarán sumar un bo resultado de cara o encontro de volta en terras do nordés de España. No descanso do encontro rifarase un stick asinado por tódolos compoñentes do clube liceista que animan aos afeccionados a encher o Pazo dos Deportes para insuflarlles ánimos. Despois pàra os que lles desexe seguir ca festa, no Coliseum, concerto de Fito & Fitipaldis, (22:00 h).

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
ESCOLMA DE NOVAS BREVES DO FÚTBOL SALA MASCULINO E FEMININO.
Venres, 23 Marzo, 2018 Enviado por Pirata
N. Polideportivas
FÚTBOL SALA

O Fisober visita ao Majadahonda co que empatou na  1ª volta.

-Escolma de breves do futsal feminino e masculino-
-Campus 5 Coruña, Selección Infantil da Costa, Fisober, Villa de Cee-

Aquí tes unha escolma de novas do Fútbol Sala Feminino e masculino, cos derradeiros días para inscribirse no "Campus Multidporte do Academia Red Blue 5 Coruña", a convocatoria da Selección Feminina Infantil da Costa, que adestrará hoxe en Dumbría, unha vez máis. Ca previa dos equipos do Fisober FSF, con encontro moi importante de ara a salvación do primeiro equipo, cun choque ante un rival direto, e dobre enfrontaento do filial, e co trascendental encontro que terá este Domingo o FS Villa de Cee masculino, de cara a permanenza...Abre a nova o completo para ver todo.

Segue con toda a información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
O ACADEMIA RED BLUE 5 CORUÑA FAI BALANZO DO ANO NO APARTADO SOCIAL E PON EN MARCHA O "CAMPUS + DEPORTE".
Mércoles, 14 Marzo, 2018 Enviado por Pirata
N. Polideportivas
FÚTBOL SALA

O Academia Red Blue 5 Coruña unha institución nos campus deportivos.

-O Academia Red Blue 5 Coruña pon en marcha o "Campus + Deporte"-
-Balanzo positivo na primeira parte do 2018-

O Academia Red Blue 5 Coruña pon en marcha para esta Semana Santa os días 26, 27 e 28 de Marzal, o "Campus + Deporte", un novo concepto de campus na Coruña, con "multideporte", co obxetivo do divertimento e a formación dos nenos e nenas de antre 3 e 14 anos. O deporte uniranse excursións así como diversas actividades lúdico-deportivas. Ademái o clube coruñés fixo o balanzo do que vai de 2018  no proxecto social que está a levar a cabo co respaldo da Fundación Emalcsa. Aquí nos explican todo o que leva feito o clube nun estudo polo miúdo do levado a cabo. Abrindo a nova completa tes toda esta información así a de todo sobre o "Campus + Deporte".


Segue con toda a información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
OK LIGA, (22ª Xda) : HC LICEO 2-2 FC BARCELONA : "ATRACO A MAN ARMADA AO HC LICEO NO PAVILLÓN DE RIAZOR".
Mércoles, 14 Marzo, 2018 Enviado por Pirata
N. Polideportivas
OK LIGA 2017/18

 A afección respostou e o Liceo non lle deixaron.

HC Liceo 2-2 FC Barcelona
-Atraco en Riazor anúlanlle un gol legal o liceo a 1,47 segundos do final-

Xa se vía vir cando tras unha falta a un liceista na primeira metade, eran dous xogadores do Liceo os que eran expulsados con cartón azul, cos 2 minutos fora de pista regulamentarios, (na segunda metade os liceistas tamén viron 2 cartóns azuis, por un dos cataláns). Aproveitou este feito o Barcelona para poñer o 0-1 e por sorte os liceistas respostaron co gol do empate. O encontro discurría con total igualdade e con moita tensión. Na segunda metade o equipo catalán voltaba a poñerse por diante e de novo o Liceo apoiado por un Pavillón de Riazor totalmente abarrotado, conseguía igualar, pero os favores ao clube catalán tiñan que aparecer e apareceron coma de costume. o xogador do equipo galego Sergio Miras disparaba dende medio campo e a bola introducíase na meta catalana a falla de 1,47 segundos para o pitido final, pero ante a incredulidade de tódos o árbitro catalán, Sergi Mayor, anulaba o gol, sen que nadie se explicase o porqué. Pero sí que sabemos todos o porque...ese gol dáballe o liderato ao HC Liceo e dependería dél mesmo para proclamarse campión de liga, pero o empate deixaba aos liceistas a 2 puntos dos do nordés de España, e así quedou o encontro ante a frustración,cabreo, impotencia...dos xogadores, técnisco, diretivos e milleiros de afeccionados do HC Liceo, ante semellante atraco. Agora ao clube coruñés só lle queda seguir competindo e gañando e que se hai Deus o Barcelona se lle pague ca moneda que usa.


HC Liceo: Xavi Malián, César Carballeira, Eduard Lamas, Josep Lamas e Dava Torres.
Tamén xogaron: Sergi Miras, Carlo Di Benedetto, Marc Coy e Martín Payero.

Goles: 0-1, Xavi Barroso, (11´); 1-1, Sergio Miras, (12´); 1-2,Josep Lamas, (22´en propia porta); 2-2, Carlo Di Benedetto, (30´).

Árbitros: Sergio Mayor e Melero. Amosaron cartón azul aos liceistas :  Dava (10´), Eduard Lamas (11´), Miras (50´) e Malián (50´) e o visitante, Matías Pascual (11´).


Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
HOXE TODOS A RIAZOR A ANIMAR O HC LICEO CO LIDERATO EN XOGO ANTE O BARCELONA.
Martes, 13 Marzo, 2018 Enviado por Pirata
N. Polideportivas
OK LIGA 2017/18



HC Liceo Vs FC Barcelona
-O liderato en xogo esta noite en Riazor-

 22ª Xornada da OK Liga 2017/18 na que chega ao Pavillón de Deportes de Riazor o FC Barcelona con 56 puntos polos 54 do HC Liceo. Xogadores e peñas deportivistas fan un chamamento a tódolos afeccionados para encher esta noite Riazor para insuflar ánimos aos xogadores liceistas no encontro que comezará a partires das 21:00 horas e ao que os socios deportivistas poderán acceder co carnet do Depor. De seguro que o deportivismo, liceismo tamén de corazón de seguro que non vai a fallar, como non o fixo en tantas outras veces, porque o HC Liceo ademáis de ser o club máis laureado de Galicia e un dos máis laureados de España, con tódolos títulos que se poden conseguir, tanto a nivel nacional como mundial, é un dos "nosos", e formamos parte dél do seu escudo e das suas cores. Para os que non vos poidades acercar a Riazor o encontro será televisado pola TVG2.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
EMF VIMIANZO E MANUELA RIAL, CAMPIÓNS DAS LIGAS COMARCAIS DE FUTSAL "COSTA DA MORTE".
Domingo, 04 Marzo, 2018 Enviado por Pirata
N. Polideportivas
LIGAS COMARCAIS DE FUTSAL "COSTA DA MORTE"
-Fase Final-

EMF Vimianzo campión en Benxamíns.

-EMF Vimianzo e Manuela Rial campións das Ligas Comarcais de Futsal "Costa da Morte"-
-Xogouse en Fisterra a Fase Final-


Tal e como vos apuntamos na previa, xogábase en Fisterra esta sábado a Fase Final das Ligas Comarcais de Fútbol Sala en Idade Escolar "Costa da Morte", de Benxamíns e Alevíns, unhas finais nas que en Bexamín xogaban en seMifinais o EMF Vimianzo, Manuela Rial, Concello de Fisterra e EF Corcubión. O remate dos benxamíns xogaban os Alevíns co Manuela Rial, EF As Baleas, Concello de Fisterra, EMF Vimianzo. Tras as semifinais dábase paso as finais, peimrio a Gran Final dos Benxamíns e de seguido a dos Alevíns. O ambiente foi tremendo como sempre acontece neste evnto deportivo que enche de futsal a Costa da morte dende fai máis de dous decenios. O final os que sairon campións e que representarán a Costa nas Intercomercais foron o EMF Vimianzo en Benxamíns e o Manuela Rial de Cee en Alevíns. Abre a nova completa, para ver toda a información desta Fase Final.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
ESTE SÁBADO EN FISTERRA A FASE FINAL DAS LIGAS DE FUTSAL EN IDADE ESCOLAR "COSTA DA MORTE" :
Xoves, 01 Marzo, 2018 Enviado por Pirata
N. Polideportivas
LIGAS COMARCAIS DE FUTSAL "COSTA DA MORTE"
-Fase Final-

O Manuela Rial, (amarelo), ten dous equipos na fase final
Nesta foto co Camariñas, (azul).

-Decididas as semifinais das Ligas Comarcais de Futsal "Costa da Morte"-
-Este sábado en Fisterra a Fase Final-


Unha vez disputados tódolos encontros que faltaban para o remate das Ligas Comarcais de Fútbol Sala en Idade Escolar "Costa da Morte", de Benxamíns e Alevíns, darase paso este vindeiro sábado 3 de Marzal a Fase Final, para saber quen serán os campións, que serán os nosos representantes na Intercomarcal. Esta derradeira fase xogarase no Pavillón Polideportivo de Fisterra dende ás 15:30 que dará comezo o primeiro encontro de semifinais que enfrontará por unha banda ao EMF Vimianzo e pola outra o Manuela Rial. De seguido xogarán na outra semifinal o Concello de Fisterra e o EF Corcubión. O remate deste choque comezarán os Alevíns co Manuela Rial-EF As Baleas e de seguido o Concello de Fisterra-EMF Vimianzo. ás 19:00 horas será a Gran Final dos Benxamíns e ás 20:00 horas a dos Alevíns. Este evento deportivo é un dos grandes atractivos do inverno na Costa da Morte, que goza dun enorme seguimento. Abre a nova o completo para ver o calendario desta Fase Final.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
A CORUÑA SEDE DO CAMPIONATO DE EUROPA DE NACIÓNS DE HOQUEI A PATÍNS".
Martes, 27 Febreiro, 2018 Enviado por Pirata
N. Polideportivas
HOQUEI A PATÍNS

Tódolos encontros serán no Pavillón de Riazor.

-A Coruña sede do Campionato de Europa de Nacións de Hoquei a Patíns-

Na mañan de hoxe o CERS- Rink Hockey, (Comité Europea de Hoquei a Patíns), informou que A Coruña será a cidade anfitrioa do Campionato Europeo masculino sénior de Hoquei a patíns, que se celebrará no mes de Xullo, do 15 ou 16 ao 21 ou 22 . As datas exactas dependen do número de participantes equipos nacionais. Todos os partidos do Europeo xogaranse no Palacio de Deportes de Riazor, cunha capacidade para 4.425 persoas. O calendario oficial do evento entregarase despois do peche do período de inscrición. Segundo o Comité Técnico de World Skate Rink Hockey, só a federación nacional que participa no Campionato Europeo 2018 poderá participar nos World Roller Games que se celebrarán en Barcelona en 2019, segundo informa a propia CERS-Rink.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
CURSO DE MONITOR DE FÚTBOL SALA EN DUMBRÍA A PARTIRES DO 27 DE XANEIRO.
Martes, 16 Xaneiro, 2018 Enviado por Pirata
N. Polideportivas
CURSO DE MONITOR DE FÚTBOL SALA
-Dumbría-

O Futsal na Costa está a un gran nivel.

-Curso de Monitor de Fútbol Sala en Dumbría-
-Será do 27 de Xaneiro o 12 de Marzal-

Esta actividade desenvolverase todos os luns e sábados do 27 de xaneiro ao 12 de marzal. As clases, que terán lugar nas instalacións do Campo do Conco, impartiranse de 20:30 a 22:30 horas os luns e de 09:00 a 14:00 horas os sábados. Segundo nos informan dende a RFGF o Curso de Monitor de Fútbol Sala ten unha carga lectiva de 65 horas. O custo do curso é de 150 euros. Ofértanse 35 prazas, que serán cubertas por orde de inscrición. Tamén lembran dende o ente galego que todas aquelas persoas que estean en posesión dun título de Monitor de Fútbol Sala expedido por calquera entidade diferente á Escola Galega de Adestradores da RFGF deben realizar unha actualización de 30 horas lectivas para poder validar a súa titulación. Este curso de actualización será gratuíto.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.




 
4 RAPACES DA COSTA CONVOCADOS PARA UNHA PRE-SELECCIÓN DA SELECCIÓN GALEGA BENXAMÍN MIXTO DE FÚTSAL.
Luns, 15 Xaneiro, 2018 Enviado por Pirata
N. Polideportivas
SELECCIÓN GALEGA BENXAMÍN MIXTO FS
-Pre-selección-  
 
Os rapaces da Costa tamén están pendentes de debutar como selección.

-4 rapaces da Costa convocados pola Selección Galega Benxamín de Futsal-
-Participarán nun adestramento en Zas o Domingo 21-

Segundo nos informan dende a RFGF, o seleccionador Miguel López, que leva a Selección Galega Benxamíns Mixto de fútbol sala, ven de facer a convocatoria de 16 rapaces para un adestramento do Polideportivo de Zas, o vindeiro Domingo 21 de Xaneiro, antre ás 17:00 e ás 18:30 horas, (hora de presentación 16:40). Antre os convocados para esta pre-selección hai 4 rapaces da Costa, Pablo Costa, (Fisober), Iago Insua, e Manuel Estévez, (Concello de Fisterra), e  Javier Blanco, (EDM Malpica). Abrindo a nova completa tes a convocatoria ao completo.

Segue ca convocatoria...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
GRAN ÉXITO DO "I DESAFÍO DE PORTEIROS-AS CIDADE DE NARÓN 2018".
Martes, 09 Xaneiro, 2018 Enviado por Pirata
N. Polideportivas
"I DESAFÍO DE PORTEIROS/AS"
-Cidade de Narón-

A participación foi masiva de porteiros/as.

-Gran éxito do "I Desafío de Porter@s Cidade de Narón 2018"-
-40 porteiros/as disfrutaron e aprendieron desta novedosa xornada deportiva

Tras muchas semanas de organización, porque durante toda la jornada del domingo tenía lugar el "I Desafío de Porteros Cidade de Narón 2018", en el Pabellón de A Gándara, organizado por el Comarcal A Fervenza y su Escuela de Porter@s.

Abre a nova o completo para ver todo o que deu de sí esta xornada da man do noso colaborador Adán Puente, xefe de prensa do Comarcal a Fervenza FSF.

Segue coa información da xornada...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
SUSPENDIDO O CAMPIONATO GALEGO COMARCAL BENXAMÍN E CADETE DE MARÍN POR HUMIDADES NAS PISTAS.
Mércoles, 03 Xaneiro, 2018 Enviado por Pirata
N. Polideportivas
CAMPIONATO GALEGO BENXAMÍN E CADETE

A Selección Benxamín da Costa deberá esperar ao seu debút.

-Suspendido o Campionato Galego Benxamín e Cadete Futsal-

 Segundo nos informan dende a Subdelegación da Costa da Morte da RFGF e da propia Federación, queda suspendido o Campionato Galego Comarcal de Fútbol Sala das categoriáis de Cadete Feminino e Benxamín Mixto, que se ía a celebrar mañán en Marín, (Pontevedra), por mor da condensación de humidade nos pavillóns que se ía a celebrar o evento deportivo, que como vos informamos polo miúdo estes días, ía a ser u debút histórico da Selección da Costa da Morte Benxamín. Segundo nos comunican do ente galego : "Supervisadas no día de hoxe as instalacións deportivas do Concello de Marín nas que a RFGF prevía celebrar o Campionato Galego de Seleccións Comarcais Cadete Feminino e Benjamín Mixto, e debido ás condicións climatolóxicas adversas e á condensación acumulada na superficie de xogo, determínase que as instalacións non ofrecen, nesta excepcional situación, as condicións de seguridade mínimas para o desenvolvemento do Campionato. Durante a tarde hoxe, o Director Deportivo da RFGF Manu Fernández, o Concelleiro de Deportes Antonio Traba, xunto cos responsables do fútbol sala e o estamento arbitral da RFGF, así como os clubs colaboradores neste evento deportivo (ED Marín, Ancora D´ ouro, CD La Peña e Ou Fisgón Futsal), observaron in situ a situación das instalacións deportivas chegando á conclusión de proceder á suspensión do evento co obxectivo de velar pola seguridade dos xogadores/as participantes. A Real Federación Galega de Fútbol e a área de Deportes do Concello de Marín determinarán en breve unha nova data para celebrar o devandito Campionato".

Segue ca información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CONVOCATORIA SELECCIÓN DA COSTA SUB 12 PARA O CAMPIONATO GALEGO E PRESELECCIÓN DA COSTA ALEVÍN.
Martes, 02 Xaneiro, 2018 Enviado por Pirata
N. Polideportivas
CAMPIONATO GALEGO BENXAMÍN FS

 A Selección da Costa b Benxamín FS debuta pasado mañán ante a Coruña.

-A Selección da Costa Benxamín de Futsal debuta o 4 en Marín-

-Convocatoria Pre-selección da Costa Alevin-


Como xa vos viñemos informando, este xoves 4 de Xaneiro, disputarase en Marín o Campionato Galego de Selección Territoriais nas categorías benxamín mixto e cadete femenino. A Selección da Costa participara por 1ª vez neste campionato enfrontándose a Selección da Coruña ás 10:40 horas. A delegación da costa non ten selección cadete feminina pero si representación, xa que as xogadoras do Fisober : Andrea Mazas e Nuria Pose participaran ca Selección da Coruña. A Selección Alevín da Costa tamén empeza a sua preparación do Campeonato Galego que se disputara a mediados do mes de febreiro, polo que a seleccionadora Maria Bardanca convocou para este mercores o 1º adestramento no que irá vendo os diferentes nenos e nenas que configuraran a Selección da Costa. A preparación da Selección Galega Sub 21 para o Campionato de España que se disputara a finais de xaneiro non para, e disputara un amigable o vindeiro mércores en Poio, na porteira do Fisober está, Lia Agra, que sigue contando para a seleccionadora galega Pili Costa. Outra selección galega que comeza a preparación para o Campionato de España é a Sub 17, nesta selección tamén tera representación o Fisober, con Paula Fandiño e Carla Couso.

Segue ca información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
A SELECCIÓN DA COSTA DE FUTSAL SUB 12 DEBUTA O VINDEIRO 4 DE XANEIRO EN MARÍN NO CAMPIONATO GALEGO.
Venres, 29 Decembro, 2017 Enviado por Pirata
N. Polideportivas
CAMPIONATO GALEGO SUB12 FS
 A Selección da Costa Sub 12 FS no seu derradeiro adestramento.

-A Selección da Costa Sub 12 de Futsal debuta o 4 en Marín-

-Será no Campinato Galego Sub 12 de Fútbol Sala-

Xa o viñemos contando cos adestramentos da Selección da Costa Sub 12 e cunha entrevista a un dos adestradores, Dani Costa, que fará tamdem con Ana Mouzo e Luis Sambad. A Selección da Costa da Morte Sub 12 de Fútbol Sala, debutará o vindeiro 4 de Xaneiro de 2018 no Campionato de Seleccións Galegas Comarcais Sub 12 que se disputará en Marín, (Pontevedra). Os pavillóns polideportivos de Sequelo e San Narciso, da localidade pontevedresa, serán os escenarios nos que máis de 200 xogadore/as, (de sete seleccións cadetes e oito benxaminas, nas categorias feminina, masculina e mixta) disputarán os campionatos, nunha apaixonante xornada de fútbol sala de base, que se prolongará desde as 09:00 horas ata as 22:00. Segundo nos comentan dende a RFGF : "Coa organización deste torneo comarcal, preténdese ofrecer un gran día de deporte e convivencia para os nosos xogadores/as máis xóvenes. A RFGF quere reforzar a súa aposta polo fútbol sala tras a súa plena integración na estrutura federativa, e dar un novo pulo ás seleccións de base". Este será un debút histórico de seleccións na costa, xunto cos debuts das seleccións de futbol benxamín e cadete, auspiciadas pola Subdelegación da RFGF de Baio, que dirixe Manolo Corredoira. O Coordinador do futsal na Costa é o muxián, Fran "Pioto".

Segue ca información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.




 
TRIPLE EMPATE NAS LIGAS DE BENXAMÍNS E ALEVÍN DE FUTSAL COMARCAL EN IDADE ESCOLAR, "COSTA DA MORTE".
Martes, 19 Decembro, 2017 Enviado por Pirata
N. Polideportivas

LIGAS COMARCAIS DE FUTSAL BASE


O EMF Vimianzo Alevín é un dos que loitan pola liga.

-Triple empate na cabeza tanto en benxamíns coma en alevíns-

-Emoción a raudais a un encontro de chegar o ecuador da liga -

Emoción a raudais nas Ligas Comarcais de Fútbol Sala en Idade Escolar "Costa da Morte", pois a un encontro de chegar ao ecuador de ambas ligas, os 3 primeiros clasificados dos benxamíns suman 13 puntos, por este órde e sendo primeiro por golaveraxe o EMF Vimianzo, seguido do EFB Corcubión e terceiro o Concello de Fisterra, tendo os vimianceses un encontro máis disputado cos outros dous, pero ca frioleira de 52 goles marcados dos 187 que se levan no que vai de liga, (8,9/encontro). Ben e certo que hai quipos coma o EDM Muxía que só disputou 4 encontros dos 6 xogados e ainda non sabe o que é puntuar. No que se refire aos alevíns, pasa tres cuartos do mesmo. Empatan na cabeza da táboa por este órde : EF As Baleas, Manuela Rial e EMF Vimianzo, tendo os ceenses un encontro menos ca os outros dous. Nesta liga o máximo goleador é o EF As Baleas, que suma 33 dos 165 que se levan marcado, (7,86/encontro).

Segue...


Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 

    12345   >

Theme creado por dev-postnuke.com