http://www.piratasdemuxia.es
Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
CLINICA CARBALLO

 
 
 
 
CONTIDOS

 
CLASIFICACIÓNS
 
LIGAS F-8 BASE
 
CLASIFICACIÓNS F. VETERANOS COSTA
 
CLASIFICACIÓNS F.SALA
 
Usuarios
Benvido Invitado

O rexistro é completamente gratuito e poderás acceder a todas as seccións da web
Podes rexistrarte aquí
Usuario:


Contrasinal:


Recórdame

Membros:  Admins
Non Conectado  Pirata  
Non Conectado  RubenGarcia  
Non Conectado  Pato  
Membros:  Membros:
Ultimo:  Novos Hoxe: 38
Ultimo:  Novos Onte: 47
Ultimo:  Total: 27049
Ultimo:  Ultimo:
Jealkicivicl...
Membros:  Conectados
Membros:  Membros: 8
Invitados:  Invitados: 16
Total:  Total: 24
Membros:  Membros Online
Conectado  Taulminia  
Conectado  enlaxstetle  
Conectado  Karmuska  
Conectado  RakSheeveoaivxl  
Conectado  AFreeleciz  
Conectado  RakSheevencl  
Conectado  RakSheeveusp  
Conectado  Jealkicivicl...  
 
Menú principal

 


VICTORIA DO VIAXES AMARELLE NO ÚLTIMO ENCONTRO DE LIGA.
Martes, 21 Maio, 2013 Enviado por Pirata
N. Polideportivas
Roldán FSF 4-7 Viaxes Amarelle FSF

O Viaxes Amarelle despidío a sua singladura en Primera División con victoria ante un Roldán que se relajxou en exceso na segunda parte, ante unha escuadra herculina que consumío a sua quinta victoria do ano. O conxunto de Chipi a pesar de estar xa descendido e de encontrarse có marcador en contra e  unha xogadora expulsada non se ven en ningún momento abaixo e pasou de ir perdendo o partido 2-0 ao descanso ata poñerse 2-6 e acabou o partido con unha victoria e tres puntos con un marcador favorable de 4-7.

A crónica do encontro si premes en "ler a nova completa".


 
SORTEADOS OS CRUCES DA FASE DE ASCENSO DE INFANTÍS, CADETES E XUVENÍS:
Luns, 20 Maio, 2013 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
FASES DE ASCENSO INFANTÍS, CADETES E XUVENÍS


2-9 Xuño semifinais 16-23 Xuño finais

Na  fase de ascenso os infantís do Xallas de Santa Comba veranse as caras co Villestro, comezando fora,  na busca dunha praza na vindeira Liga galega Infantil.De pasar a eliminatoria enfrontarase ao campión do As Pontes-Ciudad Jardín.

A SCDR Esteirana brilante campión invicto da 1ª Autonómica Cadete G3, terá como rival ou o Ural B, ou o Santa María del mar, de pasar o corte o seu rival sairá do Becerreá-CD Boiro.Namentras que o UC Cee, subcampión dea liga, terá que versae as caras  do Atlético Arteixo, e de pasar o seu rival sairá do San Cristobal-Unión.

En xuvenís a SD Cabana, visitará a Sp Estrada e o Xallas de Santa Comba CF, recibe ao Xuventude Oroso.Se pasan o corte terán que enfrontarse antre eles o xalleiros e cabaneses, por unha praza na Liga Galega.

Fase de Ascenso a 2ª B

Fabril-Cornellá; Racing de Ferrol-Laudio; Celta B- CD Cortés; SD Compostela-CB Ebro.



 
O LUSO QUE FOI "ILUSO" PIDE PERDÓN A AFICIÓN.
Luns, 20 Maio, 2013 Enviado por Pirata
Depor News
ROLDA DE PRENSA
-Nelson Oliveira-

Foto: Actualidades.es

O Luso, que foi "iluso" disculpase ante a afición

O  luso Nelson Oliveira tras marcar ante o Español, fixo o xesto dun "iluso".Alega que é un "acumulativo" de toda a tempada e a pesares de pedir disculpas, ainda lle saca "puntas" ao lápiz.Agora que comezaba a ser o xogador que se esperaba e que leva participado e contribuido, deixa un "manchón" a falla de un par de encontros para que todo acabe por tista tempada.Saleu en rolda de prensa pedindo disculpas a afición.

"Nada justifica lo que hice, pero fue un efecto de toda la temporada. En mi opinión, me pitaron muchas veces sin razón porque salía a jugar diez minutos y no podía hacer más, pero quiero pedir perdón a los aficionados y nada más", dixo Nelsón.

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para ver toda a ROLDA DE PRENSA.


 
OITAVOS DE FINAL DA COPA DA COSTA: "MOITA IGUALDADE NA MAIORÍA DOS CHOQUES".
Luns, 20 Maio, 2013 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
" 50ª COPA DA COSTA"
-Oitavos-Ida-



Moita igualdade na maioría dos encontro

Tan só o SD Soneira que gañaba por 1-3 na Grixa ao Porteño e a SD Sofán que vencía por 0-2 en Carnota e adicáballe a virtoria ao tristemente falecido José, membro do clube.Como decimos só istes dous teñen medianamente endereitada a eliminatoria.A SD Laxe plantoulle cara ao Camariñas CF, (2-2), e a piques estiveron de levarse a vitoria.O CF Dumbría levouse o choque ante un bo Corme CF con un solitario gol de Aarón López pasada a hora de xogo.Fixo o mesmo o Xallas de Santa Comba CF coa SD Fisterra a que derrotou pola mínima.No resto de choques todo empataes.A UD Cerqueda pantoulle cara a SD Ponteceso, (1-1), o mesmo que o Sp Zas ao SCD Malpica, (0-0), e o sábado o Lira CF a un CD Baio, (0-0), plagado de xuvenís, co equipo en plena Fase de asenso a 1ª Autonómica.

Tralos choques xa vos colgamos os resultados no "Cadro" que podes consultar no lateral dereito da web, así coma as crónicas dos encontros do venres nada máis acabar.


 
PROMOCIÓN DE ASCENSO A LIGA DA COSTA: "INTERCAMBIO DE "GOLPES" ANTRE O LAXE E O CAMELLE".
Luns, 20 Maio, 2013 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
PROMOCIÓN DE ASCENSO A LIGA DA COSTA
(Ida)



SD Laxe 3-3 SD Camelle

Chegaban da festa do Espirito Santo os camelláns a enfrontarse a unha SD Laxe que lles tiña tomada a medida.Foi mellor o equipo camellán e sempre se puxo por diante e empataban os locais.Cando un equipo lle ten tomada a medida a outro pasan cousas como a que se veu no Cabo d´area, onde empataba para poñer o 3-3 final felipe xa no tempo de desconto.Queda todo aberto para a volta no Rodeiro a vindeira semana.
Goles: 0-1 Barreiro, (20´); 1-1 Samuel, (35´); 1-2 Barrigas, (40´); 2-2 Martín Carrabete, (50´); 2-3 Manuel, (80´); 3-3 Felipe, (91´).

Na outra eliminatoria, xogada o sábado, a UD Cerqueda tomou ventaxe ante o Soneira B nun encontro no que igualmente está todo no aire debida a igualdade antre tódolos equipos.



 
FASE DE ASCENSO A 1ª AUTONÓMICA: "O CD BAIO CAE INXUSTTAMENTE NO PRIMEIRO ROUND".
Luns, 20 Maio, 2013 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
Fase de Ascenso a 1ª Autonómica
1ª Xornada

  SD Agolada 2-1 CD Baio

Sensación amarga para u CD Baio que mereceu a vitoria pero que un par de erros puntuais na primeira metade e a falla de puntería nas múltiples ocasións que tiveron, fixo que voltasen a casa sen nada positivo.Os equipo local marcou aos 3 minutos por medio de Pablo e poñería terra de por medio antes da media hora de xogo, cun gol de Víctor.Pecháronse atrás e a defender a renda.o gol de Crístian a falla dun cuarto de hora parecía que chegaba con tempo de abondo, pero non se aproveitaron as ocasións creadas e cabarían levandose os tres puntos os locais.


 
PREFERENTE NORTE, (CRÓNICA) : "A UD CARRAL DEBERÁ ESPERAR PARA EVITAR O DESCENSO"
Luns, 20 Maio, 2013 Enviado por Pirata
3ª División e Preferente
Preferente norte
-Derradeira Xornada-


UD Carral 2-1 SD Silva

A pesares da vitoria o equipo carralense deberá esperar unha "miragre" para salvar a categoría.A antepenúltima psodición na que rematou ista liga fai que esteña en posición de arrastres.Precisa que haxa moitos equipos que ascendan a 2ª B do grupo galego.So no caso de que os equipos que xogarán a fase de ascenso a 2ª B, ascenderan un mínimo de tres, evitarían o arrastre a Autonómica.Pola sua banda o Silva xa salvado estará un ano máis na categoría.Así mesmo Bertamiráns e Laracha deberán esperar a ver se ascenden a Terceira división.

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para ver o resto de CRÓNICA.


 
RESULTADOS:
Domingo, 19 Maio, 2013 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
RESULTADOS

Promoción de Ascenso a 1ª Autonómica
1ª Xornada

SD Agolada 2-1 CD Baio

Promoción de Ascenso a Liga da costa
(Ida)

SD Laxe 3-3 SD Camelle
UD Cerqueda 2-0 Soneira B

Copa da Costa
(Oitavos-Ida)

UD Carnota 0-2 SD Sofán; CF Dumbría 1-0 Corme CF; Xallas de Santa Comba CF 1-0 SD Fisterra; Sp Zas 0-0 SCD Malpica;

-Veteranos e máis resultados en Clasificacións e cadros-


 
Ler a nova completa: 'RESULTADOS:' (96 caracteres máis) Versión imprimible  
DEPOR 2-0 ESPAÑOL: "PRIMEIRO PORTO DE MONTAÑA SUBIDO CON PREMIO"
Domingo, 19 Maio, 2013 Enviado por Pirata
Depor News
DEPOR 2-0 Español

Volveu a chegar o Español con necesidade do Depor de gañar e volveu a ser o equipo deportivista o que se levou a vitoria.Nun encontro con moitos nervos puido adiantarse o equipo do "condado" cun tiro ao pau con tan só dous minutos gastados.Millorou moito iste equipo, pois foi o peor equipo que se enfrontou ao Depor ista tempada cando gañaron, (inxustamente), ao noso equipo daquela dirixido por Oltra no que foi o seu derradieor encontro como adestrador noso.
Na segunda metade un extraordinario gol de Bruno Gama abreu a "lata", e fixo que se sacaran un pouco os nervos de enriba.Riki puido sentenzar nun un contra un pero errou.Sería Nelson Oliveira o que marcaría o gol da tranquilidade e de paso pintaría o "subnormal", ao tras marcar facer o aceno de que calase o estadio.Un fulano que lle dan a oportunidade de xogar nunha garn liga, que nen xogaba na liga de peñas, (con perdón para os que xogan nistas extraordinarias ligas), e que non foi quen de atender aos consellos de todos os seus compañeiros.Fernando Vázquez non veu o detalle ao estar celebrando o gol coma un campión abarzándose aos recollepelotas.

Síntese: Estamos fora do descenso gracias a importante vitoria e a derota do Zaragoza ante o Atlhetic de Bilbao, (1-2).Subeuse o primeiro porto de montaña co premio do pinchazo de dous dos rivais diretos, Zaragoza e Osasuna.


 
PREVIA-DEPOR Vs ESPAÑOL: "COMEZA A MONTAÑA".
Domingo, 19 Maio, 2013 Enviado por Pirata
Depor News



"Comeza a montaña, gañar, ou sí ou sí"

Fernando Vázquez xa o deixou ben craro cando comezou: "nos temos que gañar oito encontros", lévanse gañados dende aquela catro mais tres empates, que fan cinco, faltan tres, e quedan tres.Comeza a gran escalada dos tres picos máis importantes da tempada.Para un amante do ciclismo coma Fernando son as etapas da montaña, nas que hai que gañar ou sí, ou sí.
O Español non se xoga nada, e nas suas filas temos un amigo, Diego Colotto.Ata o de agora dunha maneira ou outra os xogadores que estiveron no Depor, e que marcharon coma "caballeros", souberon agradecer o seu paso polo equipo e notouse ben.Arbitra o encontro Muñíz fernandez, o "engominado", non nos dirixeu ningún encontro ista tempada.

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para ver toda a PREVIA.


 
O CF DUMBRÍA DE CADETES DA LIGA GALEGA ACADA O ASCENSO ANTE O DEPORTIVO.
Sábado, 18 Maio, 2013 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
LIGA GALEGA CADETE


O CF Dumbría acada o ascenso a falla dunha xornada para o final

Partido complicado para o CF Dumbría ante un Deportivo B de cadetes que xogaba co título no peto e buscado unha "axudiña" ao Ural, pero non puido ser.Na primeira metade os deportivistas foron melllores pero a afición con arredor de 300 espectarores no Conco e as gañas dos rapaces de Diego Lobelos e Óscar Leis fixeron que tras unha primeira metade mellor para os deportivistas na que se adiantaron i empataron os dumbrieses por medio de Marcote nun penalti, se pasase a unha segunda metade na quen Edu marcou un golazo histórico de falta que lle deu o ascenso aos CF Dumbría.O encontro tivo que serr suspendido durante 5 minutos por unha forte granizada, (estamos en Maio).A nos máis cordial noraboa ao CF Dumbría e a toda a "familia" que o compoñe, directivios, adestradores, delegados, afecionados e principalmente xogadores...
Mañán colgaremos unha escolma de fotos do encontro.


 
PREVIA DO FUTBOL SALA FEMININO: "DERRADEIRA XORNADA DA 1ª DIVISIÓN NACIONAL".
Sábado, 18 Maio, 2013 Enviado por Pirata
N. Polideportivas
PREVIA FUTBOL SALA FEMININO

1ª  División-Derradeira xornada

 

O Viaxes Amarelle despide a tempada e a categoría

O Viaxes Amarelle conclue a tempada na élite do fútbol sala feminino hoxe visitando a cancha do Roldán FSF no Pavillón Gabriel Pérez (Roldán – Murcia, 19:00 h). Partido último do primeiro equipo dirixido por Chipi, que ainda que xa descendido optará por buscar os tres puntos que lle permitan pechar a tempada con un sabor doce.Pola sua banda o Burela FS, brilante campión de liga descansa.O Ponte Ourense despide a tempada en Navarra ante o Lacturale, (18:00 h), e o Cidade das Burgas faino na casa ante o Universidad de Alicante.

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para ver toda a INFORMACIÓN.


 
CRÓNICAS COPA DA COSTA, (OITAVOS-IDA) : "SÓ O SONEIRA GAÑA CON CLARIDADE DE TRES ENCONTROS DISPUTADOS".
Venres, 17 Maio, 2013 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
COPA DA COSTA
Dezaseisavos de Final, (Ida)

O Porteño topouse con un "Gran" Soneira.


Só o Soneira gaña con claridade dos tres encontros disputados

Non sabemos como catalogar aos equipos que xogaron como locais.O Porteño que recibía a SD Soneira, xa é equipo da Liga da Costa pero co equipo ainda da 3ª da Costa e o SD Laxe que é equipo da 3ª da Costa, está na promoción de ascenso a Liga da costa.De todas maneiras o SD Soneira que é equipo da Preferente norte fixo valer a sua superioridade e calidade de pnaltilla para levarse unha boa renda, (1-3), e o Camariñas CF que é equipo da 1ª Autonómica sufreu pero acabou sumando unha igualada de cara o encontro de volta, (2-2).Pola sua banda o Lira CF sacou un bo resultado na sua visita a un CD Baio pensando na promoción, (0-0).

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para ver as CRÓNICAS.


 
CADERNO DE BITÁCORA: "EXCLUSIVISMO, PLURALISMO E INCLUSISMO".
Venres, 17 Maio, 2013 Enviado por Pirata
Depor News


"Exclusivismo, pluralismo e inclusivismo"


Artigo de colaboración ca web amiga www.deportivistas.es, no que ademáis de considerarme do Betis, (por comenencia), que coido que se nos facemos os nosos "deberes" será o equipo bétco se quer entrar en Europa o que nos deixe na Primeira División, derrotando a Mallorca e Zaragoza.Agora sí toda axuda é boa polo que tiro da relixión para facer unha similitude co que somos e precisamos..."Exclusivismo, pluralismo e iclusismo", son as pautas a seguir.

Copia na tua barra de direccións iste enlace e ridereccionate a web amiga:
http://deportivistas.es/exclusivismo-pluralismo-e-inclusivismo/


 
NOMINADOS PARA A "II GALA DO FUTBOL DA COSTA".
Venres, 17 Maio, 2013 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa


 
NOVAS BREVES DO DEPOR:
Xoves, 16 Maio, 2013 Enviado por Pirata
Depor News
NOVAS BREVES DO DEPOR



-O Depor ofrece a Fernando Vázquez un contrato por tres anos.O bo traballo e o cariño da afición son determinantes a hora de falar do noso adestrador favorito dende fai moitos anos.Fernando Vázquez co seu deportivismo alonxou dun asubío todolos males que arrastramos durante a tempada e trouxo novos aires a un Depor que da sua man pode chegar a respirar aires de galeguismo non só no falar senón tamén na plantilla.Xa se ofreceu a seguir a vindeira tempada estivese onde estivese o equipo, e ogallá firme ise contrato sería a melllor nova para o deportivismo nistes difíciles tempos.

-Manuel Pablo ve iste encontro coma unha final, i "as finais hai que gañalas"."Es un partido que tenemos que ganar. Es la realidad. Estamos a dos o tres puntos y tenemos que sumar. No sé qué pasará en otros partidos, pero si nosotros no sumamos, no vamos a ningún lado"."Tenemos que ganarles nosotros, no nos van a regalar nada. Ellos no van a hacer ningún pasillo ni a poner la alfombra roja”.

-Zé Castro non adestrou pola "enésima" gastroenterite.Pola sua banda Abel Aguilar adestrou con total normalidade e poderá ser da partida dun encontro, (para o que quedan un milleiro de entradas),  que arbitrará Muñíz Fernandez, que namentras Ayza Gamez nos adestrou, (roubou), catro encontros, Muñíz ningún en toda a liga.


 
ESCOLMA DE FOTOS DOS INFANTÍS DA COSTA : MUXÍA CF - SCDR ESTEIRANA:
Xoves, 16 Maio, 2013 Enviado por Pirata
escolmas de fotos
ESCOLMA DE FOTOS
-INFANTÍS DA COSTA-


MUXÍA CF - SCDR ESTEIRANA


Encontro bonito e atractivo para o espectador o que propuxeron na Arliña o Muxía CF e a SCDR Esteirana.Adiantáronse os esteiráns e remontarían os muxiáns antes do descanso.Na segunda metade acabou impoñendo o equipo das Salinas o seu poderío e acabaría gañando sen problemas ante un equipo o da Capital de Nemancos que nunca deu o brazo a torcer a pesares de ser inferior aos esteiráns que se proclamaban terceiros dunha liga que foi moi fermosa, na que se levou o título o Xallas de Santa Comba CF quedando meritoriamente como subcampión o UC Cee.Estamos a preparar o resumo dista liga con tódolos datos para que quede para a lembranza.

Agora na dereita da web podes accerder diretamente con un "click", tanto as escolmas de fotos, coma a diversos contidos da web separados por seccións.iremos completando isto con todo o que levamos..

Preme abaixo en "Ler a nova competa..." para ver moitas MÁIS FOTOS.



 
ESCOLMA DE FOTOS DOS CADETES DA COSTA : SD FISTERRA-MUXIA CF.
Xoves, 16 Maio, 2013 Enviado por Pirata
escolmas de fotos
ESCOLMA DE FOTOS
-CADETES DA COSTA-


SD Fisterra-Muxía CF

Aquí tes unha escolma de fotos do intenso e vibrante encontro antre os cadetes da SD Fisterra e o Muxía CF, un encontro no que estaba en xogo a terceira posición.Pouco vistoso para o espectador pero moi táctico e no que os fisterráns co empate, (0-0), pecharon unha brilante tempada quedando no podio dista competición só superados pola UC Cee e o espectacular campión SCDR Esteirana.Os muxiáns que igualmente pecharon unha brilante tempada, (a mellor en anos), quedaron a un punto do podio.Estamos a traballar no resumo dista liga que en breve colgaremos na web.

Agora na dereita da web podes accerder diretamente con un "click", tanto as escolmas de fotos, coma a diversos contidos da web separados por seccións.iremos completando isto con todo o que levamos..


Preme abaixo en "Ler a nova competa..." para ver moitas MÁIS FOTOS.


 
RESOLUCIÓNS DO COMITÉ DE DISCIPLINA FAVORABLES A OUTES E INDEPENDIENTE DE CARBALLO, E TROCO DE "PICHICHI".
Xoves, 16 Maio, 2013 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
RESOLUCIÓNS FGF

              A SD Laxe perde un punto.

Outes CF e Independiente de Carballo aumentan a sua puntuación

Tralas esperadas resolucións dos encontros CF Dumbría-Outes CF da liga da costa e Independiente de Carballo-SD Laxe, o Comité Territorial de disciplina, decide vistos os resursos darlle os encontros gañados a Outes CF e a Independiente de Carballo.

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para ver toda a INFORMACIÓN.


 
O OPTICA LAGOAS GAÑA O SEU SEGUNDO ENCONTRO INTERNACIONAL.
Xoves, 16 Maio, 2013 Enviado por Pirata
N. Polideportivas


Spielerkader FS 3-6 Optica Lagoas FS


O conxunto coruñés presidido por Pablo García Vivanco e capitaneado por Luís Gómez, acadou iste sábado no Pavillón Castelao II de Órdes a segunda vitoria internacional, (a primeira foi na pretempada ante o Benfica en terras lusas por 2-3, remontando un 2-0).
O conxunto herculino aproveitou a xira do campión suizo o Spielerkader pola nosa terra, (que xa viña de xogar co Burela pescados Rubén e co Noia FS),  para enfrontarse a eles reforzando o plantel con xogadores da A.J.F.S.G..Toparonse con un equipo o suizo moi forte fisicamente pero que baixou o ritmo nos intres finais cousa que aproveitaron para levarse o choque.

Spielerkader FS : García (P), Jedele, Navarrete, Salvatore, Patrick, Felber (P) Fabio, Yves, Ttiago. Adestrador: Marcos López.

Optica Lagoas FS: Alex (P), Perce, Alan Borja, Ivancito, Bujan, Javi, Jaco, Sergio, Luis Gómez. David ( P ), Adestrador: Carlos Díaz.

Arbitros:  David Fraga e Emilio Soto.

Goles: 1-0. MIN. 5- Salvatore, 1-1. MIN.10.- Javi, 2-1. MIN.19. Jedele, 2-2. MIN. 25. Jaco, 3-2. MIN. 26. Tiago, 3-3. MIN. 28. Javi, 3-4. MIN. 30. Jaco
3-5. MIN. 35. Alan, 3-6. MIN. 39. Luis Gómez.


 

    12345   >

COPA VETERANOS 2013

 
COPA PROVINCIAL FEMENINA

 
COPA DA COSTA XUVENIL

 
COPA DA COSTA 2013

 
CHISTE DO DÍA

 
PREME AQUI

 
SIGUENOS AQUÍ:
 
GOLEADORES
 
NOVAS

 
AS NOSAS IMAXES
 
REXÍSTRATE
 
ESPECIAIS

 
Fase Lunar

FASE LUNAR

Calendario Fases Lunares

21 May, 2013 - 04:27
 
Theme creado por dev-postnuke.com