| TORNEOS |
 |
|
|
|
| Usuarios |
Benvido Invitado
O rexistro é completamente gratuito e poderás acceder a todas as seccións da web
Podes rexistrarte aquí
|
 |
Admins |
|
Pirata |
|
|
RubenGarcia |
|
|
Pato |
|
 |
Membros: |
 |
Novos Hoxe: |
0 |
 |
Novos Onte: |
6 |
 |
Total: |
2752 |
 |
Ultimo: |
| EvettyWer |
 |
Conectados |
 |
Membros: |
0 |
 |
Invitados: |
3 |
 |
Total: |
3 |
 |
Membros Online |
| No hai membros conectados |
|
|
|
|
|
| "CADERNO DE BITÁCORA" EN ELDEPOR.COM |
| Martes, 09 Marzo, 2010 Enviado por Pirata |


Xa podes ver e ler, unha semán máis a miña colaboración, coa web deportivista, www.eldepor.com, de La Vanguardia, na que escribo o meu "Caderno de Bitácora", que ista vez, adico, o momento do Deportivo, na loita por Europa, a que se une o Atlhetic de Bilbao, o que fai que o final, un vaia a quedar fora, se todo segue igual.Dista volta titulo o artigo, cunha frase do "Gran" Arsenio Iglesias: "Os obxetivos conséguense contra os pequenos".
Preme nista rengleira, e redireccionarache, o meu artigo, de colaboración, na web, que maxistralmente leva, Tomás Magaña.
|
|
| LOTINA, CRÉ QUE "HAI MARXE DE MELLORA NO EQUIPO". |
| Martes, 09 Marzo, 2010 Enviado por Pirata |
 Lotina é optimista de cara o futuro próximo. Lotina, cré que o seu equipo ainda ten "marxe de mellora", pois segundo comentou ista mañán, hai varios xogadores, que ainda non chegaron o seu tope, e iso faino ser optimista, de cara a acadar o "soño", de clasificarse pra Europa.
"El vestuario está con muchísima ilusión. Hay muchos jugadores que no han llegado al tope y aún así estamos arriba, esa es mi esperanza. No quiero dar nombres, pero hay muy pocos que hayan llegado al tope. Hay margen de mejora", dixo o adestrador deportivista.
Segue a rolda de prensa de Lotina prmendo en "Ler a nova completa..."
|
|
| TÁBOAS DE GOLEADORES, E PORTEIROS MENOS BATIDOS DA 1ª. |
| Martes, 09 Marzo, 2010 Enviado por Pirata |
  Xa tes actualizadas tódals táboas de goleadores, e porteiros, (1ª Div.), no apartado de "Goleadores". Na 1ª División, Messi, destácse con 19 goles, gracias os dous que lle marcou o Almería, namentras, que Villa, (17), e Higuaín, (16), non viron porta nista xornada.
Nos porteiros da 1ª División, todo segue igual, con Valdés, de primeiro, con tan só, 16 goles encixados, seguido de Casillas, con 19.
No Deportivo, Riki, con 4 goles, é o máximo goleador, e con tres goles, os goleadores do sábado, Guardado, Juan Rodríguez, e Colotto, ademáis de Juca.
Na 3ª División G1, Felipe do Cerceda, escápase, con 18 goles, a cinco, de Diego do Órdenes, que ocupa a segunda praza.
Na 1ª Autonómica G1, Roberto Piñeiro, do Bertamiráns, aguanta na primeira posición, gracias, o gol que lle marcou o Soneira, que lle valeu un punto o seu equipo.Ségueno de preto, Tato do Atlético Arteixo, Capis do Grixoa, e Vicente do Vizoño, con 12 goles cada un.
Na Liga da Costa, (2ª Aut. G2), Guillermo do Baio, con 23 goles, segue "intratable", seguido, de David Blanco, que marcou en Camariñas, con 18 tantos.
Na 3ª Autonómica G5, (3ª da Costa), Toniño, do Coristanco, é o máximo goleador, (26), da liga, e de tódalas ligas que levamos, está seguido, de Luis do Nantón, con 21, que se está a quedar rezagado.
|
|
| "O FISOBER DE FUTBOL SALA FEMININO, AS PORTAS DE SER CAMPIÓN DE LIGA". |
| Luns, 08 Marzo, 2010 Enviado por Pirata |
 Patri Romaní, púxolle unha "manciña" o Salina.O Fisober, da Liga Provincial, de Futbol Sala Feminino, podería convertirse en campión de liga, de acadar a victoria, o vindeiro Sábado, (19:00h), no Pavillón Municipal de Vimianzo, ante o Boqueixón, 2º clasificado, que está a un punto do Fisober. A pasada fin de semán, venceron en Esteiro, 4-7, nun encontro trepidante, no que decideu a muxiana Patri Romaní, cos seus 5 tantos. A SALINA 4 – 7 FISOBER C. VIMIANZO Pavillón Municipal, Xosé Lago, (Esteiro). Emocionante derbi o disputado na tarde do sábado en Esteiro entre o equipo local e o Fisober. Chegaban as xogadoras vimiancesas ca obligación de ganar e non defraudaron. As xogadoras de Martin Nieto puxeron en máis apuros dos previstos ás rapazas do Fisober que chegaban cas baixas de Eva e Barca por lesión e co debut no banco de Iván Chans, pero unha actuación colosal de Patri Romaní, autora de cinco, dos sete goles, facilitou a vitoria das rapazas da Costa da Morte.
Todo sobre o encontro, (ficha técnica, clasificación...), se premes en "Ler a nova completa..."
|
|
| CRÓNICAS DA 26ª XORNADA DA 3ª DA COSTA: |
| Luns, 08 Marzo, 2010 Enviado por Pato |
 Dumbría B 1-0 Corcubión
Moi bon ambente, no Conco, con máis de 200 afecionados, pra ver un encontro nas alturas. Como todo encontro diste tipo, non se salvou, da tensión, e da polémica.Tras un encontro moi igualados, no que o máis xusto sería o reparto de puntos, unha xogada antre Pablo Muiño, e Miguel Poyo, (80´), acabou con gol diste último.Segundo os xogadores do Corcubión, Pablo Muiño, lévase o balón ca man, antes de dar o pase do gol.A pesares de todo o colexiado, deu validez o gol, o que aparta un "chisco", os de Senra, do seu obxetivo, e fai que os do filial dumbriés, aguanten o tirón do Club do Mar, e do Buño, que tampouco errou. O Dumbría B, visita a vindeira xornada, o Alcaián, e o Corcubión, que ainda ten un partido e medio, pendente, recibe no Novo Cubaleiro, o lider o Club do Mar, no encontro da xornada.
Dumbría B: Ánxo, Tantán, David, (Miguel Poyo, 15´), Oca, Javier, (Ramiro, 75´), Pablo Muiño, Jesús, José Manuel, Fernando, (José Carreira, 65´), José Manuel, Pablo e Sergio Cives.
Corcubión: Cristian, Chisco, José María, (Camilo 65´), Adrián, Josiño, José, David, Pablo, (Edu, 46´), Balucho, (Sito, 75´), Mario, (Andrés, 60´), e Roberto.
Seguen as crónicas en "Ler a nova completa..."
|
|
| CRÓNICAS DA LIGA DA COSTA, (26ª Xorn.): |
| Luns, 08 Marzo, 2010 Enviado por Pato |
 U. Vimianzo 0-1 Esteirana A Esteirana, por primeira vez no que vai de tempada, consigue sumar duas victorias consecutivas, e vai no bo camiño, pra acadar a ansidad permanenza, na Liga da Costa, cousa que fai pouco tempo, parecía unha "quimera". Istas duas victorias seguidas, colócaos de cuartos por abaixo, mirando o Porteño, que o teñen a oito puntos.Nun encontro, no que os de Fran Toba, desperdiciaron a primeira metade, os homes entrenados por Marcelo, acadaron o gol que a postre lles daría os tres puntos, non balón longo, no que Alberto lle gañou, a espalda a defensa, e bateu a Damián.Máis complicada foi a segunda metade pros visitantes, que se viron dominados polo Unión, pero a pesares das numerosas ocasións, por ámbolos dous conxuntos, non se movería o marcador. Na vindeira xornada, a Esteirana recibe, a un Corme, que está practicamente salvado de calqueira susto, e o Unión Vimianzo, visita a un Monte Louro, que loita por agarrarse a Liga da Costa.
Unión Vimianzo: Damián, Amarelle, Martín, S. Quintáns, Iván, Jaime, Lagoa, (Rafa, 55´), (Sergio, 80´), David, Víctor, Javi Suárez, e Fran "Pioto". Esteirana: Luqui, Mingos, Chispi, Adelino, Fran Español, Uru, Picholeiro, (Iago, 13´), Pepiño, Álex, (Tarujo, 67´), Miguel Guerra, (Cajulo, 33) e Alberto. Seguen as crónicas en "Ler a nova completa..."
|
|
| Crónicas da xornada 26 da Primeira Autonómica |
| Luns, 08 Marzo, 2010 Enviado por Pato |
 Grixoa 2-2 Soneira O Soneira igualou un encontro ante un dos equipos mais en forma da categoría, a pesares das baixas. Empezaron marcando os locales con un gol de Caspis, que foi anulado por fora de xogo. Valería o tanto de Vituco, para o Soneira un pouco despois, sin embargo o Grixoa, na segunda metade, daríalle a volta o marcador primeiro marcaría David Nogueira e logo Adrián Nieto, esta segunda metade ben acontecida polas expulsións, tres por parte do Grixoa e unha polos visitantes. Esto levou a que o Soneira aproveitara a superioridade numérica, tanto para empatar, con un gol de Vituco novamente, e para casi levarse o encontro.
Grixoa: Vicente, Julio, Raviña, Varela, Adrián Nieto, Gonzalo, Caspís (Esteban m.86), Santi Crego, David Nogueira (Fran Espiño m.76), Suso, Sergio Leis.
Soneira: Fran, Matías (Dieguito m.80), Pablo, Taibo, Víctor Vecino (Jemisa m.3), Miguel, Pastoriza, Darío, Víctor García, Vituco, Mario Toja.
Goles: 0-1 m.20 Vituco; 1-1 m.50 David Nogueira; 2-1 m.70 Adrián Nieto; 2-2 m.85 Vituco.
Mais encontros en "LER A NOVA COMPLETA".
|
|
| GUARDADO, CONFESOU, QUE ÉL ERA O "MAREADO". |
| Luns, 08 Marzo, 2010 Enviado por Pirata |
 
Namentras Lotina, confesaba, que se equivocara no troco de Bodipo, (que a postre foi o mellor pro equipo), e pedíalle disculpas, pubricamente o xogador, que se dirixíu o banquillo, "cabreado", hoxe Guardado, confesaba, que o que estaba mareado, era él, (a pesar de todo foi o mellor o equipo).
"Lo de Bodipo ha sido una equivocación mía, se enfada con razón. El cambio de Valerón estaba previsto para el descanso, quería meterle para desatascar el juego con un 4-3-1-2. Después del 1-1, alguien me ha dicho que Bodipo estaba mareado, pero no era así y le pido perdón públicamente",decía Lotina tralo encontro.
Guardado, trala sesión de onte de recuperación, en Abegondo, explicou, que o que se "encontraba mal", era él, pois estáballe a pesar, o viaxe, dende Estados Unidos, onde xogou ca "Tri". Saeu na segunda metade, e acadou un gol, e participou no outro, polo que dixo, sobre todo isto que "a veces las cosas pasan por algo". Agora, e ca alegría do trunfo ante o Tenerife, só opensa en "ir al Sánchez Pizjuan, a ganar", pero traballando, con "humildad, para acabar la Liga arriba".
|
|
| RESULTADOS DA XORNADA DOMINICAL: |
| Domingo, 07 Marzo, 2010 Enviado por Pirata |
1ª División: A sorpresa da xornada sen nengún paliativo, é a goleada a domicilio, do Xerez, en Málaga, (2-4).Os perseguidores do Depor non erraron, e acadaron, sendas víctorias, o Mallorca, ante o Sporting, (3-0), e o Bilbao, que lle gañou, (2-0), o Valladolid. Tódolos resultados en "Clasificacións". 3ª División: O Fabril, volta a errar, e empata, ante o Órdenes, (1-1), o que fai máis lider o Cerceda, que non falla, (0-1).Pola parte de abaixo, namentras o Bergantiños, caia, (2-0), en Vigo, ante o Coruxo, o Negreira, goleaba de maneira sorpresiva, o Pontevedra B, (0-3).O Santa Comba, descansou, xa que lle tocaría de xogar, co Ciudad de Santiago. Tódolos resultados en "Clasificacións". Rexional Preferente Norte: Laracha 4-3 Chantada 1ª Autonómica: O Soneira, non aproveitou o empate dista mañán, antre o Atlético Arteixo, e o Bertamiráns, (1-1), e tamén empatou, (2-2), na sua visita o Grixoa.Paso atrás, do Ponteceso, que perdeu ante o Imperator, (2-0), e do U C Cee, que non pasou do empate ante o Lamela, (1-1).O Dumbría, gañou polos pelos, o Esclavitud, >(1-2), que vai camiño, de rematar a liga sen acadar un só punto. Tódolos resultados en "Clasificacións". Liga da Costa: Os muxiáns, do Camariñas, colleron a mensaxe do equipo, e golearon a un Malpica, (6-1), que se xogaba moito niste encontro, nunha tarde, na que non erraron os de arriba, ( Pindo-Sporting Zas, 0-3, Xallas-Porteño, 3-0, Corme-Sofán, 0-2), agás o Castriz, que caeu derrotado, na casa, nun encontro, na loita por istes postos, ante o Carnota, (0-3).Pola parte de abaixo, a sorpresa, saltou en Vimianzo, onde a Esteirana, venceu pola mínima, os de Fran Toba, amosando a sua progresión, nas derradeiras xornadas. Tódolos resultados en "Clasificacións". 3ª Autonómica G5: Non fallaron os de arriba, gañando os seus encontros, (Buño 3-0 Nantón), no que o Dumbría B, acadou un trunfo importante, pola mínima, ante o Corcubión. Tódolos resultados en "Clasificacións". Infantís da Costa: O Muxía acadou a sua segunda victoria consecutiva en Baio, (2-3), nun encontro que foi moi igualado, e comezou perdendo.Por outra banda o Bergantiños, acadou un importante trunfo, nos derradeiros minutos do encontro, ante o Corme, (2-1), cando xa se cantaba o empate.
|
|
| GAÑADORES DO SORTEO DAS CAMISETAS, DO "CENTENARIAZO". |
| Domingo, 07 Marzo, 2010 Enviado por Pirata |
  Os gañadores das duas camisetas, do 8º Aniversario do "Centenariazo", foron J. Antonio Facal, de Agualada, e Jenaroasecas, da Coruña. Grande éxito, tivo iste sorteo, que fixemos, no que tivemos 146 participantes, de Galicia, España, Estados Unidos e Suiza. O número da Lotaría Nacional, foi o 97.924, polo que os premiados, foron J. Antonio Facal, cuio email, entrou na 24ª posición, e Jenaro, que o fixo, na 23ª.
|
|
| LIGA GALEGA XUVENÍL, (25ª xorn.): CABANA 6-2 NICRANIENSE |
| Domingo, 07 Marzo, 2010 Enviado por Pirata |
 Cabana 6-2 Nicraniense Espectacular victoria dos xuvenís do Cabana da Liga Galega, que despacharon o Nicraniense, con unha victoria contundente, que lles vale, de motivación, pra acadar, a permanencia na categoría.Iván Rojo, os 3 minutos, e Jesús, os 8, marcaron pros seus equipos, nun comezo frenético, no que o propio Iván Rojo, sería o artífice do gol da victoria, co que se cerrou unha primeira metade igualada.Basti, os 50 minutos, poñería terra de por medio, pero Gabri, cando faltba un cuarto de hora, aproximaba os de Negreira no marcador. Todo foi un espellismo, pois, primeiro Adrián, (80´), despois, Sandro, (84´), e por último, Mayor, (86´), acabarían, cos soños de puntuar dos nicranienses, e darían ás, hacia a permanencia pros das Redondas, que na vindeira xornada, visitarán o Compostela, que loita polo ascenso a Nacional. Resto de resultados dista liga en "Clasificacións".
|
|
| CRÓNICAS DOS ENCONTROS, DA 26ª XORNADA DA 3ª AUTONÓMICA G3: |
| Domingo, 07 Marzo, 2010 Enviado por Pirata |
 Ponteceso B 1-2 Muxía
Encontro moi igualado, o que disputaron, o filial do Ponteceso e o Muxía, que chegaba moi mermado, polas baixas. Adiantouse o equipo local, con gol de Jorge, (23´), pero antes do descanso, Brian, poñería as táboas no marcador, o aproveitar un rexeite, tras un saque de curruncho.Non seía ate o minuto 70, cando acadarían o gol da victoria, os homes de Ángel do Claudio, cando Álvaro, aproveitou, unha saída en falso do meta local, Bellote, superándoo de testa. Club do Mar 4-1 Atlético Pereiriña Tonecho, en estado de gracia, de cara a gol, encargouse, de que a primeira defensa do liderato, fose máis doada, do que se esperaba.Un gol de él, a media hora, e outro do deportivista, Repi, os 40 minutos, deixaron o debut, dos novos adestradores, do Atlético Pereiriña, listo pra sentenza.Tonecho, a estrela do encontro, encargouse os 74 minutos, de sentenciar o encontro, a pesares de que Néstor, acercaría os visitantes no marcador, (80´), pouco lles afectou os de José Collazo, que catro minutos despois voltarían a marcar, por medio de Manuel, (84´).
|
|
| OITAVOS DE FINAL, DA COPA DA COSTA XUVENIL: |
| Domingo, 07 Marzo, 2010 Enviado por Pirata |

Muxía 3-0 Porteño Repiteuse o resultado do derradeiro encontro de liga, pero dista vez, na que tamén houbo tres expulsados por parte do Porteño, (todos eles por protestra o colexiado), bastaron 45 minutos, pois o equipo dos xuvenís da Ponte do Porto, decideu non sair da casta, na segunda metade, sendo suspendido o encontro, por parte do colexiado.O equipo de Suso Rey, adiantouse no marcador, os 28 minutos, o aproveitar, José Manuel, un rexeite, dun balón, estrelado no pu, por Pereira, o saque dunha falta.Tan só un minuto despois, o mesmo José Manuel, marcaría, de testa, a saida dun corner, e nun intre de ofensiva muxiana, Julíán, de forte disparo, marcaría o 3-0, os 35 minutos, ca axuda dun defensa.
Muxía: Crístian, Carrera, Kevin, Currás, David, Pereira, Julián, Javi, José Manuel, Carliños e Pesqui.
Porteño: Álvaro, Pepe, Joan, Manuel, Deivi, Juan, Cristian, Aitor, Estefan, David Pérez, e Afonso, tamén xogou, Mariño.
Seguen as crónicas en "Ler a nova completa..."
|
|
| DEPORTIVO 3-1 TENERIFE: "VICTORIA NECESARIA E IMPORTANTE" |
| Domingo, 07 Marzo, 2010 Enviado por Pirata |
 3-1 Juan Rodríguez, (32´), Guardado, (55´), Colotto, (66´)-Juanlu, (17´).
Primeira metade pra esquecer a que fixo o Deportivo, ante o Tenerife, da que podemos falar, gracias a gran xogada do equipo canario, que supuxo o gol de Juanlu, (17´).Un Tenerife, que tiña ven estudiado o Depor, e que basaba o seu xogo, pola nosa banda esquerda. Sen merecemento ningún, unha falta botada, por Antonio Tomás, dende a esquerda do noso ataque, foi prolongada por Guardado, pra que o noso "dianteiro", Juan Rodríguez, rematase de testa o fondo das mallas, (32´), acadando o empate, co que remataría unha mala primeira metade.Como anécdota, queda a sustitución, de Bodipo, no minuto 37, por Valerón, cando Lotina segundo confesou, trocou pensando que estaba "mareado".
Comezou ben o Tenerife, e os poucos, un man a man de Nino, con Aranzubía, foi despexado fora, polo noso porteiro, ca testa.Pero sen alardes, e con Valerón no terreo de xogo, iste era outro Depor, que tocaba o balón, e tiña unha referenza.Así nunha xogada levada polo "Flaco", asistíu a Adrián, que deixou o balón os pés de Guardado, que de forte disparo cruzado, bateu a Aragoneses, con un gran gol, (55´). Non se lle notaba o viaxe a xogar coa sua selección, o mexicano, que si dera o pase do primeiro gol e marcara o da remaontada, pouco despois unha "cabalgada" dél, pola banda, acabou en saque do curruncho, que él mesmo botaría, e tras un barullo no área, con posible penalti sobre Juan Dominguez, foille a caer o balón a Colotto, que cun forte disparo dende fora do área, batía a Sergio Aragoneses, pegado o seu pau esquerdo, (66´). Un Tenerife, sen gol, non puido, máis que esperar o pitido final, trala remontada deportivista, que nos fai sumar, 41 puntos a tan só un da permanenza un ano máis na máxima categoría do futbol español.
Como anécdota do encontro, foi a "adicatoria" constante, dos Riazor Blues, a Rosa Díez, unha política moi "cortiña", que xa coñecedes, todos a sua "subnormalada".
Istes foron os que xogaron: Aranzubía, Laure, Colotto, Lopo, Manuel Pablo, Antonio Tomás, Juan Rodríguez, Guardado, (Lassad, 80´), Pablo Álvarez, (Juan Domínguez, 64´), Bodipo, (Valerón, 37´), Adrián.
|
|
| PREVIA: DEPOR-TENERIFE: |
| Sábado, 06 Marzo, 2010 Enviado por Pirata |
 Montaxe de PauloBG, (12 anos).
O Tenerife, é un dos equipos que non acostuman a puntuar en Riazor.Tan só acadou a victoria en duas ocasións, (83/84 e 88/89), e as duas veces foi na 2ª División, polo que en Primeira nunca gañou no feudo deportivista, acadou catro empates, nista categoría, que sumados os tres que acadou na Segunda, foron as 9 veces que puntuou, de 16 encontros xogados. Unha mala lembranza, nos enfrontamentos co Tenerife, foi a promoción de ascenso, na 89/90, fai iste ano 20 anos.Empatamos a ceros en Santa Cruz de Tenerife, con un arbitraxe, "nefasto", do "ínclito", Ramos Marcos, que se encargou de que os mellores homes do Deportivo, non xogasen o partido de volta, con cartóns, e "obviou", un cobadazo, de Manolo Hierro, a Stojanov, que lle produxo a rotura do tabique nasal, que se perdería o encontro de volta, xunto con Raudnei, amonestado, quedando sen dianteiros pra volta. Chegou o encontro de volta, cas "Hormigoneras do ascenso", polas rúas, e perdemos 0-1, con un gol de mala sorte, cando o balón, deu no pau, e o rebotar nas costas do porteiro deportivista, Fernando, (D.E.P.), introduciuse na portería.Dauqela o colexiado, fora, Enriquez Negreira, que en todo o encontro axudou o equipo de Primeira que promocionaba.
"Centenariazo"
Tamén hai boas lembranzas, hoxe, e son do mellor da historia do Depor.Tal día coma hoxe, arredor das 23:00 horas, levantaba Fran a Copa do "Centenariazo".Un título, que non será esquecido por naide, na historia do futbol mundial.Quizais aquela espera de un ano, máis, pra voltar a máxima categoría, axudou a que o Depor, sexa hoxe en día o que é: "Un dos equipos con máis títulos de España".
Segue a Previa en "Ler a nova completa..."
|
|
| AXENDA FUTBOLÍSTICA PRA HOXE: |
| Sábado, 06 Marzo, 2010 Enviado por Pirata |
1ª División, (25ª xorn.): Deportivo-Tenerife: ás 18:00 h. por GolTV, coa arbitraxe de González González. Almería-Barcelona: ás 20:00 h., por GolTV e Canal+/Liga, ca arbitraxe de Clos Gómez. Real Madrid-Sevilla: as 22:00 h. por La Sexta, ca arbitraxe, de Iturralde González.
3ª División, (28ª): Narón-Lalín: ás 18:00H.
3ª Autonómica G5, (26ª xorn.): Ponteceso B-Muxía: ás 16:30 horas, no Pinguel. Club do Mar-Atlético Pereiriña: ás 18:00 horas, no anexo a Porta Santa, (Paiosaco).
Copa da Costa xuvenil, Ida de1/8 de Final, (16:15 h): Tódolos encontros no Cadro da Copa da Costa Xuvenil.
Resultados:
Liga de Futbol Indoor, (8ª Xornada): Real Madrid 10-9 Sevilla. Atlhetic Club de Bilbao 9-7 Real Sociedad.
|
|
| LOTINA, QUE NON SE FÍA DO TENERIFE, SEGUE SEN DAR O BRAZO A TORCER, COA PETICIÓN DOS AFECIONADOS, POR VALERÓN. |
| Venres, 05 Marzo, 2010 Enviado por Pirata |
 
Lotina, non se fía da posición que ten o Tenerife, na táboa, e en tono "coñero", dí que lle vai a avisar o Madrid, que baixe o "pistón" e que non lle mande os equuipos habendo do goleados. "No nos podemos confiar por la clasificación. Ésta, en la Liga española, es muy engañosa. No hay diferencias sustanciales entre el octavo y el decimoctavo o el decimonoveno...Nos está haciendo muchísimo daño el Madrid. En la primera vuelta todo el mundo jugaba bien ante el Madrid, aunque luego perdían, y venían como más convencidos a jugar ante el Dépor. Ahora no, ahora el Madrid está machacando a los rivales y estos quieren demostrar ante nosotros que no son tan malos, dixo o adesador deportivista. Segue a rolda de prensa de Lotina, se premes en "Ler nova ompleta..."
|
|
| PARTE DE SANCIÓNS DA 3ª división, e da 1ª, 2ª E 3ª Autonómicas, Grupos 1, 2 e 5 |
| Xoves, 04 Marzo, 2010 Enviado por Pirata |

Aquí tes os partes de sanción, da 3ª División, Galega, e das tres categorías Autonómicas, da Costa, e zonas próximas, (Grupos 1, 2 e 5, respectivamente). Na 3ª División, Dos equipos que máis nos seguen, o Negreira ten un sancionado, e o máis perxudicado, é o Racing Vilalbés, con tres xogadores. Na 1ª Autonómica G1, o equipo máis castigado, é o Soneira, que perde pra vindeira xornada a 4 xogadores, tres deles por acumulación de cartós.Na Liga da Costa, (2ª Aut. G2), Corme. Malpica, Porteño, Xallas, (un é o delegado), e Carnota, perden a dous homes, namentras que o Unión Vimianzo de Fran Toba, perde a 4, todos eles por acumulación.Por último, na 3ª da Costa, (3ª Aut. G5), tan só 5 sancionados, tres deles do Muxía, e dos 5, só un por dobre cartón, o resto, por cumprir ciclo de cartóns.
Preme en "Ler a nova completa...", pra ver o cadro de sancionados e os apercibidos.
|
|
| PABLO ÁLVAREZ: "NOS CUESTA, LLEGAR, CENTRAR Y DISPARAR A PORTERÍA". |
| Xoves, 04 Marzo, 2010 Enviado por Pirata |
 Pablo Álvarez: "Tenemos que sacar los tres puntos". Pablo Álvarez, analizou o momento do equipo, en tan só unha frase; "Nos está costando hacer un poco más de fútbol. Contra el Villarreal estábamos serios y controlando el partido, pero nos cuesta, llegar, centrar, disparar a portería. Tenemos que mejorarlo en los entrenamientos y mostrarlo en los partidos", dixo o asturiano do Depor.
Segue toda a rolda de prensa de Pablo Álvarez, en "Ler a nova completa..."
|
|
| SORTEO DE CAMISOLAS DO "CENTENARIO". |
| Xoves, 04 Marzo, 2010 Enviado por Pirata |
  Deseño, das camisolas do 8º Aniversario do Centenario.
Sigue o sorteo das camisolas de aniversario do "Centenariazo", mándanos un email a piratasdemuxia@gmail.com, ca tua talla e no asunto, pon "Sorteo camisolas".Podes mandar ate tres correos con un mesmo email, as camisolas, levarannas, os que coincidan, cas duas ou tres cifras do sorteo, de lotería nacional, do sábado, segundo haxa máis o menos de cen paticipantes, senón será pro que coincida co número, e o anterior, sempre que non sexa o mesmo. Non mandes correos o "Contáctanos" da web, pois co gallo do sorteo, colapsoúsenos, faino a piratasdemuxia@gmail.com. Sorte!!!
|
|
|
| PRÓXIMO ENCONTRO |
 |
|
|
|
| DERRADEIRO ENCONTRO |
 |
|
|
|
| ESPECIAIS |
|
|
|
|
| Fase Lunar |
FASE LUNAR  | 10 Mar, 2010 - 04:55 | |
|
|
|
|