Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
JULIO LEMA

 
CURRO PESCA
 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
CAFÉ BAR OASIS

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
Menú principal

 

EDU EXPÓSITO FALOU NA ENTREGA O "MELLOR XOGADOR DO MES DE NADAL". NOVAS BREVES DO DEPOR.
Mércoles, 23 Xaneiro, 2019 Enviado por Pirata
Depor News
-ROLDA  DE PRENSA-

Edu Expósito fixo ante o Albacete un gran encontro.

-Edu Expósito : "Necesitaba un partido así. Dominamos o partido de principio a fin. É unha vitoria moi importante para nós"-
-Mellor xogador do mes de Nadal-

Edu Expósito, recibeu o "Premio ao xogador Estrella de Decembro", e aproveitou para dar unhas verbas sobre o seu intre de forma, as sensacións tralo encontro do pasado Domingo ante o Albacete e sobre o do vindeiro Domingo ante o Sporting de Xixón, a partires das 18:00 horas no "Molinón", (17:00 GMT)...Abre a nova completa para ver as verbas de Edu Expósito.

-NOVAS BREVES-

Noutro órde de cousas, Raúl Albentosa rescinde contrato co Depor, e poderá asinar co equipo que él queira, e segundo nos comentan o Deportivo : "Afórrase así os custos salariais do futbolista desta e a próxima temporada, ademais de reservarse un beneficio económico en futuras operacións". Tamén o Depor que antonte anunciaba a incorporación do lateral Juanmi Carrión, hoxe anunciábanos a saida, deixándolle as portas abertas, ao xogador do Fabril, Blas, tras acordo antre clube e xogador.

Segue coas verbas de Edu Expósito en rolda de prensa...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICA, RESULTADOS E CLASIFIACIÓNS DAS LIGAS DE FÚTBOL SALA "COSTA DA MORTE" TRALA DISPUTA DA 8ª XORNADA.
Mércoles, 23 Xaneiro, 2019 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino
LIGAS DE FÚTSAL BASE
-"COSTA DA MORTE"-      

O Fisober Dumbría recupera o liderato en alevíns.

-EMF Vimianzo en benxamíns e Fisober en Alevíns os líderes-
-Resultados e clasificacións-

8ª Xornada das Ligas de Fútbol Sala de Base "Costa da Morte", na categoría de Benxamín, segue no máis alto o EMF Vimianzo, namentras que nos Alevíns, a derrota dos vimianceses, (que tamén lideraban esta liga a pasada semana), ante o FS As Baleas, (3-0), fai que o Fisober Dumbría,que derrotaba esta semana ao Camariñas FC "A", (1-5), e ao EFB Corcubión, (8-4), no encontro que tiña pendente da 7ª xornada, facía que as "fisoberistas" subisen a primeira praza en detrimento dos vimianceses...Abre a nova o completo para ver os resultados, as clasificacións que nos fai chegar Fran "Pioto.

Segue cos resultados, clasificacións...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICAS DOS ENCONTROS DOS EQUIPOS DO FISOBER FSF DENDE O SENIOR DA PREFERENTE ATA OS ALEVÍNS.
Mércoles, 23 Xaneiro, 2019 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
FISOBER "TEAMS"

O Fisober FSF da Preferente caeu ante o Bembrive, (3-5).


-Crónicas da fin de semana dos equipos do Fisober FSF-
-Preferente Galicia, 1ª Galicia, Infantil, Infantil Mixto e Alevín-

Aquí tes nun só artigo as crónicas dos encontros dos "Fisober Teams". O equipo senior da Liga Preferente Galicia que caía ante o Bembrive FSF, (3-5).  O filial da 1ª Galicia FSF que empataba sen goles ante o Melide FSF, e os equipos de base, da Liga Galega Infantil, que derrotaba ao CD Adarve Lugo, (4-6), e os infantís, e alevíns, das ligas "Costa da Morte"... Abre a nova o completo para ver as crónicas que nos achega Luis Sambad, xefe de prensa do clube.

Segue coas crónicas dos encontros...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICAS, RESULTADOS, CLASIFICACIÓNS, ETC, DA 16ª Xda DAS LIGAS FEDERADAS DE VETERANOS DA COSTA.
Mércoles, 23 Xaneiro, 2019 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
VETERANOS DA COSTA
-16ª Xornada-


O CF Mazaricos goleou ao Rio Grande/Raxaría Os Arcos.

-División de Honra : "Moitos trocos por arriba con San Román novo lider"-

-1ª Galicia G1 : "CF Mazaricos segue agunatnado arriba"-

16 xornada tanto na División de Honra de Veteranos Costa da Morte, como na 1ª Galicia Veteranos G1 Costa da Morte. Na División de Honra a vitoria do ACD San Román sobre o que era lider, SD Soneira Veteranos, (2-0), leva aos laracheses a primeira praza e igualados a puntos co Sporting Zas que derrotaba ao A Piña, (5-2), relegando aos vimianceses a 3ª praza e ao SD San Lorenzo a 4ª. Os de Verdillo desaproveitaron a derrota do equipo vimiancés, pois podían poñerse líderes en solitario pero non pasaban do empate co Porteño Veteranos, (2-2), ao igual ca os da Ponte do Porto que de gañar podía poñerse de cheo na loita polo título, da que quedan agora a 4 puntos. No que se refire a 1ª Galicia G1 "Costa da Morte", o CF Mazaricos lider da competición, goleaba ao Río Grande/Raxaría Os Arcos, (0-6), para seguir unha semana máis mandando en solitario na liga, co Corme CF, que derrotaba ao CV Leiloio, (5-1), de segundo en posto de ascenso, por mor de que o CD Razo-Buño Veteranos SCD, quedaba suspendido polo que os "oleiros" caían a 3ª praza cun punto menos cos cormeláns....Abre a nova o completo para ver os resultados, clasificacións, pichichis, previa da seguinte xornada, etc....

Segue coa información das ligas, resultados, clasificacións, etc..

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICAS E RESULTADOS DA XORNADA PASADA E VINDEIROS COMPROMISOS DO TENIS DE MESA COSTEIRO.
Mércoles, 23 Xaneiro, 2019 Enviado por Pirata
Tenis de Mesa
TENIS DE MESA CON EQUIPOS COSTEIROS

Imaxe do AD Zas-Oroso Tije no pavillón zacense.

-Crónicas e resultados dos encontros de Tenis de Mesa-
-Equipos costeiros-


Mais victorias que derrotas nos nove encontros disputados o pasado fin de semana, (5 vicotrias e catro derrotas), un fin de semana completo donde houbo moitos partidos moi disputados,  e un con moita trascendencia e que non foi positivo para as aspiracións do AD Zas pois nel xogabase a oportunidade de derrotar ao lider do grupo de segunda nacional e non foi así. Unha mágoa. Nos 6 encontros entre AD Zas e Oroso houbo 3 victorias para cada club.... Abre a nova o completo para ver toda a información destas ligas, como cada semana Stevo Zas.

Segue coas crónicas e resukltados dos encontros...

Preme abaixo en "Ler a nova completa" para VER MÁIS...


 
CRÓNICA E MOITO MÁIS DA VITORIA DO BERGANTIÑOS FEMININO NA 16ª Xda DA 2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA GRUPO 2.
Martes, 22 Xaneiro, 2019 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA G2
-16ª Xornada-      

Gran encontro de laura Torrado no medio do campo.


Touro SD 2-4 Bergantiños Feminino CF
-Gran encontro do Bergantiños ante un gran rival-

Vitoria das que deixan satisfeito a do Bergantiños Feminino CF na 16ª xornada da 2ª División Galega Feminina de Fútbol Grupo 3, ante o Toutro SD, (2-4), nun choque no que tras ter o encontro controlado, tocou sufrir na segunda metade e non perder a concentración para matar o encontro e levarse os 3 puntos ante o 6º clasificado da liga...Abre a nova o completo para ver a crónica do encontro que nos trae Gueli Cotelo, adestrador do clube bergantiñán, así como as clasificacións da liga e goleadoras, e outros datos.

Segue coa crónica, clasificacións, pichihcis, etc...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICA E MOITO MÁIS DO ENCONTRO DO ED AS MIÚDAS DA 16ª Xda DA 2ª DIVISIÓN FEMININA GALEGA G3.
Martes, 22 Xaneiro, 2019 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
2ª GALEGA FEMININA DE FÚTBOL G3
-16ª Xornada-      

 Bárbara, (centro) fixo o gol do ED As Miúdas e xa suma 24.

ED As Miúdas 1-3 SD Chispa
-O ED As Miúdas cae ante as líderes dando a cara-

Non se viron inferiores as rapazas do ED As Miúdas na 16ª Xornada da 2ª División Galega Feminina de Fútbol G3, ante o lider SD Chispa, (1-3), ao que lle fixeron fronte e plantaron cara, ca diferenza de que a definición caeu para as de Vilanova da Arousa...Abre a nova o completo para ver a crónica do encontro do ED As Miúdas, que nos trae Fran Figueroa, adestrador do clube muradán e moitas cousas máis da liga.

Segue coa crónica e moito máis...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
XUNTANZA DA RFGF E OS CLUBES DA COSTA : A "LVI COPA DA COSTA" SERÁ A ENCONTRO ÚNICO ATA CUARTOS E HABERÁ "COPA DA COSTA FEMININA".
Martes, 22 Xaneiro, 2019 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
"LVI COPA DA COSTA"

A Gran Final seguirá a encontro único.

-A "LVI Copa da Costa" será a partido único ata Cuartos-

-Xogarase a "I Copa da Costa Feminina"-

O máis importante da xuntanza dos clubes da costa era o acordo sobre como sería a "LVI Copa da Costa", tralas protestas, (maiormente de taberna), cada ano sobre o desvirtuada e previsible que está a ser nos derradeiros anos. O SCD Malpica fixo unha proposta e a RFGF tiña outras que se debateron e finalmente chegouse ao acordo de que se xogará a partido único ata Cuartos de Final, que xa será xunto cas Semifinais a dobre enfrontamento. A Gran Final será a encontro único en campo neutral. Nós recibimos moreas de mensaxes pedindo que se debería xogar de principio a fin a encontro único e que o campo da finalísima sexa igual de lonxe para ambas afeccións. Asimesmo o presidente da RFGF, Rafael Louzán anunciou que se xogará a "I Copa da Costa de Fútbol Feminino", de maneira oficial. Xa ten habido disputas desta índole a nivel orgañizativo de clubes e asociacións, pero esta será a primeira de maneira federada. Esta final sería cun encontro antre o ED As Miúdas e o Bergantiños CF Feminino, ambos militantes na 2ª División Galega Feminina, as muradanas no Grupo 3º e as carballesas no 2º. Sería no mesmo campo da final masculina, pero pola mañán. Abre a nova para ver o que deu de sía a xuntanza.

Segue ca información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS...



 
ESGOTADAS EN POUCAS HORAS AS ENTRADAS PARA XIXÓN. 1.100 DEPORTIVSTAS ESTARÁN NO "MOLINÓN".
Martes, 22 Xaneiro, 2019 Enviado por Pirata
Depor News
DESPRAZAMENTO A XIXÓN

As "forzas atroces do noroeste" volverán a tomar o "Molinón".

-Agotadas as entradas para o Sporting-Depor en poucas horas-

As taquillas de Riazor abrían onte ás 10:30 horas para despachar 600 entradas para o Sporting de Xixón-Depor do vindeiro Domingo, (18:00 horas-17:00 GMT), que será transmitido por Movistar "El Partidazo". Eran ás 7 da mañán e xa había afeccionaods a cola na ventaniña da Oficina de Atención o Deportivista. Cando pechaban as taquillas ás 7 da tarde quedaban 40 entradas das 600, que se venderon nada máis abrir a oficina na mañán de hoxe. Pola sua banda a Federación de Peñas Deportivistas tamén despachou entradas antre os peñistas, un total de 500 pre-reservas que fan que un total de 1.100 deportivistas viaxen a "El Molinón", con entradas dende Galicia, ademáis dos que collerán entradas no propio campo astur.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS...



 
OS XABARÍNS VOLVEN A ENTRAR NO CAMPO DO CAMELLE E COMPLETAN A DESFEITA DO PASADO SÁBADO.
Martes, 22 Xaneiro, 2019 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
SD CAMELLE

Os xabaríns completaron a desfeita no "Rodeiro", (Camelle).

-Novo ataque dos xabaríns no "Campo do Rodeiro", (Camelle)-

O pasado sábado o "Campo do Rodeiro", (Camelle), sufría a desfeita do bulir dunha piara de xabaríns no terreo de xogo, blando pola choivas, motivo polo que tras ser comprobados os desperfectos polos diretivos do SD Camelle e o SD Laxe, (que eran os equipos que se ían a enfrontar), e co Subdelegado da RFGF en Baio, Manolo Corredoira presente, decidíase suspender o encontro. Hoxe os camelláns cando chegaban o campo, puideron comprobar como os xabaríns volveran a entrar e a desfeita ainda é maior ca que había. Os animais o parecer entran pola única parte do campo que non está pechada de parede de bloques, no vértice SW. O pasado sábado o propio presidente do clube camellán Rubén, grababa aos xabaríns o outro lado da estrada a carón do campo. Abrindo a nova o completo tedes máis fotos da desfeita e dos xabaríns preto do campo que captaba o presidente camellán.

Segue con máis fotos...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS...



 
FRAN MARTUXA REUNEU AO SCD BUÑO CAMPIÓN DE LIGA DE FAI 9 ANOS.
Luns, 21 Xaneiro, 2019 Enviado por Pirata
Histórico
LIGA DA COSTA
-Celebración-


O  SCD Buño campión de liga rememorou a tempada do título de campión.

-"O SCD Buño campión do 2010 revivío"-

-Xuntanza de tódolos participantes daquel equipazo do SCD Buño-

Facía 9 anos o SCD Buño gañaba a Liga da Costa. Fran Martuxa, un dos xogadores que formaba daquel equipo campión deulle por poñer unha foto daquela celebración do título e colgouna no Facebook nca proposta de facer unha cea para rememorar aquela tempada e xuntar aos que participaran daquela liga, diretivos, xogadores, técnicos, etc e en menos de 24 horas consigueu xuntar a 28 que quedaron para xuntarse con mesa e mantel e lembrar aqueles maravillosos anos do clube. Alí estiveron da diretiva presidida por Patiño, con Manolo Rojo, Chucho, Avelino, Fariña, Yolanda, Lorena e Alfonso. Corpo Técnico con Pablo Mallón e Secundino, e os xogadores Brais e Añón e Fredy, (como porteiros), David Secundino, Daviciño, Jose, Diego, Pancho, (defensas), Emilio, Dourado, Fran Martuxa, Iván Lorenzo, Manu Guillamet, Juan, Fernando, Jorge, (medios), e Ruben Rouco, Victor, Richard e Santi, (dianteiros). Cearon o sábado no Restaurante "A Cunca" de Buño. Non faltaron anédotas e historias daquel ano, no que se consegueu o titulo. Tampouco as charlas do presidente e do eterno capitán, Emilio.

Segue con máis fotos...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS...



 
CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 17ª Xda DA LIGA DA COSTA NA QUE VOLVE A MANDAR O MAZARICOS E CRECE O NÚMERO DE CANDIDATOS.
Luns, 21 Xaneiro, 2019 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
LIGA DA COSTA
-17ª Xornada-


O  SCD Buño igualou a un Corme CF que perde o liderato.

-"O Mazaricos volve a mandar na liga"-

-Aprétase a loita por todo e súmanse candidatos-

O empate do Corme CF ante o SCD Buño, (2-2), e a derrota do SD Ponteceso, (1-0), na 17 ª xornada da Liga da Costa, fan que ca vitoria do CF Mazaricos o sábado ante o CF Lira, (7-2), da que tes a crónica na portada da web, os mazariquenses recuperen a 1ª praza e que o Muxía CF que derrotaba ao UC Cee, (0-1), teña a tiro dunha vitoria a segunda praza de promoción de ascenso e de cheo na loita polo título. Os muxiáns adicábanlle a vitoria ao compañeiro lesionado Adrián Alcaina. Os cormeláns son agora segundos. O CD Baiñas derrotaba ao UD Monte Louro, (0-2) e tamén se pon na loita por todo. O UD Cerqueda levábase o derbi ante o SCD Malpica, (0-1), e o CD Muros caía ante o SD San Lorenzo, (3-1) e acababa moi cabreado ca actitude arbitral. Pola sua banda o Sporting Zas goleaba ao SD Ameixenda, (6-0), no que tiña que xogar de novo Bicho como porteiro. Os ceenses recibían a mala nova de que a lesión de Andrés sufrida a pasada semana era rotura de peroné. O noso desexo dunha pronta e satisfactoria recuperación para o xogador amarelo. Abrindo a nova completa tes os resultados, crónicas, clasificacións, pichichis, próxima xornada, etc...

Segue coa analise dos adestradores e máis cousas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS...



 
CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 17ª Xda DA 3ª DA COSTA NA QUE O EMPATE ANTRE CORISTANCO E CABANA ABRE A LOITA POLO ASCENSO DIRETO.
Luns, 21 Xaneiro, 2019 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
3ª DA COSTA
-17ª Xornada-


Lagoa fixo de penalti o gol do empate coristanqués.

-Coristanco e Cabana empatan e abren a loita polo ascenso direto-

-O Camariñas de Berto xa está en promoción-

17ª xornada da 3ª da Costa, con tódalas miradas no "encontro da xornada" no que o lider SD Coristanco podía dar un golpe a liga se derrotaba ao Cabana SD, non se pasou do empate, (1-1) e o único beneficiado foron os da "Terra da pataca", que seguen cun bo colchón de puntos co segundo, que pasa a ser o SD Castríz, que goleaba ao CF Porteño, (4-0), superando agora aos cabaneses nun punto, pero cun encontro máis. Na loita pola promoción o FC Camariñas derrotaba ao Sporting Seaia, (2-1), e aproveitaba o empate do sábado do CF Castrelo ante o UD Corcubión, (2-2), (Crónica na portada da web e no enlace direto de "Fútbol da Costa"). Os camariñáns desbancan aos vimianceses e súbense o tren da rpomoción poñéndose a 1 punto do Outes CF, que descansaba e a 3 do CF Porteño, 4º clasificado. Pola sua banda o CD Nantón goleaba a un FS As Baleas ao que todo lle son pulgas, (7-0). Chegaba "As Fontiñas" con 10 xogadores e segundo transcurría o choque íanlle caendo xogadores lesionados. Como xa vos informamos o sábado, o SD Camelle-SD Laxe, non se xogou polos destrozos feitos por unha piara de xabaríns no "Rodeiro". Abre a nova ao completo para ver as crónicas, resultados, clasificacións, pichichis, vndeira xornada, etc...

Segue coa analise dos adestradores e máis cousas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS...



 
DERROTA DO VIAXES AMARELLE FSF ANTE O JIMBEE ROLDÁN, (4-1), NA 1ª DIVISIÓN NACIONAL FSF.
Luns, 21 Xaneiro, 2019 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
1ª DIVISIÓN NACIONAL FSF
-11ª Xornada-

O Viaxes Amarelle caeu nun choque moi disputado.

Jimbee Roldán FSF 4-1 Viaxes Amarelle FSF
-Derrota das herculinas nun choque decidio en media hora-

Derrota do Viaxes Amarelle FSF na 11ª tirada da 1ª División Nacional de Fútbol Sala Feminino ante o Jimbee Roldán FSF, (4-1), nun encontro moi disutado e que se decide na primeira media hora de xogo, na que se marcaron tódolos goles. Abre a nova o completo para ver a crónica que nos achega José Núñez, xefe de prensa do clube.

Segue coa crónica do encontro...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 19ª Xda DA 1ª GALICIA G2 NA QUE BAIO, SONEIRA E ESTEIRANA GAÑARON E DUMBRÍA E FISTERRA PERDERON.
Luns, 21 Xaneiro, 2019 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
1ª GALICIA G2
-19ª Xornada-


Dani Rama, (SCDR Estreirana).

-O Baio lévase os puntos de Dumbría. Vitoria traballa da do Soneira. A Esteirana gaña e mira o horizonte doutra maneira. O Fisterra perde o encontro e o liderato-

O CD Baio levouse o derbi ante o CF Dumbría, (0-2), nun bonito choque no que se levou a vitoria o equipo que máis atinado estivo nas suas ocasións de cara a porta, nesta 19ª tirada da 1ª Galicia G2, na que o lider SD Fisterra, tiña un encontro altamente complicado ante o segundo. Caeron os fisterráns ante o Flavia SD, (2-0), nun choque no que os padroneses desbancan do liderato os fisterráns, con suposta certa axuda arbitral nos dous goles. Na zona sur o SCDR Esteirana volve a sorrír e mirar o horizonte doutra maneira tras derrotar ao Cordeiro CF, (0-1) e deixarlle o derradeiro posto ao UD Bastavales. Traballada vitoria do SD Soneira, (2-1), que non mereceu chegar o final do encontro cun resultado tan corto...Abre a nova completa para ver as crónicas cos comentarios dos adestradores, resultados, clasificación, pichichis, seguinte xornada, etc...

Segue coa analise dos encontros dos adestradores e máis cousas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS...



 
A CRÓNICA : DEPOR 2-0 ALBACETE : "A VOLTA DUN GRAN EQUIPO".
Luns, 21 Xaneiro, 2019 Enviado por Pirata
Depor News
-A CRÓNICA-


O Depor volveu a amosarse coma un gran equipo.

Depor 2-0 Albacete

-Vitoria convicente e con monólogo deportivista-

Destapouse o Depor que estivo de volta cun xogo moi vertical e cun resultado corto ante un Albacete que non foi quen de aparecer en todo o encontro. Hai que decilo tamén, extraordinario o traballo que se fixo co céspede que estivo inmaculado a pesares das choivas destes días. Trocou o sistema Natxo González e pasou a xogar cun 4-3-3 con extremos. Dani Giménez, Duarte e Pablo Marí non pasaron traballo ante a presión alta dos seus compañeiros. Álex Bergantiños que mandou un balón o longueiro, manexou dende atrás, dando liberdade a Vicente e Edu Expósito que surtiron de balóns a dianteira, na que Fede Cartabia por unha banda e Borja Valle pola outra fixeron extragos ca defensa albaceteña. O arxentino entendeuse as mil maravillas con David Simón ao que lle abreu espazos para subir a banda ata o fondo e centrar, centros que chegaban a Quique González e Borja Valle, que gozaron de ocasións clarísimas. O primeiro gol chegou tras unha boa xogada de ataque que acabou en falta no pico do área que Fede finalizou pegado ao pau, contra o que bateu o meta visitante no seu afán de parar o tiro. O encontro estivo parado 4 minutos polo choque do meta que puido continuar. Foise o vestiario o Depor con pouco premio para o xogo e as ocasións que dispuxo. A volta de vestiarios o Albacete tratou de aparecer, pero topouse cun Depor moi ordenado e que chagaba continuamente con perigo. A Fede só o conseguiron parar a base de numerosas faltas. Nunha xogada por banda antre Diego Caballo e Borja Valle, este último regatea no área e marca de forte disparo cruzado o 2-0, co que a pesares de ter máis ocasións para aumentar o marcador, xa quedaba finiquitado o choque. Do Albacete ao que lle gañamos os puntos e o golaveraxe, non se pode máis ca reseñar un disparo alto a porta en todo o encontro. Encontro de "10" para tódolos xogadores deportivistas e para o técnico que deu ca tecla para devolver o Depor de fai uns meses, despois dun bache que quedou finiquitado.

Depor : Dani Giménez, David Simón, Domingos Duarte, Pablo Marí, Diego Caballo, Edu Expósito, Álex Bergantiños, Vicente Gómez, Fede Cartabia (Carlos Fernández, min. 79), Borja Valle e Quique (Christian Santos, min. 65).

Goles : 1-0, Fede Cartabia, (19´); 2-0, Borja Valle, (68´).

Árbitro: Vicandi Garrido (c. vasco). Cartón amarelo a Gentiletti (min. 55) e Álvaro Tejero (min. 69) do Albacete. Permiteu demasiadas faltas, en especial sobre Fede Cartabia. Corta demasiado o xogo.

Incidencias: Partido correspondente á 22ª xornada da 2ª División Española de Fútbol xogado no "Estadio de Riazor" ante 16.525 espectadores.

Segue cas roldas de prensa do técnicos...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
"MARCADOR PIRATA" CON TÓDALAS LIGAS SENIOR CON EQUIPOS COSTEIROS E TODO O FÚTBOL BASE.
Luns, 21 Xaneiro, 2019 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
MARCADOR RESULTADOS DE FÚTBOL

O noso marcador con tódolos resultados.
 
-Tódolos resultados da xornada do Fútbol Afeccionado e de base :
Preferente Norte, 1ª Galicia G2, Liga da Costa e 3ª da Costa
Xuvenís da Costa e da Galega, Cadetes da Costa e da Galega, Infantís, Alevíns e Benxamíns Grupos Norte e Sur
-Todo en foto montaxes-

Aquí tes comodamente nun só artigo como quedaron os encontros en tódalas ligas con equipos costeiros de fútbol modesto e de base con equipos e de ligas da costa e galegas. Todo elo nas foto-montaxes que vos estamos a brindar esta tempada polos problemas que temos no noso apartado de clasificacións. Un estilo novo que está a gustar moito. Tedes os resultados da Preferente Norte, 1ª Galicia G2, Liga da Costa e 3ª da Costa no fútbol afeccionado. E no de base : Xuvenís da Costa e da Galega, Cadetesda Costa e da Galega, Infantís, Alevíns F8 Grupo Norte e Sur e Benxamíns F8 Grupos Norte e Sur. Despois durante o día de mañá luns 21, coma sempre as crónicas dos encontros a nosa maneira única e intransferible. Do xogado o sábado xa tedes as crónicas na portada da web ou no enlace direto de cada categoría. Abre a nova o completo para ver tódolos resultados das ligas.

Segue cas foto-montaxes cos resultados por ligas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
MAÑÁN LUNS XUNTANZA EN BAIO PARA DETERMINAR COMO SERÁ A "LVI COPA DA COSTA".
Domingo, 20 Xaneiro, 2019 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
XUNTANZA POLA COPA DA COSTA

Os equipos de Preferente gañaron 6 das 7 derradeiras finais.


-Xuntanza da RFGF cos clubes da costa para a "LVI Copa da Costa"-
-Este luns na Subdelegación de Baio-

Mañán luns 21 de Xaneiro, a partires das 20:30 horas, terá lugar a xuntanza na Subdelegación da Costa en Baio, antre os clubes da Costa e a RFGF, para tratar de chegar a un acordo sobre o modelo de competición que se levará a cabo na "LVI Copa da Costa". Na nosa web o pasado xoves presentábamosvos en exclusiva a proposta que vai facer o SCD Malpica e que xa está en poder do subdelegado Manolo Corredoira, e que será estudada xunto con outros modelos na xuntanza de mañán. Unha proposta a malpicana que non deixou indiferente a ninguén e da que recibimos dúcias de mensaxes de todo tipo, de adestradores, diretivos e afeccionados, e ata dende o ente federativo. Unhas a favor deste modelo, que pubricamos, outras con matices, outras totalmente en contra, (en especial dos clubes de categorías superiores), e o que sí recibimos en enorme cantidade, foron mensaxes en pro de que a Copa da Costa debería ser a encontro único de principio a fin, e na casa do equipo inferior, e a final en campo neutral, coa mesma distanza para os dous equipos finalistas. Abrindo a nova completa tedes a proposta que presentou o SCD Malpica, que como xa dixemos no seu día, é unha proposta que de seguro se estudará, e que pode valer de base ou non segundo decidan os clubes que son os que teñen a derradeira palabra.

Segue coa proposta para a "LVI Copa da Costa"...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
RESULTADOS DE TODO O XOGADO NO FÚTBOL BASE DA COSTA E LIGAS GALEGAS CON EQUIPOS COSTEIROS.
Domingo, 20 Xaneiro, 2019 Enviado por Pirata
Fútbol Base
-AXENDA DO FÚTBOL BASE COSTEIRO-

Tódalas ligas con equipos da costa nas nosas foto-montaxes.

-Resultados dos Xuvenís, Cadetes, Infantís, Alevíns e Benxamíns-

-Tódolos enfrontamentos, días e horas dos encontros-

Aquí tes a nosa maneira única e intransferible con foto-montaxes os resultados do xogado ata o de agora nas ligas de : Xuvenís da Costa  e da Galega, Cadetes da Costa e da Galega, Infantís da Costa, e Alevíns e Benxamíns, (Costa norte e sur de fútbol 8), todas nun mesmo artigo para ver con maior comodidade todo o que deu de sí o noso fútbol base. Decirvos que tamén iremos poñendo aquí os resultados do que se xogue na mañán e na tarde do Domingo...Abrindo a nova o completo tes as foto-montaxes con tódalas ligas...

No que se refire ao Fútbol 8 alevín e benxamín, houbo ata 3 encontros suspendidos por mor da cantidade de auga acumulada nos campos nunha mañán e tarde de chuvia continua en moito lugares da nosa bisbarra. Queremos darlle un aplauso dende aquí ao SD Laxe de xuvenís, que segue loitando por xogar e que non arría a toalla a pesares das goleadas que recibe. Presentáronse con 12 xogadores no Municipal de Vimianzo e recibiron unha goleada das que non nos gustan, e que sempre criticamos, pois para nós é unha humillación, que os adestradores deberían evitar. Sufriron un 22-1 e xa suman 176 goles en contra por 6 a favor, 15 derrotas de 15 encontros xogados, pero cada sábado seguen presentándose a xogar e cada semana a adestrar.


Segue coas foto-montaxes cos encontros e toda a sua información...


Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICA, RESULTADOS E CLASIFICACIÓN DA 8ª Xda DA LIGA DE CORME E PREVIA DA 9ª.
Domingo, 20 Xaneiro, 2019 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino
"XXV LIGA FÚTBOL SALA CORME"

Así quedou a 8ª xornada de liga.

-Bar Lista segue abonado o número 7-

8ª xornada da "XXV Liga de Fútbol Sala de Corme", e unha vez máis, o Bar Lista, lider da competición con 24 puntos, de 24 posibles, segue a velocidade de cruceiro hacia o título e segue abonado ao 7, pois marcou 7 goles en 5 das 8 xotnadas disputadas. O Bar Mádison ca sua traballada e sufrida vitoria sobre o Bar Secundino/Atalaia, (4-3), colócase segundo con 19 puntos a 5 do lider Bar Lista e con un punto máis ca o actual campión o Transportes Cotelo, que nesta xornada descansaba, e que para a vindeira xornada enfróntase ao lider, nun encontro que pode decidir parcticamente o campionato ou abrilo. Abre a nova o completo para ver a clasificación completa e os horarios e enfrontamentos da 9ª xornada.

Segue coa previa da 9ª xornada e a clasificación...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 

    12345   >

ACCESOS DIRETOS

 
SIGUENOS AQUÍ, (Preme)
 
REXÍSTRATE
 
COPA DEPUTACION

 
COPA FEDERACIÓN

 
FÚTBOL-8 COPAS DA COSTA 2018

 
COPA DA COSTA 2018

 
COPA VETERANOS 2018

 
COPA DA COSTA XUVENIL

 
COPA DA COSTA CADETES 2018

 
COPA DA COSTA INFANTIL 2018

 
COPA PROVINCIAL FEMENINA

 
COPA DA CORUÑA

 
RESUMO 2014
 
MUXIA CAMIÑANDO CARA O MAR
 
SALÓN DA FAMA

 
ESPECIAIS

 
Theme creado por dev-postnuke.com